2 maio 2013 - bd nº 76

16
Número: 76- Ano: V - 3 de maio de 2013 - Depósito Legal: OU 185-2009 - Periódico quincenal de distribución gratuíta - www.barriosdeportivo.com BA- RRIOS DEPORTIVO volve repartirse a partir do 16 de maio. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190. O Vinteún inaugurou o “Correndo x Ourense” [páx. 6] CLUB OURENSE BALONCESTO Páx. 2-3 CLUB DEPORTIVO OURENSE Páx. 4 CIDADE AS BURGAS Páx. 9

Upload: barrios-deportivo

Post on 11-Mar-2016

237 views

Category:

Documents


3 download

DESCRIPTION

Chega a recta final dos campionato e moitos teñen aínda moito por decidir. Para esta xornada acollémonos ao Efecto Ourense para tres representantes da nosa provicia que se xogan o ser e non ser das súas ligas. O Ourense recibe ao Leganés coa mirada posta na promoción da permanencia. Unha vitoria achegaría aos de Luisito a salvación. O COB ten dous partidos no Paco Paz para certificar a súa permanencia na LEB Ouro diante do Knet Clavijo. E o Cidade As Burgas deberá vencer ao Viaxes Amarelle se non quere pasar apuros nas dúas últimas xornadas.

TRANSCRIPT

Page 1: 2 Maio 2013 - BD Nº 76

Número: 76- Ano: V - 3 de maio de 2013 - Depósito Legal: OU 185-2009 - Periódico quincenal de distribución gratuíta - www.barriosdeportivo.com BA-RRIOS DEPORTIVO volve repartirse a partir do 16 de maio. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190.

O Vinteún inaugurou o “Correndo x

Ourense” [páx. 6]

CLUB OURENSE BALONCESTO Páx. 2-3 CLUB DEPORTIVO OURENSE Páx. 4CIDADE AS BURGAS Páx. 9

Page 2: 2 Maio 2013 - BD Nº 76

� BARRIOS DEPORTIVO3 de maio de �013

4 Axenda deportivaBaloncesto- Día 3 de maio. Paco Paz -�1.00h.- COB - Knet. Liga LEB Ouro. 3er partido pola permanencia.- Día 5 de maio. Paco Paz -19.30h.- COB - Knet. Liga LEB Ouro. 4º partido pola permanencia.Fútbol sala feminino- Día 5 de maio. Os Remedios -1�.00h.- Cidade As Bur-gas - Viaxes Amarelle. 1ª División Fútbol Sala.

Fútbol- Día 5 de maio. O Couto. CD Ourense - Leganés. �ªB.- Día 5 de maio. O Carballiño. Arenteiro - Pontellas. Rexional Preferente.- Día 1� de maio. Os Carrís. UD Barbadás - Rácing de Ferrol. 3ª División.- Día 1� de maio. Oira (Ourense). Ponte Ourense - Arousa. Rexional Preferente.- Día 1� de maio. O Barco. CD Barco - Ribadumia. Rexional Preferente.- Día 1� de maio. José Arjiz (Verín). CD Verín - Ponte-vedra B. Rexional Preferente.Atletismo- Día 4 de maio. Pistas de Monterrey -todo o día- Cam-pionato Provincial de Atletismo escolar.- Día 5 de maio. Paderne de Allariz -9.30h- VI Andaina Concello de Paderne.- Día 5 de maio. Paderne de Allariz -10.00h- VI Carreira Concello de Paderne.- Día 11 de maio. O Barco de Valdeorras. IV Xormada Copa Deputacion.- Día 1� de maio. Pistas de Monterrey. Campionato Ga-lego Cadete.- Día 1� de maio. Castrelo de Miño -7.30h- Aviamán. III Copa Deputación de Ourense de Triatlón.Tiro- Días 4 e 5 de maio - Eiroás - Copa Deputación - Pistola e carabina neumática.- Día 1� de maio - Eiroás. Liga carabina tendido e pistola libre.

Balonmán- Día 5 de maio. Pavillón Campus universitario de Ourense. Campus Auria - Balonmán Pabellón. Copa Deputación.- Día 1� de maio. Pavillón dos Remedios. Balonmán Pa-bellón - Viña Costeira. Copa Deputación.Taekwondo- Día 4 de maio. Os Remedios -09.00h.- Campionato Autonómico de Taekwondo escolar.

AXENDA / BALONCESTO

Dez anos de Campus de Baloncesto Juanjo Bernabé 4 Será en xullo, na estación de montaña de Manzaneda.Redacción

Este ano o Campus de Baloncesto Juanjo Berna-bé celebra o seu décimo aniversario. Foi unha dé-cada de intenso traballo no que formou a preto de 1.100 rapaces. E para ce-lebralo dende a organiza-ción decidiron apostar por ofrecer prezos especiais para fomentar a inscrición nesta edición. Un ano máis o campus irá dirixi-do a cativos nados entre 1995 e �006 terá lugar na Estación de Montaña Oca Nova Manzaneda.

Como vén sendo ha-bitual, o Campus de Ba-loncesto Juanjo Bernabé ofrece diversas opcións para adaptarse ás nece-sidades dos cativos e das súas familias.

Haberá un campus do 30 de xuño ao 6 de xullo, e outro do 6 ao 1� de xu-llo (ambos teñen un prezo entre 310 e 370 euros en función da data de ins-crición). A terceira posi-bilidade é a de acudir ao campus que terá lugar do 30 de xuño ao 1� de xullo (cun prezo entre 590 e 680 euros). En todos os casos os prezos inclúen seguros, roupa de campus e aloxa-

mento en pensión com-pleta. Haberá un 10% de desconto no caso de que participen varios irmáns, e outro 10% se asisten ao Campus Don Bosco-B&C Eventes.

As inscricións deben realizarse antes do 17 de xuño abonando como mí-nimo o 50% do prezo da actividade.

NovidadeOs organizadores des-

te campus ofrecen aos cativos ourensáns a posi-bilidade de participar en agosto no Campus Kasta de Belgrado (Serbia), para o que dispoñen de �0 pra-zas. Esta actividade terá lugar do 8 ao 18 de ago-tos e vai dirixida a rapaces entre 13 e 18 anos. Ten un custo de 1.300 euros para os rapaces que asistan ta-mén ao Campus Juanjo Bernabé, dos cales �50 euros deben ser abonados no momento da inscrición para formalizar a reserva e o resto deben ser pagados antes do 17 de xuño.

O importe inclúe segu-ro, voos de ida e volta, e 10 días de aloxamento en réxime de pensión com-pleta.

[+ info en www.bcevents.es/campus]

R. Torres

Comezamos de cero. Ol-vidamos os dous primei-ros encontros na Rioxa e facemos un novo play out. Nesta ocasión ao mellor de tres partidos, pero co factor cancha favorable ao Club Ourense Baloncesto.

Esta é a consecuencia dos dous primeiros encon-tros da eliminatoria. Moi-tas conclusións e poucas resolucións dunha elimi-

natoria con moita e pouca igualdade. Play out en esta-do puro.

Eliminatoria igualadaNo primeiro encontro, os

de Rafa Sanz mostráronse coma un equipo decidido a rematar a eliminatoria pola vía rápida. Moi superiores aos locais en todas as fa-cetas do xogo e lonxe dese paupérrimo COB que se viu na maioría de partidos dis-putados lonxe do Paco Paz.

O Pazo pode ditar sentenza4 O Club Ourense Baloncesto recupera o factor cancha na eliminatoria para a salvación.

Momento do último partido de liga en casa, contra o Na-varra./RAMSÉS.

Page 3: 2 Maio 2013 - BD Nº 76

BARRIOS DEPORTIVO3 de maio de �013

3BALONCESTO

Último partido disputado polo ABO esta tempada./RAMSÉS.

O ABO, en toda a liga, tan só venceu en dous dos 20 partidos disputados, e ningún deles foi na casa

R.T.

O equipo ourensán de Liga EBA, o ABO, vén de certificar o seu descenso á Primeira Nacional de ba-loncesto. Unha tempada con infinidade de proble-mas rematou co descenso do equipo, logo de firmar dúas vitorias en �0 parti-dos. Ningunha delas en casa.

