xustificaciÓn...competencias básicas, e xere individuos autónomos, con espíritu crítico e...

26
XUSTIFICACIÓN Na orde de 7 de marzo de 2013 da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, (DOG do 18 de marzo), convócase o proceso selectivo para ocupar o cargo de director ou directora do lnstituto de Educación Secundaria Carlos Casares de Viana do Bolo (Ourense). Neste actual curso 2012-13 veño desempeñando o cargo de Director, de xeito provisional, tras o traslado do meu predecesor, Luis Fernández López, como profesor de Bioloxía no CCEE Reyes Católicos de Bogotá (Colombia). Con él, desenvolvín o cargo de Vicedirector nos anteriores mandatos, en concreto de xullo de 2005 a setembro de 2012. Xunto ao equipo directivo que encabezo, tomamos a decisión de presentarnos, coa intención de clara de seguir apostando por un IES Carlos Casares aberto a toda a comunidade educativa e cidadá da bisbarra, e, que, dadas as características sociolóxicas e económicas da contorna, o centro continúe a ser un faro ou un referente na dinamización da vida cultural. Esta acción non será factible sen unha participación activa e constructiva do Claustro e o Consello Escolar, que deberán refrendar e orientar as nosas decisións como equipo de xestión. En todo caso, a función nosa, e especialmente a do Director, ten que ser a de facilitar, liderar, acompañar e estimular o traballo cotiá que mellore o funcionamento do centro e que o dote de unha identidade propia, vencellada co seu contexto xeográfico e humano, que para este instituto son os concellos de Viana do Bolo, A Veiga, Vilariño de Conso e A Gudiña. O plantexamento que faremos estará ideado para un mandato. Rematado este, profesorado cunha filosofía educativa semellante, ou implicado activamente no centro poderían e deberían dar o relevo, xa que nunca é desexable a perpetuación nos organos de goberno, e sí o compromiso e a capacitación de diferentes persoas para asumilo. Coa entrada en vigor dunha nova Lei Educativa no horizonte, temos o reto por diante de adaptarnos a novos tempos, que requiren unha idea clara do modelo educativo que desexamos e unha xestión transparente que aproveite do xeito máis rendible os recursos materiais, económicos e humanos da escola pública, co apoio e respaldo que sempre tivemos da Inspección e das Administracións educativas.

Upload: others

Post on 07-Aug-2020

5 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: XUSTIFICACIÓN...competencias básicas, e xere individuos autónomos, con espíritu crítico e comprometidos coa súa bisbarra, e coa idea de cidadanía global. 2. Incidir na coeducación

XUSTIFICACIÓN

Na orde de 7 de marzo de 2013 da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

da Xunta de Galicia, (DOG do 18 de marzo), convócase o proceso selectivo para ocupar o cargo de

director ou directora do lnstituto de Educación Secundaria Carlos Casares de Viana do Bolo

(Ourense).

Neste actual curso 2012-13 veño desempeñando o cargo de Director, de xeito provisional, tras o

traslado do meu predecesor, Luis Fernández López, como profesor de Bioloxía no CCEE Reyes

Católicos de Bogotá (Colombia). Con él, desenvolvín o cargo de Vicedirector nos anteriores

mandatos, en concreto de xullo de 2005 a setembro de 2012.

Xunto ao equipo directivo que encabezo, tomamos a decisión de presentarnos, coa intención de

clara de seguir apostando por un IES Carlos Casares aberto a toda a comunidade educativa e cidadá

da bisbarra, e, que, dadas as características sociolóxicas e económicas da contorna, o centro

continúe a ser un faro ou un referente na dinamización da vida cultural. Esta acción non será

factible sen unha participación activa e constructiva do Claustro e o Consello Escolar, que deberán

refrendar e orientar as nosas decisións como equipo de xestión. En todo caso, a función nosa, e

especialmente a do Director, ten que ser a de facilitar, liderar, acompañar e estimular o traballo cotiá

que mellore o funcionamento do centro e que o dote de unha identidade propia, vencellada co seu

contexto xeográfico e humano, que para este instituto son os concellos de Viana do Bolo, A Veiga,

Vilariño de Conso e A Gudiña.

O plantexamento que faremos estará ideado para un mandato. Rematado este, profesorado cunha

filosofía educativa semellante, ou implicado activamente no centro poderían e deberían dar o

relevo, xa que nunca é desexable a perpetuación nos organos de goberno, e sí o compromiso e a

capacitación de diferentes persoas para asumilo. Coa entrada en vigor dunha nova Lei Educativa no

horizonte, temos o reto por diante de adaptarnos a novos tempos, que requiren unha idea clara do

modelo educativo que desexamos e unha xestión transparente que aproveite do xeito máis rendible

os recursos materiais, económicos e humanos da escola pública, co apoio e respaldo que sempre

tivemos da Inspección e das Administracións educativas.

Page 2: XUSTIFICACIÓN...competencias básicas, e xere individuos autónomos, con espíritu crítico e comprometidos coa súa bisbarra, e coa idea de cidadanía global. 2. Incidir na coeducación

DIRECTOR E EQUIPO DIRECTIVO.

Candidato a director:

Profesor Carlos Ferreiro González.

Formación académica:

Doutor en Filoloxía Hispánica pola Universidade da Coruña, (Tese defendida en marzo de 2007).

Estudos de postgrao en Literatura Hispanoamericana realizados na Universidade Católica de

Valparaiso (Chile) e Universidade de Chile (Santiago de Chile). Certificado de Aptitude Pedagóxica

desenvolvido na Universidade da Coruña.

Experiencia docente:

Doce anos de experiencia docente en Educación Secundaria, especialidade de Lingua Castelá e

Literatura. O primeiro deles no IES Neira Vilas de Perillo-Oleiros (A Coruña). Os once restantes no

IES Carlos Casares de Viana do Bolo (Ourense).

Anteriormente exercín docencia como Profesor da materia "Introducción á Literatura

Hispanoamericana Contemporánea", na Universidade da Coruña, durante os cursos 1998-1999 e

1999-2000. Tamén conto con créditos docentes nas estadías investigadoras en Chile, en concreto

nos anos 1996 e 1998 na Universidade Católica de Valparaíso e no 2000 na Universidade de Chile

(Santiago).

Exercín dous anos como titor de grupo e outro como Titor de Ámbito Lingüístico-Social no PDC.

Participei como docente e membro do equipo directivo en dúas estadías do Programa Arion (hoxe

Visitas de Estudio da Unión Europea), en Ljubliana (Eslovenia), no 2006 e Parnu (Estonia), no

2012. Tamén fun seleccionado na "Spring School" de Helsinki (Finlandia), en 2004, nun curso para

educadores europeos no plano dos habitos saudabeis na escola.

Participei en terreo, como técnico voluntario e docente, no proxecto de cooperación internacional

“Mellora da comunidade de Bermejo (Santa Cruz)- Bolivia, a través da UE Timoteo Rondales”,

financiado pola Subdirección Xeral de Cooperación Exterior da Xunta de Galicia e Alcaldía

Municipal de Samaipata (Bolivia).

