a lusofonía como espellismo dunha casa miticamente común · a nau de Ícaro seguido de imagem e...

15
Tempo exterior nº 19, Vol. X (I), 2009. Páxs 7-21 Tempo Exterior / 19 (segunda etapa) - xullo/decembro 2009 7 A lusofonía como espellismo dunha casa miticamente común (1) Víctor Barros Consideracións preliminares ...Portugal, debe ser unha solidariedade viva en catro an- acos de terra: como se fose a propia fonte de vida nacional, todas as poboacións portuguesas terán que apoiarse e protexerse entre si, desde que a todas elas unha única bandeira cobre e unha mesma lingua abrangue(2) . A lusofonía, máis alá de constituír a matriz etimolóxica que lle devolve o significado semántico, importa tamén nocións que lle confiren unha dimensión afectiva por se ancorar no discurso que celebra a existencia de lazos afectivos entre Portugal e as súas ex-colonias, fundamentalmente, con base na idea dunha lingua común. A pesar de se pretender transmitir unha realidade susceptible de ser conci- bida como unha comunidade lingüística, o discurso da lusofonía infunde e procla- ma, dalgún xeito, unha dimensión sentimental que permite transmitir a idea desta como unha comunidade de afectos. Teoricamente, as sociedades que pertencen a esta comunidade tenden a ser consideradas de forma real e simbólica como espazos de afectos. Neste caso, a representación da lusofonía como comunidade lingüística non podía desbotar a posibilidade de incluír estes afectos como complemento capaz de sementar sentimentos de identificación e pertenza. Atopámonos xa que logo per- ante un proceso que revela constantemente as metamorfoses que os usos da memoria histórica experimentan en función das épocas e de acordo coas tarefas políticas e dis- cursivas que deben cumprir. Non podemos negar que, no contexto da representación da lusofonía, estes afectos son incluídos tendo en consideración a historia, o pasado: un pasado que, clandestinamente, é citado para se imaxinar como meta-historia, cuxa narración poderá posibilitar o recoñecemento dun pasado común. Ademais dos procesos discursivos que indirectamente sobrevaloran esta narrativa eloxiadora da lusofonía, cabe tamén diagnosticar o propio uso da historia como unha especie de bálsamo que permite unificar todos os antigos espazos coloniais onde aínda se fala portugués. Neste contexto, semella que a simple reivindicación dunha historia ou dun pasado común fosen quen de lexitimar automaticamente a concepción dunha comunidade que permite a inserción dos diferentes pobos falantes de portugués nun- (1) A realización deste traballo contou co apoio da Fundación Calouste Gulbenkian. (2) Boletim Geral das Colónias, nº.81, Ano VIII, Marzo, 1932, p.7.

Upload: others

Post on 23-Sep-2020

3 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: A lusofonía como espellismo dunha casa miticamente común · A Nau de Ícaro seguido de Imagem e Miragem da Lusofonia. 3ª Edición. Lisboa: Gradiva, 2004, p.179. As palabras en

Tempo exterior nº 19, Vol. X (I), 2009. Páxs 7-21

Tempo Exterior / 19 (segunda etapa) - xullo/decembro 2009 7

A lusofonía como espellismo dunha casa miticamente común(1)

Víctor Barros

Consideracións preliminares

“...Portugal, debe ser unha solidariedade viva en catro an-acos de terra: como se fose a propia fonte de vida nacional, todas as poboacións portuguesas terán que apoiarse e protexerse entre si, desde que a todas elas unha única bandeira cobre e unha mesma lingua abrangue”(2).

A lusofonía, máis alá de constituír a matriz etimolóxica que lle devolve o significado semántico, importa tamén nocións que lle confiren unha dimensión afectiva por se ancorar no discurso que celebra a existencia de lazos afectivos entre Portugal e as súas ex-colonias, fundamentalmente, con base na idea dunha lingua común. A pesar de se pretender transmitir unha realidade susceptible de ser conci-bida como unha comunidade lingüística, o discurso da lusofonía infunde e procla-ma, dalgún xeito, unha dimensión sentimental que permite transmitir a idea desta como unha comunidade de afectos. Teoricamente, as sociedades que pertencen a esta comunidade tenden a ser consideradas de forma real e simbólica como espazos de afectos. Neste caso, a representación da lusofonía como comunidade lingüística non podía desbotar a posibilidade de incluír estes afectos como complemento capaz de sementar sentimentos de identificación e pertenza. Atopámonos xa que logo per-ante un proceso que revela constantemente as metamorfoses que os usos da memoria histórica experimentan en función das épocas e de acordo coas tarefas políticas e dis-cursivas que deben cumprir. Non podemos negar que, no contexto da representación da lusofonía, estes afectos son incluídos tendo en consideración a historia, o pasado: un pasado que, clandestinamente, é citado para se imaxinar como meta-historia, cuxa narración poderá posibilitar o recoñecemento dun pasado común. Ademais dos procesos discursivos que indirectamente sobrevaloran esta narrativa eloxiadora da lusofonía, cabe tamén diagnosticar o propio uso da historia como unha especie de bálsamo que permite unificar todos os antigos espazos coloniais onde aínda se fala portugués. Neste contexto, semella que a simple reivindicación dunha historia ou dun pasado común fosen quen de lexitimar automaticamente a concepción dunha comunidade que permite a inserción dos diferentes pobos falantes de portugués nun-

(1) A realización deste traballo contou co apoio da Fundación Calouste Gulbenkian.(2) Boletim Geral das Colónias, nº.81, Ano VIII, Marzo, 1932, p.7.

Page 2: A lusofonía como espellismo dunha casa miticamente común · A Nau de Ícaro seguido de Imagem e Miragem da Lusofonia. 3ª Edición. Lisboa: Gradiva, 2004, p.179. As palabras en

Tempo Exterior / 19 (segunda etapa) - xullo/decembro 20098

A lusofonía como espellismo dunha casa miticamente común / Víctor Barros

ha mesma cadea de filiación identificativa homoxénea. A retórica dun pasado común axéitase perfectamente ás estratexias discursivas impostas pola necesidade dunha nova forma de representación da historia e, polo tanto, pola tentativa de insuflar o pasado latente a esa historia como unha especie de “campo común” ou reflexo onde todos se recoñecen analogamente na mesma imaxe. Resulta como se unha especie de fórmula sintética – “pasado común” – parecese capaz de apiñar as memorias e as dif-erentes formas de representación do pasado que moldea e dá contido a esas mesmas memorias. Por iso, cando a imaxe da lusofonía se ve reducida a unha explicitación simplista da idea de pasado común, simplemente confirma a súa propia inscrición na secuencia da redacción dunha nova forma de representación da identidade, con todos os reflexos prexudiciais e segredos de invisibilidade a ela subxacentes.

