6º pascua c 2016 pagola

14
1 de maio de 2016 6º Pascua – C (Xoán 14, 23-29) José Antonio Pagola Presentación: B.Areskurrinaga HC Euskaraz: D. Amundarain Música: Exodo

Upload: nuria-m-nunez-elissetche

Post on 13-Apr-2017

167 views

Category:

Spiritual


1 download

TRANSCRIPT

Page 1: 6º pascua c 2016  pagola

1 de maio de 20166º Pascua – C

(Xoán 14, 23-29)

José Antonio Pagola

Presentación: B.Areskurrinaga HCEuskaraz: D. AmundarainMúsica: Exodo

Page 2: 6º pascua c 2016  pagola

No evanxeo de Xoán podemos ler un conxunto de discursos nos que Xesús se vai

despedindo dos seus discípulos. Os comentaristas chámano “O Discurso de despedida“.

Page 3: 6º pascua c 2016  pagola

NelNel respírase unha atmosfera respírase unha atmosfera moi especial: os discípulos teñen medo a quedar moi especial: os discípulos teñen medo a quedar

sen o seu Mestre; Xesús, pola súa parte, insístelles sen o seu Mestre; Xesús, pola súa parte, insístelles en que, a pesar da súa partida, nunca sentirán a súa en que, a pesar da súa partida, nunca sentirán a súa

ausenciaausencia

Page 4: 6º pascua c 2016  pagola

Ata cinco veces repítelles que poderán contarAta cinco veces repítelles que poderán contar co co «Espírito Santo».«Espírito Santo».

El vainos defender, pois manteraos fieis á súa mensaxe El vainos defender, pois manteraos fieis á súa mensaxe e ao seu proxecto.e ao seu proxecto.

Por iso chámao Por iso chámao «Espírito da verdadee».«Espírito da verdadee».

Page 5: 6º pascua c 2016  pagola

Nun momento determinado, Xesús explícalles Nun momento determinado, Xesús explícalles mellor cal será o seu quefacer: mellor cal será o seu quefacer:

«O Defensor, o Espírito Santo... será quen volo «O Defensor, o Espírito Santo... será quen volo ensine todo e vos vaia recordando todo o que vos ensine todo e vos vaia recordando todo o que vos

dixen».dixen». Este Espírito será a memoria viva de Xesús.Este Espírito será a memoria viva de Xesús.

Page 6: 6º pascua c 2016  pagola

O horizonte que ofrece aos seus discípulos é grandioso.

De Xesús nacerá un gran movemento espiritual de discípulos e discípulas que o seguirán

defendidos polo Espírito Santo.

Page 7: 6º pascua c 2016  pagola

Manteranse na súa verdade, pois ese Espírito iralles ensinando todo o que Xesús lles foi comunicando

polos camiños de Galilea. El haos defender no futuro da turbación e de a covardía.

Page 8: 6º pascua c 2016  pagola

Xesús desexa queXesús desexa que capten ben o que significará paracapten ben o que significará para

eles o Espírito da verdadee e Defensor da súa comunidade:eles o Espírito da verdadee e Defensor da súa comunidade: «estouvos deixando a paz; estouvos dando a paz»«estouvos deixando a paz; estouvos dando a paz»..

Non só lles desexa a paz. Regálalles a súa paz. Non só lles desexa a paz. Regálalles a súa paz. Se viven guiados polo Espírito, recordando eSe viven guiados polo Espírito, recordando e

gardando as súas palabras,gardando as súas palabras, coñecerán a paz.coñecerán a paz.

Page 9: 6º pascua c 2016  pagola

Non é unha paz calquera. É a Non é unha paz calquera. É a súa paz.súa paz.

Por iso dilles:Por iso dilles: «Non vola dou eu como «Non vola dou eu como

a dá o mundo». a dá o mundo». A paz de Xesús non constrúe A paz de Xesús non constrúe con estratexias inspiradas na con estratexias inspiradas na

mentira ou na inxustiza, mentira ou na inxustiza, senón actuando co Espírito senón actuando co Espírito

da verdade.da verdade. Teñen que reafirmarse nel: Teñen que reafirmarse nel: «Que non trema o voso «Que non trema o voso

corazón nin se corazón nin se acovarde».acovarde».