Experiencia na dirección e coordinación docente:

Dous cursos como Xefe de Departamento, dous como Xefe de Estudios, sete como Vicedirector e

Page 3: XUSTIFICACIÓN...competencias básicas, e xere individuos autónomos, con espíritu crítico e comprometidos coa súa bisbarra, e coa idea de cidadanía global. 2. Incidir na coeducación

un como Director.

Na actualidade, membro da Xunta Provincial de Directores de Ourense e representante provincial

dos directores no Observatorio Provincial da Convivencia.

Equipo Directivo:

En caso de ser aceptado o meu nomeamento, a miña proposta de equipo directivo sería a seguinte:

Vicedirector: Profesor Don Ovidio Villar Marcos: Licenciado en Matemáticas pola Universidade

de Santiago de Compostela, incorporouse ao centro en 2007 e exerceu como titor do Ámbito

Científico-Tecnolóxico do PDC. Coordinou diversos grupos de traballo e dinamización no terreo

das TIC, e pódese definir como un dos máximos responsables da renovación da metodoloxía

pedagóxica do centro, cara a era dixital. É actualmente Vicedirector no centro, e no plano das

actividades extraescolares, coordinou xunto co actual director un intercambio lingüístico, dentro dos

Programas Europeos da Xunta de Galicia co Instituto Checo-Español de Brno-Bystrc (República

Checa) en 2009.

Xefe de Estudos: Profesor Don Luis Felipe Crende Foubelo: Diplomado en Magisterio pola

Universidad de Salamanca, con estudios de Pedagoxía na Universitat de Barcelona. Foi director do

CEIP Rodolfo Núñez Rodríguez, de Vilardevós (Ourense) durante once anos, e leva no centro desde

2006, como profesor de Matemáticas, e exercendo como Xefe de Estudos nos pasados dous cursos.

Secretaria: Dona Susana Fernández Vázquez: Catedrática de Filosofía e profesora no IES Carlos

Casares desde 1989. Desempeñou os cargos de xefa de estudos e vicedirectora e leva xa os últimos

doce anos como Secretaria do Centro. Nas múltiples actividades que coordinou destaca a creación

do Equipo de Mediación en Conflictos Escolares, coa que nos convertiu nun referente a nivel

galego, estatal e internacional. É a responsable da dinamización da Convivencia no instituto.

Page 4: XUSTIFICACIÓN...competencias básicas, e xere individuos autónomos, con espíritu crítico e comprometidos coa súa bisbarra, e coa idea de cidadanía global. 2. Incidir na coeducación

ANÁLISE DO CONTEXTO.

Tras os últimos mandatos do Profesor Luis Fernández, podemos afirmar que o IES Carlos Casares e

un centro educativo cunha boa consideración no entorno provincial e autonómico e cunhas sinais de

identidade claramente arraigadas no que ha de ser unha escola do eido rural, na alta montaña

ourensá. A situación económica do país nos últimos cinco anos nos leva a redeseñar ou afianzar

determinados valores no funcionamento do centro a partires da detección das principais

dificultades, que son as seguintes:

– Unha situación de estancamento no número de alumnado, cando non de unha leve pero

continua perda, que limita a posibilidade da oferta educativa.

– Nas avaliacións xerais de diagnóstico, as características socio-económicas da nosa área de

influencia continúan a ser as máis baixas ad Comunidade Autónoma de Galicia.

– A inestabilidade na plantilla do profesorado, (comisións de servizo, rápidos traslados), que

provoca unha forte variación da mesma en cada curso e causa cambios de ritmo nos

proxectos de centro.

– A escaseza no entorno social, familiar e mesmo individual do alumnado dunha conciencia

clara da importancia da educación e a formación académica.

– Falta de implicación das familias do desenvolvemento cotiá da vida escolar, aínda que esta

situación está a revertirse a pequenos pasos.

– Fallas en determinadas estructuras físicas (tellados, Pavillón, pintura, etc)

– Documentos do centro sen renovar que leva á intención firme de reelaborar a redacción dos

documentos de centro, sobre todo o proxecto educativo do centro e o Regulamento de

Réxime Interior RRI, adaptados á nova lexislación; e da posta en marcha na práctica e con

valoración de resultados, dos últimos documentos elaborados (Plan Lector, Plan de

Convivencia, Proxecto Lingüístico, Plan TIC e Plan de participación e Voluntariado, etc)

Os puntos fortes do centro, nos que debemos seguir a profundizar son os seguintes:

– O desenvolvemento continuo de Proxectos de Innovación Educativa que nos sitúan nunha

certa vangarda, e nos que se implica unha altísima porcentaxe do claustro, polo que tivemos

un amplo recoñecemento galego e estatal.

– O traballo da “Senda da Convivencia”, eixo pedagóxico central no instituto, nun intento

dunha formación integral real do alumnado; tratando a educación para a convivencia nun

amplo sentido, desde o centro coa mediación escolar e a prevención do maltrato, coa

sociedade co fomento da participación cidadá do alumnado e o voluntariado e convivencia

Page 5: XUSTIFICACIÓN...competencias básicas, e xere individuos autónomos, con espíritu crítico e comprometidos coa súa bisbarra, e coa idea de cidadanía global. 2. Incidir na coeducación

cun mundo desigual, coa educación para o desenvolvemento e a cooperación internacional.

A isto únese o esforzo transversal por traballar a educación para unha igualdade real entre

mulleres e homes, aspecto clave determinadas polas características do contexto.

– A atención preferente á diversidade, que se manifesta tanto no plano das NEE, como na

procura da excelencia, nun sentido integral, terreo no que estamos a iniciar unha búsqueda

de mellores resultados.

– A visión do centro como un espazo aberto aos Concellos da áea de influencia, e á realidade

cultural, das tradicións, o desenvolvemento rural e o respecto pola contorna que tratamos de

plantexar en todas as actividades académicas.

– O diseño dun programa global de Actividades Extraescolares e Complementarias, diverso,

que atenda a todos os niveis e que permite un coñecemento gradual da provincia, de Galiza ,

de España, e Portugal, como país veciño, sempre vencellado e relacionado co curriculo

académico e con repercusión real no proceso de aprendizaxe, incluindo a avaliación do

alumnado.

– O bo clima de relación coa ANPA, o Concello, os centros de Primaria da bisbarra, e outras

entidades e organizacións, entre elas diferentes ONG como, por exemplo, Axuda en Acción,

InterRed ou Escolas da Terra, ou agrupacións coma a Campaña Mundial pola Educación.

– A ausencia de problemas disciplinarios relevantes no centro, nun ambiente "familiar" e

cercano que permite a resolución pacífica e dialogada de conflictos e xera un clima moi

agradable entre os diversos sectores do instituto. Consideramos que isto favorece un clima

adecuado de ensinanza e aprendizaxe, onde se optimizan os procesos educativos.

Page 6: XUSTIFICACIÓN...competencias básicas, e xere individuos autónomos, con espíritu crítico e comprometidos coa súa bisbarra, e coa idea de cidadanía global. 2. Incidir na coeducación

OBXECTIVOS

1. Levar á práctica un modelo educativo inclusivo, baseado na educación integral de mulleres

e homes, que garanta unha formación académica, social e humana, integrado en

competencias básicas, e xere individuos autónomos, con espíritu crítico e comprometidos

coa súa bisbarra, e coa idea de cidadanía global.

