vespa velutinano país veciño e cales son as súas ... api… · convidamos á unaf, unión...

16
Máis formación A formación, a información e o asesoramento técnico son as no- sas prioridades. Tanto a información coma o asesoramento están canali- zados dentro de AGA, pero a forma- ción ten que ser continuada, reciclada e adaptada ás novas necesidades das nosas abellas, así como dos abelleiros e abelleiras. O cambio climático, as doen- zas, as especies invasoras e os pesti- cidas fan que teñamos necesidade de actualización e posta ó día dos coñe- cementos abelleiros e do manexo do apiario. Con base en todo isto, desde AGA propuxemos crear a Escola Ga- lega de Apicultura (EGA) para dar saída a estas necesidades formativas e de actualización de coñecementos. Esta escola ten vontade de ser un es- pazo de formación técnica apícola, no que se destaquen os valores ambien- tais, o asociacionismo e a innovación técnica ligados ó desenvolvemento do sector apícola galego. A EGA, pro- mocionada por AGA, foi creada nes- te xaneiro do 2018 mediante un con- venio entre o Concello de Allariz, a Fundación Ramón González Ferreiro e a Asociación Galega de Apicultura, e terá a súa sede na vila de Allariz. Durante a primavera do ano 2018 botará a camiñar con cursos de iniciación á apicultura, un curso supe- rior de apicultura e outras activida- des. Alí contaremos con instalacións para a formación apícola prevista no convenio asinado. Agardamos que este novo proxecto de AGA teña consecuen- cias positivas para as abellas e os abe- lleiros e as abelleiras de Galicia, sobre todo para a provincia de Ourense, onde se atopa a apicultura máis co- mercial do noso país. O sábado 17 de febreiro, celebraremos en Arzúa o Día do Apicultor, que estará dedicado á Vespa velutina, a peor ameaza na ac- tualidade para as abellas e a apicultura nunha boa parte do territorio galego. Aínda queda moito por descubrir sobre o tártago asiático e para acadar unha loita eficaz é indispensable que o coñezamos mellor. Convidamos á UNAF, Unión Nacional de Apicultura Fran- cesa, que nos explicarán como é a situación actual da invasión da Vespa velutina no país veciño e cales son as súas perspectivas de futuro. Tamén participarán representantes das Plataformas Stop Velutina-Galicia, Asturias e Cantabria, que nos contarán de que forma se está a presionar ás administracións e cales son os resulta- dos obtidos ata o momento. No terreo práctico, co fin de ofrecer ferramentas ós apicultores e apicultoras para protexer os seus apiarios, haberá unha exposición de diferentes modelos de trampas eléctricas, na que poder comparar e decidir que tipo de trampa utilizar. Para asesorarnos neste tema estará presente a investigadora e socia de AGA Sandra Rojas, quen nos informará do estudo realizado a través da Universidade de Vigo. Por último, presentaremos a recentemente creada Escola Galega de Apicultura e o programa de formación de AGA para o 2018, así como informaremos sobre a próxima convocatoria do Plan Apícola. Como vén sendo habitual nesta xornada, teremos feira de material e servizo de información e trámites cos socios e socias. Este ano as charlas serán no local da Pulpeira de Santa María, detrás da nave de Erica Mel, onde faremos tamén o xantar abelleiro. Este día terá lugar a Asemblea xeral de AGA, na que se rea- lizará a elección á Xunta Directiva. As candidaturas, axuntando o programa de actividades e orzamento, serán admitidas no domicilio social de AGA ata dez (10) días antes da celebración da Asemblea xeral.

Upload: others

Post on 21-Aug-2020

0 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: Vespa velutinano país veciño e cales son as súas ... API… · Convidamos á UNAF, Unión Nacional de Apicultura Fran-cesa, que nos explicarán como é a situación actual da invasión

Máis formación

A formación, a información e o asesoramento técnico son as no-sas prioridades. Tanto a información coma o asesoramento están canali-zados dentro de AGA, pero a forma-ción ten que ser continuada, reciclada e adaptada ás novas necesidades das nosas abellas, así como dos abelleiros e abelleiras. O cambio climático, as doen-zas, as especies invasoras e os pesti-cidas fan que teñamos necesidade de actualización e posta ó día dos coñe-cementos abelleiros e do manexo do apiario. Con base en todo isto, desde AGA propuxemos crear a Escola Ga-lega de Apicultura (EGA) para dar saída a estas necesidades formativas e de actualización de coñecementos. Esta escola ten vontade de ser un es-pazo de formación técnica apícola, no que se destaquen os valores ambien-tais, o asociacionismo e a innovación técnica ligados ó desenvolvemento do sector apícola galego. A EGA, pro-mocionada por AGA, foi creada nes-te xaneiro do 2018 mediante un con-venio entre o Concello de Allariz, a Fundación Ramón González Ferreiro e a Asociación Galega de Apicultura, e terá a súa sede na vila de Allariz. Durante a primavera do ano 2018 botará a camiñar con cursos de iniciación á apicultura, un curso supe-rior de apicultura e outras activida-des. Alí contaremos con instalacións para a formación apícola prevista no convenio asinado. Agardamos que este novo proxecto de AGA teña consecuen-cias positivas para as abellas e os abe-lleiros e as abelleiras de Galicia, sobre todo para a provincia de Ourense, onde se atopa a apicultura máis co-mercial do noso país.

