xincana letras galegas 2011

17
1 A xincana componse de 10 probas, culturais, lúdicas e deportivas, que os alumnos e alumnas deben superar en equipos de 8 para rematala cunha actividade conxunta de todo o alumnado e profesorado de primaria. A finalidade é pasalo ben e desfrutar todos e todas cunha actividade cultural e lúdica tendo como protagonista a cultura galega en xeral, e a celebración do Día das Letras Galegas coa homenaxe a Lois Pereiro máis concretamente. Outro dos obxectivos que se perseguen é o traballo en grupo e a colaboración, xa que os equipos están integrados por membros das diferentes clases de cada nivel. A xincana estructúrase en tres niveis de complicación por idades polo que as probas que realizarán estarán adaptadas a tres graos de dificultade, segundo os ciclos: 1º Ciclo 2º Ciclo 3º Ciclo Os equipos estarán formados por 8 membros, dous por clase, polo que cada equipo contará con membros de catro aulas, sendo necesario o traballo en equipo, a toma de decisión de grupo etc… para resolvelas. Para favorecer a movilidade polas instalación e colaborar na localización dos lugares das probas, e non na resolución das mesmas, os grupos do 1º Ciclo contarán cun membro do 3º Ciclo, que denominaremos guía.

Upload: maria-hermes

Post on 14-Mar-2016

229 views

Category:

Documents


4 download

DESCRIPTION

PROBA CULTURAL E DEPORTIVA PARA CELEBRAR AS LETRAS GALEGAS

TRANSCRIPT

Page 1: XINCANA LETRAS GALEGAS 2011

1

A xincana componse de 10 probas, culturais, lúdicas e deportivas, que os alumnos e alumnas deben superar en equipos de 8 para rematala cunha

actividade conxunta de todo o alumnado e profesorado de primaria.

A finalidade é pasalo ben e desfrutar todos e todas cunha actividade cultural e lúdica tendo como protagonista a cultura galega en xeral, e a

celebración do Día das Letras Galegas coa homenaxe a Lois Pereiro máis concretamente. Outro dos obxectivos que se perseguen é o traballo en grupo e

a colaboración, xa que os equipos están integrados por membros das diferentes clases de cada nivel.

A xincana estructúrase en tres niveis de complicación por idades polo que as probas que realizarán estarán adaptadas a tres graos de dificultade,

segundo os ciclos:

1º Ciclo

2º Ciclo

3º Ciclo

Os equipos estarán formados por 8 membros, dous por clase, polo que cada equipo contará con membros de catro aulas, sendo necesario o

traballo en equipo, a toma de decisión de grupo etc… para resolvelas. Para favorecer a movilidade polas instalación e colaborar na localización dos lugares

das probas, e non na resolución das mesmas, os grupos do 1º Ciclo contarán cun membro do 3º Ciclo, que denominaremos guía.

Page 2: XINCANA LETRAS GALEGAS 2011

2

Resultan, polo tanto, 12 grupos no 1º ciclo, 12 grupos no 2º Ciclo e 9 grupos no 3º Ciclo. Os equipos serán distribuídos polos mestres e mestras

titores para que resulten o máis homoxéneos posibles.

A cada equipo asignaráselle o nome dun escritor galego que fose homenaxeado no día das letras galegas. Diferénciaranse os equipos en función de

dous criterios, que levarán á vista nunha pegatina:

-Por Ciclo: Código de formas

1º- Triángulos

2º- Rectángulos

3º- Círculos

-Por Equipos de cada Ciclo: Código de cores

Ademáis cada membro do grupo levará o nome do seu equipo, escritor homenaxeado no Día das Letras, nunha pegatina coa bandeira de Galicia.

O obxectivo, como en todas as xincanas, é resolver todas as probas no menor tempo posible e rematar facendo un puzzle coas 4 pezas que irán

recollendo nas probas 1, 4, 8 e 9. Dito puzzle encaixará á súa vez noutro máis grande que faremos entre todos os equipos participantes, no exterior do

colexio, formando o mapa de Galicia coa cara dos escritores homenaxeados algunha vez pola R.A.G. e que dan nome aos equipos.

