a italia fascista

18
A ITALIA FASCISTA

Upload: minguetos

Post on 08-Jul-2015

789 views

Category:

Education


5 download

DESCRIPTION

Terceira presentación.A Italia Fascista.1ºBacHMCDomingos Guedes Santos

TRANSCRIPT

Page 1: A Italia fascista

A ITALIA FASCISTA

Page 2: A Italia fascista

A ITALIA FASCISTA

CRISE DO RÉXIME LIBERAL ITALIANO

- Elevado desemprego

- Inflación moi alta

- Vaga de folgas obreiras: loitaban por aumento dos salarios

e xornada laboral de 8h

- Revoltas das ligas de campesiños pobres: esixían a

división dos latifundios e a repartición das terras

- 1919-20: folgas estendéronse e deron lugar a ocupacións

de fábricas e de terras

- Crise do sistema de monarquía liberal e parlamentaria e

dos partidos tradicionais

Page 3: A Italia fascista

A ITALIA FASCISTA

- 1913 implantárase o sufraxio universal masculino: forte crecemento dos partidos de masas (Partido Socialista e Partido Popular, católico)

- PSI dividido entre sector reformista ou moderado e

maximalistas, ou revolucionarios

- 1921: maximalistas fundaron o Partido Comunista Italiano

- indignación dos nacionalistas: Gabriele d'Annunzio (poeta),

xunto cun grupo de arditi (excombatentes), invadiron e

ocuparon Fiume (Rijeka)

Page 4: A Italia fascista

A ITALIA FASCISTA

Benito Mussolini

1914 – editor do xornal do PSI Avanti!

- Expulso do Partido

Socialista Italiano

- Fundou xornal Il Popolo

d'Italia

1919 (marzo) – Fundou os Fasci di Combattimento

Page 5: A Italia fascista

A ITALIA FASCISTA

Page 6: A Italia fascista

A ITALIA FASCISTA

Fasci di Combattimento

- Grupo paramilitar de carácter ultranacionalista

- Identificados polo uniforme: camisa negra e gorro militar

- Grupo moi variado: antigos anarquistas e sindicalistas

revolucionarios, socialistas partidarios da intervención de

Italia na Guerra ligados a Mussolini, ultradereitistas,

nacionalistas e excombatentes das tropas de asalto (arditi)

- Defensores acérrimos das reivindicacións nacionalistas

dentro dun programa socialista revolucionario

Page 7: A Italia fascista

A ITALIA FASCISTA

Accións violentas

Os escuadristas – militantes armados organizados polos xefes locais fascistas. Distinguíanse, tamén, polo uniforme de camisa negra.

Atentaban contra

Sindicatos obreiros, ligas de campesiños, sindicatos católicos,

partidos de esquerda, xornais de

esquerda

provocando

Medo, terror

atracción

simpatía

Page 8: A Italia fascista

A ITALIA FASCISTA

Conseguiron máis apoio popular

Parte das clases medias

Empresarios da gran patronal italiana (Confindustria)

Terratenentes e propietarios campesiños

Complicidade de sectores do exército e da policia

Todos estes grupos viron no movemento fascista un instrumento de “orde” que prometía poñer fin aos conflitos sociais e ao socialismo revolucionario.

Page 9: A Italia fascista

A ITALIA FASCISTA

1921 – Mussolini transformou os fascios no Partido Nacional Fascista (PNF), desprazándose á dereita

- Escuadristas aumentaron as accións violentas

Instrumentos fundamentais para alcanzar o poder

Page 10: A Italia fascista

A ITALIA FASCISTA

Marcha sobre Roma (8 de outubro de 1922)

- miles de camisas negras ocuparon edificios públicos da capital

- Rei Víctor Manuel III rexeitou estado de sitio

- Presionando por personalidades das clases

dominantes, sobre todo do exército, envioulle un

telegrama a Mussolini solicitándolle que formara

goberno

MONARQUÍA E EXÉRCITO ÁBRENLLE CAMIÑO A MUSSOLINI

Page 11: A Italia fascista

A ITALIA FASCISTA

1922-25: goberno de coalición (fascistas+liberais+conservadores+populares católicos)

Conseguiu do parlamento poderes extraordinarios

1924 – nova lei electoral e eleccións: coalición tivo o 64% dos votos

1924: asasinado o deputado e dirixente socialista Matteotti. Este deputado denunciara crimes cometidos polas escuadras fascistas e fraude electoral do PNF.

