a caixa de mÚsica unha proposta didáctica arredor do espectáculo de: “viravolta títeres”

49
Ermitas García Ríos Silvia Picos Lorenzo A CAIXA DE MÚSICA Unha proposta didáctica arredor do espectáculo de: “Viravolta Títeres”

Upload: biblioteca-marioneta

Post on 11-Mar-2016

224 views

Category:

Documents


1 download

DESCRIPTION

Unidade didáctica do espectáculo. Por Ermitas García Ríos

TRANSCRIPT

 

 

Ermitas García Ríos

Silvia Picos Lorenzo

A CAIXA DE MÚSICA Unha proposta didáctica arredor do espectáculo de:

“Viravolta Títeres”

ÍNDICE

A CAIXA DE MÚSICA Páx.2

Unha Proposta didáctica

ICÍA, SALTERIO, CALDERÓN… Páx.4

Achegamento ao vocabulario musical

RECOMPOÑENDO A CAIXA DE MÚSICA Páx.6

Actividades relacionadas coa construción de instrumentos e a produción de son.

PAXAROS E VOLVORETAS Páx.11

Os sons da natureza poden inspirar composicións.

REFERENCIAS NA REDE Páx. 15

ANEXO Fichas 1- 14

2  

A CAIXA DE MÚSICA

Unha proposta didáctica.

¡Que diferenza hai de non ter música a tela! ¡Que baleiro o mundo sen sons! Nuns instantes onde o xogo vai alternado co aburrimento, Icía e Salterio estragan a caixa de música de Calderón, o vello músico que toca na praza. Apesarada, Icía busca o xeito de arranxala. Guiada por unha música especial chega a un lugar escuro e misterioso onde, coa axuda de Zaracruso e Alterego, vai atopando pouco a pouco os diferentes elementos musicais que lle permitirán arranxala. ¡Ollo! Haberá que saber identificalos para recompoñer a caixa de música como é debido.

Neste documento o profesorado de Educación Infantil e Primaria atopará propostas de actividades e recursos para traballar nas aulas coa temática desta orixinal produción da Compañía Viravolta. Preséntase dividida en tres bloques cunha serie de fichas asociadas a cada un deles:

ICÍA, SALTERIO, CALDERÓN… presentando actividades que teñen como finalidade o achegamento dos nenos ao vocabulario musical. Icía, patroa da música, dirixe a procura dos elementos musicais presentes na obra.

RECOMPOÑENDO A CAIXA DE MÚSICA: construír instrumentos sinxelos pode axudar a comprender como se xera o son, as actividades presentadas neste bloque están destinadas a dar aos nenos nocións básicas de organoloxía. Salterio coa súa curiosidade natural experimentará con todo tipo de obxectos, buscando diferentes tipos de son que lle permitan volver a facer soar o organillo.

PAXAROS E BOLBORETAS: na Natureza hai música, podemos xogar a imitala ou, se cadra, podemos aventurarnos a compoñer música inspirándonos nela. Achegamos unha serie de procedementos compositivos para dar unhas sinxelas nocións aos nenos sobre a práctica compositiva. E unha vez que temos a música nada mellor que tocala, !fagamos un concerto interpretado pola orquestra da aula!

Esta proposta conta cunha parte importante de temática musical, mais o que se pretende é que calquera profesor sexa especialista en música ou non, poda contar cuns recursos para traballar estes contidos na aula. O profesorado escollerá as actividades máis axeitadas ao nivel que imparte e comprobará que é doado adaptar a mesma actividade a distintos niveis educativos. Pódese

3  

observar que hai materiais axeitados para preparar a asistencia á función e outros para seren presentados unha vez os nenos a viron.

As referencias de recursos na rede poden resultar de interese para traballar a temática musical cos nenos.

Debuxo: Leandro Lamas

4  

ICÍA, SALTERIO, CALDERÓN…

Este primeiro bloque de actividades estará destinado a promover a investigación na aula. En primeiro lugar propóñense actividades destinadas a preparar a asistencia ao espectáculo. Ademais engadimos outra que invita ao público a prestar máis atención xa que se deberán recoñecer e lembrar os elementos musicais que vaian aparecendo. Na Caixa de Música hai palabras e obxectos que están dun xeito ou doutro relacionados coa música, será entretido ir identificando os.

Pensando no interese que espertan os xogos de pistas no público infantil propóñense a continuación unha serie de actividades relacionadas coa temática musical e con experimentación con medios de investigación. As propostas son abertas, buscando con elas que sirvan de fonte de inspiración ao profesorado que, por suposto, as adaptará ao nivel educativo que imparta.

