a nova peneira - nº10 - outubro 2012

24
Por Guillermo Rodríguez -Procedente da Galicia interior, como ves actualmente o ambiente que respiramos por estes lares? -Eu penso que cambiou sobre todo o modo de vida rural. Está desapare- cendo a agricultura básica dando lu- gar a outro estilo de vida; a xente busca outras ocupacións, sobre todo na sector sevizos, na administración e na industria. O Concello acorda cos sindicatos o réxime das baixas dos traballadores municipais Nelson Santos mostra ao conselleiro Agustín Hernández os proxectos ambientais postos en marcha en Porriño PONTEAREAS Páx. 4 O PORRIÑO Páx. 11 César Puentes, Enxeñeiro Aeronáutico: “Aos controladores aéreos interésalles seren poucos para así tocaren a máis” Páx. 7 O Concello leva a cabo traballos na fonte da Fama, obra do mestre Cerviño TOMIÑO Páx. 17 ANO 1 - Nº 10 XORNAL GALEGO DE INFORMACIÓN XERAL Outubro de 2012 - 2€ www.apeneiradixital.com Máis de 50 persoas percorreron a ruta da desembocadura do Miño A GUARDA Páx. 19 Cabreira repartiu 800 quilos de mexillóns na VIII edición da súa festa gastronómica Páx. 9

Upload: a-peneira-dixital

Post on 24-Mar-2016

261 views

Category:

Documents


0 download

DESCRIPTION

Xornal galego de información xeral. Para estar ó día do que acontece na tua comarca.

TRANSCRIPT

Por Guillermo Rodríguez

-Procedente da Galicia interior,como ves actualmente o am bien te

que respiramos por estes lares?-Eu penso que cambiou sobre todo omodo de vida rural. Está desa pa re -cen do a agricultura básica dando lu -

gar a outro estilo de vida; a xentebus ca outras ocupacións, sobre to dona sector sevizos, na ad mi nis tra cióne na industria.

O Concello acordacos sindicatos oréxime das baixasdos traballadoresmunicipais

Nelson Santos mostra ao conselleiroAgustín Hernándezos proxectos ambientais postos en marcha enPorriño

PONTEAREAS

Páx. 4

O PORRIÑO

Páx. 11

César Puentes, Enxeñeiro Aeronáutico: “Aos controladores aéreosinterésalles seren poucos para así tocaren a máis”

Páx. 7

O Concello leva acabo traballos nafonte da Fama, obrado mestre Cerviño

TOMIÑO

Páx. 17

ANO 1 - Nº 10 XORNAL GALEGO DE INFORMACIÓN XERAL Outubro de 2012 - 2€

www.apeneiradixital.com

Máis de 50 persoaspercorreron a rutada desembocadurado Miño

A GUARDA

Páx. 19

Cabreira repartiu 800 quilos de mexillónsna VIII edición da súa festa gastronómica

Páx. 9

2 Opinión - Outubro de 2012

EDITORIAL

Só faltan tres días para que acudamos á citacoas urnas. Nesta ocasión os Galegos egalegas temos que acudir máis decidida-

mente porque se trata de elixir un novoParlamento para o vindeiro goberno galego.

Estamos, ademais, nuns momentos moi convul-sos. A nivel de Estado non sabemos, ou si sabe-mos?, se imos ser rescatados das gadoupas deRajoy e de Guindos ou se temos que camiñar untempo máis cara a ese gólgota que ainda nosespera.

España está á altura de Grecia; xa somos bonosbasura. Aquela potencia mundial, a 9ª dicían,que eramos tempos atrás volveuse un país sencredibilidade e sen capacidade para deter unparo asfixiante para millóns de familias; un paísincapaz de dar acougo e solucións ao futuro demiles de xovens ben preparados (algúns din queos mellor preparados de toda a democracia).

Zapatero era o culpable. Soamente facía fallacambiar de goberno para que Europa nos sacaraa bailar. Zapatero foise pero a dama europeasegue dicindo que nós non levamos o compás, oritmo alemán e francés, e holandés, e belga,…nunha palabra non somos unha parella codicia-ble. Rajoy obsesionouse con botar a Zapatero,unha maioría de españois déronlle a razón eagora dinos que as medidas que está tomandofaino cun forte dor de corazón; el quere ser bopero a Sra. Merkel non lle deixa e Rajoy, todo uncabaleiro de sociedade vip non pode facerlle unfeo.

Así estamos e así chegamos ás eleccións gale-gas.

Que pinta Galicia neste panorama? Pouco, pornon dicir nada. A nós xa nos desmantelaron tem-pos atrás; cando Felipe González nos meteu naEuropa dos xudeus (léase comerciantes); candopuxo enriba da mesa dos truháns que prepara-ban o terreo para os seus respectivos paisestodo o que tiñamos: os asteleiros (os melloresdo mundo), a nosa gandeiría (cando eu estuda-ba bacharelato os libros dicían que podiamosser a despensa de Europa en carne e leite); poisben, Felipe acordou que iso era negociable acambio de que non se dixera que Europa rema-taba nos Pirineos E así foi. Hoxe os gandeirosestán desmantelando as súas instalacións; oleite cada vez é máis barato para as grandesempresas do sector; o gandeiros están sacrifi-cando as vacas porque non poden sostelas coprezo do leite, etc. etc. Esa é a Europa que nosvenderon. Mellor, vendéronnos a Europa.

Pero voltemos a Galicia e ás eleccións do vindei-ro día 21, dentro de tres días.

Veño de recibir no buzón da miña casa unhamorea de sobres con papeletas e recomenda-cións de todo tipo. Son así como máis de dúasducias entre todos os partidos, agás Com pro -miso X Galicia que non debeu atopar cartos paraeste despilfarro e non mandou sobre á casa, alo-menos á miña.

Hai algunas cousas curiosas, por exemplo queAlternativa Galega de Esquerdas non presenta oseu candidato por Pontevedra. No sobre apare-cen Beiras e Yolanda Diez. Pero nós, enPontevedra non podemos votar a Beiras nin aYolanda. O mesmo fai o BNG: o nº 1, Carlos

Aymerich, non aparece nos papeis; si apareceJorquera a quen tampouco podemos votar. Éque estes partidos non confían nos seus candi-datos? E queren que confiemos nós?

Pola contra o PP presenta a Feijóo só ante operigo, coma Burt Lancaster. El é todo; Galiciae Feijóo son unha mesma cousa. Non será dema-siado pretencioso? Di que non vai pechar hospi-tais e os doutores e doutoras saen á rúa mani-festándose contra a política sanitaria; di que omesmo pasa coas escolas e os escolantes saen árúa contra as restriccións de profesores e deaxudas para os comedores escolares, entreoutras eivas.

UPD e Rosa Diez queren darlle volta a todo istoque vivimos. Esta señora, que visitou Pon tea -reas facendo unha defensa a ultranza da políti-ca socialista, botouse ao monte e agora é unhadefensora acérrima de voltarlle ao GobernoCentral as competencias das Autonomías. Son,di ela, unha das causas da situación en que nosatopamos. Eu podo estar de acordo con ela seestá a falar das autonomías de Murcia, da Rioxa,de Cantabria, e outras máis que temos por aí.Aquel café para todos tróuxonos estas cousas.Ela quere rematar con todo. Menuda socialistaera cando viu a Ponteareas!

Pachi Vázquez para os amigos, fíxonos chegar oseu discurso nun senso nacionalista descoñeci-do. Cecais é para que os posibles socios nunposible goberno de coalición non se sentiranaludidos, pero chegou Alfonso Guerra e mandouparar. Dixo que os nacionalistas eran unha espe-cie de cancro social que había que exterminarmediante unha quimioterapia que non explicou

ben. En que quedamos, Sr. Pachi Vázquez, acep-ta vde. aos nacionalismos como algo consustan-cial ao sistema democrático ou non?

Deixamos para o final a D. Mario Conde (o dedon é porque o seu apelido lévanos a pensar nanobleza galega). Mario conde é un extraplaneta-rio que aterrou en Galicia para demostrar queestaba fóra do armario (léase cárcere) porqueainda había xente que pensaba seguía entre rei-xas.

Como é Conde bota man a chequeira (ainda lledeixaron chequeira por máis que pretenderondespoxalo de todo) e saca da chisteira un novopartido: Sociedade Civil e Democracia. O Nomenon é unha coña. Ponse á cabeza dos que dinque os políticos son unha peste e ofrece unharexeneración do sistema. Vaia por Deus! Quixodemocratizar a banca e metérono en chirona.Claro que os demais banqueiros non son herma-nitas da caridade, senón buitres carroñeros quenon permiten que ninguén se arrime á súapresa; presa que somos todos nós, curiosamen-te.

Ben, D. Mario, vde. o que ten que facer é sacar-lle uns miles de votos a D. Alberto para queperda a maioría e logo ainda estamos dispostosa convidalo á celebración. Iso é o que ten quefacer. De exoneración social e política xa nosencargaremos nós. O seu son os números e teñacoidado coa Facenda que anda moi desesperadaactualmente.

Amigos e amigas, que vostedes o voten ben, aver se así podemos botar a alguén que non estádando a talla.

Novo Parlamento á vista

3Outubro de 2012 - Opinión

Verdadeiramente o conxuntodos recurtes principiados porFei jóo en abril do 2009 e se -

gui dos no nível estatal por ZP, den -de maio do 2010 e por Rajoy, den dedecembro do 2011, xerou unha te -rríbel espiral de menos ac ti vi da de,máis desemprego, menos re ca da -ción fiscal, máis recurtes e me norcantidade e calidade dos servizospúblicos. Unha espiral suicida co moa xerada pola política de austerida-de do presidente Hoover nos USAdende fins do 1929 até fins do 1933e que só salvou Roosevelt coa súaacción decididamente so cial -demócrata do “New Deal”.

Diante desta suicida política da de -rei ta conservadora o PSOE, cam-pión canda Feijóo na xeración dedesemprego, fai parte do mesmopro blema e carece de credibilidadepa ra liderar ningunha política al -ter nativa, porque non foi quen adesenvolvela cando podía. Porque,en realidade, ZP asumiu as mesmas

re ceitas ca o PP ao reformar osdous xuntos a Constitución hai unano, coa finalidade de priorizar oequilibrio orzamentario sobre acre ación de emprego, o crecemen-to económico e o benestar. PP ePSOE demostraron preferir o balan-

ceo do “budget” á creación de“jobs”, en afortunada comparanzade Obama. É dicir as contas sobre acreación de emprego e riqueza.

A reacción do BNG e da coalición deIU e Beiras fronte esta enxurrada

de empobrecemento e recesión in -du cida é “facerlles frente” e “pa -ra los”. Resistencialismo xustificadona gravidade do momento históri-co, mais que non achega, en ningúndos dous casos, propostas en positi-vo cara á construción dunha Galiciado futuro. Porque semella que a al -ter nativa ás receitas da dereita nonserán vellos modelos fracasados noLeste de Europa, Cuba ou Corea doNorte nin ocorrencias antisistema.A alternativa pasará por defenderpro postas eclécticas e mixtas, quefaciliten o financiamento aos pe -que nos e medianos empresarios e opro pio emprendemento empresa-rial, canda a blindaxe dunha sani-dade, educación e servizos sociaisuniversais e de calidade. É dicir, re -for mar e mellorar o sistema de e -co nomía mixta que xerou, na nosaEu ropa, a meirande concentraciónde riqueza e mellor reparto dames ma da historia do mundo con-temporáneo.

Velaí que non exista alternativapolítica a esta espiral de empobre-cemento e recurtes sen propostasen positivo e centradas que vaianmoi to máis aló ca de “paralos” e de“facerlles frente”.

Eleccións en Venezuela, por que gañou Chávez?

Teño que iniciar a reflexiónin dicando, que pola contor-na europea de noticias e opi-

nión publicada co que me almorzotodas as mañás e déitome todas asnoi tes, eu estaba convencido queos electores venezolanos ían re -xei tar de forma contundente unhasituación de case ditadura, violen-cia cidadá inaguantable e espoliodas riquezas do país coas maioresreservas mundiais contrastadas depetróleo. Ademais en termos per-soais a figura do Sr. Chavez nonme cae demasiado ben, eu sonpar tidario da tolerancia coas opi-nións dos demais en todos osterreos, especialmente no da po lí -ti ca, con excepción das que de -fen den do uso da violencia in di vi -dual e colectiva e teño moi ta pre -ven ción respecto ao uso da ins ti -tu cional, e o Sr. Chavez presén ta -se me, case sempre, en posiciónsde intolerancia e autoritarismoins titucional do “Estado Bo li -variano”, cara aos seus cidadáns ecara a algunhas empresas multina-cionais, entre as que se atopanpo lo menos dúas ou tres que coti-zan na bolsa española.