O sábado 17 de febreiro, celebraremos en Arzúa o Día do Apicultor, que estará dedicado á Vespa velutina, a peor ameaza na ac-tualidade para as abellas e a apicultura nunha boa parte do territorio galego. Aínda queda moito por descubrir sobre o tártago asiático e para acadar unha loita eficaz é indispensable que o coñezamos mellor. Convidamos á UNAF, Unión Nacional de Apicultura Fran-cesa, que nos explicarán como é a situación actual da invasión da Vespa velutina no país veciño e cales son as súas perspectivas de futuro. Tamén participarán representantes das Plataformas Stop Velutina-Galicia, Asturias e Cantabria, que nos contarán de que forma se está a presionar ás administracións e cales son os resulta-dos obtidos ata o momento. No terreo práctico, co fin de ofrecer ferramentas ós apicultores e apicultoras para protexer os seus apiarios, haberá unha exposición de diferentes modelos de trampas eléctricas, na que poder comparar e decidir que tipo de trampa utilizar. Para asesorarnos neste tema estará presente a investigadora e socia de AGA Sandra Rojas, quen nos informará do estudo realizado a través da Universidade de Vigo. Por último, presentaremos a recentemente creada Escola Galega de Apicultura e o programa de formación de AGA para o 2018, así como informaremos sobre a próxima convocatoria do Plan Apícola. Como vén sendo habitual nesta xornada, teremos feira de material e servizo de información e trámites cos socios e socias. Este ano as charlas serán no local da Pulpeira de Santa María, detrás da nave de Erica Mel, onde faremos tamén o xantar abelleiro. Este día terá lugar a Asemblea xeral de AGA, na que se rea-lizará a elección á Xunta Directiva. As candidaturas, axuntando o programa de actividades e orzamento, serán admitidas no domicilio social de AGA ata dez (10) días antes da celebración da Asemblea xeral.

Page 2: Vespa velutinano país veciño e cales son as súas ... API… · Convidamos á UNAF, Unión Nacional de Apicultura Fran-cesa, que nos explicarán como é a situación actual da invasión

. . .

Na actualidade somos 1.750 socios e socias, 254 persoas asociadas novas este ano.

1. INFORMACIÓN E ASESORAMENTO. Atención a diario, oficina de Arzúa, de 10 a 14 h e de 16 a 18 h.. Envío de tres correos apícolas, . Edición dun caderno especial sobre a trampa eléctrica contra a Vespa velutina . Dúas circulares informativas, . emails AGA INFORMA (de 2 a 4 / mes).. Web e facebook

2. FORMACIÓN. 19 cursos de iniciación. 6 xornadas de reprodución. 2 cursos de reprodución apícola e cría de raíñas. Varios cursos realizados por demanda de concellos e asociacións

3. XORNADAS. Día do Apicultor, Arzúa, 11 febreiro. Mostra Galega de Apicultura, Arzúa, 4 de xuño. Día da Abella, 20 de maio, en Santiago de Compostela, Ferrolterra, Allariz, Nigrán, Culleredo, As Pontes e O Barqueiro.. Xornada Vespa velutina - CEIDA Oleiros, o 14 decembro

4. SERVIZOS. Plan Apícola 2017: 633 socios/as con 51.738 colmeas. Seguro apícola: póliza xeral colmeas; dúas pólizas para recollida de enxames a través do 112; dúas pólizas para a retirada de niños de velutina. Servizos veterinarios: xestión dos tratamentos contra a varroa, sanidade apícola, asesoramento e formación. Servizos de asesoría xurídica: información sobre subvencións, lexislación, relacións institucionais e con outros organismos. Servizo de apiterapia: charlas e artigos de divulga-ción e desconto nas consultas do apiterapeuta José Castro, de Apiterapia Center. Convenio 112: recollida de enxames

5. VIAXE APÍCOLA. Marcha Stop Velutina, 19 ó 23 de outubro, de Santiago a Bilbao

6. LOITA CONTRA A VESPA VELUTINA. Repartición de trampas para a captura primaveral de raíñas. Estudo e divulgación sobre a trampa eléctrica. Organización e participación en charlas, xornadas e congresos. Contacto coas administracións. Colaboración en proxectos de investigación coas universidades. Plataforma Stop Velutina-Galicia. Deseño e edición de materiais informativos