1. Os mitos da lusofonía: estre as marañas da lingua e as memorias do imperio

Independentemente de calquera propósito de concibir a lusofonía a partir do aforismo da lingua e dun pasado comúns, non podemos refusar o feito de que as diversas sociedades que dan forma ao universo lusófono amosan, cada unha delas, diferentes maneiras de lidar coa mesma representación. Isto ven a demostrar que, nas antípodas da noción de lusofonía podemos diagnosticar os paradoxos ligados á súa representación, tendo en conta a importancia atribuída ás memorias nacionais de cada un dos países que constitúen o espazo lusófono na animación das súas represen-tacións identitarias e nacionalistas. De ser así, a dimensión afectiva evocada pola lu-sofonía non pode deixar de ser cuestionada. Os límites da súa apropiación son tamén moldeados pola interferencia e sobreposición de outras referencias incluídas tanto no repertorio da memoria oficial nacional e nas representacións do imaxinario colectivo de cada un dos países, como na concepción das representacións sociais e individuais da identidade dos individuos ou grupos que pertencen ao citado espazo lusófono. Mesmo cando a problemática da concepción de lusofonía se traslada ao campo das representacións sociais ou individuais, esta non se insire co mesmo significado na estruturación real e simbólica das representacións identitarias dos diferentes indivi-duos. Así, Joaquim Valentim destaca as seguintes verbas resultado dun estudo elabo-rado sobre a lusofonía e as representacións sociais de portugueses e africanos:

“Se a lusofonía constitúe un principio que organiza as representacións sociais dos portugueses, entón non existe con-cordancia entre estes e os africanos nestes termos: os portugueses valórana, os africanos rexéitana. Noutras palabras, a este nivel, a valoración da lusofonía non encontra apoio por parte dos africanos que son, en boa medida, os seus interlocutores por excelencia. E aínda máis, os africanos non só adoptan unha actitude contraria á dos portugueses neste ámbito, senón que destaca a importancia que

Page 3: A lusofonía como espellismo dunha casa miticamente común · A Nau de Ícaro seguido de Imagem e Miragem da Lusofonia. 3ª Edición. Lisboa: Gradiva, 2004, p.179. As palabras en

Tempo Exterior / 19 (segunda etapa) - xullo/decembro 2009 9

A lusofonía como espellismo dunha casa miticamente común / Víctor Barros

atribúen á súa identidade étnico-nacional asociada negativamente á valoración da dimensión lusófona nas representacións das semel-lanzas dos portuguesas cos outros pobos”(3).

Así, podemos engadir incluso que a dimensión valorativa da lusofonía de-pende da forma coa que esta é asumida por cada un dos países e, sobre todo, como se incorpora en maior ou menor medida ás representacións da imaxe e da propia identidade de cada un deles. En parte, esta incorporación é proporcional á forza da memoria da “posición” xerárquica que mediaba, nos tempos da colonización, as rela-cións de poder entre Portugal e as súas colonias. Doutra banda, non se poden eludir os efectos negativos que as representacións xerárquicas (colonias/metrópole) aprecia-das no colonialismo, condicionan as modalidades de inclusión e de aceptación plena de determinados legados, como todos os seus reflexos de visibilidade que se lle poida atribuír. Esta afirmación resulta cada vez máis pertinente desde que conseguimos observar que a matriz da lusofonía se funde sobre a idea dun legado do que Portugal foi o grande depositario: mesmo cando non se celebra directamente, a lusofonía aca-ba sempre por protagonizar inconscientemente a narrativa dun centro a partir do cal se pode identificar a matriz orixinaria da lingua, pola que todos os espazos restantes do mundo lusófono están vinculados. Nesta liña, Eduardo Lourenço foi perentorio ao subliñar a dimensión apoteoticamente portuguesa que acompaña a forza representa-tiva dos afectos vinculados á imaxe da lusofonía:

“Só nós, portugueses, percibimos a lusofonía e a mitoloxía da Comunidade dos Países de Lingua Portuguesa como unha totali-dade compatible coas diferenzas culturais que caracterizan cada unha das compoñentes. Como portugueses, resultaría imposible e unha falta de senso non o imaxinar así, xa que somos o espazo ma-tricial da lingua portuguesa, que levamos connosco por todo aquilo que tocamos ou colonizamos, e onde estamos mentres ela estiver e continuar a nos definir, aos nosos ollos e aos dos outros, como interesados espiritual e vitalmente na súa expansión, presenza e metamorfose”(4).

A idea da vinculación de varios espazos con base na lingua non debe superar a representación das posibilidades de celebrar, en si mesma, a propia comunicación. O eloxio excesivo da vinculación cultural dos diferentes espazos lusófonos a Portu-gal a través da lingua acaba sempre por glorificar unha memoria: neste caso, unha

(3) VALENTIM, Joaquim Pires. Identidade e Lusofonia nas Representações Sociais de Portugueses e de Africanos. Tese de doutoramento (Psicoloxía Social). Coimbra: Faculdade de Psicologia e de Ciências da Educação, Universidade de Coimbra, 2003, p.146.

(4) LOURENÇO, Eduardo. A Nau de Ícaro seguido de Imagem e Miragem da Lusofonia. 3ª Edición. Lisboa: Gradiva, 2004, p.179. As palabras en itálico son do texto orixinal.

Page 4: A lusofonía como espellismo dunha casa miticamente común · A Nau de Ícaro seguido de Imagem e Miragem da Lusofonia. 3ª Edición. Lisboa: Gradiva, 2004, p.179. As palabras en

Tempo Exterior / 19 (segunda etapa) - xullo/decembro 200910

versión actualizada de glorificación do pasado que, en ocasións, supera a simple celebración da lingua común e as posibilidades de comunicación que esta propor-ciona, para pecar dun exceso de imaxinación por parte dunha comunidade de cultura susceptible de ser concibida, interpretada e recoñecida de maneira uniforme a partir das marcas impresas por Portugal nas extensións que forman a devandita comu-nidade lusófona. Esta forma de celebración discursiva da lusofonía é tributaria da perspectiva colonial que, durante o Estado Novo, acompañou a alegoría da misión colonizadora de Portugal: o mito da reprodución de Portugal en todas a latitudes do seu imperio. E, de ser certo que a imaxe da lusofonía constitúe na memoria da lingua un dos reflexos materiais e espirituais da aventura colonial e imperial de Portugal, non é menos certo que acaba por renovar, consciente ou inconscientemente, a forma de readaptación da mesma memoria, dotándoa dunha nova encomenda: estimular a idea de afectividade, de sentimentos, de aproximacións e de participación conxunta. A lectura do pasado permítenos subliñar os xeitos de estimular os afectos e os sen-timentos de identificación e de construción dun imaxinario que, tanto afectiva como sentimentalmente, pretendía ligar Portugal coas terras imperiais e coloniais, e pode ser identificado nas celebracións de carácter civil e patriótico das conmemoracións nacionalistas portuguesas que se representaban nas colonias.