2. Incidir na coeducación como vértice prioritario de actuación na contorna.

3. Seguir a promover a participación activa e continuada de toda a comunidade educativa na

vida cotiá do centro e nos seus órganos de control e decisión.

4. Pechar un novo Proxecto Educativo de Centro, e outros documentos, previamente coa

adaptación do Regulamento de Réxime Interno á realidade da nova reforma educativa,

ademáis de poñer en práctica os documentos recentemente aprobados, (Plan Lector,

Proxecto Lingüístico, Plan de Convivencia, Plan TIC, Plan de Participación e Voluntariado,

etc)

5. Estreitar ao máximo as relacións do centro coas administracións públicas e entidades da

bisbarra, coa intención de racionalizar e aproveitar os recursos económicos en tempos de

recesión, e mellorando infraestructuras do instituto.

6. Abrir o centro á dimensión europea, e á Cooperación Internacional buscando intercambios

lingüísticos, programas de desenvolvemento, visitas de estudo do profesorado, Proxecto

Comenius, e tratando de que ao fin do mandato o IES Carlos Casares, adquira o rango de

Plurilingüe.

Page 7: XUSTIFICACIÓN...competencias básicas, e xere individuos autónomos, con espíritu crítico e comprometidos coa súa bisbarra, e coa idea de cidadanía global. 2. Incidir na coeducación

ACTUACIÓNS VENCELLADAS AO OBXECTIVO 1

1.1. Fortalecemento dos aspectos máis desenvolvidos no último mandato.

A comunidade educativa do IES Carlos Casares ten participado de xeito activo nestes últimos anos

nunha serie de actividades, moitas delas innovadoras que tiveron un alto grao de recoñecemento

externo. Este equipo directivo facilitará ao límite a continuidade destas liñas, promovendo a

formación continua do profesorado e a participación de todos os sectores. Os programas que marcan

a seña de identidade son os seguintes:

– A Senda da Convivencia (Mediación, Voluntariado e Cooperación Internacional) O traballo

coa Unidad Educativa Timoteo Rondales de Bermejo-Bolivia, marca un concepto de escola

aberta ás preocupacións polo mundo, desde o máis próximo ao máis alonxado.

– Plan Proxecta. Programa institucional da Xunta de Galicia que nos permite integrar dez

proxectos diferentes que xa viñamos realizando, nos que coordinamos a educación para o

desenvolvemento, a educación para o consumo, a educación ambiental, a educación vial, a

educación por unha igualdade de xénero e a educación para a saúde e a afectivo-sexual. A

implicación do Claustro supera o 50%.

– Fortalecemento da Biblioteca e o Clube de Lectura do IES Carlos Casares como

dinamizadores culturais do Concello con actividades abertas á cidadanía, dacordo ao

convenio vixente con ENDESA.

– Promoción das actividades de lecer con sentido educativo, especialmente no eido do Teatro,

a Música e a práctica deportiva.

– Sensibilización para a procura dunha escola non sexista, non xenófoba e comprometida co

Desenvolvemento Sustentable, e a interculturalidade, a partires da colaboración aberta e

bidireccional, con institucións como o Instituto Galego de Consumo, Rede Querote +,

Intered, Axuda en Acción, Campaña Mundial pola Educación, Escuelas de la Tierra, etc.

– Cumplir, analizar e avaliar o novo diseño xeral de etapa de Actividades Extraescolares e

Complementarias.

Cronoloxía: Trátase de continuar o traballo feito durante os próximo catro anos; o deseño de

actividades pode ser valorado ao rematar cada un dos cursos de mandato.

1.2 Incidencia nos aspectos prácticos e cotiás da Educación para a Saúde e Ambiental.

Se ben existen aspectos como Educación Vial, Afectivo-Sexual ou Educación para o Consumo

Responsable que teñen sido e son axeitadamente traballados grazas a colaboración con entidades

Page 8: XUSTIFICACIÓN...competencias básicas, e xere individuos autónomos, con espíritu crítico e comprometidos coa súa bisbarra, e coa idea de cidadanía global. 2. Incidir na coeducación

externas, e, sobre todo, á labor do profesorado na práctica diaria de aula. É preciso incidir nas áreas

indicadas neste subepígrafe, sobre todo, desde unha perspectiva práctica e vivencial e non como

discurso de contidos. Neste sentido propoñemos:

1.2.1. Educación Ambiental.

– Executar o xa deseñado Plan de Limpeza do Entorno Escolar, coa participación activa do

profesorado e do alumnado voluntario.

– Continuar o proxecto de aforro enerxético, fixando novos obxectivos como pode ser a

redución do uso de papel.

– Colaborar na autoxestión dos residuos do centro, a través de proxectos de aula conectados

cos materias de Ámbito Científico e Social.

Cronoloxía: O non aumento do gasto de enerxía ou a posible redución desde o primeiro curso ate a

finalización do mandato; o plan de limpeza escolar e campaña de redución do uso de papel a

desenvolver a partires de setembro de 2013, para manterse en todo o mandato e; a campaña de

autoxestión dos recursos a partires de setembro de 2014 ate a finalización.

1.2.2. Educación para a Saúde.

Pretendemos que este aspecto sexa traballado de xeito práctico, desde o currículo e as actividades

complementarias facendo especial incidencia na loita contra o uso do tabaco, o abuso do alcohol e o

consumo de drogas, e centrándonos na importancia dun estado físico axeitado (manter un peso

ideal, procurar unha alimentación equilibrada, favorecer a práctica rutinaria dun exercicio físico

moderado) e previndo os trastornos alimentarios.

Neste sentido é fundamental a colaboración de tres elementos do centro:

– Departamentos de Educación Física e Bioloxía e Xeoloxía. Colaboraránn na toma de datos

antropométricos, para poder avaliar situacións de iregularidade (anorexia, bulimia,

obesidade), e valorará eses datos a principio e final de curso, en contraste co rendemento

físico-deportivo na propia materia académica e se encargarán de educar para a adquisición

de hábitos axeitados e de comunicarse coas familias a través da titoria.

– Comedor Escolar: A partires do consenso na elaboración dos menús e da supervisión por

parte do Consello Escolar, este espazo debe potenciar o valor educativo, con hábitos de

hixiene, saúde, e consumo sustentable.

– Grupo de Teatro, Baile e Coro Escolar. Ocuparase da parte de concienzación e promoción de

valores saudables, mediante a creatividade das súas produccións, (videos, cancións,

coreografías ou representacións)

Page 9: XUSTIFICACIÓN...competencias básicas, e xere individuos autónomos, con espíritu crítico e comprometidos coa súa bisbarra, e coa idea de cidadanía global. 2. Incidir na coeducación

Cronoloxía: Durante os catro ano, cunha avaliación de todas as partes implicadas ao remate de cada

un deles.

1.3 Atención á Diversidade, ao alumnado con necesidades educativas especiais, altas

capacidades, e Protocolo de Acollida ao Alumnado Inmigrante.

