visitas turísticas e ocio activo · 2017. 4. 3. · do 10 ao 17 de abril de 10.30 a 20.00 h....

24
Visitas turísticas e ocio activo SEMANA SANTA FERROL 2017 www.ferrolactivo.es

Upload: others

Post on 18-Jan-2021

0 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: Visitas turísticas e ocio activo · 2017. 4. 3. · Do 10 ao 17 de abril de 10.30 a 20.00 h. Adultos 2 euros; maiores de 60 anos 1 euro; mocidade (ata 16 anos) de balde. Condicións

Visitas turísticase ocio activo

SEMANA SANTA FERROL 2017

www.ferrolactivo.es

Page 2: Visitas turísticas e ocio activo · 2017. 4. 3. · Do 10 ao 17 de abril de 10.30 a 20.00 h. Adultos 2 euros; maiores de 60 anos 1 euro; mocidade (ata 16 anos) de balde. Condicións

PROGRAMA DE VISITAS TURÍSTICAS E OCIO ACTIVO SEMANA SANTA FERROL 20172

Acompáñanos a visitar esta base naval, a máis importante do norte de España, onde teñen a súa base as fragatas máis modernas: as F-100. Descubriremos o que hai detrás da muralla, o porto ideal da Ilustración e unhas instalacións aínda operativas que nos sorprenderán pola súa beleza e os seus 250 anos de historia. (Esta visita é posible grazas á colaboración desinteresada da Armada).

O Arsenal Militar é un ben de interese cultural (BIC).

PUNTO DE ENCONTRO: »Xunto á oficina municipal de turismo de Curuxeiras. (Paseo da Mariña, s/n)

HORA DE PRESENTACIÓN: »15 minutos antes do comezo da visita.

(Inscrición previa no 696 531 070 ou no e-correo [email protected])

HORAS DE INICIO DA VISITA: »11.00 h primera visita, 16.30 h segunda visita. O domingo, só ás 11.00 h.

DURACIÓN: »1 hora e 20 minutos.

TARIFA POLA GUÍA TURÍSTICA: »5 euros por persoa; menores de 5 anos, de balde.

É obrigatorio presentar documentación (DNI, pasaporte, carné de conducir ou militar) para poder acceder ao recinto militar. Prohibido fotos e vídeos no Arsenal.

Arsenal MilitarDÍAS 13, 14, 15 E 16 DE ABRIL

FERROL DA ILUSTRACIÓN

Page 3: Visitas turísticas e ocio activo · 2017. 4. 3. · Do 10 ao 17 de abril de 10.30 a 20.00 h. Adultos 2 euros; maiores de 60 anos 1 euro; mocidade (ata 16 anos) de balde. Condicións

PROGRAMA DE VISITAS TURÍSTICAS E OCIO ACTIVO SEMANA SANTA FERROL 2017 3

Adóitase dicir que a beleza está no interior e nada máis certo no Pazo de Capitanía. O seu exterior austero esconde, no seu interior, magníficos salóns, o luxoso comedor de gala, a saliña de xogos, o despacho do Almirante e o fastoso salón do trono. Todo iso decorado con mobiliario e elementos decorativos dos séculos XVIII e XIX e mantido con tanto coidado pola Armada que nos fará viaxar a outra época. Esta visita pódese levar a cabo grazas á desinteresada colaboración da Mariña, que nos abre as portas do Pazo para poder coñecer esta xoia do patrimonio ferrolán.

HORARIO: »De 11:00 a 12 horas

PREZO: »3 euros por persoa; menores de 5 anos, de balde. Número máximo de 20 persoas por visita.

PUNTO DE ENCONTRO: »Diante da porta do Pazo que dá aos xardíns.

(Necesaria inscrición previa no 696 531 070 ou no e-correo [email protected])

Pazo de CapitaníaDÍAS 13, 14, 15 E 16 DE ABRIL

Page 4: Visitas turísticas e ocio activo · 2017. 4. 3. · Do 10 ao 17 de abril de 10.30 a 20.00 h. Adultos 2 euros; maiores de 60 anos 1 euro; mocidade (ata 16 anos) de balde. Condicións

PROGRAMA DE VISITAS TURÍSTICAS E OCIO ACTIVO SEMANA SANTA FERROL 20174

Visita guiada en citytren (agás o 14 de abril, en bus) que nos levará polos estaleiros de Ferrol onde se unen tradición, historia e tecnoloxía na construción de buques militares.

