03 relatosdeviaxes

13
PROXECTO DE VIAXES: a publicidade. O debate. O correo electrónico Un dos primeiros antecedentes da publicidade exterior foron os carteis. Nun primeiro momento cunhas mensaxes pouco comerciais: -Axons en Grecia, pezas de madeira unidas e pintadas de branco onde aparecían, principalmente, mensaxes do goberno ou outro tipo de información. Unha variante desta modalidade eran os kyrbos, de forma cilíndrica. - Os alba e os libeli, papiros fixados en distintas superficies de lugares moi frecuentados que servían para comunicar mensaxes oficiais. Os alba reutilizábanse pintábanse de branco para poder pór novas inscricións. -Os graffiti eran pintadas informais que facía a cidadanía nas paredes, normalmente para pedir ou protestar por algo. A relación comunicativa da publicidade vén de vello: comunicar a existencia de produtos, ofrecer servizos, difundir información e opinións etc. En cada época, oriéntanse os medios e as ferramentas que funcionan e dos que se dispón ao obxectivo que se quere conseguir. Postais coma estas responden ao método que hoxe coñecemos como postal free. ACTIVIDADE 1 Velaquí varios anuncios para a xente galega que viaxaba a América a principios do século XX.

Upload: cadernodecores

Post on 24-May-2015

692 views

Category:

Education


1 download

DESCRIPTION

publicidade, debate, correo electrónico

TRANSCRIPT

PROXECTO DE VIAXES: a publicidade. O debate. O correo electrónico

Un dos primeiros antecedentes da publicidade exterior foron os carteis. Nun primeiro

momento cunhas mensaxes pouco comerciais:

-Axons en Grecia, pezas de madeira unidas e pintadas de branco onde aparecían,

principalmente, mensaxes do goberno ou outro tipo de información. Unha variante desta

modalidade eran os kyrbos, de forma cilíndrica.

- Os alba e os libeli, papiros fixados en distintas superficies de lugares moi

frecuentados que servían para comunicar mensaxes oficiais. Os alba reutilizábanse

pintábanse de branco para poder pór novas inscricións.

-Os graffiti eran pintadas informais que facía a cidadanía nas paredes,

normalmente para pedir ou protestar por algo.

A relación comunicativa da publicidade vén de vello: comunicar a existencia de produtos,

ofrecer servizos, difundir información e opinións etc. En cada época, oriéntanse os medios

e as ferramentas que funcionan e dos que se dispón ao obxectivo que se quere conseguir.

Postais coma estas responden ao método que hoxe coñecemos como postal free.

ACTIVIDADE 1

Velaquí varios anuncios para a xente galega que viaxaba a América a principios do século

XX.

Na linguaxe publicitaria unha das técnicas máis coñecidas é a USP (unique selling

proposition –proposta única de venda-). Baséase na idea de que as persoas que

consomen os produtos só recordan unha idea ou un argumento dos anuncios.

Agora que xa sabedes algo máis da emigración á América e do que podía implicar este

tipo de publicidade:

Que elementos pensades que definen estas dúas imaxes? Indica as diferenzas

entre os dous tipos de postais. Fixádevos nas cores, o tipo de letra, o encadrado

das imaxes etc.

_______________________________________________________________

_______________________________________________________________

Con que ideas da viaxe quedaría un galego ou unha galega á hora de decidir se

embarcar para América?

_______________________________________________________________

_______________________________________________________________

Investiga nos libros de historia da biblioteca do voso centro o valor que terían para

os emigrantes galegos a cantidade de 553,50 pesetas. Pon exemplos de produtos

que poderían conseguir con esta cantidade de diñeiro. Anotade no voso caderno

os valores que atopades para diferentes produtos, isto permitiravos facer

comparacións.

Seriades quen de facer unha comparación económica cos actuais euros?

Argumentade con exemplos as vosas propostas.

Recentemente, Miguel A. Murado no libro Otra idea de Galicia ofrece unha ollada fresca

no tratamento de tópicos sobre as persoas galegas e tamén sobre o tema da emigración.

Velaquí un pequeno fragmento.

“Isto fixo que a emigración se dirixise a partir de entón cara ao hemisferio sur. As autoridades arxentinas fixeran un chamamento para poboar o “novo país”. A súa esperanza era que acudisen inmigrantes escandinavos e centroeuropeos, como en Estados Unidos. Mais tiveron que se conformar con centenares de miles de galegos, sobre todo a partir da fame de 1880, e máis aínda despois de 1904, cando as grandes navais europeas incluíron Coruña e Vigo como rendibles escalas nos traxectos dos seus transatlánticos. O billete era moi caro (250 pesetas en 1913), o que o poñía ao alcance de campesiños con propiedades que vender, e aínda que fose máis humano, seguía a ser penoso. Un pasaxeiro do Poitou contará con horror como se declarara un andazo de varíola en terceira clase. Non só non se aillaran os infectados, senón que os seus colchóns se reutilizaban unha vez que morrían e eran lanzados ao mar. Outro andazo de sarampelo no Orterik matou a máis de medio cento de nenos en 1911. Non, a viaxe a América non era un cruceiro recreativo. Nun revelador lapso, o anuncio dunha naval publicado na prensa galega di que o seu barco, o Cap Polonio, pode transportar un grande número de “persoas” en “primeira clase” e de “emigrantes” en “terceira”. (Tradución de Anxo Gómez)

Miguel A. Murado (2008), Otra idea de Galicia, ed. Debate, pp. 125-126.