Debido ás características do centro xa mencionadas no diagnóstico do contexto, o alumnado con

problemas de aprendizaxe presenta unha taxa máis elevada que en contornas urbanas, o que se

manifesta no Índice Socioeducativo (ISEC), da Avaliación Xeral de Diagnóstico dos últimos cursos.

Así, seguirán a ser obxecto de máxima atención, potenciando desdobles, agrupamentos, grupo de

PDC e presenza na aula do profesor de apoio para garantir unha porcentaxe elevada de titulación na

ESO.O centro educativo ten autonomía suficiente para adaptar os procesos ás necesidades

específicas do alumnado.

Estructuraremos a atención a alumnado con boas perespectivas académicas, tanto en programas

como o Quero Máis, integrado nos Contratos Programa, como na oferta de Actividades

Complementarias axeitadas a eles, e xunto co Departamento de Orientación e Didácticos,

buscaremos a súa motivación creando unha rede de "alumnado formador" que mostre ao resto os

resultados dos seus proxectos, reforzando así as Competencias en Comunicación Lingüística,

Matemática, Social e Cidadá, Coñecemento e Interacción co Mundo Físico,Procura de Información

e Competencia Dixital, Autonomía e Iniciativa Persoal, Aprender a Aprender e Artística

O alumnado Inmigrante tería un protocolo de acollida recollido xa no Plan Lingüístico e que busca

asegurar non só a integración idiomática nun prazo o máis corto posible, senón a social e humana e

a capacitación inmediata para a absorción de coñecementos, o que permitirá un mellor

aproveitamento curricular.

Cronoloxía: Ao ser actividades que están en marcha, seguiranse desenvolvendo durante os catro

anos de mandato, tentando que cada curso sexan reforzadas, en relación aos resultados do curso

anterior avaliados na memoria anual.

1.4. Consolidación dos índices de titulación e reforzo das competencias.

O IES Carlos Casares logrou nos últimos exercicios un grao máis que notable de titulación na ESO.

A situación económico -social da área do instituto (Viana do Bolo, Vilariño de Conso, A Veiga, fai

Page 10: XUSTIFICACIÓN...competencias básicas, e xere individuos autónomos, con espíritu crítico e comprometidos coa súa bisbarra, e coa idea de cidadanía global. 2. Incidir na coeducación

que unha alumna/o sen título da ESO quede no máis absoluto desarraigo socio-laboral, cunha maior

probabilidade de risco social . A través do contacto continuo coa ANPA, Servizos Sociais dos

Concellos (integrados no Observatorio da Convivencia), Departamento de Orientación e titores

debemos defender sen fisuras esta filosofía educativa.

Pero máis alá destes mínimos, é preciso garantir unha aprendizaxe real e práctica, que a lexislación

actual define perfectamente a partires das competencias, que se manteñen no previsible cambio

lexislativo. Hoxe a avaliación cero, celebrada na segunda semana lectiva, en setembro, marca

unhas pautas do alumnado, signadas precisamente polo cumplimento alto, medio ou baixo desas

competencias, e nos grupos de PDC insístese especialmente neste xeito, non numérico-cuantitativo,

senón cualitativo de levar a cabo a avaliación.

En relación, ás competencias básicas é preciso dar un novo paso. Consolidada xa a avaliación 0 por

competencias, é preciso levalas ás avaliacións ordinarias e, sobre todo, realizar unha nova

avaliación por competencias ao rematar o curso. É evidente que, en función dos resultados da

avaliación de competencias inicial, o profesorado debe de tomar medidas para que esas fallas sexan

arranxadas ao longo do curso. Isto que parece tan evidente transfórmase nun reto deste equipo

directivo nos próximos catro anos.

Cronoloxía: Durante os catro anos, adaptable aos cambios lexislativos.En relación a avaliación por

competencias na avaliación inicial pretendemos que, no curso 2014-15, sexan avaliadas as oito

competencias básicas. Xa no curso 2013-14 iniciaremos a avaliación final por competencias.

1.5. Formación permanente do Profesorado e/ ou a Comunidade.

Todos os cursos o centro desenvolve unha oferta ampla de Grupos de Traballo, Seminarios

Permanentes, ou Proxectos de Formación en Centros, coa inestimable axuda de Antonio Bello,

asesor do CEFORE. Pero un novo reto do centro, está a ser a nosa labor como formadores doutras

institucións educativas e culturais de Galicia e o estado, e nalgún caso, no estranxeiro. O Equipo

Directivo, co apoio da Inspección favorecerá a asistencia a actividades de formación, especialmente

as que redunden nunha aplicación práctica na aula.

Este centro estase a convertir nun referente na elaboración de materiais didácticos, sobre todo en

soporte dixital, e dentro do noso orzamento, tratamos de animar a publicación e difusión dos

mesmos.

Na medida do posible trataremos de paliar unha débeda pendente: a integración en actividades de

formación, cando sexa posible, do resto de sectores da comunidade educativa, especialmente nunha

desexada e aínda non plasmada Escola de Nais e Pais.

Page 11: XUSTIFICACIÓN...competencias básicas, e xere individuos autónomos, con espíritu crítico e comprometidos coa súa bisbarra, e coa idea de cidadanía global. 2. Incidir na coeducación

Cronoloxía: Manteremos , a lo menos, unha actividade de formación en cada curso, tentando cada

ano, incrementar e diversificar á oferta. Tentaremos, desde o curso 2013-14, realizar unha

actividade cando menos de formación ás familias.

Page 12: XUSTIFICACIÓN...competencias básicas, e xere individuos autónomos, con espíritu crítico e comprometidos coa súa bisbarra, e coa idea de cidadanía global. 2. Incidir na coeducación

ACTUACIÓNS VENCELLADAS AO OBXECTIVO 2

2.1. Incorporación ao RRI dos aspectos que defendan a igualdade entre mulleres e homes.

Desde os primeiros tempos en que un docente se incorpora ao IES Carlos Casares, detéctase un

evidente problema, marcado por una dinámica extendida social e familiarmente, na que se

minusvalora o papel da muller, minimízase a importancia do estudio para a súa implicación na vida

laboral, e xa no marco escolar, existe unha tendencia a certa agresividade verbal, de baixa

intensidade, pero continua con connotacións claramente sexistas. Polo tanto, a observancia absoluta

dos aspectos salientados nos artigos 9 e 10 da Lei /2004 de 16 de xullo para a igualdade de

homes e mulleres han de ser unha guía indispensable na filosofía educativa do centro. O vindeiro

RRI, que debe ser aprobado a principios do curso 2013-2014, considerará como agravante as faltas

que revistas ese carácter discriminatorio, ao mesmo nivel que as manifestacións racistas ou

xenófobas.Isto, ademais de ser un sentir educativo deste comunidade no que leva traballando arreo,

é un requirimento dos artigos 9 e 10 da Lei /2004 para a igualdade de mulleres e homes.

Cronoloxía: O traballo en coeducación será continuo, a incorporación das faltas relativas ao xénero

serán incorporadas ao RRI no primeiro trimestre do curso 2013-2014.

