a gastronomía dos castros
TRANSCRIPT
A gastronomía dos castrosPor Pablo Medín Carracedo
A alimentación dos castros baseábase na recolección, a gandería e a agricultura.
Introdución
Un dos principais alimentos da época castrexa eran as castañas, coas que elaboraban pan tras trituralas e convertelas en fariña.
As castañas
Igual que coas castañas, as landras tamén servían para elaborar pan tras moelas. Ademais con elas pódese facer gachas, mesturando a fariña con auga.
As landras
Coa chegada da agricultura, popularizouse o cultivo de cereais: trigo, millo miúdo, cebada… Con este ultimo elaboraban cervexa.
Os cereais
A carne obtíñase por medio da gandaría (vacas, porcos, cabras) e da caza (corzos, xabarís). Cociñábana a brasa, cocida con auga ou frita con manteiga de porco.
A carne
A parte da auga e a cervexa (o viño non chegaría ata a época dos romanos) o leite, principalmente de cabra, era outra das bebidas dos castrexos.
O leite
Os legumes mais comúns eran as berzas, as nabizas, os grelos, o repolo e as fabas. Con elas podían elaborar caldo.
Os legumes
Os que vivían preto do mar, tamén se alimentaban de marisco. Os mais comúns eran as lapas, os mexillóns, as ostras … Tamén eran coñecedores da pesca, utilizaban anzois, redes e construían estruturas nos ríos para privarlles o paso aos peixes.
O marisco e o pescado
Instrumentos que utilizaban
Construían muíños con pedras.
Elaboraban recipientes con barro, vimbio e madeira.
Aprenderon a utilizar os metais para elaborar ferramentas como fouces, machados ou coitelos.
Os castrexos adquiriron unha dieta, a partir dos alimentos que obtiñan. Esta dieta foi o resultado de diversos factores (climáticos e xeográficos). Moitos dos pratos mais famosos da gastronomía galega teñen a súa orixe nos castros.
Conclusión