Baixo a forma de discursos dos afectos, a percepción da lusofonía acaba matizando dalgún xeito as representacións da memoria que establecían condicións de subalternidade nos espazos coloniais da altura: coa posición afirmativamente hex-emónica coa que Portugal se asumía e se impuña coa memoria de todos os seus mitos nas relacións coloniais, chegouse a unha especie de exaltación positiva deses lega-dos, entre os que se atopaba a lingua, a través do discurso de celebración afectiva, da percepción da lusofonía como espazo de afectos fincado por unha memoria, en teoría, compartida. Isto é, así recoñezamos que a través dos medios de propaganda e por referencia á epopea colonial e imperial, o Portugal do Estado Novo, sempre se amosou a prol de formas afectivas de achegamento da entón metrópole coas súas co-lonias, porén, o discurso da lusofonía reconverte a memoria dos afectos e promove a necesidade de recoñecer unha especie de congregación das partes nas que se divide o mundo lusófono: o mito da eufonía lusófona. A mitoloxía que noutras épocas narraba a grandeza imperial e colonial de Portugal e relegaba as entón colonias a unha con-dición de subalternidade “civilizacional” debido, entre outras cousas, ao eloxio da lingua, é reelaborada, readaptada e posta ao servizo dun discurso que, sen menosp-rezar as actuais especifidades, procura establecer unha imaxe na que todos, de certo, poderíanse recoñecer e se sentiren (comodamente) acollidos. Polo tanto, ao propor unha especie de celebración lexitimadora dunha participación conxunta, non hai lu-gar para desleixarse das marxes de sombras producidas por aquilo que os procesos selectivos da memoria narran, mais que ao mesmo tempo eclipsan e agochan. Con isto pretendemos espertar o interese nos formatos discursivos que a lusofonía gaña, empurrado pola influencia das reminiscencias da memoria colonial e imperial, e pola importancia que a percepción e a imaxe da súa representación gañan en función do

A lusofonía como espellismo dunha casa miticamente común / Víctor Barros

Page 5: A lusofonía como espellismo dunha casa miticamente común · A Nau de Ícaro seguido de Imagem e Miragem da Lusofonia. 3ª Edición. Lisboa: Gradiva, 2004, p.179. As palabras en

Tempo Exterior / 19 (segunda etapa) - xullo/decembro 2009 11

lugar de enunciación e das formas da súa apropiación, con todas as súas virtudes e reflexos negativos que se vinculan á plasticidade da propia memoria. En verbas de Fernando Catroga, “non se pode escamotear a ambigüidade da acción da memo-ria, se dun lado pode ser definida por aquilo que do pasado se acepta no presente por aqueles que a reciben, recoñecen e transmiten entre xeracións, doutro, adóitase agochar que a corrupción do tempo (e a historicidade do home) tamén atravesa as reactualizacións e transmisións do recordado”(5).

Á marxe da retórica (política, xornalística, académica etc.) que celebra e es-palla a noción de comunidade lusófona, sempre fican soterradas as contradicións das realidades diarias e banais onde actúan e marcan as formas desiguais de represen-tación identitaria dos individuos falantes desta comunidade. Se ben que a lingua é a matriz fundamental que estrutura a esfera lusófona, non podemos omitir a influencia furtiva que o senso común e as redes establecidas a partir da realidade diaria exercen nos tipos de apropiación, imitación e reprodución da lingua mediante a representa-ción pseudo-correcta do aportuguesamento do acento, sobre todo dentro do contex-to das relacións entre os portugueses e os inmigrantes dos países de lingua oficial portuguesa. Tamén á marxe da retórica dos afectos, podemos diagnosticar algúns contextos vinculados que a realidade diaria non escamotea nas súas varias lóxicas de relacións de poder e mesmo de conflito, atizados incluso polas contradicións de permanencia das vellas (coloniais) representacións identitarias mal resolvidas, mais tamén por causa dos enfrontamentos poscoloniais das memorias individuais e co-lectivas latentes á imaxe reminiscente do antigo colonizador e do antigo colonizado. Polo tanto, semella loable considerar que as diversas faces que a realidade gaña en función das diferentes lóxicas a través das que cada individuo constrúe, no seu día a día, as súas relacións tanto afectivas como conflitivas, non son mediadas pola retóri-ca dos afectos que o discurso da lusofonía imparte. Por este motivo, cómpre realizar unha radiografía da realidade diaria para poder diagnosticar as contradicións entre a forza retórica da lusofonía (no centro discursivo que a divulga) e a fraqueza da súa inscripción (nas marxes subalternas) onde os varios mitos se sobrepoñen.

2. “Retrato de familia” nunha casa mítica común

“Herdamos un patrimonio de civilización de gran valor: patrimonio de saber, de sentimentos, de bens, de solidariedade, de lembranzas comúns”(6).

Directa ou indirectamente, o debate en volta da lusofonía ven sempre a ex-humar a orixe de tendencia cultural e “espiritual” onde se asenta unha parte do seu

(5) CATROGA, Fernando. Memória, História e Historiografia. 1ª Edición. Coimbra: Quarteto Editora, 2001, p.26.(6) Boletim Geral das Colónias, nº.106, Ano X, Abril, 1934, p.82.

A lusofonía como espellismo dunha casa miticamente común / Víctor Barros

Page 6: A lusofonía como espellismo dunha casa miticamente común · A Nau de Ícaro seguido de Imagem e Miragem da Lusofonia. 3ª Edición. Lisboa: Gradiva, 2004, p.179. As palabras en

