37122 lasoc3eso 124-141 rodeira la.soc · 2011-05-24 · o camiño de santiago desde a idade media...

19
rodeira

Upload: others

Post on 16-Jul-2020

0 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: 37122 LASOC3ESO 124-141 RODEIRA LA.SOC · 2011-05-24 · o Camiño de Santiago Desde a Idade Media o Camiño de Santiago é unha das grandes vías de peregri-nación do cristianismo

rodeira

������ ���������� �� ����

������ �� ��������� ������ � ������ ����� !��

LA_CIENSOC_3ESO_B1_GAL_49291.indd 1 14/03/11 09:06

Page 2: 37122 LASOC3ESO 124-141 RODEIRA LA.SOC · 2011-05-24 · o Camiño de Santiago Desde a Idade Media o Camiño de Santiago é unha das grandes vías de peregri-nación do cristianismo

124 Unidade 8

As actividades económicasen España e en Galicia

8

CONTIDOS

1. Os servizos

2. O turismo

3. As fontes de enerxía e a minaría

4. A industria e a construción

5. As actividades primarias

6. As actividades económicas

en Galicia

A ACTIVIDADE A DEBATE

Cara a un novo turismo?

Page 3: 37122 LASOC3ESO 124-141 RODEIRA LA.SOC · 2011-05-24 · o Camiño de Santiago Desde a Idade Media o Camiño de Santiago é unha das grandes vías de peregri-nación do cristianismo

RESPONDE� A que sector da economía pertence a actividade

económica que mostra a imaxe?

� Cres que esta actividade económica é importante

para España? Por que?

� Que actividade económica é máis importante para a

economía de Galicia?

Social e cidadá

• Comprender a realidade económica actual de España e de

Galicia.

Coñecemento e interacción co mundo físico

• Comprender e valorar a importancia de potenciar as ener -

xías alternativas.

Cultural e artística

• Respectar e defender o patrimonio cultural, histórico e artís-

tico.

Matemática

• Utilizar coñecementos matemáticos para a interpretación

de feitos económicos.

Aprender a aprender

• Identificar causas e consecuencias para explicar feitos so-

cioeconómicos.

Autonomía e iniciativa persoal

• Elaborar itinerarios, seguindo un criterio propio, a partir dun

mapa de estradas de España.

COMPETENCIAS BÁSICAS

SABÍAS QUE...en 1973 só había dous hipermercados en España, que ocu -

paban unha superficie de 24 616 m2, e que 35 anos despois o

número de centros deste tipo é de 1 213 e ocupan unha su-

perficie total de 26 445 064 m2?

O sector terciario é actualmente o primeiro sector da econo-

mía española, na que a industria se atopa en retroceso e as ac-

tividades primarias son moi escasas. Nesta unidade presén-

tanse as principais características destes sectores e os retos de

futuro máis importantes para a economía española.

125As actividades económicas en España e en Galicia

Centro comercial.

Page 4: 37122 LASOC3ESO 124-141 RODEIRA LA.SOC · 2011-05-24 · o Camiño de Santiago Desde a Idade Media o Camiño de Santiago é unha das grandes vías de peregri-nación do cristianismo

A riqueza económica de España provén principalmente das ac-

tividades do sector servizos. Este sector ocupa a maioría da po-

boación activa española, con máis do 60 % do total e, nalgunhas

comunidades autónomas, como a Comunidade de Madrid e Illas

Baleares, supera mesmo o 70 %; así mesmo, este sector achega

un maior valor ao PIB. Ademais, a evolución da economía de Es-

paña confirma a tendencia ao crecemento deste sector de cara

ao futuro. Por todo iso podemos afirmar que a economía espa-

ñola é unha economía terciarizada.

O aumento do sector servizos en España comezou na década

dos sesenta do século XX, e as causas que o explican son varias:

— O crecemento da industria, que necesitou servizos como os

transportes ou as actividades bancarias.

— O aumento do turismo, especialmente nas zonas costeiras,

impulsou a creación de todo tipo de negocios de hostalaría e

comercios.

— O incremento do nivel de vida da poboación, que permitiu

aumentar a demanda de servizos relacionados co lecer, como

a cultura, os deportes, o turismo, a hostalaría...

— A expansión dos servizos públicos como a sanidade, a educa-

ción, as administracións municipais e autonómicas etc.

A distribución territorial do sector terciario é irregular e as varia-

cións entre comunidades son importantes. A terciarización é

máis acusada nas comunidades especializadas no turismo,

como Canarias, Illas Baleares e Andalucía, ou naquelas que son

os principais centros económicos de España, como a Comunida-

de de Madrid, Cataluña e o País Vasco.

1.1. O comercioO comercio é unha actividade importante para a nosa economía

e actualmente supón máis do 40 % do PIB español.

O comercio exterior aumentou nos últimos anos como conse-

cuencia da integración de España na Unión Europea. Medidas

como a adopción da moeda única e a libre circulación das mer-

cadorías polos países membros foron un forte incentivo para a

actividade comercial.

España importa máis do que exporta, polo que a balanza co-

mercial española é negativa. No entanto, en certos casos,

como os produtos agroalimentarios, algúns produtos semifac-

turados non-químicos e os automóbiles, a balanza comercial re-

sulta positiva para os produtos españois.

Entre as importacións destacan os produtos enerxéticos (pe-

tróleo, gas natural...), a maquinaria industrial e os vehículos de

transporte.

O comercio interior tamén aumentou e sufriu importantes

transformacións nos últimos anos: o pequeno comercio perdeu

importancia fronte ás grandes superficies comerciais; ade-

mais, xurdiron novas modalidades de comercio, como as fran-

quías e a venda en liña.

1. Os servizos

126 Unidade 8

EVOLUCIÓN DO COMERCIOEXTERIOR (1995-2007)

EVOLUCIÓN DA POBOACIÓNACTIVA POR SECTORES (1960-2009)

As actividades sanitarias forman parte do sector servizos.

Page 5: 37122 LASOC3ESO 124-141 RODEIRA LA.SOC · 2011-05-24 · o Camiño de Santiago Desde a Idade Media o Camiño de Santiago é unha das grandes vías de peregri-nación do cristianismo

Resume nun esquema as causas polas que foi aumentan-

do o sector servizos en España.

Observa a gráfica da evolución da poboación activa e res-

ponde:

— A poboación ocupada no sector terciario foi aumen-

tando ou diminuíndo? En que anos se ve máis clara-

mente esta tendencia?

3. Observa a gráfica sobre a evolución do comercio e di:

— Cal foi a evolución das importacións e das exporta-

cións?

— A diferenza entre ambas aumentou ou diminuíu? Que

supón que as importacións sexan máis elevadas ca as

exportacións?

Observa o mapa dos transportes e traza o itine rario que

realizarías por estrada para desprazarte entre unha cida-

de do sur e unha do norte penin sular.