Chegaba á última xor-nada con opcións de ma-terse; tiñan que vencer ao Ferrol e agardar que o León perdera. A segunda condición deuse: o León caeu diante do Chantada (71-61); nembargantes a primeira condición (a que dependía dos ourensáns) non se deu. O equipo di-rixido por Juan Norat perdeu en casa diante do Ferrol por 49-60.

No partido contra os de-

partamentais non puideron contar con Rubén Vila. No primeiro cuarto un parcial de 2-12 fixo que os ouren-sáns tiveran que remar a contracorrente durante o resto do encontro, o que de-rivou nunha derrota máis, a pesar do que estaba en xogo. No último cuarto atisbouse unha opción de remontada, pero converteuse en puro espellismo. O descenso era un feito.

ProblemasAo longo da tempada, os

problemas creceron dentro da entidade ourensá, o que non axudou a salvar a ca-tegoría. Amais das lesións de xente importante como Rubén Vila, outros xoga-dores deixaron o equipo en metade da campaña. Algún deles, xogadores ourensáns que non aceptaron as con-dicións que lles ofrecía a

O ABO descende4 Dúas vitorias en toda a tem-pada é a bagaxe do conxunto ourensán.

directiva do club.Estes contratempos deri-

varon na debacle que tivo que soportar o equipo de Norat, tan só dúas vitorias en �0 partidos; ninguna de-las en casa.

DesapariciónRematada a liga e logo do

que deparou toda a tempada volve xurdir a dúbida de se o ABO sairá en competi-ción o ano que vén. Por par-te da directiva, todo parece indicar que o equipo sénior desaparecerá, pero habe-rá que agardar ata o verán para confirmar se os peores prognósticos se cumpren. De concurrir en competi-ción a tempada que vén, moitas cousas terán que cambiar para non volver a dar a imaxe deste ano.

Todos, pero sobre todo, Ke-dzo, Mena e Julio González raiaron a un gran nivel e anularon calquera intención de facerse coa primeira vi-toria do Knet Clavijo. 57-74 para o COB. A eliminatoria pintaba ben, 0-1 para os ourensáns que recuperaban o factor cancha e sabían cal era o camiño a seguir.

O segundo encontro foi todo o contrario. O Knet barreu da pista aos homes de Rafa Sanz que se vían incapaces de facerlle dano aos locais e apenas vislum-braban algunha opción de pór o 0-�. O Clavijo mos-trou o seu podería ofensivo e deu mostras de que son os favoritos para manter a categoría, 76-59 foi o resul-tado final.

Un a un tralos dous pri-meiros partidos que nada resolven e enchen de dúbi-das a eliminatoria, que des-ta cambia de escenario e ten ao Paco Paz como protago-nista dos dous próximos envites. Moita igualdade no cómputo global (1-1), pero nula igualdade se collemos individualmente cada un dos enfrontamentos.

Terceiro e cuarto no Pazo

Ourense vivirá un novo duelo de promoción, en rea-lidade serán dous partidos (o terceiro e cuarto) que po-den decidir ao gañador, ou non resolver nada e levar a eliminatoria a un quinto, e definitivo, partido á Rioxa.

Os ourensáns buscarán pechar este reto en casa vencendo nos dous próxi-mos encontros (venres 3 de maio ás �1 horas, e domin-go 5 ás 19.30 horas). Para elo deberán ser o mesmo

equipo do primeiro partido, ou ben o que acadou oito vitorias na liga regular en casa. Se se mostra coma no segundo partido contra Clavijo ou coma nos parti-dos de casa contra o Lleida e Melilla a cousa poderíase complicar en exceso.

O Knet tentará, alo me-nos, buscar unha vitoria no Pazo que devolva a elimi-natoria a Logroño, pero sen renunciar a gañar os dous encontros na vella Auria.

AfeccionadosO sexto xogador será unha

peza importante para levar en volandas aos xogadores, sobre todo en momentos de debilidade mental e flaque-za física. Dous partidos nos que as bancadas do Paco Paz débense vestir de gala para, entre todos, salvar a catego-ría. Ourense demostrará esta fin de semana que merece seguir sendo unha cidade cun equipo en LEB Ouro.

Os xogadoresA maioría dos xogadores

participan por primeira vez nun play out de descenso, polo que é difícil controlar

O Pazo pode ditar sentenza4 O Club Ourense Baloncesto recupera o factor cancha na eliminatoria para a salvación.

Venres 3, ás 21 horas, e domingo 5, ás 19:30 horas, son as citas para os afeccionados cobistas

as emocións. Julio Gon-zález aportará todo o que a súa lesión lle permita; sería bo encarrilar o pri-meiro partido pronto para poder darlle minutos de descanso. Mena volverá a ser importante; polas súas mans pasarán as accións ofensivas do equipo, da súa lucidez dependerá en gran medida o resultado. Barbour deberá ser o xo-gador da fase regular e facer acto de presenza na eliminatoria; no primeiro encontro, a pesar de non anotar deixou espazos aos seus compañeiros, no se-gundo estivo máis ausen-te. Ogide, Mújica, Kedzo, Gibbs e compañía terán a responsabilidade de mos-trar a súa mellor versión para resolver esta fase nos dous próximos partidos.

Partido de liga do COB contra o Knet./ARQUIVO.

Page 4: 2 Maio 2013 - BD Nº 76

4 BARRIOS DEPORTIVO3 de maio de �013

FÚTBOL

Ourense-Leganés, domingo 5 ás 17:45 horas,no Couto

R. Torres

Das tres xornadas que restan para rematar a liga no grupo primeiro da Segunda División B, o CD Ourense xogará dous diante dos seus afeccionados. O primeiro deles este mesmo domingo (a partir das 17:45 horas) contra o Leganés. Despois xogará en Zamora e rema-tará a competición contra o Real Madrid C no estadio do Couto.

O partido deste domingo pode levar ao equipo ades-trado por José Luís Míguez “Luisito” ás portas da salva-

ción. Pero diante terá a un Leganés que está a xogar a promoción de ascenso á Se-gunda División ou incluso a promoción de campións, polo que o choque mostrará unha gran intensidade desde o pitido inicial. Os madrile-ños son segundos e teñen practicamente asegurada a disputa da promoción. A seis puntos do líder, Teneri-fe, apurará as súas opcións de dar caza aos canarios e así entrar na promoción dos campións de �ªB.

O Ourense pode ser a outra cara da moeda. Con 43 puntos, os de Luisito es-

tán en dura pugna por man-ter a categoría. Co descenso directo case eludido, a pre-misa é evitar a décimo sexta praza; o equipo que a ocu-pe a final de tempada terá que xogar unha promoción de descenso sempre com-plexa e difícil de superar. O Ourense está a tres puntos desa posición, que ocupa o San Sebastián de los Reyes; os madrileños teñen o “goa-laverage” cos ourensáns a favor. Un empate a puntos nesa fatídica posición con-denaría aos “rojillos”. O descenso directo, aínda que non está totalmente esqui-

A permanencia pasa polo Couto4 Os dous partidos en casa, factores importantes para a salvación do CD Ourense.

vado, certo é que está algo lonxe, a sete puntos, polo que ese obxectivo está case que cumprido.

O Guijuelo, con 41 pun-tos, é outros dos equipos na loi-ta por evitar a pro-moción. Mentres o Ouren-se recibe nesta xornada ao Leganés, o Sanse recibe ao Tenerife, que de vencer cer-tificaría a súa presenza na promoción dos campións para o ascenso á Segunda División. O Guijuelo visi-ta ao Alcalá, que esgota as súas últimas opcións de saír do descenso directo. Esta-mos ante unha antepenúlti-ma xornada que pode clari-ficar o futuro inmediato do CD Ourense.