Page 10: 6º pascua c 2016  pagola

Nestes tempos difíciles de desprestixio e turbación Nestes tempos difíciles de desprestixio e turbación que estamos sufrindo na Igrexa, sería un grave erro que estamos sufrindo na Igrexa, sería un grave erro

pretender defender a nosa credibilidade e autoridade pretender defender a nosa credibilidade e autoridade moral actuando sen o Espírito da verdade prometido moral actuando sen o Espírito da verdade prometido

por Xesúspor Xesús..

Page 11: 6º pascua c 2016  pagola

O medo seguirá penetrando no cristianismo se buscamos asentar a nosa seguridade e a nosa paz

afastándonos do camiño trazado por El.

Page 12: 6º pascua c 2016  pagola

Cuando na Igrexa se perde a paz, non é posible recuperala de calquera

maneira nin serve calquera estratexia. Co corazón cheo de resentimento e cegueira

non é posible introducir a paz de Xesús.

Page 13: 6º pascua c 2016  pagola

É necesario converternos humildemente á súa verdade, mobilizar todas as nosas forzas para desandar camiños equivocados, e deixarnos guiar polo Espírito que animou a vida enteira

de Xesús.

Page 14: 6º pascua c 2016  pagola

A PAZ NA IGREXA 

No evanxeo de Xoán podemos ler un conxunto de discursos nos que Xesús se vai despedindo dos seus discípulos. Os comentaristas chamano “O Discurso de despedida". Nel respírase unha atmosfera moi especial: os discípulos teñen medo a quedar sen o seu Mestre; Xesús, pola súa parte, insístelles en que, a pesar da súa partida, nunca sentirán a súa ausencia.

Ata cinco veces repítelles que poderán contar co «Espírito Santo». El haos defender, pois manteraos fieis á súa mensaxe e ao seu proxecto. Por iso chámao «Espírito da verdade». Nun momento determinado, Xesús explícalles mellor cal será o seu quefacer: «O Defensor, o Espírito Santo... será quen volo ensine todo e vos vaia recordando todo o que vos dixen». Este Espírito será a memoria viva de Xesús.

O horizonte que ofrece aos seus discípulos é grandioso. De Xesús nacerá un gran movemento espiritual de discípulos e discípulas que o seguirán defendidos polo Espírito Santo. Manteranse na súa verdade, pues ese Espírito iralles ensinando todo o que Xesús lles foi comunicando polos camiños de Galilea. El defenderaos no futuro da turbación e da covardía.

Xesús desexa que capten ben o que significará para eles o Espírito da verdade e Defensor da súa comunidade: «Estouvos deixando a paz; estouvos dando a paz». Non só lles desexa a paz. Regálalles a súa paz. Se viven guiados polo Espírito, recordando e gardando as súas palabras, coñecerán a paz.

Non é unha paz calquera. É a súa paz. Por iso dílles: «Non vola dou eu como a dá o mundo». A paz de Xesús non constrúe con estratexias inspiradas na mentira ou na inxustiza, senón actuando co Espírito da verdade. Terán que reafirmarse nel: «Que non trema o voso corazón nin se acovarde».

Nestes tempos difíciles de desprestixio e turbación que estamos sufrindo na Igrexa, sería un grave erro pretender defender a nosa credibilidade e autoridade moral actuando sen o Espírito da verdade prometido por Xesús. O medo seguirá penetrando no cristianismo se buscamos asentar a nosa seguridade e a nosa paz afastándonos do camiño trazado por El.

Cando na Igrexa se perde a paz, non é posible recuperala de calquera maneira nin serve calquera estratexia. Co corazón cheo de resentimento e cegueira non é posible introducir a paz de Xesús. É necesario converternos humildemente á súa verdade, mobilizar todas as nosas forzas para desandar camiños equivocados, e deixarnos guiar polo Espírito que animou a vida enteira de Xesús. 

José Antonio Pagola