xeografía unidade 2 prácticas: comentario climogramas

4

Click here to load reader

Upload: david-barran-ferreiro

Post on 23-Jul-2015

140 views

Category:

Education


1 download

TRANSCRIPT

Page 1: Xeografía Unidade 2 Prácticas: Comentario Climogramas

Xeografía Prácticas comentadas Unidade 2

1

Cidade Real (mediterráneo continentalizado da submesetasur)

As precipitacións presentan un total anual (432,7) escaso (entre 800 e 300 mm) e unha distribución

irregular ao longo do ano: catro meses de seca en verán con precipitacións inferiores a 30 mm (desde

xuño a setembro), mínimo secundario en inverno (xaneiro) e máximos principais primavera (marzo) e

outono (decembro).

O total e o réxime de precipitacións, con marcada aridez estival, é característico do clima mediterráneo.

A temperatura media anual é 14,1 °C e a amplitude térmica alta (19,6 °C). O verán é caloroso (dous

meses con temperatura media igual ou superior a 22 °C) e o inverno frío, (a temperatura do mes máis

frío está entre 6 °C e –3 °C), aínda que non demasiado, dado que a media do mes máis frío atinxe os 5,5

°C. Estas características permiten supoñer que o clima presenta unha posición interior e non demasiado

setentrional na Península, dadas as temperaturas do verán.

A relación entre as temperaturas e as precipitacións mostra que existe aridez en catro meses, desde

xuño a setembro (cúmprese o índice de Gaussen), e a curva das temperaturas sitúase por encima da

barra das precipitacións. Polo tanto pódese considerar como un clima semiárido.

De acordo coa características analizadas, podemos concluír que se trata dun clima mediterráneo

continentalizado, situado na submeseta sur. O escaso volume de precipitacións está motivado pola

continentalidade, reforzada polo peche da zona entre relevos montañosos que fan que as precipi tacións

descarguen nas montañas periféricas. A seca en verán débese á influencia do anticiclón das Azores,

desprazado cara o norte en verán. As precipitacións de primavera e outono cadran co debilitamento dos

anticiclóns invernais e co desprazamento estaci onal do anticiclón das Azores cara o sur en outono, que

permite unha maior frecuencia de paso das borrascas atlánticas.

Este clima leva asociada unha vexetación de bosque perennifolio, maquis e garriga; ríos de caudal

escaso e irregular.

0102030405060708090100110120130140150

0

5

10

15

20

25

30

35

40

45

50

X F M A M X X A S O N D

Pre

cip

ita

cio

ne

s

Te

mp

era

tura

s

Page 2: Xeografía Unidade 2 Prácticas: Comentario Climogramas

Xeografía Prácticas comentadas Unidade 2

2

Temperatura media: 18,32

Total precipitacións: 497,8

Huelva (mediterráneo costeiro da costa suratlántica)

As precipitacións presentan un total anual (497,8) escaso (entre 800 e 300 mm) e unha distribución

irregular ao longo do ano: cinco meses de seca en verán con precipitacións inferiores a 30 mm (desde

maio a setembro), e máximo principal en inverno (xaneiro). Dadas as suaves temperaturas durante esta

estación as precipitacións caerán principalmente en forma de chuvi a. O total e o réxime de

precipitacións, marcado pola seca estival, é característico do clima mediterráneo.

A temperatura media anual é alta, (18,2 °C) e a amplitude térmica media (13,9 °C). O verán é caloroso

(catro meses con temperatura media igual ou superior a 22 °C, desde xuño a setembro) e o inverno

suave (a temperatura media do mes mais frío do inverno non baixa de 10 °C). Estas características

permiten supor que este clima ten unha posición próxima á costa meridional da Península.

A relación entre as temperaturas e as precipitacións mostra que existe aridez en seis meses, desde maio

a setembro (cúmprese o índice de Gaussen e a curva das temperaturas sitúase por encima da barra das

precipitacións). Polo tanto pode considerarse un clima semiárido.

De acordo coas características analizadas podemos concluír que se trata dun clima mediterráneo

costeiro. O máximo de precipitacións en inverno sitúao na costa suratlántica, mais afectada nesta época

polo paso das borrascas atlánticas, sobre todo polas formada s no SO peninsular e no golfo de Cádiz. A

seca no verán débese á influencia do anticiclón das Azores, desprazado cara o norte e á maior

frecuencia das adveccións de aire seco do norte de África.

Este clima leva asociada unha vexetación de bosque perennifol io de aciñeira ou alcornoque,

maquis e garriga; ríos de caudal escaso e irregular.

0102030405060708090100110120130140150

0

5

10

15

20

25

30

35

40

45

50

X F M A M X X A S O N D

Pre

cip

ita

cio

ne

s

Te

mp

era

tura

s

Page 3: Xeografía Unidade 2 Prácticas: Comentario Climogramas

Xeografía Prácticas comentadas Unidade 2

3

Temperatura media: 11,75

Total precipitacións: 411

Valladolid (mediterráneo continentalizado, subtipo submesetanorte e terras altas de Guadalajara,

Teruel e Cuenca)

As precipitacións presentan un total anual (411 mm) escaso (inferior a 800 mm) e unha distribución

irregular ao longo do ano: seca en verán (con tres meses que non chegan aos 30 mm de precipitación:

xullo, agosto e setembro), mínimo secundario en inverno (febreiro) e máximos en primavera (maio) e

outono (novembro). O total e o réxime de precipitacións é característico do clima mediterráneo.

A temperatura media anual é de 11,7 °C e a amplitude térmica alta (17,5 °C). O verán é fresco (ningún

mes con temperatura media igual ou superior a 22 °C) e o inverno frío (a temperatura media do mes

máis frío entre 6 °C e –3 °C). Estas características térmicas permiten supor que o clima ten unha posición

interior e setentrional na Península.

A relación entre as temperaturas e precipitacións mostra que existe aridez en 4 meses , polo que pode

considerarse semiárido.

De acordo coas características analizadas podemos concluír que se trata dun clima mediterráneo

continentalizado, situado na submeseta norte. O escaso volume anual de precipitacións débese á

continentalidade, reforzada polo pechamento da zona entre relevos montañosos, que fai que as

precipitacións descarguen sobre os relevos periféricos. A seca estival está motivada pola influencia do

anticiclón das Azores desprazado cara o norte en verán.As precipitacións de primavera e outono cadran

co desprazamento estacional do anticiclón das Azores, e débense ás borrascas atlánticasEste clima leva

asociada unha vexetación de bosque perennifolio e matorral mediterráneo (maquia, garriga), ríos con

caudal escaso e estiaxe en verán

http://elninodelospasil los.weebly.com/climogramas

0102030405060708090100110120130140150

0

5

10

15

20

25

30

35

40

45

50

X F M A M X X A S O N D

Pre

cip

ita

cio

ne

s

Te

mp

era

tura

s

Page 4: Xeografía Unidade 2 Prácticas: Comentario Climogramas

Xeografía Prácticas comentadas Unidade 2

4