XogadoresO técnico contará coa

baixa segura de Óscar Mar-tínez que terá que cumprir o ciclo de cinco tarxetas amarelas. O seu substituto será o maior quebradei-ro de cabeza para Luisito. Quintairos sería o recambio natural. Con Iván González recluído ao máis absoluto ostracismo esa é a opción máis probable, a pesar de que o dianteiro non contou con moitos minutos ao lon-

go da tempada.Outro dos problemas

para confeccionar o once que salte ao terreo de xogo na xornada número 36 son as lesións de Alex e Jaime Noguerol. A pasada xorna-da xa non xogaron e esta, a pesar de que evolucionan favorablemente, non se sa-berá case que ata última hora se formarán parte da alineación titular.

As notas positivas para este encontro son o regreso de Adil e Borja Valle que ti-veron que cumprir sanción contra o Caudal Deportivo.

Pato salva un lanzamento do Avilés./RAMSÉS.

Rubén Arce loita polo balón cun xogador do Avilés./R.T.

Page 5: 2 Maio 2013 - BD Nº 76

BARRIOS DEPORTIVO3 de maio de �013

5PUBLICIDADE

Page 6: 2 Maio 2013 - BD Nº 76

6 BARRIOS DEPORTIVO3 de maio de �013

ATLETISMO

Momento da saída da carreira absoluta do Vinteún, que contou cun importante número de participantes./RAMSÉS

R.T.

Comezou o circuíto de ca-rreiras populares “Correndo x Ourense” coa proba dispu-tada no barrio do Vinteún.

Máis de 600 participantes de todas as edades remata-ron esta primeira xornada dun circuíto que chega a súa terceira edición.

En alevín, Elsa Pena e Martín Rivera foron os pri-meiros; en benxamín, Marti-na Fernández e Álvaro Díaz. Aida Martínez e Jesús Álva-rez impuxéronse en catego-ría cadete; facendo o propio Itziar Manso e Daniel Casti-llo en infantil.

Previamente, uns 50 pitu-fos deron os seus primeiros pasos no mundo do atletis-mo.

Carreira absolutaNa proba absoluta re-

sultaron gañadores Javier

Redacción

O �3 de xuño celebra-rase a terceira edición do C h a n d r e x a Trail, que contará para o Campiona-to Galego de carreiras de montaña. O ano pasado formara parte da Copa Ga-lega.

A Chan-drexa Trail partirá de Ce-leiros e a proba dará co-mezo ás nove da mañá.

A carreira está aberta a todo o público, e haberá unha clasificación conxun-ta e outra na que só entra-rán os participantes que pertenzan á Federación Galega de Montañismo, da que sairán os campións galegos deste ano.

O percorrido da carreira consta de 3�,8 quilóme-tros cun desnivel acumu-lado de 4000 metros.

A novidade deste ano é que a carreira aumentou 4 quilómetros e coroara-se no alto de Seixo, algo pendente por facer pola organización.

A andaina tamén está aberta a todo o público pero esta sería un evento de carácter non competiti-vo. Consta de �0 quilóme-tros de percorrido.

Paredes e Sonia Teijeiro (quen defende título) nun-ha carreira na que partici-paron 43� atletas.

Paredes (Sociedad Gim-nástica de Pontevedra) aventaxou en nove segun-do a Pepe Márquez (Atletas Veteranos Ourense);�0:07 do primeiro por �0:16 do segundo. A terceira posi-ción rematou Saturnino González (Atletas Vetera-nos Ourense), �0:�9. Des-te xeito, Paredes (que non participara en edicións an-teriores) perfílase como un dos favoritos para levarse o circuíto ourensán.

En categoría feminina, a actual campioa, Sonia Teijeiro (Atletas Veteranos Ourense) do “Correndo x Ourense” volveu a dar mostras da súa calidade e alzouse con esta primeira vitoria parcial ao rema-tar a carreira nun tempo

O Vinteún inaugurou o “Correndo x Ourense”4 600 atletas participaron nesta primeira carreira.

de �3:49 minutos. Segun-da foi a atleta do Club Ourense Atletismo, Silvia Teijeiro (�5:10). Terceira foi a lucense do Jimbarán Running, Isabel López (�5:53).

O CoutoO circuíto regresa o �5

de maio coa carreira do barrio do Couto. Nesta ocasión as carreiras darán comezo a partir das nove da noite.

Os máis pequenos tamén gozaron dun día de atletismo./R.T.

InscriciónsNesta terceira edición

mantense os prezo do ano anterior. Así, a andaina terá un custe de 8 euros. Para a carreira, os federados abo-narán 13 euros, mentres que os non federados pagarán 18.

As inscricións pódense facer a través da páxina da carreira www.carrera-chandrexa.blogspot.com no apartado de inscricións, ou presencialmente en Run-ning Sport, na rúa Nosa Se-ñora da Saínza, 18 -Ouren-se- ou en Asaja Galicia, na rúa Marqués de Trives, 56 -Pobra de Trives-.

A inscrición dá dereito a participar na proba, segu-ros, bolsa do corredor, avi-tuallamentos, gardarroupa, duchas, aloxamento no co-lexio de Celeiros, comida post carreira e cantos ob-sequios consiga a organi-zación.

Trail por Chandrexa4 O 23 de xuño celebrarase o III Chandrexa Trail.

Cartel do III Chandrexa Trail.

Page 7: 2 Maio 2013 - BD Nº 76

BARRIOS DEPORTIVO3 de maio de �013

7POLIDEPORTIVO

O Provincial inclúe probas de velocidade, fondo, salto e mesmo peso

Ourense, no podio do Campionato de Europa de 100 quilómetros en ruta

José Antonio Requejo Santos, atleta vinculado esta tempada á Escola Atlética de Pereiro de Aguiar Ben Cho Shey-Onprojek, finalizou en terceiro lugar no Campio-nato de Europa do 100 km Ruta. Requejo proclamouse, á vez, campión de Europa coa selección española, da que formaba parte, entrando en meta como segundo clasifica-do de España.

R.T.

Xa queda menos para que se celebre o San Ma-mede Desafio Solidario

R.T.

O �7 de abril celebrouse nas pistas de Monterrei a

José Antonio Requejo (á esquerda) foi terceiro no Campio-nato de Europa de 100 km Ruta.

4 Organizado pola Asociación Cultural e De-portiva Vía XVIII de Maceda.

última, de tres, xornadas da Interzonal en pista. O 4 de maio, as mesmas pistas acollerán o Campionato

A Interzonal dá paso ao Provincial Escolar4 O 4 de maio disputarase nas pistas de Mon-terrei o Campionato Provincial escolar.

Provincial.Tres xornadas de Inter-

zonal escolar tiveron lugar en Monterrei cunha gran participación de depor-tistas de toda a provincia aínda que con dominio de atletas capitalinos. Nume-rosas foron as probas que se celebraron ao longo destas tres xornadas que premiaban os esforzo dos atletas máis cativos.

ProvincialPara o 4 de maio está

fixada a data do Campio-

nato Provincial, na que atletas escolares terán a oportunidade de alzarse co título de campións provinciais. Probas de velocidade, de fondo, salto ou mesmo peso es-tarán presentes nun día onde o complexo depor-tivo de Monterrei volve-rá a ser o escenario dun-ha das mellores citas en canto a atletismo escolar refírese.

Benxamín, infantil e alevín son as categorías presentes nestas finais individuais e combina-das.

�013 que organiza a Aso-ciación Cultural e Depor-tiva Vía XVIII de Maceda. O domingo 19 de maio é a data de celebración da an-

daina, carreira e BTT son as opcións que se poden elexir para participar.

As tres probas darán co-mezo e terán o seu fin na

localidade de Castro de Escuadro e percorrerán a Serra de San Mamede.

A andaina consiste nun percorrido duns 17 quiló-metros, a carreira é de �1 quilómetros e a marcha BTT ten un percorrido de 44 quilómetros.

A andaina dará come-zo ás 9 da mañá; ás 10.00 será o turno da carreira e dez minutos máis tarde (10.10) será a saída da BTT.

InscriciónsTodos os interesados

en participar nesta proba teñen ata o 15 de maio para inscribirse. A proba ten un custe de �� euros para os que se anoten na andaina ou na BTT e �0 euros para os que o fagan na carreira.