Por todo o anterior a ampla vanta-xe democraticamente gañada,fron te a unha oposición unida e

con, polo menos aparentemente,un bo candidato, produciumeunha certa sorpresa. Isto motivou-me a buscar información do por-qué do resultado en fontes o máispróximas posibles ao terreo e alle-as aos contendentes. Atopeinasnos comunicados e publicacións

da Organización de Estados A me ri -ca nos (OEA) e o Programa das Na -cións Unidas para o De sen vol ve -men to (PNUD).

Segundo esas fontes, en Ve ne -zuela a pobreza reduciuse, duran-te a presidencia do Sr. Chavez, á

metade, os indixentes que vivennas rúas son un terzo dos que exis-tían antes, as diferenzas de ingre-sos entre ricos e pobres e o des-emprego urbano tamén se dividi-ron por dous. Respecto doutro dosfactores básicos de supervivenciaa alimentación, a malnutricióninfantil situouse por baixo de casetodos os países da súa contornaxeográfica.

Como queira que cando os parti-dos socialdemócratas europeosre distribuían a riqueza xerada eman tiñan o control público ensec tores estratéxicos, como a e -ner xía, as comunicacións e ata aa limentación, tamén gañaban ase leccións, a pesar da mala prensade que sufrían, prensa en mansdas grandes corporacións priva-das, como agora, que mantiña queo público era menos eficiente, épo sible que o Sr. Chavez gañeoues tas eleccións polas mesmas cau-sas que as gañaban os socialdemó-cratas en Europa. A pesar diso oSr. Chavez segue sen caerme ben,no persoal.

*Diplomado enRelacións Laborais e

Empresariais.

*IsidoroGraciaPlaza

Paralos e facerlles fronte*XOÁN ANTÓN

PÉREZ LEMA

*Avogado

CADERNOS DA VIAXE

4 Ponteareas - Outubro de 2012

OConcello de Ponteareas conti-núa a desenvolver o programade recuperación daqueles ele-

mentos que forman parte do seu pa -trimonio etnográfico ou que teñen unespecial significado para os veciños eveciñas.

Os traballos céntranse nestas datas,na recuperación da Fonte da Famasituada a carón da estrada N-120 aaltura do barrio da Ponte. A fonte,obra do mestre Cerviño, é un dos ele-

mentos artísticos máis salientables doConcello polo que era preciso “non sóa súa rehabilitación, senón taménunha mellora do entorno no que se a -to paba de cara a súa posta en valor”.

Así pois a Fonte da Fama será rehabi-litada mantendo o seu entorno enpedra que será limpado de cara amellorar o aspecto global da zona,que será dotada de iluminación eaxardinamento, sen restarlle protago-nismo á obra do mestre Cerviño.

Eloy Táboas Rodríguez, LauraGonzález Fernández e MartínRodríguez Ledo, foron os gaña-dores do concurso de fotografíaA miña volta convocado comoparte das actividades paralelasque se desenvolveron en Pon -tea reas para celebrar que, porsegundo ano consecutivo, a vila do Tea fora punto de saída dunhaetapa de La Vuelta.

Volve a Hora do Conto á Biblioteca

Recuperación da Fonte da Fama A Concellería de ServizosComúns de Ponteareas fixopúblico o balance do servizode recollida de aceite domés-tico, correspondente ao ter-ceiro trimestre deste ano

2012 na que “os datos amo-san un incremento na recolli-da de aceite doméstico, dun68,5%, ao pasarse dos 705quilos no trimestre anterioraos 1.030 quilos actuais”.

Positivo balance do servizo de recollidade aceite doméstico

Entrega de premios do concurso A Miña Volta

Comeza unha nova edición da actividade decontacontos que se desenvolverá na Bi blio -te ca Pública Municipal de Pon teareas to -dos os xoves de 6 a 7 da tarde e está a -berta á participación de todos os nenos enenas maiores de 3 anos.

INSIRA O SEU ANUNCIO

[email protected]

aquí

5Outubro de 2012 - Ponteareas

Oalcalde de Ponteareas, Sal va dorGonzález Solla, asegurou que osparques públicos de Ponteareas

son obxecto de traballos periódicos eprogramados que os manteñen nun boestado de utilización por parte dosveciños e veciñas. Solla explicou que,

dende a súa chegada a alcaldía, en2004, o número de parques e espazospúblicos de lecer para o goce da cida-danía “foron incrementados de xeitonotable”, creándose o Parque de SanRoque; ampliándose e acondicionán-dose o Parque da Perillana; creaciónda zona recreativa da Freixa; remode-lación do Parque das Pombas e do par-que de Ponteareas Ciudad, ademais dacreación de numerosas zonas de ocioparroquiais e nos centros culturais.

Lamentou Solla que as veces “o vanda-lismo, que é un mal endémico quepadece esta sociedade, encárguese dedestrozar, poucos días despois, o tra-ballo realizado cun grande sacrificioeconómico e cun gran esforzo porparte do persoal municipal”.

O Concello leva a cabo tarefas de mantemento dos espazos públicos de lecer

Aconcellería de Emprego eDesenvolvemento Localde Ponteareas, que dirixe

Ma risol Vala do, porá en mar -cha un Obra doiro de busca deemprego en internet, que terácarácter to tal mente gratuíto eestá fun da mentalmente diri -xido a to das aquelas persoasque es tean in te resadas en am -pliar as súas op cións de inser-ción laboral.

A actividade, desenvolvida através do Servizo de O ri en ta -ción Laboral do Concello dePon tea reas situado no CDL, te -rá lugar en horario de tarde eunha duración aproximada dedúas horas.

Todos os que desexen partici-par neste Obradoiro de buscade emprego en internet podeninscribirse de xeito totalmentegratuíto nos teléfonos 986 6610 50 ou 609 45 24 24 de 9 a 14horas.

Valado organiza un Obradoiro debusca de emprego por internet

Dillo con

flores

6 Ponteareas - Outubro de 2012

AAula da Rede de Centros para aModernización e Inclusión Tecnolóxicada Xunta de Galicia, Rede CeMIT do

Concello de Ponteareas, en colaboración coaConcellería de Servizos Sociais que dirixe

Rosa María Carrera, está a celebrar un cursono que se formará a veciños e veciñas dazona en distintos eidos das Tecnoloxías daInformación e da Comunicación (TIC).

Con esta actividade desenvolvida a través daAsociación de Maiores de Ponteareas, pretén-dese que os/as maiores do Concello dePonteareas manexen con certa soltura unequipo informático e coñezan os trámites exestións que se poden facer na Rede.

Para inscribirse ou para solicitar máis infor-mación os diversos cursos que se realizan,poden dirixirse ao Aula CeMIT de Ponteareas,sito Centro Social, Rúa de Oriente nº 8, cha-mar ao teléfono 986 64 17 47, ou enviar uncorreo a [email protected] dirixidoá axente TIC, Ana María Pérez Martínez.

A Concellería de Servizos Sociais oferta uncurso de informática para maiores

Oalcalde Salvador González Solla, acom-pañado polo concelleiro delegado deTráfico e Seguridade Cidadá, Jesús

Antonio Fernández Suarez, visitou as obrasde mellora da seguridade viaria que oConcello, en colaboración coa DeputaciónProvincial, está a desenvolver en dous puntosespecialmente sensibles nesa materia.

En concreto, na parroquia de Ribadetea, oAlcalde e o Concelleiro supervisaron o estadoda construción de dous pasos de peóns alza-dos en Ribadetea, un á altura da igrexa eoutro na Escola Unitaria desta parroquia.

Coa construción destes pasos de peóns cúm-prese o compromiso que a Alcaldía dePonteareas tiña contraida tanto cos veciños eveciñas da parroquia como coa comunidadeeducativa que solicitaran medidas para salva-gardar a seguridade dos peóns neses douspuntos.

Tamén a petición formulada polas ANPAS doCEIP Ramiro Sabel Mosquera e os Institutosponteareáns, foi atendida ao dotarse á estra-da de Ponteareas-Guillade, nas inmediaciónsdos centros escolares, de outros dous pasosde peóns alzados que, xunto coas obras dehumanización realizadas con anterioridadepara dotar a esta zona de iluminación e bei-rarrúas, garantirá a seguridade dos nenos enenas que nos días lectivos circulan por esaestrada.

Mellora da seguridade viaria na parroquiade Ribadetea e na estrada a Guillade

O Servizo de Orientación Laboral, dependenteda Concellería de Emprego e De sen vol ve men -to Local que dirixe Marisol Valado Pérez, vénde dar conta dunha oferta de emprego na quese buscan comerciais de telefonía para traba-llar con PEMES (non con particulares).

O traballo, segundo figura na oferta, de sen -vol verase en Ponteareas e arredores e a for -ma ción correrá a cargo da propia empresa conposibilidade de alta na Seguridade Social efixo de plantilla. Os candidatos e candidatas,pre feriblemente, deberán ter experiencia co -mo comerciais.

Os interesados e interesadas deberán enviarun curriculum vitae ao enderezo de correoelectrónico [email protected] no asunto: Oferta Comercial. Ta -mén se pode enviar por correo ordinario aose guinte enderezo: CDL-Concello de Pon tea -reas. A/A Isabel. Lomba do Cruceiro, 5. 36860Ribadetea Ponteareas.

Oferta de emprego decomerciais de telefonía

7Outubro de 2012 - Ponteareas

Por Guillermo Rodríguez FdezFOTOS:HERNÁNDEZ

-Procedente da Galicia interior,como ves actualmente o am bien teque respiramos por estes lares?-Ben, eu penso que cambiou sobretodo o modo de vida rural. Estádesa parecendo a agricultura básicadando lugar a outro estilo de vida;a xente busca outras ocupacións,sobre todo na sector sevizos, na ad -ministración e na industria.

-Entende que este cambio tanradical ten sido positivo?-Os cambios teñen partes positivaspero tamén negativas. En xeral onivel de vida acadado é positivo;sen embargo hai ou tras cousas queforon negativas; o mundo é así eresulta difícil cambialo.

-Pasemos agora a túa conferenciadeste noite. Vas falarnos de “se -gu ridade no transporte aereo”; éque os avións poden pinchar?-Home si, as rodas poden picarse,pero eu vou falar dende o pun to devis ta da ausencia de accidentes;non vou falar de cando nos aeropor-tos te pasan polo scaner; vou falardas características dos avións queimpiden ou rebaixan subs tan cial -men te o número de ac cidentescom parado con calquera outro me -dio de transporte.

-Nestes momentos sabemos queunha compañía aérea parece serque non lle bota suficiente quero-seno ás súas naves, que problemapode significar ese feito para osviaxeiros deses avións?-Esa compañía tivo un número moielevado de incidentes nos últimosmeses e está sendo investigado oseu cumprimento das condicións o -pe racionais neste momento. O casoestá sub judice, non no senso xudi-cial, pero si non senso da segurida-de aérea. A Axencia de SeguridadeAérea está investigando o asunto.

-Pero, os pasaxeiros como sepoden ver afectados?-Bueno as consecuencias da falla deseguridade pode provocar un inci-dente ou un accidente, que xa sonpa labras maiores porque pode im -plicar a morte de pasaxeiros.

-Hai algo que sempre me causouextrañeza. Hai un montón deanos, aló polo anos setenta, candoviaxaba a Barcelona, o billete xame costaba sobre dez ou doce mil

pesetas das de entón (hoxe seríanarredor de 60 euros). Nestes mo -mentos estase facendo a mesmaviaxe por unha cantidade seme-llante ou ainda menor. Como éisto posible?-Son un experto no traballo dos ta -lleres pero non en economía dotrans porte aéreo, no cálculo decus tes. Pero hai algo que está cla -ro: toda compañía ten dous tipos decustes, uns que se chaman indirec-tos de operación: venda de billetes,persoal de terra nos aeroportos,etc.; logo hai outros que se chamancustes directos de operación: tripu-lación, o combustible, as taxas deaeroporto, os seguros,… O que oco-

rre é que nestes momentos hai algomáis. Entendo que detrás da pre-gunta están as compañías de baixocuste. Neste mundo non hai nadagratis. As compañias de baixo custecobran aos pasaxeiros un prezo bai -xo porque reciben subvencións deinstitucións lo cais, autonómicas oudo que sexa, que cubren a diferen-cia. Logo eses cartos que deberanser empregados noutras nece si da -des sociais están des tinados a quede terminada compañía aterre osseus avións en de ter minado aero-porto; están comprando as opera-cións desas compañías.

