lite posguerra

35
LINGUA E LITERATURA LINGUA E LITERATURA GALEGA NA POSGUERRA GALEGA NA POSGUERRA 1936-1975 Lingua Galega e Literatura 4º ESO

Upload: melixanro

Post on 13-Apr-2017

212 views

Category:

Education


2 download

TRANSCRIPT

Page 1: Lite posguerra

LINGUA E LITERATURA LINGUA E LITERATURA GALEGA NA POSGUERRAGALEGA NA POSGUERRA

1936-1975

Lingua Galega e Literatura4º ESO

Page 2: Lite posguerra

Contexto históricoContexto históricoO 18 de xullo de 1936 prodúcese un

golpe de Estado contra o goberno da República.

Comeza unha guerra que remata en 1939.

Galiza pasa de plebiscitar un Estatuto de Autonomía a unha época de total represión.

En Galiza non houbo guerra como tal.Comezan os anos da fame.

Page 3: Lite posguerra

A situación da linguaA situación da linguaAbsoluta represión do uso do

galego desde o poder (goberno, Igrexa, medios…).

Aumenta a diglosia e aséntanse numerosos prexuízos sobre o uso do galego.

O centro cultural en lingua galega desprázase cara aos países latinoamericanos.

Page 4: Lite posguerra

A situación da linguaA situación da lingua

Page 5: Lite posguerra

A situación da lingua. Os A situación da lingua. Os anos 50.anos 50.Prodúcese un avance ao aparecer

numerosas iniciativas culturais:◦Editoriais: Galaxia (1950), Monterrey,

Ediciós do Castro…◦Concursos literarios◦Asociacións culturais: O Galo, O Facho…◦Partidos políticos (clandestinos, os únicos

desde a desaparición do PG): UPG e PSGA situación muda definitivamente en

1975

Page 6: Lite posguerra

A literatura de posguerraA literatura de posguerraCambio radical

◦ Esplendor literario (IdF, Nós, Vangarda)

◦ Total e absoluto silencio

A represión aos autores e intelectuais galegos:◦ Asasinados: Ánxel Casal, Díaz Baliño◦ Exiliados: Castelao, Dieste, Seoane◦ Presos: Carvalho Calero◦ Silenciados: Risco, Otero

Page 7: Lite posguerra

A literatura galega de A literatura galega de posguerraposguerraO centro cultural galego pasa a

situarse en Latinoamérica, nomeadamente en Bos Aires◦Exiliados◦Xa residían alí: Blanco Amor◦Galegos emigrados logo de 1939:

Díaz Pardo◦Fillos de galegos emigrados

Page 8: Lite posguerra

A literatura galega de A literatura galega de posguerraposguerraIniciativas culturais no exilio:

◦Publicación de revistas: Galicia, Galicia emigrante, Eufonía…

◦Editoriais: Citania◦Publicación de obras en galego:

Sempre en Galiza, A Esmorga ou a Historia de Galicia de Otero

1954 publicouse en Bos Aires a Denuncia diante a UNESCO da perseguizón do idioma galego pol-o Estado Hespañol.

Page 9: Lite posguerra

A literatura galega de A literatura galega de posguerraposguerraNos anos 50 prodúcese unha

apertura no Réxime.Créanse editoriais en Galiza e

retómase a publicación literaria.Pouco a pouco vaise

reestablecendo o campo literario galego.

Page 10: Lite posguerra

A NARRATIVA DE A NARRATIVA DE POSGUERRAPOSGUERRATres xeracións de autores de

narrativa de posguerra◦Anos cincuenta: Blanco Amor,

Cunqueiro e Fole◦Nova Narrativa Galega (60s):

Méndez Ferrín, Carlos Casares, Xoana Torres e M. X. Queizán

◦Renovación dos setenta: Alfredo Conde, Paco Martín, Fernández Ferreiro, Xavier Alcalá…

Page 11: Lite posguerra

Eduardo Blanco Amor: o Eduardo Blanco Amor: o realismo socialrealismo social

Page 12: Lite posguerra

Eduardo Blanco AmorEduardo Blanco Amor(Ourense 1897 – Vigo 1979)(Ourense 1897 – Vigo 1979)Nace en Ourense, cidade de importancia

vital na súa obra, e moi novo emigra a Arxentina (1919).

Alí inicia o seu labor literario e xornalístico (mesmo foi correspondente na guerra Civil).

A partir dos 50 publica as súas obras fundamentais.

A principios dos 60 volve a Galiza, onde malvive ao comezo.

Morre en 1979 como un dos mellores narradores do século XX en galego.

