5 os primeiros monarcas borbón en españa

11
OS PRIMEIROS MONARCAS BORBÓN EN ESPAÑA

Upload: fhistoria

Post on 20-Jul-2015

762 views

Category:

Travel


1 download

TRANSCRIPT

Page 1: 5 Os Primeiros Monarcas BorbóN En EspañA

OS PRIMEIROS MONARCAS BORBÓN EN ESPAÑA

Page 2: 5 Os Primeiros Monarcas BorbóN En EspañA

A CHEGADA DOS BORBÓN

• No século XVIII chega a España a dinastía dos Borbón que sustitue á dos Austrias.

• En 1700 morreu sen fillos Carlos II de Austria. As autoridades españolas proclamaron rei a Felipe d´Anjou (da casa Borbón de Francia) conome de Felipe V.

• Algúns países europeos e a Coroa de Aragón non o aceptan e prefiren aoarquiduque Carlos de Habsburgo.

• Iniciose unha guerra, chamada guerra de Sucesión que vai de 1700 a 1715. Esta guerra remata nos tratados de Utrech (1713) e de Rastadt(1714). Nestos tratados acordan:

- Felipe V rei de España e América, pero non podría unir o reino de Francia.

- Austria recibe de España: Milán, Nápoles, Flandes, Sardeña…- Saboia recibe Sicilia.- Inglaterra recibe Xibraltar e Menorca e o permiso para comerciar e

o monopolio de comercio de esclavos con América.

Page 3: 5 Os Primeiros Monarcas BorbóN En EspañA

1700-1746

1724

Page 4: 5 Os Primeiros Monarcas BorbóN En EspañA

MAPA GUERRA DE SUCESIÓN ESPAÑOLAAtlas histórico Mundial, Ediciones Itsmo, Madrid 1979. vol. I, pág. 286.

Page 5: 5 Os Primeiros Monarcas BorbóN En EspañA

MAPA COAS CONSECUENDIAS DO TRATADO DE UTRECH

Page 6: 5 Os Primeiros Monarcas BorbóN En EspañA

AS REFORMAS DOS BORBÓN: FELIPE V

• Os reis Borbón van a facer unhas reformas para centralizar e uniformizar o reino e aumentar o seu poder absoluto.As principias reformas son:

• Abolición dos privilexios forais dos reinos de Aragón. Felipe V cando conquista estos territorios, e como castigo, eliminalle os privilexios e instituicións propias. Faino a través das leis coñecidascomo Decretos de Nova Pranta (Aragón 1707, Mallorca 1715 e Cataluña 1716).

• Reorganización e centralización administrativa: Reduce o número de Consellos e potencia as Secretarias de despacho (ministerios), crea intendentes, etc.

• Intentou recuperar os territorios perdidos en Italia: recuperouNápoles e Sicilia (para Carlos) e os ducados de Parma, Plasencia e Guastalla (para Felipe).

Page 7: 5 Os Primeiros Monarcas BorbóN En EspañA

FERNANDO VI (1746-1759)

• Buscou a paz e a neutralidade para

• Potenciar e economía interna: melloras nafacenda, comercio, armada, etc.

• Intentou aumentar o seu poder subordinando a Igrexa. En 1753 firma un Concordato con Roma que lle da o dereito a presentar os candidatos a obispo.

Page 8: 5 Os Primeiros Monarcas BorbóN En EspañA

CARLOS III (1759-1788)

• Durante o seu reinado aumentan as reformas xa que é un rei ben preparado e contou coa colaboración de persoas con formación ilustrada. Entre as súasreformas destacamos:

• No referente ó fortalecemento do estado: Aumentar os poderes do rei, aumentar a administración, mellorar os concellos, máis tribunais de xustiza, bandeira para a monarquía.

• No referente á agricultura, buscando aumentar a producción. Limitar os privilexiosda Mesta, impulsar a colonización de novas terras (Serra Morena, Olavide), construcción dalgunha infraestructura de regadío, impulsar os programas de Reforma Agraria para aumentar os propietarios e arrendatarios. Entre estes programas destacamos os de Campomanes, Olavide e Jovellanos. Campomanes: “Tratado de la regalía de la amortización”, 1765 y “Memorial ajustado del Expediente para una Ley

Agraria”, 1795. Olavide: “Expediente de Ley Agraria”, 1784. Jovellanos: “Informe sobre la ley agraria”.

• En canto ó comercio: Crear mercados de bens e capitais fomentando o transporte e a libre circulación de mercadorías (libre circulación de gran en 1765, fin do monopolio comercial de Cádiz con América, creación do banco de S. Carlos en 1782). Fomento para a creación de compañía comerciais privilexiadas cunha zona e cun producto.

Page 9: 5 Os Primeiros Monarcas BorbóN En EspañA

• Reformas educativas: Defenderon os ilustrados a necesidade dunha ensinanza útil e práctica. En consecuencia adoptaron unha serie de iniciativas entre as que destacamos: creación das Reais Academias, paso das universidades á xurisdicción real, apoio ós manteistas(universitarios non privilexiados) en detrimento dos colexiais, creación dos Estudios de S. Isidro con plansmodernos de ensinanza, fundación de novas instituciónsculturais e científicas (Jardín Botánico).

• Política regalista coa Igrexa: pretende o control e sometemento da igrexa ó Estado. Esta política implica: restricción dos dereitos temporais do clero, freo á Inquisición, expulsión dos Xesuítas en 1767.

Page 10: 5 Os Primeiros Monarcas BorbóN En EspañA

DIFICULTADES DAS REFORMAS DE CARLOS III

• As reformas plantexadas chocaron coa oposición das clases populares por ignorancia e dos privilexiados que non querían perder os privilexios.

• Un exemplo desa oposición foi o Motín de Esquilache de 1766. Carlos III chegou a España con asesores extranxeiros e comenzou a facer reformas. Unha desas foi a proposta de Esquilache de suprimir capas longas e sombreiros de aba ancha. A xente descontenta pola subida dos alimentos e movida polos privilexiados comezou a facer tumultos. Así Carlos III tivo que parar as reformas e prescindir dos asesores extranxeiros.

• Pese a eso, Carlos III, en 1767, decretou a expulsión dos Xesuitas, por non someterse o poder do rei (problema do 4 voto –obediencia ó Papa-) e ser promotores dos motíns. Despoiscontinuaron as reformas, pero sempre lentas e sen profundizar.

Page 11: 5 Os Primeiros Monarcas BorbóN En EspañA

ENFRONTAMENTOS CON INGLATERRA

• Veñen dados polas rivalidades comercias e a posesión de Xibraltar e Menorca. Temosdúas guerras. A Guerra dos Sete Anos (1756-63), na que perdemos e entregamos Florida e a guerra de Independencia norteamericana; a derrota de Inglaterra nos permite recuperar Menorca e Florida.