30 marzo 2012 - bd53

24
Número: 53- Ano: IV - 30 de marzo de 2012 - Depósito Legal: OU 185-2009 - Periódico quincenal de distribución gratuíta - www.barriosdeportivo.com BARRIOS DEPORTIVO volve repartirse a partir do 13 de abril. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190. XIMNASIA Páx. 2-3 FÚTBOL SALA Páx. 12-13 Máis de 200 ximnastas, na V Copa Galicia de acrobático Cidade - Ponte: corpo a corpo O derbi de 1ª División de FSF celebrarase o 31 de marzo nos Remedios./RAMSÉS [páx. 4] José García Calvo “Willy” participará por terceira vez no Maratón das Areas

Upload: barrios-deportivo

Post on 12-Mar-2016

233 views

Category:

Documents


4 download

DESCRIPTION

En este número del Barrios Deportivo, el tema principal es el derbi ourensano de 1ª División de fútbol sala entre el Cidade das Burgas y el Ponte Ourense. Otro tema destacado es la V Copa Galicia de gimnasia acrobática, en donde los gimnastas deleitaron al público presente con sus ejercicios ejecutados con maestría en la central del pabellón de los Remedios.

TRANSCRIPT

Page 1: 30 Marzo 2012 - BD53

Número: 53- Ano: IV - 30 de marzo de 2012 - Depósito Legal: OU 185-2009 - Periódico quincenal de distribución gratuíta - www.barriosdeportivo.com BARRIOS DEPORTIVO volve repartirse a partir do 13 de abril. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190.

XIMNASIA Páx. 2-3FÚTBOL SALA Páx. 12-13

Máis de 200 ximnastas, na V Copa Galicia de acrobático

Cidade - Ponte: corpo a corpo

O derbi de 1ª División de FSF celebrarase o 31 de marzo nos Remedios./RAMSÉS

[páx. 4]

José García Calvo “Willy” participará por terceira vez no Maratón das Areas

Page 2: 30 Marzo 2012 - BD53

� BARRIOS DEPORTIVO30 de marzo de �01�

AXENDA - XIMNASIA

4 Axenda deportivaFútbol- Día 31. Estadio Miguel Ángel (Os Remedios). -19.00h.- Pabellón-Lugo.- Día 1. José Arjiz (Verín). Verín - Choco.- Día 1. Os Carrís. UD Barbadás - Pontellas.- Día 8. O Couto. CD Ourense - Rápido de Bouzas.- Día 8. Ourense. CD Ourense B - Verín.- Día 8. O Barco. CD Barco - Pontevedra B.- Día 8. San Rosendo (Celanova). Sporting Celanova - Barbadás.

Baloncesto- Día 31. Os Remedios -19.00h.- ABO - Establecimien-tos Otero.- Día 31. Polideportivo Vedruna -19.15h.- Codigalco Carmelitas - Universidad de Valladolid.- Día 1. Paco Paz -19.00h.- Club Ourense Baloncesto - Plasencia.- Día 4. Os Remedios -19.45h.- Pabellón Feminino - Aros León.Tenis de mesa- Día 31. Paco Paz -17.00h.-. Galmédica Tenis de Mesa B - Mercantil de Vigo “B”.- Día 14. Paco Paz -17.00h.-. Galmédica Tenis de Mesa - Liceo Casino Vilagarcía.

Fútbol sala feminino- Día 31. Os Remedios. -17.00h.- Cidade As Burgas - Ponte Ourense.- Día 14. Os Remedios -17.00h.- Ponte Ourense - Or-vina.

Hoquei (Primeira División Grupo III)- Día 15. Mariñamansa -1�.00h.- Ourense - Cultural Covadonga.- Día 1. Mariñamansa -1�.00h.- Apóstol Ourense - Cal-daria Barrocás.- Día 31. Mariñamansa -16.00h.- Barrocás - Pabellón.- Día 31. Mariñamansa -18.00h.- Albor - Cidade.

Pádel- Día 31. Club P�1 -16.00h.- P�1 A - Club de Campo de Vigo B.- Día 15. Club P�1 -16.00h.- Ourenpadel P�1 B - SD Lalín B.

Taekwondo- Día 31. Os Remedios -9 - 13h.-. Campionato Provin-cial escolar de Taekwondo.

Balonmán- Día 1. Os Remedios -1�.00h.- Balonmán Sergave-Lugo (Veteráns).

Atletismo- Día 1. Verín -09.30h.- II Andaina do Monte Pozo do Demo.- Día 1. Verín -11.30h.- II Carreira do Monte Pozo do Demo.- Día 31. O Barco de Valdeorras. VI Xornada XXIX Copa Deputacion en pista.- Día 14. O Barco de Valdeorras. Campionato Galego de clubs aire libre.

S.N.

O pavillón municipal dos Remedios acolleu este 17 de marzo, por cuarto ano consecutivo, unha cita ineludible para os aman-tes da ximnasia, tratouse da Copa Galicia Interna-cional na modalidade de acrobacia, que congregou a �46 ximnastas da Penín-sula, procedentes de dez clubs portugueses, tres galegos, tres andaluces e un valencián.

O mellor do mellor des-ta modalidade que fixo as delicias, de oito e media da mañá a nove e media da noite, dos numerosos espectadores que se ache-

Os Remedios ríndese á ximnasia acrobática4 Máis de 200 deportistas da Península Ibérica déronse cita na V Copa Galicia.

garon á cancha central do pavillón ourensán para go-zar dunha das disciplinas menos coñecidas, pero máis espectaculares. “Trátase dun campionato superior, pola calidade dos ximnas-tas participantes’, asegurou o presidente da federación galega de ximnasia, Xosé Manuel Estévez.

Tres ouros para Ordia-les e González

Entre a representación ourensá, o Club Ximanasia Burgas, destacaron notable-mente a parella feminina júnior composta por Ana Ordiales e Alba González, que lograron o ouro en cada proba que disputaron (equilibrio, dinámico e all round).

Pola súa banda, as xuve-nís Raquel Ordiales e Lara Colmenero, aínda que non lograron acadar o podio, realizaron unha gran ac-tuación; así como as cade-tes Yolanda García e Sara

Blanco e o trío de séniors integrado por Sara Soria, Vanessa Soria e Paula Cao.

Uns resultados que fixe-ron sentir á adestradora ourensá “moi contenta pola actuación das nosas rapa-zas”, segundo confesou ao final da cita.

Os demais ourosAdemais das dúas júniors

ourensás que se fixeron co primeiro posto como pare-lla feminina nas probas de equilibrio, dinámico e all round, os outros ximnastas que lograron medaias de ouro nesta V Copa Galicia Internacional de ximnasia acrobática foron: en cate-goría cadete, Catarina Mar-tín e Joana Moreira (Maia) como parella feminina; Alba Guerra, María Fer-nández e Naiara Díaz(Flic Flac) como trío feminino; Alejandro Pastoriza e Ál-varo Jiménez (Gimnástico Acróbatos de Granada) como parella masculina;

As ourensás Ordiales e González lograron o ouro nas tres probas que disputaron

Máis dunha impresionante pirueta deixou sen fala ao público congregado nos Remedios./RAMSÉS

e Luis Amaral e Candela Mon-terde (Flic Flac) como parella mixta.

En xuvenil, ao igual que fixeron as ourensás, lograron tamén o triplete Nerea Otero, Aitana Ro-dríguez e Iria Paz (Flic Flac) como trío feminino nas probas de equilibrio, dinámico e all round.

Pola súa banda, Inés Leite e Rita Ribeiro (Acrogym) foron a me-llor parella feminina en equilibrio; e Belén Mar-tín e Alicia Salas (Gim-nástico Acróbatos de Granada), en dinámico e all round.

Entre os homes, Iván Polo e Diego Rey foron os mellores en all round. E das parellas mixtas, Mónica Miserocchi e Adrián Muñoz (Gimnás-tico Acróbatos de Grana-da) lograron o primeiro posto en equilibrio e all

Page 3: 30 Marzo 2012 - BD53

BARRIOS DEPORTIVO30 de marzo de �01�

3XIMNASIA

Unha parella de ximnastas durante o seu exercicio./RAMSÉS Os máis novos demostraron a súa gran técnica./RAMSÉS

O Ximnasia Burgas realizou unha brillante actuación./RAMSÉS

round; e José Cachulo e Margarida Salvador (Academia Gimnosde-portiva de Samora Co-rreia), en dinámico.

Dos júniors, tamén sumaron ouro por

proba Laura Costas, Isabel Fuertes e Belén Ferreiro (Ximna-sia Pontevedra), como o mellor

trío fe-minino en

equilibrio, di-námico e all round. Ao igual que fixeron en categoría sénior Mariana Ribero, Rita Martins e Caterina Magalhaes (Vilacon-dense). Así mesmo, Ismael Aguilera e Fá-

tima Adib (Baruca) foron a mellor parella mixta en equilibrio; e Alfredo Pe-reira e Caterina Castro (O Porto) en dinámico e all round. Por último, Miguel Moura e Jorge Teixeira (O Porto) proclamáronse vencedores como parella masculina en all round.

V i n -d e i r a s

probasAs seguintes citas

para as que xa están a prepararse os deportistas do Ximnasia Burgas trá-tase do Nacional de acro-bática, que terá lugar en Zaragoza o próximo mes de maio e, de seguido, en xuño, tamén participarán no Nacional de trampolín (aínda sen ubicación).

Page 4: 30 Marzo 2012 - BD53

4 BARRIOS DEPORTIVO30 de marzo de �01�

ATLETISMO

R. Torres

O militar na reserva José García Calvo “Willy”, a médica Ana Guede e o profesor da Universidade de Vigo Antonio Molina participarán na �7 edición do Maratón das Areas, que terá lugar do 6 ao 16 de abril en Marrocos.

Os tres representarán ao campus de Ourense da Universidade de Vigo (e polo tanto a Ourense), que xunto coas Termas de Outariz serán os patrocina-dores dos tres deportistas,

ULTRAMARATóN EN MARROcOS

Willy, Molina e Guede participaránno 27 Maratón das Areas

que compartirán aventura con outros 1.03� partici-pantes de todo o mundo.

A proba é unha carreira de autosuficiencia que se celebra en seis xornadas, unha delas con dous días para completar o percorri-do da etapa.

