a nosa voz - diocesisdelugo.org · a pastoral da saúde? É un servizo que presta a igrexa, no nome...

8

Upload: ngoxuyen

Post on 01-Dec-2018

215 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: A Nosa Voz - diocesisdelugo.org · a Pastoral da Saúde? É un servizo que presta a Igrexa, no nome de Xesús, o Bo Pastor, ás persoas e á sociedade para que respondan á súa vocación

Revista informativa da Diocese de Lugo MARZO - ABRIL 2006 Nº 61 III ÉPOCA

A N o s a V o z

Día do Seminario 2006

O pasado día 5 de marzo,Francisco Moreiras, José ManuelPenela, Jesús Río, José Rio eJorge Vázquez, seminaristas desexto curso de Estudos eclesiásti-cos no noso Seminario recibían ainstitución de Lectorado e Acolitado.O Lectorado e mailo Acolitado sondous ministerios laicais que capaci-tan, o primeiro, para proclama-laPalabra de Deus na Eucaristía, e osegundo, para o servizo do altar,especialmente o servizo daEucaristía. Estes xoves están a pre-pararse para ser nun futurosacerdotes.

19 de marzo - “Por Cristo e os demais: faite cura”

Novos apóstolos daPalabra

Page 2: A Nosa Voz - diocesisdelugo.org · a Pastoral da Saúde? É un servizo que presta a Igrexa, no nome de Xesús, o Bo Pastor, ás persoas e á sociedade para que respondan á súa vocación

2 EDITORIAL A NOSA VOZ

A NOSA VOZ

Revista de información diocesanaDIRECTOR: María José Campo López- Barcia.CONSELLO DE REDACCION: Manuel Varela, JoséManuel Castro Alba, Miguel Gómez, Miguel Rico Gómez,Antón Negro.ASESOR LINGÜISTICO: Manuel Varela.EDITA: Secretariado de Medios de Comunicación Social eVicaría de Pastoral da Diocese de Lugo.ENDEREZO: Bispado de Lugo. Praza de Santa María s/n.27001. Lugo.Teléfono: 982 23 11 43Teléfono-Fax: 982 25 15 93E-mail: [email protected]áxina web: www. diocesisdelugo.org

A NOSA VOZDEPOSITO LEGAL: LU 649 - 1996IMPRIME: La Voz de la Verdad. Pol. Ind. O Ceao.

MARZO

Día 9. Misa Vocacional, na Milagrosa, ás 19:00h. Día 10: Escola de catequistas en Taboada ás 21 h.;en Lalín ás 20,30 h. Exercicios espirituais deEquipos de Nosa Señora na Casa Diocesana (ata odía 12) Día 11: Misa para os socios e peregrinos daHospitalidade de Lourdes. Retiro coresmal organiza-do pola Delegación de Apostolado Segrar Día 16: Escola de catequistas en Baralla ás 20 h. Día 18: Escola de catequistas na Milagrosa, ás 12 h. Día 19: Día do Seminario.Día 23: Reunión do grupo universitario de oración ereflexión vocacional. Día 25: Escola de catequistas en Palas de Rei ás19,30 h. Día 28: Cursiño prematrimonial do 28 de marzo ó 6de abril na parroquia do Bo Pastor de Lugo Día 31: Retiro para profesorado de Relixión.

ABRIL

Día 1. Curso de bioética organizado por Arela (atao día 2). Encontro interdiocesano de animadores(ata o día 2).Día 5: Escola de catequistas en Melide ás 19 h Día 6:Misa Vocacional, na Parroquia de San Pedro,ás 20:00h. Día 7: Escola de catequistas en Taboada ás 21 h Día 8: Xornada de convivencia do profesorado deRelixión.Día 11: Misa para tódolos socios e peregrinos daHospitalidade de Lourdes.Día 12: Misa Crismal, ás 11 na Catedral.Día 13: Xoves Santo.Día 14: Venres Santo.Día 15: Sábado Santo.Día 16: Domingo de Resurrección. Día 20: Escola de catequistas en Baralla ás 20 h.Día 21: Escola de catequistas en Lalín ás 20,30 h. Día 22: Escola de catequistas en Lugo (A Milagrosa)ás 12 h e en Palas de Rei ás 19,30 h.Día 27: Grupo universitario de oración e reflexiónvocacional.Día 28: Retiro - convivencia para tódolos socios e

AXENDA

Traballamospola xustiza.

Comezamos o camiño cara á Pascua. O tempo deCoresma ofrécenos a posibilidade de crecer, a opor-tunidade de entrar en nós e discernir qué tipo de dis-cípulos enviados somos. Ofrécenos a posibilidade deilusionarnos, coa ilusión de quen emprende camiño ouinicia unha nova etapa. Ofrécenos a oportunidade dedesprendernos do supérfluo, abandonar rutinas.Ofrécenos a oportunidade de arriscarnos á aventurade adentrarnos noutro mundo. Ofrécesenos a oportu-nidade de agarrar a nosa cruz e cargar con ela facen-do do esforzo e o sacrificio, ofrecemento.Cantas veces nos gustaría deixar atrás facetas da

nosa vida, e comezar de novo, borrando o malo edeixando só o bo. O camiño á Pascua é tempo de paso,cambio, conversión, movemento, novidade, nacemento.É tempo que podemos aproveitar para reflexionar,meditar, orar, perdoar, e perdoarnos... cada un sabecal é o sendeiro que debe seguir, cada un de nóscoñece cal é o sentido do seu xaxún, esmola ou absti-nencia. Cada un de nós sabe do que debe desprenderse(da tristura, desazón, temor, rancor...) para deixar asmans libres coas que abrazar a Cristo que nos agardacos brazos abertos.

