a/a consello autonÓmico de atencion temp erÁ...

22
PO A/A CONSELLO AUTONÓMICO DE ATENCION TEMPERÁ Consellería de Sanidade Consellería de Traballo e Benestar Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria Dona María Teresa Busto Domínguez, con DNI 78782370-X, presidenta da Asociación Galega de Atención Temperá, CIF G 15611684, segundo dispoñen os seus estatutos, con domicilio a efectos de notificación en R/Carmen 39-41, 2º Esquerda, 15402 Ferrol, e dirección de correo electrónico [email protected], EXPÓN Que o venres 31 de xullo de 2015, o Servizo Galego de Saúde publicou na súa páxina web un documento denominado “Proceso Asistencial Integrado de Atención Temperá” (en adiante PAI) cuxo obxectivo, segundo declara na introdución, é “establecer a coordinación e integración das accións coidadoras especificas da Atención Temperá (en adiante AT) nos distintos centros sanitarios implicados”, “optimizar a accesibilidade, a equidade, a eficacia e a eficiencia”. Hai varios aspectos e carencias neste documento que nos produciron desconcerto y preocupación 1. En primeiro lugar, a ausencia de referencias do PAI ao marco normativo no que se encadra e, en consecuencia, aos principios e ao modelo de intervención no que debería fundamentarse 1 . En todo o texto, de 36 páxinas, tan só se atopa unha cita do Decreto conxunto 183/2013 polo que se crea a Rede Galega de Atención Temperá 2 e ningunha cita do Protocolo conxunto de Coordinación, Intervención e Derivación publicado polo Consello Autonómico o 6 de febreiro do ano en curso. Unha falta de encadre que non pode entenderse nin desde unha hipotética obviedade do marco dispositivo, polo que induce a pensar nun descoñecemento activo cando o documento cuestiona claramente os criterios de entrada e saída, a distribución de competencias e o modelo de servizos de proximidade que establece o Decreto. Lembremos que a “conveniencia de asumir un novo concepto da Atención Temperá baseado na prestación dos servizos nas contornas naturais da vida dos nenos/as” 1 Decreto 183/2013 polo que se crea a Rede Galega de Atención Temperá e Protocolo conxunto de Coordinación, Intervención e Derivación das Consellerías de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Sanidade, Traballo e Benestar que lo desenvolve, publicado polo Consello Autonómico de Atención Temperá o 05/02/2014. 2 Na páxina 15, entre as funcións que se asignan ao Médico Rehabilitador como coordinador da UATH atópase esta única cita: “Relacionar o ámbito educativo e os servizos sociais segundo o establecido polo Decreto 183/2013, de 5 de decembro, polo que se crea a Rede Galega de atención temperá”.

Upload: others

Post on 31-Jul-2020

1 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: A/A CONSELLO AUTONÓMICO DE ATENCION TEMP ERÁ …atenciontemprana.com/wp-content/uploads/2015/09/AGAT... · 2015-09-26 · Probablemente, esta incomprensión conceptual sobre o significado

PO

A/A CONSELLO AUTONÓMICO DE ATENCION TEMPERÁ

Consellería de Sanidade Consellería de Traballo e Benestar Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

Dona María Teresa Busto Domínguez, con DNI 78782370-X, presidenta da Asociación Galega de Atención Temperá, CIF G 15611684, segundo dispoñen os seus estatutos, con domicilio a efectos de notificación en R/Carmen 39-41, 2º Esquerda, 15402 Ferrol, e dirección de correo electrónico [email protected],

EXPÓN

Que o venres 31 de xullo de 2015, o Servizo Galego de Saúde publicou na súa páxina web un documento denominado “Proceso Asistencial Integrado de Atención Temperá” (en adiante PAI) cuxo obxectivo, segundo declara na introdución, é “establecer a coordinación e integración das accións coidadoras especificas da Atención Temperá (en adiante AT) nos distintos centros sanitarios implicados”, “optimizar a accesibilidade, a equidade, a eficacia e a eficiencia”.

Hai varios aspectos e carencias neste documento que nos produciron desconcerto y preocupación

1. En primeiro lugar, a ausencia de referencias do PAI ao marco normativo no que se encadra e, en consecuencia, aos principios e ao modelo de intervención no que debería fundamentarse1.

En todo o texto, de 36 páxinas, tan só se atopa unha cita do Decreto conxunto 183/2013 polo que se crea a Rede Galega de Atención Temperá2 e ningunha cita do Protocolo conxunto de Coordinación, Intervención e Derivación publicado polo Consello Autonómico o 6 de febreiro do ano en curso. Unha falta de encadre que non pode entenderse nin desde unha hipotética obviedade do marco dispositivo, polo que induce a pensar nun descoñecemento activo cando o documento cuestiona claramente os criterios de entrada e saída, a distribución de competencias e o modelo de servizos de proximidade que establece o Decreto.

Lembremos que a “conveniencia de asumir un novo concepto da Atención Temperá baseado na prestación dos servizos nas contornas naturais da vida dos nenos/as”

1 Decreto 183/2013 polo que se crea a Rede Galega de Atención Temperá e Protocolo conxunto de Coordinación, Intervención e Derivación das Consellerías de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Sanidade, Traballo e Benestar que lo desenvolve, publicado polo Consello Autonómico de Atención Temperá o 05/02/2014. 2 Na páxina 15, entre as funcións que se asignan ao Médico Rehabilitador como coordinador da UATH atópase esta única cita: “Relacionar o ámbito educativo e os servizos sociais segundo o establecido polo Decreto 183/2013, de 5 de decembro, polo que se crea a Rede Galega de atención temperá”.