7. SUBVENCIÓNS. Deputación da Coruña: Día do Apicultor e Mostra Galega de Apicultura

Información sobre as seguintes convocatorias:. Incorporación agraria: creación e desenvolvemen-to de empresas agrícolas para persoas mozas. Industrias agrarias: produtos agrícolas. Lumes: perdas ocasionadas nas colmeas polos lumes acontecidos en outubro de 2017

8. ASOCIACIONISMOParticipación en Beelife (pesticidas), CODACC (Vespa velutina e outros), AFCA (congresos), Mel de Galicia (promoción e control de calidade), Greenpeace (pesticidas), Coalición Europea “Salvar as Abellas” (pesticidas) e Plataforma Stop Velutina

9. ACTIVIDADES DAS DAGAs. Divulgación, formación, programa de loita contra a Vespa velutina (tártago). Asesoramento técnico a nivel comarcal

RELATORIO DE ACTIVIDADES DE AGA REALIZADAS NO 2017

Page 3: Vespa velutinano país veciño e cales son as súas ... API… · Convidamos á UNAF, Unión Nacional de Apicultura Fran-cesa, que nos explicarán como é a situación actual da invasión

O programa de AGA 2018 será presentado para a súa aprobación na Asemblea Xeral.

1. ORGANIGRAMA DE FUNCIONAMENTO DE AGA-ERICA MEL S.C.G. Para que os socios e as socias teñan coñecemento de a quen se deben dirixir segundo o asesoramen-to que precisen:. Directivas: AGA + Erica + DAGAs . Persoal de apoio e asesor ao persoal laboral: Isidro Pardo, José Luis Meixide e Suso Asorey. Persoal laboral:. Administración: José R. Cornes e Marita Puga. Produción: Ricardo Mosquera e Elena Tato. Comunicación, formación e Plan Apícola: Paula Souto. Servizo sanitario, control de calidade, formación: Gonzalo Calvo. Servizo xurídico, relacións institucionais e con ou-tros organismos, información sobre subvencións e lexislación: Laura García Sáez

2. ASESORAMENTO AOS SOCIOS E SOCIASDiario de 10 a 14 h e de 16 a 18 h, en Arzúa

3. INFORMACIÓN Circulares, AGA-informa, Correo Apícola, web, fa-cebook, Especial Abelleira

4. FORMACIÓN 2018 Xornadas:. Día do Apicultor, Arzúa, 17 de febreiro. Día da Abella, 20 de maio. Mostra Galega de Apicultura, Arzúa, no mes de xuño. Xornadas de reprodución en distintos puntos Cursos:. Cursos de iniciación, en distintos puntos de Galicia. Cursos de reprodución, Abella Meiga en Outeiro de Rei (Lugo) e Apilarouco en Cualedro (Ourense). Curso de apicultura de lecer e autoconsumo, Casa das Abellas, Abegondo. Curso superior de apicultura comercial, na Escola Galega de Apicultura, EGA, Allariz

5. PLAN APÍCOLA 2018Asesoramento, tratamento contra a varroa, alimen-tación suplementaria, renovación de cera

6. PROGRAMA DE LOITA CONTRA A VESPA VELUTINA. Plan piloto primaveral: trampeo masivo e coordi-nado, nos meses de marzo, abril e maio.. Plan de protección dos apiarios durante o verán-outono: pastores eléctricos, excluidores, alimenta-ción suplementaria.. Charlas de divulgación e presión ante as adminis-tracións

7. XESTIÓNS PERANTE OS ORGANISMOS OFICIAIS E CAMPAÑAS DE PRESIÓN NAS DISTINTAS PROBLEMÁTICAS

8. TRABALLOS DE AGABee Life, CODACC, AFCA, IXP, Coalicion Europea “Salvar as Abellas”, Plataforma STOP Velutina e le-xislación apícola

9. VIAXE APÍCOLA ANUAL. IX Congreso Nacional de Apicultura, no mes de outubro en Tenerife

10. SEGUROS

11. FEIRAS DO MEL EN OUTONO

12. ACTIVIDADES DAS DAGAsInformación, formación, asesoramento técnico a ni-vel comarcal.

PROGRAMA DE AGA PARA O 2018

Page 4: Vespa velutinano país veciño e cales son as súas ... API… · Convidamos á UNAF, Unión Nacional de Apicultura Fran-cesa, que nos explicarán como é a situación actual da invasión

A ESCOLA GALEGA DE APICULTURA O pasado 12 de xaneiro asinouse o convenio polo que nace este novo proxecto apícola promocionado desde AGA, no que participarán o Concello de Allariz e a Fundación Ramón Gon-zález Ferreiro, e que comezará a funcionar na primavera do 2018. A Escola Galega de Apicultura será un centro de formación apícola radicado na vila de Alla-riz. Desde AGA consideramos que a provincia de Ourense, sendo unha das provincias con maior número de colmeas e de profesionais da apicultura, merece contar cun centro destas caracterís-ticas no seu territorio.