Tempo Exterior / 19 (segunda etapa) - xullo/decembro 200912

ideario. Se resultan xa evidentes os esforzos orientados cara o establecemento efec-tivo dun espazo de conciliación coñecido como Comunidade de Países de Lingua Portuguesa (CPLP), porén, non podemos coidar que o discurso sobre a lusofonía se esgota na concepción institucional desa organización de tendencia esencialmente política e diplomática. Partindo do estudo crítico sobre o xeito como os discursos sobre a idea dunha comunidade lusófona póusanse consciente e inconscientemente na glorificación dos mitos portugueses que sempre exaltaron a grandeza de Portugal e a lexitimación da propia noción de imperio, podemos logo subliñar que algunhas das formas celebradoras da lusofonía non se dan librado dos efectos que a persist-encia dos devanditos mitos seguen tendo na colonización do imaxinario portugués, concibido como espazo excepcional para a enunciación do propio discurso sobre a lusofonía. Dunha banda, cómpre non perder de vista o peso que ven gañando xa dende finais do século XIX a idea de imperio e a súa incorporación na identidade nacional portuguesa. Esta concepción é entendida baixo o aforismo de que “Portugal cumpra” coa súa tradición atlántica de manter o entón imperio encarnado en África que, a xulgar por moitos, representaba o futuro indisociable da nacionalidade por-tuguesa, tal como é sinalado por Maria Manuela T. Ribeiro(7); doutra banda, non é menos certo que o mito do imperio como destino de Portugal foi tamén sacralizado polo Estado Novo e convertido en “soporte dos discursos lexitimadores do ultramar como “misión” nacional”(8). Deste xeito, é preciso non desbotar a maneira coa que o mito do imperio permaneceu ligado e incorporado na identidade nacional portu-guesa, polo menos oficialmente ata o seu esmorecemento definitivo en 1974. Así, na reactualización da nova versión da identidade nacional, o discurso sobre a lusofonía elabora unha nova visión e unha nova imaxe a partir do traballo de revisión da me-moria do pasado colonial e imperial de Portugal, xa que a tentativa de establece-mento da ponte dos afectos pasou pola renovación da imaxe da patria que fomos, mediante a sobrevaloración das herdanzas culturais, entre elas a lingua, legadas por Portugal nas diferentes partes da súa peregrina misión “civilizadora”. A “invención” da lusofonía, daquela, renovaría a imaxe nacional a través da glorificación do legado da lingua, agora elevada a elemento común e reunificador, reencaixotando Portugal consigo mesmo e co seu presente, un presente “reducido de súpeto á estreita faixa atlántica”(9), e cun posible futuro a construír a través da xeografía imaxinaria que a lingua propicia.

Ademais do mito do imperio, o retrato da lusofonía aliméntase tamén doutro mito dominado pola especificidade (excepción) do colonialismo portugués: neste contexto, o legado da lingua non se encadra como parte integrante da imprevisibili-

(7) RIBEIRO, Maria Manuela Tavares. "Portugal Entre o Passado e o Futuro. Reencontro da Tradição Atlântica”. Separata de EL DIA DESPUÉS. España y sus ex-colonias trás el Desastre del 98. Madrid, 1998, p.259.

(8) ROSAS, Fernando. "Estado Novo, Império e Ideologia Imperial”. Revista de História das Ideias, Vol.17, Coimbra, 1995, p.20.

(9) LOURENÇO, Eduardo. O Labirinto da Saudade. Psicanálise Mítica do Destino Português. 5ª Edición. Lisboa: Gradiva, 2007, p.49.

A lusofonía como espellismo dunha casa miticamente común / Víctor Barros

Page 7: A lusofonía como espellismo dunha casa miticamente común · A Nau de Ícaro seguido de Imagem e Miragem da Lusofonia. 3ª Edición. Lisboa: Gradiva, 2004, p.179. As palabras en

Tempo Exterior / 19 (segunda etapa) - xullo/decembro 2009 13

dade que caracteriza a “traxedia” da corrupción e do acaso dos procesos históricos, senón como resultado cultural herdado do humanismo universalista portugués lega-do nos diferentes espazos da lingua oficial portuguesa. Por este motivo, a narrativa que chanta a forza da persistencia da lingua portuguesa nos antigos espazos do vello imperio portugués non valora igualmente as influencias socioculturais que, de xeito recíproco, eses mesmos espazos tiveron na moldaxe da lingua portuguesa. Sendo así, unha narrativa unidireccional acaba por achegar condicións que sacralizan o mesia-nismo da obra colonial (visible no eloxio da difusión da lingua) e para a imaxinación deses espazos como simples ampliacións da sobrevaloración da historia colonial da vella metrópole a través da persistencia, neses mesmos espazos, das pegadas deixa-das polos artífices do imperio. Isto é, consciente ou inconscientemente, unha narra-tiva unidireccional acaba sempre por remitir a unha posición de subalternidade as reciprocidades inertes ás relacións seculares de dominación que a hexemonía mesma do discurso colonial acaba por disfrazar, en prol dunha narrativa que sacraliza a her-danza da vella metrópole.

Neste sentido, agóchase tamén o mito dun “mundo portugués”, xunto con todas as súas adicionais representacións luso-tropicalistas do “mundo que o portu-gués creou”, onde cumpría a posibilidade de identificar os valores e as herdanzas lusas que permitían o agrupamento uniforme dos diversos espazos nun único bloque cultural. Tanto no senso común coma nos espazos formais/oficiais de enunciación discursiva, maniféstanse as reminiscencias da ideoloxía luso-tropicalista na estrutu-ración da memoria colonial de Portugal, con todas as súas persistencias e desdobra-mentos poscoloniais que gaña coa celebración apoteótica e acrítica da lusofonía(10). Na maraña de representacións exaltadas e embalsamadas polo luso-tropicalismo tamén se poden identificar máis dous mitos relacionados: primeiro, o da “vocación” colonial portuguesa, que amosa unha especial propensión a establecer relacións de cordialidade e de afectividade cos pobos non europeos; segundo, o mito da univer-salidade dos valores ligados ao proceso “civilizador” e colonial portugués: “a ac-tuación portuguesa tiña por obxectivo transmitir os valores universais aos pobos autóctonos”(11). Ademais de disimular os enfrontamentos que trazan as relacións de poder en contextos de dominación colonial, a perspectiva do primeiro mito acaba sempre por gañar, consciente ou inconscientemente, versións metamorfoseadas en formatos ás veces paternalistas na memoria das relacións (pasado/presente) dos por-tugueses cos pobos das súas antigas colonias. A partir do mito da universalidade dos

(10) Nas antípodas desas abordaxes acríticas véxase entre outros: MARGARIDO, Alfredo. A Lusofonia e os Lusófonos: Novos Mitos Portugueses. 1ª Edición. Lisboa: Edições Universitárias Lusófonas, 2000; ALMEIDA, Miguel Vale de. Um Mar da Cor da Terra. Raça, Cultura e Política da Identidade. 1ª Edición. Oeiras: Celta Editora, 2000, pp.161.225; THOMAZ, Omar R. “Tigres de Papel: Gilberto Freyre, Portugal e os países africanos de língua oficial portuguesa”. In: BASTOS, C. et al. (Coord.). Trânsitos Coloniais: diálogos críticos luso-brasileiros. Lisboa: Imprenta de Ciencias Sociais, 2002, pp.39-63; CASTELO, Cláudia. “O Luso-tropicalismo, um mito persistente”. Le Monde diplomatique, nº.5, (Edición portuguesa), Marzo, 2007; LANÇA, Marta. “A lusofonia é uma bolha”. Jogos sem Fronteiras, número cero, Xullo, 2008, pp.42-65.

(11) ALEXANDRE, Valentim. Origens do Colonialismo Português Moderno. 1ª Edición. Lisboa: Sá da Costa Editora, 1979, p.7.