Page 2: A/A CONSELLO AUTONÓMICO DE ATENCION TEMP ERÁ …atenciontemprana.com/wp-content/uploads/2015/09/AGAT... · 2015-09-26 · Probablemente, esta incomprensión conceptual sobre o significado

PO

(preámbulo), a descentralización (3.d)3, a coordinación (3.e)4, a integración social (3.f)5, o interese superior do menor (3.g), a interdisciplinariedade e alta cualificación profesional (3.h), o diálogo e participación familiar (3.i) ou a calidade (3.j) son principios reitores do Decreto 183/2013.

Recordemos tamén que o artigo 10.a) limita as competencias de Sanidade á prestación de servizos de AT no ámbito dos complexos hospitalarios “aos nenos e nenas residentes na área de neonatoloxía ou que, pola súa condición de saúde, precisan atención, coidados ou asistencia hospitalaria de longa duración”, mentres que a prestación de servizos de AT no ámbito comunitario se atribúe aos servizos sociais. Mandato no cal se admite un período transitorio (disposición transitoria única do Decreto 183/2013) durante o cal, o SERGAS seguirá tendo a responsabilidade da atención nas áreas ou ámbitos comunitarios mentres non se poñan en funcionamento os novos servizos e programas de servizos sociais.

Pois ben, en ningún apartado do PAI se recollen nin parece haber previsión de estas disposicións. Ao non recollerse nin tomarse en consideración a necesidade de articular servizos hospitalarios e servizos comunitarios de AT, o que se presenta ante calquera cidadán, profesional e/ou familia que lea o PAI, é un ordenamento asistencial no que as Unidades de Atención Temperá Hospitalaria (UATH) centralizan todos os servizos de AT e son as únicas unidades ás cales os pediatras poden e deben derivar toda a demanda de Atención Temperá existente na área de xestión integrada (EOXI).

Esta presentación pública das UATHs como lugar único de derivación pero tamén como dispositivos “independizados” do Protocolo conxunto refórzase cando o PAI redefine a poboación susceptible de AT ou cando nos seus criterios de entrada e saída non contempla “a continuidade ou comezo da asistencia nun centro de desenvolvemento infantil e atención temperá do ámbito comunitario”, dispositivo de servizos sociais que é esencial na distribución de competencias e que trata de garantir a proximidade na Rede Galega de Atención Temperá.

2. En segundo lugar, a falta de contextualización epidemiolóxica que xustifique porque se crean estas UATH con estes perfís e funcións profesionais e non se crean outras con outras funcións e perfís diferentes.

O marco epidemiolóxico do PAI limítase a sinalar que en Galicia “se estima” que a poboación infantil en risco “psiconeurosensorial” é dun 3% a un 5%, é dicir, que habería entre 4.393 e 7.322 nenos que precisarían AT6. Pero a continuación non se aporta ningún dato que permita coñecer cal é a tipoloxía de problemas que presenta esa poboación: Cantos nenos teñen problemas evolutivos relacionados coa linguaxe, a conduta, a cognición, a afectividade, a autorregulación, a comunicación ou a motricidade,…?, Que tipo

3 3.d):...implementando, sempre que sexa posible, actuacións de base comunitaria para a inclusión social 4 3 e.)… evitando en todo momento a fragmentación que poida darse como consecuencia da intervención de múltiples axentes, entidades ou profesionais… 5 3.f)...garantir o dereito a participar nas mesmas condicións que o resto da poboación…

6 No se aportan referencias bibliográficas de estas estimacións. (N.R)

Page 3: A/A CONSELLO AUTONÓMICO DE ATENCION TEMP ERÁ …atenciontemprana.com/wp-content/uploads/2015/09/AGAT... · 2015-09-26 · Probablemente, esta incomprensión conceptual sobre o significado

PO

de atención e servizos precisan estes nenos, a súa familia e a súa contorna?, Con que frecuencia?, Cal é o tempo medio de ditas intervencións?, etc.

O PAI non ofrece ningún destes datos, pero tampouco aporta outros que puideran permitirnos ter un mellor coñecemento da demanda real de AT7. Se se fixera esa busca poderíamos saber se ten ou non razón haberse creado tantas UATHs cun perfil tan orientado á rehabilitación motora cando os problemas neuromotrices subsidiarios de AT son minoritarios8 dentro dos problemas evolutivos da poboación infantil de 0 a 6 anos. E que, polo tanto, quizá se necesitaría outro tipo de dispositivo e outro tipo de perfís profesionais para atender os problemas que son maioritarios (autorregulación, afectividade, apego, comunicación, conduta, inclusión,…)9. Pero, curiosamente, o PAI suprimiu as figuras clave para cubrir esa atención como son os/as psicomotricistas (que desaparecen do cadro de persoal)10 e os/as psicólogos/as (aos que non se lles da funcións de intervención directa cos/as nenos/as).

3. En terceiro lugar, a obsolescencia do marco conceptual técnico-profesional co que se deseñou o modelo asistencial, o equipo multidisciplinario e as funcións das UATH.

O modelo asistencial do PAI baséase en trasladar á AT o tradicional modelo rehabilitador de atención á discapacidade de fai trinta anos. En ese esquema, o neno de AT é considerado un “paciente” a todos os efectos, ao que se lle ofrece de entrada como única opción recibir os servizos no hospital. A UATH concíbese como un anexo infantil ao servizo de rehabilitación de ese hospital e centraliza as prestacións de AT de toda a súa área de xestión, co cal as familias terán que desprazarse ao hospital desde onde vivan, a veces durante meses e anos, o que implica modificar de forma substancial as súas rutinas de vida para recibir ditas prestacións. Este proceso vai en contra dos principios de proximidade e atención nas contornas naturais que son definitorios e esenciais na práctica moderna da AT.