-De calquera xeito as diferencias

son abismais.-Estou de acordo; para min comoprofesional do ramo iso é incom-prensible.

-Falemos agora doutro capítulomoi mediático nos últimos tem-pos. Os soldos dos pilotos e doscontroladores, a min parécenmeescandalosos.-Os soldos dos pilotos son altos, pe -ro non moito máis altos que os pilo-tos doutras compañías; é certo quenas de baixo custe os soldos sonalgo máis baixos. Pero se unha com-pañía privada pode pagar eses sol-dos elevados eu non teño nada queopinar. Agora ben, prantexaches otema dos controladores que cobransoldos moi elevados fundamental-mente porque fan un montón dehoras de traballo. E por que fanmoitísimas horas? Porque non haisuficientes controladores para quecubran soamente as horas normaisde calquera traballador.

-Claro, pero non haberá suficien-tes controladores porque a capa-citación dun controlador está nasmans de AENA, composta polospropios controladores; logo nonlles interesa que a plantillaaumente, non si?-O problema é o corporativismo docorpo de controladores que querenser poucos para así repartirse todaa tarta entre poucos.

-Pero os soldos son elevadísimos,non?-Si, si, pero se calquera traballadorfai un montón de horas extras que,ademais, como neste caso, sonpagadas moi ben, a final de mesatópase con soldos deste tipo. Cocal a eles mesmos lles interesa limi-tar o número de controladores.Igual que outro tipo de profesiónsexistentes nestes momentos.

-Pero como se lle permite ter esecontrol?-Eu entendo que a formación duncontrolador debera ser aberta, bena nivel universitario ou doutro tipoa estudar. O que tiña que facerAENA é preguntarse: cantos contro-ladores se precisan en España? Dezmil, vinte mil, os que sexan, e tra-tar de dispor deles; non ter soa-mente tres mil se se precisan dezmil.

-Grazas César. Benvido a Pon tea -reas e a disfrutar da compaña deteus pais.

“Aos controladores aéreos interésalles serpoucos para así tocaren a máis”

Naceu en Ponteareas, o 18 desetembro de 1945

Enxeñeiro Superior Aeronáutico,ten a Es pe cialidade en Aeronavese En xeños en 1971. Foi o número1 da súa promoción e Premio Na -cio nal de Fin de Carreira en 1971.Pre mio “Francisco Arranz” da A -so cia ción e o Colexio de En xe ñei -ros Ae ronáuticos de Es paña aome llor ex pediente académico deEn xe ña ría Aeronáutica.

Nos seus 40 anos en activo dedi -ca dos á profesión da En xe ña ríaAeronáutica, participou no de se -ño e desenvolvemento de to dosos avións deseñados e fabricadosen España desde 1971 até 2011, ena maioría dos proxectos europe-os neste mesmo período.

Director retirado de ProxectosFu turos e Tecnoloxía da Divisiónde Avións de Transporte Militar deEADS-CASA (MTAD/AIRBUS MILI-TARY).

Experto de EADS en TecnoloxíaAeronáutica.

Profesor Asociado (Cátedras deMecánica do Voo e de Aeronavese Vehículos Espaciais) no De par -ta men to de Vehículos Ae ro es pa -ciais da Escola Técnica Superiorde En xe ñeiros Aeronáuticos(ETSIA) da U niversidade Po li téc -ni ca de Ma drid, de forma i nin te -rrom pida des de 1972.

Profesor na Escola de Or ga ni za -ción Industrial (EOI) para o MBA(Mas ter in Business Ad mi nis tra -tion) Aeronáutico, desde 2004.

Participou na investigación denu me rosos accidentes de avia-ción.

César Puentes, Enxeñeiro Aeronáutico

En primeira fila, terceira e cuarto pola dereita, os pais do conferenciante.

8 A Cañiza - Outubro de 2012

As clases impartiranse todos os xoves porunha profesora nativa en horario de 17a20 horas. Contan con dous niveis: inicia-ción e avanzado e ten un custe de 15euros ao mes.

As clases están diseñadas contando con:laboratorio de aprendizaxe, interactivo,clases de conversa, apoio fonético, apoiomultimedia e dinámica de aula.

Para inscribirse e máis información: O fi ci -na deInformación Xuvenil (Casa de Cul tu -ra da Cañiza), teléfono 986 652 132.

O Alcalde da Cañiza, Miguel Domínguez,entregou o pasado 5 de outubro no Salónde Plenos do Concello os premios aos por-tadores dos números agraciados no sorteocelebrado o pasado venres 29 de xuñodentro da campaña “Mercar na Cañiza tenpremio” posta en marcha a finais deabril.

Todos os sábados de 10:00 a11:30 horas na BibliotecaMunicipal da Cañiza, terá

lugar o curso de técnicas de es -tudo e fomento da lectura pa raescolares de primaria organiza-do polo Concello. O curso ten unprezo de tan só 8 euros ao mes.

Para estudar é sempre de vitalimportancia coñecer e aplicarunhas boas técnicas de estudo.Se a isto ademais lle engadimosmotivación, aumentamos orendemento no estudo. E se,ase ma de, temos como a lia das aboa lectura, a boa es cri tu ra e aboa oralidade, apren den do adis cri minar e se lec cio nar a in -for ma ción que nos che ga,entonces teremos as fe rra men -

tas que nos a com pa ñarán du -rante toda a nosa vida.

O curso estará impartido por Do -na Juana Miranda, Técnica Su -

perior en Animación Socio cul tu -ral. Pódese atopar máis infor -ma ción e realizar as pertinentesins cricións na Biblioteca Mu ni ci -pal do Concello da Cañiza.

O Concello organiza un curso de técnicas de estudoe fomento da lectura para escolares de primaria

Abre o prazo de inscrición para asclases de inglés que seimpartirán na Cañiza

As aulas realizaranse na Casa de Cultura osmércores de 17:00 a 19:00 horas, totalmen-te GRATUITO

Se te queres preparar para as probas e obtero certificado en lingua galega CELGA 1,2,3 e4, ¡agora é a túa oportunidade!

Podes ampliar esta información naBiblioteca Municipal da Cañiza, sita na RúaProgreso, nº 21 - 2º andar ou contactandono número de teléfono 986 663069.

Curso organizado polo Servizo deNormalización lingüística do Concello daCañiza

O Concello da Cañiza organiza cursos de galegopara preparar os exames de obtención doCertificado de Lingua Galega CELGA

O alcalde entrega ospremios de “Mercar naCañiza ten premio

9Outubro de 2012 - Salvaterra

Ocociñeiro do programa tele-visivo Larpeiros da TVG exal-tou, a mañá do pasado 12 de

outubro o mexillón no pregón daoitava edición desta festa gastro-nómica en san Miguel de Cabreira(Salvaterra de Miño).

Cun día de sol radiante e tempera-tura otoñal, o chapeleiro BenignoCampos sinalou que o mexillón é unproduto “moi agradecido para oscociñeiros”, aludindo á versatilida-de que ofrece na súa preparación.Engadiu que “en Galicia somos unsprivilexiados na gastronomía xaque, en canto a marisco e peixe,te mos os mellores produtos domun do así como unhas carnes ma -rabillosas, unha horta fantástica”.Ao que engadiu un encomio ao viñodo Condado que lembra desdeneno.

Pola súa banda, o xornalista Ro ber -to Ledo na súa presentación dopregoeiro destacou a traxectoriavital de Benigno Campos que a raízdo programa Larpeiros iniciou a súacarreira de “mestre cociñeiro eactor con dotes para o canto” ecun éxito de superventas nos seuslibros de cociña cuxo terceiro libropresentou estes días. Ledo desta-cou ademais o seu “altruísmo, des-interese e compracencia” para cos

seus amigos e agradeceu a súa pre-senza en Cabreira.

A organización da Festa do Mexillónde Cabreira 2012 consumiu pretode 800 quilogramos deste bivalvopara ao redor dun milleiro de per-soas que pasaron polo recinto dafesta. Ao natural, en vinagreta ecunha salsa baseada en tomatedegustáronse os mexillóns. A empa-

nada deste bivalvo esgotouse.Tamén se vendeu todo o polbo depulpería Tere do Rosal que prepa-rou 125 racións. A comisión de Fes -tas que preside Sergio Burgos mobi-lizou a 23 persoas para ter todo apunto. Ao final, Burgos destacou“va lera a pena o esforzo rea li za -do”. A comisión obsequio ao pre -sen tador e ao pregoeiro cunha pla -ca conmemorativa do evento e undetalle en porcelana do Con cellode Salvaterra.

Asistiron á festa varios concelleirosdo Concello de Salvaterra, que co la -borou na festa, así como o bar Xer -me, encabezados pola primeira te -nen te de Alcalde e parlamentariagalega, Marta Valcárcel. O grupo degaitas de Rebordechans, do mu ni ci -pio de Arbo, O Castriño a me nizou afesta. O mesmo pregoeiro, BenignoCam pos, interpretou unha peza cone les tocando o tamboril con gran en -tu siasmo do público.

Cabreira deu cumprida conta de 800 quilogramos demexillóns na súa oitava edición desta festa gastronómica

O pregoeiro Benigno

Campos sinalou que o

mexillón é un produto

“moi agradecido para os

cociñeiros”

A organización

consumiu preto de

800 quilogramos deste

bivalvo para ao redor

dun milleiro de persoas

que pasaron polo recinto

10 O Condado - Outubro de 2012

Estes días, asinouse o acordo anualentre os dous Concellos. Participaron oPresidente da Câmara de Melgaço Rui

Solheiro e o alcalde de Arbo Xavier Simón.Trátase dun protocolo establecido que serepite todos os anos.

No encontro, os dous presidentes acordaroncontinuar o diálogo aberto hai uns mesespara definir accións conxuntas que benefi-

cien aos habitantes galegos e portuguesesdos dous Concellos.

Unidos polo MiñoNos últimos meses os cidadáns arbenses emelgaçenses desenvolveron diversas ac ti vi -dades en co mún. Os respectivos alcaldesdestes dous concellos fonteirizos consideranque o Río Minho xunta e non separa aos douspobos.

Melgaço e Arbo asinan o acordoanual para fixar a liña divisoria

Jesús Caldera, ex-ministro de Tra ballo eAsuntos Sociais, visitou Arbo, onde xantoucos militantes socialistas do municipio.

Posteriormente realizou unha visita á co operativavitivinícola EIDOSELA, na que se lle explicou oproceso de fabricación do viño albariño, unha dasseñas de identidade da localidade. Caldera que-dou gratamente sorprendido do nivel a mo sadonas instalacións desta pequena bodega e da cali-dade do viño albariño.

Xa avanzada a tarde participou en Ponteareasnunha Charla-coloquio sobre políticas sociais, res-pondendo ás preguntas dos asistentes e razoandosobre o equivoadas das medidas do PP de conti-nuos recortes que só serven para aumentar osufrimento dos cidadáns e son ineficaces para acreación de emprego e a reducción do déficit.

Jesús Caldera, ex ministro de Traballo eAsuntos Sociais, visitouo concello de Arbo

A Garda Civil dePonteareas celebrou opasado venres 12 deoutubro, Día daHispanidade, a festa daVirxe do Pilar, a súapatrona desde 1913.

FOTO HERNÁNDEZ

A Garda Civilhonra á súapatrona

11Outubro de 2012 - O Porriño

Oalcalde do Concello de Po -rriño Nelson Santos e os con -ce lleiros do equipo de Go -

berno local recibiron a visita docon selleiro de Medio Ambiente, Te -rritorio e Infraestruturas da Xunta.Nunha reunión, na Casa Con sis to -rial, trataron os diferentes proxec-tos en materia de medio ambientee infraestruturas que se estánlevando a cabo no municipio cen-trándose nas obras de saneamentoe conexión ao sistema xeral do ríoLouro, a recuperación das Gándarasde Budiño, así como tamén a repa-ración da morfología da canle dorío Louro.

