a contar ovellas - grupo anaya · 2008. 1. 31. · no primeiro conto, «a lúa chea», esta é...

8
1 A contar ovellas XERAIS Título: A contar ovellas Autor: Elvira Pérez Ilustrador: Óscar Villán Editorial: Xerais Colección: Merlín Nº páxinas: 64 ISBN: 84-8302-784-4 Idade: De 9 anos en diante

Upload: others

Post on 28-Aug-2020

1 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: A contar ovellas - Grupo Anaya · 2008. 1. 31. · No primeiro conto, «A lúa chea», esta é vista de diferente maneira por cada grupo observador: para os ratos é un queixo, para

1

A contar ovellas

XERAIS

Título: A contar ovellas

Autor: Elvira Pérez

Ilustrador: Óscar Villán

Editorial: Xerais

Colección: Merlín

Nº páxinas: 64

ISBN: 84-8302-784-4

Idade: De 9 anos en diante

Page 2: A contar ovellas - Grupo Anaya · 2008. 1. 31. · No primeiro conto, «A lúa chea», esta é vista de diferente maneira por cada grupo observador: para os ratos é un queixo, para

2

a autoraElvira Pérez

Elvira Pérez, nada en Vigo no ano1962.Dedicada ó ensino, formou parte docolectivo Zigue-Zaque co que publi-cou Patalata.Participou na elaboración dunha uni-dade didáctica que acadou o Premioá Innovación Educativa sobre ostemas transversais.

resumo argumentalXan adora que lle conten contos, quéixase de que non pode durmir sen eles, pero asúa nai está cansa e proponlle que conte ovellas mentres non consiga que lle chegueo sono.A imaxinación do neno non ten cancelas, así ó tempo que conta percibe con todos ossentidos aquelo no que pensa, polo que cando conta ovellas xa estas lle lamben a cara,cando conta lambetadas ponse maliño, e ha de descontar para que poida desapareceraquelo que primeiro contou. Nestas, decide contar contos… e aparece un ser miste-rioso que lle cumprirá o desexos contándolle un, dous, tres, catro, cinco, seis e… setecontos. Neste sétimo relato Xan recoñecerá a ese ser fantástico que lle conta historias,e tamén… ¡logrará durmir e espertar ó seu lado!

Page 3: A contar ovellas - Grupo Anaya · 2008. 1. 31. · No primeiro conto, «A lúa chea», esta é vista de diferente maneira por cada grupo observador: para os ratos é un queixo, para

3

ilustraciónÓscar Villán, nado no ano 1972 en Valladolid, pero vive en Ourense dende haitempo.Licenciado en Belas Artes en Pontevedra.Outros libros ilustrados pola súa autoría son O coelliño branco, que foi PremioNacional de Ilustración 1999, A cebra Camila, Mitos de fin de Siglo, Os dous xoroba-dos e A auga está enferma.Pódese considerar característica deste ilustrador unha certa economía de recursos,tanto no debuxo coma na utilización das cores. Así, consegue toda a expresividade daspersonaxes cun mínimo de trazos e toda a información que quere ofrecer con moipoucas figuras ocupando a páxina; por outra banda, as cores acostuman ser planas.A súa é unha sinxelezachea de fondura, quese achega ó lector cunton que lembra odebuxo infantil e pri-mitivo. Colabora nes-ta apreciación o xogode simetrías e decora-tivismo, que se mani-festa na repetición defiguras nalgunha dasilustracións.

Page 4: A contar ovellas - Grupo Anaya · 2008. 1. 31. · No primeiro conto, «A lúa chea», esta é vista de diferente maneira por cada grupo observador: para os ratos é un queixo, para

4

temáticaContarOs contos que escoitamos de nenos e que nos acompañarán sempre. Asrimas e historias que se lles cantan e contan ós pequenos e que son a lite-ratura inicial que reciben. A importancia de aprender a escoitar e a delei-tarse con eses primeiros relatos e a relación que se establece coa nai e pai

contador. A importancia dos contos, coma alimentos, necesarios para medrar e asen-tar o mitolóxico colectivo.

A acción e a contrariaXan conta e posteriormente desconta. En matemáticas esto parecedoado, contar para diante e para atrás, fronte á suma a resta… O cálcu-lo mental ten moito de contar e descontar de un en un, de dous en dous,de tres en tres… ¿Sería posible descontar un conto? Antón Cortizas en A

merla de trapo vai máis alá do verbo descoser que realizan as costureiras e crea o verbo«descortar» polo que aquelo que se cortou volve a aparecer unido.