A UATH está dirixida por un médico rehabilitador xeneralista que actúa no seu hospital como un recurso polivalente para rehabilitación xeral e infantil. Este médico é a porta única de entrada e de saída á UATH, a pesares de que o PAI non lle esixe formación especializada en desenvolvemento infantil nin en AT. Como será capaz este médico de valorar, atender, supervisar, coordinar e orientar adecuadamente unha demanda que pode situarse entre os 250 e os 1000 casos/ano? E que inclúe ademais de problemas motores, problemas relacionais, afectivos, de conduta, de comunicación, de estres, etc.? Isto non o explica o PAI. Pero debe recordarse que a tendencia no estándar internacional para o número máximo de nenos/familias/contornas que debe atender e coordinar un

7 Véxase por exemplo: “ Informe Olivenza 2014”.Observatorio Estatal de la Discapacidad; Cabrerizo R. e outros 2011. Real Padroado sobre Discapacidade .

8 A prevaleza da parálise cerebral é de 0,2-0,3 por cen nenos/as nacidos vivos/as segundo os protocolos da Asociación Española de Pediatría. Ver Poo, Pilar: “Parálise Cerebral Infantil”. Guías Clínicas de la AEPED. 2008

9 Ponte, J: “Las dificultades de clasificación diagnóstica en Atención Temprana. La experiencia de dos unidades de Galicia”. Revista Española de Discapacidad. Vol 3, nº 1, pp. 123-139.

10 Os/as psicomotricistas figuran no cadro de persoal das actuais UATH pero xa non no PAI (N.R)

Page 4: A/A CONSELLO AUTONÓMICO DE ATENCION TEMP ERÁ …atenciontemprana.com/wp-content/uploads/2015/09/AGAT... · 2015-09-26 · Probablemente, esta incomprensión conceptual sobre o significado

PO

profesional de AT simultaneamente se sitúa entre as 10 e 20 familias/mes e as 30/40 no cómputo anual11.

O modelo asistencial do PAI reedita unha concepción de equipo multidisciplinario de AT semellante á que existía nos anos 70 e 80, unha fórmula que non atopa aval na bibliografía de AT que fai balance dos últimos trinta anos12. Trátase dunha concepción fragmentaria na que as carencias derivadas da falla de formación integral en desenvolvemento infantil 0-6 trátanse de solucionar mediante a reiteración e multiplicación de intervencións distintas no ámbito intrahospitalario. Intervencións que, en moitos casos, son redundantes pois non se ten en conta nin se propón aproveitar para a intervención o feito de que todas as familias pasan polos centros de atención primaria de saúde (cos/as seus/súas pediatras, enfermeiros/as, fisioterapeutas e traballadores/as sociais); asisten ás escolas infantís (onde contactan con titores/as, orientadores/as e especialistas en audición e linguaxe ou pedagoxía terapéutica); son atendidas pola rede de servizos sociais comunitarios (dotada con traballadores/as sociais, psicólogos/as e educadores/as familiares) . E, en moitos casos, dispoñen xa de servizos comunitarios específicos de AT. Que sentido ten que a UATH volva a valorar aspectos que xa foron valorados polos seus servizos de proximidade? Neste caso non pode alegarse unha maior especialización, pois a especialización en AT non é a especialización médica senón a formación transversal en desenvolvemento infantil que non reclama o PAI. Unha formación que si esixe o Decreto e o Protocolo de Coordinación, Intervención e Derivación. 13

4. En cuarto lugar, a ausencia da figura do “coordinador de caso”, peza clave do Protocolo unificado de valoración, intervención e derivación, e a falta de participación da familia no Plan Personalizado de Intervención son outras das carencias a destacar no PAI. Probablemente, esta incomprensión conceptual sobre o significado do traballo inter e transdisciplinario en rede, parte de non comprender os motivos de fondo polos cales o art. 13 e) do Decreto 183/2013 destacou que, entre os dereitos das familias se estableza o de “ter asignado un profesional de referencia que actúe como interlocutor/a principal”. Esta figura, que logo se desenvolve no Protocolo conxunto como “coordinador de caso” e que hoxe en día está considerada a nivel internacional como unha peza clave para garantir a valoración interdisciplinaria e a participación da familia no Plan Personalizado de Intervención, non se menciona en todo o PAI.

11 http://www.hscbusiness.hscni.net/; http://www.nectac.org/~pdfs/pubs/nnotes8.pdf

12 Real Padroado sobre Discapacidade (2000) : “Libro Blanco sobre Atención Temprana”; Axencia Europea para o Desenvolvemento da Educación Especial (2005): “Atención Temprana en Europa. Análisis y recomendaciones”.

13 Consideremos que xa en 1996 as conclusións do grupo de rehabilitación infantil e atención temperá do programa Helios II da Unión Europea dicía: ‘O equipo debe ter unha orientación transdisciplinaria, evitándose a multiplicación de exámenes e terapeutas, pero asegurando que se consideren os aspectos médicos, educativos e psicolóxicos, así como as necesidades específicas de cada neno/a [...]. Debe preservarse a especialización profesional, pero existir una base común de coñecemento dos distintos transtornos do desenvolvemento e de apoio e atención á familia para todos os profesionais”. Vinte anos despois os riscos de reiteración de exames inútiles e estresantes multiplicáronse. (N.R)

Page 5: A/A CONSELLO AUTONÓMICO DE ATENCION TEMP ERÁ …atenciontemprana.com/wp-content/uploads/2015/09/AGAT... · 2015-09-26 · Probablemente, esta incomprensión conceptual sobre o significado

PO

En este sentido, o PAI non ten en conta que en AT os equipos multidisciplinarios derivaron historicamente cara a equipos interdisciplinarios nos que todos os profesionais teñen unha formación transversal en desenvolvemento infantil e apoio familiar ademais da súa especialización en áreas específicas.

Nestes últimos equipos, calquera dos seus membros pode xogar o papel de “coordinador de caso”, realizar a consulta de acollida, integrar as achegas do seu equipo, da familia e de outros/as profesionais que, sen dúbida, desde a escola, centro de saúde ou os servizos sociais, van a ter parte activa en cada caso. Resulta moi pouco comprensible que nas UATHs non se ofreza a todos os profesionais a posibilidade de asumir a responsabilidade de xestión do caso na súa globalizade, manténdoos sometidos a unha tutela xerárquica que non parece razoable a estas alturas, en relación con outros/as titulados/as universitarios/as, aos que debería darse a posibilidade de ter un itinerario de carreira profesional a través da formación e acreditación de competencias en desenvolvemento infantil e atención temperá. Desta maneira, simplificaríanse as consultas, abarataríanse custes e multiplicaríase a proxección e rendibilidade asistencial das unidades.