PUNTO DE PARTIDA: »Praza de Galicia.

HORA DE PRESENTACIÓN: »15 minutos antes do comezo.

(Inscrición previa no 696 531 070 ou no correo: [email protected])

HORAS DE COMEZO: »12.30 h primera visita, 18.00 h segunda visita. O domingo, só ás 12.30 h.

DURACIÓN: »1 hora e 30 minutos aproximadamente.

TARIFA POLA GUÍA GURÍSTICA: »5 euros por persoa; menores de 5 anos, de balde.

É obrigatorio presentar documentación (DNI, pasaporte, carné de conducir ou militar) para poder acceder ao estaleiro.

Navantia: 250 anos construíndo barcosDÍAS 13, 14, 15 E 16 DE ABRIL

Page 5: Visitas turísticas e ocio activo · 2017. 4. 3. · Do 10 ao 17 de abril de 10.30 a 20.00 h. Adultos 2 euros; maiores de 60 anos 1 euro; mocidade (ata 16 anos) de balde. Condicións

PROGRAMA DE VISITAS TURÍSTICAS E OCIO ACTIVO SEMANA SANTA FERROL 2017 5

CRUCEIRO VOLTA Á RÍA

13, 14, 15 E 16 DE ABRIL

DURACIÓN: »Unha hora

SAÍDAS: »Dende o porto de Curuxeiras de Ferrol: 12.00, 13.00, 16.00, 17.00, 18.00 e 19.00 h.

PREZO: »7 euros. Menores de 5 anos, de balde.

Venda de tíckets no propio barco.

FERROL-MUGARDOS-FERROL

13, 14, 15 E 16 DE ABRIL

SAÍDAS »De Ferrol: 12.00, 13.00, 14.00, 16.00, 17.00, 18.00, 19.00 e 20.00 h. »De Mugardos: 12.30, 13.30, 14.30, 16.30, 17.30, 18.30, 19.30 e 20.30 h.

PREZO: »3 euros/traxecto. Menores de 5 anos, de balde.

Venda de tíckets no propio barco.

Paseo en barco pola ría3

CASTELO DE SAN FELIPE

13, 14 E 15 DE ABRIL

SAÍDA: »Porto de Curuxeiras de Ferrol ás 17.00 h para chegar a tempo á visita teatralizada. » (O tícket para a visita cómprase en San Felipe á guía). » Importante: número mínimo de pasaxeiros: 25. »Regreso de San Felipe ás 19.30 h.

PREZO: »7 euros i/v. Menores de 5 anos, de balde.

Venda de tíckets no propio barco.

Page 6: Visitas turísticas e ocio activo · 2017. 4. 3. · Do 10 ao 17 de abril de 10.30 a 20.00 h. Adultos 2 euros; maiores de 60 anos 1 euro; mocidade (ata 16 anos) de balde. Condicións

PROGRAMA DE VISITAS TURÍSTICAS E OCIO ACTIVO SEMANA SANTA FERROL 20176

Page 7: Visitas turísticas e ocio activo · 2017. 4. 3. · Do 10 ao 17 de abril de 10.30 a 20.00 h. Adultos 2 euros; maiores de 60 anos 1 euro; mocidade (ata 16 anos) de balde. Condicións

PROGRAMA DE VISITAS TURÍSTICAS E OCIO ACTIVO SEMANA SANTA FERROL 2017 7

Atrévete con esta visita guiada teatralizada na que se explica a historia do castelo con axuda das pantasmas do século XVIII que o habitan.

Poderase acudir a esta visita en barco (con custo), saíndo desde o porto de Curuxeiras en Ferrol (compra do tícket no propio barco), ou ben achegarse por libre ao castelo e unirse alí á visita.

HORA DE SAÍDA DO BARCO: »17.00 h. (Barco Rías Altas no Porto de Curuxeiras. Número mínimo para a saída: 25 persoas).