2.2. Formación continuada do profesorado no terreo da Coeducación.

Dentro dos plans de formación anual, levamos xa uns seis anos traballando coa ONG InteRed en

aspectos de concienciación e cualificación do profesorado no plano da Educación para o

Desenvolvemento, Solidaridade, e nestes tres últimos cursos, no ámbito da Educación para

Igualdade, Coeducación e Masculinidades. En concreto, a totalidade do actual equipo directivo,

forma parte este ano do grupo de traballo. "Como traballar a Educación para a Igualdade nas

aulas?'" O noso obxectivo é dispor de un caudal establecido de material didáctico, adaptado ao

contexto deste cenbtro que sirva para reflexionar sobre a importancia da igualdade de xénero na

construcción dunha sociedade máis xusta. Este material comezaría a implantarse na aula de 1º de

ESO, para extenderse progesivamente ao resto dos cursos, o que nos permitirá valorar o grao de

resposta dos grupos de alumnado con intervención, fronte aos que non a tiveran. O proceso tería un

carácter formalizado dentro das programacións de aula e no Plan de Acción Titorial.

Cronoloxía: Durante todo o mandato, aplicándose a 1º da ESO no curso 2013-14, incorporando un

curso máis cada ano.

Page 13: XUSTIFICACIÓN...competencias básicas, e xere individuos autónomos, con espíritu crítico e comprometidos coa súa bisbarra, e coa idea de cidadanía global. 2. Incidir na coeducación

2.3. Valorización da imaxe da muller nas Programacións de Aula e na Programación Anual de

Actividades Complementarias e Extraescolares.

Para plasmar concretamente esta postura, elevaremos ao Claustro a proposta de incorporación de

actividades concretas de coeducación en todas as programacións didácticas, entre as que está

mencionar explicitamente no desenvolvemento do currículo ás figuras femininas relevantes nos

diferentes campos do saber (matemáticas, literatura, bioloxía, historia,física, etc), en ocasións

esquecidas nos manuais de texto. A Xefatura de Estudos, previo ao envío das programacións á

Inspección, supervisará que ese acordo do Claustro está reflectido nas programacións.

Dentro das actividades complementarias, organizadas polo centro, trataremos de buscar unha

"paridade", dentro dos asistentes e conferenciantes. Manterán un especial valor as xornadas do 25

de novembro (Contra a violencia de xénero), e 8 de marzo (Día Internacional da Muller).

Pretendemos ademáis que nesa xornada, sen desbotar, por suposto, a presencia de invitados e

invitadas externos ao centro, teñamos o testemuño de homes e mulleres da bisbarra, vencellados

dalgún xeito ao instituto e a súa contorna, que nos aportarán unha visión de diferentes modelos

sociais, actuais e pasados.

Cronoloxía: Durante os catro anos. A incorporación e seguimento da coeducación ás programacións

didácticas realizarase a partires do curso 2013-14

Page 14: XUSTIFICACIÓN...competencias básicas, e xere individuos autónomos, con espíritu crítico e comprometidos coa súa bisbarra, e coa idea de cidadanía global. 2. Incidir na coeducación

ACTUACIÓNS VENCELLADAS AO OBXECTIVO 3

3.1. Consolidar a comunicación fluida entre os diversos sectores da Comunidade

Se podemos valorar de xeito exitoso o ambiente de traballo do noso centro, débese sen dúbida, a

interacción continua entre todos os elementos sociais e humanos que integran a escola.

Manteremos, e mesmo reforzaremos unha serie de encontros periódicos ao longo do curso

académico:

– Reunións co profesorado, por medio, preferentemente dos Claustros, e cando sexa preciso,

da Comisión de Coordinación Pedagóxica e outras reunións específicas de traballo, (mínimo

5 ocasións no curso).

– 5 convocatorias do Consello Escolar, nas que se deben debatir, de xeito continuo, as liñas

educativas e de identidade do instituto.

– Unha reunión coa Xunta de Delegados de alumnado, e coa directiva da ANPA previa a cada

Consello Escolar.

– Encontros coas familias: terán lugar 3 obligatoriamente durante o curso (Outubro, Xaneiro e

Maio) a partires das 20 horas para facilitar unha presencia masiva. O esquema das mesmas

será: Encontro co equipo directivo e orientador; reunión cos titores ou titoras e atención

individualizada en casos de necesidade.

– Consulta periódica no curso das demandas do Persoal Non Docente.

– Reunión semanal formal (en horario fixo e establecido) do Equipo Directivo.

– Titoría telefónica individualizada, catro semanas antes de cada sesión de avaliación, na

que nais e pais reciban unha información detallada dos logros e carencias académicas das

súas fillas e fillos. Lévase realizando de xeito recente e supón unha das prácticas que máis

aprobación suscita nas familias.

Cronoloxía: Todo o mandato desde o comezo, ao ser prácticas a reforzar, xa existentes.

3.2. Reforzo do Observatorio da Convivencia e continuidade da Comisión de Convivencia.

Aínda que o grao de conflitividade, por faltas graves, do centro é baixo (un expediente disciplinario

aberto no último mandato), parte de esta situación pode explicarse no alto nivel de consenso que se

procura nas decisións co alumnado chamemos "conflitivo". A lexislación actual deixa a última

palabra en mans do Director á hora de establecer un mecanismo sancionador. A nosa aposta será

por respectar e asumir a proposta feita pola Comisión de Convivencia, (a excepción de situacións

puntuais que requiran unha actuación inmediata), ou a proposta do xuíz ou a xuíza instrutora, no

caso da incoación dun expediente disciplinario por falta grave.

Con todo, a decisión dun proceso sancionador non fai senón reflectir un fracaso nos dispositivos

que regulan a convivencia armónica nun centro, e nesa liña, propomos que a través das reunións

Page 15: XUSTIFICACIÓN...competencias básicas, e xere individuos autónomos, con espíritu crítico e comprometidos coa súa bisbarra, e coa idea de cidadanía global. 2. Incidir na coeducación

legais anuais do Observatorio da Convivencia, se fomenten os recursos de mellora neste aspecto

esencial da escola: potenciación da Mediación, vixilancia e prevención do acoso escolar, tolerancia

cero ante a discriminación de xénero, integración dos casos de risco de exclusión social.Seguiremos

facilitando a participación dos servizos sociais dos Concellos, no Observatorio da Convivencia do

Centro.

Cronoloxía: Durante todo o mandato

3.3. Formación e participación na vida académica de pais e nais.

Quizáis unha das situacións de fallo nos últimos anos foi a dificultade ou mesmo imposiblidade de

plasmar nunha entidade real a Escola de Nais e Pais. Trataremos neste mandato de activar a

participación das familias, con pasos que pretendemos modestos pero firmes: é decir, máis que unha

Escola de Familia formal, plantexaremos unha serie de actividades de formación durante o curso

(dúas-tres) adicadas de xeito explícito aos pais e cunha disposición horaria favorable. O papel da

ANPA será fundamental, e tamén Concello e Administración deben ser un alicerce básico a hora de

aproveitar moitos dos seus recursos formativos. Neste sentido, é moi positiva a experiencia de

aportación das familias nas Xornadas de Oreientación Académica e Profesional, organizadas polo

Departamento de Orientación cada mes de febreiro.

Cronoloxía: Durante os catro anos. Inicio da primeira proposta formativa para familias: curso 2013-

2014.