O establecemento dun “coordinador de caso” evita un estres innecesario ás familias e aos nenos, manténdoos no seu entorno natural, simplificando as consultas e mellorando a motivación e a calidade do servizo. A participación activa das propias familias (equipo transdisciplinario) no Programa Personalizado de Intervención, o seu empoderamento, a flexibilización e adaptación dos proxectos de vida e o enriquecemento das súas rutinas cotiás para que sexan contextos facilitadores e creadores de oportunidades de aprendizaxe e desenvolvemento infantil é o “abc” do modelo actual de AT. Un modelo que ten moi pouco que ver co acento medicalizador dos problemas evolutivos, co distanciamento dos/as nenos/as e as familias das súas escolas, as súas comunidades ou os seus traballos que implica a proposta do PAI. Unha proposta que situaría á primeira infancia con discapacidade ao marxe dos dereitos que o movemento de persoas con discapacidade conseguiu nos últimos trinta anos.

5. En quinto lugar, a ausencia de outras perspectivas na elaboración do PAI. Produce desconcerto que a renovación dun proceso asistencial tan complexo como é a Atención Temperá no marco sanitario, se realizara sen abrir a súa elaboración a diferentes experiencias e perspectivas. Para elaborar un documento como o PAI non se dou a debida participación aos servizos de neonatoloxía, pediatría ou saúde mental, aos psicólogos clínicos ou aos psicomotricistas, a unha representación das familias ou dos profesionais de AT, senón que se creou un grupo de traballo dirixido por profesionais que manifestaron publicamente a súa oposición frontal ao Decreto e ao Protocolo e que na súa inmensa maioría traballan nos servizos de rehabilitación dos hospitais.

Non parece aceptable que un documento como o PAI teña omisións tan significativas no encadre normativo, epidemiolóxico, estatístico, procedemental e conceptual. E que cometa o erro de acoller unha única perspectiva ou punto de vista. Moi concretamente, o punto de vista dos profesionais que queren seguir subsumindo a AT como un anexo e un soporte á creación e mantemento de unidades de rehabilitación infantil nos hospitais de Galicia.

Page 6: A/A CONSELLO AUTONÓMICO DE ATENCION TEMP ERÁ …atenciontemprana.com/wp-content/uploads/2015/09/AGAT... · 2015-09-26 · Probablemente, esta incomprensión conceptual sobre o significado

PO

Este erro supón reactivar o cometido en 1998 e que xa sinalaba o Plan de Atención Integral ás Persoas con Discapacidade (PAIPDG, Xunta de Galicia, 201014). Recordemos que o PAIPDG expoñía: “o Goberno galego é sabedor da urxente necesidade de impulsar liñas destinadas a unha transformación progresiva do modelo actual, máis hospitalario e centralizado, a un modelo de atención temperá que contemple tamén recursos de proximidade. É dicir, un modelo centrado na familia e nos contornos naturais, que preste os servizos dun xeito integrado para poder atender toda a demanda”.

Aquel erro tivo como consecuencia a creación dunha macrounidade sobredimensionada de rehabilitación infantil que é a máis grande de España (a unidade do CHUAC, con máis de vinte e cinco profesionais) pero, en paralelo, a desaparición e a non-creación de servizos de AT de proximidade no resto da Comunidade Autónoma. Galicia quedou illada e ao marxe das inversións, os cambios e actualizacións que se estaban a dar no ámbito da Atención Temperá en toda España, en Europa e en USA.

Así, mentres en toda España, a partires da publicación do “Libro Blanco da Atención Temprana” (2000) se produce un enorme desenvolvemento dos Centros de Desenvolvemento Infantil e Atención Temperá (CDIAT), en Galicia a AT quedou minimizada, subsumida e confundida como unha prestación máis dos servizos de rehabilitación hospitalaria.

A magnitude de ese erro poderá obxectivarse cando se presente un estudio comparativo do nº de centros creados e da inversión realizada polos servizos sociais das distintas CC.AA en AT ao longo dos últimos 15 anos.

En todo caso, no documento anexo, táboas e mapas que achegamos e que forman parte dun estudio de necesidades realizado pola Asociación Galega de Atención Temperá, pode obterse unha imaxe clara da pobreza dos servizos comunitarios de AT que existen en Galicia. Pobreza que resulta da mínima inversión que realizou a Xunta de Galicia nos anteditos servizos nos últimos quince años e que é a menor de toda España.

No seu día celebramos o novo rumbo que trataba de crear o Decreto 183/2013 cuxo preámbulo di: “A transcendencia dos cambios sociais e a experiencia acumulada ao longo dos últimos anos, que recollen documentos de referencia como o Libro Branco de Atención Temperá ou o informe da Axencia Europea para o Desenvolvemento da Educación Especial, sinalaron a conveniencia de asumir un novo concepto da Atención Temperá baseado nos dereitos dos nenos/as, na igualdade de oportunidades e na participación social, centrado nas necesidades da familia e na prestación dos servizos nas contornas naturais da vida dos nenos/as”.

Pero, apenas un ano despois de que se publicara o Decreto e o Protocolo conxunto que o desenvolve, atopámonos con este documento público que trata de manter e reforzar as seccións de rehabilitación hospitalaria a costa da distorsión da normativa vixente, dos principios e da metodoloxía fundamental da Atención Temperá. E, moito nos tememos, a costa da non-sectorización e da non-adecuación dos recursos de AT ás necesidades das familias.

