a muller na posguerra española

3
Ana Lage Cagide Daniel Sánchez Gómez Leticia López Vázqez

Upload: fende-testas

Post on 25-Jun-2015

541 views

Category:

Education


6 download

TRANSCRIPT

Ana Lage Cagide

Daniel Sánchez Gómez

Leticia López Vázqez

Comezaremos falando da perda de dereitos que sufriron. En primeiro lugar

de suprimíronse todos os avances xurídicos, administrativos e a presencia

social e pública das mulleres, como a supresión do dereito a voto. Ademais,

prodúcense cambios xurídicos que reducen os dereitos da muller, como a

supresión do recoñecemento da igualdade entre os fillos naturales e

lexítimos. Elimínase tamén o recoñecemento da muller como unha persoa

adulta, que non require os permisos do marido e que si son necesarios na

posguerra. A muller sufría tamén os castigos dos delictos que cometían os

homes, só por ser fillas de ou mulleres de. Na época da posguerra española

para que unha muller se poidese casar era necesario que o fixese pola

igrexa. Esta controlaba gran parte da sociedade e estaba presente no día a

día. O divorcio tamén estaba totalmente prohibido. Cando unha muller se

casaba con un home esta debía permanecer con el toda a sua vida. Se unha

muller escapa do seu fogar e abandonaba ó seu marido quedaba para sempre

fóra da sociedade e era perseguida polas autoridades. As rapazas tiñan que

traballar como ‘’escravas’’ para poder saír da casa coas súas amigas. Para

saír da casa as rapazas tiñan que ir cun irmán ou cun familiar masculino.

Dito esto, debemos falar da chamada sección femenina. A sección femenina

é a institución creada en España en 1934, que constituía a falanxe femenina,

e que foi dirixida dende o principio desta por Pilar Primo de Rivera. Esta

convertiu a Isabel católica e a Teresa de Xesús nos símbolos da sección

femenina. Adicábase a prestar apoio á militancia falanxista e asistencia ós

presos do Partido ou ás familias dos caídos na loita. Rematada a guerra o

seu labor centrouse en instruír ás rapazas novas sobre como ser boas

patriotas, boas cristiás e boas esposas, relegando o seu papel como mulleres

independentes a unha subordinación total ó home.

Fixéronse tamén películas protagonizadas por mulleres, estes son algúns

exemplos:

-A tía Tula > Película española de Manuel Picazo.

A tía Tula é o retrato psicolóxico e social da sociedade española de

provincias, con persoas como a tía Tula, un cúmulo de contradiciones

poderosas e infranqueables: por un lado, unha rixideza e rectitude

espartana, e por outro, un volcán en plena ebulición, zarandeado polo desexo

e a trasgresión a poder derribar toda a monotonía que a envolve. Aurora

Bautista fai un traballo memorable da personaxe, desa muller/nai educadora

e de poderosa personalidade, pero sumida na mediocridade vital máis

absoluta.

A muller que loita por un ideal político > Película española de

Vicente aranda

Narra a Guerra Civil Española vista dende o punto de vista dunhas

mulleres milicianas anarquistas que loitaron na fronte de Aragón. O dezaoito

de xullo de 1936, o exército español sublévase contra o Goberno da

República. Un grupo de mulleres reclama ás tropas milicianas o seu posto na

fronte. No nome da liberdade, as mulleres libran a súa propia batalla para

igualarse ós dereitos dos homes na loita armada.

Ademáis de películas, tamén se fixeron carteis propagandísticos para

defender a causa, estes son dous exemplos:

De entre as mulleres que defenderon os dereitos destas, é destacable Clara

Campoamor, que loitou ata conseguir o sufraxio feminino. Debémoslle a ela a

que hoxe é a nosa democracia, sendo ademais unha das primeiras deputadas

das pimeiras Cortes da II República.