xenia - igualdade.xunta.galigualdade.xunta.gal/sites/default/files/files/documentos/xenia2.pdf ·...

7
conxenia carreiras máis aló do xénero p.6 telexenia laboratorios da pobreza p.8 inxenia ciencia para cambiar o mundo p.2 xeneracción divirtete coa ciencia p.10 xenialidades tecnoloxía para o benestar humano p.4 xenia xenia MULLERES E CIENCIA NOVEMBRO 2008

Upload: dophuc

Post on 08-Nov-2018

213 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

conxeniacarreiras máis aló

do xénerop.6

telexenialaboratorios da pobreza

p.8

inxeniaciencia

para cambiar o mundo

p.2

xeneraccióndivirtete

coa ciencia p.10

xenialidadestecnoloxía

para o benestarhumano

p.4

xeniaxeniaMULLERES E CIENCIA

NOVEMBRO2008

Neste sentido tamén destaca a impli-

cación das mulleres na loita pola so-

beranía alimentaria, isto é, respectar o

medio e o dereito a alimentarse. A físi-

ca e filósofa india Vandana Shiva capi-

tanea unha rede de campesiñas e cam-

pesiños que actúa para salvagardar a ri-

queza da terra e os dereitos das cultiva-

doras, ante a escandalosa “biopirate-

ría” das multinacionais.

A aplicación da tecnoloxía aos cor-

pos femininos pola súa capacidade re-

produtora ao servizo do mercado; os

problemas derivados arredor da fecun-

dación in vitro; o uso das mulleres po-

bres por parte das empresas agroquí-

micas e farmacéuticas, como cobaias

para probar todo tipo de fármacos ou

a alta incidencia da SIDA na poboa-

ción feminina, déixannos ver a caren-

cia, ou a diminución da autonomía, na

capacidade de controlar o seu propio

corpo. Por iso, na IV Conferencia da

Muller en Beijing reclamouse a nece-

sidade de potenciación do papel da

muller, do seu empoderamento, sina-

lando xustamente a importancia da sa-

úde sexual e reprodutiva.

Hai outros temas que tamén debe-

rían ser vistos dende a óptica de xéne-

ro, como os relativos aos problemas

enerxéticos, ás contaminacións das

augas ou ás tecnoloxías alimentarias

(os tan polémicos transxénicos). Mais,

para iso, convidamos a ollaos e a ollar

a ciencia á luz que nos ofrecen as len-

tes da cor violeta; aquelas que nos axu-

dan a percibir as desigualdades que

aínda perduran e a loitar contra elas.

2

inxeniamulleres na ciencia

Ciencia paracambiar o mundo

As mulleres só posúeno 1% das propiedadesdo mundo e supoñen agran maioría, os dousterzos, das persoassen alfabetizar nonoso planeta. Estánausentes dos grandespostos de decisión que levan as rendaspolíticas e económicasdo planeta. Son a parte máis pobre da poboación e sofren,de modo especial,a agudización dasdesigualdades queestá a propiciar a globalización.Trátase dafeminización da pobreza.

XeniaEdita Unidade de Muller e Ciencia de GaliciaCoordinación Secretaría Xeral da IgualdadeSupervisión Belén Puñal Redacción Mª José FernándezSara Mª TrellesColaboraSaleta de Salvador AgraFotografía Eva DomínguezDeseño gráfico Lía Santana(Grupo Revisión)Depósito legal:C 1259-2008ISSN 1888-7198AgradecementosA todas as mulleres e homes que nos permitironparticipar da súa experienciaprofesional e persoal.Ás universidades galegas e ONGDs que nosproporcionaron os contactose informacións precisas para facer esta publicación.A todas as persoas que nos botaron unha man paraelaborar este novo número.

As mulleres están a liderar movementos críticos co sistema científicoimperante. Exemplo disto son as ecofeministas e a súa loita contra o desenvolvemento irrespectuoso co medio. En frontes diversas,moitas investigadoras traballan a prol dun mundo mellor.

“...a ciencia e a tecnoloxía incidendirectamente na vida das mulleres e poden contribuír a mellorala...”