Page 3: XINCANA LETRAS GALEGAS 2011

3

A xincana consta de dez probas, das cales 5 podemos denominalas culturais, xa que se resolven cos coñecementos que o alumnado posúe ( ou ten

acceso á información a través de diversas fontes- internet, biblioteca…-)de temas relacionados coa cultura galega e máis concretamante co día das Letras

Galegas e o homenaxeado neste ano: Lois Pereiro; 4 teñen un carácter lúdico-deportivo-cultural, xa que teñen como eixo principal os xogos tradicionais

galegos e 1 proba é musical.

Os diferentes grupos comezarán a xincana en distintas probas para evitar as aglomeracións nas mesmas estacións. Seguirase a seguinte orde:

1º Ciclo

2º Ciclo

3º Ciclo

1 4 8

2 5 9

3 6 10

4 7 1

5 8 2

6 9 3

7 10 4

8 1 5

9 2 6

10 3 7

Patio dianteiro Patio dianteiro Patio dianteiro

Page 4: XINCANA LETRAS GALEGAS 2011

4

Ao comezo da xincana os equipos comezarán de 4 en 4 (1º e 2º Ciclo) e de 3 en 3 (3º Ciclo) cada 5 minutos, para evitar así un

agolpamento inicial na 1ª estación de cada Ciclo. Tocarase o timbre para indicar o momento de incorporarse.

As probas, os mestres responsables delas e a localización da estación, son as seguintes:

Proba 1: Mensaxe cifrada Responsables: María Villanueva e Secho Ubicación da estación: Árbore Tere Carballo

Proba 2: Canastras Responsables: María e Carmen Ubicación da estación: Pavillón interior

Proba 3: Puzzle Lois Pereiro Responsables: Carmen Botana e Nieves Ubicación da estación: Porta entrada-filas

Proba 4: Dotes musicais Responsables: Aurora e Mariví Ubicación da estación: Aula de música

Proba 5: Encrucillados e Sopas de letras Responsables: Alberto e Mario Ubicación da estación: Aula de informática

Proba 6: Mariola Responsables: Paloma e Amparo Ubicación da estación: Patio pequeno E.I.-zona mariolas

Proba 7: Ra e aros Responsables: María José e Sinda Ubicación da estación: Patio pequeno E.I.-zona moreiras

Proba 8: Carné Lois Pereiro Responsables: Sindi e Maite Ubicación da estación: Biblioteca

Proba 9: Trabalinguas e adiviñas Responsables: Marisa e Amalia Ubicación da estación: Patio cuberto

Proba 10: Petanca Responsables: Berta e Luís Ubicación da estación: Corredor esxterior a carón do comedor

Proba Final: Elaboración do gran puzzle Probas nas que se consigue peza do puzzle

Page 5: XINCANA LETRAS GALEGAS 2011

5

A xincana parte do patio dianteiro ( +/- 11:15h) e comeza coa entrega da primeira pista, que lles indica a onde deben dirixirse:

Page 6: XINCANA LETRAS GALEGAS 2011

6

Despois en cada proba, e unha vez resolta os Mestres e mestras entregaranlle aos equipos a pista seguinte en forma de pareado cunha imaxe que

lles indicará, unha vez “resolta”, a onde se deben dirixir para atopar a seguinte proba. As pistas son as seguintes:

Page 7: XINCANA LETRAS GALEGAS 2011

7

Page 8: XINCANA LETRAS GALEGAS 2011

8

Page 9: XINCANA LETRAS GALEGAS 2011

9

Page 10: XINCANA LETRAS GALEGAS 2011

10

Page 11: XINCANA LETRAS GALEGAS 2011

11

Para que todo o alumnado poida participar e para favorecer a organización da actividade cada estación contará cun par de alumnos (voluntarios)

que colaborarán co profesorado e velarán polo bo desenvolvemento da xincana.

Page 12: XINCANA LETRAS GALEGAS 2011

12

O alumnado de Educacvión Infantil celebrará o día das letras galegas coa realización de xogos populares, organizados do seguinte xeito:

XOGOS

PROFESORAS

LUGAR

TEMPORALIZACIÓN

Mariola

Sara Cid

patio infantil

10 minutos

Xogos

Musicais

Pili Cid

patio infantil

10 minutos

Pano

Angela

patio infantil

10 minutos

O iglú

Sara fernández

patio infantil

10 minutos

Carreiras

Sabela

patio infantil

10 minutos

Aros e conos

Conchi

patio infantil

10 minutos

Page 13: XINCANA LETRAS GALEGAS 2011

13

Cada titora irá pasando cos seus alumnos-as por cada un dos xogos do circuito:

Xogo nº 1 : O IGLÚ Xogo nº 2 : A MARIOLA Xogo nº 3 : XOGOS MUSICAIS

Xogo nº 4 : CARREIRAS Xogo nº 5 : AROS E CONOS Xogo nº6 : PANO

Cada titora irá recorrendo o circuito acompañando ao seu grupo.

