02d clima vocabulario

7
Climatoloxía e meteoroloxía VOCABULARIO

Upload: quiquehs

Post on 11-Jul-2015

505 views

Category:

Documents


2 download

TRANSCRIPT

Page 1: 02d clima vocabulario

Climatoloxía e meteoroloxíaVOCABULARIO

Page 2: 02d clima vocabulario

Aridez

● Falla ou escaseza de humidade. Situación climática dun territorio na que a precipitación anual é inferior á evapotranspiración potencial. Polo tanto, a aridez é directamente proporcional á temperatura é inversamente proporcional ao volume de precipitacións.

Page 3: 02d clima vocabulario

Barlovento

● Fachada ou vertente dun relevo ou rexión orientada cara a dirección dos ventos dominantes. Polo xeral, esta vertente é máis húmida cá de sotavento xa que a presenza do relevo obriga ao aire a ascender; conseguintemento arrefríase xerando precipitacións

Page 4: 02d clima vocabulario

Inversión térmica

● Este termo indica un comportamento contrario á variación vertical corrente da temperatura. Dáse, polo tanto, nas situacións en que ten lugar un incremento térmico coa altura.

● Trátase dun efecto meteorolóxico característico de áreas de val ou continentalizadas, onde, por diversas circunstancias, a capa de aire adxacente á superficie terrestre posúe unha temperatura inferior á capa inmediatamente superior.

Page 5: 02d clima vocabulario

Isóbara

● Líña imaxinaria que une sobre un mapa os puntos que posúen a mesma presión atmosférica a nivel do mar. Constitúen o elemento fundamental nos mapas meteorolóxicos de superficie.

Page 6: 02d clima vocabulario

Isohieta

● Liña imaxinaria que une sobre un mapa os puntos da superficie terrestre que reciben o mesmo volume de precipitación durante un período de tempo determinado (1 ano)

Page 7: 02d clima vocabulario

Umbria

● Vertente ou fachada dun relevo que, por mor da súa orientación, recibe menos radiación solar. Polo xeral coincide coa vertente norte.