O poder da imaxinaciónO pequeno conta ovellas e estas fánselle reais ata o punto de que elmesmo aparecerá sobre a herba escoitando as súas mordidas e sentindoas súas lambedelas na cara, cando conta lambetadas sofre un empacho…No conto dous ou dous contos como titulan ese capítulo, Nuno convér-

tese en capitán só con colocarse o gorrete, o seu barco de xoguete faise grande só conpoñer o pé sobre a cuberta e o mar intocable faise navegable cando ve a decisión doneno. Como non todo se pode vivir hai moitas aventuras que se poden imaxinar.Cando o lector entra nunha historia pasa a imaxinar as personaxes e as paisaxes des-critas e se poñemos a varios lectores a comentar como os viu darémonos conta de queesas imaxes dependerán das experiencias vividas, dos coñecementos previos…

Linguaxe poética; dos parecidos ás comparacións, imaxes,metáforas…No primeiro conto, «A lúa chea», esta é vista de diferente maneira porcada grupo observador: para os ratos é un queixo, para as ostras unhaperla, un ovo para as galiñas, unha nai para os vagalumes ou un sol frío

para os lagartos. De aí, desa identificación real en base ó parecido, poden derivarsetodas as figuras literarias que se nos ocorran.

O mundo…… da noite no primeiro conto, do mar no segundo, do amor no terceiro,dos animais no cuarto, das follas e o tempo no quinto, dos contos e desesobxectos mascota ós que viven abrazados os pequenos no sexto e sétimo.

Page 5: A contar ovellas - Grupo Anaya · 2008. 1. 31. · No primeiro conto, «A lúa chea», esta é vista de diferente maneira por cada grupo observador: para os ratos é un queixo, para

5

temáticaO amor visto a través do realismo máxicoÉ un fume o que obriga a Matías a cociñar e a María a petar á porta,saca as ideas das cabezas e lánzaas ó aire para que o outro as vexa…úneos, á fin. Non vale moito a pena loitar contra el, porque vai só, ó seuaire, e lévaos con el.

MimetismoÉ presentado nunha historia de animais que xogan ás agachadas. Oinsecto pao pedíralles ós outros que lle deixaran esconderse con eles,ninguén llo permite e, quedando só, descobre a súa capacidade; con elaaxudará a salvar ós demais no xogo. Mecanismos de defensa dos ani-

mais. Relacións entre eles: simbioses, parasitismo.

O paso inexorable do tempoA folla do quinto conto quere seguir a ser verde para non caer e morrer,a pesar da resistencia seguirá o camiño das irmás; cando por fin se deixeir, sentirá o pracer do tempo actuando sobre ela. Árbores de folla cadu-ca e perenne, as árbores autóctonas e as que proveñen doutros chans; as

follas e os seus cambios ó longo das estacións do ano. Árbores diferentes (coma esafolla) no senso de que teñen flores ou froitos cando non teñen follas (magnolia chinaou de folla caduca, caqui).

Xogos coa formación de palabrasPapacontos, papauntos, papanatas, papaventos, papagaio… no sextoconto. Algo tan árido coma o léxico pode resultar un divertimento.Outros xogos posibles: ¿dobre ou dobrada?

Lugares no mapaNa sétima historia o neno voa subido á almofada e faino por unha xeo-grafía extensa que sería interesante situar nun mapa.

Page 6: A contar ovellas - Grupo Anaya · 2008. 1. 31. · No primeiro conto, «A lúa chea», esta é vista de diferente maneira por cada grupo observador: para os ratos é un queixo, para

6

actividadesDo libro

Enumera as personaxes desta noveliña indo das que consideras de máis importancia ás demenos.¿En canto tempo real a situarías: unha semana, unha hora, un día…?¿Cantos contos consegue, Xan, que lle conten?¿Quen llos conta?¿Por que cres que os capítulos se titulan un conto, dous contos, tres contos…?¿Que soñou o neno a noite na que a lúa desapareceu do ceo?¿Como se desfixo o encantamento do mar das sete ondas?¿Que lles pasa á Sra. María e ó Sr. Matías?¿Como se agachan os animais do cuarto conto?¿De que árbore cres que é a folliña do quinto conto?Despois de ler o sexto conto explica o debuxo que aparece ó principio: un biberón cheo depalabras.¿Por que fala o oso?Di cal dos contos che gusta máis e por que.Agora, fíxate nas ilustracións; tamén seguro que tes unha preferida, di cal e por que.¿Cres que se lemos o libro empezando polo último capítulo estámolo deslendo?