Os nomes dos tres primeiros protagonistas que aparecen en escena teñen unha relación directa coa música: Estas son as ideas sobre como artellar actividades en torno a cada unha destas personaxes:

Icía a “patroa” dos músicos: Existe a tradición en Europa de recoñecer a santa Icía como patroa dos músicos. Fóra de consideracións relixiosas, que poden resultar interesantes ou non para seren traballadas na escola, existe unha ampla representación iconográfica de Icía arrodeada de instrumentos. Esta actividade consiste na busca de fotos de pinturas sobre Icía en libros ou na rede. Este traballo pode ser realizado por parte dos nenos na biblioteca do centro, ou coa axuda das familias desde a casa. Unha idea sería que cada neno aportase unha fotografía e con todas facer un álbum (pode interesar facelo “viaxeiro” para ser compartido polas familias) ou mesmo unha exposición, con comentarios sobre os atributos musicais que acompañan a Icía en cada representación. Esta actividade é tamén un modo de traballar cos nenos a arte. Achégase modelos de fichas (Fichas nº 1 e 2). (Actividade previa)

¡Os salterios non saltan!: O nome de Salterio corresponde co dun instrumento. Os nenos poden buscar no dicionario o significado deste nome e unha vez o coñezan podemos propoñerlles crear unha base de datos co título de: Instrumentos musicais. A proposta, querendo incentivar o traballo colectivo, pode ser a de que os nenos pinten ou peguen fotos de imaxes de diversos instrumentos nun mural, co obxectivo de que ao velos sexan capaces de recoñecelos. Esta

5  

actividade pódese ampliar animando aos nenos a buscar na rede vídeos dos instrumentos para poder escoitar como sona cada un. (Actividade previa)

¿De que entende Calderón?: Unha proposta similar pódenos inspirar o nome desta personaxe, entramos no tema das grafías da linguaxe musical. Unha vez os nenos coñecen o significado do termo, porque o buscaron no dicionario, enciclopedia… ou outra fonte especializada, podemos aproveitar a ocasión para buscar nomes de signos e expresións musicais e agrupalos por familias: figuras, silencios, tempo, dinámica, articulación… Propoñemos un xogo para practicar co significado das grafías musicais e relacionar as mesmas cos seus efectos sonoros (anexo de fichas: nº 3 á 13). (Actividade previa)

Na procura dos detalles musicais: unha vez foi vista a obra pode ser un bo momento para lembrar as palabras e imaxes musicais que foron aparecendo ao longo da obra. Aportamos fotos de diferentes momentos da función no anexo de fichas: nº 14, 15, 16, e 17. para que sirvan de apoio a esta actividade.

Debuxo: Leandro Lamas

6  

RECOMPOÑENDO A CAIXA DE MÚSICA

En canto calquera cousa vibra temos un son. Existen diferentes maneiras de producir sons e pode ser moi entretido investigar os sons que se poden producir con obxectos cotiáns. As investigacións permiten agrupar os instrumentos en familias segundo o xeito de ser xerada a súa sonoridade. Tratamos neste apartado o concepto de timbre e coñecementos básicos de organoloxía.

¿Como soa o noso corpo?

O inventor de sons ¡Grrrr, shhh, iiiii!: Os seres humanos podemos emitir unha grande variedade de sons diferentes co noso aparato vocal. Os bebés e nenos pequenos xogan moitas veces a experimentar e escoitar. Podemos organizar na aula un “certame de habilidades vocais” con diplomas para todos os participantes na que se valoren especialmente os resultados sonoros máis orixinais, buscando os que sexan diferentes dos habituais na linguaxe oral da lingua/as maternas e no canto. Cada participante pode facer a súa mostra e logo a clase pode colaborar para buscar un nome para ese son (ronquido, asubío, berro, rincho…) e identificar con que partes do aparato fonador se emite o son. Os obxectivos desta actividade son abrir a imaxinación, e os ouvidos e que os nenos sexan capaces de liberarse dos convencionalismos sociais (xa que lles insistimos toda a vida que facer ruídos é de mala educación) e exploren sen complexos as súas posibilidades de emisión vocal. Outro dos obxectivos é que os nenos sexan capaces de identificar os xeitos de produción de son. Anexo de fichas, nº18: Diploma acreditativo de participación no certame. Como actividade complementaria, crearemos cos rapaces unha pequena historia (guiada) que dramatizaremos, acompañando con sons producidos polo aparato fonador. Poderase empregar a narración segundo sexa necesario. Poderemos realizar esta actividade con toda a colectividade ou en pequenos grupos. O mestre deberá ter marcadas as pautas básicas da historia para facilitar e guiar este traballo aos alumnos/as, por exemplo “unha viaxe en tren”.

Este corpo…que ben soa!: Hai infinidade de actividades divertidas para practicar a percusión corporal e outros xeitos de facer sons co corpo. Antes de nada os nenos deben experimentar a facer ruídos ou son co seu corpo: bater palmas, triscar os dedos, palmear diferentes partes do corpo, patear, asubiar, crear ocos coas mans e soprar… Unha proposta moi sinxela para continuar coa actividade pode ser con un xogo de imitación. A clase pode

7  

traballar de xeito colectivo, nunha roda, por exemplo. Cada neno vai propoñendo un patrón rítmico e os demais imítano. Tamén se poden facer dúas rodas concéntricas para traballar por parellas e que unha delas vaia xirando de xeito que con cada exercicio haxa un cambio de parella e que os nenos teñan oportunidade de interactuar con diferentes compañeiros.