Tempo para aproveitar

Page 3: A Nosa Voz - diocesisdelugo.org · a Pastoral da Saúde? É un servizo que presta a Igrexa, no nome de Xesús, o Bo Pastor, ás persoas e á sociedade para que respondan á súa vocación

No segundo día da visita do presidenteelecto de Bolivia, Evo Morales, a Españano pasado 5 de xaneiro, antes da súatoma de posesión, un amigo díxome, "osdo xornal El País están contentos porqueZapatero acaba de darlles un bo negocio".A noticia vén a conto de que o Gobernoespañol acababa de concederlle a con-donación dunha "parte substancial" doscase 100 millóns de euros da débedaexterna boliviana cambiándoa por investi-mento en educación. Isto non é algo novo,pois xa no Cumio Iberoamericano deOutono, celebrado en Salamanca, Españapropuxera que se fixese ese tipo de cam-bio. Por que será iso negocio?.

CONSTATACIÓNS:1. Sábese que os poderosos e os seusgobernos non están por axudar de xeitodesinteresado, senón que fan negociocon todo. Un lembra que a fortuna de J.D.Rockefel ler comezou pola xestión deobras de caridade da Igrexa Baptista noséculo XIX (L. Capilla, La ComisiónTrilateral, ACC).2. A editorial Santillana, do grupo PRISA,é o primeiro subministrador de materialeducativo en 22 países iberoamericanos.Este grupo acaba de adquirir en Bolivia apropiedade do 1º periódico, La Razón, eda 1ª televisión, ATB, antes críticos eagora favorables a Evo Morales.3. Que tódolos medios do grupo PRISA (ElPaís, Cinco Dias, As, SER, Quatro, CanalSatélite Digital, Taurus, Santillana, Aguilar,Alfaguara, Altea, Richmond Publishing...)van falar moi ben desta política exteriorespañola, evidentemente polos beneficiosempresarias que isto lles vai reportar nasúa conta bancaria.4. Por iso non sorprende a informaciónque viña en El Pais (6-VI-04) e que titula-ba, "Periodistas menos éticos e máis sec-tarios que hai 30 anos". Era unha enquisado Pew Center sobre como se ven a simesmos e como ven a profesión os perio-distas norteamericanos. Desa enquisaresaltarei tres datos: 1) diminúen do 55 ó35% os que pensan que os medios infor-man obxectivamente; 2) aumentan do 45 ó59% os convencidos de que as empresasperiodísticas teñen unha orientación políti-ca sectaria; 3) pasan do 49 ó 72% os quedin que se deteriorou a profesionalidade. ¡

EXPLOTACIÓN:Ante esta noticia non podemos ignorar

que estamos nun sistema de explotación eun lémbrase de cousas do pasado coma osucedido en Uruguai, que recollo do perió-dico El Mundo, referidas á empresaEductrade do grupo PRISA: 6-I-96:"Eductrade inflou os prezos e vendeumaterial defectuoso en Uruguai.(...) OParlamento uruguaio cifra en 3.000 mi-llóns o pago de comisións 'en España eUruguai' (...) Os autores do estudo calcu-lan que 'o sobreprezo medio supera o70%, chegando ó extremo dun equipomédico concreto vendido cun sobreprezodo 600%... algúns deles avariados, conreparacións e utilizados con anterioridade.As autoridades públicas uruguaias cifrannun 70% o material inservible vendido porEspaña... 26-I-96: "Os envíos de Focoex eEductrade apodrecen nos almacéns. Omaterial sanitario financiado con diñeiropúblico español segue embalado eninguén se explica por qué se pediu (...) Acomisión investigadora do Ministerio deSaúde uruguaio foi ata o momento a únicainstitución deste país que denunciou porescrito a existencia de material defectuo-so na partida vendida por intermediaciónde Focoex... O procedemento desta conversión con-

siste en obrigar a gastar ese diñeiro quese debía, aínda que xa cobrado variasveces por intereses, en material educativoelaborado en España e que irá cunsobreprezo escandaloso. Ademais, isoleva consigo unha venda de imaxe deEspaña que en termos publicitarios valeríavarios millóns de euros.

Por aquelas datas, un catedrático de

Electrónica visitaba unha empresa deSevilla, que lle dicían que era de alta tec-noloxía e estaba elaborando un programainformático de adestramento militar paravender a un país asiático por 2.000 mi-llóns de pts; o profesor avaliou o custo daelaboración dese programa en 50 millónspor coñecer ós altos científicos, antigosalumnos seus; aínda máis, vendíasecunha axuda FAD (Fondo de Axuda óDesenvolvemento) de 500 milóns de pts.,é dicir unha axuda de 500 millóns con-vertíase nunha débeda de 1.450 millóns.Noutra ocasión, un director dunha oficinabancaria visitaba a seu pai e dicíalle moientristecido que acababa de facer unhaoperación moi rendible para o Banco,porque se vendía a un país pobre mate-rial sanitario cun sobreprezo do 600 %.Pasan os anos pero as cifras, agora eneuros, non minguan.Isto era coñecido de vello para PRISA, xa

que en El País do 26-XII-93, (SuplementoNegocios p. 5) afirmábase: "Os miles de millóns de dólares que cada

ano se dedican a axudar ós países menosdesenvolvidos acostuma ser un negociorendibilísimo para os países donantes,que obteñen en forma de contratos desubministros varias pesetas máis por cadaunha que se presta (...) A taxa de retorno-o diñeiro que se obtén en contratos enrelación ó que se presta- pode variar dunspaíses a outros, pero non acostuma baixarde 5 $ por cada un que se presta..."