Do que aparece no libro

Podemos facer cálculo mental: contando de tres en tres ata noventa ou descontando, tamén detres en tres, dende noventa. Dende aí todas as variantes son válidas mentres resulten divertidas.Contar-descontar. Coser-descoser. Cortar-descortar. Seguir buscando algúns contrarios reaise inventando outros, destes últimos haberá que explicar ben o seu significado.Traballemos a imaxinación. Pechamos os ollos e imos describindo o que imaxinamos, tal ecomo o facía Xan no seu intento de durmir contando.No primeiro conto vense os parecidos da Lúa chea con diferentes cousas, ata o punto de iden-tificala. Para os ratos é un queixo, para as ostras unha perla, un ovo para as galiñas, unha naipara os vagalumes ou un sol frío para os lagartos. Sería cousa de buscar máis parecidos aínda:un círculo, unha moeda, unha pelota… ¿para quen sería cada unha destas cousas?A continuación, igual que no texto se di A lúa é a perla da ostra da noite ou A lúa é un ovo noseo da noite, nós podemos inventar novas imaxes.Cando a lúa mingua dise que a comeu algún rato ou que a lúa nai parira e o cacho que fal-taba convertérase en pó de luz co que se fan os vagalumes. Inventemos máis posibilidades:estase poñendo a dieta e vai adelgazando, é un globo que perde aire… Continúa.No segundo conto, o neno Nuno chega ó mar intocable cun río de ideas. Define un río deideas e crea outras imaxes con «río»: un río de bicos, un río de bágoas, un río de palabras…Xogando ó teatro. A Nuno chégalle con poñerse un gorrete para converterse en capitán.Podemos probar a colocarnos ou coller determinados obxectos e pasar a actuar coma as per-sonaxes que nos gusten ou aquelas que nos toque representar. Daquela teremos que improvi-

Page 7: A contar ovellas - Grupo Anaya · 2008. 1. 31. · No primeiro conto, «A lúa chea», esta é vista de diferente maneira por cada grupo observador: para os ratos é un queixo, para

7

actividadessar monólogos ou implicar na improvisación a outros ós que faremos entrega de obxectos quelles farán entrar na pel da personaxe.Na páxina 22 aparece o vento amainara, como se quixese calar. Busquemos, entre todos e todas,outras comparacións: como se estivera cansado, como se non quixera espertar ós lectores…¿Como ilustrarías este texto, tamén da páxina 22: Do mar non quedou nin rastro. Bebérao aarea?Nos contos, sobre todo nos de antes, aparecen moito as maldicións. Neste caso unha bruxamaldicira ó mar. ¿Que che gustaría a ti maldicir? Podes facelo buscando frases graciosas etamén feitos simpáticos ¿Inténtao?Na páxina 24 dise que as ondas acariñan os pés. ¡Menos mal que elas o fan porque os pobrespés poucas veces son protagonistas! Probemos a buscar outros casos nos que algo os acaricie,ou lles faga outras cousas. (Exemplo: As mans amasaban os pés masaxeándoos, os cortaúñasrecortaban as caras dos pés, os zapatos eran as casas dos pés…).Busquemos información sobre os peixes voadores. É moi bonita a descrición que se fai delesvoando e facendo un arco da vella cada un coas súas cores. Pero ti tamén poderías debuxalos sal-tando e resplandecendo na noite como se foran de prata entre o escuro, é dicir en branco e negro.No terceiro conto fálase de perder a mirada e os pensamentos que se espallaban todos polo ar e taménde apañar os pensamentos todos, porque non os quería perder. ¿Algunha vez sentiches algo así?Unha tea de fume arrecendente apreixouna polo van e levouna bailando ata a mesma porta doseñor Matías. Probemos a ilustrar este parágrafo, para inspirarte podes observar algún dosdebuxos de Chagall nos que pon a voar ás persoas.Tampouco é tarefa doada a que se vos propón a continuación: ilustrar o momento no que aSra. María e o Sr. Matías cruzaron as miradas e sen querer os pensamentos. Ou este outro noque os pensamentos chocaban coas paredes.No cuarto conto atopámonos co insecto pao, e a través del coa capacidade para mimetizarse.Descubrir qué outros animais a teñen.Hai veces nas que os animais se xuntan e organizan unha especie de sociedades que depen-dendo de como sexan as relacións entre eles podemos chamar parasitismo ou simbioses.Buscar información sobre estas correspondencias e ver en qué casos se producen.Fixémonos na relación entre a cor e o estado de ánimo. Dicimos que a alguén se lle subironas cores pola alegría e tamén que perde a cor polo susto ou o desgusto. Observemos fotos enbranco e negro e fotos a toda cor e opinemos sobre as diferencias que percibimos. Podemostraballar por equipos, realizando uns colaxes en b/n e outros a cor para posteriormente sacarconclusións acerca de se esto nos levou a determinados temas ou non. ¿Que vén sendo a clorofila que sentía a folliña verde latexándolle en cada célula?O penúltimo parágrafo da páxina 40 tamén pode ter unha ilustración orixinal ¿ou non? ¿E oprimeiro e terceiro da páxina 49?Xogar coas palabras pode levarnos a que busquemos todas aquelas que comezan por papacomo papauntos, papanatas, papaventos, papagaio… ¿onde e como buscarías máis?Dise que o trasno era un saco sen fondo cheo de historias, tamén podemos dicir que alguéncome como un saco sen fondo. Anímate a buscar máis frases con saco sen fondo.Situar nun mapa aqueles lugares a onde o leva a almofada de viaxe.

