vista xeral de vilanova dos infantes antes da restauración da … · 2019-07-31 · vista xeral de...

6
Vista xeral de Vilanova dos Infantes antes da restauración da torre. ANTONIO PIÑEIRO FEIJÓO 1960. Funcionario do Concello de Celano- va dende o ano 1987, leva dez anos desempeñando funcións de encar- gado do departamento de Cultura deste Concello. Dende o ano 1985 ten colaborado en diversos medios de comunicación, mantendo unha relación case ininte- rrompida co diario La Región de Ourense, no que desempeñou o labor de delegado das comarcas de Celanova e a Baixa Limia ata este mesmo ano. Dende 1993 colabora neste mesmo xornal con artigos de opinión sobre a actualidade diaria do acontecer social da provincia de Ourense e de Galicia. Premio de xornalismo da Festa do Pulpo do Carballiño no ano 1992. Premio de xornalismo Xosé Aurelio Carracedo 1997. Ten publicado varios monográficos sobre aspectos da historia de Cela- nova, coma os "140 anos de Historia da Banda de Música municipal de Celanova" e outros. Acaba de editar un estudio biográfi- co sobre Xosé Velo Mosquera, o ide- ólogo da Toma do Transatlántico “San- tamaría”.

Upload: others

Post on 17-Jul-2020

2 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: Vista xeral de Vilanova dos Infantes antes da restauración da … · 2019-07-31 · Vista xeral de Vilanova dos Infantes antes da restauración da torre. ANTONIO PIÑEIRO FEIJÓO

Vista xeral de Vilanova dos Infantes antes da restauración da torre.

ANTONIO PIÑEIRO FEIJÓO

1960.

Funcionario do Concello de Celano-

va dende o ano 1987, leva dez anos

desempeñando funcións de encar-

gado do departamento de Cultura

deste Concello.

Dende o ano 1985 ten colaborado en

diversos medios de comunicación,

mantendo unha relación case ininte-

rrompida co diario La Región de

Ourense, no que desempeñou o

labor de delegado das comarcas de

Celanova e a Baixa Limia ata este

mesmo ano.

Dende 1993 colabora neste mesmo

xornal con artigos de opinión sobre

a actualidade diaria do acontecer

social da provincia de Ourense e de

Galicia.

Premio de xornalismo da Festa do

Pulpo do Carballiño no ano 1992.

Premio de xornalismo Xosé Aurelio

Carracedo 1997.

Ten publicado varios monográficos

sobre aspectos da historia de Cela-

nova, coma os "140 anos de Historia

da Banda de Música municipal de

Celanova" e outros.

Acaba de editar un estudio biográfi-

co sobre Xosé Velo Mosquera, o ide-

ólogo da Toma do Transatlántico “San-

tamaría”.

Page 2: Vista xeral de Vilanova dos Infantes antes da restauración da … · 2019-07-31 · Vista xeral de Vilanova dos Infantes antes da restauración da torre. ANTONIO PIÑEIRO FEIJÓO

65~

VILANOVA,A HISTORIA NUNHA ESENCIA

Antonio Piñeiro

MUSEOS

GA

LEG

OS

MUSEOS

GA

LEG

OS

Deste val no medio e medio,

entre edras e musgo envoltas,

ergue as torres un castelo,

feito alá n’eras remotas

de pedra de sillería,

cáseque co tempo roxa.

Coma este antigo edificio,

outro non hai según contan,

pois diz que foi levantado

por unha princesa moura,

déndesde a posta do sol

hasta a saída da aurora.

M.C.E. (A virxe do Cristal)ábase Celanova de ter unhahistoria concentrada en tresvértices cronolóxicos, que son

os puntos do máximo alicerce pla-nimétrico. O mundo prehistórico deCastromao alá no alto. Vilanovados Infantes e os tempos da IdadeMedia a unha carreiriña dun can.E no medio Celanova, longa eestreita coma unha cobra e coma apropia história que nos tres intresela mesmo representa. GábaseCelanova de ser historia mesma. Deser Idade de Bronce, de ser Roma-nización, de ser Medioevo, de serContemporaneidade e de ser Rexur-dimento. E todo elo, coma nun fras-co, coma en esencia nunha fermo-sa botella “de pedra de sillería”,amósase hoxe ó visitante na torrede Vilanova, patria solar –comodixo Curros- de don Xácome Maz-careñas.