Texto: Saleta de Salvador Agra

A ciencia, lonxe de ser obxectiva,

transparente, neutral e incluso

universal é unha construción so-

cial. A ollada crítica que nos proporcio-

na a perspectiva de xénero revélanos a

exclusión e a invisibilidade das mulle-

res nos laboratorios científicos. Dende a

matemática e astrónoma grega Hipatia

ata a física e química Marie Curie ou,

máis preto de nós, a asturiana Margari-

ta Salas, foron moitas as que contaron,

por ser mulleres, con menor recoñece-

mento que os seus colegas varóns de

bata branca. Na actualidade moitos

obstáculos foron removidos. Porén, aín-

da hai áreas e cuestións que seguen

demandando solucións. A ciencia e as

tecnoloxías inciden directamente na vida

das mulleres e poden contribuír a mello-

rala se implicamos o coñecemento na

loita contra aquelas problemáticas que

diminúen a súa calidade de vida ao lon-

go e ancho do planeta (dende o VIH,

aos problemas de auga ou ao desen-

volvemento insostible).

A economía industrial provocou un

desequilibrio económico entre as so-

ciedades desenvoltas tecnoloxicamen-

te e as sociedades sustentadas en eco-

nomías agrícolas non industriais. A si-

tuación actual das mulleres no chama-

do Terceiro Mundo é especialmente re-

levante. As políticas de mal desenvolve-

mento xeran unha cultura de destru-

ción que recae sobre os recursos na-

turais e, en particular, sobre as campe-

siñas. O seu traballo é, nestes países, o

principal sustentador da economía pri-

maria e familiar: subministradoras de

alimentos e de coidados.

A busca do máximo rendemento ao

menor custo posible leva ás multinacio-

nais dos países máis desenvolvidos a

utilizar todo tipo de produtos químicos,

o que resulta prexudicial para a terra

(monocultivos destrutores da biodiver-

sidade) e afecta en gran medida a man

de obra feminina, dada a división se-

xual do traballo. A corta indiscriminada

das empresas madeireiras está provo-

cando un proceso de desertización que,

en tanto encargadas de abastecer de

auga as súas familias, leva as mulleres

a ter que carrexala durante quilómetros

e quilómetros. A falta de auga potable e

moitas enfermidades dela derivadas tra-

dúcese en pobreza. Os dous terzos da

poboación que viven con menos dun

dólar ao día son mulleres.

Contra a lóxica das empresas ma-

deireiras, as mulleres rurais de Chipko,

nas montañas do Himalaia, abrazáron-

se ás árbores para que non arrasaran

cos bosques, coa auga e coa terra. En

Kenia, a premio Nobel da Paz, Wanga-

ri Maathai, conseguiu reunir, a prol do

desenvolvemento sustentable, un co-

pioso grupo de labregas para que plan-

taran árbores contra a erosión do chan.

As mulleres, ao estarenencargadas de abastecer de auga as súas familias,percorren a diario moitosquilómetros para conseguila.

A ollada crítica que nos proporcionaa perspectiva de xénero revélanos a exclusión e a invisibilización dasmulleres nos laboratorios científicos.

FOTO: ONG IMPLICADASFOTO: ONG IMPLICADAS

54

xenialidadesvidas de ciencia

Elena Hernández

Doutora en Informática

Verónica SantallaDoutora

enxeñeira deTelecomunicación

Tarsy Carballas

Licenciada en Química e doutora

en Farmacia

Elena HernándezElena Hernández é doutora en Informática. Está a traballar na mello-ra do diagnóstico da apnea a través dunha aplicación informática.Vostede que investiga a apnea, pódenos explicar que é e con que problemas se atopan na vida cotiá as persoas que sofren esta enfer-midade? Unha persoa sofre unha apnea cando deixa de res-pirar durante polo menos dez segundos mentres dorme. Fala-mos de síndrome cando os episodios de apnea se repiten du-rante o sono provocando frecuentes descensos da osixenacióne espertares transitorios, dando lugar a un sono interrompi-do, pouco reparador. As posibles complicacións derivadasdeste trastorno son múltiples. A somnolencia excesiva fai queestas persoas teñan máis accidentes de tráfico, que exista unmaior risco de accidentes laborais e incrementa, ademais, osriscos de enfermidades cardiovasculares.Como se diagnostica a síndrome de apnea do sono (SAS)? As perso-as que sofren SAS acoden á consulta médica dicindo quequedan durmidas en calquera lugar, que roncan moito duran-te toda a noite e que están sempre moi cansas. O persoal mé-dico entrevístase con elas para poder decidir se poderían su-frir SAS. Se sospeita que a persoa padece esta enfermidade,prescríbelle unha proba polisomnográfica, que é o estudo fun-damental para o diagnóstico dos trastornos respiratorios rela-cionados co sono. O polisomnograma consiste no rexistro si-multáneo dos sinais respiratorios (fluxo respiratorio, esforzotorácico e abdominal e saturación de osíxeno) e neurofisioló-xicos durante unha noite completa. Que vantaxes ofrece facer un diagnóstico coa vosa aplicación?A nosa aplicación informática, de nome SAMOA (Sistema Au-tomático de Monitoraxe de Apneas en Sono), ten como prin-cipal vantaxe o aforro en tempo á hora de analizar os resulta-dos da entrevista e o aforro de tempo tamén para revisar os da-tos obtidos polo polisomnograma.