Page 13: Lite posguerra

Blanco Amor, obra Blanco Amor, obra literarialiteraria Narrativa

◦ A escadeira de Xacob (comeza a publicarse na revista Nós en 1933).◦ A esmorga (1959)◦ Os biosbardos (1962), relatos◦ Xente ao lonxe (1972)

Teatro◦ Farsas para títeres (1973)◦ Teatro pra a xente (1974)◦ Proceso en Jacobusland (1980)

Poesía ◦ Romances galegos (1928)◦ Poema en catro tempos (1931)◦ Cancioneiro (1956)

Ensaio narrativo:◦ Os nonnnatos - conto no ceo (1927)

Page 14: Lite posguerra

Blanco Amor, obra Blanco Amor, obra narrativanarrativaAfírmase que se inicia na narrativa de forma

serodia, coincidindo coa madurez persoal e co intento de recuperar mediante a narración a memoria da adolescencia e da infancia perdidas. (*)

Características comúns:◦ Ambientación espacial en Auria (ou A.),

trasunto literario de Ourense◦ Ambientación temporal nos primeiros 20 anos

do século XX.◦ Protagonismo infantil ou xuvenil (non n’A

esmorga)◦ Obras realistas

Page 15: Lite posguerra

Blanco Amor, Blanco Amor, A esmorgaA esmorgaPrimeira obra narrativa do autor,

publicada en Arxentina en 1959 pola editorial Citania. Non se edita (censurada) en Galiza até 1970.

Considerada unha das grandes obras narrativas da historia da literatura galega.

Historia itinerante (transcorre arredor da cidade de Auria) con final tráxico.

Page 16: Lite posguerra

Blanco Amor, Blanco Amor, A esmorgaA esmorgaArgumento: o Cibrán está a declarar ante un xuíz,

que o interroga sobre os acontecementos que tiveron lugar na noite de esmorga que desfrutaron o propio Cibrán e os seus amigos, o Bocas e o Milhomes.

Estrutura:◦ «Documentación»◦ Corpo: cinco capítulos◦ Desenlace: narra o verdadeiro final da historia

A “Documentación” e o epílogo posúen un narrador e un tempo diferentes.

Difentes interpretacións por parte da crítica: novela picaresca, existencialista, sociolóxica ou feminista.

Page 17: Lite posguerra

Blanco Amor, Blanco Amor, Os Os biosbardosbiosbardosObra de relatos publicada en 1962.Conxunto de sete relatos breves.Trazos comúns:

◦Ourense◦Os protagonistas: a infancia, a adolescencia e os traumasasociados.◦Todos narrados en P1.◦Sinxeleza argumental.

Page 18: Lite posguerra

Blanco Amor, Blanco Amor, Xente ao Xente ao lonxelonxeNovela longa publicada en 1972Novela de formación: narra os

primeiros anos da vida de Suso, o protagonista, ao tempo que describe a sociedade ourensá de comezos do século XX:◦A maduración◦As loitas obreiras e sindicais◦Narración histórica◦Trata temas “complexos” como a sexualidade, o aborto, a prostitución…

Page 19: Lite posguerra

Álvaro CunqueiroÁlvaro Cunqueiro

Page 20: Lite posguerra

Álvaro Cunqueiro: o realismo Álvaro Cunqueiro: o realismo fantásticofantásticoSe Blanco Amor representa o

realismo social, Cunqueiro representa o realismo fantástico.

Corrente que mestura elementos culturalistas e populares, unha parte de realidade cotiá e outra de fantasía desbordada.

Page 21: Lite posguerra

Álvaro CunqueiroÁlvaro Cunqueiro Mondoñedo (1911) – Vigo (1981) Estuda o Bacharelato en Lugo e Filosofía e Letras en

Compostela. Na preguerra dáse a coñecer como autor de poesía e

lígase á vangarda. Paréntese de 11 anos como escritor (intégrase no

réxime). Abandona a súa carreira de xornalista en Madrid e

volve a Mondoñedo en 1947. Únese ao proxecto de Galaxia da man de del Riego. Na madurez, descóbrese como un magnífico narrador.

https://www.youtube.com/watch?v=89mgWD0kYdc

Page 22: Lite posguerra

Álvaro Cunqueiro. ObraÁlvaro Cunqueiro. ObraPoesía:

◦Mar ao norde (1932)◦Poemas do si e do non (1933)◦Cantiga nova que se chama Riveira (1933)◦Dona do corpo delgado (1950)◦Herba aquí ou acolá (1980)

Teatro:◦O Incerto Señor don Hamlet, príncipe de

Dinamarca (1958)◦A noite vai coma un río (1965)

Page 23: Lite posguerra

Álvaro Cunqueiro. ObraÁlvaro Cunqueiro. ObraNarrativa:

◦Merlín e familia (1955)◦As crónicas do sochantre (1956)◦Escola de menciñeiros (1960)◦Se o vello Simbad volvese ás illas (1961)◦Xente de aquí e de acolá (1971)◦Os outros feirantes (1979)

Page 24: Lite posguerra

Álvaro Cunqueiro. ObraÁlvaro Cunqueiro. ObraEnsaio:

◦Tesouros novos e vellos (1964)◦A cociña galega (1973)◦Ollar Galicia (1981)◦100 artigos (2001)

Page 25: Lite posguerra

Álvaro Cunqueiro. Obra Álvaro Cunqueiro. Obra narrativanarrativaTrazos comúns

◦Tendencia á disgregación da novela: novelas moi abertas, acumulación de relatos argumentalmente inconexos. Coexistencia de varios narradores.