Para máis información sobre a inscrición e re-solver calquera outra dú-bida, pódese consultar a web www.via18.com.

4 Solidariedade, + que nuncaComo aconteceu en ocasións anteriores, esta inicia-

tiva non se esquece dos máis necesitados, e tres euros de cada inscrición serán doados para o programa da Cruz Vermella “Agora + que nunca”, que xestiona a asamblea comarcal da Cruz Vermella de Maceda.

Conta atrás para o San Mamede 2013

Unha rapaza realizando unha proba de salto de altura du-rante a última xornada da Interzonal en pista./R.T.

Campionato Galego Escolar de Orientación

O �6 de abril o Male-cón-Parque do Salgueiral do Barco de Valdeorras acolleu o V Campionato Galego Escolar de Orien-tación Pedestre Infantil e Cadete, ao que acudiron un total de �40 rapaces de �3 centros educativos, asociacións e clubes de toda Galicia. A proba foi de tipo sprint é os gaña-dores tiñan que facer un tempo aproximado de 15 minutos.

A Asociación Limiacti-va foi, dos clubes ouren-sáns, o que máis podios fixo; seguida do CPI An-tonio Failde de Coles.

Page 8: 2 Maio 2013 - BD Nº 76

8 BARRIOS DEPORTIVO3 de maio de �013

FÚTBOL SALA

4 Xornada 28 - 4/5 de maioValladolid - U. de AlacanteFemeni Centelles - MóstolesCidade As Burgas - Viaxes AmarelleCiudad de Alcorcón - Soto del RealRoldán - BurelaAt. de Madrid - Ponte OurenseDescansa - GironellaLacturale Orvina - La Rioja

4 Xornada 29 - 11 de maioValladolid - La RiojaU. de Alacante - Femeni CentellesMóstoles - Cidade As BurgasViaxes Amarelle - Ciudad de AlcorcónSoto del Real - RoldánBurela - At. de MadridPonte Ourense - DescansaGironella - Lacturale Orvina

Primeira División FSF - 27ª xornada

Posto Equipo Puntos

1º Burela 64�º At. Madrid 633º Valladolid 494º Alcorcón 465º U. de Alacante 446º Orvina 4�7º Gironella 398º Soto del Real 379º Ponte Ourense 3310º Logroño �911º Móstoles �91�º Roldán �513º Cidade As Burgas 1814º Amarelle 1415º Centelles 3Raquel de Souza asediada por dúas xogadoras do Roldán./RAMSÉS

R. Torres

Non será doado, pero grazas aos últimos resul-tados o Ponte Ourense ten posibilidades de participar na Copa de España. Catro puntos separan ás de Óscar Vivián da oitava praza.

A pasada xornada o Ponte foi quen de batir ao Roldán por un 4-�, que unido ao empate do Soto del Real fronte ao Cidade, fan que as ourensás poidan seguir soñando coa Copa.

O inconvinte é que o Ponte, das tres xornadas que restan para dar por concluída a liga, tan só ten que disputar dúas. Des-cansa na penúltima.

EnfrontamentosAs albinegras teñen que

xogar esta xornada no feu-do do Atlético de Madrid,

descansar a seguinte e re-matar a Liga na cancha do Orvina.

O Atlético de Madrid estase xogando o título contra o Burela polo que este será o partido máis complicado das pontinas. Contra o Orvina, clasifi-cado para a Copa, pode ser un partido que os tres puntos deberían estar ase-gurados.

O Soto del Real ten a vantaxe de xogar nas tres xornadas que faltan, ade-mais de levar a renda de catro puntos de diferen-za. As madrileñas xogan contra o Ciudad de Alcor-cón (fóra); o Roldán (na casa) e Atlético de Madrid (fóra). O Alcorcón, cuarto clasificado, buscará estar o máis arriba posible na cla-sificación; o Roldán, coa permanencia conseguida

nada se xoga; e o Atlético de Madrid pode chegar á última xornada coa posi-bilidade de proclamarse campión da liga.

Despois de todo este ga-limatías, todo se resolverá en tres semanas (se non antes). Todas as ecuacións son posibles para un final de tempada apaixonante no que ao Ponte lle convén chegar con posibilidades ata a última xornada.

Deberán gañar os dous partidos e agardar ao que faga o Soto del Real; un conxunto ao que dous em-pates seríanlle suficientes para asegurar a oitava pra-za.

Está aínda todo por de-cidir, pero con clara das-vantaxe para as galegas. A clasificación para a cita copeira sería un gran e in-esperado agasallo para un irregular Ponte durante toda a tempada.

RoldánContra o Roldán, as xo-

gadoras adestradas por Óscar Vivián foron quen de reporse das baixas e le-varse a vitoria.

Drica, Chiqui e Marta xa non estiveron de partida, e Laura Fernández lesio-nouse aos poucos minutos de comezar o encontro. Aínda así, o Ponte fíxose co envite por catro goles a dous. Vanessa, Ana, Pove-da (en propia porta) e Cris foron as autoras dos goles locais.

Así mesmo, na xornada anterior, as pontinas lo-graron vencer a domicilio na cancha do Ciudad de Alcorcón por � goles a 3.

O Ponte busca o milagre4 Tras unha campaña irregular, o Ponte Ourense aférrase ás últimas probabilidades de entrar na Copa de España.

Das tres xornadas que quedan de liga, o Ponte só disputará dúas

O Ponte Ourense mídese este sábado 4 de maio co Atlético de Madrid, que disputa a liga ao Burela

Marta foi unha das ausencias do Ponte no partido contra o Roldán./ARQUIVO

Page 9: 2 Maio 2013 - BD Nº 76

BARRIOS DEPORTIVO3 de maio de �013

9FÚTBOL SALA

O Cidade faríase ca permanencia se vence ao Viaxes Amarelle o 5 de maio ás 12 horas nos Remedios

Xogadoras do Cidade As Burgas como Sonia (na imaxe), Iria ou Peque serán chave na loita pola salvación./RAMSÉS

R. Torres

�7 xornadas disputadas e Cidade As Burgas e Viaxes Amarelle xogaranse esta fin de semana o ser ou non ser na Primeira División do fút-bol sala nacional. O Cidade As Burgas chega a esta cita cun marxe de catro puntos, que poden facer que as xo-gadoras de Manolo Codeso salven a categoría. En caso de perder, as herculinas si-tuaríanse a un só punto das ourensás e con dúas xorna-das por disputar; o empate daría un respiro ao Cidade e mantería os catro pun-tos, e unha vitoria suporía a permanencia de forma matemática. Na ida venceu o Cidade por dous goles a tres.

O Amarelle tentará buscar os tres puntos como sexa, outro resultado non lles

Partido pola permanencia4 O Cidade xoga contra o Amarelle un partido que pode deci-dir o futuro das de Codeso na categoría.

vale se queren ter opción, nas últimas dúas xornadas, de loitar pola permanencia. Ás ourensás espéralle un partido moi trabado onde as coruñesas buscarán por to-dos os medios os tres pun-tos que lle den unha pinga de esperanza para competir a vindeira tempada na elite. As da vella Auria deberán calmar a posible ansiedade e saber xogar coa vantaxe dos catro puntos que teñen na clasificación.

O encontro será a partir do mediodía do domingo 5 de maio no pavillón dos Remedios.

Próximas citasNas dúas últimas xorna-

das pode ocorrer de todo. Equipos que xa non teñen nada que xogarse poden disputar estes partidos cun-ha certa relaxación.

O Amarelle recibe en casa ao Ciudad de Alcorcón e visita na última xornada ao Roldán. O Alcorcón, con 46 puntos, é cuarto clasifi-cado e pode aspirar como moito á terceira praza; por

debaixo, Alicante (44 pun-tos) e Navarra (4�) poden facer baixar ás madrileñas na clasificación, sen peri-gar a súa participación na Copa. A importancia que lle pode dar o cadro madrileño

a este encontro é o de ter un cruce máis sinxelo na pri-meira eliminatoria copeira (de rematar terceiras en-frontaríanse ás sextas cla-sificadas; de ser cuartas ou quintas xogarían contra as quintas ou cuartas, respec-tivamente). Pola súa banda, o Roldán é décimo segundo con �5 puntos e con nada en xogo. Salvado na categoría non pode chegar a postos de Copa, polo que a relaxa-ción pode ser a tónica das murcianas nestas últimas xornadas, logo de facerse co obxectivo da perma-nencia. No último partido en casa, seguro que queren brindarlle unha vitorias aos seus afeccionados.

