vi. anuncios a) administraciÓn autonÓmica …€¦ · novembro de 2018, de conformidade co...

14
DOG Núm. 92 Mércores, 13 de maio de 2020 Páx. 20016 ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia VI. ANUNCIOS A) ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA RESOLUCIÓN do 13 de abril de 2020, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se outorgan a Red Eléctrica de España, S.A.U. a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción e se declara a utilidade pública, en concreto, e a compatibilidade cos dereitos mineiros correspondentes ás concesións de explotación de recursos da sección C), Benedicta número 1544 e Arcace número 21, da infraestrutura de transporte de enerxía eléctrica denominada LAT aerosubterránea a 220 kV, S/C, Atios-Montouto, tramo entre a subestación Atios e o apoio T-13 existente, no concello do Porriño (expediente IN407A 2018/321-4). Feitos: 1.O 5 de novembro de 2007, a Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas ditou resolución pola cal se autorizou e se aprobou o proxecto de execución da infraestrutu- ra eléctrica, promovida por Unión Fenosa Distribución, S.A., denominada LAT 132 kV O Porriño-Frieira II, repotenciación a 220 kV, tramo subestación Atios-apoio nº 12, no concello do Porriño (expediente IN407A 2007/257-4), que se publicou no DOG núm. 245, do 20 de decembro de 2007. Esta infraestrutura eléctrica constitúe a terceira fase do proxecto de conexión a 220 kV entre as subestacións de Atios e Montouto, que foi dividido nas tres fases seguintes: • Fase 1ª: consistente na repotenciación a 220 kV da liña eléctrica a 132 kV O Porri- ño-Frieira II, tramo Montouto (apoio 90)-Frieira, que obtivo autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución mediante a Resolución do 3 de xuño de 2004, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas (expedientes IN407 2003/727-4 e IN407A 2004/007-3), que se publicou no DOG núm. 118, do 21 de xuño de 2004. • Fase 2ª: consistente na repotenciación a 220 kV da liña eléctrica a 132 kV O Porriño-Friei- ra II, tramo Montouto (apoio 91) – apoio 12, que obtivo autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución mediante a Resolución do 3 de decembro de 2007, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas (expediente IN407A 2007/001), que se publicou no DOG núm. 61, do 31 de marzo de 2008. CVE-DOG: 4pvmvrf7-vxb2-q6q4-att0-zoppvqaf1fb5

Upload: others

Post on 24-Jul-2020

3 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: VI. ANUNCIOS A) ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA …€¦ · novembro de 2018, de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de ou-tubro, do procedemento administrativo

DOG Núm. 92 Mércores, 13 de maio de 2020 Páx. 20016

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia

VI. ANUNCIOS

A) ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

RESOLUCIÓN do 13 de abril de 2020, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se outorgan a Red Eléctrica de España, S.A.U. a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción e se declara a utilidade pública, en concreto, e a compatibilidade cos dereitos mineiros correspondentes ás concesións de explotación de recursos da sección C), Benedicta número 1544 e Arcace número 21, da infraestrutura de transporte de enerxía eléctrica denominada LAT aerosubterránea a 220 kV, S/C, Atios-Montouto, tramo entre a subestación Atios e o apoio T-13 existente, no concello do Porriño (expediente IN407A 2018/321-4).

Feitos:

1.O 5 de novembro de 2007, a Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas ditou resolución pola cal se autorizou e se aprobou o proxecto de execución da infraestrutu-ra eléctrica, promovida por Unión Fenosa Distribución, S.A., denominada LAT 132 kV O Porriño-Frieira II, repotenciación a 220 kV, tramo subestación Atios-apoio nº 12, no concello do Porriño (expediente IN407A 2007/257-4), que se publicou no DOG núm. 245, do 20 de decembro de 2007.

Esta infraestrutura eléctrica constitúe a terceira fase do proxecto de conexión a 220 kV entre as subestacións de Atios e Montouto, que foi dividido nas tres fases seguintes:

• Fase 1ª: consistente na repotenciación a 220 kV da liña eléctrica a 132 kV O Porri-ño-Frieira II, tramo Montouto (apoio 90)-Frieira, que obtivo autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución mediante a Resolución do 3 de xuño de 2004, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas (expedientes IN407 2003/727-4 e IN407A 2004/007-3), que se publicou no DOG núm. 118, do 21 de xuño de 2004.

• Fase 2ª: consistente na repotenciación a 220 kV da liña eléctrica a 132 kV O Porriño-Friei-ra II, tramo Montouto (apoio 91) – apoio 12, que obtivo autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución mediante a Resolución do 3 de decembro de 2007, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas (expediente IN407A 2007/001), que se publicou no DOG núm. 61, do 31 de marzo de 2008.