ACTIVIDADE 2

Isto lémbravos algunha situación que se está a vivir na Península Ibérica na actualidade?

_____________________________________________________________

E nós, que opinamos? Cal pode ser a nosa achega construtiva á sociedade neste ámbito.

Velaquí dúas imaxes moi distanciadas no tempo mais bastante similares canto a contidos.

Organizade a clase en catro grupos. Dous grupos investigarán sobre a inmigración

galega a comezos do século XX e a inmigración africana á Península Ibérica no

século XXI. Lembrade que ao final desta unidade e nos marcadores sociais tamén

tedes referencias bibliográficas de interese). Seleccionade imaxes, textos,

testemuños etc. para elaborar cadanseu mural.

ACTIVIDADE 3

O debate

O debate é unha actividade oral, formal e planificada. As persoas que participan nos

debates convócanse para defender as súas posicións sobre un tema determinado. Ten un

discurso claramente argumentativo.

As persoas que participan nun debate saben que deben respectar unha serie de normas

que permiten o seu adecuado desenvolvemento. Estas normas afectan:

1. Ao coñecemento do tema sobre o que se vai falar.

2. Ao xeito de falar en público.

3. Ao xeito de comportarse coas outras persoas participantes e ante o público.

Redactade un breve conxunto de normas (entre cinco e dez) que regulen o

funcionamento dun debate. Estas normas serán do tipo:

“As persoas participantes dun debate deberán / non deberán...”

_______________________________________________________________

_______________________________________________________________

_______________________________________________________________

_______________________________________________________________

_______________________________________________________________

_______________________________________________________________

_______________________________________________________________

_______________________________________________________________

_______________________________________________________________

_______________________________________________________________

DÁMOSLLE VOLTAS CUN TEXTO

O MAIO

Aquí vén o maiode frores cuberto...puxéronse á porta

cantándome os nenos;i os puchos furadospra min estendendo,pedíronme crocas

dos meus castiñeiros.

Pasai, rapaciños,calados e quedos;

que o que é poIo de hoxeque darvos non teño.

eu sónvo-lo probedo pobo gallego:

pra min non hai maio,¡pra min sempre é inverno!....

Cando eu me atopare

de donos libertoi o pan non me quitentrabucos e préstemos,e como os do abadefrorezan meus éidos,

chegado habrá estonceso maio que eu quero..

¿Queredes castañas

dos meus castiñeiros?...Cantádeme un maio

sin bruxas nin demos:un maio sin segas,usuras nin preitos.

sin quintas, nin portas,nin foros, nin cregos.

Preparamos o poema por grupos [lembrade as indicacións para preparar o recitado dun

poema]

Collamos o substantivo maio no seu sentido metafórico. Cal pensas que é o

referente real neste poema?

En que versos aparecen reflectidos os motivos polos que emigraba a xente?

Quen son os “donos” aos que se refire Curros no verso 18?

No poema aparece a palabra “probe”. Pensades que o termo pobreza ten as

mesmas connotacións hoxe ca na época de Curros? Cal pensades que é a

diferenza entre pobreza e necesidade?

Que quererán dicir os versos da última estrofa “Cantádeme un maio / sin bruxas nin

demos: / un maio sin segas, / usuras nin preitos (...)”. Investigada sobre a tradición

dos maios na cultura galega. Facede un resumo explicando en que consiste esta

tradición.

Cal era o maio das persoas que emigraban na época de Curros? E das persoas

galegas que emigran hoxe?

Na túa opinión, por que pensas que emigra a xente hoxe en día? E ás persoas

inmigrantes, que pensas que razóns a move para chegaren á Península Ibérica?

a) Arredor dos diferentes temas que teñen que ver coa inmigración, define polo menos

dúas posicións que se poidan dar en cada caso. Escolle temas propios do século XX e

XXI:

Propoñémosvos que escribades varios temas que se tratarían nun debate sobre a

emigración e que posicións se poden defender en cada caso. Aproveitade o que

aprendestes até o de agora neste tema sobre a emigración.

Tema 1:

Posición A

Posición B

Tema 2:

Posición A

Posición B

b) Pensa noutros temas de debate e escribe, polo menos, dúas posicións que se poidan

defender para cada caso.

Agora toca representar o debate. Cada quen de vós terá un rol e preparará a fondo o seu

papel no debate.

Organizade un debate na clase sobre algún dos temas anteriores. Antes

debedes delimitar:

o Quen será a persoa moderadora.

o Que persoas defenderán cada postura.

o Que persoas forman parte do público (non máis de 10).

o Canto durará o debate no seu conxunto.

o Canto durarán as quendas das persoas participantes.

o Que aspectos valorará o público cando remate o debate.