E ademais, as grandes firmas comoCoca-Cola, McDonald´s, AmericanExpress, Microsoft... uti lizan as súasactividades caritativas como motivo pub-licitario para a súa imaxe de empresa.

Educación pordébeda externa

OPINIÓN 3A NOSA VOZ

"Polo tanto, hai que destacar que un mundo dividido..., presididoa súa vez por ideoloxías ríxidas, onde en lugar da interdependen-

cia e a solidariedade, dominan diferentes formas de IMPERIALISMO, non é mais ca un mundo sometido a

ESTRUCTURAS DE PECADO. A suma de factores negativos, queactúan contrariamente a unha verdadeira conciencia do BEN

COMÚN universal e da esixencia de favorecelo, parece crear, naspersoas e institucións, un obstáculo difícil de superar". (SRS 36).

EPÍLOGO:a) A mellora da imaxe de España nos países en que se fai o cambio de débeda por investimen-to en educación vai ser importante (vía medios de comunicación e libros de texto), e que non haique pagar publicitariamente. Igualmente se favorecen as exportacións a eses países.b) Sabemos que a economía española necesita inmigrantes, tendendo a que veñan deIberoamericana por cercanía cultural. Así, os inmigrantes non só virán producir riqueza socialaquí senón que tamén empresas españolas fan bos negocios co seu proceso formativo. Xa haimáis de 10 anos que a porcentaxe de investigadores en USA formados nas universides do 3ºmundo acadou o 50% e na Unión Europea imos polo mesmo camiño. É moito máis barato for-malos alí e que o paguen eles para nós.c) Ó ver todo isto hai que recoñecer canta razón ten a Sollicitudo Rei Socialis coa denominaciónde estructuras de pecado. Cómpre que a conversión e a acción dos cristiáns sexa coherente coasúa dimensión estructural.d) Peor sería que a débeda se cambiase por venda de armas. Mellor que se condonase sen

Page 4: A Nosa Voz - diocesisdelugo.org · a Pastoral da Saúde? É un servizo que presta a Igrexa, no nome de Xesús, o Bo Pastor, ás persoas e á sociedade para que respondan á súa vocación

DIOCESE 4A NOSA VOZQue é Pastoral da Saúde?.

Podemos afronta-lo tema partindo dacuestión: qué é a evanxelización? Éleva-la Boa Nova á humanidade paraque, co seu influxo, sexa transformadadende dentro. A Boa Nova ha de serproclamada silenciosamente, primeiro,dende a testemuña, que produce inte-rrogantes: - Por que son así e actúanasí? por que están con nós? Despois,ha de ser explicada pola Palabra,dando razón dos nosos modos de sere proceder. Todo isto provoca no oínteunha conversión que leva a compartire celebrar a Boa Nova (Ev N).Agora podemos preguntarnos: qué é

a Pastoral da Saúde? É un servizoque presta a Igrexa, no nome deXesús, o Bo Pastor, ás persoas e ásociedade para que respondan á súavocación de entrar no Reino. APastoral da Saúde leva o Evanxeo ómundo dos enfermos e anciáns, ássúas familias e coidadores. Trátasedunha praxe, un modo de ser e actuarque busca a transformación da vida. O contido da mensaxe da Pastoral daSaúde está en Lc, 4: “ O Espírito doSeñor está sobre min porque me unxiupara leva-lo Evanxeo da Boa Nova óspobres, predica-la liberdade ós pre-sos, dar vista ós cegos e anuncia-lo

ano de gracia do Señor... Hoxe cúm-prese o que acabades de oír” (Lc. 4,18ss). Os destinatarios da Pastoral daSaúde son tódolos crentes (“Ide e pre-dicade, ide e curade”); pero especial-mente os enfermos e os pobres. Onoso coidado ha de ir ós enfermos eós coidadores, coñece-las súas nece-sidades, problemas, o seu mundo inte-rior, coñece-la súa actitude ante avida, a morte e a dor, coñece-la inci-dencia da enfermidade, da idade, dasoidade, coñecer ó persoal que osatende e as súas necesidades, non sóa nivel relixioso e sacramental, senóntamén humano e ambiental. Os axentes da Pastoral da Saúde sono Pobo de Deus; a misión evanxeliza-dora e do Pobo de Deus: bispos,sacerdotes, relixiosos, e leigos (AdGentes 1.35, L. G. 5, Ev. N. 13,14). Osmesmos enfermos son axentes pasto-rais doutros enfermos e dos sans; acomunidade parroquial é axente depastoral cando acolle e coida, asícomo os grupos que xorden dentro daparroquia.

Pastoral da saúde

O pasado día 17 de febreirocelebrábase a homenaxe a D.

Edelmiro Ulloa, Delegado dePastoral da Saúde na nosa

Diocese, cargo no que leva 25anos. Preto de 300 persoas

reuníanse para celebrar unhaEucaristía e despois participar

nunha cea.Recibui nesta homenaxe unrecoñecemento por parte do

equipo da Pastoral,a Coral e o grupo de teatro do

Hospital Xeral- Calde, así como

Edelmiro Ulloa, 25 anos adicado ó servizo daPastoral da Saúde

Membros da Pastoral daSaúde na nosa Diocese:

Xunta DirectivaEdelmiro Ulloa, DelegadoCarmen Méndez, SubdelegadaAlfonso Fraga, CapelánRodrigo Ulloa, CapelánFina Escariz, ATS e Subdelegada de MisiónsXosé Lebón, Consiliario da Hosp. de LourdesCarmen Veiga, Secretaria da Hosp. de LourdesBenigna Cruz, Hospital de Calde.

