xustiza e patrimonioarquivosdegalicia.xunta.gal/export/sites/default/arquivo... · 2017-11-16 ·...

17
DÍA DO PATRIMONIO CULTURAL 16 de novembro de 2017 XUSTIZA e PATRIMONIO O caso do Marqués de Valladares CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA Arquivo do Reino de Galicia

Upload: others

Post on 11-Aug-2020

1 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: XUSTIZA e PATRIMONIOarquivosdegalicia.xunta.gal/export/sites/default/arquivo... · 2017-11-16 · Xustiza e goberno na Galicia do século XVIII Francisco Antonio Zalaeta, mestre arquitecto,

DÍA DO PATRIMONIO CULTURAL16 de novembro de 2017

XUSTIZA e PATRIMONIO

O caso do Marqués de Valladares

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIAArquivo do Reino de Galicia

Page 2: XUSTIZA e PATRIMONIOarquivosdegalicia.xunta.gal/export/sites/default/arquivo... · 2017-11-16 · Xustiza e goberno na Galicia do século XVIII Francisco Antonio Zalaeta, mestre arquitecto,

1. O crime do Marqués de Valladares:

A memoria esquecida dun asasinato

O asasinato do Marqués de Valladares, don Benito Alonso

Henríquez, conmocionou Galicia a mediados do século XVIII

polas circunstancias que concorreron na súa execución:

Unha morte violenta e misteriosa en que resultou

implicada a súa familia máis directa, pertencente a un grupo

privilexiado nunha sociedade en que a desigualdade era lei.

Page 3: XUSTIZA e PATRIMONIOarquivosdegalicia.xunta.gal/export/sites/default/arquivo... · 2017-11-16 · Xustiza e goberno na Galicia do século XVIII Francisco Antonio Zalaeta, mestre arquitecto,

1. O crime do Marqués de Valladares:

A memoria esquecida dun asasinato

Daquel crime apenas queda memoria, salvo uns voluminosos impresos

publicados no fragor da contenda xudicial e algunhas, poucas,

referencias, en documentos illados.

U-lo o proceso xudicial que debería conservarse entre as causas da

Real Audiencia de Galicia? Desapareceu, coma outros moitos, por

disposición oficial nalgún momento do século XIX.

Eliminado, expurgado para facer sitio no Arquivo do Reino de

Galicia para novos testemuños da conflitividade social.

Así, a memoria oficial, a dos arquivos, foi substituída nesta

ocasión por outro tipo de memoria pública: a memoria publicada.

Page 4: XUSTIZA e PATRIMONIOarquivosdegalicia.xunta.gal/export/sites/default/arquivo... · 2017-11-16 · Xustiza e goberno na Galicia do século XVIII Francisco Antonio Zalaeta, mestre arquitecto,

1. O crime do Marqués de Valladares:

A memoria esquecida dun asasinato

Informe xenealóxico dos señores de Valladares e MeiraFamilia Sarmiento ValladaresData: 1632-11-22. VigoSignatura: 44976-13

Título de vizconde de Meira concedido por Carlos II a Luis de

Valladares e Meira SarmientoFamilia Sarmiento Valladares

Data: 1670-07-21. MadridSignatura: 44977-14

Page 5: XUSTIZA e PATRIMONIOarquivosdegalicia.xunta.gal/export/sites/default/arquivo... · 2017-11-16 · Xustiza e goberno na Galicia do século XVIII Francisco Antonio Zalaeta, mestre arquitecto,

Preito entre Benito Alonso Enríquez [Sarmiento] con Javier Sarmiento, o seu fillo, sobre posesión de bensReal Audiencia de GaliciaData: 1754Signatura: 24825-48

Oficio da Xunta de Tui para a Xunta Superior sobre unha solicitude de Juan Rosendo Arias Enríquez, o

cura de Valladares, descendente do marquésXunta Superior de Subsidios, Armamento e Defensa do Reino de

GaliciaData: 1810-03-15. TuiSignatura: 40002-27

1. O crime do Marqués de Valladares:

A memoria esquecida dun asasinato

Page 6: XUSTIZA e PATRIMONIOarquivosdegalicia.xunta.gal/export/sites/default/arquivo... · 2017-11-16 · Xustiza e goberno na Galicia do século XVIII Francisco Antonio Zalaeta, mestre arquitecto,

1. O crime do Marqués de Valladares:

O crime e os seus protagonistas

Don Benito Alonso Henríquez foi asasinado de forma aleivosa

mentres durmía na súa casa de Chantada (Lugo) na noite do 18

ao 19 de xuño de 1757.

Deste crime serán acusados a súa muller, dona Isabel

Sanjurjo, o seu fillo primoxénito e herdeiro do título, don

Xavier, e mais outros irmáns, un cuñado, dous xenros e os

dous caseiros, Silvestre e María Ventura, ademais doutras

persoas.