— Busca información en Internet para comprobar se po-

derías realizar a mesma viaxe en avión ou en tren. In-

fórmate dos prezos e do tempo necesario e valora con

que medio che interesaría máis desprazarte.

4.@

2.R

1.R

AC

TIVID

AD

ES1.2. Os transportesOs transportes, do mesmo xeito ca as comunicacións, son fun-

damentais na economía actual, porque fan posible o traslado de

persoas, mercadorías e noticias. En España o número de viaxei-

ros e o tráfico de mercadorías aumentaron de forma espectacu-

lar nos últimos anos.

O desenvolvemento das infraestruturas constitúe un dos princi-

pais factores do incremento do transporte. A rede de transpor-

tes terrestres presentou algunhas dificultades na súa constru-

ción por causa do relevo e aínda ten na actualidade unha

estrutura radial que conecta o centro coas periferias, pero que

presenta problemas na conexión das periferias entre si.

127As actividades económicas en España e en Galicia

Obras de construción da liña férrea do AVE.

A REDE DE TRANSPORTES ESPAÑOLA

Por estrada circula amaioría dos viaxeiros edas mercadorías. Nasúltimas décadas ini-ciouse unha importantemellora coa construciónde autovías.

A REDE DE ESTRADAS

O transporte marítimo utilízase sobre todo no des-prazamento de mercadorías a longa distancia. O tráfico de pasaxeiros é importante entre Ceutae Alxeciras e entre as illas e a Península.

O TRANSPORTE MARÍTIMO

O transporte aéreo de pasaxeiros, especialmen-te o internacional, aumentou moito; trátase dunhatendencia que se consolida favorecida pola pro-liferación de compañías de baixo custo. Os prin-cipais aeroportos son os de Madrid e Barcelonae os de zonas turísticas como os de Palma de Ma-llorca, As Palmas, Tenerife, Málaga e Menorca.

O TRANSPORTE AÉREO

O ferrocarril estase intentando potenciar con in-vestimentos como o tren de alta velocidade, quexa une Sevilla e Madrid e que debe unir proxi-mamente Madrid con Barcelona e Francia. Nas grandes cidades os trens de proximidadeteñen un papel fundamental nos desprazamen-tos diarios entre os núcleos de residencia e o lu-gar de traballo.

O FERROCARRIL

Page 6: 37122 LASOC3ESO 124-141 RODEIRA LA.SOC · 2011-05-24 · o Camiño de Santiago Desde a Idade Media o Camiño de Santiago é unha das grandes vías de peregri-nación do cristianismo

2. O turismo

128 Unidade 8

CIDADES PATRIMONIO DA HUMANIDADE

PROCEDENCIA DO TURISMO (2008)

TURISMO POR COMUNIDADES AUTÓNOMAS (2008)

2.1. A importancia do turismo na economía española

O turismo é un dos principais motores da economía espa-

ñola, xa que proporciona elevados ingresos, que axudan a

compensar o déficit comercial, e ocupa unha abundante

man de obra.

España é o terceiro país do mundo que recibe máis turistas,

despois de Francia e Estados Unidos. No ano 2008 recibiu

53,6 millóns de turistas estranxeiros. O principal país emi-

sor de turistas cara a España foi o Reino Unido, con máis de

15 millóns de persoas. A comunidade que recibiu máis tu-

ristas foi Cataluña, cuns 14 millóns, o que representa un

25% do total.

Os recursos turísticos de España empezaron a explotarse

na década dos anos cincuenta da século XX, cando a mello-

ra do nivel de vida das clases medias europeas permitiu

que as viaxes nos períodos de vacacións empezasen a con-

verterse nun fenómeno de masas. Potenciouse basicamen-

te o turismo de sol e praia, polo que as zonas que máis se

desenvolveron turisticamente foron o litoral mediterráneo,

as Illas Baleares e as Canarias.

2.2. Os tipos de turismoEstas zonas sufriron en poucos anos unha profunda trans-

formación pola rápida construción de numerosas infraes-

truturas turísticas (hoteis, apartamentos, restaurantes,

estradas...), moitas veces sen unha planificación urbanísti-

ca previa e sen ter en conta o impacto ambiental.

O turismo de sol e praia é, principalmente, un tipo de

turismo estacional, concentrado nos meses de xullo e

agosto, e nas zonas da costa, e actualmente continúa sen-

do o principal en España.

Os operadores turísticos e as empresas maioristas de via-

xes venden paquetes de estancias en hoteis en zonas de

praia a prezos moi baixos e trasladan a un gran número de

persoas. Desta maneira conseguen asegurar practicamen-

te a ocupación de toda a tempada estival nos hoteis.

Con todo, o turismo cultural e o turismo para gozar da na-

tureza foron gañando peso nos últimos anos. Estes tipos

de turismo non son tan estacionais e permitiron o desen-

volvemento do sector nas zonas do interior e nas zonas de

montaña, así como ampliar a tempada turística.

Así mesmo, o turismo interior cada vez gañou máis im-

portancia, grazas ao aumento do nivel de vida da poboa-

ción española, que se despraza para realizar turismo cultu-

ral, deportes de aventura ou de inverno etc. ao longo de

todo o ano dentro de España.

Page 7: 37122 LASOC3ESO 124-141 RODEIRA LA.SOC · 2011-05-24 · o Camiño de Santiago Desde a Idade Media o Camiño de Santiago é unha das grandes vías de peregri-nación do cristianismo

5. Por que é importante o turismo para a economía española?

Observa o mapa da páxina anterior e responde.

— Podemos afirmar que España ten un rico patrimonio

cultural? Por que?

— Cres que este patrimonio é un recurso turístico impor-

tante? Razoa a túa resposta.

7. Observa as gráficas e di de onde procede a maioría do tu-

rismo que chega a España.

— A onde se dirixe principalmente? Son comunidades si-

tuadas no litoral ou no interior?

Le o texto e responde e responde as seguintes preguntas

sobre o Camiño de Santiago.

— En que tipo de turismo pode incluírse?

— De que comunidade proceden a maior porcentaxe de

peregrinos? E de que país estranxeiro?

8.R

6.A

AC

TIVID

AD

ES2.3. Análise dunha zona turística de Galicia:

o Camiño de SantiagoDesde a Idade Media o Camiño de Santiago é unha das grandes vías de peregri-

nación do cristianismo. É unha ruta que percorren os peregrinos procedentes de

España e de toda Europa para chegar á Santiago e venerar as reliquias do apósto-

lo. Desde a década de 1980 coñeceu unha gran revitalización que se manifesta

sobre todo nos anos santos, comezando polo de 1993.

O Camiño de Santiago converteuse nos últimos anos nunha das principais zonas tu-

rísticas de máis éxito na oferta non só galega, senón tamén española e europea.

