vigo xaneiro - maio 2019 - afundación · auto de los inocentes (incluye el auto de los reyes...
TRANSCRIPT
Tempada abonos de TEATROVigo xaneiro - maio 2019
Eroski paraiso de Xesús Xron
DIRECCIÓNXesús Xron
ELENCOPatricia de Lorenzo, Miguel de Lira, Cristina Iglesias, Fidel Vázquez. Coa colaboración especial dun veciño da comunidade local
PRODUCIÓNChévere
A historia de alguén que non parou en ningures para volver ao mesmo punto de partida, coma se estivese parada exacta-mente no mesmo lugar mentres todo se transformaba ao seu redor. Un xeito coma calquera outro de retratar o desarraiga-mento que arrastrou unha parte da nosa sociedade fóra da súa casa, da súa paisaxe, da súa lingua, dos seus costumes, dos seus afectos, da súa comunidade de orixe e da súa propia memoria.
18 de xaneiro | 20.30 hDuración: 1 h 30 min | Galego
Gran triunfadora dos Premios María Casares 2017, ga-lardón a Mellor Espectáculo, Mellor Dirección e Mellor Actriz Protagonista. Galardoada ademais co Premio Nacional de Teatro.
Fedrade Paco Bezerra
DIRECCIÓNLuis Luque
ESCENOGRAFÍAMónica Boromello
ELENCOLolita Flores , Juan Fernández , Críspulo Cabezas , Eneko Sagardoy e Tina Sáinz
PRODUCIÓNPentación Espectáculos
Fedra, a raíña da Illa do Volcán, está doen-te: nin come, nin fala, nin dorme. Os mé-dicos non son quen de daren coa orixe do seu padecemento e o país enteiro anda preocupado polo seu estado de saúde. Algúns din que toleou. Outros, que as longas ausencias do seu home, o rei da illa, remataron por devastar e asolar o seu corazón, mais ninguén coñece a verdade e todos erran. E é que a gran responsable da doenza de Fedra non é outra ca unha paixón que a atormenta desde hai tem-po e que xa non pode reprimir máis; un erotismo inmoral e impúdico, un desexo violento e indómito, un amor prisioneiro e indecente.
10 de febreiro | 19.30 hDuración: 1 h 35 min | Castelán
Loada pola crítica no Festival Internacional de Teatro Clásico de Mérida, unha obra orixinal baseada na mi-toloxía grega.
Señora de rojo sobre fondo grisde Miguel Delibes
ADAPTACIÓNJosé Sámano, José Sacristán e Inés Camiña
ELENCOJosé Sacristán
PRODUCIÓNSabre Producciones, Pentación Espectá-culos, Talycual e AGM
24 de febreiro | 19.30 h Duración: 1 h 30 min | Castelán
Atopámonos no transcorrer do verán e ou-tono do 1975. E é nesas datas que xorden os primeiros síntomas da enfermidade dela. A filla maior vive esta delicada situación des-de o cárcere, fica presa polo seu activismo político. É outro pesar permanente na vida do seu pai, que tamén agora volve revivir. Esta obra teatral é o relato dunha historia de amor que se dirixe á morte desenfreada-mente, que nos sitúa naquela España con trazos inequívocos, que nos fala da felicida-de e da súa perda, e que chega á intimidade de cada ser humano e á súa emoción polo camiño recto e sinxelo da verdade.
O magnetismo desta obra lévate a cabalo entre a rea-lidade e a ficción no mundo do gran Delibes.
Auto de los inocentes (incluye El Auto de los Reyes Magos)de José Carlos Plaza e Pedro Víllora
DIRECCIÓNJosé Carlos Plaza
ESCENOGRAFÍAPaco Leal
ELENCOFernando Sansegundo, Israel Frías, Pepa García, Montse Peidro, Sonia Gómez Silva, Jorge Torres...
PRODUCIÓNTeatro Clásico e Producciones Faraute
8 de marzo | 20.30 h Duración: 1 h 55 min | Castelán
Unha obra contemporánea que se susten-ta no amor pola literatura e a arte do pa-sado. Do mesmo xeito que os personaxes acoden aos textos clásicos para entender o horror do que foxen. Narra a historia dunha familia siria composta por un pai e os seus tres fillos, quen perderon a nai na travesía polo Mediterráneo. Ao chega-ren ao campo de refuxiados, un problema burocrático formula a posible separación dos membros, dado que a nacionalidade dalgún deles non está clara.
Un espazo imaxinario e ao tempo apegado á realida-de, que amosa un dos dramas máis grandes dos últi-mos anos.
Si no te hubiese conocidode Sergi Belbel
DIRECCIÓNSergi Belbel
ESCENOGRAFÍAMax Glaenzel
ELENCOMarta Hazas, Unax Ugalde, Ana Cerdeiri-ña e Óscar Jarque
PRODUCIÓNOctubre e Centro Dramático Nacional
24 de marzo | 19.30 h Duración: 2 h | Castelán
Existe en verdade unha realidade paralela para cada unha das decisións que desesti-mamos na vida? As nosas vidas están pre-determinadas por un destino ou somos nós quen, a través das decisións que imos tomando, acabamos definindo o carreiro dos acontecementos? Se puideramos via-xar cara atrás no tempo e mudar aquela opción escollida, seriamos os mesmos ca na actualidade ou esoutras decisións te-ríannos convertido en persoas distintas? Se cadra, existe unha realidade paralela para cada unha das decisións que deses-timamos na vida...
Entre saltos temporais e vidas paralelas, esta histo-ria reflexiona sobre as circunstancias e decisións que marcan as rutas vitais. E se...?