A lusofonía como espellismo dunha casa miticamente común / Víctor Barros

Page 8: A lusofonía como espellismo dunha casa miticamente común · A Nau de Ícaro seguido de Imagem e Miragem da Lusofonia. 3ª Edición. Lisboa: Gradiva, 2004, p.179. As palabras en

Tempo Exterior / 19 (segunda etapa) - xullo/decembro 200914

valores portugueses (entre eles a lingua) espallados polos espazos do vello imperio, o discurso sobre a lusofonía deléitase no soño de rescatar a imaxe histórica de Portugal na difusión “humanista” do seu patrimonio cultural – a lingua – e teima en exaltar as afectividades entre os espazos dispersos que a lingua une empurrado pola aparente idea de posesión dunha “historia común”. No entanto, a tan espallada idea dunha “historia común” non debe situarse á marxe dunha análise crítica, especialmente cando consideramos que a centralidade da memoria do lugar (histórico) Portugal na esfera lusófona non é concibida na mesma proporción que a memoria dos lugares que ocuparan e aínda ocupan os restantes países deste espazo lusófono.

Outro mito non menos presente nos propósitos aparentemente confesos da lusofonía maniféstase baixo a forma dun certo mesianismo que xustifica a necesi-dade de que Portugal continúe a sinalar o seu lugar no mundo. Neste caso, a luso-fonía constituiría o xeito co que Portugal, como sede privilexiada da esfera lusófona, afiánzase no eixo central desta xeografía imaxinaria a través do cal se podería in-tervir nas relacións de aproximación entre os países lusófonos e os outros países do resto de Europa. Semella que a lusofonía se trata dunha das razóns polas que Por-tugal continúa a manifestar o importante papel que xoga en canto á anexión destes espazos na súa órbita e, xa que logo, conquistar algún recoñecemento exterior en beneficio desa posición hexemónica que ostenta na unificación e organización do espazo lusófono: así explícase a súa necesidade de continuar a sinalar o seu lugar no mundo. O que non deixa de sorprender é o feito de que a materialización deste mesianismo portugués continua a depender da necesidade de segurar os espazos do antigo imperio (hoxe países independentes) para que Portugal afirme (novamente) o seu papel/lugar no mundo, agora no contexto da lusofonía. Tal e como asegura Alfredo Margarido, “a creación da lusofonía, tanto se falamos da lingua, como do espazo, non pode ser afastada dunha certa carga mesiánica, que busca asegurar aos portugueses inquedos un futuro, en todo caso, algo que pode xustificar ou non a de-fensa da lusofonía”(12). Todo, co propósito de seguir alimentando unha imaxe idílica do mito do (excepcional) modelo portugués de estar no mundo.

Semella que a lusofonía non se esgota no uso común da lingua, senón en todas as súas extensións e modalidades (culturais, económicas, políticas, científicas, institucionais etc) que o diálogo a través da lingua posibilita, facilita e proporciona(13). Cómpre engadir que son varias as actuacións que tentan dar un sentido festivo á lusofonía hoxe en día. Porén, parte destas actuacións actuais como, valga de exem-plo, os designados xogos da lusofonía, non constitúen unha aspiración orixinal da contemporánea poscolonial portuguesa. Resultan orixinais en canto aos motivos de celebración daquilo que se propón para designar a lusofonía. Sen embargo, cando se recoñecen como motivos ou eventos celebradores que procuran, baixo o discurso da afectividade entre pobos do espazo lusófono, producir novas formas de consenso e de

(12) MARGARIDO, Alfredo. Ob. cit., p.12.(13) "Lusofonia”. In: CRISTÓVÃO, Fernando (Dir. e Coord.) et al. Dicionário Temático da Lusofonia. 1ª Edición. Lisboa:

Texto Editores, 2005, p.654.

A lusofonía como espellismo dunha casa miticamente común / Víctor Barros

Page 9: A lusofonía como espellismo dunha casa miticamente común · A Nau de Ícaro seguido de Imagem e Miragem da Lusofonia. 3ª Edición. Lisboa: Gradiva, 2004, p.179. As palabras en

Tempo Exterior / 19 (segunda etapa) - xullo/decembro 2009 15

concepción dunha comunidade, os xogos da lusofonía actualizan, en parte, a versión da memoria do Estado Novo que difundía a necesidade da organización periódica dos Jogos Imperiais Portugueses, como intercambio deportivo entre a metrópole e as colonias naquel tempo, e como “factor esencial de portuguesismo, dando a este termo o sentido da creación dun espírito nacional idéntico para todos os cidadáns portugueses espallados nos diversos territorios de dominio lusitano”(14). Somos con-scientes de que a contemporaneidade que marca os citados xogos da lusofonía ou a celebración da semana da lusofonía non concordan cos fins patrióticos que alimen-taran en parte o nacionalismo patriótico do Estado Novo salazarista, cuxo soño de realización dos Jogos do Mundo Português semellaba unha posibilidade de revel-ación do estímulo que nestas competicións físicas agregaba simbolicamente “nunha soa alma, nun só nome, nun só nobre estímulo, calquera que sexan as diferenzas de cor, de relixión” a mocidade: esta sería xa que logo a expresión de “continuidade e de solidariedade da alma e do destino nacionais” e, ao mesmo tempo, o “máis cal-oroso testemuño de unión” dos mozos de todos os recunchos de Portugal e do entón mundo portugués(15). Mentres, a nivel crítico podemos, ata certo punto, aceptar certos límites de anacronismo que unha comparación ben fundamentada poderá eventual-mente revelar; doutra banda, semella lexítimo non desbotar o feito de que, á marxe dos diferentes contextos temporais e dos diversos motivos que repousan baixo o es-tablecemento dos xogos como modalidades de celebración dos afectos entre os pobos dos espazos delimitados pola presenza portuguesa, estes rexistros acaban directa e indirectamente por encaixar na matriz referencial que os abrangue e agrupa como espazos marcados por unha narrativa que as incorpora transversalmente á memoria e á historia de Portugal. Na mesma, incluso cando non se propagan directamente as intencionalidades políticas desas modalidades celebrativas, a convocatoria dos afec-tos a través das cerimonias lúdicas non deixa de imbuír a memoria coa súa función unificadora.

Con todo, podemos considerar que a transparencia relacionada coas fun-cionalidades da memoria subxacentes ás formas de celebración da lusofonía con-stitúe tamén unha temática as máis das veces relegada á periferia dos debates sobre os actos que pretenden xerar formas de consenso e integración de voces discordantes. Os discursos propios dos actos de celebración da lusofonía poden acabar por alimen-tar mitos novos a partir de vellas pantasmas e fantasías que outrora poboaron e colo-nizaron o imaxinario portugués. Por iso, mesmo de xeito lúdico, a través dos xogos e das celebracións das semanas da lusofonía, o mito dunha comunidade lusófona ho-moxénea pode sempre ser alimentado cando as formas discursivas da súa celebración inventan e remiten a unha adhesión emocional (irreflectida) de identificación de to-dos perante a concepción dun sentimento de recoñecemento compartido e concor-

(14) "As colónias, o desporto e o sr. Presidente do Conselho”. Boletim Geral das Colónias, nº.103, Ano X, Xaneiro, 1934, p.112.