Aínda que os camiños polos que chegan os peregrinos a Santiago son moi nume-

rosos, unha das vías chegou a converterse no camiño por antonomasia: o cami-

ño francés. Iníciase en Roncesvalles e chega a Galicia a través do Cebreiro, Porto-

marín, Palas de Rei…, ata chegar a Compostela.

Tipo de turismo. Xorde como unha ruta seguida por motivacións relixiosas, pero

no século XX comeza unha afluencia masiva aducindo razóns de tipo cultural, de-

portivo, espiritual, de natureza etc.

Consecuencias. Ao incremento da oferta de aloxamento polo aumento de visitan-

tes, contrapóñense a incapacidade para xerar dinamismo nos territorios atravesados

polas distintas rutas ou ameazas de masificación e deterioración do Camiño.

129As actividades económicas en España e en Galicia

A Porta Santa da catedral de Santiago de Compostela.

O peregrinómetro non dá abasto, e é que as cifras acadadas en agosto baten todos os récords, xa que, segundo os datos da Oficina

do Peregrino, 54 764 persoas recolleron a súa Compostela neste mes, tras faceren o Camiño.

No anterior Ano Santo, no 2004, foron 45 605 os peregrinos que chegaron á capital galega no mesmo período. E iso que desde a

Oficina do Peregrino se advirte que estes datos son provisionais, posto que aínda non se incorporaron as cifras da Peregrinación

Europea de Mozos.

Unha vez máis, a gran maioría, 46 994, chegou a Santiago a pé, mentres que 7 522 optaron pola bicicleta, 242 elixiron o cabalo e

7 peregrinaron en cadeira de rodas. Tamén son maioría as persoas que percorren a ruta por razóns relixiosas, posto que un 57 %

(31 565) se engloba neste apartado, mentres que un 37 % (20 315) asegura que peregrinou por motivos relixioso-culturais e só un

5 % (2 885) por razóns culturais.

Por idades, encabezan a clasificación as persoas de entre 30 e 60 anos, posto que chegaron a Compostela 31 571 (o 57 %), seguidas

polos peregrinos menores de 30 anos, que foron 20 429 (o 37 %), e polos maiores de 60 anos, 2 765 (5 %). Do total de peregrinos que

chegaron en agosto, 40 219 foron de nacionalidade española (73,4 %). O maior número de peregrinos foi das comunidades de Ma-

drid, con 6 837 (17 %); Andalucía, con 6 571 (16 %); Cataluña, con 5 565 (13 %); Comunidade Valenciana, con 5 085 (12 %); Galicia, con

3 376 (8 %); Castela a Mancha, con 2 557 (6 %); Castela-León, con 2 510 (6 %) e País Vasco, con 1 835 (4 %).

No que a estranxeiros se refire, chegaron 14 566 (26 %) e encabezan a listaxe os italianos con 5 740 (39 %), seguidos de Alemaña, con

1 696 (11 %); Francia, con 1 216 (8 %); Portugal, con 1 195 (8 %); Polonia, con 425 (2,9 %); Estados Unidos, con 278 (1,9 %); Irlanda, con

274 (1,8 %) e Reino Unido, con 255 (1,7 %).Traducido de elcorreogallego.es, 02-09-2010

Peregrinos a Santiago

Page 8: 37122 LASOC3ESO 124-141 RODEIRA LA.SOC · 2011-05-24 · o Camiño de Santiago Desde a Idade Media o Camiño de Santiago é unha das grandes vías de peregri-nación do cristianismo

3.1. As principais fontes de enerxía España é un país pobre en recursos enerxéticos. A maioría das

fontes de enerxía necesarias impórtanse, polo que se pode afir-

mar que España ten unha forte dependencia externa neste

sector.

Este déficit enerxético español foi aumentando desde o último

cuarto do século XX paralelamente ao desenvolvemento econó-

mico, malia os esforzos por potenciar as enerxías renovables e

favorecer o aforro enerxético.

As fontes de enerxía non-renovablesO petróleo utilízase no transporte e na industria principalmente.

Ademais é unha materia prima na industria petroquímica para a

fabricación de produtos como o plástico. Existen importantes

refinarías como as de Tarragona, Castellón da Plana, A Coruña ou

Puertollano, pero todo o petróleo vén importado de Arabia Sau-

dí, Irán, Iraq, México e Nixeria.

O carbón emprégase principalmente nas centrais térmicas para

producir electricidade, nas industrias siderúrxicas e nas do ce-

mento. A minaría do carbón en España sufriu unha crise impor-

tante como consecuencia das dificultades para extraelo e da po-

lítica de reconversión esixida pola Unión Europea.

O gas natural utilízase para consumo tanto industrial coma do-

méstico. Impórtase sobre todo desde Alxeria e Libia e distribúese

mediante unha rede de gasodutos que atravesan o estreito de Xi-

braltar; tamén hai outros tramos que nos conectan coa rede euro-

pea a través dos Pireneos.

O uranio utilízase para obter enerxía nuclear. En España existen

quince centrais nucleares, das que están en funcionamento oito.

3. As fontes de enerxía e a minaría

130 Unidade 8

Central nuclear de Almaraz (Cáceres).

O CONSUMO DE ENERXÍA (2008)

EVOLUCIÓN DOS PREZOS DO PETRÓLEO

España é o sétimo país da Unión Europea (UE) con maior de-

pendencia enerxética do exterior, pois cobre con importacións

o 81,4% do seu consumo, fronte ao 53,8% de media nos Vinte e

sete.

Segundo a información facilitada por Eurostat, a oficina estatís-

tica comunitaria, correspondente a 2006, só Chipre, Malta, Lu-

xemburgo, Irlanda, Italia e Portugal dependen máis ca España

das importacións de enerxía.

O consumo de enerxía en España nese exercicio foi de 143,9 mi-

llóns de toneladas equivalentes de petróleo (a medida estándar

para avaliar o consumo enerxético) e as importacións eleváron-

se a 123,8 millóns de toneladas.

Entre 1997 e 2006, a produción de enerxía da UE caeu un 9% e

o consumo aumentou un 7 %.

Traducido e adaptado de <http://www.eleconomista.es>

A dependencia enerxética española

Page 9: 37122 LASOC3ESO 124-141 RODEIRA LA.SOC · 2011-05-24 · o Camiño de Santiago Desde a Idade Media o Camiño de Santiago é unha das grandes vías de peregri-nación do cristianismo

9. Por que dicimos que España é un país de-

pendente en materia de enerxía?

— Le o artigo da páxina anterior e compa-

ra a situación de España coa dos outros

países da Unión Europea.

Observa a gráfica sobre o consumo de

enerxía no ano 2008 e responde as pre-

guntas.

— Que proporciona a maior parte da ener-

xía que se consumiu en España?

— Que porcentaxe proporcionan as ener-

xías renovables? E as enerxías non-re-

novables?

Observa a gráfica sobre o prezo do petró-

leo e responde as preguntas.