Page 16: XUSTIFICACIÓN...competencias básicas, e xere individuos autónomos, con espíritu crítico e comprometidos coa súa bisbarra, e coa idea de cidadanía global. 2. Incidir na coeducación

ACTUACIÓNS VENCELLADAS AO OBXECTIVO 4

4.1. Redacción, aprobación e posta en marcha dun novo Proxecto Educativo de Centro.

En condicións normais, este documento tería estado actualizado xa neste momento. O feito de que

aínda non estea vixente un ROC autonómico, e tamén o proceso de transición cara a unha nova Lei

de Educación, fixo que se ralentizase este proceso, co fin de que se adapte o máximo posible ao

marco lexislativo e teña unha vixencia máis longa e unha aplicabilidade real. Este novo PEC levará

a adaptación de todos os documentos de centro e implica un novo RRI que teña en conta os marcos

legais vixentes e se adapte a novas necesidades que xa se vislumbran nos centros educativos

(protección de datos e imaxe, uso axeitado das TIC, novos conceptos como o "ciberacoso, etc)" O

proceso de elaboración contará coa consulta a todos os sectores da comunidade educativa e a

elaboración como está marcado por lei, corresponde a totalidade do profesorado.

Cronoloxía: Elaboración e redacción no curso 2013-2014 e aprobación no 2014-2015, en previsión

do calendario de aplicación da LOMCE.O resto de documentos do centro estarían modificados ao

rematar o curso 2015-16.

4.2. Posta en marcha, análise e avaliación do Plan de Convivencia.

Se o noso centro foi, dalgún xeito, pioneiro no traballo de mellora da Convivencia, coa

implantación do Equipo de Mediación, formación externa que derivou en autoformación,

establecemento dun protocolo de prevención de acoso escolar, etc, neste curso nos atopamos en

proceso de formalización e posta en marcha dun Plan de Convivencia. Será o momento, no próximo

mandato, de analizar o funcionamento, aportar prospostas de mellora, e avaliar os resultados, e o

nivel de satisfacción dos diferentes sectores. Os aspectos que haberá que considerar entre outros,

serán:

– Número de mediacións anuais.

– Actuacións de prevención de acoso escolar e uso axeitado do protocolo.

– Casos de disrupción (número de expedientes ou comisións de convivencia)

– Equidade nos resultados académicos (que garante un clima de aula cohesionado)

– Participación en actividades extraescolares e de voluntariado (que amosan o nivel de

implicación da comunidade escolar co centro)

Cronoloxía: Todo o mandato, con primeiras valoracións en xuño de 2014.

4.3. Análise, mellora e avaliación do Plan Lector.

Page 17: XUSTIFICACIÓN...competencias básicas, e xere individuos autónomos, con espíritu crítico e comprometidos coa súa bisbarra, e coa idea de cidadanía global. 2. Incidir na coeducación

O desenvolvemento do Plan Lector do centro supón un empuxe definitivo cara a consecución dunha

das competencias básicas no sistema educativo: a lingüística e comunicativa. A comezos do curso

2011-2012 foi aprobado o Plan Lector do centro, que conseguiu concienciar a todos os

departamentos da importancia de valorar a comprensión lectora como mecanismo básico para

asegurar a adquisición de contidos reflexiva en todas as materias e ámbitos. Os xeitos de levar a

cabo o Plan Lector non foron precisamente moi satisfactorios na práctica da aula e aínda seguimos a

buscar a fórmula axeitada. Con todo, hoxe todas as probas obxectivas na ESO levan

obligatoriamente unha pregunta que valore a comprensión lectora de xeito específico, e que

supoña , alomenos, o 10 % da cualificación final. No vindeiro mandato estableceremos un itinerario

lector que permita otorgar a alumnas e alumnos un "pasaporte de lectura" ao final da secundaria

obligatoria, no que figuren obras de carácter literario, científico, histórico, literario, artigos de

prensa, soportes audiovisuais, e todos eles, nas linguas de referencia do centro, (galego, castelán,

inglés e francés). O papel da Biblioteca Escolar, Clube de Lectura e Grupo de Teatro Talía e Grupo

de Música e Expresión Corporal do IES serán clave na aplicación do Plan Lector.

Cronoloxía: Durante os catro anos, con deseño do itinerario lector no vindeiro curso e aplicación no

2014-2015, cunha primeira avaliación do itinerario logo de dous anos.

4.4. Reforzo e avaliación do Plan de Participación e Voluntariado

O IES Carlos Casares de Viana é o único centros educativo de secundaria de Galicia constituída

como ente de voluntariado. Isto determina que contemos, desde o curso 2012-13, con este

documento propio que ten por obxectivo favorecer a participación cidadá e o voluntariado, desde o

currículo de determinadas materias e desde as actividades complementarias e extraescolares. É un

documento clave no proceso formativo do alumnado que se fundamenta na aprendizaxe-servizo.

Este plan conta coa participación na coordinación e xestión dunha voluntaria, experta en

participación e voluntariado, e antiga alumna do centro, Ana María Fernández.

Temporalización: o curso de formación de voluntariado farase, como mínimo, cunha periodizade

biannual, as reunións determinadas no plan, cando menos dúas veces por curso.

Page 18: XUSTIFICACIÓN...competencias básicas, e xere individuos autónomos, con espíritu crítico e comprometidos coa súa bisbarra, e coa idea de cidadanía global. 2. Incidir na coeducación

ACTUACIÓNS VENCELLADAS AO OBXECTIVO 5

5.1. Reforzo das relacións cos Concellos da contorna e coas administracións públicas para

manter e mellorar as infraestructuras.

A actual realidade económica e social obriga a os centros educativos a un esforzo de comunicación

e procura de intereses comúns coas insttucións públicas, especialmente cos concellos, para

aproveitar os recursos dispoñibles á hora de mellorar o funcionamento das escolas. Os compromisos

máis urxentes nese terreo serán expostos a continuación, tendo en conta que a súa consecución virá

marcada polas posibilidades reais nun periodo como este, de recesión, e no que debemos plantexar

acudir a diferentes institcións públicas e mesmo privadas. As necesidades básicas son:

5.1.1. Renovación do equipo de audio da Aula Magna Xesús R. Jares e adecuación

escénica da mesma.

5.1.2. Arranxo de tellados, Pavillón deportivo e pintura do piso inferior. Pintado de

espazos interiores que o precisan, prioritariamente a planta baixa e planta principal.

Adecuación dos espazos externos, que quedou pendente da xestión anterior.

5.1.3. Racionalización e mellora de recursos TIC, coa adaptación dos sistemas

operativos en desuso a partires de 2014 (Windows XP), asegurando como ata agora

que todos os cursos dispoñan de encerado dixital interactivo.

5.1.4. Axilización da mellora da parada de transporte escolar, mediante as xestións

co Ministerio de Fomento e a Consellería de Cultura, Educación e O. U.

Tamén compre destacar o compromiso de colaboración cos servizos sociais dos concellos a hora de

establecer criterios obxectivos de alumnado con necesidades económicas (exención de pagos nas

saídas, etc) ou de calquer aspecto que redunde no rendemento escolar dun rapaz ou rapaza.