Verónica Santalla é doutora enxeñeira de Telecomunicacións. As apli-cacións da súa investigación son moi diversas, dende a mellora dodiagnóstico do cancro de mama até a elaboración de mapas meteo-rolóxicos máis precisos.En que consiste a investigación que están facendo para mellorar o diagnóstico do cancro de mama? Estamos estudando a viabili-dade dun sistema de detección de tumores malignos na mamamediante o uso de microondas. O principal beneficio radica enque podería realizarse o exame de pacientes de risco elevadocon maior frecuencia que coa mamografía. A repetición demamografías pode producir danos biolóxicos dado que esta-mos a utilizar raios X. Ademais é un sistema sinxelo e de bai-xo custe, o que permitiría a xeneralización das probas inclusoen zonas e nacións con menos recursos.Como funciona o sistema? Os tumores malignos diferéncianse dotecido san en diversos parámetros eléctricos (a condutividade,a permitividade e a permeabilidade), de xeito que a propaga-ción das ondas nuns e noutros é moi distinta. Colocamos unhaserie de sensores ao redor da mama e a diferenza entre o sinalemitido e o recibido permítenos localizar o tumor, se o houbese.Vostedes están a traballar tamén en teledetección. Poderíanos falarda investigación que están a desenvolver neste eido? Por unha ban-da, traballamos na predición da pluviosidade e a identificación

do tipo de precipitación a partir dos datos obtidos por un radarmeteorolóxico situado nun satélite. Para obter estes datos, a an-tena do radar envía ondas cara á atmosfera. As diferenzas dascaracterísticas da onda emitida respecto á que se reciba daatmosfera dannos información sobre o que se atopou polo ca-miño (tipo de nube, se está chovendo, se é sarabia...). Cantasmáis ondas se emitan e dende máis puntos diferentes, máisinformación se obtén e polo tanto máis precisas serán as esti-macións que se fagan. Esta información serve, por exemplo,para elaborar mapas meteorolóxicos máis precisos. Cales son os beneficios sociais que derivan da investigación e o desenvolvemento das telecomunicacións? Son moitos. Podemospensar nos beneficios ambientais que nos reportan os satéli-tes de teledetección, nos beneficios para a saúde dos sistemasde imaxes médicas ou, simplemente, nos beneficios sociais damellora constante das comunicacións (telefonía, teleasistenciaa domicilio, os sistemas sen fíos...).

Tarsy Carballas é licenciada en Química e doutora en Farmacia. Dende1990 está traballando na prevención dos incendios forestais aplican-do un sistema experto, unha ferramenta informática que serve paraanalizar unha gran diversidade de datos de forma moi rápida e eficaz.Cales son os principais obxectivos da investigación que está levandoa cabo nos últimos anos respecto á predición de incendios? Xuntocon outros grupos de investigación coordinados pola douto-ra Paz Andrade da Universidade de Santiago de Compostela(USC), realizamos un sistema experto que contén un índicede perigo de incendios específico para Galicia, cuxo obxecti-vo é a predición, con catro días de antelación, das zonas deGalicia con perigo de incendios. O sistema contempla catro ni-veis de perigo –baixo, medio, alto e extremo– e informa danecesidade de reforzar o control e os medios de extinción,por se falla a vixilancia nestas zonas.Como repercutiron estes estudos na diminución da incidencia de incendios en Galicia? Poden ter gran repercusión na diminución donúmero de incendios forestais en Galicia. Porén, na práctica,esta repercusión depende do uso que as persoas responsa-bles da loita integral contra os incendios forestais fagan des-tas modernas ferramentas informáticas, de que as acepten ede que as utilicen, e tamén das súas actuacións en función daspredicións e de toda a información que lles proporcionan. Dende a súa experiencia, unha vida dedicada á ciencia, que lle diría a alguén que comeza? O mundo da ciencia e do coñecemento,ademais de importante, é apaixonante. Sexa cal sexa a elec-ción, en calquera área da ciencia, a investigación básica ouaplicada e a innovación producirán beneficios sociais e econó-micos para toda a sociedade. Segundo a miña experiencia,o camiño na miña época foi duro, moi duro. O estudo é perma-nente, a aprendizaxe doutras linguas vólvese necesaria, asestadías noutros países son moi convenientes etc., pero assatisfaccións de todas as etapas, dos coñecementos adquiri-dos, dos resultados acadados, dos problemas resoltos, daformación doutras persoas, das experiencias vividas aquí enoutros países son inmensas e os recordos inesquecibles.Merece e mereceu a pena dedicar a miña vida a esta nobreprofesión de investigadora científica.