— Cal foi a evolución dos prezos?

— Como repercute este feito na economía

española? Pon algún exemplo de pre-

zos que dependen do prezo do petró-

leo.

12. Observa o mapa sobre os recursos mine-

rais e as fontes de enerxía, e responde as

preguntas.

— Onde se atopan principalmente as cen-

trais hidroeléctricas?

— Hai algunha central nuclear en Galicia?

Cal?

— Existe algunha instalación relacionada

coas fontes de enerxía en Galicia? Cal?

11.A

10.R

AC

TIVID

AD

ESAs fontes de enerxía renovablesEste tipo de enerxías están sendo potenciadas nas últimas décadas co

fin de intentar reducir a dependencia enerxética do exterior.

Os parques eólicos, que aproveitan a forza do vento, forman xa parte

da paisaxe de moitas zonas de España, como Galicia, o estreito de Xi-

braltar ou a depresión do Ebro.

A enerxía solar ofrece grandes posibilidades en España grazas á ele-

vada insolación. Potenciouse na metade sur peninsular e no litoral

mediterráneo, especialmente para abastecer o consumo doméstico

de enerxía e auga quente.

Outro tipo de enerxías, como a da biomasa, que se produce coa com-

bustión dos residuos que xeramos, e a xeotérmica son moi pouco uti-

lizadas.

131As actividades económicas en España e en Galicia

Central termosolar PS10 en Sanlúcar a Maior (Sevilla).RECURSOS MINEIROS E FONTES DE ENERXÍA

A minaría

España foi un país rico en recursos mineiros, pero a súa explotación des-

de a Antigüidade provocou que a finais do século XIX as principais reser-

vas se esgotasen.

Nos últimos anos produciuse unha gran reestruturación do sector; por

exemplo, pecharon explotacións emblemáticas como as de cobre e pi-

rita en Riotinto (Huelva).

No entanto, aínda se extraen minerais como mercurio, chumbo, ferro,

cinc, volframio, estaño e xofre. A extracción de minerais non-metálicos

e rochas industriais, como o sal, a lousa e o mármore, seguiu unha evo-

lución máis favorable, tanto polo aumento da demanda interna coma

das exportacións.

Page 10: 37122 LASOC3ESO 124-141 RODEIRA LA.SOC · 2011-05-24 · o Camiño de Santiago Desde a Idade Media o Camiño de Santiago é unha das grandes vías de peregri-nación do cristianismo

4.1. A industriaEspaña atópase na actualidade entre o grupo de países máis in-

dustrializados do mundo. Con todo, o proceso de industrializa-

ción español foi máis serodio e dificultoso ca o resto de Europa.

A industrialización iniciouse en España no século XIX, localizada

en Cataluña e no País Vasco. A falta de recursos enerxéticos e de

materias primas, o atraso na construción do ferrocarril e a esca-

sa presenza dunha burguesía industrial explican, entre outros

factores, que a industrialización non se estendese ata a segunda

metade do século XX.

A crise enerxética dos anos setenta obrigou a iniciar a reconver-

sión do sector industrial, que tivo como obxectivo modernizar a

produción. Para iso pecháronse as empresas pouco produtivas e

introducíronse as novas tecnoloxías.

A incorporación á UE (1986) esixiu unha continuación da recon-

versión. Iso orixinou unha importante perda de postos de traba-

llo, especialmente en sectores como a industria téxtil, a siderúr-

xica, a de construción naval e a do calzado.

Desde os anos noventa aumentaron os investimentos en I+D

(Investigación e Desenvolvemento), especialmente nos sectores

máis dinámicos da actividade industrial, como a electrónica, a

informática ou a industria do automóbil.

Os principais sectores industriaisOs sectores que se adaptaron para ser máis competitivos son

sectores nos que a presenza de capital estranxeiro é impor-

tante. Por exemplo: a fabricación de automóbiles, a industria

química e a petroquímica e outras empresas como as de fibras

sintéticas, material fotográfico, produtos de farmacia e papel e

a industria agroalimentaria.

Tamén medraron as industrias relacionadas coas novas tecno-

loxías.

Na actualidade algúns dos problemas da industria española son

o predominio das empresas medianas e pequenas, a escasa in-

vestigación, a necesidade de conseguir unha maior produtivida-

de, a necesidade de controlar os impactos ambientais e a deslo-

calización industrial.

4. A industria e a construción

132 Unidade 8

Planta industrial de cervexas. Nela aprécianse os depósitos de almacenaxe.

A INDUSTRIA EN ESPAÑA

Industria e territorio

A localización das industrias está moi relacionada coas grandes

concentracións urbanas e coas vías de comunicación.

Destacan o eixe do Ebro, que vai desde Cataluña ao País Vasco,

pasando por Aragón, A Rioxa e a Comunidade Foral de Navarra; e

o eixe mediterráneo, que comprende desde a Rexión de Murcia

ata Cataluña.

Ademais existen outros núcleos industriais importantes, como

Madrid, Valladolid, Xixón, Vigo ou Sevilla.

Page 11: 37122 LASOC3ESO 124-141 RODEIRA LA.SOC · 2011-05-24 · o Camiño de Santiago Desde a Idade Media o Camiño de Santiago é unha das grandes vías de peregri-nación do cristianismo

13. Cando se iniciou a industrialización en España? Cando se

estendeu?

— Por que o proceso de industrialización foi máis lento

ca o doutros países europeos?

14. Que sectores industriais son os máis competitivos na

actua lidade?

Observa o mapa da páxina anterior e di cales son os prin-

cipais eixes industriais.

— Que industrias predominan en Galicia?

Observa as dúas gráficas. Como evolucionou o parque de

vivendas en España?

— Por que se produciu unha caída tan grande no 2008?

— Como era a situación da vivenda en España respecto a

outros países europeos no ano 2006?

Le o artigo e di cal é o tema que trata.

— Que critica o Parlamento Europeo do modelo de cons-

trución español?

— Cres que é un modelo sostible?

17.A

16.R

15.R

AC

TIVID

AD

ES4.2. A construciónO subsector da construción ten unha grande importancia económica

en España. A construción ocupa en España o 10 % da poboación ac-

tiva e o crecemento económico nos últimos anos sustentouse, en boa

medida, nesta actividade.

O gran desenvolvemento da construción tivo como causas o crece-

mento industrial e das cidades, o crecemento demográfico, a expan-

sión do turismo na costa e a mellora das obras públicas e das infraes-

truturas (estradas, autoestradas, hospitais...).

Na actualidade a construción de vivendas representa case o 50 % de

toda a actividade do sector en España. O resto da actividade divídese

entre as obras de enxeñaría civil (estradas, pontes...) e as edificacións

non-residenciais (hospitais, centros comerciais, oficinas...).