CV

E-D

OG

: 4pv

mvr

f7-v

xb2-

q6q4

-att0

-zop

pvqa

f1fb

5

Page 2: VI. ANUNCIOS A) ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA …€¦ · novembro de 2018, de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de ou-tubro, do procedemento administrativo

DOG Núm. 92 Mércores, 13 de maio de 2020 Páx. 20017

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia

• Fase 3ª: consistente na conexión a 220 kV entre a subestación de Atios e o apoio 12 da liña eléctrica a 132 kV O Porriño-Frieira II.

O 7 de febreiro de 2012, a Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas ditou reso-lución pola cal se declarou a utilidade pública da infraestrutura eléctrica correspondente ao expediente IN407A 2007/257-4, que se publicou no DOG núm. 46, do 6 de marzo de 2012.

As entidades Red Eléctrica de España, S.A.U. (REE) e Unión Fenosa Distribución, S.A.U. (UFD) subscribiron un acordo o 1 de marzo de 2017, mediante o cal UFD pon á disposición de REE todos os traballos realizados para finalizar a conexión entre a subestación Atios e o apoio nº 12 da citada liña eléctrica. Isto vén derivado de que a liña de transporte de enerxía eléctrica a 220 kV Atios-Montouto pasou a ser propiedade de REE, como activo integrado na Rede de transporte de enerxía eléctrica.

Finalmente, o 10 de agosto de 2018 a Dirección Xeral de Enerxía e Minas ditou reso-lución pola que se aceptou a desistencia, presentada conxuntamente por REE e UFD o 13 de xullo de 2018, da autorización administrativa e declaración de utilidade pública da infraestrutura eléctrica correspondente ao expediente IN407A 2007/257-4.

2.O 25 de xuño de 2018, REE presentou, ante a Xefatura Territorial de Pontevedra da Consellería de Economía, Emprego e Industria (en diante, Xefatura Territorial), a solicitude de autorización administrativa previa, autorización administrativa de construción, declara-ción de utilidade pública, en concreto, e tramitación de avaliación de impacto ambiental simplificada da infraestrutura de transporte de enerxía eléctrica denominada LAT aerosub-terránea a 220 kV Atios-Montouto, tramo entre a subestación Atios e o apoio T-13 existen-te, acompañada da seguinte documentación, de conformidade coa Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico; o Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e pro-cedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e a Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental:

• Proxecto de execución da citada liña eléctrica (incluíndo a RBDA: relación de bens e dereitos afectados), asinado polo enxeñeiro industrial David Gavin Asso (colexiado nº 2.207 do Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Aragón e La Rioja) e visado por este colexio co nº VD02733-16A e data do 20 de outubro de 2016, e no cal figura un orzamento de 2.046.859 euros.

CV

E-D

OG

: 4pv

mvr

f7-v

xb2-

q6q4

-att0

-zop

pvqa

f1fb

5

Page 3: VI. ANUNCIOS A) ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA …€¦ · novembro de 2018, de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de ou-tubro, do procedemento administrativo

DOG Núm. 92 Mércores, 13 de maio de 2020 Páx. 20018

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia

• Declaración responsable do técnico proxectista, exixida no artigo 53.1.b) da Lei 24/2013, do 26 de decembro.

• Separatas técnicas do proxecto de execución para as entidades afectadas (Concello do Porriño, Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, Consellería do Medio Rural e UFD).

• Documento ambiental para o inicio do procedemento de avaliación de impacto ambien-tal simplificada (datado en novembro de 2016) e documento de prospección arqueolóxica (datado en outubro de 2016).

Esta nova solución que promove REE, que substitúe a prevista na autorización desistida (IN407A 2007/257-4), e que se tramitará baixo o número de expediente IN407A 2018/321-4, consiste na construción dun novo tramo que non mantén a traza nin da liña eléctrica exis-tente a 132 kV nin da liña eléctrica prevista na autorización desistida.

As características técnicas máis salientables da referida infraestrutura eléctrica LAT ae-rosubterránea a 220 kV Atios-Montouto, tramo entre a subestación Atios e o apoio T-13 existente, que discorre polo termo municipal do Porriño (Pontevedra), son as seguintes: LAT con tensión nominal de 220 kV, simple circuíto, de 3,97 km de lonxitude, con dous tramos, subterráneo (0,45 km) e aéreo (3,52 km). A liña ten a súa orixe na posición intem-perie existente na subestación Atios, desde onde discorre en subterráneo cun condutor por fase, tipo RHE-RA+2OL 127/220 kV 1×2000 mm2 + T375, ata o apoio nº 1-PAS, no cal se realizará o paso aerosubterráneo. O tramo aéreo ten a súa orixe neste apoio 1-PAS, desde o cal discorre con dous condutores por fase, tipo AL/AW HAWK, a través de 9 aliñacións e 12 apoios (torres metálicas de celosía) ata o apoio nº 13 existente da LAT Atios-Montouto. Ademais, instalarase un cable de terra óptico do tipo OPGW-TIPO1-17kA-15.3.