14 Plan de Atención Integral as Persoas con Discapacidades (2010-2013). Xunta de Galicia. O Plan ofrece unha área específica (a 9) para a análise da situación da Atención Temperá en Galicia e marca unha serie de obxectivos e actuacións, entre as cales destaca a necesidade de unha nova normativa (concretada no novo Decreto 183/2013) e a creación dunha rede de recursos. O PAI non o inclúe tampouco entre as súas referencias. (N.R)

Page 7: A/A CONSELLO AUTONÓMICO DE ATENCION TEMP ERÁ …atenciontemprana.com/wp-content/uploads/2015/09/AGAT... · 2015-09-26 · Probablemente, esta incomprensión conceptual sobre o significado

PO

Xustificar a necesidade de que haxa seccións de rehabilitación infantil antes que seccións de rehabilitación xeriátrica ou cardiopulmonar, por exemplo, en todos os hospitais de Galicia é unha tarefa que os seus impulsores deberían argumentar noutro marco ben diferente á conformación dun Proceso Asistencial Integrado de Atención Temperá desde o sistema sanitario, o cal, en función das disposicións do Decreto 183/2013 e do Protocolo conxunto, ten outros retos ante si:

• Cómo proporcionar AT aos/ás nenos/as residentes na área de neonatoloxía ou que por precisar atención hospitalaria de longa duración, teñen que frecuentar o hospital (e estar fora dos seus ámbitos naturais un período da súa vida)? Que profesionais son os idóneos para atender as demandas de AT no hospital? Que formación especializada deben ter? Cómo podemos evitar que se multipliquen as consultas e as prestacións ás familias no hospital? Cómo debe protocolarizarse o procedemento da primeira noticia?

• Cómo proporcionar as prestacións das que é responsable o sistema sanitario na proximidade das familias, actuando de maneira coordinada co sistema comunitario de AT de servizos sociais e co sistema de apoio ás necesidades especiais do sistema educativo?

• En definitiva: como axudar aos/ás nenos/as e ás familias de AT a mellorar a súa participación na vida social, familiar, educativa e laboral?

Polo exposto, a Asociación Galega de Atención Temperá

SOLICITA

1. Que se suspenda e deixe sen efecto o citado “Proceso Asistencial Integrado de Atención Temperá” elaborado polo Servizo Galego de Saúde e publicado na súa páxina web o 31 de xullo de 2015 e que se redacte un novo adaptado aos obxectivos, competencias e metodoloxía que establece o Decreto 183/2013 e o Protocolo que o desenvolve.

2. Que, á vista das dificultades existentes nos actuais servizos para diferenciar adecuadamente entre a prestación de rehabilitación e a de Atención Temperá, se desvincule ás UATH dos servizos de rehabilitación e se as constitúa como unidades autónomas dependentes das Xerencias e, progresivamente, dirixilas a proporcionar AT a “os nenos e nenas residentes na área de neonatoloxía ou que, pola súa condición de saúde, precisan atención, coidados ou asistencia hospitalaria de longa duración” (art. 10.1.a do citado Decreto), dotándoas polo menos con psicólogos/as clínicos/as especializados/as en desenvolvemento infantil, contratados a tempo completo e con funcións de coordinación da UATH e atención ao neno e á familia no ámbito hospitalario.

3. Que, canto antes, se proceda a definir e concretar un plan de ordenación e extensión dos servizos comunitarios específicos para proporcionar Atención Temperá nas áreas sociais onde actualmente non existen ditos recursos e para regularizar a súa prestación en toda Galicia de forma equitativa e acorde aos principios que establece o Decreto 183/2013.

Page 8: A/A CONSELLO AUTONÓMICO DE ATENCION TEMP ERÁ …atenciontemprana.com/wp-content/uploads/2015/09/AGAT... · 2015-09-26 · Probablemente, esta incomprensión conceptual sobre o significado

PO

AANNEEXXOO

MAPA DE NECESIDADES ASOCIACIÓN GALEGA DE ATENCIÓN TEMPERÁ

SETEMBRO 2015

Page 9: A/A CONSELLO AUTONÓMICO DE ATENCION TEMP ERÁ …atenciontemprana.com/wp-content/uploads/2015/09/AGAT... · 2015-09-26 · Probablemente, esta incomprensión conceptual sobre o significado

PO

Asociación Galega de Atención Temperá 2015 http://www.atenciontemprana.com

Correo-e: [email protected]

Teléfono: 698124611 Enderezo: Carmen 39-2º Esq 15402 Ferrol

Page 10: A/A CONSELLO AUTONÓMICO DE ATENCION TEMP ERÁ …atenciontemprana.com/wp-content/uploads/2015/09/AGAT... · 2015-09-26 · Probablemente, esta incomprensión conceptual sobre o significado

1

O MAPA DE NECESIDADES DE ATENCIÓN TEMPERÁ

O Mapa de servizos de Atención Temperá é unha ferramenta de planificación mediante a cal a Asociación Galega de Atención Temperá desexa contribuír á consolidación e desenvolvemento da REDE GALEGA DE ATENCIÓN TEMPERÁ, creada polo Decreto 186/2013 da Xunta de Galicia

O Mapa parte de valoración e análise da situación descrita polo Documento Marco de Atención Temperá en Galicia (AGAT, 2005), o Plan Integral para as Persoas con Discapacidade 2010-2013, o Decreto 183/2013 antes citado e o Protocolo de Coordinación que o desenvolve e dos que se recollen os extractos que figuran a continuación.

Definición de Atención Temperá

Segundo o artigo 2 do Decreto 183/2013 “Enténdese a atención temperá como un conxunto de intervencións dirixidas á poboación infantil de 0 a 6 anos, á súa familia e ao seu contorno, e que ten por obxectivo dar resposta o antes posible ás necesidades transitorias ou permanentes que presentan os nenos e as nenas con trastornos no desenvolvemento ou en risco de padecelos, para facilitar o desenvolvemento da súa autonomía persoal e a inclusión social”.