Cada corredor deberá levar unha mochila con non menos de 6,5 kg e non máis de 15 kg con todo o necesario (a excepción da auga) para sobrevivir no deserto durante os sete días que dura o maratón. A auga será entregada pola organización cada 10 quilómetros do percorri-do e ao final da proba. Na mochila terán que levar o saco de durmir, a roupa deportiva para a carreira,

un kit de supervivencia e os alimentos para todos os días. Para a comida, os organizadores son moi esixentes e obrigan levar para cada xornada �.000 kilocalorías, para sumar un total de 14.000 kiloca-lorías, polo que o máis re-comendable para levar son os xeles e os alimentos lio-cilizados (deshidratados) polo pouco que ocupan e o peso que teñen.

Seis duros díasA proba está dividida en

seis xornadas, sendo unha delas de dous días. As tres primeiras xornadas roldan os �0-30 quilómetros. A cuarta é a máis dura de todas; a distancia será de 70-90 quilómetros; os par-

ticipantes terán dous días para poder completala. A quinta etapa é unha dis-tancia semellante ao ma-ratón (4� quilómetros). E o último día terán unha xornada de goce sobre uns 1� quilómetros para che-gar á meta despois de sete días e �50 quilómetros nas súas pernas.

As distancias son orien-tativas, xa que ata que estean no deserto non se saberá o percorrido exacto de cada xornada.

4 Para Willy será a terceira participación, para Guede a segunda vez e para Molina é a súa primeira incursión nesta proba de autosuficiencia.

O Maratón das Areas consta dun total de 250 quilómetros

Na xornada máis dura os mil participantes percorrerán máis de 70 kms

Antonio Molina, José García Calvo “Willy” e Ana Guede están a prepararse para unha das probas atléticas máis dura, pero inesquecible, que existen.

Os participantes do Maratón das Areas deberán subsistir durante 7 días en pleno deserto.

Page 5: 30 Marzo 2012 - BD53

BARRIOS DEPORTIVO30 de marzo de �01�

5ATLETISMO

Redacción

A quinta edición dos 10 Qm Vila Xinzo de Limia congregou entre todas as categorías a uns 500 atle-tas, a pesar de que a clima-toloxía non foi a máis pro-picia, ademais de que se disputaban outras probas na xeografía galega. Aínda así, a participación foi máis que aceptable e puideronse celebrar as catro carreiras programadas antes de que a choiva fixera acto de pre-sencia.

Un ano máis, a vila de Xinzo foi fiel á súa cita cos atletas para celebrar a quinta edición dos 10 Qm Vila Xinzo de Limia sobre

Redacción

O Concello de Ouren-se xunto coa Asociación de Senderismo “Ruta das Augas” organizan por se-gundo ano consecutivo a �ª Andaina-Carreira do Monte “Pozo do Demo”.

O 1 de abril é o día elexido para esta cita que contará cunha andaina, unha carreira de montaña e catro carreiras para es-colares.

A andaina dará comezo ás 9.30 horas con saída e chegada no pavillón mu-nicipal de Verín. 18 qui-lómetros dun percorrido distinto ao do ano pasa-do, polo que a baixada do monte Montemaior está fixada pola zona de A Fra-ga, sempre á par do Pozo do Demo. Antes, en Veiga das Meas, estará instalado un avituallamento.

A carreira de montaña dará o pistoletazo de saí-da a partir das 11.30 horas e terá un percorrido de 11,37 quilómetros, tamén modificado (como a an-daina) lixeiramente os tres últimos quilómetros con respecto á primeira edi-ción, para adentrala polos bosques de Cabreiroá para darlle un maior atractivo. A saída será no Balneario de Cabreiroá e rematará a proba no pavillón munici-pal de Verín.

Na propia zona do pavi-

500 atletas correron por Xinzo de Limia4 Un millar de atletas déronse cita o pasado domingo en Xinzo de Limia, para celebrar a 5ª edición dos 10 Qm Vila de Xinzo de Limia.

un percorrido de 10 quiló-metros homologados pola RFEA (Real Federación Española de Atletismo).

En todas as categorías houbo unha grande partici-pación, pero foi a absoluta, a que máis atletas congre-gou.

Nesta proba absoluta o podio masculino estivo copado por Jorge Crespo (0:33:11), primeiro; José A. Requejo (0:33:47), segun-do e Rubén Diz (0:34:�0), terceiro. En canto ás mu-lleres, as irmáns Teijeiro foron primeira e segunda, Sonia (0:41:37) e Silvia (0:4�:19) por este orde. O terceiro caixón estivo ocu-pado por Noelia Fernández

(0:44:00).No apartado de atletas

locais masculinos, Rubén Diz, Miguel A. Díaz e Roy Gonzalez subiron o po-dium, mentres que Fátima González, Aurora López e Mariela Carrera comple-taron o femenino. A orga-nización tamén repartiu trofeos para o atleta mais veterán (Manuel Fernán-dez Ledo) e a atleta mais nova (Daniela Hugueros).

carreiras escolaresNa primeria das carrei-

ras, Iván Gómez e Miriam Opazo foron os campeóns cadetes e Ziat Nagihi Lucía Suárez os campeons infan-tís.

Na carreira benxamín e alevín, que tiveron que percorrer unha distancia de 1.500 metros, Iris Castro e Manuel Prieto gañaron na categoría alevín, mentres que Andrea Opazo e Hugo Nóvoa o fixeron na benxa-mín.

En canto á carreira de Pitufos (nados no ano �005 e posteriores), 57 foron os participantes nesta proba na que todas e todos leva-ron cadansúa medalla.

Chega a II “Pozo do Demo”4 Será o 1 de abril en Verín.

llón daranse lugar as carrei-ras escolares. Ás 10 horas comezará a carreira alevín sobre unha distancia de 700 metros. Ás 10.15 horas, tur-no para os alevíns coa mes-ma distancia (700 metros). Os infantís percorrerán �.000 metros a partir das 10.30 horas, e finalizarán as carreiras escolares a ca-rreira cadete ás 10.45 horas sobre �.000 metros.

InscriciónA inscripción será gratui-

ta e poderase realizar do 7 ao �9 de marzo) en: Pabe-llón de Deportes de Verín (teléfono 988 411 140), no correo [email protected], en Multisport (calle Hermanos Moreno) ou na Asociación de Senderismo “Ruta das Augas” (teléfono 600 410 018). Desde a or-ganización contan con su-perar os 700 participantes da primeira edición.

Ao final das carreiras ha-berá entrega dos premios e sorteo de agasallos para os participantes.

A andaina dará comezo ás 9.30 horas, a carreira de montaña, ás 11.30 horas, e as probas escolares a partir das 10h.Atletas da proba absoluta dos 10 Qm Vila de Xinzo./S. TORRES

Participantes da proba es-colar./S. TORRES

Page 6: 30 Marzo 2012 - BD53

6 BARRIOS DEPORTIVO30 de marzo de �01� BALONcESTO

Zuleira Atíes entrando a canasta ante unha xogadora do Aguere./RAMSÉS

Redacción

Mala, pero que moi mala foi a última xornada para os dous representantes ouren-sáns en Liga Feminina �. Mentres o Codigalco Car-melitas remataba perdendo na prórroga contra o Ensino un encontro que chegou a dominar no segundo cuarto, o Pabellón Ourense desa-pereceu da súa cancha no momento en que o Cáceres saltou a ela.

A cita presentábase axus-tada e as rapazas de Juan Rodríguez sabíano, pero ao final a tensión mantívo-se máis aló dos 40 minutos habituais e o cansazo puido cas súas gañas por manterse na loita pola cuarta plaza.

Nesta ocasión a brillan-te actuación das colexialas Simmnos (��), Atíes (10) e Méndez (15) non foi quen

O Cáceres pégase unha homenaxe ante o Pabellón

de superar ás Navarrete (�6), Gómez (19) e Drye (17) do Ensino. Xa que a pesar de que ao descanso as Carmelitas ían seis por en-riba (�6-3�), o terceiro pe-ríodo igualou unha balanza que continuou así ata o final, obrigando a estirar o encon-tro cinco minutos máis. Pero o tempo extra non xogou ao favor das ourensás, que se desinflaron nas mans dun Ensino que se aferra á cuarta posición (e con ela ao play off de ascenso) con unllas e dentes, e cun claro parcial 14-6 as lucenses sentencia-ron o encontro (7�-64).

A pesar do amargo sabor da derrota, o encontro que enfrontou nesta xornada a Ferrol e Tenerife (dous dos seus rivais directos pola cuarta praza), e que domina-ron as galegas, permitiulle ás colexialas escalar un pos-

to e siturarse de sextas da xeral.

O Pabellón cae ante o lí-der (46-92)

Ao mesmo tempo que as colexialas sufrían en Lugo as súa veciñas do Pabellón Ourense rozaban a deses-peración nos Remedios, onde recibiron ao líder do seu grupo, o Feminino Cá-ceres, que non tivo nin que suar a camiseta para levarse a vitoria de volta a Extrema-dura. E é que as de Lisardo Rodríguez foron sempre a remolque do seu rival, nun encontro no que comezaron mal e remataron peor, xa que dende o primeiro parcial (9-�4) pronosticábase un parti-do perdido para as locais. O segundo (14-18) e o terceiro (15-�9) períodos só serviron para maquillar algo o resul-tado, pero quedaban aín-

da 10 minutos e o Cáceres tiña tempo suficiente para demostrar os méritos polos que este ano escalou ata o máis alto da clasificación, e un derradeiro parcial de 8-21 puxo punto e final a unha historia que estivo dirixida e protagonizada en exclusiva por actrices cacereñas, máis concretamente por Brown, que con �6 puntos anotados sobresaiu, e con diferencia, nesta cita, na que a máxima anotadara do Pabellón, Ma-ría José Bolonio, acadou 17 puntos.

Esta derrota mantén ás pabellonistas ancladas na novena posición.

Rivais máis sinxelosAo contrario que na �1,

na xornada número �0 Co-digalco e Pabellón correron mellor sorte. O primeiro recibiu no Vedruna a un

4 O Carmelitas perdeu na prórroga contra un Ensino que se aferra ao play off.

Aguere, que con só dúas xo-gadoras no banco para rea-lizar cambios, apenas opuxo resistencia, permitindo ao conxunto colexial sacar ás fichaxes menos habituais e aínda así gañar con solven-cia. 71-34 foi o resultado final dun encontro que sem-pre dominaron as locais, que chegaron a colocarse a máis de 30 puntos en varios mo-mentos da cita.