Sabiades que unha enxeñeira deTelecomunicacións pode axudara curar o cancro de mama e queunha informática pode contribuíra mellorar a atención deenfermidades como a apnea?Non hai dúbida de que astecnoloxías están moi presentesna nosa vida cotiá, dende osmóbiles, aos PDA, IPOD, MP4 ou a Wii. Mais tamén, aínda que non nos sexa tan coñecido,a tecnoloxía é fundamental paraavanzar en ámbitos básicos para o benestar humano, como a nosa propia saúde e a do nosomedio. Mostraremos deseguido o traballo de tres investigadorasgalegas que poñen a tecnoloxíaao servizo do benestar social: a informática Elena Fernández,a enxeñeira de TelecomunicaciónVerónica Santalla e a químicaTarsy Carballas.

Tarsy Carballas

Verónica Santalla

5

A tecnoloxía máis humana

76

conxeniacarreiras máis aló do xénero

Enerxía e vitalidade é o que lle sobra a Francisco Rafael Ramos, Ico, e isto vese reflectido entodo o que fai. Amante da música, compaxina o seu traballo como mestre de primaria coa súafaceta máis artística que consiste en facer mover os pés a ritmo de cumbia galega, xunto cogrupo que lidera, O Sonoro Maxín.

Este mozo de conversa agradable séntese cómodo en ambas as facetas da súa vida, entregándoseás dúas por completo. Se o da música lle vén de familia (ao seu pai tamén se lle daba ben o de can-tar), o de dedicarse á ensinanza é totalmente vocacional. Cada unha destas actividades achégalle aIco algo diferente. A música sérvelle “a modo de terapia”, como un modo de “descargar, contar his-torias e facerlle chegar ao público os meus puntos de vista e sentimentos”, tal e como nos explica. Otraballo como mestre, por outra banda, permítelle realizar o seu desexo de contribuír nese proceso apai-xonante e complexo que é a educación dos meniños e das meniñas. Co fin de desenvolver o seu tra-ballo o mellor posible, aposta por coñecer as nais e os pais das súas alumnas e alumnos “para podertraballar en conxunto nun momento básico para a súa formación”.

A pesar de que hai poucos homes docentes en primaria (de feito, el é o único no seu centro), nonsó se atopa cómodo, senón que pensa “que con tantas mulleres os centros funcionan estupenda-mente”. O que si lle ten sucedido, por estar en minoría, é algunha que outra anécdota. Lembra con sim-patía, aínda que o episodio tamén dá para a reflexión, como, estando de reformas a escola na que eltraballaba con seis mulleres máis, o arquitecto sistematicamente se dirixía a el para aclarar dúbidas,ao que el lle contestaba “eu que sei, fale coa directora que é a que paga”. Para rematar con esta e ou-tras manifestacións da desigualdade e romper xa cos roles que nos oprimen como homes e mulleres,avoga por formar as alumnas e os alumnos en igualdade de xénero dende o principio, co fin “de rom-per os estereotipos que aínda se seguen observando nas aulas”.

Mais as anécdotas ao longo da súa polifacética vida non acaban aí, xa que non deixa de ser cu-rioso que os seu alumnado estivese especulando de que lle soaba a cara do mestre, para despois des-cubrir que saía cantando no Xabarín Club.

Embarcado nun novo proxecto musical co Sonoro Maxín e traballando de mestre, mira con ilu-sión o futuro, que se achega a ritmo de cumbia. A pesar de non ser amigo de dar consellos, tal ecomo el mesmo afirma, asegura que “o importante é facer o que un quere, sen ningún tipo de prexuí-zo, seguir o que che pide a túa cabeza e o teu corazón, sexas muller ou home”.

Sara Atán ReyCantante

e enxeñeira deTelecomunicación

Decidiu estudar enxeñería deTelecomunicación polo seu contacto e inclinación cara á música

Sara Atán Rey

Vidas dobres

Poderíase dicir que a música é a súa vida, xa que Sara Atán Rey desenvolve o seu día a díaarredor desta disciplina. Por unha banda, é a cantante do grupo Nadadora, unha formaciónque naceu da xuntanza dun grupo de persoas que compartían inquedanzas, ilusións e, comonon, discos. Por outra, estudou enxeñería de Telecomunicación coa especialidade en ima-

xe e son. Chegar a este punto non foi unha casualidade, senón algo “que fun buscando dende peque-na, cando me ilusionaba ao chegar un paquete de vinilos á miña casa”, asegura.