O gran peso da construción de vivendas non se pode explicar soa-

mente polo aumento demográfico, que fixo aumentar a súa deman-

da; en realidade, gran parte da poboación ten dificultades para acce-

der á compra de vivendas polo seu elevado prezo. Boa parte delas son

segundas residencias e outras vivendas mércanse como investimen-

to, moitas veces por parte de capital estranxeiro.

A vinculación entre a construción e o sector financeiro en España fa-

voreceu que, ao iniciarse a crise económica global no ano 2008, se

producise unha importante paralización da actividade construtiva en

España.

133As actividades económicas en España e en Galicia

CONSTRUCIÓN DE VIVENDAS EN ESPAÑA CONSTRUCIÓN DE VIVENDAS EN EUROPA (2006)

Novo tirón de orellas desde Bruxelas ao mo-

delo de construción levado a cabo en España

nos últimos anos. A comisión de Pedimentos

do Parlamento Europeo (PE) aprobou un in-

forme no que critica con dureza a «urbaniza-

ción masiva» en España.

A liña máis crítica denuncia a «destrución

masiva» nas illas e zonas costeiras medite-

rráneas a través do «cemento e do formi-

gón» e as «ganancias excesivas» do sector

da construción durante os anos de expan-

sión económica.

A comisión considera que en España se «xe-

rou unha forma endémica de corrupción» por

mor da falta de claridade e de aplicación ade-

cuada das normas sobre propiedade indivi-

dual e respecto do medio natural.

Traducido e adaptado de El Mundo (11-2-2009).

O modelo urbanístico español

Page 12: 37122 LASOC3ESO 124-141 RODEIRA LA.SOC · 2011-05-24 · o Camiño de Santiago Desde a Idade Media o Camiño de Santiago é unha das grandes vías de peregri-nación do cristianismo

5.1. A agricultura e a gandaríaA agricultura foi perdendo importancia na economía española

desde mediados do século XX. Pasou de ocupar máis do 63 % da

poboación activa en 1900 a ocupar un 4 % no ano 2009. Con

todo, a pesar do descenso da man de obra ocupada, grazas á

tecnificación a produtividade das terras de cultivo non deixou

de aumentar.

A agricultura española ante o futuroDesde a incorporación de España á Unión Europea (1986) a po-

lítica agraria española debe seguir as directrices marcadas pola

Política Agraria Común (PAC). Iso levou a introducir iniciativas

encamiñadas a:

— Reducir a produción de produtos tradicionais como o leite, o

viño de pouca calidade ou o aceite.

— Incentivar os produtos de calidade (máis ca a cantidade das

producións), por exemplo, coas denominacións de orixe.

— Incentivar os cultivos ecolóxicos.

— Potenciar actividades complementarias, como o turismo ru-

ral, para mellorar a renda dos agricultores.

5. As actividades primarias

134 Unidade 8

A AGRICULTURA ESPAÑOLA

Os principais cultivos industriais son:a remolacha azucreira, o algodón, otabaco e o xirasol.

OS CULTIVOS INDUSTRIAIS

Os máis importantes son os cereais, avide e a oliveira. Tamén destacan aamendoeira e a abeleira.

OS CULTIVOS DE SECAÑO

Entre estes produtos destacan o millo,o arroz, as hortalizas como tomates,pementos, leitugas, berenxenas...; eentre as froiteiras, os cítricos, meloco-tóns, amorodos, sandías e melóns...

OS CULTIVOS DE REGADÍO

A PRODUCIÓN AGRÍCOLA (2007)

CULTIVOSUPERFICIE(miles ha)

PRODUCIÓN(miles t)

Cereais 6 244 24 544

Hortalizas 380 13 501

Tubérculos 87 2 510

Cultivos indust. 780 5 908

Cítricos 315 5 303

Froiteiras 854 3 783

Viñedo 1 131 5 962

Oliveiras 2 470 6 140

A PRODUCIÓN GANDEIRA (2000-2008)

GANDO2000

(miles cabezas)2008

(miles cabezas)

Bovino 6 216 6 020

Ovino 24 297 19 952

Caprino 2 876 2 959

Porcino 22 149 26 026

Page 13: 37122 LASOC3ESO 124-141 RODEIRA LA.SOC · 2011-05-24 · o Camiño de Santiago Desde a Idade Media o Camiño de Santiago é unha das grandes vías de peregri-nación do cristianismo

Observa o mapa da agricultura española e resume nun

esquema os tres tipos de agricultura que se dan en Espa-

ña. No esquema deben aparecer onde se atopan situa-

dos e cales son os principais produtos.

19. Le os datos da táboa sobre a produción agrícola e di ca-

les son os cultivos de secaño e os de regadío que teñen

unha maior produción.

20. Le os datos da táboa sobre a produción gandeira e explica

como foi a súa evolución entre os anos 2000 e 2008.

21. Con que problemas se debe enfrontar na actualidade o

sector pesqueiro español?

Observa a táboa e a gráfica sobre a produción pesqueira

e a produción da acuicultura, e responde:

— Que se desembarca principalmente fresco e que con-

xelado?

— Cres que o desembarque de peixe conxelado está rela-

cionado coa necesidade de pescar en caladoiros cada

vez máis afastados? Por que?

— En que comunidades autónomas se practica a acuicul-

tura?

— Que especies de peixes e de moluscos se producen

principalmente mediante a acuicultura?

— Produce máis a acuicultura continental ou a mariña?

22.A

18.R

AC

TIVID

AD

ES5.2. A pesca e a silvicultura

A pescaEspaña é unha das grandes potencias pesqueiras mun-

diais. A pesca permitiu, ademais, o desenvolvemento dou-

tras actividades relacionadas, como a industria conserveira

ou os estaleiros. Con todo, o peso da pesca no PIB español

é pequeno, así como a porcentaxe de man de obra ocupa-

da no sector. Os principais portos son os da costa atlántica;

entre eles destacan os de Vigo, A Coruña, Cádiz e Huelva.

Os caladoiros nacionais localízanse no Mediterráneo, no

que se pescan sobre todo sardiña, bocarte, atún e bonito; e

no Atlántico, onde se capturan principalmente carioca,

pescada, sardiña, ollomol, peixe espada, atún e marisco.

O esgotamento dos caladoiros e a política de cotas de

capturas impostos pola UE comportaron importantes pro-

blemas para a frota pesqueira, que debe desprazarse a Te-

rranova (Canadá), Marrocos ou Mozambique para poder

pescar. Non obstante, conseguir acordos de pesca con es-

tes países é cada vez máis dificultoso.

Fronte a todo iso, a acuicultura preséntase cada vez máis

como unha opción. Algunhas especies mariñas que se en-

contran nos nosos mercados, como mexillóns, ostras,

ameixas, robaliza e rodaballo, proceden xa da acuicultura.

Tamén se practica a acuicultura de auga doce, con especies

como troitas, cangrexos, carpas, lucios e percas. A acuicul-

tura ten unha grande importancia económica en Galicia,

sobre todo no que se refire ao cultivo do mexillón e do ro-

daballo.