Pola súa banda, o Pabellón Ourense acudía ese mes-mo día a Guadalajara para medirse co rival máis débil, o pechacancelas. Un reto aparentemente sinxelo que, ou por excesiva confianza ou por non atoparse no seu mellor momento, as pabello-nistas non aproveitaron para lucirse. De feito, tanto o pri-meiro (�1-18) como o tercei-ro (60-51) período remataron coas locais por diante. Nem-

bargantes, un último cuarto decisivo que as ourensás ex-primiron ao máximo (13-�8) fixo que a vitoria rematase nas mans das de Lisardo Ro-dríguez e o Guadalajara se quedase, de novo, coas gañas de saber a que sabe.

Próximos encontrosA seguinte cita de Liga

Feminina � será o vindeiro sábado 31 de marzo, can-do o Codigalco recibirá ao Universidade de Valladolid (décimo segundo clasifica-do) e o Pabellón visitará ao ADBA (oitavo). Xa o 7 de abril, as tornas invírtense, e o reto afróntano as colexia-las, que se medirán como visitantes co gran Bembibre (segundo), ao tempo que as pabellonistas serán as anfi-trioas da cita que as medirá co Aros León (décimo pri-meiro).

Page 7: 30 Marzo 2012 - BD53

BARRIOS DEPORTIVO30 de marzo de �01�

7BALONcESTO

R. Torres

O Club Ourense Balon-cesto segue coa súa liña ascendente para chegar ao play off en óptimas condi-cións. Na pasada xornada desfíxose, non sen proble-mas, do Oviedo. O partido non era o máis atractivo para os de Rafa Sanz, polo que a maior preocupación do técnico pasaba por que os seus homes estiveran concentrados nos 40 minu-tos de encontro.

Durante a primeira meta-de, o encontro estivo nive-lado, chegando ao descanso co resultado de �9-31 para os ourensáns. No terceiro cuarto foi cando o COB rompeu o partido, e un par-cial de 12-26 fixo que se distanciaran 16 puntos dos locais (41-57). Finalmen-te, o último cuarto tan só

O COB acada a segunda posición4 Venceu ao Oviedo por 74-80.

serviu para que os asturia-nos puideran maquillar un pouco o resultado.

Factor canchaVitoria importante que

encarama ao COB ata a se-gunda posición. Se o Aurte-neche, que vai cuarto, cae á quinta posición, o Club Ourense Baloncesto tería o factor cancha a favor nos play offs, sempre e cando remate no segundo posto que ocupa actualmente.

RivaisO próximo rival do COB

será o Plasencia, equipo da zona baixa da táboa que quererá dar a sorpresa no Paco Paz. O encontro terá lugar o domingo 1 de abril a partir das 19 horas. Dúas semanas máis tarde (en Se-mana Santa non hai com-petición) os da vella Auria

visitan ao Coruña no derbi galego. Pecharán a liga re-gular en casa contra o Ávi-la, nun partido que lle pode dar o factor cancha na fase de ascenso.

contra PlasenciaA iniciativa que carac-

terizará o partido contra Plasencia pasa pola cola-boración do COB con Cruz Vermella, mendiante a cal a ONG pretende incremen-tar os recursos propios da Institución grazas á solida-riedade e colaboración dos afeccionados ao balonces-to que acudan ao partido do próximo domingo 1 de abril. Todas aquelas per-soas que queiran colabo-rar con esta causa poderán mercar rifas nas tendas de deportes Turini, Intersport e Jugones, así como á en-trada e durante o primeiro

cuarto do partido. A compra destas rifas, que custarán 1 euro, permitirá participar no sorteo, que se realizará no descanso do partido, de camisetas asinadas polos xogadores dos equipos de baloncesto Obradoiro, Real Madrid e Barcelona.

Ademais, o Club Ourense Baloncesto regalará ao tres premiados tres bonos para asistir aos play offs.

Acollemento FamiliarDurante o partido, e nas

instalacións do Pazo dos Deportes Paco Paz haberá unha mesa informativa do programa de “Acollemento Familiar”, xa que o diñeiro recadado irá destinado a diversos proxectos de pro-tección á infancia, cunha abordaxe integral das súas necesidades, amparando os seus dereitos e reforzando as súas capacidades.

O COB recibirá ao Plsencia o 1 de abril no Paco Paz a partir das 19 horas Toni Vicens lanza un acertado tiro a canastra sen que os

xogadores do Andorra poidan evitalo./RAMSÉS

Page 8: 30 Marzo 2012 - BD53

8 BARRIOS DEPORTIVO30 de marzo de �01�

FÚTBOL

R. Torres

Sete xornadas restan para finiquitar a Terceira División �011-�01� e CD Ourense mantén a primeira posición con tres puntos de vantaxe sobre o Alondras, segundo clasificado. O ter-ceiro -Cerceda- está a cinco, e o cuarto -Pontevedra- a sete. A quinta posición, que deixa fóra da promoción de ascenso, os “rojillos” a te-ñen a dez puntos; restan �1 por disputar, polo que, sal-vo catástrofe, o CD Ouren-se volverá a ter a posiblida-de de subir, un ano máis, á Segunda División B.

Nestas sete finais, coa promoción case que ase-gurada, o obxectivo ten que pasar por ser primeiro

R. Torres

O Barbadás é o firme candidato a militar a tem-pada que vén na Terceira División. O equipo di-rixido por Jorge Regal é primeiro con 63 puntos, seis máis que o seu máis inmediato perseguidor, Choco, e sete que o ter-ceiro clasificado, o Pon-tellas. Os dous primeiros clasificados ascenden á 3ª División. Cos números do Barbadás (máis dunha volta sen perder) será di-fícil que se lle escapen al-gunha das dúas primeiras posicións. As nova xorna-das que restan ata final de tempada será auténticas finais.

Os outros orensánsO Ourense B é pecha-

cancelas da categoría e xa

Líder a falta de sete xornadas4 O CD Ourense continúa na primeira posición cando se che-ga ao treiro final de tempada.

ao final de campaña, aínda que Luisito, cauto como o que máis, quere ir partido a partido.

A situación é inmellorable como para desaproveitala, xa que ser primeiro levaría a disputar unha soa ronda para ascender; e en caso de perder, tería unha segunda oportunidade entrando no bombo da segunda fase cos equipos segundos, terceiros e cuartos clasificados de cada grupo que venceron na primeira ronda.

Os rivaisDos tres rivais -Alondras,

Cerceda e Pontevedra-, o que mellores resultados está acadando nas últimas xor-nadas é o Pontevedra. Os da capital do Lérez levan

O Barbadás, directo á Terceira División4 O equipo ourensán leva unha racha de 21 partidos sen perder.

é virtualmente equipo de Primeira Rexional para o ano que ven. Pola súa ban-da, o CD Barco vai sexto, moi lonxe do descenso e dos posibles arrastres, polo que a recta final será plácida para o equipo valdeorrés.

Nembargantes, o Spor-ting Celanova e o Verín aín-da terán que loitar para non ser un dos posibles equipos que descendan polos arras-tres da Terceira División. O cadro da terra dos poe-tas ocupa a décimo segun-da posición con 35 puntos, mentres que os de Monte-rrei teñen máis complicado este final de campaña ao ser décimo quintos con 31 puntos.

Un xogador do Barbadás protexéndose dun rival./RAMSÉS

O Barbadás vai primerio con 6 puntos de vantaxe

catro partidos sen perder, con 10 puntos conseguidos de 1� posibles; na vindeira xornada visitan ao Estra-dense, que está loitando por non entrar en postos de descensos. O Alondras leva unha racha de tres partidos gañados, polo que se presu-me que será o máximo rival dos ourensáns para rematar na primeira posición; habe-rá que ver se os tres puntos de vantaxe dos de Luisito son suficientes. Pola súa banda, o Alondras visita ao Vilalonga, equipo que non se xoga nada.

Quen non está a atrave-sar o seu mellor momento é o Cerceda. Os coruñeses tan só acadaron 6 puntos dos últimos �1 en disputa, e agora toca preguntarse se

é unha mala racha ou un dos máximos favoritos a principio de tempada vai en caída libre. O Cerceda xoga contra o Betanzos, un loitará por continuar entre os catro primeiros e o outro por saír dos catro últimos.

O Ourense, pola súa banda, visita ao Ordes, outro dos conxuntos que xa ten feito os deberes e non terá problemas por continuar un ano máis na categoría.

Ourense - As PontesA primeira metade do

encontro entre CD Ouren-se e As Pontes foi do me-llor que se puido ver esta tempada no Couto. Con-cretamente media hora, a que vai do minuto 15 ao 45. Neses minutos os ourensáns desbordaron totalmente aos xogadores das Pontes, logrando os catro goles do encontro e deixando cara o cadro local os tres puntos. A segunda metade, aínda que máis espesa, tivo a súa emoción, e As Ponte, debido ás ocasións falla-das polos da cidade das Burgas así como a que o colexiado non viu dous penaltis claros, libráronse dunha goleada de escán-dalo.

O CDO visita este domingo 1 de abril ao OrdesEder foi un dos goleadores do encontro contra As Pontes, con dous tantos./RAMSÉS

Page 9: 30 Marzo 2012 - BD53

BARRIOS DEPORTIVO30 de marzo de �01�

9FÚTBOL

A sub 18 si, a sub 16 non4 A selección galega sub 16 de fútbol accede á fase final polo campionato.R.T.

A selección galega sub 18 de fútbol certificou en Ourense o seu pase á fase final. Pola contra, a sub 16 non puido acceder á loita polo título.

En Ourense, Barbadás e Celanova disputouse do 16 ao 18 de marzo a se-gunda fase de seleccións autonómicas de fútbol sub 16 e sub 18. Nas dúas ca-tegorías estaban as selec-cións de Aragón, Galicia e Cataluña, con todo por de-cidir para saber que equi-pos superaban a ronda e loitaba polo campionato.

Sub 18En sub 18, Galicia che-

gaba con seis puntos con-seguidos na primeira fase disputada no País Basco. A competición abríaa o encontro entre Cataluña e Galicia. O resultado foi de

empate a cero goles, polo que se resolvería todo para os galegos na derradeira xornada, despois de que os cataláns venceran por

4-� a Aragón no segundo día de competición.

Galicia enfrontábase a Aragón coa obrigatorieda-de de vencer se quería dar

un paso máis na consecu-ción do título accedendo ás semifinais. O partido contra Aragón foi no esta-dio do Couto e os galegos tiveron que remotar un 0-1 en contra desde o minu-to cinco. O empate chega-ría ao borde do descanso. Despois da reanudación, os galegos mostráronse superiores aos aragoneses

e certificaron o seu pase á seguinte ronda con tres goles máis deixando o re-sultado en 4-1.