-Membros de Pastoral:a) No Hospital Xeral:

Victoria Álvarez, Carmen López, Pili VarelaCarmen Álvarez, Ángeles Viñas , ÁngelesTrabada, J. Luis Varcárcel, Mª Luz Real, TeresaPeleteiro, Julia Silvosa, Mariluz Pereira, DeliaGuerra, Nancy Cabana, Mª José P. Lence,Mª José Pumariño, Mª José Blanco, MarinaMourelos, Doirita R. Freire, Inés Gallego, MaríaPastor, Leonor de Gine, María Sordo , InésGallego, PiliPenelas, Marisa Sanjurjo.

b) No Hospital de Calde:J. Antonio Salgado, Antonio Lamela, Carmen Anlló, Argentina Bilorio, Belén Berna,Benigna Cruz.

c) Casa de Acollida: Sor Maryd) Sanatorio POLUSA: Ramón Díaze) Sanatorio “Ollos Grandes”: Jesús Vázquezf) Centro “San Vicente”: Purificación Cadenas,

Nuria Gracia.g) Pastoral Parroquial:

Ramón, Santiago “A Nova”Gerardo Sampayo, S. Francisco JavierCarmen Veiga e Fe Vallejo, San FroilánTrini e Amable, A MilagrosaOtilia, San AntonioTeté, San PedroM. Vilariño, Sagrado CorazónLuis Soto, AlbeirosAntón Negro, MonfortePegerto Torres, ChantadaLuis Otero, Antas de UllaManuel Salgado, LalínAntonio Agra, BarallaCarlos Méndez, MonterrosoJesús Vidal, TaboadaAlfonso Fraga, SarriaRicardo Valcárcel, Pobra de San Xiao.

Equipo de Pastoral da Saúde de CaldeEstá formado por un grupo de seis relixiosas (“Rebaño

de Jesús”), dous capeláns, un grupo de segrares do cen-tro, e o Coro do Hospital. Os seus obxectivos pastoraisson “humanizarnos para humanizar, anunciar o Evanxeoda misercordia e recuperar a propia espiritualidade”. Osobxectivos específicos son: potenciar e animar os equi-pos da saúde, mellorar a calidade do servizo ós enfer-mos e acompañantes, vitalizar as celebracións litúrxicase a formación específica”

Servizo relixiosos no Hospital Xeral.Está integrado no organigrama do centro, co que se

trata de garantir a liberdade relixiosa e a asistencia cató-lica ós usuarios. Entre as súas actividades está a visitacotiá ós enfermos, Eucaristía tódolos días, sacramentode enfermos, acompañamento na dor, atención ós des-

Page 5: A Nosa Voz - diocesisdelugo.org · a Pastoral da Saúde? É un servizo que presta a Igrexa, no nome de Xesús, o Bo Pastor, ás persoas e á sociedade para que respondan á súa vocación

DIOCESE 5A NOSA VOZ

O mundo de hoxe é tan cambiante e vai a talvelocidade que a maior parte das veces nonsomos quen de seguilo, noutras de comprende-lo e asumilo á luz do Evanxeo en contraste cosacontecementos do día a día.

Se entendemos, de modo xenérico, aFORMACIÓN como un proceso polo que a per-soa desenvolve a súa capacidade de coñecer,amar, actuar e vivir no seu espazo e tempo,para ser colaboradora e activa nos camposespecíficos que conforman a formación integraldo segrar, urxe a nosa actualización formativaeclesial para saber responder ós interrogantes esignos do noso tempo e as súas circunstanciascambiantes.

Non chega a formación exclusivamente eclesialou teolóxica. Cómpre unha formación continuae renovada no mundo do social, entorno no quenecesariamente temos que vivir, actuar e amar.Hoxe, cando non podemos dete-la globaliza-ción, temos que poñer luz e sal para que esaescala de valores tan repetida e non tan asumi-da, estean ó servizo do ser humano e sirvan decontrapeso ós desenfreos e egoísmos do ter edisfrutar coma únicos logros do benestar.Non temos estatísticas ó respecto, pero os que

temos responsabilidades en movementosapostólicos, axiña nos decatamos de que a

como ben coñece o noso clero, fan que nonpoucas veces o crente dos nosos días se inhibaante acosos do noso entorno e incluso de mem-bros da familia, ante os que non sabemos darresposta sinxela e prudente á vez que veraz áluz do Evanxeo. Cantas veces ós segrares lai-cos fannos preguntas que consideran de difícilresposta para poñernos a proba en plan farisai-co e ante a nosa ignorancia sentirse xustifica-dos os interrogadores. Non é certo que ás vecesimitamos a avestruz metendo a cabeza debaixoda ala para non comprometernos e evitar quenos deixen pouco menos que en ridículo? Nonocorre tamén que a medida que nos sentimosen minoría de crentes practicantes ímonos aco-modando a unha testemuña vergonzante enrelación ó noso entorno máis inmediato? Non éa nosa intención omitir que aínda quedan moi-tas persoas comprometidas en servir e amar eCONTAXIAR. Os tempos non son mellores ninpeores que antano, pero en calquera caso nonsería xustificable esconde-la nosa fe e non abri-los brazos da cruz en fraternal sintonía cosnosos irmáns. Compartir a fe é un modo eficazde poñe-los nosos talentos a producir. Os silen-cios non son máis rendibles que as denuncias,só que os primeiros non perden amigos e ossegundos si. As denuncias han de ser construc-tivas e integradoras para o ben común daacción misioneira que a todos nos incumbe. Sea este respecto nos queda algunha dúbida reco-rramos ós evanxeos e vexámo-la claridade eradicalidade con que Xesús advertía das caren-cias e hipocrisías dun pobo cunha relixión máis

do espiritual máis precioso, comeza a serURXENTE. A formación debe ser sempre inte-gral e harmónica en tódalas áreas. A espirituali-dade é como o corazón de toda a formación. encanto que se dirixe ás actitudes interiores doapóstolo (EN 74). Formarse non é unha carga,é un deber e un dereito á vez, pero para nós oslaicos chega incluso a ser un don que axuda áapertura e doazón do almacenado no nosocorazón e na nosa mente sobre o sentir, saber eentender para unha mellor comuñón e servizocos nosos irmáns.