Xente hábil: Unha vez experimentamos nós con sons pode ser entretido

descubrir habilidades sonoras de outras persoas. Unha vez máis podemos acceder a través da rede a un buscador de vídeos. Velaí van algunhas propostas de criterios de busca: canto de harmónicos, Namibia bosquimano (para escoitar a linguaxe de clics), beat box, zapateado flamenco, claqué.

¿Como soan as cousas? Ábrese un novo campo de investigación. Todo o que podemos facer vibrar dun xeito ou doutro é susceptible de soar. A seguinte proposta ten como obxectivo que a clase poda experimentar con obxectos cotiáns. O aire pasando a través dun tubo ou nun espazo oco, ou facendo vibrar con el unha lámina, a reacción de certos materiais se son friccionados, ou pulsados, ou percutidos. Para esta actividade a proposta é dun obradoiro de luthería. Algunhas das actividades que se propoñen a continuación dan pé a ser rematadas cun concerto improvisado pola colectividade da aula. Gravar estes concertos e publicalos no blog da biblioteca ou da aula, pode axudar a dar difusión destas actividades. UN INSTRUMENTO PARA CADA ESTACIÓN. Ao longo de cada trimestre pode haber un momento propicio para practicar a construción de instrumentos. Botellófono: No outono unha das actividades tradicionais en Galicia

son a vendima e a elaboración do viño. Se o lugar onde está o colexio non é de tradición vitícola non hai problema, sempre se pode atopar algunha botella baleira na casa, no caixón de vidro para reciclar. Aproveitando botellas baleiras podemos construír un instrumento musical para ser tocado por toda a clase. Cada neno trae da casa unha botella. O primeiro paso será experimentar a botar aire a través do colo da botella como se fose a embocadura dunha frauta de pan, é dicir, adiantando o labio superior e dirixindo o aire para abaixo sen tapar todo o burato. Unha vez dominada a técnica cada neno encherá de líquido a diferentes alturas a súa garrafa e volverá a experimentar. Dispoñendo a clase en semicírculo pode un

8  

dos nenos facer de director sinalando coas mans aos intérpretes que van facer soar cadansúa botella. Os nenos que desexen facer de maestros de orquestra terán a súa oportunidade. Utilizar medios de gravación e difundir os resultados no blog é o mellor xeito de rematar esta actividade.

Harmónica de cristal: O son deste instrumento, incisivo, cortante, xélido é moi apropiado para evocar o inverno. Para esta práctica é preciso contar con, polo menos, un vaso, ou mellor copa, de cristal fino. Mollando un dedo e pasándoo con suavidade pola beira da copa, facendo que vibre, pode conseguirse un son determinado. Se a copa se enche de auga a diferentes alturas irá variando tamén a altura do son. Traballando con nenos medrados aos que non lles resulte perigoso manipular cristais e habendo suficientes copas é bonito facer un instrumento que pode ser tocado en conxunto de xeito similar ao que se fixo co botellófono.

Salterio: A primavera é a estación do rexurdir da vida. O aumento do número de horas de luz solar dá enerxía para aumentar a actividade e dá ánimo de superación. A actividade máis complexa do curso, proporcionando un instrumento con maiores posibilidades sonoras que os anteriores e que pode ser tocado por un só instrumentista é a proposta para o terceiro trimestre.

O salterio é un instrumento de corda que pode ser pulsada ou percutida. Consiste nunha caixa de resonancia de tamaño e forma variable. O número de cordas e a súa distribución tampouco ten por que seguir un plano concreto. Cada neno pode construír o seu propio salterio. Se os nenos son moi pequenos o salterio pode ser compartido por toda a clase e os rapaces poden colaborar nas diferentes fases da súa construción. Os materiais necesarios son unha caixa de madeira para que serva de caixa de resonancia, cáncamos pequenos e/ou cravos, tanza, gomas elásticas e serra de marquetería. A tapa da caixa non debe ser moi grosa para que sexa fácil de labrar nela os deseños dos ouvidos do instrumento.

Antes de se por a construír hai que investigar e deseñar. Buscar na rede imaxes de salterios pode ser un bo comezo. Cada formato de caixa ofrece diferentes posibilidades. Os nenos deberán experimentar primeiro un pouco cun exemplo sinxelo de salterio e comprobar que as cordas soan de xeito diferente dependendo da súa lonxitude e da súa tensión. Deseñar a colocación das cordas na tapa é o paso a seguir. A continuación e en función da colocación das

9  

cordas deben deseñarse os ouvidos, é dicir, os orificios polos que sae o son amplificado. Estes orificios non deben ser moi grandes. Unha vez labrada a tapa (labor para a que pode ser necesario pedir a colaboración das familias) hai que cravala á caixa e poñerlle os cáncamos con coidado seguindo o deseño decidido nun comezo. Logo pódese pasar a atar a tanza ou a goma elástica aos cáncamos de xeito que quede o máis tensa posible. O material do que están feitas as cordas e o seu grosor tamén inflúe nas calidades do son. Unha vez rematado o instrumento é o momento de tocar e experimentar pulsando as cordas ou percutíndoas.