Cando tivo que decidir a que quería dedicarse no futuro, tíñao moi claro, tal e como ela mesmaexplica: “decidín estudar enxeñería de Telecomunicación precisamente polo meu contacto e incli-nación cara a música”. Ademais tiña un grande interese polas ciencias, que lle axudarían a entenderdunha maneira máis técnica aspectos tan interesantes da materia como “por que funciona unha te-levisión, cal é o motivo polo que unha sala sona mellor que outra durante un concerto ou de quexeito se deseña un pedal de distorsión”. Ao longo da súa etapa de estudante, esta moza, que apos-ta pola interdisciplinariedade, foi coñecendo outros aspectos da enxeñería e xurdiron para ela “no-vos temas que nunca pensaba que me puidesen interesar”. De feito, na actualidade, traballa como en-xeñeira de telecomunicacións no departamento de humanidades do CSIC.

Como en todas as carreiras vinculadas ás ciencias, o número de compañeiros de Sara sempre foimaior que o de compañeiras. Aínda que ela non percibiu ningunha diferenciación por causa do xéne-ro, matiza que, xa inserta no mundo laboral, “coñecín casos de mulleres que si se viron prexudicadaspola súa condición, mais tamén hai outros casos nos que en certos equipos de traballo ou postos deresponsabilidade prefiren unha actitude feminina máis que masculina”.

A súa traxectoria artística comezou no segundo ano de universidade e, tras varios anos de evo-lución, Nadadora conseguiu atopar un son e un estilo propios, o que para esta amante da música su-pón “ter acadado un cachiño de ceo”.

Como era de esperar, de cara ao futuro, Sara non pensa renunciar a ningunha das dúas facetas,que compatibiliza á perfección, aínda que lle supoña ter que investir a maior parte do seu tempo deocio nos ensaios: “Hai quen decide xogar ao fútbol, hai quen prefire ir ao cine e outras persoas,como é o meu caso e o do resto do grupo, queremos empregar o noso tempo libre en tocar e ensaiar.En definitiva, trátase de darlle prioridade ao que é importante na túa vida”, explica.

Ico,Francisco

Rafael RamosCantante e mestre

de primaria

Avoga por formaralumnas e alumnos en igualdade de xénerodesde o principio,co fin de romper

estereotiposIco

A simple vista son moi diferentes. Porén, Francisco Rafael Ramos (Ico) e Sara Atán Rey teñen moitas cousas en común: conseguiron facerse un oco nos escenarios musicais e, ademais, tanto ela coma el teñen unhavida paralela: combinan a súa faceta artística co exercicio doutra profesiónsen ter en conta estereotipos de xénero, só o ditado das súas vocacións.

Grupo musical: Nadadora

Grupo musical: O Sonoro Maxín

98

telexeniainvestigadoras no extranxeiro

S e miramos ao noso arredor, daré-monos conta das grandes dife-renzas que existen entre uns paí-

ses e outros. Dende o punto de vistacultural poden resultar moi intere-santes, non obstante moitasveces estas diferenzasvan unidas a outrotipo de desigualda-des, as econó-micas, que son as responsa-bles de que enmoitos dos lu-gares que senos presen-tan como cu-riosos e exó-ticos a xenteviva en condi-cións de gran mi-seria. Neste con-texto, as mulleres eas nenas resultan ser asmáis desfavorecidas: cons-titúen o 70 por cento da poboa-ción que vive na pobreza, represen-tan dous terzos das persoas analfabetase, pola súa condición de xénero, teñenlimitado o aceso á educación, á saúde ea outros servizos sociais básicos.

IndiaUn bo exemplo é o caso da India. Ma-lia que o país creceu en produto interiorbruto en épocas recentes, non existeunha distribución equitativa deses in-gresos entre a poboación e a pobrezasegue a ser un dos seus principias pro-blemas. Ademais produciuse no paísun crecemento capitalista sen control,que supuxo a aparición dunha clasemedia altamente consumista capaz dexerar situacións de gran risco ambien-tal. Nestas condicións a ciencia tenunha grande importancia, sendo a so-ciedade hindú unha gran potencia eneidos como o das tecnoloxías da co-municación ou a medicina.