Alcalde e conselleiro agradecéron-se a visita e a recepción, respecti-vamente, e destacaron "o impor-tante avance na mellora do medioambiente que está presentando omunicipio, marcado sobre todopola posta en marcha do acondicio-namento do paseo do río Louro".Precisamente, neste contexto, oalcalde anunciou a ordenación dasmarxes do río, "trátase dun investi-mento que alcanzará os 200.000euros, en colaboración coa Con -federación Hidrográfica do Miño-Sil, e que consistirá na recupera-ción da morfología da canle, altera-

da co paso do tempo e as forteschoivas que causaron unha impor-tante erosión nas marxes do ríoLouro". Deste xeito, desde oConcello preténdese construír undique a modo de barreira de pro-tección para evitar futuros danos.Ademais, co fin de mellorar a inte-gración do dique no medio fluvial,logo da súa construción, a partesuperior sería cuberta con vexeta-ción.

A restauración, conservación e usodas Gándaras de Budiño é outro dosproxectos vixentes, recentementeiniciado, e que tamén destacarondurante a reunión. Santos sinalouque "coa execución deste proxectoPorriño recuperará unha gran zonaverde, de máis de 700 hectáreas,que leva asociada unha elevadadiversidade de fauna e flora. Trasanos de degradación progresiva dohumidal agora conseguimos pór enmarcha esta actuación cuxo ele-mento básico é a escavación ebaleirado parcial do vaso da Lagoade Budiño, colmatado polo acheguede materiais procedentes sobretodo das canteiras, de forma que seconverta nunha zona de observa-ción experimental do proceso derexeneración da mesma". A obra

supón un investimento de máis de1,3 millóns, financiada pola UniónEuropea e os gobernos Estatal eAutonómico. Os traballos deroncomezo o pasado mes de agosto,cun prazo de execución de tresanos, no entanto, desde a direcciónda obra apuntan que a meteorolo-gía terá un papel fundamental nodesenvolvemento dos traballos xaque as tempadas de choiva retarda-rán todo o proceso ao tratarse dunhumidal.

Precisamente, outro dos factoresque contribuíu, en gran medida, alograr unha adecuada recuperaciónambiental da zona foi a posta enmarcha do Sistema de Saneamentodo río Louro. Neste sentido, o con-selleiro anunciou a adxudicación,nas próximas semanas, das obras desaneamento na zona de Budiño-OCerquido, que solucionará os pro-blemas de verteduras de vivendas enaves industriais alí situadas, nasinmediacións da estrada N-550, que

quedarán conectadas á rede decolectores da EDAR de Guillarei.Esta actuación, cuxo orzamentoascende a máis de 1,5 millóns deeuros, súmase ás que xa se estánexecutando a día de hoxe, cuninvestimento de 2 millóns de euros,localizadas na PO-510, no polígono

da Granxa, en Orbenlle, Cans eTorneiros. Todo iso co obxectivo deir aumentando a poboación conec-tada ao Sistema de Saneamento dorío Louro.

Santos mostra ao conselleiro Agustín Hernández osproxectos ambientais postos en marcha en PorriñoO alcalde e os concelleiros do equipo de Gobernolocal recibiron ao titular da Xunta no Concello,onde mantiveron unha reunión de traballo. A adxu-dicación dunha nova obra de saneamento porimporte de máis de 1,5 millóns de euros, a recupe-ración da morfología da canle do río Louro e a postaen marcha da restauración e conservación dasGándaras de Budiño foron os temas tratados

A restauración,

conservación e uso das

Gándaras de Budiño é

outro dos proxectos

vixentes, recentemente

iniciado, e que tamén

destacaron durante a

reunión.

12 O Porriño - Outubro de 2012

Aposta en valor do patrimonio natural do Val da Louriña,a contribución das empresas locais ao desenvolvemen-to sostible, o compromiso

ambiental do sector do granitoe a situación actual e perspecti-vas de futuro do Sistema de Sa -nea mento do río Louro son al -gúns dos temas que se tratarándende o 22 ao 25 de outubro noLI Curso de Saú de Ambiental,or ganizado polo Profesor Dr.Fran cisco Peña. Enmarcado noPro grama Galego de Mu ni cipiosSau dables e Sos ti bles 2000-2012, coordinado po la Con ce lla -ría de Medio Am biente e Sa ni da -de do Con cello de Porriño.

Auspiciado pola Consellería de Medio Ambiente Te rri to rio eInfraestruturas da Xun ta e a Sociedade Española de SanidadeAmbiental, con ta coa colaboración de diferentes entidadespúblicas e pri vadas. O Concello de Porriño é a sede anfitrioada 51ª edición.

“Tes talento?” clausura as FestasO Porriño acolle o LICurso de Saúde Ambiental

Aexcelente acollida do I ForoPorremprego tanto por partede persoas desempregadas

como de empresarios, fixo que esteano a Concellaría de Emprego eFormación do Concello de Porriño,que dirixe M. Alejandro Lorenzo,volva organizar unha nova edicióno próximo mes de outubro.

As decenas de contratacións efec-tuadas tras o encontro de 2011 ponde manifesto o éxito do evento.Moitas das persoas, veciñas de Po -rriño, que conseguiron o seu traba-llo a través desta iniciativa conti-núan nas empresas contratantes adía de hoxe, ese é o caso de MaríaRego, de 25 anos, que tras finalizaren xuño de 2011 un ciclo formativode informática, estivo uns mesesenviando o seu currículo a diversasempresas ata que en outubro acu-diu ao I Foro Porremprego e, entreoutras casetas, deixou o seu currí-

culo nunha firma de automoción."Ao pouco tempo chamáronme paraunha entrevista e contratáronme,primeiro un mes en prácticas, traso cal renováronme o contrato para

ocupar o posto de administrador desistemas informáticos, no que con-tinúo traballando", explica. No seucaso, o éxito foi maior se cabe, xaque se trata do primeiro contrato

laboral desta moza porriñesa.Precisamente, esta mesma mañá, oalcalde Nelson Santos e o conce-lleiro de Emprego e Formación, M.Alejandro Lorenzo, visitaban aMaría no seu lugar de traballo,comprobando o éxito e os bosresultados que deu a organizacióndeste evento.

Nunhas semanas volverá repetirseesta oportunidade, tanto para aspersoas desempregadas como paraos empresarios. Mentres tanto,desde Porremprego traballan xapara que todo desenvólvase segun-do o previsto, "estamos contactan-do con diferentes empresas, amaiores das que xa asistiron o anopasado, para confirmar a súa asis-tencia e avaliar posibles ofertas detraballo que poidan traer ao foro edas que se beneficiarán os asisten-tes ao mesmo", explica Lorenzo.

Veciños de Porriño contan a súa experienciapositiva no I Foro Porremprego

Os 20 finalistas do concurso musicalTes talento? organizado pola Con -ce llaría de Festexos do Porriño con

motivo das Festas do Cristo 2012 subí-ronse ao escenario co obxectivo dealzarse con algúns dos catro premios.Tras participar e superar as semifinais,12 solistas, 3 dúos e 5 grupos, todos elesde perfís moi diversos e que interpreta-ron temas moi dispares, enfrontábanse aun novo reto.

A gañadora dos 2.000 euros foi GemaPereira Pérez que interpretou o temaAhora tú de Malú; Gema ten 17 anos e é

de Nigrán, estuda 1º de Bacharelato,empezou na música aos 5 anos e agoraparticipa nunha orquestra. O segundoposto, premiado con 1.000 euros, foipara o dúo de Saray Losada Souto e AntíaCaride Otero, dúas mozas de 17 anos,veciñas de Porriño; Saray estuda 2º deBacharelato artístico e ten como afec-ciones cantar e bailar e Antía cursatamén 2º de Bacharelato tecnolóxico easiches a clases de baile de salón emoderno; ambas deleitaron a pasadanoite ao público con And I am telling youI'm not going de Jennifer Hudson. O ter-ceiro posto foi para Carlota, por Listende Beyonce e o grupo Masiva pola inter-pretación dun tema propio mesturadocon Stand by me de Ben E. King, gañado-res de 500 euros cada un; Carlota ArealAlonso, de 16 anos, é de Porriño e estu-da 1º de Bacharelato e asiches a clasesde canto na Escola Municipal de Música;Masiva está composto por Raúl -20 anose estudante universitario- e Miguel -20anos e estudante de música.

13Outubro de 2012 - Especial

Estamos con Sandra Araúxo, na -tu ral da parroquia de An goares,en Ponteareas, e candidata nú -

me ro dous pola provincia de Pon -tevedra por COMPROMISO X GALICIA.

-Que é Compromiso por Galicia?-É un novo partido que xorde ante ane cesidade de outro xeito de fa cerpolítica. A sociedade está cansa doPP, do BNG e do PSOE, sal pi ca dos po -la corrupción, polo clien te lis mo epo la prevaricación. Com pro miso porGalicia é un proxecto con carácterpro pio con tres alicerces principaisque forman parte do seu discurso eque están presentes no seu programaelectoral.

En primeiro lugar, queremos avanzarno autogoberno para conseguir máiscapacidade de decisión nos proble-mas que atinxen a Galicia.

Defendemos a ultranza o estado dobenestar para garantir non so a na tu -re za pública da sanidade e da e -ducación senón tamén para de fen derás persoas que máis o necesitan,máis nestes tempos de crise.

E por último, cremos na ver dadeiraparticipación cidadá. A democracianon pode ser votar unha vez e nonparticipar nas decisións dos gobernosdurante a lexislatura. A de mocraciaten que ser par ticipativa e continua-da no tempo. Cremos que os galegosteñen moito que di cir nas nosastomas de decisións. A cúpula do par-tido non é quen decide, senón queson as súas bases, algo que non fanen ningún outro partido. Acabamosde elixir aos no sos candidatos en pri-marias abertas, e non permitimosmáis de dous mandatos ocupando omesmo cargo de responsabilidade.Por outra ban da, a política é o servi-zo máis nobre que un cidadán podeofrecer á súa comunidade e nestesentido Compromiso por Galiciaavoga por listas brancas: non ad mi -timos xen te imputada ocupando car-gos organizativos ou institucionais.

-CxG é un partido, coalición ouunha fronte?-Somos un partido político que en socatro meses de vida fomos quen deacoller as achegas do galeguismo po -lí tico, do soberanismo cívico, do pro -gre sismo inclusivo, da es quer da re -no vadora , do ecoloxismo político eda radicalidade de mo crá tica. Com -promiso por Ga licia es tá a demostrarque ten unha estrutura organizativao suficientemente sólida para estaren perfecto estado nestas eleccións.

-Vostede é unha persoa moi coñeci-da no Condado, non en van foi du -

ran te 4 anos concelleira en Pon tea -reas co BNG e responsable co mar -cal durante 3 anos co mes mopartido. Por que abandona o BNG ea pos ta agora por CxG?-Traballei moito para o BNG porquecría naquel proxecto, pero xa levabamoito tempo non sentíndome có mo -da dentro do Bloque, polo xiro ideo-lóxico e polas formas de pouco res-pecto entre compañeiros.

Coa aprobación das novas tesespo líticas xa non tiña espazo, dadoque non me considero comunista ninmarxista. Por suposto, respecto osque teñen esa ideoloxía pero non acomparto.

-Entón, como se definiría vostedepoliticamente?-Eu son galeguista porque nacín, vi voe traballo en Galicia, e quero o me -llor para a miña terra. Con si de ro queGalicia é unha nación, polo tan to sontamén nacionalista. Co mo so cial de -mó crata creo no es tado do benestar,pero dende unha perspectiva de es -quer das, é dicir, cun re parto e qui -tativo e xusto dos re cur sos e favore-cendo sempre ós máis necesitados.

-Qué lle preocupa a CXG?-COMPROMISO POR GALICIA defendeo estado do benestar, o ensino e a sa -ni dade pública de calidade, a igual-dade, o desenvolvemento económicosos tible, o medio ambiente, a ra di -ca lidade democrática, entre outrascuestións.

Por iso a CXG preocúpalle a crise eos altos niveis de paro. Galicia nonpo de seguir perdendo o tempo, po loque é imprescindible poñer fin as po -lí ticas do PP na Xunta e loitar contrao paro, con políticas de em pre go, a -poiando aos pequenos e medianosem presarios, aos au tó no mos, aoscomerciantes, aos em pren dedores,que son o verdadeiro mo tor econó-mico do pais.

No noso programa comprometémo-nos a implantar un novo modelo eco-nómico baseado en máis coñecemen-to e menos cemento, facilitaremos ocrédito a autónomos e PEMES a tra-vés do instituto galego de crédito,impulsaremos a produción local de a -li mentos de calidade e sustentables,financiaremos con axudas de ata

6.000 euros aos emprendedores, des-envolveremos o Plan Activa para ofo men to de emprego e autoempregonas mulleres, fo men taremos a trans -for mación e co mercialización dosprodutos pesqueiros e marisqueiros elanzaremos un plan de valorizaciónforestal, entre outras cuestións.