Outro dos medios dispoñibles para a nosa for-mación son a lectura de bos libros en calqueradas áreas mencionadas e sobre todos eles aBIBLIA, que nos leva a un proceso de madurezna personalidade, adquirir unha escala de valo-res e tomar decisións máis coherentes durantea travesía da nosa misión de apóstolo e segrar. Desexamos que este humilde traballo sobre untema preferencial no programa da Delegaciónde Apostolado Segrar para este curso sirva parainterpelar e esperte conciencias adormecidasno tema da formación. Daremos así por cumpri-do o noso dobre obxectivo: colaborar na misióndo apostolado e anunciar e facer transparentesas nosa inquedanzas como responsables demovementos e asociacións apostólicas da nosaDiocese. Nós como laicos, ocupámonos de for-marnos axeitadamente?

Necesidade de formación integraldo segrar

A Campaña do Día do Seminario ten porobxectivo sensibilizar a todos, especial-mente ós nenos, adolescentes e xovespara que tomen conciencia de que Deuschama e envía, de que a vocación e amisión sacerdotal son unha realidadeentre nós.

Cómpre valorar tamén a realidade doSeminario no que adolescentes e xoves sepreparan para ser sacerdotes ó servizo deDeus na Igrexa e no mundo. Tamén se faiun chamamento as comunidades ecle-siais, comunidade de chamados e envia-dos: orar polas vocacións.É unha responsabilidade de tódolos cris-

tiáns preocuparse pola vida e a formacióndos seminaristas. É preciso contar coapoio social, eclesial e económico óSeminario, e ós seminaristas, para queninguén poida sentirse excluído por razónssociais ou económicas.

San Francisco Xavier, atopou a mediaciónda chamada de Deus na súa familia, naUniversidade, nos compañeiros... e así,coa gracia de Deus, respondeu e “porCristo e os demais, fíxose cura”, sacerdo-te, misioneiro, evanxelizador.Hoxe é para nós, estímulo, chamada, e

exemplo.

Vixilia de adodación Nocturna.Como tódolos anos, na víspera de San

Xosé, celebración do Día do Seminario, aAdoración Nocturna organizase unha vixi-lia de oración polas vocacións e poloSeminario. Será o sábado, 18 de marzo,ás 9 dla noite na Catedral.Dentro da campaña do Día do Seminario,

o rector e os formadores están colaboran-do coa Delegación do Clero nos retirosespirituais do mes de marzo ós sacerdo-tes.

“Por Cristo e os demais: faite cura”19 de marzo, Día do Seminario

Alumnos matriculados curso2005-2006:

Seminario Maior: 10.Ampliando estudos: 1.Etapa pastoral: 3.Seminario Menor: 85.

Total: 99.

Órdenes e ministerios:Diáconos: 4, Lectorado e acólitado: 5.

Este ano estase a celebrar o 500 aniversario do nacemento de SanFrancisco Xavier, a súa persoa, a súa vida e a súa acción, como seguidor deXesús e apóstolo, estimúlanos hoxe ós crisitáns a dar e ser unha resposta á

chamada do Señor. A Campaña do Día do Seminario proponnos miralo comoexemplo de escoita e resposta á chamada que Deus está a facer hoxe, e

como enviado a evanxelizar.

A nosa Diocese dispón, como moi poucas,dunha estructura, profesorado e medios ó

alcance de todos para a formación básica esuperior en cursos bíblicos e teoloxía. Outrocentro de formación permanente son as aso-ciacións e movementos apostólicos ó alcancedos segrares laicos (na rúa da Cruz, nº 3, infór-

mante de todo o que precises saber).A comuñón eclesial para a misión no mundorequire que tódalas dimensións da persoa

conflúan nun campo de actuación que abran-gue a vida espiritual, humana, social e

apostólica.

Page 6: A Nosa Voz - diocesisdelugo.org · a Pastoral da Saúde? É un servizo que presta a Igrexa, no nome de Xesús, o Bo Pastor, ás persoas e á sociedade para que respondan á súa vocación

LITURXIA 6A NOSA VOZ

As lecturas bíblicas.O telón de fondo común de

tódalas lecturas da liturxia cores-mal é a invitación, dende ópticasdiferentes, á renovación da vidacristiá pola conversión.A actitude fundamental fronte áslecturas coresmais debe serunha escoita atenta e repousada(por iso é conveniente prepararben a súa proclamación), parainteriorizalas e facelas vida.Das lecturas coresmais emer-

xen as seguintes liñas de forza:1. Meditación da Historia daSalvación. Sobre todo nas lec-turas do Antigo Testamento dosdomingos e nas da VixiliaPascual. Son unha invitación asaír de nós e abrirnos a unhavida de comuñón co Deus-Amorque nos trae a salvación.2. Vivencia do Misterio Pascualcomo cumio desa historia santa.Reflíctese sobre todo no Evan-xeo dos domingos III, IV e V enos Evanxeos feirais a partir doluns da 4ª semana. Son unha

invitación á conversión a Deus,vivo e verdadeiro, revelado enCristo.3. Loita pola santidade, pola vidade Cristo, esixencia recibida noBautismo. Reflíctese nas lec-turas apostólicas dos domingose nas lecturas feirais da misadas tres primeiras semanas.Os textos do Antigo Testamento