A pesar das dificultades das mu-lleres da India para acceder a unha ca-rreira científica, as investigadoras fe-

ministas estána ter un

papeldestacado.

María Reimóndez, presidenta da ONGImplicadas, que traballa pola erradica-ción da discriminación de xénero paraacabar coa pobreza neste país, expli-ca que as investigadoras feministas “de-senvolveron teorías e prácticas de me-

dicina que teñen en conta ás mulleres eson críticas coas formas en que o pa-triarcado trata temas como a maternida-de ou aspectos da saúde reprodutiva”.

India é, así mesmo, lugar de refe-rencia na corrente do ecofeminismo oufeminismo ecoloxista, que analiza deforma crítica o desenvolvemento capi-

talista e a industrialización feita á con-ta da natureza. A representante

máis coñecida desta corrente é acientífica Vandana Shiva pero haimáis teóricas, como Bina Agar-wal ou Maria Mies.

ChinaOutro exemplo do que estamosa falar é China, un país que, ma-

lia o seu enorme crecemento nasúltimas décadas, segue a estar en

vías de desenvolvemento e se en-fronta a diversos problemas como a

polución, a corrupción, as desigualda-des e os desequilibrios territoriais. Xun-to a estas dificultades que ten que enca-rar a sociedade en xeral, aparecen outrasque lles afectan unicamente ás mulle-res, menos valoradas que os homes. Xu-lio Ríos, director do IGADI e do Observa-torio da Política Chinesa, explica estasituación en termos culturais e socioeco-nómicos. En primeiro lugar, subliña que“os nenos son preferidos ás nenas por-

En calquera sociedade do mundo as mulleres, na súa andadura vital, teñen que superar un maior número de obstáculos que os homes. A pesar das dificultades, están a ser en moitos casos as promotoras do cambio cara a unha sociedade máis xusta e igualitaria.

Laboratorios da pobreza que estas, cando casan, asumen comoobriga o coidado da sogra e do sogro enon do seu propio pai e da súa propianai, e a forza de traballo masculina, nocampo, valórase máis”. Culturalmente, dique “o pensamento confuciano, quedesprezou sempre a muller, pesa aíndana comunidade chinesa”, o que explicao elevado número de abortos cando asparellas saben o sexo do feto e, conse-guintemente, a elevada desproporciónentre sexos en moitas provincias. Talgrao de discriminación, explica XulioRíos, podería explicar tamén o elevadoíndice de suicidios das mulleres.

A situación de desigualdade susten-tada por ideoloxías pasadas tamén seve reflectida no eido científico: aíndaque a muller está totalmente incorpo-rada á universidade e aos centros deinvestigación e participa activamentenos intercambios co exterior, os postoscon maior relevancia e poder de deci-sión están ocupados por homes. Lonxede valorar as capacidades persoais, osexo marca as posicións, a pesar daimportancia que a ciencia ten neste paíspara encarar os principais problemascos que conta na actualidade ou, comoexplica Xulio Ríos, “para que China dei-xe de ser o taller do mundo, onde asmultinacionais producen de todo a bai-xo prezo, para converterse nunha po-tencia tecnolóxica de primeiro nivel”.

Mais, aínda que as mulleres se ato-pan con moitas dificultades para des-tacar no ámbito científico, convén nonesquecer nomes tan destacados comoLi Fanghua, que recibiu un dos premiosLóreal Unesco de 2003, o denominadoPremio Nobel en Ciencia para as Mu-lleres de Todo o Mundo, e que servecomo exemplo e estímulo para as súascolegas que están a desenvolver o seutraballo nun eido masculinizado.

EtiopíaA nosa última parada será en África;máis concretamente en Etiopía, un dospaíses máis pobres do mundo, comoindica o feito de que adoite estar nosúltimos postos do Índice de Desenvolve-mento Humano das Nacións Unidas.Aquí a pobreza afecta as mulleres dun-ha forma manifesta: para elas son meno-res as posibilidades dunha vida digna,pois limítaselles o seu acceso á educa-

ción, aos recursos económicos e a súacapacidade de decisión. Isto é funda-mental, por exemplo, na transmisión deenfermidades como a SIDA, porque asmulleres non poden decidir se manterou non relacións sexuais cos seus ho-mes sen protección, cando saben queestes teñen outras relacións fóra do ma-trimonio. Igualmente a violencia sexual ede xénero alcanza niveis moi elevadosno país (1 de cada 4 mulleres é violada)e o 80% das mulleres son mutiladas.