Cyrano de Bergeracde Edmond Rostand
VERSIÓNCarlota Pérez Reverte eAlberto Castrillo-Ferrer
DIRECCIÓNAlberto Castrillo-Ferrer
ESCENOGRAFÍAAlejandro Andújar
ELENCOJosé Luis Gil, Ana Ruiz, Álex Gadea, Al-berto Castrillo-Ferrer, Rocío Calvo, Ricar-do Joven, Carlos Heredia e Javier Ortiz
Recuperamos o clásico francés por ex-celencia na versión da obra de Edmond Rostand. Unha historia tan divertida como romántica, imperecedoira, ateigada de intres sublimes e diálogos enxeñosos en que atopármonos con tinturas de aventu-ra, paixón, tensión, humor, beleza, amor e desamor. Premios Teatro Rojas, Mellor Interpretación Masculina José Luis Gil e Mellor Dirección Escénica con Alberto Castrillo-Ferrer.
27 de abril | 20.30 hDuración: 2 h 15 min | Castelán
Mestura de comedia, traxedia e drama heroico para amosarnos a Cyrano, un emblema de integridade e principios detrás dun nariz grotesco. É hora de amor, poesía e espadachíns.
Cinco horas con MarioMiguel Delibes
VERSIÓNMiguel Delibes, Josefina Molina e José Sámano
DIRECCIÓNJosefina Molina
ELENCOLola Herrera
PRODUCIÓNPentación Espectáculos
8 de maio | 20.30 h Duración: 1 h 30 min | Castelán
Marzo de 1966. Carmen Sotillo acaba de perder o seu home Mario de forma inespe-rada. Cando as visitas e a familia se retiran, ela soa vela durante a última noite o cadáver do seu marido e comeza con el un diálo-go-monólogo en que descubrimos as súas personalidades e os conflitos do seu matri-monio. Cunha forma entrecortada, sen ape-nas miudezas, reiterativa e chea de tópicos, Carmen di cousas, manifesta sentimentos e emite xuízos que a moitas persoas hoxe lles poden parecer incribles. Mais dámos fe de que esa linguaxe existía, de que eses xuízos se emitían, de que esas «cousas» de Car-men estaban na vida de todos os días.
Nunha época en que había unha forte censura, Deli-bes escribiu esta obra como crítica á moral franquista. Mais non deixou á beira temas universais: a culpa, a soidade, a incomunicación entre persoas unidas.
Mandíbula afiladade Carles Alberola
DIRECCIÓNMario Hernández
ESCENOGRAFÍAIsis de Coura
ELENCOJon Plazaola e Noemi Ruiz
PRODUCIÓNPentación espectáculos e Txalo producciones
Juan e Laura coñecéronse no instituto e agora, nunha eterna crise dos trinta, volven atoparse durante unha noite onde se suce-den os recordos e os soños, especialmente aqueles que non se cumpriron; mentres o espectador pasa da gargallada á reflexión: crecemos demasiado rápido ou non cre-cemos en absoluto? Somos nenos con roupa de adultos ou adultos que procuran desesperadamente volver ser nenos? Que demos agarda a vida de nós?
23 de maio | 20.30 hDuración: 1 h 25 min | Castelán
Moita nostalxia dos oitenta e un texto cargado de na-turalidade e ironía, personaxes recoñecibles e inter-pretacións frescas.
INFORMACIÓN TEMPADA DE ABONO VIGO
Venda da tempada completa ou da 1ª parte, 20 de decembro a 13 de xaneiro de 2019. Días 17 e 18 de decembro para persoas aboadas á tempada anterior que desexen conservar a súa butaca. Día 19 de decembro para persoas aboadas que desexen cambiar a butaca. Venda da 2ª parte da tempada, do 28 de febreiro ao 10 de marzo. As persoas abonadas á 1ª parte, días 25 e 26 de febreiro, e se desexan cambiar de butaca, só o 27 de febreiro.
OBRAS
1ª parteEroski paraíso (18 de xaneiro, 20.30 h)Fedra (10 de febreiro, 19.30 h)Sra. de rojo sobre fondo gris (24 de febreiro, 19.30 h)Auto de los inocentes (8 de marzo, 20.30 h)
2ª pateSi no te hubiese conocido (24 de marzo, 19.30 h)Cyrano de Bergerac (27 de abril, 20.30 h)Cinco horas con Mario (8 de maio, 20.30 h)Mandíbula afilada (23 de maio, 20.30 h)
BUTACA ANF. 1 ANF. 2 ANF. 3
1ª PARTE 71,20 € 64,80 € 58,40 € 48 €
2ª PARTE 80 € 76,80 € 68 € 56 €
COMPLETA 151,20 € 141,60 € 126,40 € 104 €
Entradas á venda en ataquilla.comTodos os abonos teñen un 20 % de desconto con respecto ao prezo do billete.*
* Gastos de xestión á parte
Outras bonificacións e descontos xerais:
• Persoas mozas: carné xove• Maiores de 65: carné de xubilación• Persoas desempregadas: carné correspondente
Aplicarase un desconto adicional do 10 % con respecto ao prezo do abono.
Axúdanos a conservar o medio ambiente, gardando este folleto ata a fin da tempada. A programación pode sufrircambios e as duracións das obras son aproximadas.
O p
ape
l de
ste f
olle
to é
10
0 %
re
cic
lad
o e
fo
i pro
du
cid
o b
aixo
un
ha
xest
ión
fo
rest
al r
esp
on
sab
le.
De
pó
sito
leg
al:
C 2
198
-20
18
A túa opinión conta!afundacion.org
Teatro Afundación VigoPolicarpo Sanz, 13986 120 078
Afundación @Afundacion_orgafundacion.org