GAcceso á exposición, coa porta remachada de ferro na entrada.

Page 3: Vista xeral de Vilanova dos Infantes antes da restauración da … · 2019-07-31 · Vista xeral de Vilanova dos Infantes antes da restauración da torre. ANTONIO PIÑEIRO FEIJÓO

66~

Alí, pois, “onde máis tépedo é ovento, que a terra galega azouta”,onde o visitante palpa o latexar docorazón medieval de Vilanova dosInfantes, abriu hai uns meses a Fun-dación Terra de Celanova unha fer-mosa exposición que concentra aesencia da historia desta terra fron-teiriza e que ven paga unha visitarematada cun xantar ou unha ceano restaurante da vila.

Vexamos, pois, qué se pode atoparnese corpo prismático ergueito egabacho que un día construíra o

“señor de catorce vilas” para queagora sexamos quen de disfrutartodos nun paseo medido.

Iniciaremos a visita evidentementepolo pobo, ó que aínda se podeentrar co coche, aínda que eu reco-mendaría de paseo para poder des-cubrir algúns recantos propios dou-tros tempos, pois malia que os azosmodernizadores fixeron moitas fal-catruadas noutrora, afortunada-mente o conxunto conserva eseambiente encantado dun núcleorural cáseque único na provincia.Algúns escudos dos Feijóo e dosAraújo, fermosas arcadas depedra, máis dun corredor preciso eunha vella ara romana adicada ósdeuses “gumelaecos” no fondallodunha fachada da praza Maior,serán detalles que corre o perigode perder aquel que decida subiren coche.

Logo da praza Maior veremos a doRecreo, onde San Sebastián e San

Roque saúdan cada 15 de setembroá virxe do Cristal e lle fan reveren-cia no “Encontro” acompañados dadanza gremial dos zapateiros, asícomo o pilón do Cucufate, recollen-do as augas dun litixio e a memoriaescrita dunha morte acontecida pormor dos rigores festivos da celebra-ción inaugural. E xa como antesalaaberta, a praza do Balcón e o queoutrora fora Hospital, fronte á casade Méndez Ferrín e fronte ó propiocentro comarcal, que nos saudaráen fermosa benvida.

A subida do castelo será o tramofinal exterior, antes de encarar asescaleiras e comprobar cómo ata oano 1926 o ergueito prisma dosZúñiga, dos Condes de Lemos e dosseñores de Monterrei, tamén foiConsistorial cando Vilanova dosInfantes era un máis dos concellosda provincia.

Tal vez haxa que parar a miradaaquí para ver o que non pode nindebe entrar nun proxecto culturalcomo Vilanova dos Infantes. Estou afalar da obra de ampliación dunhavivenda, xusto a carón da entradada torre -hoxe paralizada e conexpediente de derrubo por parte doConcello–, que despois de subirlleo volume matou dunha asentada afermosa mirada que antes habíacara o fermoso val de Bobadela,deixando en sustitución unha ocre evermelliza cor de tellas.

Pero deixemos á Administración tra-ballar e adentrémonos na “botella”,na esencia museolóxica da historiadas Terras de Celanova, logo detraspasar a grosa porta de ferroque a restauración conservou conmoi atinado criterio.

Soto da torre. Consérva os alicer-ces da antiga construcción. Estefoi o lugar elixido para a proxec-ción do diaporama sobre os perso-eiros das Terras de Celanova.

Documento dos veciños de Tradoprotestándolle ó Rei Carlos IV dosabusos dos cobradores de impostos eoutros funcionarios reais.

Page 4: Vista xeral de Vilanova dos Infantes antes da restauración da … · 2019-07-31 · Vista xeral de Vilanova dos Infantes antes da restauración da torre. ANTONIO PIÑEIRO FEIJÓO

67~

Toparémonos aquí cunha visión xeo-gráfica xeral da comarca e cunhaampla maqueta a través da cal aguía nos explicará onde agacha aTerra de Celanova –coma a propiaprincesa moura da torre– as súas tra-bes de ouro e de alquitrán –é dicir,os tesouros– da comarca, así comooutros moitos datos de cada un dosdez concellos que a conforman.