3. O 29 de xuño de 2018, a Xefatura Territorial trasladou ao órgano ambiental a docu-mentación presentada polo promotor para os efectos de iniciar a tramitación de avaliación de impacto ambiental simplificada, da referida infraestrutura eléctrica LAT aerosubterránea a 220 kV Atios-Montouto, tramo entre a subestación Atios e o apoio T-13 existente.

O 30 de xullo de 2018, o órgano ambiental comunicoulle á Xefatura Territorial a aper-tura do trámite de consultas ás distintas administracións públicas afectadas e persoas in-teresadas e indica que o proxecto se encontra comprendido no grupo 4.b do anexo II da Lei 21/2013, do 9 de decembro, polo que se deberá seguir o trámite de avaliación de im-pacto ambiental simplificada. Nesta tramitación obtivéronse informes das seguintes entida-des: Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, Dirección Xeral de Patrimonio Natural, Instituto de Estudos do Territorio e Confederación Hidrográfica do Miño-Sil.

CV

E-D

OG

: 4pv

mvr

f7-v

xb2-

q6q4

-att0

-zop

pvqa

f1fb

5

Page 4: VI. ANUNCIOS A) ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA …€¦ · novembro de 2018, de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de ou-tubro, do procedemento administrativo

DOG Núm. 92 Mércores, 13 de maio de 2020 Páx. 20019

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia

O 7 de agosto de 2019, a Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático (órgano ambiental) formulou o informe de impacto ambiental (IIA), no cal conclúe que non son previsibles efectos significativos sobre o ambiente e, polo tanto, non se considera ne-cesario someter o proxecto a unha avaliación de impacto ambiental ordinaria. O Anuncio do 8 de agosto de 2019, do órgano ambiental, polo cal se fixo público o dito IIA, publicouse no DOG núm. 163, do 29 de agosto de 2019.

4. O 29 de xuño de 2018, a Xefatura Territorial solicitou informe á Dirección Xeral de Política Enerxética e Minas do Ministerio de Transición Ecolóxica, quen emitiu informe fa-vorable o 12 de xullo de 2018 para os efectos previstos no artigo 35.2 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, e no 114 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, a respecto da referida infraestrutura eléctrica LAT aerosubterránea a 220 kV Atios-Montouto, tramo entre a subestación Atios e o apoio T-13 existente.

5. O 29 de xuño de 2018, a Xefatura Territorial ditou resolución mediante a cal se so-meteu a información pública a solicitude de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, da referida infraestrutura eléctrica LAT aerosubterránea a 220 kV Atios-Montouto, tramo entre a subestación Atios e o apoio T-13 existente, que se publicou no DOG núm. 144, do 30 de xullo de 2018; no BOP núm. 136, do 16 de xullo de 2018, e no xornal Faro de Vigo do 30 de xullo de 2018, e tamén estivo exposta no taboleiro de anuncios do Concello do Porriño.

Así mesmo, realizáronse notificacións individuais da solicitude de declaración de utilida-de pública, en concreto, aos titulares que figuraban na RBDA con domicilio coñecido. Para os titulares descoñecidos e aqueles aos cales non se lles puido efectuar a notificación, esta realizouse mediante o Anuncio da Xefatura Territorial, do 18 de outubro de 2018, que se publicou no DOG núm. 211, do 6 de novembro de 2018, e no BOE núm. 288, do 29 de novembro de 2018, de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de ou-tubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

6. Durante o período de información pública da referida infraestrutura eléctrica, LAT aerosubterránea a 220 kV Atios-Montouto, tramo entre a subestación Atios e o apoio T-13 existente, presentáronse varios escritos de alegacións. A continuación recóllense as per-soas que os presentaron e un resumo das súas alegacións:

a) Manuel Romero Fernández, a respecto da parcela nº 147, que figura na RBDA publi-cada a nome de herdeiros de Demetrio Romero Piñeiro, fai constar que esta parcela é da súa propiedade achegando documentación acreditativa.