Hai sectores sociais aos que debemosprestar especial atención como amocidade, a máis preparada das últi-mas décadas e que se ve abocada aemigrar como fixeron os nosos pais eavós; as persoas de pen dentes ás quenos últimos anos o goberno do PP nonfixo máis que recortarlle dereitos eprestacións, as mulleres, que nonpoden conciliar a vida laboral coafamiliar,…

-Moitas persoas pensan que todosos políticos son iguais, e non van irvotar. Calcúlase un nivel de absten-ción en torno ao 40%. Que lle diríavostede a tantas persoas desilusio-nadas, para que o vindeiro domingose animen a participar no procesoelectoral?-Como xa dixen antes, moitas perso-as están fartas e desilusionadas polaspolíticas dos últimos anos. Moitos dinnon estar de acordo co que hai perose quedan na casa o domingo estaránsendo cómplices dalgunha maneira efavorecendo ao Partido Popular, aín -da que están no seu dereito. COM-PROMISO por GALICIA ofrécelles unnovo xeito de facer política, cos pésna terra e escoitando a todos e a to -das. Cu bri mos un espazo que ata ode agora estaba baleiro. Os que nonqueren votar ao PP nin ao PSOE por -que queren a Galicia, pero que tam-pouco se identifican co discurso doBNG, teñen agora a oportunidade devotar a un partido ga le guis ta, queabrangue dende a es quer da máisplural ata o centro moderado. Com -pro miso por Galicia non os defrauda-rá.

-Qué condicións se teñen que darpara apoiar un novo goberno enGalicia?-Só apoiaremos un goberno que poñaos intereses de Galicia e os galegospor riba dos partidistas, que defendao estado do be nestar, ensino e sa ni -da de pública, que fo mente as políti-cas de emprego, a radicalidade de -mo crática, entre outras cuestións

-Outras forzas din que pactarán coPP e darán o goberno a Feijoo. Quehai de certo?-En políticas de pactos decidirá ta -mén o pobo, porque o someteremosa debate na cidadanía, pero o que llepodo adiantar é que non apoiaremosas políticas de Feijoo, porque sobre-pasan todas as liñas vermellas queCXG non ten pensado cruzar

-Estes días están saíndo distintasenquisas que lle dan a maioríaabsoluta ao PP. Que pensa vostededo voto útil?-Nestes intres onde as enquisas danun índice tan elevado de indecisos,nin os sociólogos máis ex pe ri men ta -dos poden interpretalas con ab solutacerteza. O que si podemos ter claroé que nin o BNG nin o PSOE seránquen de arrebatarlle a maioría ab so -lu ta ao PP, e o que es tá xogando paraquitarlle a maioría absoluta é CXG,polo que o verdadeiro voto útil é oque acredita en Compromiso porGalicia.

Sandra Araúxo, número dous por Pontevedra de Compromiso x Galicia

“O verdadeiro voto útil é o que acredita enCompromiso por Galicia”

14 Salceda - Outubro de 2012

OPleno do Concello de Sal -ceda aprobou a modificaciónde crédito que vai a permitir

a realización da primeira fase do“Proxecto de Recuperación Am -bien tal e Senda Peonil no río Ca -selas entre As Pontes-Regadas” queé a continuación, augas abaixo, doactual paseo O Rubal-As Pontes.

O novo proxecto de senda verde namarxe do río Caselas sobre unhalonxitude aproximada de 600 me -tros, pretende chegar ata o lugarcoñecido como “Palomar de An te -ro”, na estrada Salceda-Pa xariña,a travesando os lugares de As Pon -tes, Curtinales e Ribeiriñas.

O 29 de Setembro do ano 2011 aConfederación Hidrográfica Miño-Sil aprobou o “Proxecto de Re cu pe -ra ción Ambiental e Senda Peonil norío Caselas entre As Pontes-Re ga -das” sobre un total de 1300 m ecun orzamento de 145.889,06 €. OConcello de Salceda entregou a ce -sión dos terreos, de 127 propieta-rios e tamén de XESTUR por ondevai transcurrir a nova senda.

Tralo cambio de Goberno do Es ta -do, o novo Presidente de Con fe de -

ración tomou a decisión de parali-zar a execución do proxecto.

O Concelleiro de Vías e Obras, For -tu nato Álvarez e Marcos Besada,Alcalde de Salceda, mantiveronunha reunión o 26 de abril do pre-sente ano con Francisco Marín Mu -ñiz, novo Presidente da Con fe de ra -ción Hidrográfica Miño-Sil, onde,tra la negativa a financiar o 100% dao bra aducindo motivos económi-cos, abriuse a posibilidade de asi-nar un convenio de colaboración,no que a Confederación Hi dro grá -

fica asumiría o 80% e o Concello o20% (29.178 euros).

O Concello de Salceda aprobou nosorzamentos do 2012 unha partidapara transferir, trala asinatura doconvenio, os 29.178 euros, decisiónque se comunicou en xuño a Con fe -deración.

O 27 de Xullo o Concello de Salcedarecibe resposta de Confederaciónonde din “que en este momentoresulta imposible cometer su finan-ciación mediante fondos propios”,

tras descartar a financiación da o -bra coa recente reprogramación defondos europeos, que en cambio, sivan a recibir outros concellos veci-ños, segundo informacións destesdías da propia Confederación.

Fortunato Alvarez, Concelleiro deVías e Obras, asegura que “Salcedaasume o seu compromiso, con fon-dos propios, para executar partedo proxecto que a Confederaciónten paralizado, trala chegada aoGoberno do Partido Popular. Sor -pren de que mentres se financian,con fondos europeos proxectos si -mi lares en concellos veciños, separalice este proxecto: Espero quenon se estea discriminando aosveciños e veciñas de Salceda pormotivos políticos.”

Marcos Besada, Alcalde de Salceda,”agradece aos 127 veciños e veci-ñas que cederon os seus terreospara a execución desta obra. Unpaso máis na recuperación e postaen valor do Río Caselas e do seuvalioso patrimonio natural eetnográfico. Espero que a Con fe de -ración Hidrográfica Miño-Sil cum-pla coa súa obriga de executar noano 2013 o resto da obra”.

O Concello de Salceda executará a primeira fase daSenda do río Caselas dende As Pontes-Regadas

Opasado sábado 29 de Setembro rea-lizouse por voluntarios daAsociación Treze Catorze a limpeza

anual do río Caselas en Salceda.Enmarcado no Programa de Limpeza deRíos “Proxecto Ríos” e que de maneiraconxunta en toda Galiza coordina aAsociación Ecoloxista ADEGA. Esta limpezavense no Río Caselas realizando dende faixa 5 anos.

Nesta limpeza se crearon dous grupos deactuación un grupo se centrou en limpar o

tamo da senda de Agüín, queé o paseo ubicado na parro-quia de Entenza, e o outrotramo é o futuro paseo quevai a ampliar o xa existentedende As Pontes ata o“Palomar de Antero”.A reco-llida de lixo realizouse tantodentro do río como na zonade riberia do mesmo.

Nesta recollida as persoasque participaron, consegui-ron retirar preto de 200 kgde lixo en total, dato símbo-lico, xa que se comparamosa retirada de lixo doutrosanos, vese como disminuíu

considerablemente, tendo en conta queno primeiro ano se retirou o cuádruple doretirado no presente ano.

Candido Álvarez, concelleiro deMedioambiente, incidiu na importancia demanter os ríos limpos xa que son unha granfonte de biodiversidade a protexer, onde,tanto no seu interior como nas súas mar-xes hai especies endémicas característicasdeste tipo de ecosistemas, que podenverse seriamente amenazados ante a con-taminación.

A Asociación Treze-catorce limpa doustramos do río Caselas

Despois da nota de prensa que se facía eco doconvenio firmado entre a Concellería deEmprego e Formación de Salceda de Caselas e

“Bodegas La Val” para formar a 15 desempregados doConcello de Salceda de Caselas nas tarefas propiasdunha adega, esta concellería tivo que paralizar asúas tarefas diarias para atender aos desempregadosque acudiron de forma masiva parainformarse sobre estes plansformativos.

Marina Cabaleiro, Tenen -te Alcalde e responsabledesta área, consideraque este interese dos ve -ci ños e veciñas de Sal ce -da, reflecta a necesidadede levar a cabo este tipo deactuacións. Isto ven a confir-mar que “os desempregados deman-dan maioritariamente este tipo de formación, e nocaso desta especialidade de vitivinicultura ademáis depolo seu carácter novedoso miran nesta vía unha claraposibilidade de inserción, xa que esta actividade for-mativa pasaría a ser a primeira experiencia deste tipoen Galicia”.

As consultas sobre o obradoiro de vitiviniculturacolapsan a concellería deFormación e Emprego

15Outubro de 2012 - Salceda

Salceda ten 36 desempregados me -nos respecto do mes anterior, istosupón unha diminución do 3,20%..

Esta reducción é un reflexo dos esforzosque se levan a cabo dende a área deemprego do Concello. A concellería deemprego, dirixida pola Tenente AlcaldeMarina Cabaleiro, conta neste intre conun servizo de Orientación La bo ral quetraballa conxuntamente co Técnico Lo -cal de Emprego xa existente, ubicadosos dous servizos na casa do Concello.

A pesares desta significativa diminución,a cifra segue sendo tremendamente al -ta, e moitas familias de Salceda se guen

tendo todos os seus membrosde sem prgados, “po lo queden de as distintas ad mi nis -tra cións temos que se guirtra ba llan do para que esta si -tuación mellore”.

As políticas de emprego quese levan a cabo dende a con-cellería van focalizadas endous pilares base: a forma-ción e a orientación para ainsercción laboral, no quexo ga un importante papel oservizo de orientación labo-ral e, por outra banda, o ase-soramento a emprendedores,xa que o técnico de empregorecibe cada vez máis con -sultas de desempregados quete ñen un proxecto de au to -emprego. Algúns dos cales xafixeron consultas sobre osservizos que ofrecerá a con -cellería no Viveiro Mu ni ci pal

de Empresas que se vai ubicar no CDL deO Torrón.

Aposta polos emprendedoresMarina Cabaleiro, Tenente Alcalde e con -celleira de Emprego e Formación, ex -plica que dende a concellería que ren fa -cer “unha importante aposta po los em -prendedores, porque o autoemprego é asaída para moitos dos desem pre ga dos, afalta de axudas por par te da Xun ta faique como administración máis cer canatraballemos para po ñer a súa dis posiciónos recursos nece sa rios, de be mos ser oapoio a todos aqueles veciños e veciñasque teñan un proxecto de futuro”.

O desemprego en Salcedadiminúe en 36 persoas

Odomingo 14 de Outubro tivo lugar en Salceda deCaselas a III Festa gastronómica do Corzo no Torrei -ro de Santa María, organizado pola Asociación Xu -

venil do Entroido da Feira. A festa comezou ás 10:30 con-tando con Maxi Adega como pregoeiro. Pola tarde a festacontinuou coa charanga divertida, actuación de Maxi A -de ga e con animación infantil e xogos populares. O Clubciclista Aragonta proporcionoulle ao domingo a pinga dedeporte, a través da “V Marcha de BTT Raíña Aragonta”que tivo un percorrido de 35km de dificultade media-alta. Tamén houbo a IV Andaina “Coñece o teu entorno:Camiñando polas inmediacións de Agüín, que transcorremaioritariamente pola parroquia de Entenza e que cons-tou dun percorrido total de 13 km cun grao de dificulta-de baixa.

Marcos Besada, Alcalde de Salceda, agradeceu o labordas Asociacións de Salceda e o seu importante papel áhora de traballar ofertando diferentes actividades paratodos os veciños e veciñas de Salceda. Traballando xun-tos, sempre poderemos conseguir que Salceda esté cheade actividades e que todo o mundo poda disfrutar.

Disfrutando do domingo enSalceda de caselas

16 Salceda - Outubro de 2012

OConcello de Salceda quere controlar asáreas destinadas para a realización degraffitis, para o que vai a habilitar deter-

minadas zonas que se atopan nun elevado gradode deterioro.

A fin é regular estos espazos, dentro do progra-ma Salceda Urbán, para que as persoas profe-sionais no mundo do graffite poidan representaro seu arte nos espazos habilitados para omesmo.