A ciencia en Etiopía está pouco de-

senvolvida polos problemas económi-cos do sistema universitario en xeral,polo que non é preciso dicir que a pre-senza das mulleres neste ámbito e casenula. As liñas de investigación existen-tes están vinculadas principalmente áagricultura e a súa finalidade é tentarmellorar as condicións de vida dos mi-llóns de persoas que viven nese país.Non obstante, paradoxalmente, tal ecomo apunta María Reimóndez, “o de-senvolvemento das ciencias agrícolase da tecnoloxía tivo como consecuenciaefectos moi negativos para as mulle-res”. Por exemplo, algunhas activida-des que antes estaban nas mans dasmulleres, como moer o gran, coa me-canización pasaron a mans dos homese, ao constituírse nunha actividade co-mercial, agora pagan pola fariña queantes elas mesmas producían. Paracambiar esta situación, explica a presi-denta de Implicadas, “habería que teren conta un enfoque de xénero no de-senvolvemento da ciencia e a tecnolo-xía, como defenden as feministas, é di-cir, ter en conta os coñecementos dasmulleres e a súa situación social de po-der con respecto aos homes”.

Nun mundo no que as diferenzasentre ricos e pobres cada vez son máispronunciadas, as mulleres seguen a vi-vir nas peores condicións, sendo priva-das de educación, sanidade e dereitos.Mais hai mulleres que non se deixan in-timidar por este tipo de inxustizas e em-pregan, entre outros moitos recursos, aciencia para tentar acadar unha socie-dade máis xusta, na que todas as per-soas sexan valoradas de igual xeito.

ETIOPÍA Mulleres HomesTaxa de alfabetización (maiores de 15 anos) 22% 50%Ingresos en dólares 796 1.316Taxa de matrícula en educación primaria, secundaria e terciaria 36% 48%Esperanza de vida 53,1 anos 50,5 anosÍNDICE DE DESENVOLVEMENTO HUMANO RELATIVO AO XÉNERO 0,393

CHINA Mulleres HomesTaxa de alfabetización (maiores de 15 anos) 86% 95,1%Ingresos en dólares 5.220 8.213Taxa de matrícula en educación primaria, secundaria e terciaria 69% 70%Esperanza de vida 74,3 anos 71 anosÍNDICE DE DESENVOLVEMETO HUMANO RELATIVO AO XÉNERO 0,776

INDIA Mulleres HomesTaxa de alfabetización (maiores de 15 anos) 47,8% 73,4%Ingresos en dólares 1.620 5.194Taxa de matrícula en educación primaria, secundaria e terciaria 60% 68%Esperanza de vida 65,3 anos 62,3 anosÍNDICE DE DESENVOLVEMENTO HUMANO RELATIVO AO XÉNERO 0,6

ESPAÑA Mulleres HomesTaxa de alfabetización (maiores de 15 anos) 97,02% 98,68%Ingresos en dólares $18.335 $36.324Taxa de matrícula en educación primaria, secundaria e terciaria 100% 95%Esperanza de vida 83,8 anos 77,2 anosÍNDICE DE DESENVOLVEMENTO HUMANO RELATIVO AO XÉNERO 0,944

*O Índice de Desenvolvemento Humano relativo ao Xénero calcúlase a partir dos indicadores referidos nos cadros (esperanza de vida, educación e ingresos).*Todos os datos están referidos ao 2005, agás o relativo á taxa de alfabetización de China, Etiopía e India, calculado a partir do período 1995-2005.*Fonte: ONU e elaboración propia a partir do INE, para o cálculo da taxa de alfabetización adulta en España.

“...o pensamento confuciano,que desprezou sempre a muller,

pesa aínda na comunidade chinesa...”

Etio

pía

Indi

aCh

ina FOTO:VIRGINIA CASADO

FOTO:ONG IMPLICADAS

FOTO: VIRGINIA CASADOFOTO:ONG IM

PLICADAS

Xulio Ríos

1110

DEFINICIÓNSA Peixe mariño de cor gris clara, de ata un metrode lonxitude, con dúas aletas moi longas, unha no lombo e outra na parte inferior. Moi apreciado pola súa carne. B Chámase así á especialidade da química que ten como finalidade o coñecemento dacomposición química dun material ou mostra,mediante diferentes métodos. Nesta rama daquímica intégrase a investigación do grupo queformou profesora da Universidade da Coruña,Dolores Ester Fernández, e que fixo o seguemento da contaminación do verquido do Mar Exeo e do Prestige.C Elemento químico cuxo símbolo é Zn.D Falla ou suspensión da respiración. A investigadora da Universidade da Coruña, a doutora Elena Hernández, está a estudar unha patoloxía derivada desta interrupción da respiración durante o sono. E Textos xornalísticos que divulgan feitosrecentemente ocorridos.F Abreviatura do ácido desoxirribonucleico (en inglés).G Que ocorreu ou foi feito hai moi pouco tempo.H Conxunto de árbores dun lugar. I Pesticida organoclorado cuxo nome científico é Dicloro-difenil-tricloroetano. A autora do libroPrimavera Silenciosa, Rachel Carson, expón os perigos ecolóxicos derivados da utilización deste composto.J Siglas de Empresa Individual de Responsabilidade Limitada.