A silviculturaA silvicultura explota principalmente piñeiro e eucalipto,

especies de rápido crecemento, e outras especies autócto-

nas, como faia, carballo, castiñeiro e aciñeira.

A produción forestal dedícase a obter madeira, resina e

cortiza. A produción de madeira é insuficiente e impórtase

un 25 % da que se consome. En cambio, España é a segun-

da produtora mundial de cortiza.

135As actividades económicas en España e en Galicia

A PRODUCIÓN DA ACUICULTURA

A PRODUCIÓN PESQUEIRA (2007)

FRESCO(peso vivo en t)

CONXELADO(peso vivo en t)

Peixes 432 620,4 291 547,1

Crustáceos 8 879,2 7 968,5

Moluscos 33 104,4 20 692,6

Page 14: 37122 LASOC3ESO 124-141 RODEIRA LA.SOC · 2011-05-24 · o Camiño de Santiago Desde a Idade Media o Camiño de Santiago é unha das grandes vías de peregri-nación do cristianismo

136 Unidade 8

6.1. Situación da economía galegaO fenómeno máis característico da situación actual é a intensa e

xeneralizada terciarización da nosa economía. Na actualidade,

o sector servizos medrou moito e converteuse nunha importan-

te actividade xeradora de emprego, chegando a ser a actividade

que máis impulsa o crecemento económico.

O progreso económico de Galicia está ligado ao constante crece-

mento do PIB, ao grande avance da produtividade, a unha maior

apertura comercial e ao forte aumento das exportacións e da

competitividade.

6.2. O sector primarioGalicia destacou tradicionalmente polo peso do sector primario

na economía. Non obstante, nos últimos anos viuse reducido de-

bido á diminución da poboación ocupada neste sector, ao decli-

ve demográfico, ao envellecemento da poboación rural e á crise

da rendibilidade da actividade agrogandeira.

A agricultura pasou a ocupar un segundo plano e a gandaría é

agora a principal actividade agraria, destacando a gandaría bo-

vina destinada á produción láctea e de carne. O cultivo de plan-

tas forraxeiras (millo e pradarías) medrou moito, por ser a base

da produción gandeira. O viñedo tamén ocupa unha gran super-

ficie e proporciona rendementos moi elevados.

A pesca continúa sendo unha das principais actividades da nosa

economía. Ademais, estimula o funcionamento doutras activi-

dades, como a industria conserveira, os estaleiros e o comercio.

A flota pesqueira galega é a máis numerosa de toda a UE. Pero

nos últimos anos pasa por unha crise como consecuencia do es-

gotamento dos caladoiros, as reducións das cotas impostas pola

UE e as limitacións para a captura de determinadas especies.

Galicia é un dos líderes mundiais en acuicultura. O mexillón,

cultivado nas bateas fondeadas nas rías, é o produto estrela. A

acuicultura en granxas litorais ten grandes posibilidades de ex-

pansión, como as de cultivo de rodaballo.

6. As actividades económicas en GaliciaPRODUCIÓN AGRÍCOLA (2007)

GRUPO DE CULTIVOS toneladas

Cultivos forraxeiros 12 668 497

Pataca 353 666

Hortalizas 284 763

Cereais e leguminosas gran 193 630

Viñedo 153 792

NÚMERO DE CENTRAIS (2007)

Hidroeléctricas 155

Eólicas 92

Fotovoltaicas 9

Termoeléctricas 92

Biomasa 5

PESCA DESEMBARCADA (2008)

€ Kg

Algas 50 615 82 213

Bivalvos 77 806 177 11 340 932

Cefalópodos 26 963 378 9 851 796

Crustáceos 30 213 875 1 580 872

Equinodermos 1 987 498 747 949

Peixes 313 561 026 149 825 738

A enerxía é unha actividade punteira para a nosa economía. Ga-

licia é unha rexión rica en recursos enerxéticos, especialmente

en enerxía renovable. De todas elas, a eólica é a que amosa un

maior índice de crecemento.

A minaría de Galicia mantense nunha tendencia estable duran-

te os últimos anos, nos que experimentou un gran desenvolve-

mento a produción da pedra natural (lousa e granito), mentres

que a minaría metálica quedou fortemente reducida. Galicia é

unha das primeiras comunidades en produción e exportación

de pedra natural, sobre todo, de lousa.

A enerxía e a minaría

Explotación minei-ra de granito no

Porriño (Pontevedra).

Page 15: 37122 LASOC3ESO 124-141 RODEIRA LA.SOC · 2011-05-24 · o Camiño de Santiago Desde a Idade Media o Camiño de Santiago é unha das grandes vías de peregri-nación do cristianismo

23. Observa as gráficas sobre a economía en

Galicia e responde as preguntas.

— Por que podemos afirmar que a econo-

mía galega é unha economía terciariza-

da? Como é a actividade industrial gale-

ga, segundo os datos de exportacións?

Cales son as principais actividades de

servizos segundo o volume de negocio?

— Redacta unha breve síntese a partir des-

tes datos.

AC

TIVID

AD

ES6.3. O sector industrialGalicia ten unha baixa porcentaxe de poboación traballando neste sec-

tor. A industria galega está especializada en actividades tradicionais, li-

gadas á transformación de produtos básicos (agrícolas, pesqueiros e mi-

nerais) e nas industrias do automóbil, da madeira, do téxtil e do naval.

A actividade industrial galega repártese de forma desigual no territo-

rio. O maior peso dos sectores recae nas provincias da Coruña e Pon-

tevedra. Boa parte do emprego detes sectores concéntrase nas co-

marcas de Vigo, A Coruña, Santiago e Ferrol.

A industria do automóbil concéntrase na factoría PSA Peugot-Ci-

troën en Vigo, que xera ao seu redor unha próspera industria de com-

poñentes da automoción.

O sector téxtil é unha das actividades industriais máis dinámicas de

Galicia. Experimentou un continuo crecemento, como consecuncia

dunha notable expansión dos seus mercados exteriores e da súa capa-

cidade de exportación. Os seus principais núcleos de implantación son

Arteixo (A Coruña), Vigo, Ferrol, Ourense e Lalín (Pontevedra).

A construción naval atravesa unha profunda crise pola falta de con-

tratos debido á competencia dos países do leste asiático.

6.4. O sector terciarioO sector terciario constitúese no principal sector da economía galega,

tanto polo seu valor económico coma pola poboación que ocupa.

Na distribución territorial dos servizos tamén se aprecia a dicotomía

litoral-interior. Os servizos públicos concéntranse nas cidades e nas

áreas urbanas, así como nas vilas e nas capitais municipais. Os servi-

zos comerciais tamén son moi significativos na súa achega econó-

mica, cun importante crecemento de hostalaría e restaurantes.