Page 8: A contar ovellas - Grupo Anaya · 2008. 1. 31. · No primeiro conto, «A lúa chea», esta é vista de diferente maneira por cada grupo observador: para os ratos é un queixo, para

8

actividadesDe pequenos, temos obxectos dos que non queremos separarnos, moitas veces son almofadase trapiños, son osos de peluche ou libros que nos levamos á boca. Son, como mascotas senvida. Cada un ha de describir ou levar e mostrar a que lembra.Podemos buscar as palabras difíciles para preguntarlles os significados ós membros do outrogrupo cando fagamos equipos para concursar. Tamén poden servir para esto as preguntas rela-tivas ó libro que aparecen no primeiro apartado.¿Dobre ou dobrado?-dixo Xan. ¿É o mesmo? Sigamos a xogar: ¿cuarto ou catro ou cadrado? ¿Éo mesmo? ¿E catro-carto?No último conto Xan pasa a ser o protagonista, ó mesmo tempo que escoita o conto vese asi mesmo formando parte del, e así descobre quen é o que lle conta contos. Xa esperto, é felizporque a maxia vai continuar, e cada noite haberá ovellas, historias e o que faga falla. Xan ali-méntase de contos, gracias a eles medra. ¿Cres que eso só lle pasa a el ou todos necesitamoshistorias para poder facernos grandes? ¡Falémolo!É o momento de aproveitar e pedirlle a alguén que nos conte un conto. Tamén pode ser aocasión de que cada un ou unha se prepare e lle conte un conto ó grupo.

Doutros libros

Ler un anaco de A merla de trapo no que aparece o verbo descortar.Podemos revisar os que teñamos na biblioteca da autoría do ilustrador.Se este libro nos gustou, e esperemos que así sexa, esperaremos con ansia aqueles outros quevaia publicando a autora. Podemos pasar a ver libros que traten da necesidade dos libros oudas historias (Un tren cargado de misterios de Agustín Fernández Paz), ou simplemente librosnos que se recollan varios contos igual que neste.

Pedidos a:

Comercial Grupo AnayaP o l í g o n o d e B e r g o n d o1ª Travesía - Parcela B115.165 Bergondo (A Coruña)Telf.: 981 795 656 / Fax: 981 795 660

EDICIÓNS XERAIS DE GALICIA

XERAISDoutor Marañón, 12. 36211 VigoApartado Postal 1446. 36200 VigoTeléfonos (986) 21 48 88 - 21 48 80T e l e f a x : ( 9 8 6 ) 2 0 1 3 6 6Correo electrónico: [email protected] t t p : / / w w w . x e r a i s . e s /