HORA DE INICIO DA VISITA: »18.00 h. Punto de encontro na entrada do Castelo de San Felipe.

DURACIÓN: »1 hora e 30 minutos aproximadamente.

PREZO: »6 euros por persoa, 4 euros menores entre 6 e 12 anos e maiores de 65 anos; menores de 5 anos, de balde.

Non fai falta reserva previa.

Castelo de San FelipeDÍAS 13, 14, E 15 DE ABRIL

Page 8: Visitas turísticas e ocio activo · 2017. 4. 3. · Do 10 ao 17 de abril de 10.30 a 20.00 h. Adultos 2 euros; maiores de 60 anos 1 euro; mocidade (ata 16 anos) de balde. Condicións

PROGRAMA DE VISITAS TURÍSTICAS E OCIO ACTIVO SEMANA SANTA FERROL 20178

Page 9: Visitas turísticas e ocio activo · 2017. 4. 3. · Do 10 ao 17 de abril de 10.30 a 20.00 h. Adultos 2 euros; maiores de 60 anos 1 euro; mocidade (ata 16 anos) de balde. Condicións

PROGRAMA DE VISITAS TURÍSTICAS E OCIO ACTIVO SEMANA SANTA FERROL 2017 9

Museos da Ilustración3

MUSEO NAVALIrmandiños, s/n. Edificio de Herrerías.Tel: 981 338 907.www.armada.mde.esLaborables de 9.30 a 13.30 h.Luns pechado. Sábados, domingos e festivos de 09.30 a 13.30 h. O 17 de abril, festivo en Ferrol, pechado.Entrada libre. Visitas guiadas para grupos previa solicitude.Exposición permanente de barcos antigos, mapas, material de navegación e información de todos os navíos construídos en Ferrol de 1751 a 1984.

EXPONAVIrmandiños, s/n. Edificio de Herrerías.Tel: 981 336 017.www.exponav.orgDo 10 ao 17 de abril de 10.30 a 20.00 h.Adultos 2 euros; maiores de 60 anos 1 euro; mocidade (ata 16 anos) de balde. Condicións especiais para grupos (contactar).Un percorrido pola historia da construción naval no maior museo de Europa dedicado a esta actividade. Destaca, ademais da beleza do seu interior, unha nave industrial do século XVIII.O luns 10, martes 11 e mércores 12 haberá talleres gratuítos de Piratas para nenos de entre 3 e 10 anos ás 11.00 horas (prazas limitadas).

Page 10: Visitas turísticas e ocio activo · 2017. 4. 3. · Do 10 ao 17 de abril de 10.30 a 20.00 h. Adultos 2 euros; maiores de 60 anos 1 euro; mocidade (ata 16 anos) de balde. Condicións

PROGRAMA DE VISITAS TURÍSTICAS E OCIO ACTIVO SEMANA SANTA FERROL 201710

Page 11: Visitas turísticas e ocio activo · 2017. 4. 3. · Do 10 ao 17 de abril de 10.30 a 20.00 h. Adultos 2 euros; maiores de 60 anos 1 euro; mocidade (ata 16 anos) de balde. Condicións

PROGRAMA DE VISITAS TURÍSTICAS E OCIO ACTIVO SEMANA SANTA FERROL 2017 11

Unha das correntes arquitectónicas que máis pegada deixou en Ferrol é o Modernismo. Para coñecelo non hai mellor ocasión que facelo acompañado por Catherine Wilson, esposa dun enxeñeiro británico da Construtora Naval. Ela vén do pasado coa súa roupa de época para contarnos como era ese Ferrol de principios do século XX. Nel destaca, por méritos propios, Rodolfo Ucha, o seu grande amigo e mellor arquitecto da cidade. Da man de Catherine, británica pero con retranca galega, iremos coñecendo os mellores edificios modernistas e algúns dos segredos e pequenas historias que gardan detrás das súas fermosas fachadas.

HORARIO: »de 12:30 a 14:00 horas

PREZO: »5 euros por persoa; menores de 5 anos, de balde.

