3º domingo toc 2016 bene pagola
TRANSCRIPT
24 de xaneiro de 20163º Tempo ordinario – C
(Lucas 1,1-4; 4,14-21)Presentación: B. Areskurrinaga HCEuskaraz:D.AmundarainMúsica: Jesus Guridi, Melodías Vascas. Amorosa.
José Antonio Pagola
NA MESMA DIRECCIÓN
Antes de comezar a narrar a actividade de Antes de comezar a narrar a actividade de Xesús, Lucas quere deixar moi claro aos seus Xesús, Lucas quere deixar moi claro aos seus lectores cal é a paixón que impulsa o Profeta lectores cal é a paixón que impulsa o Profeta
de Galilea e cal é a meta de toda a súa de Galilea e cal é a meta de toda a súa actuación. actuación.
Os cristiáns teñen que saber en que
dirección empuxa a Xesús o Espírito de Deus, pois seguilo é
precisamente camiñar na súa
mesma dirección.
Lucas describe con todo detalle o que fai Xesús na sinagoga da súa vila: ponse de pé, recibe o libro sagrado,
busca el mesmo unha pasaxe de Isaías, le o texto, pecha o libro, devólveo e senta.
Todos han de escoitar con atención as palabras escollidas por Xesús pois expoñen a tarefa á que se sente enviado
por Deus.
Sorprendentemente, o texto non fala de organizar unha relixión máis perfecta ou de
implantar un culto máis digno, senón de comunicar
liberación, esperanza, luz e graza aos máis pobres e
desgraciados.
Isto é o que le. ««O Espírito do Señor O Espírito do Señor
está sobre min, porque me está sobre min, porque me unxiu. Envioume a unxiu. Envioume a
proclamar a Boa Nova aosproclamar a Boa Nova aos pobres, para anunciar aos pobres, para anunciar aos
cativos a liberdade, e a os cativos a liberdade, e a os cegos a vista. cegos a vista.
Para dar liberdade aos oprimidos; Para dar liberdade aos oprimidos; para anunciar o ano de graza para anunciar o ano de graza
do Señordo Señor». ». Ao terminar, díxolles:Ao terminar, díxolles:
«Hoxe cúmprese esta «Hoxe cúmprese esta Escritura que acabadesEscritura que acabades
de oír»de oír»..
O Espírito de Deus está en Xesús enviándoo aos pobres, orientando
toda a súa vida cara aos máis necesitados, oprimidos e
humillados. Nesta dirección temos que
traballar os seus seguidores.
Esta é a orientación que Deus, encarnado en Xesús, quere imprimir á historia humana.
Os últimos han de ser os primeros en coñecer esa vida máis digna, liberada e ditosa que Deus quere xa desde
agora para todos os seus fillos e fillas.
Non o temos que esquecer. A «opción polos pobres» non é un invento duns teólogos do século vinte, nin unha moda posta en circulación despois do Vaticano II. É a opción do Espírito de Deus que anima a vida
enteira de Xesús, e que os seus seguidores temos que introducir na historia humana.
Dicíao Paulo VI: é un deber da Igrexa «axudar a que naza a liberación... e facer que sexa total».
Non é posible vivir e anunciar a Xesucristo se non é desde a
defensa dos últimos e a solidariedade cos excluídos.
Se o que facemos e proclamamos desde a Igrexa
de Xesús non é captado como algo bo e liberador polos que máis sofren, que evanxeo estamos predicando?
A que Xesús estamos seguindo? Que espiritualidade estamos promovendo?
Dito de maneira clara: que impresión temos na igrexa actual?
Estamos camiñando na mesma dirección que Xesús?
NA MESMA DIRECCIÓN
Antes de comezar a narrar a actividade de Xesús, Lucas quere deixar moi claro aos seus lectores cal é a paixón que impulsa o Profeta de Galilea e cal é a meta de toda a súa actuación. Os cristiáns teñen que saber en que dirección empuxa a Xesús o Espírito de Deus, pois seguilo é precisamente camiñar na súa mesma dirección.
Lucas describe con todo detalle o que fai Xesús na sinagoga da súa vila: ponse de pé, recibe o libro sagrado, busca el mesmo unha pasaxe de Isaías, le o texto, pecha o libro, devólveo e senta. Todos han de escoitar con atención as palabras escollidas por Xesús pois expoñen a tarefa á que se sente enviado por Deus.
Sorprendentemente, o texto non fala de organizar unha relixión máis perfecta ou de implantar un culto máis digno, senón de comunicar liberación, esperanza, luz e graza aos máis pobres e desgraciados. Isto é o que le. «O Espírito do Señor está sobre min, porque me unxíu. Envioume a proclamar a Boa Nova a os pobres, para anunciar aos cativos a liberdade, e aos cegos a vista. Para dar liberdade aos oprimidos; para anunciar o ano de graza do Señor». Ao terminar, díxolles: «Hoxe cúmprese esta Escritura que acabades de oír».
O Espírito de Deus está en Xesús enviándoo aos pobres, orientando toda a súa vida cara aos máis necesitados, oprimidos e humillados. Nesta dirección temos que traballar os seus seguidores. Esta é a orientación que Deus, encarnado en Xesús, quere imprimir á historia humana. Os últimos han de ser os primeros en coñecer esa vida máis digna, liberada e ditosa que Deus quere xa desde agora para todos os seus fillos e fillas.
Non o temos que esquecer. A «opción polos pobres» non é un invento duns teólogos do século vinte, nin unha moda posta en circulación despois do Vaticano II. É a opción do Espírito de Deus que anima a vida enteira de Xesús, e que os seus seguidores temos que introducir na historia humana. Dicíao Paulo VI: é un deber da Igrexa «axudar a que naza a liberación... e facer que sexa total».
Non é posible vivir e anunciar a Xesucristo se non é desde a defensa dos últimos e a solidariedade cos excluídos. Se o que facemos e proclamamos desde a Igrexa de Xesús non é captado como algo bo e liberador polos que máis sofren, que evanxeo estamos predicando? A que Xesús estamos seguindo? Que espiritualidade estamos promovendo? Dito de maneira clara: que impresión temos na igrexa actual? Estamos camiñando na mesma dirección que Xesús?