As persoas que non teñen papel asignado no debate avaliarán a participación dos

diferentes membros.

Preparación de papeis: a persoa que modera o debate debe preparar unha

breve presentación, na que explique quen participa e que posicións vai

defender cada unha.

Presentación do debate sobre a inmigración, do século XX ao século XXI

[Poñemos de fondo, para comezar o poema de Curros musicado por Luís E.

Batallán “O maio” ]

[Saúdo inicial] O debate que hoxe presentamos ten como tema:

É un tema (importante / de actualidade /interesante... relacionado coa figura de

Manuel Curros Enríquez) porque ...

Sobre que aspectos debaterán as nosas convidadas? Por unha banda,

defenderase a idea de que ...

Por outra banda, escoitaremos ás que pensan que...

Para iniciar este debate, formularei unha (pregunta/cuestión) inicial...

-As persoas que participan nun debate rigoroso deben defender unha determinada

posición achegando as razóns e os exemplos que a fundamenten.

Arredor dos temas relacionados con Curros, elixide unha das posicións estabelecidas

e realizade un breve esquema coas razóns e os exemplos que, ao voso xuízo, vos

permiten defendela.

Modelo de ficha de preparación dunha persoa convidada nun debate:

Tema:

Postura que defende:.

Razóns:

1.

Exemplo:

2.

Exemplo:

(...)

ACTIVIDADE 6

O correo electrónico é un servizo de rede que permite enviar mensaxes de texto entre

usuarias. Só podemos enviar correos a unha persoa se coñecemos o seu enderezo.

O correo electrónico está formado polo nome da usuaria o símbolo @ e un dominio

(.com, .edu. org, .mil, .net, .es). O nome de usuaria pode responder ao noso nome real, a

un alcume ou a calquera tipo de combinación de letras e números que nos identifique.

Exemplo: [email protected], [email protected].

Cada xestor ten trazos e formas particulares, e cada usuaria configúrao ao seu gusto. Mais, case sempre, o xénero consta destas compoñentes:

a) Encabezado:

Para: nome e enderezo da receptora. Todas as mensaxes deben ter unha persoa

destinataria.

CC: ou CCO: nome e enderezo das que reciben unha copia (CC:) ou unha copia

oculta (CCO:) que só ve a persoa que a recibe.

Asunto: todas as mensaxes deben ir co seu asunto ben especificado; os envíos de

mensaxes sen asunto poden facer desconfiar aos destinatarios. No asunto teremos

que ser especialmente coidadosos se lle escribimos a xente que non coñecemos e

debemos procurar a brevidade en todos os casos.

Engadir arquivos: cando temos unha mensaxe moi longa ou queremos achegar un

documento á persoa que vai recibir o noso correo podemos usar esta opción. Os

arquivos que enviamos poden ter diferentes formatos: .sxw, .rtf, .pdf, .doc, .tif, .jpg

etc. No envío de arquivos anexos é recomendábel que na mensaxe se dean probas

suficientes de que somos quen dicimos ser. Se os arquivos son longos convén

avisar antes, para que o destinatario lles faga sitio eliminando da súa conta as

mensaxes vellas.

b) Corpo da mensaxe: as mensaxes dos correos electrónicos non son moi longas, para

textos grandes podemos botar man do man da opción engadir documentos.

No corpo da mensaxe cada un redactará o que desexe, mais seguindo a norma

xeral de non usar maiúsculas (agás despois de puntos ou nos nomes propios).

As cariñas emotivas :-) <3 B*) teñen un pequeno oco en mensaxes redactadas cun

rexistro coloquial.

Sinatura: vai na parte inferior da mensaxe. Na sinatura podemos engadir os nosos

datos persoais (Nome e apelidos, curso e instituto no que estamos ou outros datos sobre

a nosa formación, enderezo postal, teléfono de contacto e/ou unha

frase/sentenza/refrán/versos significativa para nós).

Cando recibimos un correo electrónico, o encabezado dinos de onde vén, cando e como

foi enviado. Se na mensaxe leva sinatura tamén nós dará máis información sobre o

emisor da mensaxe.

Para responder o correo podemos facelo a través da opción Responder que aparece na

pestana do xestor, deste xeito podemos seguir o fío da comunicación.

Máis información sobre o uso do correo electrónico (consellos útiles para usar o correo

electrónico, como configurar unha conta de correo electrónico etc.):

http://delicious.com/manuelcurrosenriquez/correoelectronico ou en

http://www.blogoteca.com/cadernodecuarto

ACTIVIDADE

Enviade un correo electrónico á axencia de viaxes que seleccionastes. No correo debedes

solicitar información para realizar unha viaxe na viaxe de fin de curso e outra a Cuba.

Debedes redactar un correo o máis detallado posíbel. Da seriedade e veracidade

do contido dependerá a contestación por parte da axencia. Enviade unha copia

oculta ao enderezo da vosa profesora ou do voso profesor para que esta/e realice

as correccións que considere precisas.

Comparade os resultados da organización das viaxes: lugares de saída e chegada,

escalas, hoteis e menús, información sobre documentación que precisades, moedas etc.

Observade en que lingua vos responden.