PUNTO DE ENCONTRO: »Praza de Galicia, diante do Teatro Jofre. Non fai falta reserva previa.

Ruta modernista teatralizadaDÍAS 13, 14, 15 E 16 DE ABRIL

Page 12: Visitas turísticas e ocio activo · 2017. 4. 3. · Do 10 ao 17 de abril de 10.30 a 20.00 h. Adultos 2 euros; maiores de 60 anos 1 euro; mocidade (ata 16 anos) de balde. Condicións

PROGRAMA DE VISITAS TURÍSTICAS E OCIO ACTIVO SEMANA SANTA 2017 RUTA DAS MENINAS DE CANIDO12

Page 13: Visitas turísticas e ocio activo · 2017. 4. 3. · Do 10 ao 17 de abril de 10.30 a 20.00 h. Adultos 2 euros; maiores de 60 anos 1 euro; mocidade (ata 16 anos) de balde. Condicións

PROGRAMA DE VISITAS TURÍSTICAS E OCIO ACTIVO SEMANA SANTA 2017 13

A acción artística «Las Meninas de Canido» naceu como reivindicación polo estado de abandono dalgunhas vivendas do tradicional barrio de Canido e para engadir cor e alegría ao seu barrio. Así, o pintor local Eduardo Hermida concibiu «Las Meninas de Velázquez» como personaxes fáciles de reinterpretar por outros artistas galegos, de España e doutros países de tal forma que hoxe é dificil pasear por Canido sen encontrarse cunha «Menina» (hai máis de 200). Nesta visita que propoñemos, exercerá de guía excepcional o propio Eduardo Hermida.

PUNTO DE ENCONTRO: »Cruceiro de Canido.

HORARIO: »Martes, mércores e sábado, de 16.00 a 17.30 e 17.30 a 19.00 h; domingos, de 11.00 a 12.30 e de 17.00 a 18.30 h.

PREZO POR PERSOA: »5 euros. Menores de 5 anos, de balde. Pagamento ao inicio do percorrido.

Inscrición previa (un día de antelación) nas oficinas municipais de turismo de Ferrol e no teléfono 635 380 667.

Mínimo de persoas para que saia a visita: 10.

Ruta das Meninas de CanidoDÍAS 8, 9, 11, 12, 15 E 16 DE ABRIL

Page 14: Visitas turísticas e ocio activo · 2017. 4. 3. · Do 10 ao 17 de abril de 10.30 a 20.00 h. Adultos 2 euros; maiores de 60 anos 1 euro; mocidade (ata 16 anos) de balde. Condicións

PROGRAMA DE VISITAS TURÍSTICAS E OCIO ACTIVO SEMANA SANTA 2017 RUTA GASTRONÓMICA14

Page 15: Visitas turísticas e ocio activo · 2017. 4. 3. · Do 10 ao 17 de abril de 10.30 a 20.00 h. Adultos 2 euros; maiores de 60 anos 1 euro; mocidade (ata 16 anos) de balde. Condicións

PROGRAMA DE VISITAS TURÍSTICAS E OCIO ACTIVO SEMANA SANTA 2017 15

Visita á Lonxa de Ferrol, ao Mercado, á «Pescadería» (edificio modernista) e ao Barrio da Magdalena (Conxunto Histórico-Artístico) con guía oficial da Xunta de Galicia. Inclúe degustación de produtos da terra e enolóxica no restaurante Casalexo.

PREZO: »10 euros.

INICIO DA VISITA: »11.00 h.

DURACIÓN: »2 horas e 30 minutos.

PUNTO DE ENCONTRO: »Oficina de atención ao peregrino do Porto de Curuxeiras de Ferrol.

INSCRICIÓN: »Secret Galicia, no teléfono 661 275 545 ou nas oficinas municipais de turismo.

COLABORAN: »Casalexo, Confraría de Pescadores de Ferrol e Turvegal.