Page 7: XUSTIZA e PATRIMONIOarquivosdegalicia.xunta.gal/export/sites/default/arquivo... · 2017-11-16 · Xustiza e goberno na Galicia do século XVIII Francisco Antonio Zalaeta, mestre arquitecto,

1. O crime do Marqués de Valladares:

O crime e os seus protagonistas

A vida disoluta do marqués, que pasara longos anos no

cárcere por incontinencia e amancebamentos repetidos e

maltrato á muller, obrigaríao a ceder o título ao seu fillo

maior e a vivir separado da súa esposa. Ao saír do cárcere e

reiniciar os seu amoríos disque manifestara a súa intención

de recuperar o título...

Da sentenza, pronunciada en 1766 pola Sala do Crime da

Audiencia de Galicia, só coñecemos a condena dos caseiros:

Silvestre, aforcado no cárcere, e a súa muller, María

Ventura, condenada ao desterro. Nada sabemos do sucedido co

primoxénito e herdeiro do título nin cos outros acusados da

nobreza, pero está claro que sufriron penas máis leves.

Page 8: XUSTIZA e PATRIMONIOarquivosdegalicia.xunta.gal/export/sites/default/arquivo... · 2017-11-16 · Xustiza e goberno na Galicia do século XVIII Francisco Antonio Zalaeta, mestre arquitecto,

2. A memoria do crime:

O patrimonio conservado

O crime do Marqués de Valladares é o tema que

exploraremos con motivo do Día Internacional do

Patrimonio.

Examinaremos as pegadas que a historia deixou nos

libros e os documentos para recuperar a memoria

esquecida daquel crime e dunha sociedade desaparecida.

Quizais nos axude a entender mellor o que somos hoxe.

Page 9: XUSTIZA e PATRIMONIOarquivosdegalicia.xunta.gal/export/sites/default/arquivo... · 2017-11-16 · Xustiza e goberno na Galicia do século XVIII Francisco Antonio Zalaeta, mestre arquitecto,

O patrimonio bibliográfico:

A publicidade do proceso

Memorial axustado da causa sobre a violenta morte de don Benito Alonso Enríquez/ Herbella de Puga, Bernardo

Biblioteca auxiliar

Data: 1764

Signatura: BA 10011

“Eu ben pensaba libertarlos a todos, pero agora que se descubreu o corpo de meu amo non

hai que facer”

[Declaración de María Ventura Álvarez, caseira de don Benito Henríquez]

fol. 133 v.

“i puesto el cadáver en la plaza.... cuyas personas no se pudo inquirir las que eran, por el mucho concurso de las que allí se allaban,

toque de campanas i bullicio que se esperimentaba,lastimándose unas i las otras

llorando...”

fol. 169

Page 10: XUSTIZA e PATRIMONIOarquivosdegalicia.xunta.gal/export/sites/default/arquivo... · 2017-11-16 · Xustiza e goberno na Galicia do século XVIII Francisco Antonio Zalaeta, mestre arquitecto,

O patrimonio bibliográfico:

A publicidade do proceso

Defensa da inocencia: alegación de Xavier Henríquez Sarmiento de Valladares/ Álvarez de Neira, Vicente

Biblioteca auxiliar

Data: [1765?]

Signatura: BA 15670

“...que en la referida noche seis personas llamaron a la puerta de la casa de D. Benito Alonso; se les abrió i entraron en ella …”

[Sobre a noite dos autos]fol. 243

“...declara que después de medianoche vio junto a su cama a doña Isavel i los otros tres que le hicieron abrir la cueva para enterrar a D. Benito, a quien ya avián muerto...”

[Declaración de Silvestre, caseiro de don Benito]fol. 201

Page 11: XUSTIZA e PATRIMONIOarquivosdegalicia.xunta.gal/export/sites/default/arquivo... · 2017-11-16 · Xustiza e goberno na Galicia do século XVIII Francisco Antonio Zalaeta, mestre arquitecto,

O patrimonio bibliográfico:

A publicidade do proceso

Histórico-legal informe para escarmento de parricidas/ Giraldo, José Antonio

Biblioteca auxiliar

Data: 1766

Signatura: BA 10051

“Su marido quería bolverse a los mayorazgos para hacer Marquesa a la Boticaria, pero que esso no

lo vería al ojo...”