CV

E-D

OG

: 4pv

mvr

f7-v

xb2-

q6q4

-att0

-zop

pvqa

f1fb

5

Page 5: VI. ANUNCIOS A) ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA …€¦ · novembro de 2018, de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de ou-tubro, do procedemento administrativo

DOG Núm. 92 Mércores, 13 de maio de 2020 Páx. 20020

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia

b) Trinidad Romero Fernández, a respecto da parcela nº 102, que figura na RBDA publi-cada a nome de Demetrio Romero Piñeiro, fai constar que esta parcela é da súa propieda-de achegando documentación acreditativa.

c) Xoán Xosé Pereira Pereira, en calidade de presidente da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común (CMVMC) de Atios, que figura na RBDA publicada como titular de tres parcelas (nº: 3, 23 e 24), fai constar o seu rexeitamento á instalación da liña eléctrica proxectada ao considerar que o seu monte veciñal xa está afectado pola existencia de canteiras e doutras liñas eléctricas, polo que a nova liña eléctrica reduciría aínda máis a su-perficie produtiva do monte, agravando, ademais, a paulatina deterioración do ambiente e da paisaxe da zona. En consecuencia, solicita a adopción dalgunha das medidas indicadas (descríbense ao final deste parágrafo) co fin de reducir o impacto da liña eléctrica proxec-tada sobre o monte veciñal desde o punto de vista visual, ecolóxico e mesmo económico, ao afectar unha das zonas de maior produtividade forestal. Así mesmo, advirte que a RBDA publicada é errónea ao identificar a nome do Concello do Porriño varias parcelas que son de titularidade da CMVMC de Atios (parcelas nº: 6, 7, 19, 20, 21, 22, 23, 24, 25, 28, 29, 30). Finalmente, solicita a adopción das medidas técnicas propostas e a rectificación da titularidade das parcelas indicadas. Medidas propostas:

– Suprimir o apoio T-05 por non ser necesario, xa que a liña eléctrica discorrería entre os apoios T-04 e T-06, sobrevoando unha canteira que non ten actividade.

– Aproximar o apoio T-07, sempre que sexa viable tecnicamente, o máis posible ao lí-mite das explotacións minerais, en dirección suroeste, xa que esta torre estaría situada na zona de maior produción forestal do monte veciñal.

– Situar o apoio T-08 na cota máis baixa da valgada existente entre o penedo coñecido como A Pía do Corvo e o outro penedo de nome Porco Rachado, de modo que se minimice o impacto visual nesa zona, xa que o apoio estaría a escasos metros dun lugar pintoresco e de interese paisaxístico.

d) Unión Fenosa Distribución, S.A., actualmente UFD Distribución Electricidad, S.A. (en diante, UFD), a respecto da parcela nº 1 que figura na RBDA publicada a nome de Gas Na-tural SDG, S.A., fai constar a súa desconformidade coa inclusión desta parcela na RBDA publicada, con base nas seguintes alegacións:

– Nesta parcela, propiedade de UFD, está implantada a actual subestación de Atios, cos correspondentes activos da rede de distribución, indispensables para o mantemento e a explotación da actividade, os cales, en virtude da normativa sectorial, teñen recoñecida a

CV

E-D

OG

: 4pv

mvr

f7-v

xb2-

q6q4

-att0

-zop

pvqa

f1fb

5

Page 6: VI. ANUNCIOS A) ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA …€¦ · novembro de 2018, de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de ou-tubro, do procedemento administrativo

DOG Núm. 92 Mércores, 13 de maio de 2020 Páx. 20021

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia

utilidade pública, polo que é preciso que a Administración decida acerca da compatibilidade ou incompatibilidade dos aproveitamentos enfrontados e, para o caso de non ser posible a súa coexistencia, pronunciarse acerca da prevalencia dun destes.

– Calquera actuación dentro da parcela da subestación de Atios precisa da correspon-dente análise para avaliar as posibles repercusións nas instalacións de distribución de enerxía eléctrica existentes na actualidade, pero igualmente precisa da necesaria análise urbanística, para a cal o promotor da actuación deberá xustificar o cumprimento, tanto do disposto no PXOM do Concello do Porriño como na Lei 2/2016, do solo de Galicia.

– A instalación de transporte proxectada dentro dos terreos da subestación de Atios debe rexerse polo mesmo procedemento que no seu día se acordou con REE para as infraestruturas de transporte existentes na actualidade sobre esta parcela, isto é, debe quedar amparado por un documento contractual entre ambas as sociedades.

7. O 29 de xuño de 2019, a Xefatura Territorial, de conformidade cos artigos 127 e 146 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, solicitou informe ás seguintes entidades, con bens ou dereitos afectados pola referida infraestrutura eléctrica LAT aerosubterránea a 220 kV Atios-Montouto, tramo entre a subestación Atios e o apoio T-13 existente: Concello do Porriño, Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, Consellería do Medio Rural e UFD.