Obxectivo da Atención Temperá

Conforme ao mesmo artigo 2: “Desde os servizos de atención temperá ofrecerase unha intervención biopsicosocial que favoreza a adquisición ou a recuperación de funcións e de habilidades persoais e sociais para a mellora da autonomía, da convivencia social e familiar e da inclusión social”.

Page 11: A/A CONSELLO AUTONÓMICO DE ATENCION TEMP ERÁ …atenciontemprana.com/wp-content/uploads/2015/09/AGAT... · 2015-09-26 · Probablemente, esta incomprensión conceptual sobre o significado

2

Transcendencia da Atención Temperá

Segundo o PAIPDG 2010-2013 “trátase dunha intervención fundamental, habida conta da transcendencia, debidamente contrastada na actualidade, que teñen os primeiros anos no desenvolvemento do ser humano. Os nenos e nenas que seguiron programas de Atención Temperá manifestan uns niveis de desenvolvemento máis axeitados, que lles permitiron seguir unha escolarización ordinaria normalizada” .

“O incremento da mobilidade social das sociedades europeas implica un incremento das oportunidades de mellora do desenvolvemento persoal, pero tamén un aumento e diversificación dos factores que poden inducir á marxinación social. O cambio dos modelos tradicionais de crianza, sumado ás situacións de estres cotiá cada vez máis comúns, afecta a un gran número de familias e cando non existen factores simultáneos de prevención e de protección aumenta a probabilidade de que se xere unha situación de desvantaxe ou de discapacidade que, pasados os anos, pode desembocar en fracaso escolar e/ou marxinación social”.

Eficacia da Atención Temperá

Os estudos lonxitudinais realizados ata a data con seguimentos de grupos control indican que os programas máis efectivos son os que:

• Favorecen interaccións cálidas e receptivas entre as crianzas os seus pais e coidadores • Sitúanse na proximidade da familia e favorecen a vinculación ao seu contorno natural e a súa

comunidade • Ofrecen contornos seguros e enriquecidos que promoven a iniciativa das crianzas • Contan con profesionais cualificados, dispoñibles e traballando en equipo • Permiten unha atención personalizada e adaptada as necesidades de cada crianza.

Page 12: A/A CONSELLO AUTONÓMICO DE ATENCION TEMP ERÁ …atenciontemprana.com/wp-content/uploads/2015/09/AGAT... · 2015-09-26 · Probablemente, esta incomprensión conceptual sobre o significado

3

A Rede Galega de Atención Temperá. Realidade actual

Foi “a consciencia deste cambio e da urxente necesidade de impulsar liñas de actuación destinadas a unha transformación progresiva do modelo actual, máis hospitalario e centralizado, a un modelo de Atención Temperá que contemple tamén recursos de proximidade” a que levou á Xunta de Galicia a modificar o Decreto 69/1998 e propoñer un modelo universal, centrado na familia e nos contornos naturais, que preste os servizos dun xeito integrado para poder atender toda a demanda (Decreto 183/2013). De tal xeito que se recoñece a necesidade de que exista unha rede de servizos sociais comunitarios específicos que, xunto aos Equipos de Orientación Específicos e as Unidades Hospitalarias de Rehabilitación Infantil e Atención Temperá, permita o desenvolvemento dese novo modelo.

O PAIPDG xa sinala no seu análise que “Galicia non conta cunha rede consolidada de recursos nesta materia que preste unha atención coordinada e integral. Pola contra, atópanse certas desigualdades na dotación de equipos, ou na súa distribución territorial, e mesmo áreas territoriais sen recursos próximos” (PAIPDG 2010—2013).

Unha ollada ao número, distribución e composición dos equipos permite apreciar a súa inadecuación e a súa insuficiencia. Os servizos comunitarios específicos de atención temperá, dependentes en grande parte da administración local, non son homoxéneos nin na súa composición nin nas súas tarefas nin no ámbito asistencial, pois nalgúns casos atenden tamén a nenos/as en situación de discapacidade e dependencia de 0 a 16 anos.

Page 13: A/A CONSELLO AUTONÓMICO DE ATENCION TEMP ERÁ …atenciontemprana.com/wp-content/uploads/2015/09/AGAT... · 2015-09-26 · Probablemente, esta incomprensión conceptual sobre o significado

4

Mapa dos servizos sociais comunitarios específicos de Atención Temperá

O Protocolo de Coordinación, Intervención e Derivación, publicado pola Xunta de Galicia en febreiro de 2015, recoñece como servizos comunitarios específicos de Atención Temperá, integrantes da Rede Pública de Atención Temperá os da Mariña Lucense, As Pontes, Noia, Comarca de Bergantiños, Mancomunidade de Ordes, A Pobra, Comarca do Deza, Comarca do Salnés, Ponteareas, Mancomunidade de Carballiño e Mancomunidade de Verín, segundo o mapa e a relación adxunta:

No mapa, a intensidade da cor verde de cada comarca e os números que contén expresan a intensidade da demanda e o número de nenos/ano que debe atenderse nesa comarca para protexer ao 4% da súa poboación infantil máis vulnerable. En azul claro destácanse as áreas de Galicia que xa contan con servizos de proximidade.