das lecturas dominicais presén-tanno-los grandes temas daHistoria da Salvación, a historiadas actuacións salvíficas deDeus, para prepara-lo grandeacontecemento da Pascua doSeñor: A creación e a orixe domundo (1º domingo), Abrahám,pai dos crentes (2º domingo), oÉxodo e Moisés, (3º domingo),David (4º domingo), os Profetase a súa mensaxe (5º domingo) eo Servo de Iavé (Domingo deRamos). Na predicación convénter en conta esta progresión paranon perder de vista a marchacara á Pascua. As lecturas do Evanxeo tamén

teñen a súa coherencia e vantodas encamiñadas á Pascua:Cristo e a súa Pascua son aclave para entende-la vidacristiá. No 1º domingo está otema das tentacións e a loitacontra o mal; a transfiguración,tema do 2º domingo, anticípanose prepáranos para a Pascua; osdomingos 3º, 4º e 5º presentanos temas catequéticos da ini-ciación cristiá: a auga, a luz e avida; o 6º domingo preséntanosa Paixón do Señor.

As lecturas apostólicas estánpensadas como complementodos grandes temas da Historiada Salvación e da preparaciónevanxélica para a Pascua.Temas espirituais, relativos óproceso de fe e conversión e áconcretización moral dos temascoresmais: a fe, a esperanza, oamor, fillos da luz, etc.

Como vivi-la Coresma.1. Revisando a nosa vida,arrepentíndonos do que non fixe-

mos ben e confesándonos.2. Convertíndonos, intentandocambia-lo noso ritmo de vida;intentando supera-los nosos fa-llos e defectos, día a día, pasiñoa pasiño.3. Renunciando a algo que nos"gusta", que nos ata, que nosaparta de Deus e dos demais,que nos pecha en nós mesmos;e facendo algo que nos "custa",por Deus e polos demais, polosque están ó noso lado.4. Rezando, facendo oración,falando con Deus, individual-mente, en grupo, en familia...5. Vivindo a caridade, sobre todocoa xente que está ó noso carón.6. Absténdonos de algo propiopara dárlle-lo ós demais. Noncumprir co preceuto da abstinen-cia (non comer carne o Mércoresde Cinsa e os venres deCoresma) por cumprir, senóncomo un "sacrificio", unha renun-cia a algo que me "gusta" (carne,tabaco, diñeiro,....) para adicaloós demais.

Tempo de Coresma

Mércores de Cinsa (1 de marzo):Xl 2 ,12-18 ; 2 Cor 5, 20-6, 1-2. Mt 6, 1-6.16-18

I Domingo de Coresma (5 de marzo):Xén 9, 8-15; 1Pe 3,18-22; Mc 1,12-15

II Domingo de Coresma (12 de marzo):Xén 22, 1-2.9a-13.15-18; Rm 8,31b-34; Mc 9,2-10

III Domingo de Coresma (19 de marzo):Ex 20,1-17; 1Co 1,22-25; Xn 2,13-25

IV Domingo de Coresma (26 de marzo):2 Cro 36,14-16.19-23; Ef 2,4-10; Xn 3,14-21

V Domingo de Coresma (2 de abril):Xer 31,31-34; Hb 5,7-9; Xn 12,20-33

Domingo de Ramos (9 de abril):Is 50, 4-7; Flp 2, 6-11; Mc 14,1-15,47

Citas bíblicas para este tempo de coresma

- Omítese o "Aleluia" en toda celebración.- Suprímense os adornos, as flores e a música de

instrumentos, agás o 4º domingo.- Omítese o himno do "Gloria", agás nas festas e

solemnidades- Sería recomendable destaca-lo acto penitencial da

celebración eucarística: Varia-las invocacións,canta-lo "Señor ten piedade".... Suliña-lo carácterpenitencial destes días.

- Coida-la oración dos fieis. Empregar formularios nosque se recolla o significado propio deste tempo, incluíndo peticións polos pecadores (S.C., 109)

- Seleccionar e preparar para a entrada da celebración un canto coresmal, penitencial, que dea un tono coresmal ó

Na Coresma preparárnonos para a grande festa da Pascua. É un tempo litúrxicode conversión e cambio. Dura corenta días (dende o Mércores de Cinsa óDomingo de Ramos). A cor litúrxica deste tempo é o morado. É un tempo dereflexión, inte-riorización, penitencia, conversión espiritual. Na Coresma, Cristoinvítanos a cambiar de vida. A Igrexa propón que vivámo-la Coresma comocamiño cara a Pascua de Cristo, escoitando a Palabra, rezando, compartindo anosa vida co próximo. A Coresma é un tempo de perdón e de reconciliación frater-na. Esta práctica introdú-cese no s. IV como tempo de penitencia e de renovacióncoa práctica do xexún e da abstinencia, pero foi perdéndose o seu senso primitivo(non sentimos a necesidade de arrepentirnos, de pedir perdón e perdoar; nonqueremos privarnos de nada a favor dos demais; non sentímo-la necesidade darenuncia, do sacrificio...), por iso cómpre recupera-lo seu espírito penitencial e deconversión.

Algunhas normas erecomendacións litúrxicas

Page 7: A Nosa Voz - diocesisdelugo.org · a Pastoral da Saúde? É un servizo que presta a Igrexa, no nome de Xesús, o Bo Pastor, ás persoas e á sociedade para que respondan á súa vocación

ACTUALIDADE 7A NOSA VOZ

D. Antonio Vázquez Saco.Naceu na Parroquia de San

Esteban de Anllo (Sober) en 1912e foi ordenado sacerdote en 1941.En febreiro de 1942 é nomeadoecónomo de San Esteban deEspasantes. Logo encárgase daparroquia de San Félix de Cangas(Pantón) e en 1951 empeza comoPárroco de Santa Marina de Incio.En 1965 faise cargo tamén deSanta María de Marrube. Faleceuo 31 de xaneiro.