(15) Cf. “Jogos Desportivos do Mundo Português”. Boletim Geral do Ultramar, nºs.429-430, Ano XXXVII, Marzo/Abril, 1961, p.216.

A lusofonía como espellismo dunha casa miticamente común / Víctor Barros

Page 10: A lusofonía como espellismo dunha casa miticamente común · A Nau de Ícaro seguido de Imagem e Miragem da Lusofonia. 3ª Edición. Lisboa: Gradiva, 2004, p.179. As palabras en

Tempo Exterior / 19 (segunda etapa) - xullo/decembro 200916

dado. Mesmo cando recoñecemos que estes contextos de identificación emocional ou sentimental tampouco poden desvincularse das formar subxectivas que os diferentes individuos experimentan na descuberta e simultánea redescuberta que un encontro casual poderá fornecer en canto ás posibilidades de se comunicaren(16), por outro lado, non podemos pensar que se trata dunha forma homoxénea de identificación. Así, con todos os afectos que ela congrega, o discurso da lusofonía non pode ser sub-sidiario do mito da cordialidade e moito menos do ansiado “excepcionalismo” que achamos caracteriza a relación de Portugal cos pobos colonizados e que, en certos pronunciamentos, gañan formas discursivas saudosistas baixo a forma de “encontro de culturas”(17), tentando deste xeito alimentar un ansiado sentido de afectividade entre os pobos do universo lusófono.

Así, imponse unha certa vixilancia no arredamento dos vellos mitos en prol do recoñecemento dun discurso renovado que non desbote a tarefa de cues-tionar o pasado, a historia e contidos nos que se inspiran as diferentes memorias dos diferentes países abranguidos na xeografía do mundo lusófono. O soño dunha comunidade lusófona sempre estivo ligado á necesidade de afirmación dunha uni-dade que a partir de Portugal e do Brasil se espallaba polos outros países da esfera lusófona empurrado polas “afinidades sentimentais e culturais que se sobreporían ás cuestións de soberanía”(18). A énfase posta na afectividade e na pertenza a algo común constitúe unha das grandes mañas da imaxinación da propia idea de comu-nidade de pertenza. Se por unha banda esta existe por atopar a propia lingua como a posibilidade de comunicación (no sentido amplo que a noción de comunicación entraña), doutra banda non podemos desbotar a forma coa que este sentimento non se revela de maneira unívoca entre os membros da cobizada comunidade. Se cadra un dos mitos contemporáneos da lusofonía (e dos vellos mitos que ela arrastra) sexa a idea de que a persistencia das antigas afinidades sentimentais e culturais conseguen superar as cuestións de soberanía. En última análise, sempre resta unha dúbida: en que medida a tentativa de consolidación política da Comunidade dos Países de Lin-gua Oficial Portuguesa (CPLP) se revela tan real como para sobrepor as afinidades sentimentais e culturais ás cuestións de soberanía? Non se pode rexeitar a análise da historia e das formas discursivas que os usos da memoria implican no dominio desta temática. A tan propaganda idea dunha “historia común”, “sentimento común”, “memoria compartida”, “afinidades culturais”, etc, non debe situarse, daquela, á marxe dun cuestionamento crítico, tendo en conta as desigualdades de apropiación, de lembranza/celebración/rememoración, como tampouco os esquecementos (inten-cionados e non intencionados) dalgúns contidos desa mesma historia que se proclama

(16) Véxase por exemplo: SEIXAS, Eunice C. do N. C. “Discursos Pós-Coloniais sobre a Lusofonia: Comparando Agua-lusa e Saramago”. Cronos, nº.1, v.8, Natal-RN, Xan./Xuñ., 2007, pp.131-155.

(17) Cf. ALMEIDA, Miguel V. de. “O regresso do luso-tropicalismo – nostalgias em tempos pós-coloniais”. In: Essas outras histórias que há para contar. Colóquio internacional – “Em tempo de Expo há outras histórias para contar”. Lisboa: Edições Salamandra, 1998, p.237.

(18) PINTO, José F. Do Império Colonial à Comunidade dos Países de Língua Portuguesa: Continuidades e Descontinui-dades. Lisboa: Ministério dos Negócios Estrangeiros. Instituto Diplomático, 2005, p.307.

A lusofonía como espellismo dunha casa miticamente común / Víctor Barros

Page 11: A lusofonía como espellismo dunha casa miticamente común · A Nau de Ícaro seguido de Imagem e Miragem da Lusofonia. 3ª Edición. Lisboa: Gradiva, 2004, p.179. As palabras en

Tempo Exterior / 19 (segunda etapa) - xullo/decembro 2009 17

como común. Debemos ter sempre en conta que a aparente positividade subxacente á idea dunha “historia común” simplifica e supera as relacións de desigualdade que vén marcando os contextos de superioridade hexemónica do colonizador e de infe-rioridade subalterna que se lle atribúe ao colonizado. Na mesma, non deixa de ser curiosa a forma coa que, en nome da retórica dunha “historia común” ou de afini-dades sentimentais e culturais, o antigo colonizado convértese, baixo un punto de vista discursivo, no interlocutor directo e, en principio, ao mesmo nivel nunha rel-ación xacando desnivelada en todas as súas modalidades prácticas e simbólicas. Así, xorde unha nova cuestión: que é o que torna esa “historia común” senón as memorias das formas desniveladas de relacións de poder e das violacións reais e simbólicas nos contextos de dominación/colonización? Non hai dúbida de que esta cuestión, ata certo punto, condiciona e influencia a forma coa que os diferentes interlocutores do espazo lusófono incorporan a representación e a imaxe da lusofonía como parte in-tegrante da propia identidade nacional dos seus países. Isto é, destaca o límite da de-ficiente incorporación e aceptación plena da idea dunha identidade lusófona común, en detrimento da forza que as memorias e as historias pos-independentistas de cada un dos países lusófonos exercen na cristalización dos mitos que dan sentido ás súas propias identidades e representacións nacionais. Este feito, ademais de certificar a problemática da sobreposición das memorias e dos lugares (principais ou secunda-rios) que as referencias ocupan nas narrativas identitarias, confirma tamén a diferen-cia de investimento que a representación e a incorporación identitaria da lusofonía gaña en función dos países. Segundo os apuntamentos críticos de Eduardo Lourenço, “ningún outro pobo lusófono teima tanto coma nós [portugueses], na visión que a lusofonía provoca e, moito menos, nas pantasmas non moi antigas que a incluían na esfera lusíada”(19). Ademais, non podemos perder de vista a forma coa que a rep-resentación da lusofonía tamén se entrecruza con outras memorias susceptibles de dispor dunha historia común vista ao nivel da resistencia anticolonial. Por iso, se ben que non posúe actualmente a mesma forza coa que se manifestou no contexto colo-nial, non podemos desprezar a importancia da memoria da resistencia anticolonial como referencia a partir da cal as antigas colonias africanas se recoñecían e se repre-sentaban solidariamente, mesmo no período pos-independentista como un conxunto homoxéneo na loita contra o colonialismo e pola consolidación das independencias.