De seguido, Galicia xo-gará as semifinais con Va-lencia, Andalucía e verase as caras novamente con Cataluña, xa que foron os equipos que máis puntos obtiveron ao rematar esta segunda fase.

Sub 16A selección sub 16 co-

rreu peor sorte co seu irmán maior, e caeu eliminada da loita polo título nesta se-gunda fase disputada en Ourense.

Xa comezou mal o tor-neo para Galicia, ao perder na primeira xornada contra Cataluña por 1-3. Este re-sultado deixaba aos galegos eliminados e sen opcións para a última xornada, na que o combinado galego quería, alo menos, deixar un bo sabor de boca ante a súa afección. Pero tampouco foron quen de doblegar ao conxunto aragonés, co que perderon. �-3 foi o resulta-do que se deu nos Carrís e os sub 16 despedíronse da competición con dúas de-rrotas.

A sub 18 disputará as semifinais do torneo contra Andalucía, Valencia e CataluñaPartido entre Cataluña e Aragón Sub 18 disputado no estadio San Rosendo de Celanova./RAMSÉS

Page 10: 30 Marzo 2012 - BD53

10 BARRIOS DEPORTIVO30 de marzo de �01� PITcH&PUTT

Cunha participación de 1�6 xogadores de Ando-rra, Holanda, Irlanda, Suí-za, Noruega, Cataluña e Galicia disputouse o pres-tixioso Campionato inter-nacional VIN OPEN DE CATALUÑA.

A vitoria final foi para Marçal Morei, cun resulta-do acumulado de -13 en 3 voltas de 18 foxos, seguido por Marc Lloret con -10.

A expedición galega esta-ba composta por 9 xogado-res, dos cales 7 eran da nosa provincia. Jorge Sarmiento foi o mellor na posición 30. Juan Carlos Igrexas Surri-

Tras superar o ecuador da competición, a liga cambia de líderes, tanto en scratch como en hándicap.

Peter Mervin recolle a testemuña de Juan Carlos Surribas, o cal pasa á ter-ceira posición tras Jose Luís Arceiz.

En hándicap a igualda-de é, xornada tras xorna-da, cada vez maior, xa que Rubén Domínguez, Santia-

Santi Tarrio, campión absoluto �01� en Boiro, xunto con Peter Mervin (5º) e Surribas (11º) fo-ron os mellores clasificados dos ourensáns.

Axenda Pitch&Putt- 30 e 31 de marzo - 8ª

Xornada da Liga Aqua-vella-Cadavid - Pozo do Lago

- 4-7 de abril - 9ª Xor-nada da Liga Aquave-lla-Cadavid - Pazo da Touza

- 14-15 de abril - Cam-pionato Galego Catego-rías Strokeplay - Pozo do Lago

Ránking provincial 2012

ABSOLUTO1º-J.C. Surribas 183 �º- Peter Mervin 1733º- Antonio Salgado 1684º- Jorge Sarmiento 1685º- Jose L Arceiz 1586º- Siso de Anta 1587º- J.E. Villarino 1578º- Jaime Janeiro 1549º- J.A Carvajales 15110º- Manolo Celta 150

SÉNIOR1º- Antonio Salgado 168�º- Jose L Arceiz 1583º- J.E. Villarino 157

XUVENIL1º-Efrén Rodríguez 147�º-Pedro Botana 1163º-Manuel Bardelás 105

FEMININO1º-Carmen Casar 90�º-Maria Escudero 843º-Fátima Gomez 83

HÁNDICAP1º-Manuel Bardelás 186�º- Manuel Silva 1863º- Ruben Dguez 1854º- Sergio Fdez 18�5º- J.A. Carvajales 178

bas terminou de 44,mentres que o resto finalizaron máis lonxe dos postos de cabe-za: Teo Fernandez (70º), Víctor Rodríguez (8�º), Antonio Salgado e Ramón Garcia empataron no posto 91. Pola súa banda, Maria L Escudeiro finalizou no pos-to 11 entre as damas.

Neste evento presentouse o I OPEN INTERNACIO-NAL DE GALICIA, que se disputará do 1� ao 14 de outubro en PAZO DA TOUZA, cita á que moitos dos mellores xogadores do mundo confirmaron a súa asistencia.

Bo papel no Internacional de Cataluña P&P 2012

Kike Rama, Juan C. Surribas, Víctor Rodríguez, Jorge Sarmiento, Sebastián Franco, Teo Fernández, Ramón García e Antonio Salgado en Lloret-Papalus.

go Silva, Sergio Fernández e Manuel Bardelás están nun pano e a partir de ago-ra comezarán a tomar pro-tagosnismo os descartes.

A Liga de Inverno Aquavella-Cadavid, preto do desenlace

Xogadores estudiando como afrontar este foxo.

campionato categorías Strokeplay. Pozo do Lago albergará os días 14 e 15 de abril o Cam-pionato Categorías Strokeplay, a terceira proba puntuable para o Ránking Galego �01�.

Amador Lopez, “xogador da quincena”. Cun resultado de -5, con 5 birdies e 1 foxo igua-lou o récord de Pazo da Touza na 6ª xornada da Liga de Inverno.

Mervin é o novo líder da

modalidade de scratch. Surribas pasa a terceiro

Page 11: 30 Marzo 2012 - BD53

BARRIOS DEPORTIVO30 de marzo de �01�

11PÁDEL / TENIS DE MESA / TENIS

Redacción

A tenista ourensá Valeria López segue colleitando éxitos. Se fai unhas datas foi finalista na Copa Ba-bolat disputada no Centro de Alto Rendemento de Pontevedra, e campioa no Open Concello de Gondo-mar en categoría absoluta, agora o éxito chégalle con

Contundente vitoria de Valeria López no Club Bamio4 Impúxose no Open Aqualogy.

triunfo no Open Aqualogy disputado no Club Bamio de Ourense.

Valeria foi a vencedo-ra tanto no torneo cadete coma na proba absoluta. En cadete venceu na final á xogadora do Círculo Mer-cantil de Vigo, Nerea Abal-de, mentres que se desfacía na final absoluta da ouren-sá Susana Frade.

Tempada brillanteNo que leva de tempada,

esta xoia do tenis ouren-sán está a brillar máis que nunca, xa que leva dispu-tados seis torneo, dos ca-les conquistou catro e foi finalista nos outros dous.

A próxima cita para a xogadora cadete é o Campionato Galego da súa categoría, que terá lugar no Centro de Alto Rendemento da Xunta de Galicia, sito na cidade do Lérez.

Valeria López.

R.T.

O equipo ourensán de te-nis de mesa que participa na Segunda División Nacional está a realizar unha gran tempada. En 18 xornadas disputadas son segundos con �� puntos, os mesmos que o líder, o Club del Mar Promesas. Restan catro xornadas e os ourensáns loitarán ata o final polo as-censo á Primeira División. O primeiro ascende e o se-gundo e terceiro xogarán un play off.

TENIS DE MESA

O Galmédica A nos postos de arriba da Segunda División4 O segundo equipo do club tamén está nos postos de honra.

O Galmédica leva catro puntos máis que o cuarto clasificado (Coruña), polo que é máis que probable que xogue por ascender.

O próximo domingo, o Galmédica A visita a can-cha do Mercantil de Vigo, que ocupa a quinta posición con 18 puntos. Unha vitoria ourensá poríaos preto da lo-ita polo título.

Galmédica BO Galmédica B conti-

núa co seu man a man co Mecantil de Vigo B na ca-

rreira polo título da �ª Di-visión Galega do grupo sur. Os dous conxuntos nas 17 xornadas disputadas levan 3� puntos e teñen unha vantaxe de catro sobre o seu máis inmediato perse-guidor, o Monteporreiro; o cuarto clasificado xa está a oito puntos dos líderes.

Nas cinco xornadas que restan, ourensáns e vigueses pelexarán polo campionato nun treito final de tempada que se presenta apaixoante.

Este sábado, no Paco Paz a partir das cinco da tar-

de, terá lugar o primeiro dos asaltos. Galmédica e Mercantil enfróntanse na xornada 18 co primeiro posto en xogo. Na pri-meira volta os ourensáns sucumbiran por 5-� na cancha do Vigo, polo que esperan que a historia non se repita e sexan quen de vencelos e encaramarse á primeira posición a falta de catro xornadas.

O Galmédica B xógase este sábado 31 de marzo o primeiro posto contra o Mercantil de Vigo B, no Paco Paz, a partir das 17 horas Encontro desta tempada do Galmédica.

O P21 tómalle a medida á liga4 Os dous equipos empezar a obter resulta-dos positivos nos seus partidos.

Equipo do P21B, que milita na Liga das Rías Baixas.

Redacción

Ao principio pagaron a novatada do principiante, pero agora tanto o P�1 A como o P�1 B estanlle co-llendo a medida ás súas res-pectivas ligas, e comezan a ter resultados positivos.

O P�1 A vén de vencer ao Mercantil 3, o que lle supón sumar a súa segunda vitoria da tempada, que o coloca de sexto con dous puntos. A vindeira xornada os ouren-sáns reciben ao Club de Campo de Vigo B, será o domingo 1 de abril, ás16 ho-

ras nas instalacións do Club Deportivo Ourenpadel.

P21 BO P�1 B vai en quinta

posición con catro partidos gañados e outros tantos per-didos. Na última xornada disputada venceru ao Ureca por un contundente 6-0, o que lle permite mirar cara aos posto de arriba.

A súa vindeira cita será en Caldas de Rei para xogar contra o segundo clasifica-do, o Condesa Sport, que leva dúas vitorias máis que os ourensáns.

Domingo 1 de abril, 16h., P21 A - Club de Campo de Vigo B

Page 12: 30 Marzo 2012 - BD53

1� BARRIOS DEPORTIVO30 de marzo de �01� FÚTBOL SALA

O Cidade chega ao derbi logo de vencer ao Soto del Real, mentres que o Ponte faino coa desilusión ás costas por haber perdido ante o Futsi Navalcarnero e alonxarse da cabezaA franjiverde Laura intenta cortar o avance de Ju Delga-

do, do Móstoles. /RAMSÉS

R. Torres

Certo é que o Ponte Ourense aínda pode gañar a liga; e non é menos certo que o Cidade As Burgas todavía non ten asegura-da a súa presenza un ano máis na Primeira División do fútbol sala feminino. Pero aínda que as mate-máticas din o contrario, as

4 A pesar de que non hai prácticamete nada en xogo, os der-bis Cidade - Ponte sempre están cargados de intensidade.

Un derbi é un derbialbinegras teñen moi com-plicado revalidar o título e as franjiverdes case que andan a saborear a perma-nencia.