D. José Barreiro Gómez.Naceu o 29 - XI - 1925 en Santa

Cruz de Retorta. Foi ordenadosacerdote en 1951. Era licenciadoen Sagrada Teoloxía e DereitoCanónico, e doutor en Filosofía.Ecónomo de San Xoán de Torés,Sta. Mª de Ferreiros de Valboa,Sta. Mª de Penarrubia, de SanFroilán de Lugo. Desde 1975 era

In Memoriam

O pasado día 10 de febreiro, naCasa Diocesana de Exercicios,celebrouse a Asemblea-con-vivencia diocesana daHospitalidade de Nosa Señorade Lourdes.Os actos comezaron sobre as

catro da tarde coa acollida dosmáis de 300 participantes. Odiácono Miguel Asorey, foi oencargado da conferencia quexirou en torno ó lema deLourdes deste ano: “Tede ace-sas as lámpadas”.Presentáronse tamén as contasdo Movemento, unha breveinformación de tódalas activi-dades feitas no ano 2004-2005e as programadas para o curso2005-2006, incluíndo entre elasa peregrinación ó Santuario deLourdes. Este ano terá lugar do3 ó 7 de xullo e xa está aberto oprazo de inscrición.A asemblea finalizou con viven-cias de participantes, a Euca-ristía presidida polo Sr. Bispo da

En Paredes, na parroquia deSan Pedro de Muxa, a uns 4Km. da cidade de Lugo,atopamos, dende 1983, unhacomunidade de Carmelitas.

A súa espiritualidade cén-trase na contemplación.Silencio, anonimato, peniten-cia e adoración, son rasgosque as caracterizan.Testemuñan así que Deus éde tal categoría que vale apena entregarlle a vida porpuro amor.

Ofrecen ós sacerdotes epúblico en xeral os seus servi-zos de: confección de roupasde igrexa, fabricasión de hos-tias, taller de encuadernaciónde libros e toda crase de do-cumentos. Agradecen todosos encargos que se llespoidan facer que realizangustosas e a precioseconómicos._______________________

Enderezo: 27169Muxa-Paredes (Lugo).Teléfono: 982 30 44 37

Actividades da Hospitalidade- 10 de febreiro. Asemblea-convivencia dos socios.- 28 de abril. Retiro-convivencia na Casa Diocesana.- Reunións por zonas durante todo o ano. Xa se celebraron as de

Lugo, Chantada, Rábade, Monterroso; e están programadas as de Val do Mao, Escairón, Póboa de Brollón, Sarria, Baralla,A Fonsagrada e Viveiro.

- Eucaristía nas Agustinas. Tódolos días 11 de cada mes,

Asemblea da Hospitalidade de Lourdes

O diácono Miguel Asorey (segundo pola esquerda) foi o encargado daconferencia deste ano, titulada: “Tede acesas as lámpadas”.

Ofrecemento dasMM. Carmelitas

A Adoración Nocturna Española(ANE) é unha confraría deámbito nacional que se estruc-tura en seccións locais, que seagrupan en ConselloDiocesanos. A AdoraciónNocturna iníciase en París o día6 de decembro de 1848, funda-da por Herman Cohen. O 3 dedecembro do ano 1877celébrase en Madrid a primeiraVixilia. O fundador da ANE foi oviveirense Luis de Trelles. AANE conta en España con máis

de 1000 seccións, que agrupana máis de 50.000 persoas. Nanosa Diocese fundouse no ano1885, e conta na actualidadecuns 300 adoradores, repartidosen 24 turnos. Hoxe tamén haiseccións en Chantada, Lalín,Sarria, Portomarín e Samos.Durante os xoves da Coresma,

na Eucaristía das oito da tardena Catedral, tendrán lugarunhas breves charlas sobre aencíclica ECCLESIA DEEUCHARISTIA.

Os días 1 e 2 de abril, as Delegacións dePastoral Xuvenil de Galicia organizan unEncontro sobre a familia. Este Encontro terá lugarna Casa de Espiritualidade do Campus Sur deSantiago de Compostela. Hai un relatorio deFernando Moreno, psicólogo: “O amor: o que é, oque non é”. Outro relatorio, da familia Olguin,titúlase: “Educación na familia dende a liber-dade”. Haberá outros relatorios e mesasredondas. Todos cantos desexen acudir, póñanseen contacto coa Delegación da Mocidade, na rúada Cruz, 3, teléfonos 650 373 623 e 606 538 742.

O Centro de Teoloxía para Segrares, para osmeses de abril, maio e xuño está prevista a real-ización do curso “Baleiros. tabús e medos dohome moderno”, impartido por D. Ángel Lorenzo.O horarío é de 19:30 a 21 horas, durante osxoves de cada mes.Con estes cursos ofrécese unha formación sis-

temática sobre temas de actualidade a tódolosinteresados, especiamente ós que estean máiscomprometidos ou desexen comprometerse entarefas apostólicas e eclesiais.Para máis información, dirixirse á rúa da Cruz, 3,1º ou chamar ó teléfono 982 25 32 79.

En marzo:

- Día 9: “A Eucaristía edificaa Igrexa”, por D. ManuelBlanco Cortizo.- Día 16: “Apostolicidade daEucaristía”, por D. RamónLegaspi.- Día 23: “Eucaristía ecomunidade eclesial”, porD. Indalecio Gómez.- Día 30: “Dignidade e tratodecoroso da Eucaristía”, porD. Gonzalo Fraga.