3. Consideracións finais

Cando o discurso celebrador da lusofonía se cingue á idea simplista da retórica dos afectos, das afinidades sentimentais e culturais, facendo medrar unha adhesión de carácter emocional de todos perante a idea de representación dunha uni-dade, resta sempre desenlear aquilo que esta mesma retórica agocha e altera nesta

(19) LOURENÇO, Eduardo. Ob. cit., 2004, p.180. En itálico no orixinal.

A lusofonía como espellismo dunha casa miticamente común / Víctor Barros

Page 12: A lusofonía como espellismo dunha casa miticamente común · A Nau de Ícaro seguido de Imagem e Miragem da Lusofonia. 3ª Edición. Lisboa: Gradiva, 2004, p.179. As palabras en

Tempo Exterior / 19 (segunda etapa) - xullo/decembro 200918

cauta selección dos discursos dos afectos convocados por referencia á lembranza daquilo que se considera memorable e subsecuente esquecemento de contidos non dignos de rememoración. Ante esta pluralidade de memorias e historias de cada un dos países lusófonos, a uniformidade e mais a direccionalidade do discurso da luso-fonía disfraza unha parte substancial dos conflictos inerentes á temporalidade das relacións aseguradas pola hexemonía colonial. Sendo así, cando a dualidade lem-branza/ esquecemento limítase á convocación simplista dos afectos como sinal de ausencia de conflitos, a lusofonía permanece sempre libre de contidos problemáticos que lle dan un sentido exclusivamente celebratorio. É por iso que resulta necesario que o pasado sexa revisado de xeito máis crítico e menos celebratorio(20), sempre que “cada acto de lembranza constitúe, basicamente, un requintado ensaio de esquece-mento dos “actos de violencia” material e simbólica incuestionablemente relacio-nados co “modo portugués de ver o mundo””(21). Así, máis alá do que tentar validar a idea de participar nun sentimento común entre os portugueses e aqueles que son obxecto da súa expansión colonial(22), cómpre contextualizar as historias e as memo-rias a partir das que os diferentes países lusófonos reescreben as súas narrativas e establecen as súas representacións identiarias nacionais e nacionalistas. O discurso da lusofonía non debe só cinguirse a unha selección e celebración selectiva do pasado e da historia, senón pasar, así mesmo, polo recoñecemento das diferentes memorias e dos diferentes tipos de percepción dunha historia (que se acha común/compartida) e que gañan versións e ollares distintos de acordo co punto de vista lusófono desde o que se lanza ese ollar. De certo, este recoñecemento poderá facilitar o afastamento de certos mitos e pantasmas que aínda hoxe dan vida á narrativa hexemónica da propia lusofonía e demora o propio proceso catártico das memorias onde pousan estes mitos. Neste caso “interesa lidar con subxectividades e particularidades, con-textualizando a orixe destas relacións, e non con conxuntos abstractos de países que, ademais da lingua e dos episodios históricos, non se recoñecen neste fermoso retrato de familia”(23) que converte a lusofonía nunha especie de casa mítica común.

Víctor Barros. Bolseiro da Fundación Calouste Gulbenkian no Programa de Doutoramento em Altos Estudos Contemporâneos (História Contemporânea e

Estudos Internacionais Comparativos) na Facultade de Letras da Universidade de Coimbra e investigador do Centro de Estudos Interdisciplinares do Século XX,

Universidade de Coimbra – CEIS20.

(20) Cf. LANÇA, Marta. Art. cit., p.46.(21) JERÓNIMO, Miguel B. “As marcas de Portugal: ensaios sobre o esquecimento”. Dossiê Os usos da memória. Le

Monde diplomatique, nº.35 (Edición portuguesa), II Serie, Setembro, 2009. Véxase tamén os restantes artigos do mesmo Dossiê, todos interesantes pola pertinencia coa que abordan a problemática dos usos da memória.

(22) THOMAZ, Omar R. Art. cit., p.57. Véxase tamén: VENÂNCIO, José C. Colonialismo, Antropologia e Lusofonia. Repensando a presença portuguesa nos trópicos. Lisboa: Vega, 1996.

(23) LANÇA, Marta. Art. cit., p.63.

A lusofonía como espellismo dunha casa miticamente común / Víctor Barros

Page 13: A lusofonía como espellismo dunha casa miticamente común · A Nau de Ícaro seguido de Imagem e Miragem da Lusofonia. 3ª Edición. Lisboa: Gradiva, 2004, p.179. As palabras en

Tempo Exterior / 19 (segunda etapa) - xullo/decembro 2009 19

Referencias bibliográficas

ALEXANDRE, Valentim. Origens do Colonialismo Português Moderno. 1ª Edición. Lisboa: Sá da Costa Editora, 1979.

ALEXANDRE, Valentim. Velho Brasil Novas Áfricas. Portugal e o Império (1808-1975). Porto: Edições Afrontamento, 2000.

ALMEIDA, Miguel V. de. “O regresso do luso-tropicalismo – nostalgias em tempos pós-coloniais”. In: Essas outras histórias que há para contar. Colóquio internacional – “Em tempo de Expo há outras histórias para contar”. Lisboa: Edições Salamandra, 1998, pp.236-243.

ALMEIDA, Miguel Vale de. Um Mar da Cor da Terra. Raça, Cultura e Política da Identidade. 1ª Edición. Oeiras: Celta Editora, 2000.

Boletim Geral das Colónias, nº.81, Ano VIII, Marzo, 1932.Boletim Geral das Colónias, nº.103, Ano X, Xaneiro, 1934.Boletim Geral das Colónias, nº.106, Ano X, Abril, 1934.Boletim Geral do Ultramar, nºs.429-430, Ano XXXVII, Marzo/Abril, 1961.CASTELO, Cláudia. “O Modo Português de Estar no Mundo”: O luso-tropicalismo e

a ideologia colonial portuguesa (1933-1961). Porto: Edições Afrontamento, 1998.CASTELO, Cláudia. “O Luso-tropicalismo, um mito persistente”. Le Monde

diplomatique, nº.5, (Edición portuguesa), Marzo, 2007.CATROGA, Fernando. Memória, História e Historiografia. 1ª Edición. Coimbra:

Quarteto Editora, 2001.CURTO, Diogo Ramada. “A memória dos descobrimentos, da expansão e do império

colonial”. Dossiê Os usos da memória. Le Monde diplomatique, nº.35 (Edición portuguesa), II Serie, Setembro, 2009.