O Cidade As Burgas terá que xogar contra o Mósto-les en Madrid e nos Reme-dios contra o Universidad de Alicante. As madrileñas teñen unha mínima opción de meterse na Copa, que poder estar descartada can-do se enfronten ao Cidade. As alacantinas buscarán un posto o máis arriba na cla-sificación para ter un cruce máis sinxelo; o Universidad

de Alicante é quinto e pode ascender ata a terceira posi-ción.

Soto del RealA visita ao Soto del Real

supuxo para as franxiverdes un punto que pode ser de-finitivo para permanecer na 1ª División. O partido foi intenso; por unha banda, as madrileñas buscaba asentar-se nos posto de Copa, e pola outra, as ourensás quería achegarse á permanencia. Ao final, reparto de puntos nun partido sen goles pero no que as locais mandaron un balón ao pao.

Sete días antes o Cidade desperdiciou un 4-1 a favor contra o Burela, para rema-tar caendo contra o líder, por cinco goles a catro.

Nati Pazos disputando un balón coa porteira do Móstoles no partido de ida xogado nos Remedios./RAMSÉS

Nas últimas xornadas de Liga as de Codeso mediranse co Móstoles e o Universidade de Alicante

Page 10: 2 Maio 2013 - BD Nº 76

10 BARRIOS DEPORTIVO3 de maio de �013

TENIS DE MESA / PÁDEL / TENIS

Integrantes do P21 Pádel Club. /P21.

R.T.

Xa se sabía con dúas xornadas de antelación pero quedou refrendado ao final da tempada. O Galmédica B de tenis de mesa remata a tempada sexto e mantén a catego-ría. Esta posición na táboa clasificatoria fai que o conxunto ourensán repita o ano que vén na Primeira División Autonómica do tenis de mesa. Obxecti-vo alcanzado logo dunha complicada tempada.

Nas dúas últimas xorna-das, de puro trámite para os ourensáns, gañaron o

R.T.

En tan só dous anos o xoven equipo ourensán de pádel, o P�1 pádel club as-cendeu á Primeira División da Liga das Rías Baixas.

Durante a fase regular o P�1 rematou na primeira posición do grupo segundo da Segunda División do Rías Baixas. Incontestable

O P21 ascende a Primeira División4 Da Liga Galega das Rías Baixas.

foi a súa superioridade con respecto aos seus rivais ao longo da tempada, e só ce-deu un partido, o último, e cando xa tiñan asegurada a primeira posición.

Play offNo play off polo ascenso

enfrontaríanse contra o se-gundo clasificado do grupo primeiro, o Real Club Náu-

tico de Vigo. O partido de ida disputouse en terras olívicas e os ourensáns en-dosáronlle un categórico 0-5. A eliminatoria chega-ba ao P�1 pádel club de Ourense, e aínda que es-taba de cara, os ourensáns non se durmiron e sacaron este segundo encontro por 4-1; 9-1 foi o cómputo glo-bal da eliminatoria. O as-censo era unha realidade e Ourense terá un equipo na Primeira División da Liga Galega das Rías Baixas na tempada �013-�014. Agora toca prepararse para enfrontarse a tempada que vén contra os mellores equipos autonómicos deste deporte.

Redacción

Os días �7 e �8 de abril celebrouse no Complexo Bamio de Ourense o Cam-pionato Galego Alevín por equipos de primeira categoría.

Esta competición está dividida en dúas fases, unha primeira fase regular que serve de clasificación para a eliminatoria.

Así, logo da primeira cita os conxuntos alevíns masculinos clasificados foron Complexo Ba-mio, Real Club Náutico de Vigo, Grupo Bazán e

TENIS

Os alevíns do Bamio, subcampións do Campionato Galego por equipos4 Disputouse en Ourense os días 27 e 28 de abril.

O Galmédica B remata sexto4 Salvan a categoría.

primeiro partido en casa contra o Helios Asesoría Serinte (5-�) e perderon na derradeira xornada contra o Liceo de Noia por idéntico resultado (5-�).

Galmédica APola súa banda, o primei-

ro equipo rematou quinto na Segunda División Na-cional o que lle vale para repetir categoría a tempada que vén.

Aos dous equipos tócalles uns meses de vacacións para recargar enerxías de cara á vindeira tempada, que se presume máis dura, se cabe, que está recén rematada.

Sporting Club Casino Co-ruña. Pola súa banda, os conxuntos de féminas des-ta categoría que pasaron á segunda fase foron o Club de Tenis Coruña, Sporting Club Casino Coruña, Club de Tenis A Tobeira e Real Club Náutico de Vigo.

Competición masculinaO sábado �7 disputáron-

se as semifinais, nas que os ourensáns do Complexo Bamio se viron as caras co Sporting Club Casino da Coruña, cun resultado favorable aos nosos repre-sentantes de 3-�, que os

clasificou para a final. Por outra banda, no duelo en-tre o Club Grupo Bazán e o Real Club Náutico de Vigo resultou gañador este último por un claro 5-0.

Así, ourensáns e vigue-ses medíronse na gran final do domingo, pero a pesar da boa actuación dos integrantes do Com-plexo Bamio foi o Real Club Náutico de Vigo o que se proclamou vence-dor da categoría alevín masculina ao vencer por 3-1, e clasificándose así para o Campionato de Es-paña por equipos.

4 II Torneo Hockei Sala

A asociación de veci-ños da Chavasqueira, co apoio da Concellería de Deportes de Ourense, or-ganiza por segundo ano consecutivo un torneo de hockei sala dentro da pro-gramación da súa semana cultural.

O torneo celebrarase o 4 de xuño a partir das 4 da tarde no polideportivo de Oira. Enfrontaranse o CH Barrocás, campión da edi-ción do ano pasado, xunto a CH Cidade de Ourense, CH Albor e CH Cudeiro, xogando entre eles dúas semifinais e posterior-mente a final. Está previs-ta a participación de máis de 1�0 rapaces, tanto de categoría alevín como de infantil.

4 Campionato de España de Aeromodelismo

Unha representación ourensá acudirá ao Cam-pionato de España de F3C – Helicópteros de Radio-control que se celebra-rá os días 4 e 5 de maio. Ata a localidade do Casar, Guadalaxara despraza-ranse tres representantes do Club Aeromodelismo Ourense: David Prada Martínez, piloto na cate-goría A, e Jorge Rey Sae-ta, que compite a nivel na-cional por primeira vez na categoría B, acompañados polo helper e director de equipo Ángel Mon Igle-sias.

Son os únicos represen-tantes galegos nesta com-petición, na que intentarán mellorar os seus resulta-dos (David Prada foi se-gundo en �011, amais de campión de España na ca-tegoría B en �01�, e Jorge Rey foi cuarto).

Esta competición é pun-tuable para a constitución da Selección Nacional, que participará no Cam-pionato do Mundo de Po-lonia.

EN BREVE

Page 11: 2 Maio 2013 - BD Nº 76

BARRIOS DEPORTIVO3 de maio de �013

11POLIDEPORTIVO

Inscricións ata o 14 de maio na web www.allariz.com/andaina

A X Andaina Cidade de Ourense será o 12 de maio4 Terá 27 quilómetros de percorrido.Redacción

Ata o 9 de maio permane-ce aberto o prazo de inscri-ción da X Andaina Cidade de Ourense, que se desen-volverá o domingo 1� de maio.

A andaina terá saída ás 9 horas do Pavillón dos Re-medios, onde tamén rema-tará. O percorrido discorrerá polos montes da zona sur-surleste de Ourense, cunha distancia de �7 quilómetros, e unha elevación máxima de 404 metros. Os puntos de avituallamento estarán en Seixalvo (km. 6), Cumial (km. 13) e Ceboliño (km. �0) e no remate da andaina (Pavillón dos Remedios, km.�7).