Ruta gastronómicaDÍA 12 DE ABRIL

Page 16: Visitas turísticas e ocio activo · 2017. 4. 3. · Do 10 ao 17 de abril de 10.30 a 20.00 h. Adultos 2 euros; maiores de 60 anos 1 euro; mocidade (ata 16 anos) de balde. Condicións

PROGRAMA DE VISITAS TURÍSTICAS E OCIO ACTIVO SEMANA SANTA FERROL 2017 ACTIVIDADES DEPORTIVAS/OCIO16

HORARIO: »De 11.00 a 14.00 h, sempre en función do estado da marea

PUNTO DE ENCONTRO: »Casetas de socorrismo de Doniños.

ASISTENTES: »Poderán participar 60 persoas máximo, distribuídas en 3 quendas dentro do horario citado.

REQUISITOS PARA OS PARTICIPANTES: »Saber nadar. » Idade mínima: 10 anos (non hai idade máxima).

INSCRICIÓN: »Os participantes asinarán un documento para cumprir os requisitos sobre protección de datos e dereitos de imaxe que establece a LOPD. No caso dos nenos, deberá estar asinado polo titor. Importante: de non asinar esta autorización, non será posible a inscrición. » Inscrición previa nas oficinas municipais de turismo de Ferrol. No momento da inscrición, os interesados facilitarán o seu nome, apelidos, DNI, data de nacemento e talla para o traxe. Data límite de inscrición: xoves 13 de abril, ás 19.00 h. Non se admitirán inscricións in situ na mesma praia. »Os participantes contarán co seguro habitual para este tipo de actividades.

Bautismo de surf en DoniñosDÍA 14 DE ABRIL

Page 17: Visitas turísticas e ocio activo · 2017. 4. 3. · Do 10 ao 17 de abril de 10.30 a 20.00 h. Adultos 2 euros; maiores de 60 anos 1 euro; mocidade (ata 16 anos) de balde. Condicións

ACTIVIDADES DEPORTIVAS/OCIO PROGRAMA DE VISITAS TURÍSTICAS E OCIO ACTIVO SEMANA SANTA FERROL 2017 17

Cabanas KDM Piragüismo ofrece esta Semana Santa a posibilidade de realizar paseos en kayak pola ría de Ferrol con dous obxectivos: a promoción do litoral, dando a coñecer actividades relacionadas coa pesca e o marisqueo e amosar a industria que se desenvolve na ría, relacionada co sector naval. Navantia Fene, Navantia Ferrol e o Arsenal Militar serán algunhas das instalacións que os participantes poderán ver no seu percorrido. Outra opción é a Ruta histórica, con saída na praia urbana da Cabana e chegada ao Castelo de San Felipe, para ter unha visión desde o mar de Ferrol e das estruturas defensivas desta ría, de gran valor estratéxico.

SAÍDA: »Ás 11.00 do porto de Ferrol/chegada ao porto de Ferrol.

DURACIÓN APROXIMADA: »1 h e 30 minutos.

PREZO: »20 euros/persoa. »Grupo mínimo 8 persoas. Forma os grupos cos teus amigos e familiares ou coñece xente nova. Avisarémoste con dous días de antelación se o grupo está formado.

INFORMACIÓN E RESERVAS: »649 828 120 ou no e-correo: [email protected]

Kayak na ría de FerrolDÍAS 9, 13, 15 E 16 DE ABRIL

Page 18: Visitas turísticas e ocio activo · 2017. 4. 3. · Do 10 ao 17 de abril de 10.30 a 20.00 h. Adultos 2 euros; maiores de 60 anos 1 euro; mocidade (ata 16 anos) de balde. Condicións

PROGRAMA DE VISITAS TURÍSTICAS E OCIO ACTIVO SEMANA SANTA FERROL 2017 INFORMACIÓN18

CENTRO TORRENTE BALLESTER (CTB)Concepción Arenal, s/n.Tel: 981 944 187.www.centrotorrenteballester.es Martes 11, mércores 12 e sábado 15: de 11.00 a 14.00 h e de 17.00 a 21.00 h. Xoves 13, venres 14 e domingo 16: de 11.00 a 14.00 h. Luns pechado.Entrada libre.Dedicado á exhibición, produción e estudo da arte contemporánea. Situado nun emblemático edificio do século XVIII que foi Hospital de Caridade, sometido despois a unha rehabilitación integral. Na súa capela celébranse espectáculos de pequeno formato pero de gran calidade.