Estas catro entidades emitiron informe en que se recollen os seus condicionados téc-nicos ao respecto, dos cales se deu traslado a REE, que manifestou a súa conformidade con eles.

8. O 18 de outubro de 2019, a Xefatura Territorial, logo de rematada a instrución do expediente IN407A 2018/321-4, deu traslado deste á Dirección Xeral de Enerxía e Minas para os efectos de ditar a correspondente resolución de autorización e declaración de uti-lidade pública. No expediente consta informe dos servizos técnicos da Xefatura Territorial, do 23 de setembro de 2019, sobre as alegacións presentadas durante o trámite de infor-mación pública.

O 27 de novembro de 2019, a Xefatura Territorial, por requirimento da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, completou o dito expediente coa seguinte documentación:

• Certificación dos servizos técnicos da Xefatura Territorial, do 18 de novembro de 2019, sobre os dereitos mineiros afectados, en que se fai constar que a zona pola cal se estende a liña eléctrica proxectada está afectada polos seguintes dereitos mineiros:

– Concesión de explotación de recursos da sección C), denominada Benedicta, nº 1544 (PO/C/01544), para a explotación de feldespato e granito ornamental, situada nos termos

CV

E-D

OG

: 4pv

mvr

f7-v

xb2-

q6q4

-att0

-zop

pvqa

f1fb

5

Page 7: VI. ANUNCIOS A) ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA …€¦ · novembro de 2018, de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de ou-tubro, do procedemento administrativo

DOG Núm. 92 Mércores, 13 de maio de 2020 Páx. 20022

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia

municipais do Porriño e Salceda de Caselas, e de titularidade de Porriñesa de Cantei-ras, S.A. (Pocasa).

– Concesión de explotación de recursos da sección C), denominada Arcace, nº 21 (PO/C/00021), para a explotación de granito ornamental, situada no termo municipal do Porriño, e de titularidade de Manuel Alfonso Carrera Lorenzo, Manuel Martínez González e José Pérez Pérez.

• Certificación do técnico proxectista, do 19 de novembro de 2019, na cal se fai constar que no trazado da liña eléctrica proxectada non existen limitacións á constitución de servi-dume de paso de enerxía eléctrica, para os efectos dispostos no artigo 58 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, e no artigo 161 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro.

• Informe dos servizos técnicos da Xefatura Territorial, do 27 de novembro de 2019, sobre a instrución do expediente, no cal se conclúe que se cumpriron os trámites do proce-demento establecido no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, e que pro-cede a remisión do expediente á Dirección Xeral de Enerxía e Minas para a súa resolución.

9. O 10 de decembro de 2019, a Dirección Xeral de Enerxía e Minas acordou iniciar o trámite de compatibilidade de utilidades públicas concorrentes no espazo territorial proxec-tado para a instalación eléctrica denominada LAT aerosubterránea a 220 kV Atios-Montou-to, tramo entre a subestación Atios e o apoio T-13 existente, cos dous dereitos mineiros afectados (reflectidos no punto anterior), e concederlles ás partes interesadas o preceptivo trámite de audiencia polo prazo de quince días.

Durante este trámite de audiencia só contestaron os titulares do dereito mineiro Arca-ce solicitando que se resolva a incompatibilidade das utilidades públicas en conflito e se declare a prevalencia da autorización de explotación de granito ornamental da sección C) Arcace sobre a liña eléctrica proxectada.

O 30 de marzo de 2020, os servizos técnicos da Xefatura Territorial emitiron informe sobre este trámite de compatibilidade, no cal se conclúe que os dous dereitos mineiros afectados, Benedicta e Arcace, son compatibles coa liña eléctrica proxectada.

Consideracións legais e técnicas:

1. A Dirección Xeral de Enerxía e Minas é competente para resolver este expediente con fundamento no Decreto 135/2017, do 28 de decembro, da Consellería de Economía,

CV

E-D

OG

: 4pv

mvr

f7-v

xb2-

q6q4

-att0

-zop

pvqa

f1fb

5

Page 8: VI. ANUNCIOS A) ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA …€¦ · novembro de 2018, de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de ou-tubro, do procedemento administrativo

DOG Núm. 92 Mércores, 13 de maio de 2020 Páx. 20023

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia

Emprego e Industria, polo cal se establece a estrutura orgánica desta consellería (DOG núm. 18, do 25 de xaneiro de 2018); Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, da Consellería de Economía, Emprego e Industria, polo cal se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan com-petencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 22, do 1 de febreiro de 2017), e na Orde do 10 de xuño de 2016, da Consellería de Economía, Emprego e Industria, sobre delegación de competencias en diversos órganos desta consellería (DOG núm. 131, do 12 de xullo de 2016).