Page 14: A/A CONSELLO AUTONÓMICO DE ATENCION TEMP ERÁ …atenciontemprana.com/wp-content/uploads/2015/09/AGAT... · 2015-09-26 · Probablemente, esta incomprensión conceptual sobre o significado

5

Servizos comunitarios específicos de AT Recursos UDIAF BERGANTIÑOS

1 Psicóloga (Coordinadora) 1 Psicomotricista 1 Logopeda (18 h.) 1 Aux. Administrativo (15 h.)

SAT ORDES

1 Psicóloga 1 Psicopedagoga (1/2) 2 Logopedas (1 a ½) 1 T. Social

SAT AS PONTES

2 Pedagogas SAT NOIA

3 Pedagogas 1 Psicóloga (t p) SAT A POBRA

1 Pedagoga 1 Psicóloga 1 Traballadora Social

UFIAF DEZA

1 Psicóloga (Coordinadora) 1 Psicomotricista 1 Logopeda. (25h.)

UDIAF SALNÉS

1 Psicóloga (Coordinadora) 1 Psicomotricista 1 Logopeda. (22 h.)

SAT ASPRODICO

2 Pedagogas 1 Logopeda

SAT A MARIÑA

1 Psicóloga 1 Pedagoga 1 Fisioterapeuta

SAT CARBALLIÑO

1 Psicóloga SAT VERIN

1 Psicóloga 1 Pedagoga 1 Logopeda

Page 15: A/A CONSELLO AUTONÓMICO DE ATENCION TEMP ERÁ …atenciontemprana.com/wp-content/uploads/2015/09/AGAT... · 2015-09-26 · Probablemente, esta incomprensión conceptual sobre o significado

6

Aínda tendo en conta que as Unidades de Rehabilitación Infantil e Atención Temperá dos Complexos Hospitalarios das grandes cidades galegas (CHUF, CHUAC, CHUS, CHOP, CHUVI, CHOU, H. Lucus Augusti) contan con recursos engadidos adscritos dende 1999 por Benestar e poderían reconverterse e funcionar na práctica como servizos de proximidade para unha parte das áreas metropolitanas das grandes cidades, o certo é que o mapa de servizos de proximidade aínda é moi insuficiente, pouco equitativo e con recursos irregulares.

Galicia precisa un maior esforzo económico e inversor en Atención Temperá

Dende o noso punto de vista, Galicia precisa que a actualización lexislativa ou na metodoloxía de intervención, e a vontade da Xunta de Galicia por deseñar un modelo de calidade para a Atención Temperá como o que se expresa na Axenda 2015-2017 recentemente aprobada polo Consello Autonómico, debe concretarse tamén nun compromiso e un esforzo inversor que nos permita cubrir as nosas necesidades é poñernos a altura do resto das Comunidades Autónomas do Estado.

Actualmente o gasto da Xunta en recursos comunitarios para Atención Temperá é o seguinte:

• 455.000 € estimación de gasto do persoal adscrito dende Benestar aos servizos de rehabilitación dos Hospitais, dende 1999 en virtude do antigo decreto 68/1998. Postos de traballo na maioría dos casos con previsión de extinción, corroborada polo recente documento do SERGAS sobre Proceso Asistencial Integrado da Atención Temperá.

• 275.000 € do convenio de Benestar con AGAT para as unidades comarcais do Deza, Salnés e

Bergantiños, unidades implementadas no seu día de forma experimental para crear un modelo de servizos comunitarios específicos de proximidade, estudar unha posible carteira de servizos e a tipoloxía da demanda, así como deseñar unha aplicación informática para soporte asistencial da Rede.

• 312.500 € asignados por Benestar nos Orzamentos de 2015 para contribuír ao finanzamento dos

servizos comunitarios específicos dos concellos de Burela (A Mariña Lucense), Ponteareas (Comarca de O Condado) Mancomunidade de Carballiño, Mancomunidade de Verín, As Pontes, Noia (Noia, Muros, Porto do Son), Mancomunidade de Ordes, e A Pobra (Barbanza). No 2015 tan só se executaron 236.015 deses 312.500 € para os concellos de Noia, As Pontes, Burela, Carballiño, Ponteareas, Verín e Ordes

• Total: 1.042.500 €

O que inverten en Atención Temperá as diferentes Comunidades Autónomas

Unha inversión moi inferior ao do resto das CC.AA, as cales, a partir da publicación do Libro Branco no ano 2000, veñen desenvolvendo estas redes de servizos de proximidade. No cadro que sigue, feito a partir de datos publicados polas propias CC.AA, vemos que Galicia ocupa a última posición no ranking de inversión das Comunidades Autónomas do Estado.

Page 16: A/A CONSELLO AUTONÓMICO DE ATENCION TEMP ERÁ …atenciontemprana.com/wp-content/uploads/2015/09/AGAT... · 2015-09-26 · Probablemente, esta incomprensión conceptual sobre o significado

7

CC.AA. Nº nenos/as 0-4 Gasto anual € Gasto AT/Neno/a

0-4

ANDALUCÍA 438.958 10.900.000 24,83

ARAGÓN 61.547 3.500.000 56,86

ASTURIAS 37.835 1.500.000 39,64

BALEARES 56.778 2.144.597 37,77

CANARIAS 88.026 s/d ----------

CANTABRIA 26.378 600.000 22,74

CASTILLA Y LEÓN 96.043 s/d ----------

CASTILLA-LA MANCHA 103.861 5.800.000 55,84

CATALUÑA 395.800 38.000.000 96,00

C. VALENCIANA 242.084 5.500.000 22,71

EXTREMADURA 48.440 3.000.000 61,93

GALICIA 106.842 1.042.500 10,24

MADRID 347.750 13.744.161 39,52

MURCIA 85.390 4.586.775 53,71

NAVARRA 33.640 413.466 12,29

PAÍS VASCO 103.729 s/d -----------

RIOJA (LA) 15.896 619.919 38,99

CEUTA 5.995 s/d ----------

MELILLA 7.061 s/d ----------

TOTAL 2.302.053

Fonte: elaboración propia. Datos de informacións procedentes das distintas CC.AA no período 2012-2015. Utilízase como base a poboación 0-4 e non a 0-6 por ser 0-4 o dato que ofrece o INE.

Referencias: ver anexo

Page 17: A/A CONSELLO AUTONÓMICO DE ATENCION TEMP ERÁ …atenciontemprana.com/wp-content/uploads/2015/09/AGAT... · 2015-09-26 · Probablemente, esta incomprensión conceptual sobre o significado

8

O que traducido a un Gráfico no que se relaciona a inversión co nº de nenos de 0 a 4 anos que hai en cada CC.AA, segundo o INE, permite ver apreciar o importante diferencial entre Galicia e o resto das CC.AA.