UNHA INMENSA CAIXA DE MÚSICA

A presente produción de Viravolta está baseada nunha idea orixinal propia, na que a protagonista inerte tantas veces mencionada é a propia caixa de música representada polo organillo de Calderón. Se ben non ten vida propia, non por iso é muda. Tan importante é o seu bo funcionamento que a procura dos medios para arranxala se converte no corpo principal da obra.

A Caixa de Música foi ideada nun principio como un paseo por un corredor dun conservatorio dentro do cal a protagonista, Icía, ía atopando ao abrir as portas das distintas aulas unhas sonoridades diferentes a brincar cada unha coas súas propias particularidades. Ao escoitar as pezas musicais que forman parte da función pódese comprobar que foron compostas deliberadamente para ela e que constitúen unha pequena mostra de diferentes ritmos, matices, carácteres, tímbricas, rexistros…

É unha práctica frecuente que, polo menos unha vez ao ano, coincidindo coa chegada da primavera e a apertura do prazo de matrícula para a proba de acceso a grao elemental, os Conservatorios de Música realicen xornadas de portas abertas e/ou outros eventos como concertos didácticos para amosar as especialidades instrumentais que neles se imparten. ¡Esta é unha ocasión que non se debe deixar escapar!

A caixa de música desde dentro: Esta actividade consiste en organizar unha visita do colexio a un conservatorio. Estes centros son normalmente de ámbito comarcal. Sempre ha de haber algún cerca. Non hai máis que poñerse en contacto co centro e preguntar se ofertan a visita ao centro e/ou a posibilidade de asistir a algún concerto didáctico. Seguramente pedindo expresamente que os nenos podan dispoñer dun certo tempo para experimentar probando eles mesmos con instrumentos de verdade se lles ofreza tamén esa posibilidade.

10  

Está é unha actividade moi sinxela de organizar e que seguramente ha causar un grande impacto. Merecerá a pena comprobar como unha imaxe tanto visual como sonora vale máis que mil explicacións. De volta no colexio pode ser interesante reflexionar sobre a experiencia. Achegase un modelo de ficha que pode facilitar esta labor: anexo de fichas: nº 19. Como actividade de reforzo, empregaremos a canción do noso repertorio tradicional “Compañeiro, sei tocare” para repasar algúns dos instrumentos que nos amosaron no conservatorio. Este xogo consistirá nun diálogo entre o solista (que irá cambiando) e o grupo. Ao dicir o nome do instrumento a/o solista acompañarao dunha imitación sonora e xestual que os demais repetirán. Cada vez será máis difícil, posto que haberá que recordar por orde un maior número de instrumentos.

Cada ovella coa súa parella: Unha vez están os alumnos familiarizados cos instrumentos musicais e xa de volta no colexio, é o momento de facer unha actividade de recollida de datos e de repaso. A proposta consiste en clasificar os instrumentos dunha lista en familias atendendo aos diferentes procedementos de produción de son. Anexo de fichas: nº 20 e Caderno de instrumentos musicais.

Debuxo: Luis Iglesias

11  

PAXAROS E BOLBORETAS

¿Cómo soa a Natureza?

Ao longo da historia os seres humanos prestaron moita atención aos sons da Natureza. Moitas son as obras da Música clásica que fan referencia a sons producidos directamente por fenómenos meteorolóxicos, sons producidos por animais, ou desde un punto de vista máis anímico, ao paso das estacións, contraste entre día e noite…

Con diferentes materiais extraídos da Natureza tamén se poden facer instrumentos musicais. Hai relativamente pouco tempo estes instrumentos adoitaban ser os xoguetes máis frecuentes cos que podía contar un neno do rural. Retomar o traballo de investigación no entorno das familias será seguramente unha fonte de sorpresas. Tal vez algún dos avós lembre como se toca a folla de edra, como facer unha gaita dunha cana de centeo ou como facer un asubío.

Buscando luthiers na casa: A proposta consiste en obter información e colaboración das familias. Comprobar que no ámbito familiar existen habilidades agochadas como facer soar unha cana de centeo, construír unha lingüeta simple tipo pallón de gaita, ou un asubío, fai sentir aos nenos unha grande admiración. Criados na cultura do “xoguete elaborado” resulta fascinante para eles ver como un pau ou unha folla traballados con habilidade se converten en versátiles instrumentos musicais. A idea é investigar que instrumentos lles poden facer desde o ámbito familiar e aportar unha serie de datos: materiais necesarios, procedemento de construción, procedemento de manipulación. (Anexo de fichas: nº21)

Traer un exemplo á escola e facer unha exposición dos instrumentos xunto coa correspondente ficha técnica sería moi interesante. Esta actividade pode saír da aula e coa colaboración do Equipo de Dinamización da Lingua Galega, espallarse a toda a escola. Os resultados desta investigación dan un interesante artigo para a revista do centro.