2. A lexislación de aplicación a este expediente é:

• Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administra-cións públicas.

• Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.

• Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

• Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental.

• Lei 3/2008, do 23 de maio, de ordenación da minaría de Galicia.

• Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia.

• Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa.

• Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre con-dicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

• Real decreto 1047/2013, do 27 de decembro, polo que se establece a metodoloxía para o cálculo da retribución da actividade de transporte de enerxía eléctrica.

• Real decreto 1432/2008, do 29 de agosto, polo que se establecen medidas para a protección da avifauna contra a colisión e a electrocución en liñas eléctricas de alta tensión.

CV

E-D

OG

: 4pv

mvr

f7-v

xb2-

q6q4

-att0

-zop

pvqa

f1fb

5

Page 9: VI. ANUNCIOS A) ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA …€¦ · novembro de 2018, de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de ou-tubro, do procedemento administrativo

DOG Núm. 92 Mércores, 13 de maio de 2020 Páx. 20024

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia

• Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.

• Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autoriza-ción de instalacións de enerxía eléctrica.

• Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expro-piación forzosa.

• Decreto 455/1996, do 7 de novembro, de fianzas en materia ambiental (DOG núm. 32, do 17 de febreiro de 1997).

• Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).

3. Informe favorable emitido o 12 de xullo de 2018 pola Dirección Xeral de Política Enerxé-tica e Minas do Ministerio de Transición Ecolóxica a respecto da referida infraestrutura eléctri-ca LAT aerosubterránea a 220 kV Atios-Montouto, tramo entre a subestación Atios e o apoio T-13 existente, para os efectos previstos no artigo 35.2 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no artigo 114 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro.

4. Á vista dos escritos de alegacións presentados durante o trámite de información públi-ca da referida infraestrutura eléctrica LAT aerosubterránea a 220 kV Atios-Montouto, tramo entre a subestación Atios e o apoio T-13 existente, da contestación que deu a elas REE e do resto da documentación que consta no expediente, queda de manifesto o seguinte:

• A respecto das alegacións relativas a erros na propiedade das parcelas afectadas que figuran na RBDA publicada, cómpre indicar que o promotor (REE) manifesta que procedeu a tomar razón da acreditación da titularidade das parcelas nº 102 e 147, dato que será tido en conta para posteriores fases do expediente administrativo, e, en relación coas parcelas sinaladas pola CMVMC de Atios (nº: 6, 7, 19, 20, 21, 22, 23, 24, 25, 28, 29, 30), manifesta que tomou razón do conflito presentado, e que estas constan en litixio para as seguintes fases do procedemento.

CV

E-D

OG

: 4pv

mvr

f7-v

xb2-

q6q4

-att0

-zop

pvqa

f1fb

5

Page 10: VI. ANUNCIOS A) ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA …€¦ · novembro de 2018, de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de ou-tubro, do procedemento administrativo

DOG Núm. 92 Mércores, 13 de maio de 2020 Páx. 20025

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia

En calquera caso, de existir algún posible litixio de propiedade, esta Administración non é competente para resolver nin dirimir sobre eles, pois son competencia exclusiva da xurisdición civil ordinaria. Non obstante, no acto de levantamento das actas previas á ocu-pación (dentro do procedemento expropiatorio), acto ao cal serán oportunamente convoca-dos todos os afectados, poderanse formular alegacións e manifestacións ao respecto, así como achegar a documentación acreditativa da titularidade que se considere pertinente, sen prexuízo de que as actuacións no procedemento expropiatorio se poderán seguir ante o Ministerio Fiscal no suposto de que subsista o litixio.

• A respecto das medidas propostas pola CMVMC de Atios, para os efectos de reducir a afección da liña eléctrica proxectada sobre as súas parcelas que figuran na RBDA publica-da, cómpre indicar o seguinte:

– En canto á supresión do apoio T-05, sobre o plano obsérvase que ao unir o apoio T-04 co T-06, a liña eléctrica sobrevoa por un lateral da canteira, afectando esta e unha caseta, o cal provoca novas afeccións a terceiros.

– En canto ao desprazamento do apoio T-07, non resulta posible valoralo por falta de concreción da proposta. Non obstante, o promotor afirma que isto implicaría o recrece-mento do apoio T-8 e que con iso se xera unha maior afección á produción forestal que se pretende minimizar.