◦Predominio da oralidade no estilo: o seu modelo é o conto de tradición folclórica ou a propia xente. Isto vese na lingua empregada, chea de dialectalismos e arcaísmos.

Page 26: Lite posguerra

Álvaro Cunqueiro. Obra Álvaro Cunqueiro. Obra narrativanarrativa

◦Entrecruzamento do extraordinario co cotián ( humanización do mito / mitificación do humano): personaxes míticos como Merlín, Xenebra, Sinbad… ao lado de xentes do común.

◦Fantasía, humor, poeticidade. Por exemplo: dona Xenebra prende na fala, Sinbad nomea un cego como vixía do seu barco, o lirismo na descrición da fraga de Esmelle, a casa máxica de Merlín…

Page 27: Lite posguerra

Álvaro Cunqueiro. Obra Álvaro Cunqueiro. Obra narrativanarrativaMerlín e familia (1955): sitúa a

figura do mago Merlín nas terras de Miranda ao lado da raíña Xenebra. O ambiente é plenamente galego.A estrutura é a que segue: á casa de

Merlín chega un viaxeiro, este consúltalle un problema e o mago intervén.

Page 28: Lite posguerra

Álvaro Cunqueiro. Obra Álvaro Cunqueiro. Obra narrativanarrativaAs crónicas do sochantre (1956):

sitúase na Bretaña francesa. Un músico que vai tocar a un enterro é recollido por unha carroza de defuntos.

Page 29: Lite posguerra

Álvaro Cunqueiro. Obra Álvaro Cunqueiro. Obra narrativanarrativaSe o vello Sinbad volvese ás illas

(1961): narrada por Al-Faris Ibn Iaquin al Galizi. Novela de personaxe que conta a derradeira aventura do mariñeiro das Mil e unha noites. Sinbad decide volver ao mar.

Page 30: Lite posguerra

Álvaro Cunqueiro. Obra Álvaro Cunqueiro. Obra narrativanarrativaTres libros de semblanzas: Escola

de menciñeiros (1960), Xente de aquí e de acolá (1971) e Os outros feirantes (1979).113 relatos que poñen á luz todo o extraordinario que pode haber nos seres reais.

Page 31: Lite posguerra

Ánxel FoleÁnxel Fole

Page 32: Lite posguerra

Ánxel Fole. O realismo Ánxel Fole. O realismo popularpopularO realismo popular ou

etnográfico exprésase a través da narrativa breve.

Características: ambientación rural, focalización xeográfica, dialectalismo lingüístico, sinxeleza argumental e humorismo.

Page 33: Lite posguerra

Ánxel FoleÁnxel FoleLugo (1903-1986)Cursa o Bacharelato en Lugo e Dereito en

Compostela e Valladolid.Núcleo lugués da xeración dos 20 con Piñeiro,

Pimentel…Fundaron as revistas vangardistas Guión e

Yunque. Iníciase na literatura antes da guerra.Secretario provincial do Partido Galeguista en

1936, polo que se refuxia en Quiroga, onde coñece o mundo rural.

A fins do 40 regresa á vida literaria e únese ao proxecto de Galaxia.

Page 34: Lite posguerra

Ánxel Fole. ObraÁnxel Fole. ObraÁ lus do candil. Contos a carón do

lume. (1953)Terra brava. Contos da solaina

(1955)Pauto do Demo (1958): peza

teatralContos na néboa (1972)Historias que ninguén cre (1981)Contos de lobos (1985)

Page 35: Lite posguerra

Ánxel Fole. Obra narrativaÁnxel Fole. Obra narrativaTrazos comúns:

◦ Naturalismo lingüístico: fidelidade estricta á lingua oral.

◦ Predilección polo conto como representación da cultura tradicional (e, dentro do conto, polo conto oral).

◦ Realismo e indiferenza ante a literatura fantástica.

◦ Procura da orixinalidade técnica e estilística.◦ Compromiso coa súa terra e co seu tempo.◦ A paisaxe como elemento esencial na definición

da literatura galega.◦ https://www.youtube.com/watch?v=drIxzqSXefI