Se a máquina está nese intre a tra-ballar, algúns ecos chegarán ósnosos oídos, con voz grave e sono-ra, procedentes dun diaporamainformático situado con intelixentesolución constructiva nos alicercesmesmos do castelo –onde ademaisde saber que denates de que osIrmandiños fixeran xustiza popularhoubo inzada outra torre– taménteremos a oportunidade de coñecer,baixo o título de “O berce do meucanto”, algúns salientables aspec-tos biográficos dos principais per-soeiros das Terras de Celanova.

Son os Rosendo Guterres -o funda-dor-, Catellá Ferrer -o historiador doApóstol compostelano-, Curros Enrí-quez -o poeta civil-, Castor Elices -o tenro cantor-, Celso Emilio Ferrei-ro -o home da longa noite-, CarlosVelo -o cineasta-, e Pepe Velo -o loi-tador do soño ibérico-. E a xeito decolofón Xosé Luis Méndez Ferrín, omáximo expoñente actual das letras

galegas, como herdeiro directo detoda a sabiduría que uns e outros lleforon legando ó longo da historiaescrita.

Introducidos xa na esencia, agoraestamos preparados para subir edar un salto tan longo coma o quea lenda di que deu a pedra funda-dora de San Rosendo, aquela quedende “o monte Leboreiro” sinalouo lugar onde había chantar a fun-dación monacal que deu lugar atoda esta historia.

Chegamos entón ó segundo andare descubrimos un misterio. Unhafotografía na que o macro doobxectivo detectou o que non enxer-gara a índa o o l lohumano. A imaxe deXúpiter no anel de SanRosendo que con sumoce lo se garda noMuseo Catedralicio deOurense. “Antigo seloromano reutilizado porSan Rosendo no séculoX no anel de ouro dosanto” é o que di o péque nos explica a pro-cedencia. Unha proce-denc ia , que a bonseguro que necesitaráun estudio razonado edocumen tado parapoder entender esarelación simbólica queo home da relixión tivocos deuses paganos.

Case, case ó seu caróncomprobará o visitantetamén un documentoinédito que se gardabano Museo de Ponteve-dra e que demostra a

utilización popular do idioma gale-go durante eses catrocentos anosde travesía do deserto que a linguase viu obrigada a pasar dende queIsabel ordeara a “doma e castra-ción” de Galicia.

Trátase dunha carta que os veciñosde Pontedeva lle enviaron ó Rei Car-los IV no ano 1805 e que no idio-ma propio da súa fala materna–este mesmo que eu uso- diríxensea él para lle protestar polos moitosabusos dos que aquela poboaciónrural era obxecto por parte doscolaboradores de impostos e deoutros funcionarios por mor daimposición de “4 maravedís encada cuartillo de viño”.

Anel de San Rosendo coa imaxeinédita de Xúpiter.

Outra vista da salacoa maqueta de Cas-

tromao á fronte.

Vista xeral da sala onde seexpón o mundo castrexo.

Page 5: Vista xeral de Vilanova dos Infantes antes da restauración da … · 2019-07-31 · Vista xeral de Vilanova dos Infantes antes da restauración da torre. ANTONIO PIÑEIRO FEIJÓO

68~

A carta, que foi recuperada no seumomento por Filgueira Valverde, vaiasinada por “Pedro de Cimadevila,labrego do lugar de Trado” e consti-túe, segundo alí mesmo se pode ler,“unha peza única ha historia dasnosas letras” e un verdadeiro acto dedenuncia civil que logo, con tantotesón continuarían coas súas letrasrimadas, primeiro Manuel CurrosEnríquez e despois Celso EmilioFerreiro.