Cronoloxía: Todo o mandato, con primeiras valoracións no curso 2013-2014, e implantación

progresiva segundo as necesidades máis apremiantes.

5.2. Mantemento do nivel de actividades extraescolares e complementarias a partir da

colaboración intercentros e do aproveitamento de recursos.

A cantidade enorme de actividades complementarias e extraescolares deste centro ven determinada

pola determinada polas características socio-xeográficas do centro , que fai que o IES sexa, como

temos dito, o facilitador dese desenvolvemento cultural. Con todo, o volume económico que supón

para o centro é actualmente, insostible, polo que estableceremos as seguintes medidas de

optimización de medios:

Page 19: XUSTIFICACIÓN...competencias básicas, e xere individuos autónomos, con espíritu crítico e comprometidos coa súa bisbarra, e coa idea de cidadanía global. 2. Incidir na coeducación

5.2.1. Atención prioritaria ás convocatorias de actividades establecidas nos

programas de cooperación territorial do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte

ou Xunta de Galicia, que supoñen un custo especialmente baixo para o centro e o

alumnado.

5.2.2. Búsqueda de iniciativas innovadoras que permitan aforro nas actividades fóra

do centro (en concreto integrarémonos no Programa Viaxes Solidarios, creado polo

IES As Telleiras de Narón, que facilita os intercambios entre redes de albergues e

rutas de aprendizaxe por Galicia)

5.2.3. Programación estable de actividades e saídas por etapas (1º ciclo ESO, 2º

ciclo ESO e Bacharelato), que faga rendible o uso do transporte e as reservas e

aloxamentos, entradas a museos, etc, ademáis de garantir un percorrido de

aprendizaxe coherente e adptado ás diferentes etapas académicas.

Cronoloxía: Todo o mandato, co estabelecemento definitivo do percorrido de saídas no 2013-2014.

5.3. Compromiso de contacto con entidades privadas.

Establecerase coa intención de poder subvencionar ou facilitar a organización de certames,

concursos ou actividades de visita. Xa temos algunha experiencia que pretendemos profundizar, coa

Fundación ENDESA, ou coa Asociación de Empresarios e Comerciantes de Viana (ACIVI).

Consolida tamén a idea central de abrir o centro á realidade social e económica da contorna.Por

suposto, toda colaboración con entidades privadas está supeditada a a coherencia de obxectivos co

Proxecto Educativo de Centro e a aprobación da colaboración por parte do Consello Escolar.

Cronoloxía: Todo o mandato.

Page 20: XUSTIFICACIÓN...competencias básicas, e xere individuos autónomos, con espíritu crítico e comprometidos coa súa bisbarra, e coa idea de cidadanía global. 2. Incidir na coeducación

ACTUACIÓNS VENCELLADAS AO OBXECTIVO 6

6.1. Expansión do centro á dimensión europea.

– Nos pasados anos académicos o IES Carlos Casares participou de xeito esporádico en

intercambios lingüísticos e culturais (co Instituto Checo-Español de Brno-Bystrc), e con

visitas de estudio de varios dos seus directivos no Programa Arion (hoxe Study Visits) do

Organismo Autónomo de Programas Educativos Europeos. A través dos múltiples

programas de colaboración (Escola Galega de Consumo, Rede de Centros Solidarios, etc)

trataremos de integrarnos durante este mandato nun Programa Comenius, en calquera dos

aspectos relevantes das liñas educativas do centro e chegarmos a algún outro intercambio

lingüístico ou cultural.

– Por outra banda, mantemos o compromiso de que algún dos membros do equipo directivo

participe (cando os prazos de carencia o permitan) nas convocatorias anuais de Visitas de

Estudio da Unión Europea e no Programa Pestalozzi do Consello de Europa.

– Finalmente, e analizadas as circunstancias da plantilla de profesorado estable do instituto,

temos un obxectivo claro: lograr que antes do remate do mandato o Instituto Carlos Casares

adquira o rango de IES Plurilingüe.

Cronoloxía: Todo o mandato, co estabelecemento definitivo do carácter plurilingüe duarante o

mesmo.

6.2. Incidencia nos Programas de Educación para o Desenvolvemento.

O traballo en Educación para o Desenvolvemento é unha seña de identidade definitiva na nosa

escola. O Irmanamento coa Unidad Educativa Timoteo Rondales a partires dunha práctica vivida de

cooperación nos aportou o Premio Vicente Ferrer en Educación para o Desenvolvemento, en

colaboración permanente coa Asociación Escuelas de la Tierra.

O reto para este mandato é afianzar este proxecto, non só na proxección externa e de intercambio

(no vindeiro curso 2013-2014, uha profesora e unha alumna boliviana realizarán unha estadía

formativa no noso centro), senón no aproveitamento curricular da experiencia, a partires da

aplicación sistemática no primeiro ciclo da ESO da unidade didáctica "Consumindo nun mundo

desigual".

Neste sentido, impulsaremos todavía máis o feito de que os certames propios do IES Carlos Casares

teñan un carácter internacional coa convocatoria aberta a UE Timoteo Rondales e ao resto de

escolas bolivianas irmanadas con centros galegos, en colaboración coa ONG "Escuelas de la

Tierra".

Page 21: XUSTIFICACIÓN...competencias básicas, e xere individuos autónomos, con espíritu crítico e comprometidos coa súa bisbarra, e coa idea de cidadanía global. 2. Incidir na coeducación

AVALIACIÓN

O cumprimento dos obxectivos do proxecto verase refrendado a partires da verificación dunha serie

de indicadores que plasmaremos nun epígrafe específico. Ese proceso de avaliación terá lugar ao

remate do curso escolar, e tendo en conta o nivel de progresión ou desenvolvemento para cada

actuación no plano cronolóxico.

A valoración positiva do 80% das actuacións en cada obxectivo sinalará este como logrado, e as

actuacións serán consideradas como realizadas se responden aos indicadores sinalados no epígrafe.

No último Consello Escolar e no último Claustro de cada curso, renderanse contas da avaliación e

estado global do Proxecto de Dirección, previamente á entrega a Inspección Educativa na Memoria

Final Anual.

Tras o fin do mandato, evidentemente farase unha avaliación completa do proxecto.

Page 22: XUSTIFICACIÓN...competencias básicas, e xere individuos autónomos, con espíritu crítico e comprometidos coa súa bisbarra, e coa idea de cidadanía global. 2. Incidir na coeducación

AVALIACIÓN DAS ACTUACIÓNS DESEÑADAS.

OBXECTIVO 1

Act. INDICADOR VERIFICACIÓN

1.1. Mantemento ou aumento das actividades no proxecto da

Senda da Convivencia (Desenvolvemento, Mediación,

Voluntariado, etc)

- Recoñecementos externos.

- Referencias en prensa

- Memoria anual

1.1. Aumento ou mantemento da participación no Plan

Proxecta, e ONG, s externas (Escuelas de la Tierra,

Axuda en Acción

- Memoria final.

- Publicacións externas.

1.1. Fortalecemento do traballo e inversión en Biblioteca e

Clube de Lectura.

- Memoria final e orzamentos.

1.1. Promoción das actividades de Teatro, Música e Práctica

Deportiva

- Memoria anual do DACE.