Entre as zonas permitidas, se dará cabida a dúastemáticas diferenciadas, unhas zonas paratemáticas condicionadas polo entorno e outraszonas de libre expresión, sempre condicionadasbaixo o cumprimento do regulamento.

Con esta inciciativa se pretende atender á cha-mada de antención que fai este colectivo ante afalta de cesión de espazos, por parte das admi-nistracións públicas. Só así se poderán controlaro número de pintadas ilegais que ocupan partedas fachadas das cidades e que coas que moitosgrafiteros demostran a súa disconformidade.

Os graffites poderán realizarse, unha vez trami-tado o permiso correspondente na OMIX deSalceda, mediante o modelo de solicitude

correspondente e a presentación dun voceto dodeseño que se quere realizar na área permitida.

A Concelleira de Mocedade, Loli Castiñeira, ase-gura que “é moi imporante traballar en conxun-to cos diferentes colectivos, e dada a gran cali-dade artística de graffiteros que temos no noso

entorno, queremos proporcionarlle un espazoonde se poidan desenvolver. Desta maneira sepode controlar o uso de determinadas zonas quequedarían embelecidas, e se evitaría os malosusos dos espazos para as chamadas “firmas van-dálicas” que deterioran os espazos e imaxe dosgrafiteros”.

Salceda urbán: o concello habilitará espazospúblicos controlados para os grafiteiros

Obarrio da Feira na pa rro -quia de Santa María, es -tá de noraboa ao estrear

un novo parque infantil que es -tá situado no Torreiro da Feira,a carón do Centro Cultural, esupón un complemento ideal ásinstalacións polideportivas quexa existen neste lugar. O ba -rrio, que experimentou un for -te incremento da natalidadenes tes últimos anos, ve cum -pri da así a dotación de novasinfraestructuras adicadas paraos máis pequenos, contandocon todas as medidas de segu-ridade necesarias.

Na fin de semana pasada os ne -nos e nenas da Feira earredores puideron disfrutar xado no vo parque infantil grazasa súa inclusión no Plan de In -ves ti mentos do Concello doano 2012, cun orzamento daobra de 18.800 euros.

A nova área infantil cons ta dunmultixogo, un co lum pio conasento para nenos pe quenos ede dúas unidades de xogo demuelles instalado so bre un solode caucho homologado cunhasuperficie de 96 m2.

A demanda deste parque infan-til por parte dos colectivos

veciñais da Feira ven dende haimoito tempo e o anterior go -ber no municipal incluíuno nunPlan para dotación de áreas in -fan tís, é concedido po la De pu -ta ción ao Concello en Marzo do2007. Tralo cam bio de go ber -no, o novo Go ber no Mu nicipale xecutou a base de for migóndo parque, a instancias da em -pre sa adxudicataria, ContenurSL, e aportou a financiación do10% do custo da obra, co ingre-so nas arcas da Deputación, tal

como establecían as condiciónsda convocatoria do Plan.

Ao non cumprir a Deputaciónco compromiso acordado, oCon cello, des pois de 5 anos deespera, aprobou nos orzamen-tos para 2012 a súa inclusión napar tida de inversións, da dota-ción do parque infantil para oTo rreiro da Feira, xa que é aúnica parroquia ou gran barriodo municipio que carecía atahoxe desta infraestructura.

O barrio da Feira estrea parque infantil

OHall do Auditorio do Concello deSalceda, acolle unha nova exposi-ción, que leva por título “O noso

mundo, o noso futuro, a nosa opción: Ocambio climático”.

A Asociación Ecoloxista Treze Catorze é aencargada de organizar e montar a expo-sición itinerante facilitada polo organismoCEIDA (Centro de Extensión Universitariae Divulgación Ambiental de Galicia),sendo o Concello de Salceda o colabora-dor da exposición.

Poderase visitar por toda persoa interesa-da dende o 16 de outubro ata o 15 denovembro, no horario de 9:00 a 14:00 conentrada gratuíta polo Auditorio ou polaporta do Concello. Na exposición se pode-rá contar coa proxección dun video, queserá divulgado no lugar da exposición.

Exposición sobre ocambio climático noauditorio de Salceda

17Outubro de 2012 - Tomiño

OConcello de Tomiño e os sindicatos dostraballadores municipais veñen de tomarun acordo por unanimidade no que aos

complementos retributivos debe percibir o per-soal do Concello en situación de incapacidadetemporal.

Dito acordo tomouse o pasado 4 de outubro porunanimidade no marco da Mesa Xeral deNegociación deste Concello na que están pre-sentes os delegados sindicais e os representan-tes de COG, UGT,CCOO, CSIF e SPPME.

Debido a recente entrada en vigor do RealDecreto-lei 20/2012, de 13 de xullo, de medidasa garantir a estabilidade presupostaria e defomento da competitividade incorporáronseunha serie de novidades e modificacións enaspectos relacionadas cos dereitos e condiciónslaborais dos empregados de todo o sector públi-co, incluíndo a administración local.

As novidades que se incluían tiñan que vercunha serie de limitacións dos complementosretributivos en concepto de mellora voluntariada acción protectora da Seguridade Social queas Administración Públicas aboan ao seu persoalen situación de incapacidade temporal.

Por este motivo, cumpría fixar novos criteriosaplicables ao persoal en situación de incapaci-dade temporal. Estes novos criterios fixan quese aboará un complemento até alcanzar o 100%das retribucións que se viñan percibindo no mesanterior ao causarse a incapacidade nos casosde hospitalización, intervención quirúrxica,maternidade, risco de embarazo, risco duranteo aleitamento materno, paternidade ou incapa-

cidade temporal sen hospitalización provocadapor enfermidades/patoloxías crónicas, dexene-rativas, irreversibles ou incurables.

No resto dos casos, e cando a incapacidade tem-poral se derive de continxencias comúns calcu-larase segundo as seguintes regras:-dende o primeiro día até o terceiro, inclusive,aobarse un complemento até acadar o 50% dasretribucións que se viñan percibindo no mesanterior ao causarse a incapacidade.-dende o cuarto ata o vixésimo día, aboarse uncomplemento ata acadar o 75% das retribucións.-e a partires do vixésimo primeiro día, un com-plemento até acadar o 100% das retribucións.O Concelleiro de Persoal do Concello de Tomiño,Uxío Benítez, califica estes acordos “moi positi-vos e mostra da boa vontade da Mesa deNegociación. O goberno municipal quixo chegara un acordo para que non entrase a normativaestatal, moito máis restrictiva e lesiva para osdereitos dos traballadores.

Por outra parte, o goberno municipal continúa aestudar as formas legais oportunas para com-pensar aos empregados municipais ante a deci-sión do goberno de Rajoy de eliminar as pagasextras”.

A Consellería de Traballo e Benestar publicou no DOGdo 21 de setembro de 2012 a convocatoria de probas deavaliación en competencias clave para acceder aos cur-sos para desempregados con certificado de profesiona-lidade de nivel 2.

Os interesados e interesadas en acudir ás devanditasprobas deberán solicitalo por escrito, presentando omodelo de solicitude que se pode descargar na páxina:http://traballo.xunta.es/portada-competencias-clave,ata o 10 de outubro de 2012. As probas celebraranseen Silleda o próximo 24 de novembro.

Para máis información poden preguntar na Oficina deDesenvolvemento Local do Concello de Tomiño, nosteléfonos 986622001/2/3

A partires do vindeiro mes comezarándiferentes obradoiros dirixidos ás fa -mi lias. Haberá un obradoiro de inter-

vención psicoeductiva para familias conmenores en idade infantil baixo o lema “sequeres, podes facelo” ou outro para fami-lias con fillos adolescentes baixo o nomede “entón que, axudámanos”. Os obradoi-ros correrán da man dos psicólogos,Carmen Lomba no caso infantil e ManuelLloves Moratinos no caso dos adolescentes.

Para os estudantes de 1º da ESO haberá untaller de hábitos saudables impartido polopersoal técnico do Centro de Saúde co quese abordará hixiene, alimentación e outroshábitos. Ademáis, organízanse obradoirosde cociña saudable para familias para cati-vos con trastornos alimenticios que seorganiza en colaboración co Centro deSaúde.

Dentro da programación do 2012-13 taménse porá en práctica novos medios de tera-pia. Así dende o departamento de servizossociais a través da Escola Municipal de Naise Pais tomarán como punto de apoio a obrade Xosé Neira Vilas para traballar tanto cosmaiores como coas familias. Por un lado, oprograma de maiores traballará coa obraMemorias dun neno labrego, obra a travésda cal recrearán as súas propias vivencias

persoais que poderán intercambiar os queasí o queiran nos centros educativos. Poroutro lado, iniciarase unha nova forma detraballo coas familias basada nas comuni-dades de aprendizaxe para o que se empre-gará a lectura de varias obras de NeiraVilas como Espantallo Amigo, Cabaliño deBuxo e A Marela Taravela. Será a través dastertulias literarias dialogadas nas que ospais traballaran sobre problemas de fraca-so escolar ou inclusión social.

Para finalizar a programación da EscolaMunicipal de Nais e Pais organizarase unhafesta interxeneracional na que se pretendeque participen os maiores, os pais e osnenos, as tres xeracións.

O Concello de Tomiño acorda por unanimidade cos sindicatoso réxime das baixas dos traballadores municipaisO acordo dos complementos retributivos en situación de incapacidade temporal forontomados no marco da Mesa Xeral de Negociación do Concello

Traballo e Benestar convoca as probasde avaliación en competencias clavepara acceder aos cursos para desempregados con certificado deprofesionalidade de nivel 2

O Concello de Tomiño pon en marchaa Escola Municipal de Nais e Pais

18 Tomiño - Outubro de 2012

OConcello de Tomiño organiza unobradoiro para os estudantes quecursan 2º ESO sobre acoso escolar. O

taller impartirase esta semana e máis de120 mozos e mozas do IES de Tomiño quetomarán contacto con esta problemáticaescolar.

O acoso escolar ou “bullying” afecta a un2% dos cativos en España. Tendo en contaestas cifras, os voluntarios e voluntarias daOmix de Tomiño desenvolverán ao longo demáis de 15 horas semanais un taller para osmozos e mozas.

Durante o obradoiro facilitarán ao alumna-do as claves para localizar o acoso escolare como actuar tanto se somos a vítimacomo cando coñecemos algún caso.

Para ilustrar as situacións proxectarase ofilme do director Josecho San Mateo queleva por nome “Bullying”. Este filme doano 2009, retrata o caso dun neno quesufre maltrato por parte dos seus compa-

ñeiros de clase e mostrará tanto as dramá-ticas situacións como as consecuenciasdunha experiencia así.

A concelleira de mocidade, CristinaMartínez, resalta “a importancia desteobradoiros para os mozos e mozas. O tra-ballo dos voluntarios e voluntarias, moipretos a realidade da mocidade, facilitaráa conexión e a reflexión sobre un problematan actual como negativo que sofren moi-tos alumnos dos centro educativos do nosopaís”.

OConcello de Tomiño concede máis de50.000 euros en subvencións ás aso-ciacións culturais que participaron

na convocatoria. As basesforon publicadas o pasadomes de xuño no BOP eunha treintena de aso-ciacións benefíciáron-se desta concesión dassubvencións.

Como xa aconteceucoas subvencións depor-tivas, as culturais respon-den á iniciativa do gobernolocal por facer máis transparen-te a concesión de axudas ás asociacións

que desenvolven actividades culturais sus-tituindo o modelo anterior de subvenciónsnominativas.

As asociacións que se benefician conestas axudas desenvolven activida-

des culturais dentro do munici-pio.

A Alcaldesa de Tomiño, SandraGonzález, manifesta que “ofeito de facer unha convocatoria

pública para as subvencións cultu-rais responde o interese de equida-

de entre as asociacións para que todasteñan as mesmas oportunidades no accesoás axudas públicas“.

O Concello de Tomiño organiza unobradoiro sobre acoso escolar

Tomiño subvenciona con máis de 50.000euros ás asociacións culturais

O vindeiro 8 de novembro ás 17:00 dará comezo noauditorio de Goián un novo curso de manipulador dealimentos. Para inscribirse pode facelo na Oficina deDesen vol ve men to Local do Concello de Tomiño até odía 5 de novembro. O prezo son 15 euros.

Un ano máis, co comezo do curso escolar, iní -cian se novas actividades para os cativos e ca -ti vas de Tomiño. Por un lado, o Concello pon

en marcha un novo curso da escola municipal de tea-tro que se impartirá no auditorio de Goián. A activi-dade vai dirixida para nenos de 4 a 8 anos que terí-an clase os luns de 16:00 a 17:30 , e para os de 9 a12 anos, os martes de 16:00 a 17:30.