Fascistas directamente implicados. Para non ter que enfrontarse ao Parlamento, Mussolini asumiu

plenos poderes e silenciou á oposición..

VIRAXE DEFINITIVA CARA A DITADURA

Page 12: A Italia fascista

A ITALIA FASCISTA

1925-26: “LEIS FASCISTÍSIMAS”

incluían

- Creación dun Tribunal de delitos políticos; nova policía política secreta, OVRA (organización de vixilancia e represión do antifascismo); prohibición dos demais partidos políticos e dos sindicatos obreiros; censura de prensa - Poderes ilimitados a Mussolini, só responsable ante o rei; culto da súa personalidade

conduciron

Réxime totalitario de partido único, o PNF

Pola súa banda

Órgano burocrático encargado da

propaganda e do control ideolóxico das

masas

Page 13: A Italia fascista

A ITALIA FASCISTA

Poder real Mussolini (il duce)

Gran Consello Fascista

Apoiado por

1938: abolición da Cámara de Deputados, substituíndoa pola Cámara dos Fascios e das Corporacións

Page 14: A Italia fascista

A ITALIA FASCISTA

Pactos de Letrán (1929)

- fin do litixio entre o Estado Italiano e a Igrexa Católica, resolución da “cuestión romana”, que se arrastraba desde a unificación italiana (1861)

- Recoñeceuse o matrimonio eclesiástico e o catolicismo como única relixión do Estado - Ensino da Relixión Católica obrigatorio- Nacemento do Estado Cidade do Vaticano- O Vaticano recoñeceu o Estado Fascista maila súa capital, Roma

Page 15: A Italia fascista

A ITALIA FASCISTA

O Corporativismo

- Doutrina teórica de consenso entre patróns e traballadores. Control das organizacións sociais (sindicatos e patronal) baixo o principio da colaboración de clases, superando os conflitos sociais

Pacto do Palazzo Vidoni (1925)

- Acordo entre Confindustria (Confederación patronal de Italiana) e a Confederación de Sindicatos Fascistas: mutuo único recoñecemento nas negociacións laborais

Page 16: A Italia fascista

A ITALIA FASCISTA

Lei Rocco (1926)

- Prohibiu todos os partidos e sindicatos, a excepción dos fascistas- En 1934, os sindicatos fascistas foron integrados en 22 corporacións, nas cales tamén estaban representadas as organizacións patronais

Delas saían os delegados que, xuntamente con representantes do Estado e do PNF formaban o CONSELLO NACIONAL DAS CORPORACIÓNS.

Page 17: A Italia fascista

A ITALIA FASCISTA

Economía

Capitalismo de Estado: intervencionismo estatal, forte protección da indústria nacional, política destinada á autarquía económica

1933: creación do IRI (Instituto para a Reconstrución Industrial), destinado a axudar empresas con dificultades comprando as súas accións a través de empresas filiais públicas

Impulsaron grandes obras como unha manifestación da recuperada grandeza italiana: autoestradas, grandes edificios, mellora da rede de ferrocarrís, etc.

Page 18: A Italia fascista

A ITALIA FASCISTA

ESTRITO CONTROL SOCIAL

Opera Nazionale Balilla: obrigatoria para todos os nenos, entre 4 e 14 anos e adolescentes.

Opera Nazionale Dopolavoro: actos e actividades para os adultos fóra da vida laboral

Escolas – profesores debían usar camisa negra

Universidade – profesores debían prestar xuramento de fidelidade ao réxime

Favorecemento dos novos medios de comunicación social: a

radio e o cine.Creación de Cinecittà.

INTENSA LABOR PROPAGANDÍSTICA