Poderán participar uno máximo de 500 persoas, maiores de 16 anos, que deberán inscribirse a tra-vés da páxina www.depor-tesourense.com pagando unha cota de sete euros. Con carácter extraordi-nario poderase realizar a inscrición nos Remedios, en horario de oficina, achegando o comprobante de pagamento da máquina expendedora.

Redacción

A Concellería de Depor-tes de Allariz vén de pre-sentar a décimo sexta edi-ción da Andaina de Allariz, que se celebrará o sábado 18 de maio.

Esta edición incorpora varias novidades. A pri-meira delas con respecto á data de celebración xa que, celebrada sempre a última fin de semana de maio, tivo que adiantarse ata o 18 de maio por coincidir coa Festa do Boi (que comeza o �5 de maio). As demais novidades refírense ao per-corrido, 50 quilómetros que os participantes terán que cubrir nun máximo de 1� horas. A segunda e ter-ceira etapa sufrirán peque-

nos cambios “para darlle amplitude e realidade aos fermosos paisaxes por onde transcorre a proba” explicaba un dos técnicos coordinadores. Os partici-pantes visitarán o Castro de Armea, complexo ar-queolóxico recentemente rehabilitado.

A páxina web www.allariz.com/andaina ache-ga toda a información ao participante, horarios, ser-vizos e percorridos en de-talle das tres etapas. Nela tamén se poden realizar as inscricións, ata o 14 de maio.

Inscrición aberta para a XVI Andaina de Allariz4 Cambia o percorrido da proba, de 50 quilómetros

Redacción

Pontevedra acolleu o pasado �7 de abril a cuar-ta xornada da Liga Galega de Figuras de natación sin-cronizada, puntuable para o Campionato Galego.

O club Sincro Ourense logrou uns grandes resul-tados, xa que en categoría

Sincro Ourense domina a categoría alevín 4 Na 4ª xornada da Liga Ga-lega de Figuras.

alevín as cativas Eyen Díaz e Silvia Quintela fixéronse, nada menos, que coas me-dallas de ouro e prata, res-pectivamente.

As medallas serán en-tregadas no vindeiro Cam-pionato Galego de natación sincronizada, que terá lugar tamén na cidade do Lérez o 8 de xuño.

Integrantes do equipo Sincro Ourense.

Page 12: 2 Maio 2013 - BD Nº 76

1� BARRIOS DEPORTIVO3 de maio de �013

POLIDEPORTIVO

R.T.

Os equipos xuvenil e cadete do Dompa Gestión xogarán a liga galega na vindeira campaña, logo de disputar os partidos da vol-ta dos cruces de promoción ás ligas galegas xuvenil e cadete.

A eliminatoria entre CV Santiago e IES As Lagoas San Martiño Dompa de xu-venil chegaba ao segundo e definitivo partido con todo por decidir. No primeiro en-contro, as ourensás gañaron o partido pola mínima (ao vencer no “tie break”), polo que as santiaguesas aínda tiñan opcións de virar a eli-minatoria.

Os dous primeiros par-ciais caeron de parte do Dompa (�5 a 1� e �5 a 19), e o terceiro foi para o CV Santiago (�� a �5). A vonta-de do San Martiño de con-tinuar na liga galega �013-�014 levou ás visitantes á vitoria no �5 a �� do cuarto set, pechando así a elimina-toria.

Unha semana antes, o equipo cadete foi quen de ascender á liga galega ao superar ao Voleibol Dum-bría por 3 sets a 0 no partido de ida e por 3-1 no de volta, nun partido máis igualado do que reflicte o marcador.

O Campus Ourense Rugby acada a permanenciaRedacción

O Campus Ourense Rugby acada a permanen-cia tras vencer nos dous partido pola permanencia ao Bierzo. Primeiro foi en casa cando venceu por 31-15 ao Bierzo Rugby no primeiro partido da elimi-natoria pola permanencia. Os ourensáns dominaron a posesión da pelota fron-te ao un rival rocoso que lle puxo as cousas compli-cadas.

No segundo partido ce-lebrado en Ponferrada, os ourensáns volveron de-mostrar a súa superiorida-de ante un equipo que non puido lograr o ascenso. O marcador final foi de 14-19. Os locais comezaron o encontro definitivo erran-do dous golpes de casti-go, pero adiantándose no marcador. Ao remate da primeira metade o resulta-do era de 7-6.

Na segunda metade os locais tentaron marchar-se no marcador, pero os ourensáns, grazas a un ensaio a e un golpe de castigo lograron levar o partido e así certificar a permanencia.

Para o Campus Ouren-se esta eliminatoria deixa un sabor agridoce, pois o equipo non contaba con participar nesta elimina-toria. O club agardan que o ano que vén as cousas discorran mellor e poidan disputar o título.

Redacción

O sábado �7 de abril dis-putouse na praia de Agrelo en Bueu (Pontevedra) a primeira xornada da liga de augas abertas de salvamen-

O Dompa Gestión, de ascenso4 Os equipos xuvenil e cadete do Dompa ourensán xogarán a liga galega na vindeira cam-paña.

to acuático deportivo. Os nove mellores clubs

de Galicia déronse cita nun día con moito vento e o mar algo picado, pero isto non foi impedimento para que os máis de 150 deportistas

competisen con excelentes resultados. O club ouren-sán Salvour participou por primeira vez nesta liga de augas abertas con oito dos seus mellores socorristas.

Salvour consolidouse nes-ta cita como un dos mellores clubs galegos en salvamen-to acuático en categoría sé-nior. A escadra masculina composta por Julio Iglesias, Emilio Boo, Borja Quin-tas e Jesús Quintas con-seguiu meterse na final B

de “Sprint” (carreira de 90 metros sobre a area), onde Borja foi terceiro e Emilio cuarto. Pola súa banda, o mellor ourensán na proba de “Nadar-surf” (nadar 400 metros en augas abertas) foi Julio Iglesias, que logrou o 10º posto; e Emilio Boo rematou 15º. Na proba de “bandeiras” (carreiras elimi-natorias de �0 metros) o me-llor de Salvour foi Borja cun 8º posto, seguido de Jesús Quintas que rematou de 1�.

Salvour participa na liga de augas abertas de salvamento

Borja Quintas, en primeiro termo, preparandose para a final de bandeiras.

Último partido do Dompa Gestión de cadetes.

Page 13: 2 Maio 2013 - BD Nº 76

BARRIOS DEPORTIVO3 de maio de �013

13POLIDEPORTIVO

Redacción

O sábado �0 de abril celebrouse en Maceda o Campionato Provincial de duatlhón onde se enfren-taban os mellores de toda a provincia de Ourense buscando o pase final ao Campionato Galego, que se disputará o próximo 17 de maio no Carballiño.

Unha gran afluencia de público, deportistas competitivos e bo tempo é a combinación perfecta para que un campionato sexa un verdadeiro éxito e así sucedeu.

Os gañadoresEn categoría benxamín

masculino proclamouse vencedor Breogán Diz (Club Ciclista Maceda). En benxamín feminino, a

primeira foi Genma Do-mínguez (Escola Pereiro de Aguiar). Entre os ale-víns fixéronse coa meda-lla de ouro Breixo Atrio (Club Ciclista Maceda) e Naveli Iglesias (Escola Triatlón Concello de Ma-side). Por último, a me-llor cadete feminina foi Andrea Marquina (Escola Triatlón de Maside).

Provincial de duathlón en Maceda4 Computaba para a fase fi-nal do Campionato Galego.

Marcos Villar, vencedor en PoioRedacción

O domingo �1 de abril disputouse na localidade de Poio a terceira proba puntuable para o Open Galego de BTT.

En categoría júnior foi destacada a actuación dos integrantes do Act-yon - Academia Postal - Merida. Marcos Villar foi o primeiro clasifica-do, e o seu compañeiro Raúl González rematou en segunda posición. Para Villar é a primeira vez que sube ao máis alto do podio en case catro anos, nos que estivo acompaña-do de operacións, lesións e outros infortunios.