- Rexistro audiovisual

1.1. Cumplimento do novo deseño de Actividades

Complementarias e Extraescolares por etapas.

- Memoria final de curso.

1.2. Consolidación do plan de Educación para a Saúde e

Ambiental (Aforro enerxético, Plan de Limpeza, Datos

antropmétricos, actividades de coro e teatro)

- Memoria anual.

- Rexistro audiovisual.

- Comparativa de facturas.

- Memoria do Dpto. Ed. Física,

Bioloxía e Xeoloxía e

Orientación.

1.3.

Reforzo da atencion a diversidade, promocionando os

Contratos Programa e Quero Mais.

- Rexistro de entradas na aula

de Profesor de Apoio.

- Gráfica de resultados

académicos e evolución.

1.4. Mantemento dos resultados de titulación na ESO por

riba do 80 %

- Índice de titulación na ESO

1.5. Mantemento ou aumento da oferta e participación do

Profesorado en tarefas de Formación Permanente.

- Memoria de cada Grupo de

Traballo.

- Material producido.

1.5. Participación das familias en actividades formativas. - Memoria anual.

OBXECTIVO 2

Page 23: XUSTIFICACIÓN...competencias básicas, e xere individuos autónomos, con espíritu crítico e comprometidos coa súa bisbarra, e coa idea de cidadanía global. 2. Incidir na coeducación

Act. INDICADOR VERIFICACIÓN

2.1. Aprobación do novo RRI, con indicación expresa das

referencias a faltas que atenten contra a Igualdade entre

Mulleres e Homes.

- RRI

- Informe da Xefatura de

Estudos na Memoria anual.

2.2. Elaboración de material didáctico específico sobre

Coeducación, aplicable en 1º ESO

- Programación de Aula.

2.3 Desenvolvemento no currículo do papel de figuras

femininas relevantes

- Programación Departamentos

Didácticos.

2.3 Procura da paridade na relación de invitados e invitadas

a Actividades Complementarias e Extraescolares

- Memoria anual da DACE.

OBXECTIVO 3

Act. INDICADOR VERIFICACIÓN

3.1. Mantemento das reunións aco Claustro, Consello

Escolar, CCP, Xunta de Delegados e Directiva da ANPA

- Actas respectivas.

3.1. Mantemento ou aumento de presencia porcentaul nas

Reunións coas Familias.

- Informe do Dpto. Orientación.

3.1. Consolidación e sistematización das titorías telefónicas. - Informe do Xefe de Estudos e

do Dpto. de Orientación na

Memoria anual.

3.2. Disminución das Comisións de Convivencia e aumento

dos procesos de Resolución no Violenta de conflictos

(mediación escolar)

- Informe do Xefe de Estudos

do equipo de mediación, no

informe anual do Observatorio

da Convivencia na Memoria

anual.

- Informe do Dpto. Orientación.

Page 24: XUSTIFICACIÓN...competencias básicas, e xere individuos autónomos, con espíritu crítico e comprometidos coa súa bisbarra, e coa idea de cidadanía global. 2. Incidir na coeducación

3.3. Activación da participación das familias na vida

académica, formativa e de relación co Concello e

Administración.

- Convocatorias e actas, (se é o

caso)

- Enquisa valorativa do grao de

satisfacción.

OBXECTIVO 4

Act. INDICADOR VERIFICACIÓN

4.1. Redacción, aprobación e posta en marcha dun novo

Proxecto Educativo de Centro

- PEC

-Actas aprobación Claustro e

Consello Escolar

4.2. Reforzo da mediación escolar e disminucion da

conflictividade. (Coincide coa actuación 3.2)

-Memoria anual da Xefatura de

Estudos e informe anual do

Observatorio da Convivencia.

- Informe do Dpto. Orientación.

4.2. Aumento progresivo no grao de equidade dos resultados

académicos.

- Actas avaliación final, por

materias e competencias

básicas.

4.2 Aumento na participación en Actividades Extraescolares

e Voluntariado.

- Memoria anual da DACE.

- Memoria Rede Centros

Solidarios (Plan Proxecta)

- Memoria da entidade de

voluntariado IES Carlos

Casares, realizada polo equipo

de xestión indicado no Plan de

Participación e Voluntariado.

4.3. Mellora progresiva na competencia lingüística e

comunicativa.

- Actas avaliación. (Resultados

en linguas vehiculares e lingua

estranxeira)

4.3. Desenvolvemento do "pasaporte de lectura" - Programacións de

Departamento e Aula.

Page 25: XUSTIFICACIÓN...competencias básicas, e xere individuos autónomos, con espíritu crítico e comprometidos coa súa bisbarra, e coa idea de cidadanía global. 2. Incidir na coeducación

4.4. Aumento do número de voluntarios e voluntarias

Implicación do voluntariado veterano na xestión e

planificación do grupo

Aumento das opcións de traballo do voluntariado

Realización de traballos de grupo en determinadas

materias que impliquen participación cidadá.

- Memoria do grupo de

voluntariado

OBXECTIVO 5

Act. INDICADOR VERIFICACIÓN

5.1. Renovación do equipo de son e adecuación escénica da

Aula Magna Xesús R. Jares e melloras no Pavillón e

tellado.

- Facturas e memoria

orzamentaria e de gastos.

5.1. Racionalización de recursos TIC, baixo a coordinación

do Responsable de Novas Tecnoloxías

- Catalogación anual e

propostas de mellora.

5.1. Compromiso de xestión para mellora parada transporte

escolar.

- Rexistro oficial de xestións

coas Administracións públicas.

5.2. Participación en todas as convocatorias asumibles de

actividades extraescolares da administración estatal ou

autonómica.

- Copia rexistrada de proxecto.

- Memoria e notas de prensa (en

caso de concesión)

5.2. Racionalización e aforro nas Actividades Extraescolares. - Memoria económica anual.

5.3. Compromiso de colaboración con entidades privadas. - Rexistro oficial de xestións

con empresas e entidades e

aprobación do Consello

Escolar.

- Memoria anual do DACE.

OBXECTIVO 6

Act. INDICADOR VERIFICACIÓN

6.1. Aumento dos intercambios culturais ou lingüísticos con

centros estranxeiros. Participación nun Proxecto

Comenius.

- Copia rexistrada dos

proxectos.

- Memorias de estadía.

- Memoria anual do DACE.

Page 26: XUSTIFICACIÓN...competencias básicas, e xere individuos autónomos, con espíritu crítico e comprometidos coa súa bisbarra, e coa idea de cidadanía global. 2. Incidir na coeducación

6.1. Compromiso de participación do profesorado e equipo

directivo en Visitas de Estudio da UE e Consello de

Europa.

- Memoria individual.

- Actividades de difusión

(artigos, notas de prensa, etc)

6.1. Instauración do IES Carlos Casares como IES

Plurilingüe

- Nomeamento no DOG.

- Programa da materia bilingüe.

6.2. Aumento ou mantemento das actividades de Educación

para o Desenvolvemento.

- Memoria anual do DACE..

- Notas de prensa.

- Materias didácticos.

- Recoñecementos externos.

- Actividades conxuntas entre o

IES Carlos Casares e UE

Timoteo Rondales.