CRISTÓVÃO, Fernando (Dir. e Coord.) et al. Dicionário Temático da Lusofonia. 1ª Edición. Lisboa: Texto Editores, 2005.

DOMINGOS, Nuno. “Memória nacional e cultura mediática”. Dossiê Os usos da memória. Le Monde diplomatique, nº.35 (Edición portuguesa), II Serie, Setembro, 2009.

FREYRE, Gilberto Freyre. O Mundo que o Português Criou. 2ª Ed. Lisboa: Edición “Livros do Brasil”, 1940.

FREYRE, Gilberto Freyre. Casa Grande e Senzala. Lisboa: Edición “Livros do Brasil”, 2003.

JERÓNIMO, Miguel B. “As marcas de Portugal: ensaios sobre o esquecimento”. Dossiê Os usos da memória. Le Monde diplomatique, nº.35 (Edición portuguesa), II Serie, Setembro, 2009.

LANÇA, Marta. “A lusofonia é uma bolha”. Jogos sem Fronteiras, número cero, Xullo, 2008, pp.42-65.

LISBOA, João Luís. “10 notas sobre os conflitos no tempo”. Dossiê Os usos da memória. Le Monde diplomatique, nº.35 (Edición portuguesa), II Serie, Setembro, 2009.

A lusofonía como espellismo dunha casa miticamente común / Víctor Barros

Page 14: A lusofonía como espellismo dunha casa miticamente común · A Nau de Ícaro seguido de Imagem e Miragem da Lusofonia. 3ª Edición. Lisboa: Gradiva, 2004, p.179. As palabras en

Tempo Exterior / 19 (segunda etapa) - xullo/decembro 200920

LOURENÇO, Eduardo. A Nau de Ícaro seguido de Imagem e Miragem da Lusofonia. 3ª Edición. Lisboa: Gradiva, 2004.

LOURENÇO, Eduardo. O Labirinto da Saudade. Psicanálise Mítica do Destino Português. 5ª Edición. Lisboa: Gradiva, 2007.

MARGARIDO, Alfredo. A Lusofonia e os Lusófonos: Novos Mitos Portugueses. 1ª Edición. Lisboa: Edições Universitárias Lusófonas, 2000.

MATA, Inocência. “Estranhos em permanência: a negociação da identidade portuguesa na pós-colonialidade”. In: SANCHES, Maria R. (Org.). Portugal não é um país pequeno. Contar o império na pós-colonialidade. Lisboa: Cotovia, 2006, pp.285-315.

MATOS, Sérgio Campos. “História e identidade nacional. A formação de Portugal na historiografia contemporânea”. Lusotopie. Paris: Karthala, 2002, pp.123-139.

MOTA, Guilherme C. “Democracia e Desigualdades Sociais: em busca de uma memória comum”. Revista Crítica de Ciências Sociais, nº.32, Xuño, 1991, pp.35-56.

NEVES, Fernando S. Para uma Crítica da Razão Lusófona: Onze teses sobre a CPLP e a Lusofonia. 1ª Ed. Lisboa: Edições Universitárias Lusófonas, 2000.

PADILHA, Laura C. “Da construção identitária a uma trama de diferenças – Um olhar sobre as literaturas de língua portuguesa”. Revista Crítica de Ciências Sociais, nº.73, Decembro, 2005, pp.3-28.

PEREIRA, Luena N. N. “Diversidade Linguística e Identidade Nacional: Investigando afirmações alternativas de nacionalidade em Angola em cultos religiosos”. In: SILVA, Teresa C. et al. (Orgs.). ‘Lusofonia’ em África. História, Democracia e Integração Africana. Dakar, Senegal: Conselho para o Desenvolvimento da Investigação em Ciências Sociais em África, 2005, pp.121-142.

PÉREZ, Michel. “Les enjeux de la lusophonie. Le portugais, langue de communication internationale”. Lusotopie. Paris: Éditions Karthala, 2000, pp.610-620.

PINTO, José F. Do Império Colonial à Comunidade dos Países de Língua Portuguesa: Continuidades e Descontinuidades. Lisboa: Ministério dos Negócios Estrangeiros. Instituto Diplomático, 2005.

RIBEIRO, Margarida Calafate. Uma História de Regressos: Império, Guerra e Pós-colonialismo. Porto: Edições Afrontamento, 2004.

RIBEIRO, Maria Manuela Tavares. “Portugal Entre o Passado e o Futuro. Reencontro da Tradição Atlântica”. Separata de EL DIA DESPUÉS. España y sus ex-colonias trás el Desastre del 98. Madrid, 1998, pp.257-290.

ROSAS, Fernando. “Estado Novo, Império e Ideologia Imperial”. Revista de História das Ideias, Vol.17, Coimbra, 1995.

SEIXAS, Eunice C. do N. C. “Discursos Pós-Coloniais sobre a Lusofonia: Comparando Agualusa e Saramago”. Cronos, nº.1, v.8, Natal-RN, Xan./Xuñ., 2007, pp.131-155.

A lusofonía como espellismo dunha casa miticamente común / Víctor Barros

Page 15: A lusofonía como espellismo dunha casa miticamente común · A Nau de Ícaro seguido de Imagem e Miragem da Lusofonia. 3ª Edición. Lisboa: Gradiva, 2004, p.179. As palabras en

Tempo Exterior / 19 (segunda etapa) - xullo/decembro 2009 21

THOMAZ, Omar R. “Tigres de Papel: Gilberto Freyre, Portugal e os países africanos de língua oficial portuguesa”. In: BASTOS, C. et al. (Coord.). Trânsitos Coloniais: diálogos críticos luso-brasileiros. Lisboa: Imprensa de Ciências Sociais, 2002.

TORGAL, Luís Reis. “Muitas Raças, Uma Nação ou o mito de Portugal multirracial na “Europa” do Estado Novo”. Estudos do Século XX, nº.2, Coimbra, Edição CEIS 20, Quarteto Editora, 2002, pp.147-165.

VALENTIM, Joaquim Pires. Identidade e Lusofonia nas Representações Sociais de Portugueses e de Africanos. Dissertação de doutoramento (Psicologia Social). Coimbra: Faculdade de Psicologia e de Ciências da Educação, Universidade de Coimbra, 2003.

VENÂNCIO, José C. Colonialismo, Antropologia e Lusofonia. Repensando a presença portuguesa nos trópicos. Lisboa: Vega, 1996.

A lusofonía como espellismo dunha casa miticamente común / Víctor Barros