Con todo esto, un derbi é un derbi, e se son Cidade As Burgas e Ponte Ouren-se os que os que se enfron-tan na cancha, o aliciente e a emoción son todavía maiores.

As favoritasO favoritismo recae nas

pontinas. Seijas, Drica, Marta, Ampi, Sarita... son nomes contrastados que fan que as apostas vaian do carón das actuais campio-as da Primeira División. Pero noutra banda, Peke, Laura, Iria, Sonia... fan do seu desparpaxo a seña de identidade do Cidade, un equipo capaz de calquera cousa. Na primeira volta non houbo cor, e Vivián venceu 6-1 a Codeso, ou o que é o mesmo, Ampi e compañía venceron a So-nia e as súas, pero noutros enfrontamentes a cousa

non estivo tan clara. O ano pasado (ano da conse-cución do título do Ponte Ourense), os resultados dos dous partidos de liga foron 3-1 e 0-1 para as pontinas nuns encontros vibrantes e cheos de emo-ción, como o que se agar-da este sábado 31 de mar-zo nos Remedios a partir das 17 horas.

cidade As BurgasO Cidade vén de vencer

ao Soto del Real a pasada xornada por 3-6. Un paso de xigante na súa loita pola permanencia, xa que se en-frontaba a un rival directo.

R. Torres

O Cidade As Burgas su-mou unha importante vito-ria ante un rival directo, o Soto do Real. As ourensás impuxéronse ás madrileñas por 3-6 e teñen case que asegurada a permanencia, xa que teñen a 10 puntos o descenso.

Ao descanso, o Cidade xa vencía por 0-4, o que facía presaxiar unha vitoria visi-tante. Ao minuto da reanu-dación, as locais recortarían distancias (1-3) para meter-se no partido, pero Peke e Iria deixarían sentenciado o encontro na medianía do segundo tempo. Ao final, 3-6 e tres puntos que viaxaron

O Cidade quere quedarse na élite4 Vence ao Soto del Real e distáncianse do descenso.

para Ourense para deixar ao Cidade con �7 puntos, tan só a tres dos que nun principio marcou Codes-ao como obxectivo para o seu conxunto.

Final complicadoA pesar da grande renda

que ten cos de abaixo, o Cidade ten un calendario ata final de tempada moi complicado. Ademais de enfrontarse ao Ponte nesta xornada, as franjiverdes terán que xogar contra o Córdoba, Burela, Futsi e Gironella, entre outros, polo que terán que seguir loitando en cada partido para non levarse unha sor-presa ao final de curso.

Page 13: 30 Marzo 2012 - BD53

BARRIOS DEPORTIVO30 de marzo de �01�

13FÚTBOL SALA

Un derbi é un derbi

Primeira División FSF 14ª xornadaPosto Equipo Puntos1º At. Madrid - 55�º Ponte Ourense - 473º Móstoles - 474º Córdoba - 465º Burela -446º Gironella - 4�7º Femesala Elche - 398º U. de Alacante - 339º Orvina - �710ºcidade As Burgas-�7 11º Soto del Real -�41�º Valladolid -1813º Zaragoza - 1814º Logroño - 1715º Rubí - 1416º Majadahonda - 7

4 Xornada 23 - 31 de marzoMajadahonda - RubiValladolid - U. de AlacanteDiamante Logroño - MóstolesLacturale Orvina - Soto del Realcidade As Burgas - Ponte OurenseFutsi Navalcarnero - Deportivo CórdobaFemesala Elche - BurelaGironella - Zaragoza

4 Xornada 24 - 14 de abrilU. de Alacante - RubiMóstoles - ValladolidSoto del Real - Diamante LogroñoPonte Ourense - Lacturale OrvinaDeportivo Córdoba - cidade As BurgasBurela - Futsi NavalcarneroZaragoza - Femesala ElcheGironella - Majadahonda

A falta de �4 puntos por disputar as ourensás teñen un colchón de 10 sobre o descenso, vantaxe non in-salvable, pero si moi difícil de igualar para os equipos de abaixo. Chegar aos 30 puntos era a meta marcada por Manolo Codeso para lograr o obxectivo da per-manencia. No partido con-tra o Ponte poden lograr esa cifra.

Ponte OurenseDespois do xarro de

auga fría que supuxo per-

der contra o Futsi Naval-carnero (1-5), as de Óscar Vivián tentarán recompo-ñerse, mirar cara adiante e loitar por un título que a pesar de telo difícil, non o teñen imposible. Os oito puntos que as separan das madrileñas é unha distan-cia importante, pero as de Óscar Vivián quererán vencer todos os partidos e esperar o traspés do Na-valcarnero. O calendario é máis complicado para as madrileñas que para as ourensás.

Día: 31 de marzoLugar: Pavillón dos RemediosHora: 17.00Partido de 1ª División de Fútbol Sala Feminino entre Cidade As Burgas e o Ponte Ourense

Redacción

O Ponte Ourense caeu derrotado, nun pavillón dos Remedios abarrotado, fronte ao Atlético de Ma-drid Navalcarnero por un contundente 1-5.

O cadro ourensán levou a manixa do encontro, pero eran as madrileñas as que golpeaban de forma maxistral nos contragolpes que se lle presentaban.

Ao final da cita, Óscar Vivián lamentábase das ocasións erradas polas súas xogadoras e daba case por perdida a loita polo título. As baixas de Souza e Lau-ra Fernández notáronse en exceso nos dous últimos encontros, nos que o cadro pontino caeu ante o Elche e o Futsi, polo que prácti-camente di adeus á liga.

Sara Iturriaga firmou un “hat trick”, pero o pulmón das madrilenas foi Leti,

Adeus á liga?4 O Ponte Ourense perde ante o Navalcarnero e di practicamente adeus a revalidar o título.

autora do quinto gol. A xo-gadora en todo momento dirixiu desde o campo ás súas compañeiras realizan-do un partido de sobres-ainte. Pola súa banda, os problemas físicos de Ampi fixeron que a xogadora an-daluza non rendera ao nivel que nos ten acostumados e durante todo o partido foi un querer e non poder para a xogadora pontina.

Restan oito xornadas (�4

puntos), pero os oito puntos que o separan do Futsi son unha lousa moi grande para pensar nunha remontada do Ponte, e aínda máis se temos en conta o gran equipo que é o Navalcarnero, a pesar de que o seu adestrador se mostra cauto, “aínda queda moita liga e non nos pode-mos fiar do Ponte Ourense nin do Móstoles”, afirmaba ao finalizar o encontro con-tra as de Vivián.

Bea Seijas golpeando o balón./RAMSÉS

Page 14: 30 Marzo 2012 - BD53

14 BARRIOS DEPORTIVO30 de marzo de �01�

POLIDEPORTIVO

Redacción

Bos resultados para o Academia Postal-Actyon - Mérida no arranque do calendario galego de BTT con tres podios na primeira proba do campionato.

En Nigrán disputábase o oitavo trofeo da localida-de, que ademais de perten-cer ao campionato galego, tamén era puntuable para o ránking estatal, facendo que tivera moita concu-rrencia de bikers de fóra da nosa comunidade. José Ramón Villanueva rema-tou na segunda posición na carreira Elite -Sub �3, por detrás do corredor de Plasencia, Pedro Romero, e diante do madrileño Víc-tor Manuel Fernández. Este segundo posto valeulle para acadar a primeira posición en sub�3.

Villanueva foi durante a proba de menos a máis, logrando adiantar a moi-tos rivais no tramo final de mesma. Saúl López, tras unha boa carreira, remataba en sétima posición, sendo o terceiro dos galegos.

Así mesmo, Xulio Conde foi terceiro en máster 40; José Manuel Ramos, tercei-

BTT

Villanueva, segundo en Nigrán4 O Academia Postal-Actyon - Mérida acada tres podios.

ro en máster 30 e José Ma-nuel, cuarto en M- 50.

categorías inferioresEn categorías inferiores,

Iván Conde (cadete) foi se-gundo, e Raúl González e Sergio Movilla remataron 7º e 17º, respectivamente. Xia-na Conde era cuarta en cade-te feminino, nunha carreira compartida coas corredoras de categoría júnior.

Transgalicia 2012Os corredores sub�3 do

Academia Postal-Actyon-Mérida, Saúl López e José Ramón Villanueva, acudi-ron á segunda proba puntua-ble do Transgalicia �01�. A proba, BTT na modalidade de maratón, disputouse en Sanxenxo sobre un perco-rrido de 57 quilómetros.

Tanto Saúl como José Ramón iniciaron a carreira moi retrasados debido a que non participaron na primei-ra proba. Os dous ciclistas tiveron que facer un gran esforzo para contactar cos da cabeza, que máis tarde pagaron baixando o seu rendemento. Saúl López re-matou finalmente na sétima posición e José Ramón Vi-llanueva foi noveno.

José R. Villanueva, segundo en Nigrán.

4 Duatlón escolarO sábado �4 de marzo, a Escola JA Hermida organizou o VII Duat-

lón Escolar de Maceda. A proba, que era para as categorías inferiores, contou cunha gran participación do Club Beariz e do club organizador, o Escola JA Hermida de Maceda. O duatlón escolar combinou as probas de ciclismo e carreira a pé.

Redacción

O Club Ciclista Ourensa-no vén de presentar as súas novas actividades para este ano, como é o Campionato da Península Ibérica, que se celebrará o �9 de abril e o 17 de xuño. En abril será o ciclo máster e terá a súa saída no barrio de Vista-hermosa de Ourense para rematar no alto de Mon de Deu (Mirador do Miño), pasando polas localidades de Barbantes e Leiro para regrasar a Ourense comple-tando un circuíto duns 70 quilómetros. Nesta proba

O Club Ciclista Ourensano organiza novas actividades4 Como o Campionato do Mundo.

contarase coa presenza do cinco veces vencedor do Tour de Francia, Miguel In-duráin, quen virá a Ourense para apoiar a proba.