Paxaros e bolboretas. Sons da natureza e do entorno: Aínda que ás veces non se repara niso, é sorprendente descubrir que estamos rodeados de música. Esta actividade consiste en convidar aos nenos a prestar atención aos sons que os arrodean. Pode ser o mar, o río, o trono, o vento, os paxaros ou outros animais… poden ser tamén outros sons do entorno: a máquina rexistradora, as

12  

campás da igrexa, os tons do teléfono móbil… Calquera son merece unha escoita atenta para rematar servindo de fonte de inspiración. Optar por unha curta saída dando un paseo polos arredores da escola dá a oportunidade de escoitar, ir acompañado dunha gravadora permite levar eses sons para a aula, e alí analizalos contando cantas veces sonan, se hai alturas diferentes, se son prolongados ou curtos…Achegase unha táboa que pode axudar a extraer toda a información sobre o son analizado. Anexo de fichas: nº 22. Esta actividade está moi relacionada coa seguinte, dalgún modo serve de preparación da seguinte. Na función A Caixa de Música hai dúas pezas que imitan o canto de paxaros. ¿Sabedes de que paxaros se tratan? ¿A ver que pezas son? Convidando aos nenos a adiviñar de cal se trata animamos a prestar atención e a manter unha escoita activa.

Un zoo agochado na orquestra: Calquera momento ao longo do curso é bo para ficar en silencio, pechar os ollos e escoitar con atención mergullados na música dos grandes compositores. A escoita será activa, o obxectivo é identificar os sons da natureza presentes nas obras. Esta é a proposta de obras de diferentes autores e estilos para traer e evocar na aula paisaxes sonoras: obras con temática mariña…Ondas do mar de Vigo de Martim Codax, La Mer (O mar) de Claude Debussy, Catro interludios mariños (da ópera Peter Grimes) de Benjamin Britten, Vox Balaenae (A voz das baleas) de George Crumb; ou obras con temática de paxaros e outros animais… Réveil des oiseaux (O acordar dos paxaros) e Catalogue d’oiseaux (Catálogo de paxaros) de Olivier Messiaen, La poule (A Galiña) de Jean-Philippe Rameau, Le Carnaval des Animaux (O entroido dos animais) de Camille Saint-Saëns, El cant dels ocells (O canto dos paxaros) de Pau Casals; a lista podería ser máis longa. No apéndice hai un enlace onde se poden atopar máis exemplos. Tras a escoita nada mellor que plasmar as sensacións auditivas sobre o papel, cunha pequena redacción ou un deseño. Anexo de fichas: nº 23. Esta actividade realizada de xeito regular, imaxinando que se está nun auditorio ou sa de concertos, serve tamén para afacer aos nenos a respectar as normas de comportamento neste tipo de eventos.

13  

Compoñer e arranxar… cada nota no seu lugar: Escoitar activamente, investigar, construír instrumentos, probar a facelos sonar, recoller sons, analizalos… so queda un paso por dar: A composición musical. Parece algo moi difícil de facer mais se cadra non o é tanto. Esta proposta consiste en elaborar unha partitura nun mural entre toda a clase e logo interpretala. Non é preciso que os nenos recoñezan os signos da linguaxe musical. Hai varias opcións. A escolla dunha ou doutra dependerá do grao de coñecemento das grafías musicais por parte da clase: Compoñer unha partitura gráfica, na que a clase decidirá que

grafía representa cada son. Por exemplo: un deseño dunha botella pode significar un son producido soprando unha botella; un deseño grande corresponderá a un son forte un pequeniño a un son suave (piano); os deseños da parte de arriba do mural poden corresponder con sons agudos, e os da parte de abaixo con sons graves.

Compoñer unha partitura con grafías musicais. Sempre e cando se coñezan e comprendan.

Mesturar os dous xeitos de escritura anteriores: Outra opción válida, usando a escritura musical convencional nos casos nos que se domine.

¡COMPOÑENDO MÚSICA!

Os principios básicos a seguir serán os de REPETICIÓN ou similitude (porque dá coherencia e unidade á obra) e CONTRASTE diferenza (porque dá interese e axuda a manter a atención do público).

En base a estes dous principios serán tomadas todas as decisións en canto ás características da obra. De seguido vai unha posible orde dos pasos a dar nesta actividade. A medida que se vaian tomando decisións é aconsellable ilas apuntando no encerado.

1º Forma musical: ¿Cantas partes vai ter a peza? ¿Algunha das partes vaise repetir? ¿Cales van ser as proporcións das partes?

2º Motivos musicais: De entre os sons que foron recollidos ou que chamaron a atención dos nenos hai que decidir os que serán empregados: non se debe abusar usando unha grande cantidade de sons, o mellor será elixir dous ou tres sons diferentes para cada unha das partes.