O coro infantil pola súa banda terá clases os mérco-res de 17 a 18:30 na Casa da Cultura. A actividadevai dirixida a nenos e nenas de 5 a 15 anos. Estaactividade está organizada polo Coro infantil deTomiño.

Por último, a Agrupación Musical de Goián o fer taunha nova tempada da escola de música. As clasesserán coma sempre no auditorio de Goián. Haberávarios grupos, entre os que temos o xar dín musicalpara nenos de até 6 anos que terán clase os venresde 17 a 18 e para os maiores de 6 a nos clase de sol-fexo e instrumento os mércores e venres.

Curso de manipulador de alimentos en Goián

Teatro, música e cantopara os cativos e cativasde Tomiño este curso

19Outubro de 2012 - A Guarda

AConcellería de Medio Ambiente con-vocou unha andaina o pasado sábado22 de setembro para presentar a PR-

G160 Ruta da Desembocadura do Miño e naque participaron máis de 50 persoas.

Ás 9 da mañá deu comezo esta andainaxunto a Igrexa de San Lourenzo de Salcidose o primeiro quilómetro corresponde óscamiños do Campo do Muño e a continua-ción escolleuse continuar pola variante 1para coñecer de preto as marismas daXunqueira e a súa importancia para esteentorno natural. Dende o observatorio deaves continuase pola beira do Miño ataForno do Duque e dende alí polo Camiñode Liñares e camiño do Pasaxe en direc-ción o Palomar. Este tramo permite descu-brir camiños descoñecidos para moitos ebaixo o abrigo de carballeiras.

Esta senda chega ata a “Pedra do Porto”na Armona e continuase en dirección ALamiña escollendo a variante 2 que seinterna polo piñeiral ascendendo unsmetros e achegándose ós muíños de ventoxa no entorno costeiro. Polo camiño doSollas baixase ata a senda litoral conti-nuando uns metros ata escoller a variante3 que ó longo dos camiños ofrecen unha

panorámica da costa da Guarda e volvenovamente a senda litoral pasando o seixale rematando no lugar das Pozas (onderemata a senda de madeira).

Tras unhas dúas hora a andaina remata aandaina nas Pozas. Algúns dos participan-tes continuaron pola senda litoral ata oporto e outros volveron a Salcidos empre-gando a ruta homologada (uns oitos quiló-metros) pero nesta ocasión pola senda quepercorre a beira do mar e do río.

Esta nova rota de senderismo permitecoñecer os valores naturais e ecolóxicos doEsteiro e desembocadura do Miño ó longode oito quilómetros. Ademais esta rutaofrece a posibilidade de coñecer o patri-monio etnográfico e outros camiños e luga-res menos coñecidos grazas a unhasvariantes aumentando así o percorridoofertado a uns 11 quilómetros. A rutaconta con paneis informativos ó longo dopercorrido.

Esta ruta foi homologada pola FederaciónGalega de Montañismo e financiada polaConfederación Hidrográfica del Miño-Sil doMinisterio de Agricultura, Alimentación yMedio Ambiente.

Ovindeiro sábado 20 de outubro levarase a caboa sétima andaina da actividade “ANDAINAS2012” organizada pola Concellería de Deporte

e na que participarán unhas 100 persoas.

A ruta segue o curso do río Xabriña, que nace naserra da Canda e rega veigas e prados de Lamosa,Mouriscados, Corzós… antes de verter no Tea. A rutainíciase no lugar de Paraños, lugar pertencente óconcello de Covelo. O río é o verdadeiro protagonis-ta e transcorre entre carballos, fragas, salgueiros,abeleiras e amieiros. No Pozo Demo forma un fondoe estreito canón. Os máis de trinta muíños e nume-rosos lagares e eiras de cera de Lamosa e de Parañosson testemuñas de actividades non moi afastadas notempo. Os camiños, as pontes e pontellas, os anti-gos cruceiros e petos de ánimas son outros puntosde interese.

A ruta PR-G 119 duns 18 km está perfectamentesinalizada e como segue a curso do río Xabriña cóm-pre ter coidado de non esvarar e prestar especialprecaución no Pozo do Demo.

A hora da saída está prevista ás 9 horas do aparca-doiro da Sangriña e no que se disporán dous autoca-res para o traslado dos participantes. A hora estima-da da chegada A Guarda será ás 17.00 horas, aíndaque dependerá, do ritmo que marque o grupo.

A sétima andaina de 2012percorrerá Covelo pola"Ruta do río Xabriña"

Máis de 50 persoas percorreron aruta da desembocadura do Miño

20 A Guarda - Outubro de 2012

Osábado 29 de setembro cumpríron-se exactamente 100 anos do actode constitución da Sociedade que

xurdía co espíritu de protexer e embele-cer o monte do que tomaba o nome.

O acto, que se celebrou no Centro Cul tu -ral, contou coa ponencia de Joaquín Mi -guel Villa sobre "Os indianos na Sociedade

Promonte" e coa actuación da Coral Po li -fó nica da Guarda.

Con este evento abriuse un ciclo de con-ferencias que se irán realizando por dife-rentes lugares da vila ata o próximo mesde maio. Da man de recoñecidos expertose investigadores en arqueoloxía e histo-ria, e a razón dunha ou dúas charlas ómes, estas charlas versarán sempre entorno a historia do Monte e á recupera-ción do mesmo, buscando a divulgacióndun ben tan significativo para a nosa vila.

Estes actos enmárcanse dentro do variadoprograma de actividades que se levan de -sen volvendo ó longo do ano, que se inicia-ron co concurso do logotipo do centenariono mes de febreiro e que continuaron conactividades tan variadas como as Lendasdo Trega, os Obradoiros de arqueoloxía, are edición do libro de Manuel Álvarez Vi -cen te, e outros actos preparados que aín -da están por chegar.

Centenario da sociedade promonte

Avelaíña celebra o Día Mundial da SaúdeMental cunha Marcha Saudable

Durante todo o mes de outubro teremos a oportunida-de de disfrutar, no Centro Cultural da Guarda, dunhaexposición de fotografía que nos mostrará os recun-chos máis escondidos do Mosteiro de Oia.

Lorena González, natural do concello oiense presentanovas pespectivas e enfoques dun ben tan cercano anós e tan descoñecido. A exposición, que xa estivo opasado mes na Oficina de Turismo de Oia, estará aber-ta ó público de luns a venres en horario de mañá etarde, e os sábados pola mañá.

Exposición de fotografíassobre o Mosteiro de Oia

Aberto o prazo de acreditación para as vacacións do IMSERSOO Departamento de servizos sociais informa que estáaberto o prazo para ACREDITARSE no programa devacacións para maiores do IMSERSO ata o próximo día9 de outubro de 2012.

Poderán acceder ao programa as persoas que reúnancalquera destes requisitos: ter como mínimo 65 anoscumpridos, ser pensionistas de xubilación do sistemapúblico de pensións, ser pensionistas de viudedade doSistema Pú bli co de Pensións, cuia idade sexa igual ousuperior a 55 a nos, ou outros pensionistas do SistemaPúblico de Pensión e prexubilados, en ámbolos casoscon 60 anos de idade. Para máis información diríxan-se ó departamento de Servizos Sociais do concello osluns, mércores e xoves de 9 a 13 horas.

Novas prazas no Conservatoriode música da GuardaA Dirección do Conservatorio Elemental De Música daGuarda comunica que durante o curso 2012/2013 rea-lizan cursos monográficos para novo alumnado de 15anos en adiante e nas seguintes especialidades instru-mentai para as que ainda quedan prazas: clarinete,saxofón, piano e gaita. Tamén se convocan 8 prazaspara os estudantes interesados en recibir clases deLinguaxe Musical (Solfeo).

Os interesados dirixirse ó Conservatorio en persoa oupor teléfono n º 986613002 de 15:00-17:00 h. O prazode admisión de alumnos será do día 8 ata o 30 deoutubro ou ata completarse as prazas ofertadas.

Avelaíña celebrou unano máis o 10 de ou -tu bro o Día Mundial

da Saúde Mental cunha se -rie de actos que incluíanunha Marcha Saudable, quepartiu desde a Alameda deRamallosa, no municipio deNigrán, até a Praza do Con -cello de Baiona, onde seleu un Manifesto e a con ti -nua ción actuou o Gru poXerock.

Este acto reuniu ao redorde 300 persoas, entre u -sua rios, familiares e ache-gados, ademais de autori-

dades locais e responsablesda área de Saúde Mental.

Tamén participaron alum-nos do IES A Sangriña e doCEIP A Sangriña, así como

usuarios da Asociación SanXerome Emiliani, que xun -to con A ve laíña participanno Pro gra ma europeo Co -me nius Rexio.

Co lema “Non saben. Está nas túasmans” o Concello da Guarda iniciouxa en 2009 unha campaña de con -

cienciación dirixida ós propietarios demascotas sobre a necesidade de re co lleros excrementos caninos para man ter lim -pas as rúas e os espazos pú bli cos comoxardíns e parques.

Nesta primeira campaña distribuíronsedípticos informativos e 2500 pe quenosdis pen sadores de bolsas que os pro pie ta -rios poden enganchar nas co rreas doscans, de maneira que poden ser empre-gados en calquera lugar e momento noque se atopen.

“Eles non saben. Está nas túas mans”.Agora, o Concello pon en marcha unhanova campaña de recollida de ex cre -mentos caninos com prende carteis e fo -lletos informativos e haberá un es pecialreforzo nalgunhas rúas e espazos pú bli cosca colocación duns paneis in for ma ti vos.Na campaña advírtese de que se ránsancionados os propietarios de a ni m aisdo més ticos que non recollan de bi da -mente os excrementos das rúas e es pa zospúblicos con multa de ata 90,15 euros.

Campaña de recollidade excrementos caninos

21Outubro de 2012 - Alén Minho

Os desafios e as novasperspectivas face àdoença de Alzheimer

são o tema central de umseminário a decorrer o dia 19de Outubro, na Casa da Cul -tura de Melgaço.

Organizado pelo Município epela Santa Casa da Mise ri -córdia, o seminário abordarátemáticas diversas relaciona-das com a doença, tratadaspor especialistas de diversasuniversidades, hospitais e as -so ciações, entre os quais aDra. Ana Taborda, da De le ga -ção Norte da AlzheimerPortugal, os Professores Dou -tores Jorge Pedrosa e NunoSousa, da Universidade doMinho, a Professora DoutoraCarolina Garrett, da Facul -dade de Medicina da Univer -sidade do Porto, a ProfessoraDoutora Margarida Sotto Ma -yor, do Hospital Magalhães

Lemos, e o Professor DoutorPinto da Costa, das Uni ver si -dades Portucalense e Lusíada.

O seminário, que visa sensibi-lizar para a temática, desti-na-se essencialmente a pro-fissionais de saúde e de apoiosocial, mas também a cuida-dores ou familiares de doen-tes de Alzheimer.

Os desafios e as novas perspectivas doAlzheimer, tema de seminário en Melgaço

Organizado pelo

Município e pela

Santa Casa da

Mise ri córdia, o

seminário abordará

temáticas diversas

sob a doença

22 Alén Minho - Outubro de 2012

Valença recebeu a 1ª Feira de Arte com Ma -te riais Reciclados, no fim de semana de 13e 14 de Outubro, na avenida da Estação,

numa iniciativa da Câmara Municipal que contoucom o apoio de diversas entidades. Durante doisdias Valença apresentou duas dezenas de artistase criadores locais com inovadores obras de arte,a partir do papel, barro, sabão, dos trapos, damadeira, das garrafas e dos mais diversos frascos,embalagens e outros materiais. Atelier's de pintu-ra em azulejo e tela, de elaboração de papel reci-clado e de sabão artesanal a partir de óleo usado,proporcionaram a oportunidade de conheceralgumas técnicas enriquecedoras de recuperaçãoe reutilização de materiais. Performances de rua,tendo por temática o ambiente e a reciclagem,animaram o certame, a cargo dos alunos do cursoprofissional técnico de animadores sócio cultural,do Agrupamento Muralhas do Minho.

Valença Promoveu Artecom Materiais Reciclados

Ocastelo rochoso da Fur -na, os Garranos e a al -deia serrana de Taião,

fo ram os atrativos da camin-hada que a Câmara Municipalde Valença promoveu, no Tri -lho Pedestre do Castelo daFur na, com a distância de 14Km's, em 13 de Outubro.