A descrición das lindes do couto domosteiro de Celanova no ano 1050,

que conserva certa relación perimé-trica coa actual demarcación comar-cal, é outra das referencias históricasnon moi coñecidas que o visitantepoderá descubir no camiño das“alturas”. Logo virán xa cousas máiscoñecidas. A reprodución gráfica daTessera Hospitalis, ese tratado dehospitalidade asinado entre os habi-tantes de Castromao e un mandomilitar romano, que constitúe o prin-cipal documento iniciático destaetnia local chamada dos Coelerni.O trisquel calado de adoración ósdeuses paganos que animaban o

espíritu vivo daquelesnosos ancestros. Ou oforno de cocer cerá-mica e metais, artesnas que eran tan bosmestres aqueles homesdo cambio do milenio,sen esquecer a maque-ta que reproduce opropio Castromao eunha casa estudiadapor Xocas alá polosanos 70.

Non se esqueceu tampou-co o deseñador, de con-templar tempos antergos.O influxo tradicional dasaugas do río Arnoia, quecoma en ferida permanen-

temente aberta cruza dende o nacen-te ó solpor as terras da comarca, oua herdanza megalítica representadapola Mota Grande, o monumentofunerario da Serra do Leboreiro, sonoutros dos motivos que nos recordandun xeito perenne que non estamosen terra erma.

Subimos logo á terceira planta everemos parte da actualidade,anque tamén contada en clave dehistoria. O mundo textil das emer-xentes cooperativas que ó carro do“Galicia moda” lle dan traballohoxe por hoxe a un bo fato de

Vista superior damaqueta de castromaocoa casa estudiada porXocas ó fondo.

Reproducción dotrisquel calado e doforno de cocer,ámbolos dous reco-llidos en senllascampañas arqueoló-xicas de Castromao.

Reproducción da imaxe zoomorfaatopada polo arqueólogo Luís Orero

nunha das campañas dos últimosanos.

Page 6: Vista xeral de Vilanova dos Infantes antes da restauración da … · 2019-07-31 · Vista xeral de Vilanova dos Infantes antes da restauración da torre. ANTONIO PIÑEIRO FEIJÓO

69~

mulleres da comarca. O mundo dacerámica representada pola princi-pal fábrica da Manchica, ou aquelda industria cárnica que tamén seespalla en pequenas empresas fami-liares por diversos puntos da Terrade Celanova.

Pero tamén aquí se contan algúnsdos recursos económicos últimosdescritos en clave artesán, talescomo o ciclo dos zapateiros de Vila-nova, que xa tamén o propio Curroslembraba no seu poema da Virxedo Cristal, e o dos oleiros de San-to Tomé das Olas, obradoiros xadesaparecidos e que agora querenrecuperar dende a propia Funda-ción Comarcal.

É moito, pois, o que, aínda en cla-ve de simbolismo, ó longo do edifi-cio prismático temos visto. Pero aín-da é moito tamén o que queda porver se un sube ata o alto da torre e

contempla dende aquela atalaia, exa a escala real, o territorio ceibedeste anaco do val do Sorga. Poisaínda que foi ben discutida a colo-cación do parapeto superior datorre, tal vez polo costume veciñalde ver un bloque sen almenado ori-xinal, hoxe o visitante agradeceespecialmente o pasillo interior queo almenado de madeira sostén, xaque logo, a perspectiva gaña enbeleza e o paseo faise espectaculargracias á posibilidade de contem-plar en toda a súa dimensión o arra-baldo ou a muralla, así como a har-monía rural –tan so ferida por algúnque outro pecado de uralita ou ladri-llo- que se evidencia entre cadaunha das estreitas rúas do vila.

“In términos de Gallaecia, territoriobúbalo, baixo o monte Leboreiro” éo que transcribe a pancarta quepende do lucernario. E nos térmi-nos da Galaecia, antigo territorio

búbalo –hoxe Terrasde Celanova- baixoo monte Leboreiro étodo canto recolleeste pequeno perofe rmoso recan toque outrora foi larda raiña moura ehoxe sirve de nonmenos fe rmosofogar para a nosalonxeva memoria.

Reproducción fotográfica da MotaGrande, situada na serra do Leborei-

ro e do gravado idolítico que gardano seu interior.

Sala do terceiro andar, onde se reproduce o mundoda artesanía dos oleiros de Santo Tomé de Cartellee dos zapateiros de Vilanova dos Infantes.

Outra vista da sala do tercei-ro andar cunha fotografía

aérea da cerámica da Man-chica e varias fases da cons-

trucción dos ladrillos.