3º Distribuír os motivos escollidos coa súa correspondente altura, duración e volume nas partes da peza, representándoos graficamente no mural. ¡Pódense usar cores!

14  

4º Interpretar a peza. Precísase un director. Una idea para conducir a obra é que o director vaia sinalando a partitura e coa outra man indicando aos intérpretes cando deben tocar axudándose de xestos para poñer énfase no carácter. Este tipo de partituras admiten múltiples interpretacións. Poden facerse varias versións, que estaría ben gravar e compartir cos compañeiros a través do blog.

5º As obras gráficas adoitan a ter un resultado visual atractivo. ¿Por qué non pendurala no corredor do colexio?

15  

ALGUNHAS REFERENCIAS NA REDE

http://mariajesusmusica.wordpress.com: Xogos sobre

diferentes temas da linguaxe música. Apartado importante

sobre os instrumentos da orquestra.

http://www.doslourdes.net/MUSglosario.htm: Dicionario musical

para nenos, fácil de manexar e con explicacións adaptadas á

Educación Primaria.

http://www.aprendomusica.com/: Actividades interactivas sobre

diversos conceptos da linguaxe musical. Exercicios de

recoñecemento auditivo de varios niveis de dificultade.

http://www.aelg.org/Polafias/MainPage.do: Páxina web da

Asociación de Escritores en Lingua Galega. Neste apartado de

polafías atoparemos pezas musicais e cantigas, así como

instrumentos tradicionais galegos non tan coñecidos.

www.youtube.com/watch?v=LNDxbUgOXa8: Nesta páxina

poderemos escoitar máis pezas do trío Quidam que é o que

interpreta a música desta obra.

www.viravoltatiteres.com: información sobre esta e outras

montaxes na páxina web da Compañía Viravolta. Visitando o

apartado MUSEO pódese acceder ao catálogo da biblioteca do

Museo da Marioneta.

http://leandrolamas.blogspot.com/: Leandro Lamas é o autor

dos deseños dos monicreques.

    

 A CAIXA DE MÚSICA 

Fichas 

   

A CAIXA DE MÚSICA 

Esta é a historia de Icía e Salterio, que xogando, estragan a caixa de música                                        

do vello Calderón.  Mentres buscan o xeito de arranxala súcendelles moi  

diversas aventuras e coñecen a uns habilidosos compañeiros, Zaracruso 

e Alterego. ¿Conseguirán entre todos reparar a caixiña? 

 

Nesta historia, a música é a principal protagonista. Os signos musicais, os  

instrumentos, as melodías, as palabras, os sons… mistúranse dende o primeiro 

 momento creando ao noso carón un mundo máxico de sensacións. 

 

Aquí tedes, unhas poucas actividades para traballar esta obra. Tocaravos de cantar, 

xogar, buscar, interpretar, adiviñar, escoitar, investigar…e ir xuntando ideas, ritmos  

e sons de aquí e de acolá, cos que pouco a pouco e sen darvos conta, iredes  

formando a vosa propia caixiña de música.  

 

¿Estades preparados para esta aventura? Pois….. COMEZAMOS XA!  

A CAIXA DE MÚSICA   ICÍA, SALTERIO E CALDERÓN. 

 

Boas! Son Icía, sabes unha cousa??  Dende hai moitos anos santa Icía é a patroa dos músicos e sempre aparece arrodeada de instrumentos.  Busca algún cadro ou debuxo dela…xa verás!! 

_______________________________

Título do cadro:

_______________________________________________

Autor:

_______________________________________________

Que instrumentos aparecen?:

________________________________________________

Como conseguiches a información?

_______________________________________________

_______________________________________________

 

 

 

 

PEGA AQUÍ A IMAXE QUE ATOPACHES 

Pide axuda na casa e 

buscade  xuntos!! 

Ficha 1 

A CAIXA DE MÚSICA   ICÍA, SALTERIO E CALDERÓN. 

  

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

   

Agora tócache!! 

Fai un deseño de Icía 

rodeada dos 

instrumentos que ti 

queiras. 

Ficha 2 

A CAIXA DE MÚSICA   ICÍA, SALTERIO E CALDERÓN. 

    

Ficha 3 

Ola amigos, voume presentar… Eu 

son Calderón,   colócome sobre as 

figuras e os silencios para facer que 

duren máis tempo do habitual. 

Queres xogar comigo? 

Calderón é un signo musical moi xeneroso,

regálalles ás notas todo o tempo que 

queiran… 

¡A que non o sabías!