Os transportes e as comunicacións experimentaron unha mellora

substancial. En canto ao sector audiovisual en Galicia, merece des-

tacar a súa forza actual e as expectativas abertas para o futuro.

O turismo está rexistrando un importante desenvolvemento. O sec-

tor dinamízase e diversifica a súa oferta con novas formas de turismo.

Galicia dispón dunha oferta turística que presenta diversas alternati-

vas: turismo cultural, de natureza, de congresos, náutico, de saúde,

rural e de gol. O turismo rural, o Camiño de Santiago e o Xacobeo re-

ciben unha gran promoción e presentan unha expectativas elevadas

de crecemento. Do mesmo xeito, Galicia pode consolidarse como re-

ferente do turismo termal, cultural e de congresos.

EXPORTACIÓNS POR SECTORES

POBOACIÓN ACTIVA POR SECTORES

O SECTOR SERVIZOS

137As actividades económicas en España e en Galicia

Factoría automobilística PSA Peugeot - Citroën en Vigo.

Baños termais da Chavasqueira en Ourense.

Page 16: 37122 LASOC3ESO 124-141 RODEIRA LA.SOC · 2011-05-24 · o Camiño de Santiago Desde a Idade Media o Camiño de Santiago é unha das grandes vías de peregri-nación do cristianismo

138 Unidade 8

A ACTUALIDADE A DEBATECara a un novo turismo?

O turismo ten un peso fundamental na economía espa -

ñola. Con todo, as tendencias actuais dos fluxos turísticos

detec tan que os intereses dos turistas están cambiando.

Ademais, xorden novos destinos que ofrecen prezos máis

baixos. Paralelamente, aumentan o gusto polos lugares

exóticos e pouco masificados, a preocupación polo am-

biente e o turismo que busca paisaxes naturais e cultura.

Ante todo isto, parece axeitado preguntarnos se nun futu-

ro non moi afastado o sector deberá evolucionar e ofrecer

un novo turismo e se España poderá adaptarse a iso.

O turismo da nova sociedade

Le os textos, obseva a gráfica e responde:

— Cales son as características do turismo xusto segundo o

texto de J. M. Gomis?

— Explica que é o turismo sostible e cales son os seus ob-

xectivos.

— Segundo a gráfica, que tipo de turismo lle proporciona

máis ingresos á industria turística española?

— Debedes valorar a conveniencia de incentivar novos tipos de tu-

rismo en España ou ben de insistir no modelo turístico actual, que

tan bos resultados económicos lle deu á economía española.

— Para obterdes información que vos permita defender unha ou ou-

tra postura, podedes buscar información nas páxinas web que

vos propoñemos.

DEBATE

Desde a perspectiva do turismo xusto incídese especial-

mente no desenvolvemento dunha actividade turística a

partir da participación activa e directa da poboación local

nunha relación de intercambio que garanta, á vez, os ni-

veis de calidade esixibles dos servizos ofrecidos e a distri-

bución equitativa dos seus beneficios.

Neste contexto, identificamos unha crecente demanda

internacional, aínda minoritaria, pero moi sensibilizada e

cada vez con maior acceso á información e esixente, co-

rrespondente a un turista que, máis que por vivir deter-

minadas emocións estandarizadas, se move por senti-

mentos. Máis que fixarse no prezo, este turista séntese

cómodo co valor engadido que lle achegan as iniciativas

desenvolvidas con responsabilidade social.

Traducido e adaptado de J. M. Gomis, «¿Por qué turismo justo?»,

en <http://www.uoc.edu/portal/castellano/la_universitat/

sala_de_premsa/reportatges/2008/turisme_Gomis.html>

O turismo sostible foi definido pola Organización Mun-

dial do Turismo como aquel que «satisfai as necesidades

presentes dos turistas e das rexións hospedeiras, á vez

que protexe e mellora as oportunidades para o futuro». O

turismo sostible permite:

— Diversificar a produción mantendo a integridade cul-

tural e a diversidade biolóxica.

— Fomentar o arraigamento rural e revalorizar o patrimo-

nio cultural local.

— Integrar todos os grupos humanos na cadea produti-

va, especialmente a través da creación de oportunida-

des laborais para mulleres e xente nova.

— Fomentar o asociacionismo e a implementación de ca-

deas solidarias para mellorar a comercialización de

produtos locais.

Traducido e adaptado de <http://www.turismosostenible.ec/

Turismo_Sostenible-t-5.html>

Webs sobre turismo

www.iet.tourspain.es

www.mcx.es

www.unwto.org

www.exceltur.org

www.turismojusto.org

www.turismoresponsable.net

@

Page 17: 37122 LASOC3ESO 124-141 RODEIRA LA.SOC · 2011-05-24 · o Camiño de Santiago Desde a Idade Media o Camiño de Santiago é unha das grandes vías de peregri-nación do cristianismo

1. Completa a táboa calculando o saldo (a diferenza en millóns

de euros entre exportacións e importacións) de cada sector e

indica se é positivo ou negativo.

— A partir dos saldos parciais, calcula o saldo total e indica se

é positivo ou negativo.

2. Elabora unha gráfica de barras cos datos da porcentaxe sobre

o total das importacións e exportacións que representa cada

sector económico. (Elixe unha cor para as importacións e

outra para as exportacións.)

3. Cales son os tres sectores con maior exportación? E os tres

sectores con maior importación?

— En que tres sectores é menor a diferenza entre exporta-

cións e importacións?

— En que sector é maior a diferenza entre exportacións e im-

portacións? Cal é a causa deste feito?

4. Utilizando os datos que obtiveches na análise da táboa esta-

tística, redacta un breve informe no que expliques as caracte-

rísticas do comercio español nos primeiros oito meses do ano

2009.

139As actividades económicas en España e en Galicia

SÍNTESE• O sector servizos é o principal sector da economía española: ocupa máis do 60 % da poboación activa e é o que xera

unha maior porcentaxe do PIB. Dentro deste sector destaca especialmente o turismo.

• España é un país pobre en recursos enerxéticos, polo que neste sector existe unha forte dependencia externa. A mina-

ría é un sector en crise por causa do esgotamento de moitos recursos minerais.

• España encóntrase entre os países máis industrializados do mundo. As industrias máis competitivas son aquelas nas que

a presenza de capital estranxeiro é importante. O subsector da construción ten unha grande importancia na economía es-

pañola e o seu desenvolvemento condicionou boa parte do crecemento económico de España.

• A agricultura e a gandaría foron perdendo importancia desde mediados do século XX, aínda que a produtividade

aumen tou por causa da tecnificación. España é unha gran potencia pesqueira, aínda que os seus caladoiros están

sobreexplotados, polo que a maioría das capturas se realiza en caladoiros doutros países.