Isabel Caparrós, a coidadora, acompañará ao alumnado de E.I. que o precise.

Fina estará cos alumnos-as de Pili Cid.

Os nenos e nenas de 3 anos A empezarán o circuito polo xogo nº 1 e 3 anos B polo xogo nº2 , así irán avanzando ata o xogo nº6.

Os nenos e nenas de 4 anos A empezarán polo xogo nº3 e os nenos de 4 anos B polo xogo nº4, así ata completar o circuito.

Os nenos e nenas de 5 anos A empezarán o circuito polo xogo nº4 e os nenos de 5 anos B polo xogo nº6 e así ata rematar o circuito.

Page 14: XINCANA LETRAS GALEGAS 2011

14

DISTRIBUCIÓN DOS XOGOS NO PATIO DE INFANTIL

Page 15: XINCANA LETRAS GALEGAS 2011

15

Planning 13 de maio

9:00-10:30h Cada titor co seu grupo na aula

Repartiranse as pegatinas e o nome dos equipos polas aulas. Cada alumno pode poner o nome do seu escritor, e

polo tanto do seu equipo, na súa pegatina. AS PEGATINAS PEGARANAS AO SUBIR DO RECREO.

Os especialistas colaborarán para montar as estacións:

MÚSICA: Mariví e Aurora MARIOLA: Paloma e Ángela

MOREIRAS: Mª José e Sara Cid CANASTRAS: Carmen Baña

INFORMÁTICA: Conchi e Sabela PETANCA: Luís

10:30-11:00h RECREO

11:00h

Mario faise cargo dos dous grupos de 6º

Sinda faise cargo dos dous grupos de 2º

María faise cargo dos dous grupos de 1º

Marisa faise cargo dos dous grupos de 4º

María V. e Secho, e Maite e Sindi

van para as súas estacións, xa que

son por onde comenzan os

diferentes niveis.

Page 16: XINCANA LETRAS GALEGAS 2011

16

11:15h Pasarase polas aulas, entregando a cada equipo unha bolsa/sobre onde irán gardando a súa documentación, para

reunir aos membros dos equipos que comezan na primeira quenda.

1º CICLO 2º CICLO 3º CICLO

Rosalía de Castro Rafael Dieste F. Bouza Brey

Francisca Herrera Manuel Antonio V. Lamas Carvajal

María Mariño Vicente Viqueira Luís Amado Carballo

Eduardo Blanco Amor V. Ferro Couselo

11:20h Pasarase polas aulas para reunir aos membros dos equipos da 2ª quenda.

1º CICLO 2º CICLO 3º CICLO

Castelao Curros Enríquez López Cuevillas

Celso Emilio Ferreiro O Xocas Cunqueiro

Antonio Noriega Varela Pondal Luís Seoane

Leiras Pulpeiro Aquilino Iglesia AlVariño

11:25h Pasarase polas aulas para reunir aos membros dos equipos da 3ª quenda.

1º CICLO 2º CICLO 3º CICLO

Manuel Lugrís Ánxel Fole Ramón Piñeiro

Novoneyra Lorenzo Varela Vicente Risco

Otero Pedrayo Älvarez Blázquez Vilar Ponte

Avilés de Taramancos Luís Pimentel

Page 17: XINCANA LETRAS GALEGAS 2011

17

11:25h Os titores/as acompañarán ou mandarán aos alumnos/as colaboradores/as ás ESTACIÓNS correspondentes e

incorporaranse á súa.

Ás 11:30h sonará un timbre para uqe comece a 1ª quenda. Ás 11:35h outtro para a 2ª e ás 11:40h outro para a terceira.

Luís e Berta informarán aos equipos que ao remate da proba os equipos deben buscar aos Mestres que están no patio

dos coches para completar a XINCANA.