XOGO “ A media laranxa” 

A continuación amosamos tres tipos de barallas diferentes: Dinámica (fichas nº 8 e 9), tempo (fichas nº 10 e 11) e figuras musicais (nº 12 e 13). Cada unha delas está composta por 12 cartas que se emparellan segundo o significado, (por exemplo  pp con moi suave). Cada neno elixirá ao azar unha carta que non poderá mostrar aos demais, camiñarán pola clase ao son da música ata que esta de súpeto deixe de soar, será entón cando cada neno debe buscar á súa media laranxa e emparellar as dúas cartas.  Nivel de dificultade: Engadiremos máis dificultade segundo o ciclo da Educación Primaria que corresponda, mesturando  as tres barallas e sinalando tres lugares da clase onde “vivirá” cada unha das familias (dinámica, tempo e figuras). Unha vez emparellados os nenos/as deberán dirixirse ao lugar correspondente en función da súa carta.  Para Educación Infantil adaptarémolo tomando unha das familias (fichas nº 4, 5,6 e 7) e dividindo a clase en dous grupos. No grupo 1 repartiremos as fichas e no grupo 2 diremos a cada neno o ritmo ao que deben camiñar.  Mentres a música sona os nenos que teñen as fichas deberán atopar á súa media laranxa.

A CAIXA DE MÚSICA   ICÍA, SALTERIO E CALDERÓN. 

  

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

   

 

 

  LENTO 

Ficha 4 

A CAIXA DE MÚSICA   ICÍA, SALTERIO E CALDERÓN. 

  

   

 

 

 

 

 

 

 

  ADAGIO 

Ficha 5 

A CAIXA DE MÚSICA   ICÍA, SALTERIO E CALDERÓN. 

  

 

 

 

 

 

 

   

 

 

 

 

 

 

 

  ANDANTE 

Ficha 6 

A CAIXA DE MÚSICA   ICÍA, SALTERIO E CALDERÓN. 

  

   

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

ALLEGRO 

Ficha 7 

A CAIXA DE MÚSICA   ICÍA, SALTERIO E CALDERÓN. 

  

   

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

     

pp 

pianissimo   

piano 

mp 

mezzopiano 

 

mf 

mezzoforte   

forte  

ff 

fortissimo 

 

Ficha 8 

A CAIXA DE MÚSICA   ICÍA, SALTERIO E CALDERÓN. 

  

 

   

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Moi 

suave 

 

Medio 

suave 

Medio 

forte 

 

Forte 

 

 

Suave  

Moi 

forte 

Ficha 9 

A CAIXA DE MÚSICA   ICÍA, SALTERIO E CALDERÓN. 

  

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

   

 

 

Largo 

 

 

 

Adagio 

 

 

Allegro 

 

Andante 

 

Lento 

 

 

 

Presto 

 

Ficha 10 

A CAIXA DE MÚSICA   ICÍA, SALTERIO E CALDERÓN. 

  

 

 

 

 

 

 

 

 

 

   

 

 

 

 

 

Moi, moi 

amodo 

 

 

 

Tranquilo

 

 

Moderado

 

Rápido 

 

Moi 

amodo 

 

Moi 

rápido 

 

Ficha 11 

A CAIXA DE MÚSICA   ICÍA, SALTERIO E CALDERÓN. 

  

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

   

 

   

 

 

       

 

      

 

 

Ficha 12 

A CAIXA DE MÚSICA   ICÍA, SALTERIO E CALDERÓN. 

  

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

       

 

 

        

 

       

 

Ficha 13 

A CAIXA DE MÚSICA   ICÍA, SALTERIO E CALDERÓN. 

  

 

              Anota nas  seguintes liñas o que está a pasar en cada imaxe… 

                ¿Como era a música que soaba en cada momento? 

 

                                                                                                                

ICÍA ESTÁ PENSATIVA, TRATA DE RECORDAR A HISTORIA, PERO TEN UN LIO ENORME NA CABEZA… 

 

NON TE PREOCUPES…

AHORA MISMIÑO CHE AXUDAMOS!!

Ficha 14 

A CAIXA DE MÚSICA   ICÍA, SALTERIO E CALDERÓN. 

                                                                                                                 Aquí estaba pasando….                  

  ________________________________________________________________ 

  ________________________________________________________________ 

  ________________________________________________________________ 

   A música… 

  _________________________________________________________________ 

  _________________________________________________________________ 

 

 

                                                                                                                Aquí era cando….                  

  ________________________________________________________________ 

  ________________________________________________________________ 

  ________________________________________________________________ 

   A música… 

  _________________________________________________________________ 

  _________________________________________________________________ 

Ficha 15 

A CAIXA DE MÚSICA   ICÍA, SALTERIO E CALDERÓN. 

                                                                                                                 Aquí estaba pasando….                  

  ________________________________________________________________ 

  ________________________________________________________________ 

  ________________________________________________________________ 

   A música… 

  _________________________________________________________________ 

  _________________________________________________________________ 

 

 

                                                                                                                Aquí era cando….                  

  ________________________________________________________________ 

  ________________________________________________________________ 

  ________________________________________________________________ 

   A música… 

  _________________________________________________________________ 

  _________________________________________________________________ 

Ficha 16 

A CAIXA DE MÚSICA   ICÍA, SALTERIO E CALDERÓN. 

  

 

  Debuxa neste escenario,                    

o que máis che  gustou da obra.                    