MUSEO DA NATUREZA (SOCIEDADE GALEGA DE HISTORIA NATURAL)

Casa do Coronel. Praza de Canido, s/n.Tel: 881 931 315.www.sghnferrol.blogspot.comSábados: de 9.30 a 13.30 h e de 16.30 a 20.30 h. Domingos e festivos: de 10.00 a 14.00 h. Luns 10, martes 11 e mércores 12: de 9.30 a 13.30 h e de 16.30 a 20.30 h. Entrada libre.Xestionado pola Sociedade Galega de Historia Natural, recolle unha interesante colección de fósiles e restos de animais, plantas e minerais.

AFUNDACIÓN (OBRA SOCIAL ABANCA)Praza da Constitución, s/n.www.afundacion.orgHorario: de luns a venres, de 17.00 a 21.00 h; sábados, de 11.00 a 14.00 h e de 17.00 a 21.00 h. Xoves e Venres Santo, de 11.00 a 14.00 h e de 17.00 a 21.00 h. Visitas comentadas e talleres infantís. Información e reservas no 981 330 280.Exposición temporal: Os traballos e os días de Francisco Leiro, do xoves 16 de marzo ao 10 de xuño.A exposición está composta por esculturas e traballos en papel procedentes da Colección de Arte ABANCA e da Colección de Arte Afundación. Trátase de pezas en gran formato que, máis

Museos

Page 19: Visitas turísticas e ocio activo · 2017. 4. 3. · Do 10 ao 17 de abril de 10.30 a 20.00 h. Adultos 2 euros; maiores de 60 anos 1 euro; mocidade (ata 16 anos) de balde. Condicións

INFORMACIÓN PROGRAMA DE VISITAS TURÍSTICAS E OCIO ACTIVO SEMANA SANTA FERROL 2017 19

alá da súa propia calidade técnica, acadaron un verdadeiro estatus simbólico, tanto na propia colección como na escultura galega contemporánea.A mostra complétase cun interesante material multimedia procedente do documental Sísifo Confuso. Traballos e días de Francisco Leiro, escrito e dirixido por Aser Álvarez para Arraianos Producións. É o resultado de tres anos documentando e filmando o día a día de Leiro en espazos nos que desenvolve o seu traballo e a súa vida: Cambados, Madrid e Nova York.

XARDÍN DIDÁCTICO DA AUGA (AQUACIENCIA)Parque Raíña Sofía, s/n.Tel: 981 944 221.www.ferrol.es/aquacienciaHorario: de martes a sábado, de 10.00 a 14.00 h e de 16.30 a 20.00 h. Domingo, luns e festivos pechado.Un espazo para aprender e xogar coa auga. De forma amena, os visitantes poden ir paseando polo xardín e, mediante distintos dispositivos, maquetas, paneis e xogos, descubrir a auga, a súa enerxía e os seus usos e propiedades.

AULA DE ECOLOXÍA URBANAr/ Irmandiños, s/n.Tel: 981 944 222.www.ferrol.es/aeu Horario: de martes a domingo e festivos de 10.00 a 14.00 h e de 16.00 a 19.00 h. Luns, 17 de abril, pechado.Destinatarios: nenos e adultos (os menores de 7 anos deberán estar acompañados).Para asistir non é necesaria inscrición previa, pero as prazas son limitadas.Realización de manualidades aproveitando residuos. Todas as tardes, a partir das 16.30 h, taller de papel reciclado.

Page 20: Visitas turísticas e ocio activo · 2017. 4. 3. · Do 10 ao 17 de abril de 10.30 a 20.00 h. Adultos 2 euros; maiores de 60 anos 1 euro; mocidade (ata 16 anos) de balde. Condicións

PROGRAMA DE VISITAS TURÍSTICAS E OCIO ACTIVO SEMANA SANTA FERROL 2017 INFORMACIÓN20

OFICINAS DE TURISMO

OFICINA MUNICIPAL DE TURISMO DA PRAZA DE ESPAÑATel: 635 380 667. E-correo: [email protected]: de 10.00 a 13.30 e de 16.30 a 19.30 h.