Xa o 17 de xuño será o turno das categorías élite e sub�3, que percorrerán máis de 1�0 quilómetros. A saída será en Barbadás e chegarase á rúa do Paseo, pasando antes pola Manchi-ca, Celanova, Bande, Muí-ños, Xinzo de Limia, Vilar de Barrio e Maceda.

Pratos fortesO CC Ourensano, ao per-

catarse do vacío legal exis-

tente en torno ao rexistro do Campionato de España e o do Mundo, decidiu formalizar ambas probas, co fin de facerse cargo da súa organización a partir de agora, aínda que care-cen de carácter oficial.

Así, os días �1 e �� de xullo vaise disputar o Campionato de España en ciclo máster. E para o �5 e �6 de agosto cóntase con que teña lugar o Campio-nato do Mundo. Debido á antelación da súa pre-sentación, polo momento descoñecese o percorrido de ambas citas.

Page 15: 30 Marzo 2012 - BD53

BARRIOS DEPORTIVO30 de marzo de �01�

15PUBLIcIDADE

Page 16: 30 Marzo 2012 - BD53

16 BARRIOS DEPORTIVO30 de marzo de �01� MOTOR

Redacción

Os irmáns González do Ourense Capital Termal ve-ñen de rematar en segunda posición no IV Rali de Es-paña, cita puntuable para o Campionato de Europa de Velocidade, o Campionato de España de Velocidade e o Campionato de España de Regularidade. Os ouren-sáns, ao volante do Ford Escort RS�000, participa-ron na proba de regulari-dade xunto con outros �6 coches.

Na primeira xornada xa marcaban o segundo mellor tempo, por detrás de Go-rroño e Oleaga, que eran os líderes. O sábado tomaban a saída con 5,4 segundos de desvantaxe, que tramo a tramo íase recortando sen poder finalmente supera-los. Ao remate da proba, o Ourense Capital Termal re-matou na segunda posición a tan só 3,� segundos dos vencedores. Completando o podio estiveron os actuais campións de España, Breda

e Alaña.Para os irmáns González

esta é a súa terceira partici-pación neste evento no que non baixan da segunda po-sición (foron segundos nas tres edicións nas que parti-ciparon).

A saída protocolaria des-te IV Rali de España tivo lugar unha vez máis na pra-za de Oriente, en Madrid. Lugar que sempre se enche de afeccionados para ver

Redacción

Gran actuación do Re-nault Twingo R� pilotado por Luis Aragonés, con “Cuko” Bañobre como copiloto, que acadaron a terceira posición na “Cha-llenge Renault Twingo R� de Rallis de España”, ademais da 14ª na clasifi-cación xeral. Un bo come-zo para o equipo da Rede Renault de Galicia no 36 Rali Illas Canarias.

A proba estivo carac-terizada pola súa dureza facendo mella en moitos dos participantes, rivais do piloto galego. O pe-queno Twingo de Ara-gonés e Bañobre logrou chegar a meta tras dúas esgotadoras xornadas de pilotaxe, nunha proba que é valedeira para os certa-mes europeos.

A chave deste gran re-sultado foi a regularidade. Aragonés non quería en

Os irmáns González, segundos en Madrid4 No IV Rali de España.

Luis Aragonés pisa podio no Rali Illas Canarias4 Na primeira proba do Campionato de Espa-ña de Ralis de Asfalto.

ningún momento arriscar, pero si manter un bo ritmo en cada tramo. Así acadou esta terceira posición que supera as expectativas pos-tas para o Illas Canarias, o que lle permite sumar im-portantes puntos de cara ao campionato.

Aragonés estaba máis que satisfeito ao rematar o evento sobre un trazado de moitos quilómetros crono-metrados como é este rali insular. Ao piloto da Rede Renault de Galicia tócalle agora preparar as vindeiras citas.

Rali do cocidoO Rali do Cocido tivo

un invitado co que non se contaba. Despois de varias semanas de sequía, a choi-va fixo acto de presenza nas estadas de Lalín para convertilas en auténticas pistas de patinaxe. Con este panorama, o máis normal era que os pilotos confor-

coches difíciles de con-templar polas rúas, como o Porsche 911, o Lancia 037, o Lancia Stratos, o Renault Alpine ou o Ford Escort entre outros.

Ademais, esta cita coa velocidade tivo o atracti-vo de contar con Carlos Sainz e Luis Moya no mesmo coche na proba de velocidade despois de moitos anos sen compartir experiencia nun rali. Sainz e Moya participaron cun Porsche 911 Gr.4 de 1981 e o dominio foi aplastante sobre os seus rivais.

Próximo raliA vindeira cita para o

Ford Escort RS�000 dos irmáns González será en abril no Rali Trasmiera Histórico, de Cantabria.

máranse con rematar a cita. E iso foi o que logrou Car-los Iván Alonso, completar a proba polas impractica-bles estradas da comarca do Deza, sendo conservador para non dañar a mecánica do seu Mitsubishi Lancer Evo X de RMC Motorsport, e poder chegar así ao Centro Comercial Pontiñas de La-lín sen ningún contratempo. Ao final, quedou de 16º na xeral e 11º na Copa Top-Ten de Galicia, despois de que moitos equipos non puide-ran nin chegar a meta.

Agora, Carlos Iván Alo-nso xa pensa na seguinte proba do Campionato de Galicia de Ralis de Asfalto.

En abril, o Ford Escort dos González competirá en Cantabria

Carlos Alonso logrou rematar o Rali do Cocido de 16º na xeral e de 10º na Copa Top Ten

Aragonés ao volante do seu Renault Twingo R2.

O Ford Escort dos irmáns González.

Os González repiten na segunda posición do Rali de Espa-ña por terceiro ano consecutivo.

Page 17: 30 Marzo 2012 - BD53

BARRIOS DEPORTIVO30 de marzo de �01�

17BALONcESTO / MOTOR

Page 18: 30 Marzo 2012 - BD53

18 BARRIOS DEPORTIVO30 de marzo de �01� NOVAS

Anna Yuchenko encabezando unha serie das eliminatorias.

Redacción

Logo de ano e medio adestrando en Castrelo de Miño, tanto Anna Yuchenko como o propio club veñen de comezar a saborear as meles da recompensa, xa que a deportista rusa vén de facerse coa súa primeira medalla oficial na modalida-de de sniff no Open que da acceso ao equipo nacional.

Tanto a vencedora, Nu-ria Domínguez, como Yu-chenko demostraron que a día de hoxe son as mellores remeiras coas que conta Es-paña, polo que o máis pro-bable é que continúen a súa preparación xuntas forman-do un �x que poida competir nas próximas citas interna-cionais.

O venres �3 de marzoYu-chenko superou as elimina-torias sen problemas, gañan-do a súa serie cun tempo de 8:13 que lle permitiu pasar directamente a semifinais, nas que o sábado pola tarde tivo que medirse con Nuria

Yuchenko consegue a medalla de prata no Open de acceso ao conxunto nacional4 Trátase do primeiro metal oficial para Anna en skiff compe-tindo polo Castrelo de Miño.

Domínguez, que lle sacou 6 segundos a pesar de que Anna realizou a súa mellor marca da tempada con 8:03. O domingo, na final, repe-tiuse o guión cuns tempos moi similares, quedando ambas por diante de Mª Te-resa Mais de Xaxars.

camiño da selecciónNeste Open, celebrado en

Banyoles, participaron máis de �30 deportistas de 46 clubs de toda España desde categoría cadete ata a ab-soluta coa intención de ser seleccionados polo Direc-tor Técnico da Federación Española Julen Erauzkin. O propio Erauzkin xa convo-cara a Anna con antelación a esta regata para valorar a formación dun �x con Nuria Domínguez e os resultados confirmaron esta opción, polo que as dúas despra-záronse desde Banyoles directamente ao CEAR de Sevilla para continuar a súa preparación xunto co resto de membros do equipo na-

cional. Anna puido participar

en skiff na Regata Open de acceso ao equipo Nacional grazas á autorización do Co-mité Técnico da Federación Española de Remo e non defraudou, así que agora só falta que lle concedan a na-cionalidade española.

Memorial Paolo D`alojaA primeira regata interna-

cional na que xa podería competir Anna xunto con Nuria é o Memorial Paolo D`aloja, que terá lugar na localidade italiana de Pied-iluco do 13 ao 15 de abril, e na que poderían valorar as súas posibilidades a ni-vel internacional e de cara á clasificatoria final olím-pica que se disputará do �0 ao �4 de maio no lago Rotsee de Lucerna.

Anna Yuchenko, a primeira pola esquerda, coa medalla de prata conseguida no open.

Redacción

Veñen de rematar as ac-tuacións de restauración paisaxística e medioam-biental do río Loña, no treito comprendido entre Ponte Loña e Mende.

Cun orzamento de 343.941 euros, financiado con cargo ao Fondo Es-tatal para o Emprego e a Sustentabilidade Local, o proxecto tivo como prin-cipal obxectivo acometer a posta en valor da marxe do río Loña, desenvolvendo actuacións de protección, restauración paisaxística e medioambiental e o seu acondicionamento para o uso cidadán. A superficie de intervención abrangue a marxe esquerda seguindo o curso do río, dende Pon-te Loña ata Mende, perco-rrendo un total de 1.168 metros de canle fluvial ata enlazar co camiño xa exis-tente na actualidade, nas inmediacións do colexio de Mende.

A actuación principal foi o acondicionamento do contorno natural do treito,

mediante a recuperación dun camiño peonil situado xunto ao río. Os novos ac-cesos están completamen-te integrados no contorno, recuperándose os camiños e dotándoos de pavimento ecolóxico, así como de tra-mos de madeira naqueles espazos nos que non era po-sible dende o punto de vista técnico a recuperación do camiño orixinal.

A recuperación de bos-ques de ribeira e vexetación hidrófila, favorecer os corre-dores ecolóxicos e a instala-ción de mobiliario acorde co entorno fluvial completaron a actuación.

Boa situación ecolóxicaO río Loña atópase nun-

ha boa situación ecolóxica e ambiental e a actuación levada a cabo non fai senón redundar neste senso e po-tenciar as rutas ambientais e paisaxísticas do Concello de Ourense.

Coa recuperación desta zona do río Loña, o muni-cipio de Ourense conta xa con case �6 quilómetros de paseos fluviais.

Un quilómetro máis para pasear 4 O Concello vén de restau-rar unha marxe do río Loña.