10,24 12,29

22,71 22,74 24,83

37,77 38,99 39,52 39,64 40,8

53,71 55,84 56,8661,93

96

S.D S.D S.D S.D S.D0

20

40

60

80

100

120

ATENCIÓN TEMPERÁ Euros/Neno 0-4

Para salvar a brecha co promedio estatal Galicia tería que dedicar 4.282.227,36 aos Servizos Comunitarios de Proximidade de Atención Temperá

4.282.227,36 €

1.042.500,00 €

3.239.727,36 €

Esta inversión permitiría a creación de 35 equipos comarcalizados de AT semellantes as actuais Unidades do Deza, Salnés e Bergantiños, o que facilitaría atención equitativa a toda a poboación infantil de Galicia mediante recursos de proximidade15.

15 E facilitaría a creación de 140 postos de traballo.

Page 18: A/A CONSELLO AUTONÓMICO DE ATENCION TEMP ERÁ …atenciontemprana.com/wp-content/uploads/2015/09/AGAT... · 2015-09-26 · Probablemente, esta incomprensión conceptual sobre o significado

9

Non debe esquecerse que segundo os estudios sobre rendibilidade da Atención Temperá estes recursos acadan unha taxa media de recuperación da inversión de 8 x 1. É dicir por cada euro invertido estímase que a administración aforra 8 no medio prazo en servizos especializados para nenos/as con discapacidades, centros de día, educación especial, axudas a dependencia, recuperación de actividade laboral dos proxenitores, ...16

16 Heckman J.: (2007): The productivity argument for investing in young children. http://jenni.uchicago.edu/human-inequality/papers/Heckman_final_all_wp_2007-03-22c_jsb.pdf http://ectacenter.org/~pdfs/pubs/econbene.pdf

Page 19: A/A CONSELLO AUTONÓMICO DE ATENCION TEMP ERÁ …atenciontemprana.com/wp-content/uploads/2015/09/AGAT... · 2015-09-26 · Probablemente, esta incomprensión conceptual sobre o significado

10

Referencias GASTO CC.AA. Andalucía 1 - xaneiro- 2014 , 10, 9 millóns euros 2013 http://www.juntadeandalucia.es/salud/sites/csalud/contenidos/Noticias/2014/01/dia29/Noticia24564 Aragón 2- febreiro 2015, 3,5 millóns euros http://www.partidoaragones.es/actualidad/opinion.asp?notid=14954&menu=4 Asturias Estimación propia https://sede.asturias.es/bopa/2015/05/11/2015-07998.pdf Baleares Orzamentos 2015 – 2, 14 millóns de euros http://www.eleconomista.es/interstitial/volver/299338102/espana/noticias/6164637/10/14/Baleares-la-atencion-precoz-a-menores-de-seis-anos-con-discapacidad-se-duplica-desde-2010.html#.Kku8Hq18wqdsjvB Canarias s/d Cantabria Estimación Castela e León s/d Castela a Mancha 27-marzo-2015 5,8 millóns de uros http://www.clm24.es/articulo/ciudad-real/castilla-mancha-la-junta-asegura-ha-incrementado-25-ciento-inversion-atencion-temprana-ultimos-anos/20150327152239077821.html Catalunya 04-abril-2012 38,5 millóns de euros http://www.lavanguardia.com/salud/20120404/54281833529/aumenta-10-numero-ninos-necesitan-atencion-precoz-catalunya.html Comunidade Valenciana 26-marzo-2012, 6,1 millóns de euros http://www.fundacionuniversia.net/actualidad/noticias/detalleNoticias-2354.html Madrid 18-06-2014 13,7 millóns de euros http://www.madrid.org/cs/Satellite?c=CM_Actualidad_FA&cid=1354343034104&language=es&pagename=ComunidadMadrid%2FEstructura Estremadura http://doe.juntaex.es/pdfs/doe/2014/2320o/14050262.pdf Murcia 22-febrero-2014 4,58 millóns de euros http://www.europapress.es/murcia/noticia-comunidad-destina-11-millones-euros-servicios-atencion-

Page 20: A/A CONSELLO AUTONÓMICO DE ATENCION TEMP ERÁ …atenciontemprana.com/wp-content/uploads/2015/09/AGAT... · 2015-09-26 · Probablemente, esta incomprensión conceptual sobre o significado

11

temprana-14-municipios-mancomunidad-20140222132947.html Navarra 18-setembro-2013 1,65 millóns de euros http://www.navarra.es/home_es/Actualidad/Sala+de+prensa/Noticias/2013/09/18/Contrato+de+Atencion+Temprana.htm País Vasco Alava http://www.elcorreo.com/alava/araba/201503/31/alava-traslada-servicio-foral-20150330171039.html Vizcaya 22-xaneiro-2014 1,3 millóns de euros http://www.europapress.es/euskadi/noticia-total-1330-menores-benefician-ayudas-atencion-temprana-bizkaia-aumenta-35-presupuesto-20140122151948.html Guipuzcoa s/d Rioja 3 xaneiro 2014 0,6 millóns euros , http://www.europapress.es/la-rioja/noticia-servicios-sociales-destinara-ano-600000-euros-servicio-atencion-temprana-menores-anos-20140103125209.html

Page 21: A/A CONSELLO AUTONÓMICO DE ATENCION TEMP ERÁ …atenciontemprana.com/wp-content/uploads/2015/09/AGAT... · 2015-09-26 · Probablemente, esta incomprensión conceptual sobre o significado

12

Page 22: A/A CONSELLO AUTONÓMICO DE ATENCION TEMP ERÁ …atenciontemprana.com/wp-content/uploads/2015/09/AGAT... · 2015-09-26 · Probablemente, esta incomprensión conceptual sobre o significado

13