OFICINA MUNICIPAL DE TURISMO DO PORTO DE CURUXEIRASPaseo da Mariña, s/n.Tel: 655 117 035.Horario: de 10.00 a 13.30 e de 16.30 a 19.30 h.

OFICINA DE TURISMO DA XUNTA DE GALICIAPraza Camilo José Cela, s/n.Tel: 981 337 131.

ALOXAMENTOS

HOTEL CARRÍS ALIMIRANTE ****María, 2. Tel: 981 333 073.

GRAN HOTEL FERROL ****Avenida de Castela, 75. Tel: 981 330 226.

HOTEL PARADOR DE FERROL ***Praza do Contralmirante Azarola Gresillón, s/n. Tel: 981 356 720.

HOTEL RESIDENCIA EL SUIZO ***Dolores, 67. Tel: 981 300 400.

HOTEL RESIDENCIA VALENCIA ***Catabois, 390. Tel: 981 370 312.

HOTEL ALMENDRA *r/ Almendra, 4-6. Tel: 981 358 190.

HOTEL AMÉRICA *Sánchez Calviño, 70-76. Tel: 981 370 208.

HOTEL SILVA *Río Castro, 42-44. Tel: 981 310 552.

HOSTAL LA FRONTERASan Andrés, 4. Tel: 881 953 036.

POUSADA DO MAR DA GRAÑAReal Baixa, 43. Tel: 654 302 686.

CASA DE ALDEA A CASA DO VELEIROLugar de Tralocastro, s/n. Esmelle. Tel: 981 365 660.

PR VAL DE SERANTES ***Serantelos, 280. Tel: 981 318 980.

PR MAGALLANES **Avda. de Castela, 401. Tel: 981 311 648.

PR PORTANOVA II **Naturalista López Seoane, 33-35. Tel: 981 359 772.

PR ZAHARA **Pardo Baixo, 28. Tel: 981 351 231.

PR EL CAIRO *Dolores, 32-2º. Tel: 981 353 266.

PR A COCHERA *San Xoán de Esmelle, 6. Tel: 981 365 250.

PR O CHOLLO II *Carlos III, 70-2º. Tel: 650 233 473.

PR FERROL *Sánchez Calviño, 48. Tel: 981 371 314.

PR LOLY *Espoz y Mina, 1-B. Tel: 619 3226 901. [OLLO!! Revisar este teléfono]]

PR PORTANOVA *Fontemoura, 26. Tel: 981 370 648

Información práctica

Page 21: Visitas turísticas e ocio activo · 2017. 4. 3. · Do 10 ao 17 de abril de 10.30 a 20.00 h. Adultos 2 euros; maiores de 60 anos 1 euro; mocidade (ata 16 anos) de balde. Condicións

INFORMACIÓN PROGRAMA DE VISITAS TURÍSTICAS E OCIO ACTIVO SEMANA SANTA FERROL 2017 21

ÁREA DE AUTOCARAVANASA área sitúase na Malata, a uns 2 km do centro de Ferrol, próxima ao recinto feiral, ao campo de fútbol e ao porto de Curuxeiras, km 0 do Camiño Inglés a Santiago de Compostela.

En Curuxeiras, no verán e en Semana Santa, é posible coller un barco para dar un paseo pola ría de Ferrol ou ata a veciña vila de Mugardos, moi popular polo seu «Polbo á mugardesa».Nas súas proximidades, hai un carril bici, parque e zona de xogos infantís. A gasolineira máis próxima encóntrase a 1 km aproximadamente.Servizos dispoñibles:− Auga potable.− Baleirado de augas grises e negras.− Zona de picnic.− Posibilidade de pasar a noite.Localización: GPS: Latitud: 43.493236 | Longitud: -8.239834