– En canto a resituar o apoio T-08 para minimizar o impacto visual, hai que remitirse ao disposto ao respecto polo órgano ambiental no informe de impacto ambiental (IIA): «En relación co impacto paisaxístico, conforme o informe do Instituto de Estudos do Territorio, as actuacións do proxecto non provocarán un impacto paisaxístico significativo, sempre e cando se tomen as medidas propostas no documento ambiental, nos seus informes, xunto coas que se recollen na epígrafe de condicionado deste IIA».

• A respecto das alegacións de UFD, cómpre indicar que REE, mediante escrito presen-tado o 6 de abril de 2020, fai constar que sobre a dita parcela de UFD (parcela nº 1 que figura na RBDA publicada), onde está actualmente a subestación Atios, constan formaliza-dos diversos acordos entre UFD e REE que inciden sobre a titularidade e o uso dela, que non se considera necesaria a súa expropiación para posteriores fases do procedemento e que se dá por xustificada a súa exclusión da RBDA. En consecuencia, de acordo co mani-festado por REE, a dita parcela queda excluída da declaración de utilidade pública para os efectos expropiatorios.

CV

E-D

OG

: 4pv

mvr

f7-v

xb2-

q6q4

-att0

-zop

pvqa

f1fb

5

Page 11: VI. ANUNCIOS A) ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA …€¦ · novembro de 2018, de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de ou-tubro, do procedemento administrativo

DOG Núm. 92 Mércores, 13 de maio de 2020 Páx. 20026

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia

5. Informe emitido o 27 de novembro de 2019 polos servizos técnicos da Xefatura Terri-torial en que se conclúe que na instrución do expediente IN407A 2018/321-4 se cumpriron os trámites do procedemento establecido no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, e que procede a remisión do expediente á Dirección Xeral de Enerxía e Minas para a súa resolución.

6. Informe emitido o 30 de marzo de 2020 polos servizos técnicos da Xefatura Territorial sobre compatibilidade ou incompatibilidade cos dereitos mineiros afectados pola liña eléc-trica proxectada, en que se conclúe, de xeito literal, o seguinte: «Tendo en conta o anterior, considérase que os traballos de aproveitamento da autorización de explotación de recur-sos da sección C) Arcace nº 21 (PO/A/00021), da titularidade de Manuel Alfonso Carrera Lorenzo, Manuel Martínez González e José Pérez Pérez, e da concesión de explotación de recursos da sección C) Benedicta nº 1544 (PO/C/01544), da titularidade de Porriñesa de Canteiras, S.A. (Pocasa), son compatibles coa instalación eléctrica denominada LAT 220 kV Atios-Montouto, tramo entre a subestación Atios e o apoio T-13 existente, no termo municipal do Porriño (Pontevedra), e que promove Red Eléctrica de España, S.A.U. Non obstante, o desenvolvemento dos traballos mineiros na proximidade da liña eléctrica van estar condicionados polo cumprimento do disposto nas ITC 10.3.01 Voaduras especiais e ITC 07.1.03 Traballos a ceo aberto. Seguridade do persoal».

De acordo co que antecede, e no exercicio das competencias que teño atribuídas,

RESOLVO:

1. Outorgar a Red Eléctrica de España, S.A.U. a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción da infraestrutura de transporte de enerxía eléc-trica denominada LAT aerosubterránea a 220 kV, simple circuíto (S/C), Atios-Montouto, tramo entre a subestación Atios e o apoio T-13 existente, no termo municipal do Porriño (Pontevedra).

2. Declarar a utilidade pública, en concreto, da citada infraestrutura de transporte de enerxía eléctrica, o que leva implícita a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisi-ción dos dereitos afectados e implica a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

3. Declarar a compatibilidade da citada infraestrutura de transporte de enerxía eléctrica cos dereitos mineiros correspondentes ás concesións de explotación de recursos da sec-ción C), Benedicta nº 1544 (PO/C01544) e Arcace nº 21 (PO/C/00021).

CV

E-D

OG

: 4pv

mvr

f7-v

xb2-

q6q4

-att0

-zop

pvqa

f1fb

5

Page 12: VI. ANUNCIOS A) ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA …€¦ · novembro de 2018, de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de ou-tubro, do procedemento administrativo

DOG Núm. 92 Mércores, 13 de maio de 2020 Páx. 20027

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia

Todo isto de acordo coas condicións seguintes:

1. Con base no disposto no Decreto 455/1996, do 7 de novembro, de fianzas en materia ambiental, fíxase en 20.468 € (1 % do orzamento do proxecto de execución) a contía do aval, que deberá constituír REE para garantir o cumprimento das medidas correctoras e responder da reparación dos posibles danos que se lle poidan causar ao ambiente e do seu custo de restauración.