[Atribuído a Isabel Sanjurjo, muller de don Benito, por 26 testemuñas]

fol. 10

“Que [Silvestre], para egecutar dicha muerte, dejara acostar a dicho su Amo, i estando

durmiendo, cogiera un Machado, i le diera con él un golpe en la trincheira (sien), i que al primer golpe le avía dejado muerto, i sin movimiento””

[Confesión de María Ventura, caseira de don Benito e muller de Silvestre]

fol. 19

Page 12: XUSTIZA e PATRIMONIOarquivosdegalicia.xunta.gal/export/sites/default/arquivo... · 2017-11-16 · Xustiza e goberno na Galicia do século XVIII Francisco Antonio Zalaeta, mestre arquitecto,

O patrimonio bibliográfico:

A publicidade do proceso

A Coruña: Cárcere e Hospital MilitarColección de postais

Data: [ca. 1908]Signatura: 414

A Coruña: Palacio do Capitán Xeneral, sede da Real Audiencia de Galicia

Colección cartográfica e iconográficaData: [1860]Signatura: CC 938

Page 13: XUSTIZA e PATRIMONIOarquivosdegalicia.xunta.gal/export/sites/default/arquivo... · 2017-11-16 · Xustiza e goberno na Galicia do século XVIII Francisco Antonio Zalaeta, mestre arquitecto,

O patrimonio documental:

Xustiza e goberno na Galicia do século XVIII

Expediente formado para que se proceda ao cobro dos gastos que fixeron os presos do Cárcere Real da Coruña ata fins de xullo de 1766

Real Intendencia de Galicia

Data: 1766/1767

Signatura: 46555-3

Os gastos do proceso imputáronselle ao fillo de don Benito, Marqués de Valladares; entre eles:

“...los gastos de ajusticiar al Silvestre Bernández y composición de horca..

...los gastos de impresión que hizo el señor fiscal...

...por la composición de la puerta del calabozo...”

Page 14: XUSTIZA e PATRIMONIOarquivosdegalicia.xunta.gal/export/sites/default/arquivo... · 2017-11-16 · Xustiza e goberno na Galicia do século XVIII Francisco Antonio Zalaeta, mestre arquitecto,

O patrimonio documental:

Xustiza e goberno na Galicia do século XVIII

Francisco Antonio Zalaeta, mestre arquitecto, co fiscal da Súa Maxestade, sobre pago pola fábrica do cárcere desta cidade da CoruñaReal Audiencia de GaliciaData: 1766Signatura: 23765-55

Un edificio con protagonismo na historia do crime foi o Cárcere Real da Coruña, a onde foron trasladados os principais detidos no proceso unha vez rematadas as obras da súa construción.

Na lenda do proxecto pódense distinguir diferentes salas que retratan a sociedade da época:

“10. Sala de cadenas”

“12. Sala de tormentos”

“13. Sala de confesiones”

“21. Encierros para gente de distinción”

Page 15: XUSTIZA e PATRIMONIOarquivosdegalicia.xunta.gal/export/sites/default/arquivo... · 2017-11-16 · Xustiza e goberno na Galicia do século XVIII Francisco Antonio Zalaeta, mestre arquitecto,

O patrimonio documental:

Xustiza e goberno na Galicia do século XVIII

Plano y perfiles de la cárcel que deve construirse en esta plaza/ Gaspar Bernardo

de LaraReal Audiencia de GaliciaData: 1764-03-24. A CoruñaSignatura: 23765-55//RA 21

A Coruña [Visual]: [Cárcere vello]Colección fotográficaData: 192-?Signatura: 2286

Page 16: XUSTIZA e PATRIMONIOarquivosdegalicia.xunta.gal/export/sites/default/arquivo... · 2017-11-16 · Xustiza e goberno na Galicia do século XVIII Francisco Antonio Zalaeta, mestre arquitecto,

O patrimonio documental:

Xustiza e goberno na Galicia do século XVIII

A Coruña: castelo de San AntónColección fotográfica

Data: ca. 191-?Signatura: 5368

A Coruña [Visual] : [Fachada principal do Pazo da Capitanía Xeral, sede da Real Audiencia]Colección fotográficaData: 192-?Signatura: 2695

Expediente de traslado de presos ata Valladolid, condenados a presidio en

África pola Sala do Crime da Audiencia de Galicia

Real Audiencia de GaliciaData: 1778-03-31/1779-04-14

A Coruña/ValladolidSignatura: 29214-208-2

Page 17: XUSTIZA e PATRIMONIOarquivosdegalicia.xunta.gal/export/sites/default/arquivo... · 2017-11-16 · Xustiza e goberno na Galicia do século XVIII Francisco Antonio Zalaeta, mestre arquitecto,

O patrimonio documental:

Xustiza e goberno na Galicia do século XVIII

A Coruña: castelo de San AntónColección fotográfica

Data: ca. 191-?Signatura: 5368

Expediente de condución de presos a presidios maioresReal Intendencia de GaliciaData: 1825/1831Signatura: 46562 1