visita a exponatur

5
Exponatur O pasado luns, día 15, os alumnos e alumnas de 5º e 6º fomos a praza do reloxo a unha exposición chamada Exponatur, organizada por ANABAM. O guía chámase Agustín Ferreira. Agustín ensinounos cales eran as cousas que chegaban do mar a terra, e canto tardan en desfacerse algúns materiais na auga. Cando chegamos Obxetos do mar Aprendemos moitas cousas que agora vos contamos: Nas árbores hai varios tipos de follas: redondeadas, triangulares e onduladas. Poden ser compostas ou individuais. Nos troncos, contando os aneis podemos saber cantos anos teñen as árbores. Cando as liñas son claras é que ese tempo houbo calor e se son máis oscuras, foi máis frío. Cando teñen un circulo no centro é que vivían con árbores ao seu redor. As follas Os troncos

Upload: ceip-as-solanas

Post on 13-Mar-2016

223 views

Category:

Documents


6 download

DESCRIPTION

Traballo do alumnado de 6º sobre a visita exposicion

TRANSCRIPT

Exponatur

O pasado luns, día 15, os alumnos e alumnas de 5º e 6º fomos a praza do reloxo a unha exposición chamada Exponatur, organizada por ANABAM. O guía chámase Agustín Ferreira.

Agustín ensinounos cales eran as cousas que chegaban do mar a terra, e canto tardan en desfacerse algúns materiais na auga.

Cando chegamos Obxetos do mar

Aprendemos moitas cousas que agora vos contamos:

Nas árbores hai varios tipos de follas: redondeadas, triangulares e onduladas. Poden ser compostas ou individuais.

Nos troncos, contando os aneis podemos saber cantos anos teñen as árbores. Cando as liñas son claras é que ese tempo houbo calor e se son máis oscuras, foi máis frío. Cando teñen un circulo no centro é que vivían con árbores ao seu redor.

As follas Os troncos

A bardana servíu para inventar o velcro.

Se os animais son carnívoros os excrementos son alongados, e se son hervíboros, redondos.

Os patos machos teñen cores chamativas, e as femias, son máis oscuras.

Os anfibios clasifícanse en: anuros (sen cola) e urodelos (con cola). Poñen os ovos baixo a auga excepto o sapo comadrón, que os transporta na súa espalda, e os vai refrescando pouco a pouco. Cando van nacer, os deixan na auga.

As pegadas identifican distintos tipos de animais.

Os dentes dos cráneos dos hervíboros son planos para mastigar a herba. Os dos carnívoros son puntiagudos para desgarrar ás súas presas. Os tiburóns teñen varias filas de dentes.

Hai aves que poñen os seus ovos na area. Como son da cor da area, poden pisarse ou ser comidos por depredadores. Para protexelos, creáronse as zonas de cría, que son espazos que, cando xa están postos os ovos, pónselle unha rexa para protexelos.

Para rematar, había preparados varios xogos:

Un xogo que consistía en adiviñar que froito seco estaba na caixa. Outro para identificar as pegadas dos animais na praia. Outro para recoñecer a especie de pato que vive na nosa costa. Un era para saber que especie de bolboreta era. Tamén había un castelo, un coche, aros feitos con materiais reciclados.