O astrolabio utilizouse paracoñecer a posición das estrelas

sobre a bóveda terrestre,calcular a hora do día e comoinstrumento de navegación.

En Europa chegou a ser de usoimprescindible na astronomía,astroloxía e agrimensura ata

o século XVII e, no mundoárabe, o seu uso prolongouse

ata o século XIX

astrolabioComo se fai a montaxe básica do astrolabio?

3. ElaboraciónPinta no soporte unha liña a 5 mm do bordo da base. Na liña que debuxaches farás tres buracos. Un buraco no centro, que é onde colgarás o chumbo. Os outros dous,perfóraos a 1 cm de cada un dos bordos verticais. Estes buracos serviranche para suxeitar o tubo ao soporte.Coloca o transportador na liña que marcaches, de modo que os ángulos de 0 a 180º do transportador queden sobreela e facendo coincidir o centro (90º) coa metade do soporte.

4. DecoraciónElixe a decoración que máis che guste. Nós optamos polorepuxado do estano para facelo máis vistoso.

5. MontaxeColga o chumbo do buraco que fixeches no soporte,coincidindo co centro do transportador. Por último, ata o tubo pasando unha corda polos buracos que fixeches no paso anterior.

6. UtilizaciónPara determinar a latitude do lugar onde vives, tes que buscar na noite a Estrela Polar. A elevacióndesta estrela coincidirá coa latitude que buscas.

1. Esquema básico do astrolabioConsiste nun soporte sobre o que vai pegado oudebuxado un transportador de 180º. A este soporteúnese un tubo cunhas cordiñas. Este tubo servirá paraenfocar os obxectos. Xusto do centro do transportadorirá pendurado o peso, que nos sinalará a dirección dagravidade (centro da terra).

2. Material que se precisa Un soporte de madeira ou cartolina / Un tubiño / Un chumbo de pesca / Unha corda para atar o chumbo e o tubo ao soporte / Un berbequí para facer buracos / Un transportador de 180º / Un lapis.

xeneracciónciencia ao teu carón

1

3

4

6

A 5 45 11 21 42 23

B 38 8 19 43 9 31 2 16

C 10 22 39

D 24 41 13 3

E 35 27 12 36

F 29 18

G 28 30 40 33 14 26

H 7 17 44 15 1 34 32

I 6 4

J 37 25 20

Pensade uns segundos en nomes de científicas relevantes da historia.Quen vos vén a cabeza? Ei, non vale só Marie Curie! A ciencia conta coas achegasde destacadas investigadoras, só que non é habitual velas nos libros de textos. Invitámosvosnesta sección a coñecelas,a elas e o que fixeron. Convi-dámosvos tamén a facer ovoso propio astrolabio, in-ventado por Hipatia de Ale-xandría, e a indagar no traba-llo dunha destacada científicagalega, para o que deberedes resol-ver o criptograma que vos propoñemos.

Divirtete coa ciencia

Descobre a investigadora galega

oculta neste criptograma.Nos recadros de corlaranxa atoparedes os seus apelidos e

na espiral coñeceredes o que fai

criptograma

1

23

4

5

6

7

8

9

101112

13

14

15

16

17

18

19

2021 22

23

24

25

26

27

28

29

30

31

32

33

34

353637

38

39

40

41

42

43

44

45

O coñecemento é un ben común que pode contribuír enormemente a

mellorar a vida cotiá de mulleres e homes.Este novo número de Xenia

quere achegarvos os saberes das mulleres e as posibilidades de transformar o mundo

que estas teñen dende as súas comunidades.Tamén vos propoñemos medir os avances sociais deste século vinculando a innovación científica coa realización plena do principio de igualdade

entre as persoas e os pobos.Agardamos que vos siga interesando

descubrir o mundo da ciencia e a tecnoloxía en feminino.

Carme AdánPresidenta da Unidade de Muller e Ciencia

[email protected]