REE deberá depositar este aval, con carácter previo ao inicio das obras, na Caixa Xeral de Depósitos da Consellería de Facenda da Xunta de Galicia, en calquera das formas si-naladas no artigo 11.3 do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo, sobre réxime de instalación, ampliación e traslado de industrias, e devolverase cando desaparezan as causas que mo-tivaron a súa constitución, de conformidade co disposto no artigo 6 do Decreto 455/1996, do 7 de novembro.

2. As instalacións que se autorizan terán que realizarse de acordo coas especificacións e cos planos que figuran no proxecto de execución titulado LAT aerosubterránea de trans-porte de enerxía eléctrica a 220 kV, simple circuíto, Atios-Montouto, entre a subestación (SE) Atios e o apoio T-13 existente, asinado por David Gavin Asso, enxeñeiro industrial (colexiado nº 2.207 do Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Aragón e La Rioja), con visado dixital deste colexio nº VD02733-16A e data do 20 de outubro de 2016, e no cal figura un orzamento de 2.046.859 €.

3. REE asegurará o mantemento e a vixilancia correcta das instalacións durante a cons-trución e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que en todo momento se man-terán as condicións regulamentarias de seguridade.

En todo momento deberanse cumprir as normas e directrices vixentes que resulten de aplicación, en particular canto establece o Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.

4. Para introducir modificacións nas instalacións que afecten datos básicos do proxecto será necesaria a autorización previa da Dirección Xeral de Enerxía e Minas; non obstante, a Xefatura Territorial poderá autorizar as modificacións de detalle do proxecto que resulten procedentes e deberá comunicar á dita dirección xeral todas as resolucións que se diten en aplicación da citada facultade.

CV

E-D

OG

: 4pv

mvr

f7-v

xb2-

q6q4

-att0

-zop

pvqa

f1fb

5

Page 13: VI. ANUNCIOS A) ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA …€¦ · novembro de 2018, de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de ou-tubro, do procedemento administrativo

DOG Núm. 92 Mércores, 13 de maio de 2020 Páx. 20028

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia

5. O prazo para a posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce me-ses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Unha vez construídas estas instalacións, REE deberá presentar a solicitude de posta en servizo ante a Xefatura Territorial, acompañada da documentación exixible de acordo co punto 3 da ITC-LAT 04 do Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro.

6. REE deberá cumprir en todo momento coas condicións impostas no informe de im-pacto ambiental (IIA) formulado o 7 de agosto de 2019 polo órgano ambiental.

Con carácter previo á posta en marcha das instalacións, o órgano competente verificará o cumprimento dos condicionados impostos nesta resolución, así como das condicións que sexan de aplicación das que figuran no informe de impacto ambiental (IIA).

Para dar cumprimento ao establecido no artigo 48.2 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, relativo ao contido da autorización do proxecto, resúmese a se-guinte información contida no IIA:

– Conclusión sobre os efectos significativos do proxecto no ambiente: punto 3 do IIA.

– Condicións ambientais establecidas e medidas para prever, corrixir ou compensar os efectos adversos significativos no ambiente: punto 4 do IIA.

– Descrición das características do proxecto: punto 3 do IIA.

– Medidas de seguimento e órgano encargado deste: punto 4.8 do IIA.

7. En canto aos bens e dereitos afectados por esta infraestrutura de transporte de ener-xía eléctrica e adscritos ás distintas administracións, organismos ou empresas de servizo público ou de servizos de interese xeral, a empresa REE realizará os correspondentes cruzamentos e afeccións de acordo cos condicionados e informes emitidos por estes.

8. A Administración reserva para si o dereito a deixar sen efecto esta autorización por incumprimento das condicións estipuladas, pola facilitación de datos inexactos ou por cal-quera outra causa legal ou regulamentaria que así o prevexa.

9. Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das auto-rizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios

CV

E-D

OG

: 4pv

mvr

f7-v

xb2-

q6q4

-att0

-zop

pvqa

f1fb

5

Page 14: VI. ANUNCIOS A) ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA …€¦ · novembro de 2018, de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de ou-tubro, do procedemento administrativo

DOG Núm. 92 Mércores, 13 de maio de 2020 Páx. 20029

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia

para a realización das obras das instalacións autorizadas, en especial as relativas á orde-nación do territorio e ao ambiente, tal e como dispón o título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada, ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Ga-licia, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación ou publi-cación, de acordo co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren pertinente.

Santiago de Compostela, 13 de abril de 2020

Ángel Bernardo Tahoces Director xeral de Enerxía e Minas

CV

E-D

OG

: 4pv

mvr

f7-v

xb2-

q6q4

-att0

-zop

pvqa

f1fb

5