En abril:

- Día 6: “Na escola deMaría, muller eucarística”,por D. José Fernández.

“Bioética e moral de futuro” Encontro Interdiocesano deAnimadores

Charlas sobre a encíclica ECCLESIA DE EUCHARISTIA

Terán lugar os xoves da coresma na Catedral, na misa das 8 datarde, e están organizadas pola Adoración Nocturna Española

Page 8: A Nosa Voz - diocesisdelugo.org · a Pastoral da Saúde? É un servizo que presta a Igrexa, no nome de Xesús, o Bo Pastor, ás persoas e á sociedade para que respondan á súa vocación

A NOSA VOZ12 DIOCESE

A NOSA VOZ * PARROQUIAS* MOVEMENTOS* ASOCIACIONS* AXENDA DIOCESANA* LITURXIA* E todo o que desexa saber

sobre a Igrexa en Lugo.

SUBSCRICIONS:– ORDINARIA: 10 euros/ano– BENEFACTOR: 15 euros/anoIngresos: Banco de Galicia. Nº conta0600631224Información: Nas parroquias, na Vicaríade Pastoral ou no Secretariado deMedios de Comunicación Social.

Camiño de Santiago(2ª parte)

Son moi distintas as circunstancias que rodean óperegrino que inicia a súa andadura por terrasfrancesas e españolas. Son numerosos os peregrinos españoles que por

circunstancias persoais, familiares, traballo,vacacións... comezan o camiño en puntos inter-medios da ruta, como Puente la Reina (678 kms),Estella (656 Kms), Logroño (607 kms), SantoDomingo de la Calzada (556 kms), Burgos (483kms), Frómista (418 kms), Ponferrada (198 kms),O Cebreiro (147 kms)... Este último lugar, que ini-cia o camiño no cumio dos montes de Pedrafita, éun dos puntos máis emblemáticos da milenariaruta.O camiño é un recorrido aberto que cadaquén

comeza onde quere e adaptando as etapassegundo as súas posibilidades ou gusto.Tódolos meses do ano hai peregrinos ó longo da

ruta procedendo de calquera lugar de Europa. Énotorio que resulta duro camiñar en época de chu-vias por ermos e zonas montañosas.

Sendo o camiño un acto complexo que com-prende o espiritual e o físico, o cultural e o lúdico,non o será menos o feito de convivir con outrosperegrinos nacionais e estranxeiros, principal-mente nos fins de etapa nos albergues e refuxios,sendo isto máis proveitoso na temporada demaior afluencia de peregrinos.

É aconsellable face-lo camiño en compañía,aínda que só sexan dúas persoas, coa finalidadede axudarse mutuamente nas pequenas dificul-tades e comparti-la aventura da etapa de cadadía. Tamén é certo que en cada etapa vense pere-grinos de toda condición e nacionalidade quecamiñan sós. Hai matrimonios e grupos mixtos de amigos que

usan unha intelixente forma de face-lo Camiño,xa que posibilita que nenos e maiores peregrinená vez. Isto consiste en dispoñer de vehículo deapoio, turnándose cada día os membros do grupopara trasladar tendas de campaña e alimentos,atender a nenos.

Desde a visita do Papa Xoán Paulo II aCompostela en 1989 con motivo do AnoInternacional da Xuventude, entidades relixiosas edo ensino veñen promovendo con éxito peregri-nacións colectivas.

Francisco Javier González Martínez

Corenta anos...

O número corenta vén dende a Biblia: "durante 40 anos nodeserto" Israel vagando polo despois do Éxodo (Dt 8,2); "40 díase 40 noites" botou Elías no deserto escapando de Xezabel, amuller do rei (1 Re 19,8); e finalmente Xesús "permaneceu 40 díasno deserto sendo tentado por Satanás" (Mc 1,13).O número 40 certamente é un número que agoira unha chea de

problemas. As xentes da Biblia sabíano ben, porque os 40 da súavida eran xa os anos da vellez, dos achaques, das invalideces,das soidades e das impotencias. Coma os nosos 80-90 anos.

O número "corenta": un número de deserto. Este número 40,como se ve, está unido ó deserto. O deserto do Sinaí (Israel) oudo Wadi Rum (Xordania) é unha marabilla: montañas de area pe-trificada, de formas caprichosas, de cores vermellas e ocres, decamiños sen marcar e de mil rutas perdidas. Cando un home se atopa no deserto está metido no pozo de

tódalas dificultades, pérdese nos camiños, morre de sede, loitapola supervivencia. No deserto non valen esas cousas de arredornas que o home se apoia o coas que se engana constantementefuxindo das dificultades. No deserto non se pode escapar: o homeenfróntase ó que realmente é, non lle valen escusas.Por iso o deserto é unha grande proba: ó home no deserto está

espido, non ten apaños nin asideiras, só lle vale o que el autenti-camente é. Está fronte a el mesmo.

O deserto, lugar de encontro con Deus. Pero cando este homesuperou esta proba, cando xa o deserto lle fixo perde-las súasautosuficiencias, cando o home chegou ó fondo do que realmenteé sen enganos, daquela o home está preparado para encontrarsecon Deus. Entón o Sinaí é o lugar da Alianza onde Deus está pretodo ser human, dándose a coñecer. Por iso Xesús de Nazarettamén, como o antigo Israel, comezou polo deserto.

Movemento Bíblico Diocesano

A Coresma son 40 días entre o Entroido e a Pascua, xa o sabe-mos: son días de penitencia, "sen comer carne nin caldo de

carne"; hoxe xa non, pero antes era unha verdadeira penitencia.Pero tamén, hai pouco, no hospital había un enfermo infeccioso

de pulmón "en corentena" dicían: tiña prohibidas as visitas.