Marta Arribas e Francisco Rodríguez percorrendo o tra-mo rehabilitado./PAULA LODEIRO

Page 19: 30 Marzo 2012 - BD53

BARRIOS DEPORTIVO30 de marzo de �01�

19POLIDEPORTIVO

En abril o club acollerá o Campionato Nacional de Tiro da Garda Civil

TIRO

Seguen as ligas anuais 4 Jorge Encinas suma 1.123 puntos no Cam-pionato Provincial de 3x40, que o clasifica para o campionato autonómico.Paula Lodeiro

Durante a pasada fin de semana desenvolveuse no club de Eiroás a tirada correspondente ao mes de marzo da 5ª Copa Cida-de das Burgas de carabi-na lixeira e pistola libre, coa participación de 18 deportistas. Na modali-dade de carabina lixeira disputaron a proba once tiradores, quedando pri-meiros Miguel Jácome en sénior (con 586 puntos), Pablo Álvarez en júnior (551 puntos), e Manuel Somoza en veteráns (57� puntos).

Pola súa banda, na tira-da de pistola libre Carlos Iglesias obtivo a máxima puntuación dos sete par-ticipantes con 535 pun-tos, en categoría sénior, mentres que José Ramón

Fernández Guede sumou 4�9 puntos en categoría ve-teráns.

Clasificatorio de 3x40Na mesma xornada do

domingo �5 de marzo, dis-putouse o Campionato Pro-vincial de Carabina 3x40, clasificatorio para o cam-pionato autonómico. Nesta modalidade só participou o único tirador de carabina do �� de Ourense, Jorge Enci-nas, que obtivo unha pun-tuación de 1.1�3 puntos.

Próximas competiciónsPara o mes de abril, ade-

mais das tiradas correspon-dentes ás ligas anuais (a primeira fin de semana a Copa Deputación de armas neumáticas, e a última a Copa Cidade das Burgas), destaca no calendario a ce-lebración do Campionato

Nacional de Tiro da Garda Civil, que reunirá entre os días 16 e �0 a gardas civís de toda España para parti-cipar nesta competición de tiro policial.

Xa fóra da cidade, será o turno para a primeira fase da Copa do Rei de armas olímpicas, que se disputa en Mollet del Vallés (Bar-celona) do 1� ao 15 de abril, e para a que xa está confirmada a participación de alomenos dous represen-tantes ourensáns: Jorge En-cinas en carabina �� e aire comprimido, e Nuria Mera en pistola.

Tiradores de carabina lixeira o pasado domingo en Eiroás. /P.LODEIRO.O voleibol ourensán dase cita na Copa Deputación.

Redacción

O clásico torneo ouren-sán inicia a súa vixésimo sétima edición. O pasado luns 19 de marzo poñíase en marcha oficialmente a XXVII edición da Copa Deputación de Ourense. O torneo consta de dúas fases: unha primeira fase previa que acaba de arrin-car, concebida como unha liga de todos contra todos a unha soa volta, e unha fase final na que se xogarán as semifinais e a final de cada categoría.

Esta primeira fase, na que participarán 4� equipos en total de todas as categorías, dende benxamíns a sénior, alargarase ata o día 10 do vindeiro mes de maio.

O evento consegue, desta forma, prolongar a competición unha vez fi-nalizadas as ligas autonó-micas, e deste xeito, dar máis promoción á cantei-ra e as categorías de base, servindo de promoción desta disciplina deportiva tanto na cidade de Ourense como noutras vilas como O Barco de Valdeorras ou Amoeiro, que acollerán va-rias finais (sénior feminina en Amoeiro e benxamín, alevín e infantil masculina no Barco).

A Copa Deputación de voleibol busca aos seus campións provinciais4 Este evento disputarase ata finais de maio.

Xornada no Paco PazO 1� de maio será o “día

grande” da competición, cunha xornada adicada por enteiro ao voleibol no Paco Paz. Alí terán lugar as finais Senior Masculina, Xuvenil Feminina, Cadete Feminina e Infantil Feminina. Trátase da gran festa do voleibol ourensán, na que conviven xogadores e xogadoras de todas as idades unidos pola

Participan 42 conxuntos de todas as categorías, cunha gran final o 12 de maio no Paco Paz

paixón que lles esperta este deporte.

Page 20: 30 Marzo 2012 - BD53

�0 BARRIOS DEPORTIVO30 de marzo de �01� AcTUALIDADE

Momento dun campionato anterior de Amencer.

Redacción

O hipódromo de Ante-la acollerá a vindeira fin de semana o Campionato de España da raza canina pastor belga, un evento no que se darán cita os mellores exemplares para competir polo campio-nato de España, proba da que sairán os representan-tes para o campionato do mundo que se celebrará en Bélxica.

A proba foi presentada no Pazo Provincial, e con-tou coa presenza do depu-tado de Agricultura da ins-titución provincial, Emilio Pazos; o xefe do Servizo de Agricultura, Manuel

Redacción

A Asociación Xuvenil Amencer organiza o luns � de abril de Semana San-ta un campionato lóstrego (dun só día) de fútbol sala no campo cuberto do co-lexio salesiano.

Estas actividades inclúen-se dentro do programa de Amencer chamado “Portas abertas” que está destinado a rapaces e mozos de toda a nosa cidade, sen ter que ser socios da asociación. Este programa abrangue varios proxectos de tempo libre. O proxecto educativo cháma-se “A tope na ponte”, que se

Fútbol sala en Amencer para Semana Santa4 Un torneo dun só día aberto a todo o mundo.

Ourense acolle o Campionato de España da raza canina pastor belga4 Esta fin de semana no hipódromo de Ante-la, en Xinzo de Limia.

Ángel Rodríguez; o asesor de Deportes, Bernardino González, e os organiza-dores do evento, Francisco Rico e Antonio Díaz.

A Deputación de Ouren-se colabora neste evento poñendo a disposición dos organizadores as instala-ción do hipódromo de An-tela para acoller as probas que se desenvolverán ao longo do venres, sábado e domingo vindeiros. Como en anos anteriores, o “Club Español del Perro Pastor Belga” organiza este cam-pionato, que terá tres pro-bas: XIII Campionato de España, onde os mellores guías e cans desta modali-dade mediranse nas disci-

desenvolve nas festas, pon-tes e períodos de vacacións escolares de todo o curso escolar �011/�01�.

Haberá unha única cate-goría con equipos de entre 6 e 15 xogadores. O sorteo do campionato realizará-

se o venres 30 de marzo nos locais de Amencer ás 18.00 horas, e é obrigato-ria a presenza do capitán ou dun representante por equipo. O prazo de inscri-ción remata o mesmo ven-res ás 14:00 horas.

plinas de rastro, obedien-cia e protección; XII Copa de Agility, válida para o Campionato de España desta espectacular discipli-na, e a proba Monográfica de Beleza, onde se pode-rán observar os mellores exemplares desta raza.

Participantes proce-dentes de todo o país

Máis de 80 cans pro-cedentes de toda España daranse cita neste evento, que comezará o venres ás 10 horas cos adestramen-tos oficiais, para seguir co desenvolvemento das pro-bas, e rematará o domingo ás 14.30 horas coa entrega de premios.

A esta proba preséntanse os mellores exemplares de pastor belga de toda España.

Redacción

O marroquí do Ourense Atletismo, Hassan Lekhili ven de vencer no XIII Me-dio Maratón Gran Bahía Vig-Bay. Para Lekhili iste é o seu terceiro título con-secutivo da proba, conside-rada como o mellor medio maratón de Galicia. Hassan entrou en liña de meta cun

Gran Bahía, gran lekhili4 O atleta do Academia Pos-tal, logra o seu terceiro título consecutivo na proba.

tempo de 1h05:�9, nunha carreira na que participaron 4500 atletas. Akka foi se-gundo e Platas, terceiro. O Elías Domínguez (OAAP) logrou a quinta posición da xeral.

campionato Galego de 10.000 metros

En Noia disputouse o Campionato Galego de

10.000 metros onde os representantes do Ouren-se Atletismo Academia Postal tiveron un papel protagonista. A vitoria recaeu en Alejandro Fer-nández (campión galego) cun tempo de �9:48.8. Álvaro de la Fuente foi subcampión. De non ser polo despite de Alejandro Cid houberan logrado un triplete; Cid non se per-catou do achegamento do atleta pontevedrés Manuel Martínez, quen lle arre-batou o terceiro posto na mesma liña de meta con tan só cinco décimas.José Antonio Paz rematou na quinta posición, sendo o primeiro veterán en pasar pola liña de meta.

Page 21: 30 Marzo 2012 - BD53

BARRIOS DEPORTIVO30 de marzo de �01�

�1BREVES

Redacción

Este domingo 1 de abril o Apóstol Ourense e o Cal-daria Barrocás xogarán o derbi ourensán da División de Honra B do hoquei her-ba masculino. O encontro, enmarcado na xornada 13, será a partir das 1� horas no campo de herba artifi-cial de Mariñamansa.

Os dous conxuntos che-gan a esta cita con intereses distintos. Se o Caldaria Ba-rrocás apenas xógase nada, coa salvación asegurada, o Apóstol Ourense tentará buscala sumando os dous puntos en disputa.

Apóstol OurenseO Apóstol Ourense, que

xoga de local, chega a este encontro con cinco puntos e despois de perder a pasa-da xornada contra o Sardi-nero por un abultado 6-1. Os ourensáns son penúlti-mos e están empatados a puntos -cinco- co último clasificado, o San Vicente, polo que sumar puntos co-meza a ser vital se queren permanecer un ano máis na segunda categoría do ho-quei herba.

caldaria BarrocásO Caldaria Barrocás, con

13 puntos ten a salvación máis preto, e os postos de arriba un pouco lonxe para pensar en lograr alcanzalos de aquí a final de tempada.

OurenseO Ourense de Primeira

División feminina está na zona tranquila da táboa. Con 13 puntos ocupan a quinta posición lonxe dos postos de arriba e sen peri-go de ser alcanzadas polos equipos de abaixo.

Esta fin de semana o Ourense visita a cancha do terceiro clasificado, o Uni-versidade de Sevilla, na xornada número 13.