O outro podio para o club chegaba da man da cadete Xiana Conde, que finaliza-ba segunda. Esta segunda posición non lle valeu para manter o maillot de líder do Open. En cadetes, Ro-man Saa foi sétimo.

Redacción

O domingo �1 de abril tivo lugar en Narón a pri-meira fase do Campionato Galego Individual Federa-do, no que o Club Ximnasia Pavillón participa con seis ximnastas júnior e oito in-fantís.

Esta fase supón un 30%

na nota final, e nela as ximnastas ourensás mos-traron un gran nivel, que lles permite ter importantes opcións de cara á súa clasi-ficación individual.

A segunda fase desta competición celebrarase en Ourense o vindeiro 11 de maio, e decidirá a clasifica-ción final para o Campio-

Gran nivel das ximnastas ourensás no Galego Individual4 Celebrouse a 1ª fase o 21 de abril en Na-rón. A 2ª terá lugar en Ourense o 11 de maio.

nato Nacional (que terá lugar en Valladolid do �0 ao �6 de xuño).

ClasificaciónTras esta primeira fase,

as ourensás manteñen to-das as súas opcións intac-tas. De feito en categoría júnior, Kelly V. Ruales é segunda en mazas e cuar-ta en cinta, Nerea Sastre é terceira en pelota e aro, e Laura Méndez é quinta en cinta.

Entre as ximnastas in-fantís, Antía Vázquez mantense segunda en pe-lota, Eva Rebollo é cuarta en mazas, e Candela Sierra é cuarta en mans libres.

Así mesmo, as pavillo-nistas Ana Mangana, Uxía Fernández e Lorena Braña foron 6º, 7º e 9º, respecti-vamente, en aro. Lorena Braña, na proba de aro.

Podio da categoría benxa-mín.

Page 14: 2 Maio 2013 - BD Nº 76

14 BARRIOS DEPORTIVO3 de maio de �013

ARTES MARCIAIS

Manuel “Nono” Jiménez nun momento do seu combate co portugués Jorge Cardoso, no anexo dos Remedios. /RAMSÉS

Dúas mil persoas seguiron a velada

R.T.

O anexo do pavillón dos Remedios congregou o sá-bado �0 de abril máis de dúas mil persoas que pre-senciaron os combates do 10º Torneo Internacional de Kickboxing. As �.000 per-soas encheron as bancadas do anexo rememorando as mellores veladas, dos de-portes nos que as 1� cordas son protagonistas, que se recordan en Ourense.

Enfrontáronse 18 depor-tistas, nove deles galegos, dos cales seis pertencentes ás Escolas de Kickboxing Cipri Gomes da provincia. Os rivais eran púxiles por-tugueses e de diversas par-tes de Galicia.

Redacción

Catro judokas do club Marbel veñen de clasificar-se para o Campionato Gale-go Infantil Cadete despois de participar na fase sur. disputada o �1 de abril en Pontevedra.

Oito competidores do Marbel representaron á provincia, acadando a cla-sificación para a fase final

Redacción

“Foi todo un éxito”. Así resumiron os orga-nizadores o Campionato Provincial de Taekwondo que se celebrou o �7 de abril no pavillón munici-pal dos Remedios. “Nada saiu mal, os participantes chegaban en perfectas condicións, o público es-taba entregado animando e os adestradores sentían a tensión propia destes campionatos con cada decisión arbitral”, expli-cou a organización nun comunicado. Foi un día redondo de competición no que pais e fillos goza-ron dunha gran xornada de deporte escolar.

Nas primeiras horas da mañá disputáronse en todas as categorías os diferentes exercicios marcados de técnica. De seguido, procedeuse á entrega de medallas que daría paso ao campionato de exhibición, o cal foi un éxito, os participan-tes meteron os asistentes no peto. As actuacións máis espectaculares que ao final foron gañadoras conseguiron pór en pé a un público entregado que non deixou de animar nin un só segundo.

Ximnasio CoutoOs deportistas de Xim-

nasio Couto fixéronse

Os combatesO debutante, Diego Sal-

gado da Escola de Kick-boxing Cipri Gomes, ga-ñou aos puntos ao ferrolán Anxo López. Isaac Rego, do Kickboxing Bushido de Oleiros (A Coruña), perdeu aos puntos co portugués José Almeida.

Diego Martínez (A Co-ruña), caeu aos puntos por decisión dividida con José Alves do Club Kickboxing Mirandela de Portugal. O púxil benjamín das esco-las Cipri Gomes, David Neto, perde aos puntos por decisión dividida, no seu enfrontamento con Igor Meinedo (Portugal). O ourensán Joel Araújo, da Escola Cipri Gomes, ven-

catro deles. Devandita fase celebrarase o vindeiro sába-do 4 de maio.

En categoría infantil par-ticiparon os judokas Iria Ollero (-57 quilos), Iago Fernández (-46), Pablo Do-pazo (-50), Rubén Córdoba (-55), Pablo Valcárcel (-60) e Yago Rodríguez (-60). Ollero clasificouse pola porta grande, ouro e tres vi-torias sen erro. Tamén acce-

con todas as medallas de ouro nesta cita provincial. En categoría pre-benxamín proclamouse vencedor Ba-ris Sánchez; en benxamín feminino fíxoo Diana Siota; e en benxamín masculino, Julián Feijoo.

A mellor alevín foi María González e o mellor alevín foi Diego Siota. En catego-ría infantil destacaron Alda Rey e Miguel Franco. E, por último, o primeiro posto da categoría cadete feminina foi para Lucía Dafonte e o de cadete masculino para Iván Blanco.

Campionato GalegoEste sábado 4 de maio

terá lugar no pavillón dos Remedios o Campionato Galego de Taekwondo, no que participarán máis de 350 deportistas (31 ouren-sáns), de categorías com-prendidas entre prebenxa-mín e cadete.

O campeonato dará co-mezo ás 9.30 horas coas probas da modalidade de técnica para todas as cate-gorías, as cales rematarán ás 13 horas, cando se proce-derá á entrega de medallas.

De seguido (entre 13.15 e 14.30 horas aproxima-damente), e pechando a competición, disputaranse os exercicios de exhibi-ción, nos que participarán un total de 19 conxuntos da categoría cadete exclusiva-mente.

“Nono” Jiménez, campión ibérico de kickboxing4 Jorge Mouriño non puido facerse co título na categoría de menos de 75 quilos.

Catro judokas do Marbel estarán no Campionato Galego

Exitoso Provincial de Taekwondo en Ourense4 Contou con gran afluencia de participantes e público.ceu por decisión unánime

dos xuíces, ao portugués Mario Gonçalves.

A organización do even-to quixo promocionar o deporte do kickboxing en idade infantil, realizan-do un combate exhibición mixto entre dous infantís, o local Marco Ferreiro, e Ana Moas, do Kickboxing Mirandela-Portugal.

Os estelaresQuedaron para o final os

combates máis esperados da noite, onde os mellores púxiles enfrontábanse nos títulos máis importantes da velada.

O primeiro en entrar en escena foi Javi Iglesias, quen despregando unha

gran técnica desfíxose de Nuno Pereira. Nun com-bate, a priori, difícil foi o vencedor por decisión unánime dos xuíces.

O segundo combate en importancia foi o que enfrontou ao ourensán Manuel “Nono” Jiménez contra o portugués Jorge Cardoso polo campionato ibérico en menos de 70 quilos. O ourensán cunha maior pegada de puños era un martelo no corpo de Cardoso, que se denfendía coas pernas para manter alonxado ao ourensán de-bido á súa maior altura. Pero esto non impedía que “Nono” non impactara os seus puños no contrincan-te. Tras cinco durísimos asaltos onde os dous com-batentes caeron á lona en máis dunha ocasión, final-mente os xuíces dictami-naron que “Nono” Jimé-nez sería o vencedor.