  O que máis me gustou foi… 

  ________________________________ 

  ________________________________ 

  ________________________________ 

  ________________________________ 

 

                                                                                                              

 

 

                                                                                                                                                                           ¡Non te esquezas de  

                                                                                                                                                      debuxar aos músicos! 

                                                                                                                                                                                                                                    

Ficha 17 

A CAIXA DE MÚSICA   RECOMPOÑENDO A CAIXA DE MÚSICA. 

 

Concédeselle este diploma a ___________________________ do curso

________, pola súa participación no Certame de Habilidades Vocais e o seu magnífico traballo coa lingua,

beizos, glote, larinxe e cordas vocais.

A CAIXA DE MÚSICA   RECOMPOÑENDO A CAIXA DE MÚSICA. 

 

DE MAIOR QUERO SER MÚSICO! Despois da túa visita ao conservatorio, debúxate  

a ti e a algún dos teus compañeiros  

cos vosos instrumentos favoritos. 

Estes somos  ____________ 

_______________________   

Estamos tocando _________ 

_______________________  

         Mirade que grupo 

            máis xeitoso!! 

Ficha 19 

A CAIXA DE MÚSICA   RECOMPOÑENDO A CAIXA DE MÚSICA. 

  

 

 

   

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

   

¿Compañeiro, 

que sabes tocar? 

Xa vimos e tocamos un montón de 

instrumentos. Sabemos que se clasifican en 

familias: Corda, vento e percusión. 

Coloca nos recadros o nome e o debuxo  

dalgún dos instrumentos que aparecen a 

continuación.  

CORDA PERCUSIÓN VENTO

¡Compañeiro,

sei tocar! 

Ficha 20 

A CAIXA DE MÚSICA   RECOMPOÑENDO A CAIXA DE MÚSICA. 

 

   

A CAIXA DE MÚSICA   RECOMPOÑENDO A CAIXA DE MÚSICA. 

 

 

  

 

 

 

 

   

A CAIXA DE MÚSICA   RECOMPOÑENDO A CAIXA DE MÚSICA. 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

   

A CAIXA DE MÚSICA   RECOMPOÑENDO A CAIXA DE MÚSICA. 

  

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

   

 

A CAIXA DE MÚSICA   RECOMPOÑENDO A CAIXA DE MÚSICA. 

  

INSTRUMENTOS DE CORDA 

 

 

 

 

 

 

Estes instrumentos soan porque as súas cordas vibran ao tocalas. Para que as cordas soen 

podemos friccionalas cun arco (violín), pulsalas cos dedos (guitarra) ou golpealas con uns 

maciños (piano). 

A CAIXA DE MÚSICA   RECOMPOÑENDO A CAIXA DE MÚSICA. 

 

 

INSTRUMENTOS DE VENTO 

 

 

 

 

 

 

 

  Estes instrumentos soan porque o aire que metemos dentro ao soprar, vibra. Podemos 

diferenciar instrumentos de vento madeira (feitos antigamente de madeira) e instrumentos de 

vento metal (feitos con metal). 

A CAIXA DE MÚSICA   RECOMPOÑENDO A CAIXA DE MÚSICA. 

 

 

INSTRUMENTOS DE PERCUSIÓN 

 

 

 

 

 

 

 

  Estes instrumentos soan porque os golpeamos coas mans ou con baquetas (por exemplo 

o tambor) ou tamén porque chocan entre elas algunhas partes do instrumento (por exemplo os 

pratos de choque). 

A CAIXA DE MÚSICA  PAXAROS E BOLBORETAS. 

 

  

E a vostede…quen lle aprendeu a facer estas cousas?

__________________________________________________________________ 

 

 

 

 

 

 

        

QUE MATERIAIS PRECISAMOS COMO SE CONSTRUE  COMO SE TOCA

Acordo eu… que de nena, 

facíamos frautas con canas, 

tocábamos con edras… e un 

cento de cousas máis.. 

¿E ti? ¿Acordas algo así? 

Fai memoria… 

Para facer esta actividade necesitarás 

preguntar na casa.   

 

¿Quen che axudou con esta tarefa? 

______________________________ 

______________________________ 

Ficha 21 

A CAIXA DE MÚSICA  PAXAROS E BOLBORETAS. 

 

  

ESCOITA CON ATENCIÓN E ADIVIÑA COMO É O SON 

 Escoito 1 son 

Escoito varios sons 

 É agudo É grave É longo É curto

 É forte  É suave

¿Quen produce este son? 

É agradable

 É 

desagradable 

                     

                     

                     

                     

                     

Ficha 22 

A CAIXA DE MÚSICA  PAXAROS E BOLBORETAS. 

 

  

Título da obra: 

______________________________________ 

Instrumentos que aparecen: 

_______________________________________________________________________________________________ 

¿Que sensación che transmite?  

_______________________________________________________________________________________________   

_______________________________________________________________________________________________   

_______________________________________________________________________________________________   

¿A que animal ou elemento da natureza che recorda? 

_______________________________________________________________________________________________   

_______________________________________________________________________________________________   

FICHA DA AUDICIÓN  

Ficha 23