Apóstol e Ba-rrocás enfrón-tanse no derbi ourensán

Partido do Ourense disputado en Mariñamansa. /RAMSÉS

Redacción

Despois de certificar o ascenso á 1ª Autonómica de forma brillante, o Ba-lonmán Pabellón perde o

O Balonmán Pabellón perde o seu primeiro encontro da tempada4 Contra o Moaña.

seu primeiro encontro nesta tempada. Foi contra o Moaña, equi-po que aínda está na loita polo ascenso. Os de Zarra logo de firmar �1 encontros impolu-tos de derrotas e se-llar o ascenso buscado desde fai máis de dúas décadas, o máis lóxico é que baixaran o pistón da competición. E así foi. 34-30 foi o resul-tado en contra ante os pontevedreses, pero xa pouco importa, e nada pode empañar a mag-nífica tempada realiza-da polos ourensáns.

Partido do Pabellón Balonmán nos Reme-dios./RAMSÉS

Redacción

Partido sen historia o xogado polo Campus Ourense Rugby no Bierzo contra os Jabatos.

Os leoneses son colistas

Vitoria do Campus con-tra o colista

e o Campus sen facer nada doutro mundo deu conta delo. 10-13 foi o resultado dun partido espeso no que a calidade dos ourensáns im-púxose ao ímpetú dos bier-censes. Con esta vitoria, e a falta de dúas xornadas, o Campus Ourense aínda ten posiblidades de alcanzar a cuarta posición e rematar unha unha liga que foi de máis a menos. Plantilla do Campus Ourense Rugby.

Page 22: 30 Marzo 2012 - BD53

�� BARRIOS DEPORTIVO30 de marzo de �01� ARTES MARcIAIS - cMD

Manuel R. Mosquera.

O Consello Municipal de Deportes quere pagar as súas facturas en 30 díasRedacción

O Consello Municipal de Deportes (CMD), en-cabezado polo concelleiro de deportes do Concello de Ourense, Fernando Varela, comprométense a pagar as facturas da enti-dade nun prazo de 30 días. Con esta medida preten-den reducir o volume de crédito comercial, co fin de recuperar a confianza dos acredores comerciais, a quen consideran socios estratéxicos e imprescin-dibles para a prestación de servizos deportivos. A medida é tomada pola si-tuación de estancamento e recesión económica, que sometía a dificultades de financiamento e tensións de liquidez aos provedo-res do CMD, maiormente locais.

Esta medida tómase ademais para que sigan as boas relacións entre CMD e acredores e reafirmar a colaboración positiva en-tre todas as partes. Por iso, fíxase o pago das débedas en 30 días desde a recep-ción da factura ata que se cobra.

Redacción

Os competidores do Ximnasio Marbel, Felipe Igrexas e Christian Alvarez completaron o seu histórico debut no Campionato de Europa de Jiu Jitsu do pa-sado �4 de marzo na loca-lidade alemá de Hanau. Era a primeira vez na historia que un ourensán compite nun evento diste calibre nas modalidades irmás de Judo ou Jiu Jitsu e o resultado foi magnífico, terminando Feli-pe Iglesias no posto sétimo na categoría de -6� quilos e Christian Álvarez décimo terceiro en -94 quilos.

Felipe Iglesias comezou o seu concurso como un ci-clón e gañou o seu primeiro combate contra o alemán e local Andreas Dold. Iglesias avanzou até a eliminatoria de cuartos, caendo contra o belga e posterior medalla de prata Deniss Zaitsev. Na repesca, Igrexas derrotou ao ruso Robert Koibaev e esti-vo a un paso da medalla de bronce pero, curiosamente, perdeu contra Dold, a quen derrotara na primeira rolda. Un sétimo posto que sabe a ouro para o bravo competi-dor ourensán.

Christian Álvarez caeu na primeira rolda contra o ale-mán e posterior medalla de bronce Christopher Müller tras opor dura resistencia, e na repesca tampouco puido co francés Mathieu Lefvre. O seu posto final foi décimo terceiro, o mesmo no que terminou o tamén galego Alex Álvarez na categoría de -77 quilos.

Open de España de Taekwondo

No Opende de España de Taekwondo, a taekwondista do ximnasio Couto, Esperanza Fernández Iglesias, con-quistou a medalla de bronce en categoría Máster 1. A cita tivo lugar en Alacante o pasado �5 de marzo.

Éxito do Jiu Jitsu ourensán no Europeo de Alemaña4 Felipe Iglesias rematou nun meritorio séti-mo posto.

contra os melloresOs ourensáns medíron-

se ao mellor do panorama mundial, onde franceses, rusos e alemáns dominaron practicamente todas as ca-tegorías no Main-Kinzing

Ache da cidade xermana de Hanau, situada ao leste de Francfort. Éxito de jiu jitsu ourensán que permi-tirá aos nosos loitadores ascender postos no ran-king mundial.

Álex Álvarez, Christian Álvarez e Felipe Iglesias en ha-nau (Alemaña).

Esperanza Fernández Iglesias.

Redacción

O pavillón municipal de Marín (Pontevedra) aco-lleu o Campionato Galego de kick boxing na modali-dade de light contact.

Ximnasio Estudio A Valenzá

Tres foron os represen-tantes do Ximnasio Estu-dio A Valenzá (Barbadás) realizando un gran papel cada un deles. Dos tres hai

KIcK BOXING

Iglesias, campión galego de light-contact4 No Campionato Galego dis-putado en Marín.

que facer unha mención especial para Francisco Javier Iglesias, que aca-dou o campionato galego na categoría de menos de 84 quilogramos.

Numerosa participa-ción

Máis de 130 deportistas de toda a xeografía galega déronse cita neste evento, polo que o mérito de Fra-cisco Javier Iglesias é to-davía maior. Francisco Javier nun dos combates.

Page 23: 30 Marzo 2012 - BD53

BARRIOS DEPORTIVO30 de marzo de �01�

�3AcTUALIDADE

Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-3�.3�3.9�5. Depósito Legal: OU 185-�009. Redacción: r/ Valle Inclán �5 �º Of. 15 - 3�004 Ourense. Tel: 988 �39 634. Correo-e: [email protected]. Distribúe: J Publicidad. Imprime: Publicaciones Tameiga.Director: Ramsés Torres. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción e fotografía: Paula Lodeiro, Ramsés Torres, Óscar Blanco, Alberto Del Río. Colaboracións: Saudeter, Diego Formoso, Alfonso Vilachá.

Nº5�- Ano: IV - 16 de marzo de �01� - Difusión: 5.000 exemplaresEste periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Impreso en papel 100% reciclado.Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 988 �39 634.

4DESDE O MEU RECUNCHO

O deporte e a saúde (III): Actividades a practicarAs ofertas deportivas

para o deporte poden ser de diferente índole, elixindo o practican-te aquela que mellor se adapte ás súas aptitudes e condicións físicas:

- Carreira continua (jogging ou footing). Co-rrer de forma continua-da, cómoda, relaxada e en equilibrio de osíxeno. Tamén pode facerse de forma fraccionaria (5´-10´-15´...), e nos descan-sos realizar exercicios de mobilidade articular, coordinación e estira-mentos.

- Circuítos naturais. Consiste en percorrer varios quilómetros en carreira, camiñando, á vez que se fan diferentes exercicios. Están instala-dos en parques, bosques e outros espazos. É un percorrido que permite adestrar só, cos amigos

ou coa familia.- Aeróbic. Método de

adestramento para unha mellora xeral. Os exerci-cios ximnásticos adoitan ir acompañados sempre pola música.

- Bicicleta. Ben por es-trada ou por montaña.

- Natación. Realizala de forma continuada.

- Baloncesto, fútbol, hockey, atletismo, balon-mán...

- Marcha, sendeirismo, montañismo, excursionis-mo.

Recetario positivo e nega-tivo do deporte

O Positivo:- O ideal á hora de entre-

nar é gozar e ser feliz.- Facer deporte é o ca-

miño ideal para facer ami-gos.

- Máximo respecto ao opoñente gáñese ou pérda-se.

4A PREGUNTA

4Cres que foi un acerto a volta de Rafa Sanz como adestrador do Club Ourense Baloncesto?

SIO Club Ourense Balon-

cesto antes da chegada de Rafa Sanz era un equipo pouco fiable. Coa direc-ción do cordobés virou a tendencia, e agora é un dos equipos máis compactos da competición. Sen opción de alcanzar o primeiro posto, Sanz está levando ao equipo ata a segunda praza (factor cancha no play off a favor), e o que é máis importante, o COB comeza a ser un equi-po que comeza a dar sínto-mas que participará no play off con garantías de dispu-tar con calqueira a praza de LEB Ouro en xogo.

NONO COB non necesita-

ba cambiar de adestrador nunha liga de 13 equipos, na que ascende un direc-tamente, e os equipos que quedan da segunda á nove-na posición xogan o play off polo ascenso.

Calquera que adestrara a este equipo, coa calida-de destes xogadores para a LEB Prata podería re-matar na liga regular entre os nove primeiros. Xa no play off, o factor sorte non depende de quen esté no banco.

Danos a túa opinión no noso Facebook (mundourense.com)

ou na web www.mundourense.

com

- Esfórzome ao máximo para mellorar cando entre-no e xogo.

- Hai que facer deporte todos os días.

- É necesario facer de-porte e alimentarse ben para estar san.

- As normas no deporte son necesarias e imprescin-dibles no seu cumplimento para que aflore o respecto.

O negativo- O máis importante á

hora de entrenar e xogar é gañar como sexa.

- Para facer deporte non preciso amigos.

- Só saúdo ao contrario cando gaño.

- Só me esforzo o xusto para entrenar e xogar.

- Facer deporte todos os días non é necesario.

- Só como o que máis me gusta.

- Se gaño facendo tram-pas e protestando é bo.

Alfonso Vilachá

Alfonso Vilachá Rodríguez.

4O resultado da pregunta anterior Xogará o CD Ourense a promoción de ascenso á 2ªB como campión do seu

grupo de Terceira División?Sexa polo tor-

mentoso comezo de tempada, con cambios de directi-va e adestrador, ou sexa pola calidade dos rivais máis di-rectos, o certo é que os ourensáns non se mostran de todo convencidos de que o seu reprentante na Terceira Divi-sión de fútbol logre rematar a liga como

líder, xa que só un 27,3% dos que par-ticiparon na nosa enquisa aposta por que o CDO acade a promoción de as-censo como núme-ro un do seu grupo, mentres que, pola contra, un 72,7% considera que se lo-gra disputala o fará chegando, como mínimo , de segun-do clasificado.

Rafa Sanz foi tamén adestrador do COB nos últimos meses da tempada anterior./RAMSÉS

Page 24: 30 Marzo 2012 - BD53

�4 BARRIOS DEPORTIVO30 de marzo de �01