E no combate estelar da noite, o local Jorge Mouri-ño non foi quen de derro-tar ao seu contrincante, o portugués Filipe Arberga-ria, perdendo o combate nunha decisión dividida dos xuíces. A posta en escena de Jorge foi puro espectáculo, chegando ao anexo en moto e con pú-blico volcado ao seu fa-vor. Na pelexa foi outro cantar e Mouriño non se encontrou cómodo en nin-gún dos asaltos. O seu ím-petu e os ánimos dos asis-tentes non fixeron posible unha vitoria local, o título finalmente marchou cara Portugal da man de Filipe Arbergaria.

deron á fase final Valcárcel, Dopazo e Yago Rodríguez. Pola contra, Fernández e Córdoba non puideron cla-sificarse.

En categoría cadete com-petiron Karla Marra (-57 quilos) e Mauro Prada (-66), que non foron quen de acceder ao Galego.

Copa Deputación60 judokas participaron

na primeira xornada da Copa Deputación �013.

Esta primeira xornada disputouse no Paco Paz o sábado �7 de abril cunha grande representación de deportistas de toda a pro-vincia e de todas as catego-rías, incluíndo a open. Ade-mais, este ano incorporouse a categoría Ne-Waza, onde a loita restrínsexe en ex-clusiva ao chan, apta para veteranos.

A segunda xornada da Copa disputarase o 18 de maio, tamén no Pazo Paco Paz.

Un dos combates disputados na primeira xornada da Copa Deputación, no Paco Paz.

Page 15: 2 Maio 2013 - BD Nº 76

BARRIOS DEPORTIVO3 de maio de �013

15 ARTIGOS / ACTUALIDADE

Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-3�.3�3.9�5. Depósito Legal: OU 185-�009. Redacción: r/ Valle Inclán �5 �º Of. 15 - 3�004 Ourense. Tel: 988 �39 634. Correo-e: [email protected]. Distribúe: Orixe. Imprime: Publicaciones Tameiga.Director: Ramsés Torres. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción e fotografía: Paula Lodeiro, Ramsés Torres, Óscar Blanco, Silvia Nieto, Miguel Rejo. Colaboracións: Alfonso Vilachá.

Nº76- Ano: V - 3 de maio de �013 - Difusión: 5.000 exemplaresEste periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Impreso en papel 100% reciclado.Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 988 �39 634.

4O RINCÓN DO MESTRE

Capítulo 16. Decálogo para os espectadores

As voces de alento, os aplausos cara ao seu equi-po constitúen o auténtico menú do evento deportivo.

Debemos telos en conta en todo momento. Somos conscientes de que se axi-tan, gritan e desafogan. En ocasións non animan, hai que animalos. Pasan da oscuridade á luz nunha xogada e viceversa, pero non cabe a menor dúbida de que merecen o máximo respecto.

Dentro do decálogo de-portivo dos afeccionados mencionamos os seguintes:

1º.- Animar ao seu equipo nos bos e malos momentos. Han de ser comprensibles co seu equipo nos momen-tos difíciles, posto que estas situacións de xogo están dentro do dicionario depor-tivo.

2º.- Aplaudir o esforzo, o sacrificio e a entrega dos xogadores, e a recado, que llo agradecerán.

3º.- Evitar o insulto, vo-cábulos soeces e descargar tensións, transformándoos en voces de ánimo e alento.

4º.- Rexeitar calque-ra tipo de violencia ou de comportamentos incorrec-tos, pois, iso irá en detri-mento do equipo e da imaxe do club.

5º.- Respectar as deci-sións arbitrais e animar a que os xogadores o fagan tamén, así como xogar de acordo ao regulamento.

6º.- Mostrar máximo res-

pecto ao adestrador nas decisións tomadas aínda que se equivoque.

7º.- Fomentar en todo momento o respecto entre si, con iso conseguirás que o espectáculo sexa máis beneficioso para to-dos.

8º.- O club non só é in-cumbencia da directiva, corpo técnico, etc., se-nón que a afección ha de achegar en todo momento o seu apoio condicional. Está no seu xusto derei-to de esixir, pero sempre baixo un prisma constru-tivo e de xenerosidade.

9º.- Ter en conta que o seu comportamento é un modelo a imitar polos seus fillos.

10º.- Ao terminar a actividade, o realmente importante é o saúdo, a deportividade.

Alfonso Vilachá, entrenador e

concelleiro de Deportes de Ourense

Deporte e realidade (XVI)

“A afección debe animar ao seu equipo nos bos e malos momentos”

O programa Espello deportivo chega a Ourense4 Da man da Deputación Provincial e a Xunta de Gali-cia.Redacción

A Deputación de Ouren-se e Política Lingüística presentan o programa “Espello Deportivo” para promover os valores do deporte a través do gale-go. As xornadas desenvol-veranse en 10 concellos da provincia entre o 4 de maio e o 10 de xuño.

“Espello Deportivo” consiste nunhas xornadas dirixidas a escolares da provincia que a Deputa-ción de Ourense desenvol-verá conxuntamente coa Secretaría Xeral de Polí-tica Lingüística da Xunta de Galicia para promover o galego e os valores do deporte.

As xornadas contarán

coa participación de de-portistas galegos olímpi-cos e paralímpicos Chano Rodríguez Veloso, Sofía Prieto Puga e Juan Saave-dra Reinaldo) e terán lugar inicialmente en dez con-cellos da provincia, todos eles incluídos na Rede de dinamización lingüística: Bande, Barbadás, Cela-nova, Muíños, O Barco, O Carballiño, Ourense, Ribadavia, Verín e Xinzo de Limia.

A presentación destas xornadas correrá a cargo do actor ourensán Rubén Riós, quen destacou a im-portancia destas xornadas nas que relevantes depor-tistas galego comentarán cos máis cativos as súas experiencias.

O Rali ecolóxico, por terras de Verín4Está é a terceira edición da proba ecolóxica.Redacción

Verín acollerá o Rali ecolóxico de Galicia �013. O rali é unha proba de re-gularidade que premia o baixo consumo e a míni-ma contaminación para elexir ao equipo gañador.

Esta terceira edición partirá o sábado 11 de maio desde a praza Gar-cía Barbón de Verín. Per-correrá os concellos da Gudiña, A Mezquita, Vi-lariño de Conso e Vilar de Barrio. Serán un total de �76,185 quilómetros, dos que 176,165 formarán os tramos de regularidade nos que os participantes terán que cubrir as medias establecidas pola organi-zación. As especiais serán as denominadas Verín, A Gudiña, A Mezquita na xornada matinal, e pola tarde serán os tramos de Bouza, Vilariño de Conso, Servoy e Vilar de Barrio, rematando a xornada un tramo de navegación de-nominado “Os Milagros”.

Peugeot, Seat e Renault serán as principais marcas presentes na terceira edi-ción.

100% ecolóxicoO Rali ecolóxico de

Galicia ademais de contar coa participación dos ve-hículos denominados eco-

lóxicos (híbridos, eléctricos e liñas Eco que emiten me-nos de 1�0grm de CO�) é ta-mén o escenario ideal para dar a coñecer os produtos ecolóxicos das comarcas polas que discorre. Así, tan-to na comida que terá lugar o sábado na estación de fe-rrocarril de Vilavella como na cea e entrega de premios final na estación de Baños de Molgas, os integrantes da caravana verde gozarán de menús ecolóxicos.

Único en EspañaO Rali ecolóxico de Gali-

cia celebrara a súa primeira edición en �011 na Ribei-ra Sacra nas provincias de Ourense e Lugo, mentres que o pasado ano achegou os automóbiles e produtos ecolóxicos ao interior da provincia de Pontevedra partindo desde Marín. A cita ecolóxica do automóbil galego foi pioneira no seu momento na combinación dos vehículos ecolóxicos, os alimentos e os materiais, sendo a única que se dispu-ta en España con estas ca-racterísticas.

Cubre 276 km polos concellos da Gudiña, A Mezquita, Vilariño de Conso e Vilar de Barrio

Presentación das charlas de “Espello Deportivo”./R.T.

Page 16: 2 Maio 2013 - BD Nº 76

BARRIOS DEPORTIVO3 de maio de �013