COMERCIO EXTERIOR POR SECTORES ECONÓMICOS (XANEIRO-AGOSTO 2009)

EXPORTACIÓNS IMPORTACIÓNS SALDO

Millóns € % total Millóns € % total Millóns €

Alimentos (froitas e legumes, pesca, bebidas, carne, outros alimentos) 16 512,3 16,2 % 5 017,9 11,2 % . . . . . . . . . . .

Produtos enerxéticos (petróleo e derivados, gas, carbón e electricidade) 4 601,3 4,5 % 22 087,2 16,5 % –17 485,8

Materias primas (animais e vexetais, minerais) 918,5 1,9 % 3 305,7 2,5 % . . . . . . . . . . .

Semimanufacturas non-químicas (metais non-ferrosos, ferro e aceiro,

papel, produtos cerámicos, outros)11 576,0 11,4 % 9 066,1 6,8 % . . . . . . . . . . .

Produtos químicos (produtos químicos orgánicos e inorgánicos, medi-

camentos, plásticos, fertilizantes, colorantes, aceites esenciais e perfu-

mados, outros)

5 063,2 14,8 % 20 781,2 15,5 % . . . . . . . . . . .

Bens de equipo (maquinaria industrial, equipamento de oficina e tele-

comunicacións, material de transporte, motores, aparellos eléctricos...)20 716,8 20,4 % 27 529,4 20,6 % . . . . . . . . . . .

Sector automóbil (automóbiles e motos, compoñentes do automóbil) 17 358,9 17,1 % 16 695,2 12,5 % . . . . . . . . . . .

Bens de consumo duradeiro (electrodomésticos, electrónica de consu-

mo, mobles...)2 102,0 2,1 % 4 006,2 3,0 % . . . . . . . . . . .

Manufacturas de consumo (téxtiles, calzado, xoguetes, outras manu-

facturas de consumo)9 478,4 9,3 % 14 683,5 11,0 % . . . . . . . . . . .

Outras mercadorías 2 408,4 2,4 % 477,6 0,4 % . . . . . . . . . . .

TOTAL 101 735,7 100 % 133 650,0 100 % . . . . . . . . . . .

ACTIVIDADES

Page 18: 37122 LASOC3ESO 124-141 RODEIRA LA.SOC · 2011-05-24 · o Camiño de Santiago Desde a Idade Media o Camiño de Santiago é unha das grandes vías de peregri-nación do cristianismo

140 Unidade 8

AC

TIV

IDA

DE

S

1. Cales son os principais sectores da economía española? Cítaosde maior a menor importancia.

— Indica cales son as principais actividades dentro de cada sec-tor económico.

2. Observa atentamente a imaxe. Identifica que tipo de actividadeamosa.

— É unha actividade do sector terciario? Por que?

— Por que é tan importante o turismo na economía española?

3. Clasifica os seguintes termos segundo sexan causas que favorece-

ron o desenvolvemento do turismo ou consecuencias do seu cre-

cemento.

4. Completa a seguinte táboa sobre as enerxías en España.

aumento do nivel de vida das clases medias europeasclima cálido e praias - crecemento da economía española

degradación da paisaxe - prezos competitivos

TRABALLA AS COMPETENCIAS BÁSICAS

FONTEDE ENERXÍA

USO PRINCIPAL E LOCALIZACIÓNTIPO

DE ENERXÍA

Petróleo ............................................................................................................................................................................................................................... Non-renovable

Carbón ............................................................................................................................................................................................................................... .................................................................

........................................................................... Emprégase para consumo industrial e doméstico. Impórtase de Alxeria e Libia. .................................................................

Uranio ............................................................................................................................................................................................................................... Non-renovable

........................................................................... Aproveita a forza do vento e localízase en numerosas zonas de España. .................................................................

Solar ............................................................................................................................................................................................................................... Renovable

5. Relaciona as tendencias actuais da industria coa realidade deste sector en España.

a) O desenvolvemento da industria punta é o as-pecto característico dun país industrializado.

b) Téndese á concentración industrial para que asempresas sexan máis competitivas.

c) Aumenta a deslocalización industrial.

• Predominan as pequenas e medianas empresas con pouca produ-tividade. Os sectores máis competitivos son os que contan con ca-pital estranxeiro.

• A fabricación de bens trasládase a países do Terceiro Mundo, ondea produción é máis barata. Este feito provoca o peche de fábricas eo aumento do paro.

• Desde a década dos noventa do século XX creceron as industrias re-lacionadas coas novas tecnoloxías, pero os investimentos en I+Daínda son escasos.

Page 19: 37122 LASOC3ESO 124-141 RODEIRA LA.SOC · 2011-05-24 · o Camiño de Santiago Desde a Idade Media o Camiño de Santiago é unha das grandes vías de peregri-nación do cristianismo

141As actividades económicas en España e en Galicia

Observa a gráfica sobre turismo en España e responde aspreguntas.

— En que sector económico se sitúa o turismo?

— Cal foi a evolución do turismo en España entre os anos2002 e 2008?

— Cantos millóns de persoas visitaron España no ano2008?

— Explica, utilizando a información da gráfica, a impor-tancia do turismo na economía española e as súasprincipais características.

Le o texto e responde as preguntas.

— Cal é o tema do fragmento? Suxire un título apro -piado.

— Por que é importante o desenvolvemento das ener -xías renovables?

— Por que afirmamos que España é un país dependenteenerxeticamente?

— Como poden axudar as enerxías renovables a solucio-nar este problema?

Resume nun esquema a evolución do sector industrial enEspaña. Deben aparecer tamén os principais problemasda industria española na actualidade.

Observa a gráfica sobre o sector da construción e respon-de as preguntas.

— Cal foi a evolución da construción en España e en Ga -licia?

— No ano 2007, que porcentaxe do total construído re-presentan as vivendas? Esta elevada porcentaxe de vi-vendas construídas facilitou o acceso dos españois ávi venda? Por que?

— Explica o papel da construción na economía españo-la e as consecuencias da súa expansión.

Valora o papel da agricultura española na economía es-pañola actual e explica as súas principais características.

— Como lle afecta á agricultura española a pertenza deEspaña á Unión Europea?

5

4

3

2

1

AVALIACIÓN

Segundo un informe da Axencia Internacional da Enerxía

(AIE), España é o país máis atrasado no desenvolvemento

de medidas para o impulso da eficiencia enerxética, pero o

campión da súa posta en marcha.

Os datos evidencian a importancia do aforro enerxético

para a economía española. España é o sétimo país máis de-

pendente entre os 28 membros da AIE, pois só é capaz de

xerar o 20% da enerxía que consome.

Os datos da Axencia corroboran a supremacía española en

renovables: é o terceiro país en parques eólicos instalados

e o cuarto en enerxía solar. Pero volve caer se se analiza o

gasto público en I+D específico para enerxías renovables

no ano 2008: en relación co PIB, deuse marcha atrás res-

pecto dos niveis de 1990.

Traducido e adaptado de El País (16-10-2009)