TRANSPORTE

POR TREN(www.renfe.es)Un tren diario directo (Trenhotel) enlaza con Madrid. A través de un único transbordo, accédese diariamente a Barcelona, Hendaia e outros destinos españois.Varios trens diarios conectan Ferrol con outros destinos turísticos das inmediacións como Pontedeume, Betanzos e A Coruña. Ademais, cun único transbordo (A Coruña), accédese con facilidade ao resto das principais cidades de Galicia: Santiago, Vilagarcía de Arousa, Pontevedra, Vigo e Ourense. Tel: 902 240 202 (reservas)O ferrocarril de vía estreita transcorre polo norte de España, paralelo á costa do mar Cantábrico, unindo Ferrol con Bilbao. Tel: 981 370 401. Por outra parte, o tren turístico de luxo Transcantábrico percorre o norte e noroeste de España, a España Verde, desde San Sebastián, no País Vasco, ata Santiago de Compostela, pasando por Ferrol. Dispoñible para grupos baixo petición (máximo 52 pasaxeiros). www.transcantabrico.com

POR ESTRADAAutoestrada do Atlántico AP-9. Conecta Ferrol coa Coruña, Santiago de Compostela, Pontevedra, Vigo, Tui e a fronteira portuguesa.Autovía Ferrol-Vilalba AG-64. Conecta Ferrol con Vilalba, onde enlaza coa A-8 e a A-6, con conexións á cornixa cantábrica e a Madrid, respectivamente.Autovía do Cantábrico A-8. Conecta Galicia con Francia a través da costa cantábrica: Asturias, Cantabria e País Vasco. Enlaza con Ferrol en Vilalba, a través da Autovía Ferrol-Vilalba AG-64.Autovía do Noroeste A-6. Comunica Galicia co resto de España a través da provincia de Lugo (enlaza con Ferrol a través da AP-9, nas inmediacións da Coruña ou a través da autovía Ferrol-Vilalba AG-64).Autovía Rías Baixas A-52. Comunica Galicia co resto de España a través da provincia de Ourense (enlaza con Ferrol a través da AP-9 en Vigo ou a través da AP-53/AG-53 en Santiago de Compostela).

Page 22: Visitas turísticas e ocio activo · 2017. 4. 3. · Do 10 ao 17 de abril de 10.30 a 20.00 h. Adultos 2 euros; maiores de 60 anos 1 euro; mocidade (ata 16 anos) de balde. Condicións

PROGRAMA DE VISITAS TURÍSTICAS E OCIO ACTIVO SEMANA SANTA FERROL 2017 INFORMACIÓN22

EN AUTOBÚSRutas longa distancia:ALSA. Conexións con Madrid, Xixón, Bilbao, Irún, Lugo, Ponferrada, Astorga, Benavente, Zamora, Salamanca, Cáceres, Sevilla, Cádiz, Alxeciras, Portugal, Alemaña, Bélxica, Francia e Suíza.(+34) 902 422 242(+34) 981 326 205www.alsa.esDestinos de Galicia:

CASTROMIL-MONBUS. Principais destinos: A Coruña, Santiago de Compostela, Vigo, Pontevedra, Vilagarcía de Arousa, Cambados, O Grove, A Toxa, Noia, Muros, Fisterra, Betanzos, Ourense, Narón, Valdoviño e Cedeira.(+34) 981 314 063www.monbus.es

ARRIVA NOROESTE. Principais destinos: Pontedeume, Betanzos, A Coruña, Santiago de Compostela, Rías Baixas (Boiro, A Pobra do Caramiñal e Ribeira).(+34) 981 324 751www.arriva.esEstación de autobuses de Ferrol: Paseo da Estación, s/n. Tel: 981 324 700.Aeroporto de Santiago: 981 547 500 Aeroporto da Coruña: 981 187 200 O acceso aos aeroportos realízase comodamente a través da autoestrada AP-9.

Page 23: Visitas turísticas e ocio activo · 2017. 4. 3. · Do 10 ao 17 de abril de 10.30 a 20.00 h. Adultos 2 euros; maiores de 60 anos 1 euro; mocidade (ata 16 anos) de balde. Condicións
Page 24: Visitas turísticas e ocio activo · 2017. 4. 3. · Do 10 ao 17 de abril de 10.30 a 20.00 h. Adultos 2 euros; maiores de 60 anos 1 euro; mocidade (ata 16 anos) de balde. Condicións

Descárgate gratis a nova app turística VISIT FERROL

www.descubreferrol.es

App Store Google Play