a migración primaveral na frouxeira

4
A Migración primaveral na Frouxeira. Se por algo é coñecida a lagoa da Frouxeira é polas aves acuáticas, que son quizá o valor máis destacado que ten (ademáis do botánico, herpetolóxico, entomolóxico, piscícola ou paisaxístico). E dentro das aves acuáticas, as varias familias de limícolas son as máis chamativas nestes días de Maio. Tanto polo número de efectivos coma pola súa gran variedade de plumaxes, formas e tamaños. Hainas pequenas coma un pardal, e grandes coma un galo. Algunhas son solitarias e escondedizas, coma a misteriosa Arcea, e outras gregarias e confiadas coma os simpáticos Pilros tridáctilos. Pero todas elas teñen unha característica común: son “aves migratorias”. Quere isto dicir que a súa área de cría e de invernada están moi distantes unha de outra, en ocasións a miles de quilómetros A maioría das especies prefiren para reproducirse os desolados páramos árticos (a tundra) e as praias e marismas do norte do

Upload: cerredo

Post on 18-Nov-2014

395 views

Category:

Documents


6 download

DESCRIPTION

 

TRANSCRIPT

Page 1: A migración primaveral na frouxeira

A Migración primaveral na Frouxeira. Se por algo é coñecida a lagoa da Frouxeira é polas aves acuáticas, que son quizá o valor máis destacado que ten (ademáis do botánico, herpetolóxico, entomolóxico, piscícola ou paisaxístico). E dentro das aves acuáticas, as varias familias de limícolas son as máis chamativas nestes días de Maio. Tanto polo número de efectivos coma pola súa gran variedade de plumaxes, formas e tamaños. Hainas pequenas coma un pardal, e grandes coma un galo. Algunhas son solitarias e escondedizas, coma a misteriosa Arcea, e outras gregarias e confiadas coma os simpáticos Pilros tridáctilos. Pero todas elas teñen unha característica común: son “aves migratorias”. Quere isto dicir que a súa área de cría e de invernada están moi distantes unha de outra, en ocasións a miles de quilómetros

A maioría das especies prefiren para reproducirse os desolados páramos árticos (a tundra) e as praias e marismas do norte do continente. Son moi poucas as que escollen a nosa terra para sacar adiante as súas roladas. A intensa presión humana derivada dunha histórica ocupación do territorio, desde hai séculos, teñen moito que ver. Hoxe en día apenas quedan unhas poucas parellas de Píllara das dunas reproducíndose na praia da Frouxeira, soportando innumerábeis molestias humanas, derivadas dun turismo incontrolado e da falta de civismo por parte de moitos paseantes.

Page 2: A migración primaveral na frouxeira

Todos os anos, entre finais de Abril e finais de Maio, A Frouxeira é escenario dun auténtico espectáculo da Natureza. Centos, en ocasións ata 5.000 aves, paran durante uns días a descansar e “avituallarse” na lagoa, antes de continuar a súa agotadora viaxe rumo aos lugares de cría, no lonxano norte. Proveñen da costa occidental de África moitas delas, de Portugal ou do Sur de España. Agotadas, logo de tantos quilómetros, necesitan repoñer forzas, para continuar tan portentosa travesía. É realmente a migración unha auténtica marabilla da Natureza, onde se pon a proba o límite da resistencia destas aves, algunhas das cuais pesan apenas uns poucos gramos. No seu periplo as limícolas han superar perigos de todo tipo: depredadores, caza, treboadas, destrución dos seus hábitats (as súas “estacións de servizo”), ventos fortes,..

Page 3: A migración primaveral na frouxeira

E son precisamente os ventos os que fan que os Mazaricos, Biluricos, Pilros ou Píllaras decidan pasar estes días entre nós. Estas aves realizan os seus vós migratorios seguindo básicamente a liña de costa, de Sur a Norte. Lóxicamente, cando se atopan con vento en contra paran a migración, ata que as condicións meteorolóxicas sexan máis favorábeis. Cando sopra o nordés na zona de Valdoviño, supón o comezo da sedimentación no areal da lagoa, sempre que ésta se atope baleira. Cando a lagoa está moi chea de auga isto non ocurrirá. Daquela as aves pararán pouco tempo e, ante a falta de lugares para pousarse e alimentarse, axiña continuarán a súa viaxe (entón será o momento das anátidas e dos mergullóns, que están mellor adaptados ao medio acuático).

Nestes días de Abril e Maio, a Lagoa é o lugar de encontro para centos de Píllaras e Pilros. A pesares das graves carencias que ten a lagoa a nivel de conservación e vixiancia, a Natureza deléitanos cun espectáculo único en Galicia. Será misión de todos nós que o ano que vén poidan volver a deleitarnos coa súa algarabía estas grandes viaxeiras: as limícolas.

Calidris melanotos

Plegadis falcinellus