xinzo

10
XINZO Tania Caeiro (3ºA)

Upload: heladio-anxo-fernandez

Post on 24-May-2015

686 views

Category:

Technology


5 download

TRANSCRIPT

Page 1: Xinzo

XINZO

Tania Caeiro (3ºA)

Page 2: Xinzo

Isto é Xinzo dende o seu monte. Está situado uns quilómetros máis arriba de Cuntis, na estrada que vai a Cequeril. Pertence á parroquia de Sta. María de Cuntis. E unh aldea pequena e moi, moi silenciosa. A súa poboación está aenvelledica, hai unhas 50 persoas, das que35 son anciáns, 10 son adultos e tan só hai 5 rapaces. Cada vez hai máis casas deshabitadas. Os montes están moi descoidados, xa que a xente tira o lixo e os cascallos no monte.

A aldea de Xinzo

Page 3: Xinzo

O Castro Sebil ten 502 metros de altitude, din que pertence a Sebil, pero tamén está situado no monte de Xinzo. Agora chégase con moita facilidade xa que os veciños de Xinzo venderon a leña, como se pode ver na imaxe. Arriba de todo, as pedras son enormes, e dentro dunha delas sae unha pequena fonte aínda que a auga non é potable. Noutra pedra hai inscritos uns anos (1912-1956). Para chegar á cima hai que pasar por debaixo dunha pedra enorme. Unha lenda di que pasar por debaixo desa pedra trae moi boa sorte e que tantas veces como pases por debaixo dela, tantos fillos terás. Desde o cume hai unhas vistas espectaculares, ata se chegan a ver as Rías de Pontevedra e Arousa. Alí hai unha placa sinalando un ‘vértice geodésico’ a seu carón de forma cilíndrica.

Castro Sebil

Page 4: Xinzo

O rio Umia ao seu paso por Xinzo. Nesta imaxe non se ve moi ben pero é moito máis fermoso, aquí non ten moito fondo. Sempre hai moitos pescadores, e tamén persoas que veñen a bañarse polo verán. Eu non llo aconsellaria xa que hai moita serpes que, aínda que non son moi grandes, son realmente noxentas. Máis abaixo está a que lle chaman a Poza do Pego, chámanlle así porque ten moito fondo. Tamén din qu e antigamente cando ninguén quería un animal atábanlle unha pedra grande ó pescozo e o tiraban a auga para que afogase. Polo verán o rio Umia non ten moito caudal, pero polo inverno chega ata unhas brañas que hai un pouco máis para arriba.

Río Umia

Page 5: Xinzo

Ésta é a única piscina que hai

en Xinzo. Está un pouco

deteriorada xa que como agora

non hai rapaces ninguén se

baña alí, e non a coidan. Nunca

está sucia porque a súa auga

sempre está correndo, por iso

está tan fría. Antigamente non

era unha piscina senón un pilón

para beber as vacas.

Hai xente á que lle gusta beber

a auga tan fria e cóllea sempre

alí.

Non ten nin un metro de fondo.

Hai uns cantos anos os rapaces

andaban polo bordo a ver quen

caía antes.

A fonte-piscina

Page 6: Xinzo

Esta é a miña casa, non é moi grande pero é moi acolledora. É a máis alta de Xinzo. Foi contruída no 2002, ten moi boas vista e sobre todo encaixa moi ben no medio xa que non é moi grande nin moi pequena. Ten unha eira bastante ampla e un garaxe no que hai moitísima maquinaria do meu pai.

As casas

A casa que menos me gusta porque non encaixa co medio é esta. Non me gusta porque é moi grande, está a beira da estrada e porque non ten unhas vistas moi boas.

Page 7: Xinzo

Este hórreo construíse no ano 1930. Antigamente nel gardábase o millo, o centeo, e as veces ata as pacas para darlle de comer as vacas. Os seus donos tivérono sempre ben coidadiño. Hai uns meses cambiaronlle a porta xa que estaba moi deteriorada. Non se ve moi ben pero arriba, a esquerda, ten unha cruz cun Cristo e na outra ten unha bola. Este hórreo ten dous claros de millo, unha medida que tiñan antigamente. As portas están sempre ubicadas cara o norte, porque se meten millo ábrenas para que cure, porque din que o aire do norte cura o millo.

Os hórreos

O hórreo de abaixo é moi antigo, contruiuse no ano 1915. Os seus donos non viven na casa e por iso está tan descoidado. Este xa non ten nin a madeira nin a porta.. Case non se ve porque as silvas e as hedras estano cubrindo.

Page 8: Xinzo

En Xinzo só hai dous invernadoiros, un é este que ten tomates, leitugas, pementos e sobre todo moita remolacha. A remolacha úsana para comer e tamén para darlle ós puchos cando son pequenos.

Os invernadoiros

Page 9: Xinzo

Aquí é onde os poucos rapaces que hai en Xinzo esperámo o bus. Cando o meu pai era pequeno este caseto xa estaba alí, así que xa debe ter uns 40 anos ou máis. Ó ter tantos anos está un pouco deteriorado, chove máis dentro del que fóra. Tamén hai outro problema, que está a 200 metros de por onde pasa o autobús, e as veces cando chove temos que estar alí e o bús case non nos ve. Antes había escola en Xinzo pero xa hai moito anos que non se usa, e o edificio, por desgraza está abandonado

A parada do bus e a vella

escola

Page 10: Xinzo