Os primeiros pontos de inte-resse começaram mesmo noinício, no Museu Rural onde seguardam objetos ligados à a -gri cultura, à pastorícia e à ex -plo ração mineira do volfrâ-mio. Nas proximidades foi pos-sível observar vários sarcófa-gos (sepulturas escavadas narocha).

O percurso encaminhou-se pe -la encosta da serra de SãoLou renço, com passagem pe -los vários núcleos de gravuras

ru pestres, até à Furna, pelosmontes onde domina a pas to -rí cia de cavalos ga rra nos, semiselvagens e de ca bras.

Já na Furna foi possível obser-var o imponente aglomeradorochoso e as marcas do que foium castelo medieval natural.A magnitude do espaço, asinúmeras saliências das forma-ções rochosas, as grutas, os

pontos de interesse arqueoló-gico e as múltiplas lendasassociadas fazem deste lugarum espaço de singular beleza.Do castelo restam apenas asmarcas das traves nas rochas eas memórias históricas do quefoi a sede do Julgado deFroião que abarcava Paredesde Coura e a parte norte deValença, na época Medieval.

Trilho Pedestre do “Castelo daFurna” em Valença

A peça de teatro "O Esmagador de Uvas", produzi-da pela companhia residente do Vale do Minho"Comédias do Minho", é apresentada este sábado,20 de Outubro, pelas 21h30, na Adega CooperativaRegional de Monção. A entrada é gratuita. Comcriação de John Mowat, cenografia de KevinPlumb, a peça, promovida pela ADRIMINHO noâmbito do Projeto de Cooperação "HistóriasDecantadas", é interpretada por Gonçalo Fonseca,Luís Filipe Silva, Tânia Almeida e Rui Mendonça.

"Comédias do Minho"apresenta en Monçao "OEsmagador de Uvas"

23Outubro de 2012 - Cultura

Inma Otero Varela

Dentro da nosa tradición li te -ra ria, tan dada a darlle pe -rio dicamente algunha vol ta

á materia de Bretaña, botábaseen falla unha obra coma esta.

Mor gana en Esmelle sería o últimotexto que deu esta sorte de códi-go arturiano no que ciframos area lidade cando precisamos a dis-tancia do mito. E xa ían sendo ho -ras dunha revisión en clave fe mi -nista. Begoña Caamaño recorre aoMerlín máis galego, o de Cun quei -ro, para enmarcar unha explica-ción oculta da derrota de Artur e,por extensión, da súa patria. Enterra de Miranda Merlín recibe avi sita de Morgana, irmá do reibre tón, para axustar contas copa sado e dignificar o seu propiopa pel e o de Viviana, dúas dasmu lleres peor tratadas por algun-has versións da historia.

A vocación irreverente non rema-ta aquí. A perspectiva feminina,

subversiva de por si, permite quese multipliquen as lecturas quecuestionan o relato oficial sobre o“goberno” de Artur, as estratexiasque permitiron que chegase aopoder e os motivos do seu fraca-so, aspectos que, á súa vez, tra-ducen a actualidade galega dexei to orixinal e nada axiomático.A loita entre os dous modus ope-randi que se plantexan na obranon fan máis que abrir interro-gantes que aínda non fomos quende pechar: como se deben xestio-nar as esencias da identidade?Como se prepara o futuro da na -ción? Onde están os límites da é -tica para os políticos, os xestorese os intelectuais da patria? É máiseficaz refuxiar o saber nunha sor -te de Ávalon que mide os contac-

tos co pobo á espera de temposme llores, ou renunciar aos pro-pios principios en busca dun ache-gamento populista aínda quemanipulador? É beneficiosa a re -la ción entre poder e relixión? E xano plano máis íntimo, ata quepun to son xustas as fronteiras nasque a sociedade pecha o amor?Ata que punto estamos feitos deremorsos e derrotas?

Porén, a solemnidade destaspreguntas en ningún momento di -fi culta a lectura que discorre có -mo da grazas a uns personaxes bencons truídos, á diversidade de ar -gu mentos paralelos e á curiosida-de que esperta coñecer a cara“B” dunha historia que nos é tansa bida.

Begoña Caamaño(Galaxia, 2012) Morgana en Esmelle

procedencia teñen as "tesoiras"?As primeiras foron para trasquilarovellas, por iso derivan da forma

latina FORFICES TONSORIAS que queredicir literalmente "tesoiras de trasqui-lar". A forma TONSORIAS é a que estáde trás das nosas "tesouras" coa varian-te "tesoiras", alteración tamén pre-sente en "coiro-couro".

orixe ten a"propagandaelectoral"? Pois

vén do verbo PROPAGARE ("repartir","difundir"...) que se usaba no ámbitoagrícola falando de sementes.Figuradamente levouse ao campo dacomunicación (difundir unha informa-ción) posiblemente a partir de que ofixese a Igrexa en 1622 ao crear unhaCongregación para a Difusión da Fe.Desde o XVIII e XIX úsase no ámbito dapolítica. Os expertos en publicidade

diferencian esta da propaganda enten-dendo que a primeira é para dar acoñecer un produto ou contido e asegunda para asentalo ou para conven-cer ao consumidor.

éun "programa"? Vén do gregoPROGRAMMA, daí pasou ao latín eposteriormente ao francés (pro-

gramme) e así che-gou ao galego. Enorixe denotaba"anuncio público"ou "te mario". Xa

en grego secompuñade PRO +GRAPHEIN

("antes deescribir) Así a

día de hoxe entendémolo como "de -claración por escrito do que pre ten defacer". Outra cousa é que se cum pra oque se presentou por escrito...

ALCABRE é prerromano? A co ñe -ci dísima zona de Alcabre, en Vi -go, ten un topónimo de pro ce -

den cia prerromana. E non o sa bemospor ningún resto ar que oló xico, os po -

bos que habitaron o nosoterritorio an tes da chegadados romanos eran ágrafos.Pero na toponimia encóntrasemoi ta información gardada. Osnomes de lugar acabados en -obre, -abre e -ebre son deposible orixe celta. Sábese queeste elemento significa poboa-do pero recontruir a que facíareferencia ao resto xa non étarefa doada. Com párese conBaiobre, Barallobre, Ca llo bre,Cecebre...

Sabías que...M.R.

Manuel Rosende

A Coordinadora Galega deEquipos de Normalizacióne Dinamización Lingüísticavén de facer pública unhano va publicación dirixidaás familias, baixo o nomede "Ollos de aula". Pódesedescargar gratuitamentena web da coordinadora[www.coordinadora -endl.org /o llos deaula].Trátase dunha pequenarevista dirixida ás familiase que ten co mo obxectivodar a coñecer aspectos domundo académico para osfamiliares. Así por exem-

plo, no primeiro númeroabordan a lexislación ac -tual en ma teria educativa,explicando que é a LOE(Lei Or gá nica de E du ca -ción) ou dan seis clavespara empezar ben o curso.A de mais abordan aspectosrelacionados coa lingua,coa súa normalización emais coa súa a pren dizaxe.

Ollos de aula estará noscen tros de ensino, así co -mo na web da Coor di na -dora Galega de Equipos ounas páxinas e blogs doscentros de ensino cunhaperiodicidade mensual.

Nace Ollos de aula, a revista dos Equipos deNormalización Lingüística

Xornal Galego deInformación Xeral

Director: Carlos Rey Bárcenas.Edita, maqueta e imprime: PublicacionesTameiga, S.L. Enderezo: Avenida do Aeroporto, 83, Tameiga,

Mos. Pontevedra.Enderezo electrónico:[email protected]@[email protected]éfonos: 986487480/658585049Coordinador: Guillermo RodríguezColaboradores: Alicia Rocha, Vicente Alló, X. A.Pérez Lema, Pablo Glez Mariñas, Anxo Fernández

Saborido, Antonino García, Emilio Ínsua, Anxo S.Porto Ucha, Xoan Xosé Pérez Labaca, Raúl DanielSotelo, Manuel Rosende, Inma Otero, MiguelAndión, Juan Louzán (Madrid), Coki (Nova Iorque),Carlos BarrosFotografía: Arquivo, HernándezPublicidade:Guillermo Rodríguez e departamen-to propioDepósito Legal: VG175-2012

Este xornal imprímese en papelreciclado

Ata o pasado domingo 14 deoutubro, a Sala B da Casa deGa licia acolleu unha exposi-

ción de palillos e patchwork, reali-zada en colaboración co CentroGalego de Móstoles. A mostra, queexhibiu preto dun cento de pezaselaboradas de forma artesanal,con tou tamén con talleres en di -rec to que as socias do Centro ofre-ceron in situ, de forma gratuíta, acantas persoas mostraron interese.

No acto de inauguración interviñe-ron a coordinadora de Actividadesda Xunta en Madrid, Ana RodríguezBarrena, quen pronunciou unhaspa labras de benvida en nome dode legado, -por encontrarse de via -xe-, e o presidente do Centro Ga le -go de Móstoles, Francisco Ro drí -guez Santiago.

Na súa intervención, Ana Rodríguezexplicou que os encaixes de palillos“se coñecen en toda Galicia, e enmoitos lugares do mundo como en -cai xe de Camariñas, por ser as mu -lleres desta vila as que conseguironfa cer perdurar a fama dos finostraballos que veñen realizandoden de hai séculos, e que, non obs-tante, desapareceron noutros pun-tos do litoral galego". Comentouta mén que "Ás mulleres, e por quenon aos homes, que realizan estestraballos, se lles coñece como pali-lleiras/ros polo manexo dos palillos-que son os bolillos en castelán- ese coñece como palilladas ás reu-nións, nas casas ou nalgún outrolugar común, para facer o encaixe.Pois ben nesta exposición, non sóse recollía a mostra dos traballoscreados polos membros do CentroGalego de Móstoles, senón que setra taba dunha mostra viva, na quefuncionaron as palilladas quehabitualmente se imparten en Mós -to les, e que estiveron abertas atodos aqueles que quixeran coñe-cer ou perfeccionar a técnica noencaixe de palillos".

Pola súa banda, Francisco Ro drí -guez comentou entre outras cues-tións o gran desenvolvemento e a -collida que historicamente tiñan osencaixes dende o Século XVI inmor-talizados por Velázquez no XVII "cosfabulosos colos e puños de moitosdos personaxes retratados". Re cor -dou tamén que se hai un nome enGalicia que evoca o encaixe, é sendúbida Camariñas, "pobo cuxa acti-

vidade está ligada ao mar, -contacunha conserveira de máis de 125anos de historia- pero onde os en -cai xes teñen nome propio, son re -cla mo para o turismo e un impor-tante peso na súa economía". A Ca -ma riñas acoden cada ano as profe-soras de palillos de Móstoles para"es tar ao día de técnicas e deseños"e así poder incorporar ás súas ensi-nanzas as novidades que seproduzan nesta arte, comentou Ro -drí guez Santiago.

Entre os obxectos expostos na Casade Galicia encontrábase unhaampla colección de abanos, chales,pa nos, fulares, panos de mesa, li -gas de noiva, bolsos, manteis...Destacaban especialmente poloseu traballo e complexidade unchal de seda e un calendario de ad -vento, cun valor de máis de dousmil euros cada un.

O Centro Galego de Móstoles cre-ouse en 1997 co obxectivo de reu-nir os galegos da zona sur da comu-nidade de Madrid. En canto aospalillos, a entidade foi pioneira enpromover clases desta materia,que tiveron sempre unha grandeaceptación, non en van tamén o

Centro Galego organiza na locali-dade os Encontros de Palillos quese celebran, a nivel local, autonó-mico e nacional. Alumnas e profe-soras do Centro Galego de Móstolesacoden tamén a outras citas portoda a xeografía española, Cuenca,Guadalajara, Toledo, Zaragoza...onde as palilleiras intercambian eamplían coñecementos, técnicas eformación sobre todos os aspectosdesta delicada actividade.

Na exposición na Casa tamén habíapezas de Patchwork, ou a palabraespañola sinónima Almazuela, (queprovén do árabe almozala ou almo-zaia, de almoçala, alfombra), re -sul tado da unión de pequenas pe -zas. Inicialmente estes traballosfacíanse para "reciclar" restos deteas ou recortes de pezas xa usadaspero na actualidade converteusenunha arte que ten mi llóns de se -gui dores en todo o mun do.

A Casa de Galicia en Madrid ofrece en colaboración co CentroGalego de Móstoles unha mostra de palillos e patchwork

A mostra durará dúas semanas e inclúe talleres en directo