Programa de formación de AGA 2018 Ademais das actividades neste centro, AGA está preparando un programa de formación, que se realizará durante a primavera e incluirá:. Cursos de iniciación. En diferentes lugares de Gali-cia, de fin de semana, teoría e práctica. De balde para as persoas asociadas a AGA e 50 € para o resto.. Curso «Apicultura de lecer e autoconsumo». Na Casa das Abellas, en Abegondo.. Xornadas e cursos de especialización en reprodu-ción apícola e cría de raíñas, con Abella Meiga, en Outeiro de Rei, Apilarouco, en Cualedro, e outros.. Formación das DAGAs. Cada delegación organizará cursos de iniciación e especialización nas súas comarcas. O programa completo do programa de for-mación será publicado nunha próxima circular. Os socios e as socias poden propoñer a realización dun curso de iniciación no seu concello, colaborando na busca dun local e facendo a difusión. As persoas inte-resadas débense poñer en contacto connosco antes do 10 de febreiro para organizar o calendario.

SEGURO APÍCOLA Xa se pode contratar o seguro de colmeas para este ano 2018. A póliza colectiva de AGA rema-ta o 7 de febreiro, polo que os socios e as socias que queiran renovalo teñen que comunicalo na asocia-ción. Lembramos que non se renova automaticamen-te; polo tanto, hai que comunicar a renovación aínda que xa se fixera o ano anterior.

Póliza multirrisco Trátase dunha póliza multirrisco que cobre responsabilidade civil e danos nas colmeas (roubo, incendio, vandalismo e temporais). A colmea está valorada en 100 € e hai unha franquía no caso de roubo nun 20 % dos danos e 150 € en responsabilidade civil. O custo é de 1,28 € / colmea e ten validez ata o 7 de febreiro de 2019.

Datos que se deben enviar a AGA Datos que se deben enviar a AGA para facer o seguro: nome do socio ou socia, titular da explo-

Actividades da escola Desenvolveranse un mínimo de actividades anuais, entre as que se incluirán cursos de formación, o Día Mundial das Abellas (o 20 de maio) e unha feira do mel no outono. A primeira actividade que se ofrecerá esta primavera será un «Curso superior de apicultura co-mercial», co obxectivo de formar os profesionais da apicultura na produción e comercialización dos pro-dutos das abellas, que teñen demanda no mercado e contan cun valor comercial engadido.

tación, código REGA, nº de colmeas (que debe coin-cidir co que se teña anotado no caderno apícola) e forma de pago. O pagamento pode ser: por domici-liación xunto coa cota ou por transferencia para os que non teñan a cota domiciliada. Nº de conta de AGA: ES02 2080 0348 38 3000018210 (ABANCA) (indicar no concepto o nome do socio ou socia e poñer o concepto de «Seguro apícola 2018»).

Para o Plan Apícola É obrigatorio ter un seguro de colmeas, que pode ser por AGA ou por conta propia. Se se fai por AGA, deberá indicarse na solicitude e facer o pago por transferencia xunto co resto do material. No caso de ter seguro propio, hai que enviar xunto coa solicitude da subvención a copia da póliza, onde se especifique o número de póliza, o nome da persoa asegurada, o código REGA e o número de colmeas, así como o xustificante bancario do seu pagamento.

Page 5: Vespa velutinano país veciño e cales son as súas ... API… · Convidamos á UNAF, Unión Nacional de Apicultura Fran-cesa, que nos explicarán como é a situación actual da invasión

pero despois non o merca, co conseguinte desaxuste

entre o importe concedido e o que despois temos que xustificar ante a Consellería. Ademais, é obriga-torio conservar os albarás de compra, pois no caso de recibir unha inspección poderá ser solicitado para a súa comprobación. Desde a Consellería de Medio Rural xa nos advertiron de que, de continuar atopando incidencias deste tipo, podería haber sancións, e teriamos que de-volver parte da subvención. Para evitar este problema, este ano no momento de facer a solicitude a socia ou o socio deberá facer o pago por adiantado do mate-rial (tratamentos, cera, alimento e seguro). No caso do tratamento da varroa, será xa a prezo subvencionado, e nos outros materiais pagarase o importe completo, devolveremos a subvención correspondente cando AGA cobre o importe das axudas.

Requisitos para acceder a estas axudas: 1. Estar inscrito/a no Rexistro Oficial Apícola de Galicia antes do 01 de xaneiro do 2018. 2. Ter actualizado o caderno apícola entre o 1 de xaneiro e o 1 de marzo de 2018 na oficina agraria. 3. Ter contratado un seguro de colmeas a tra-vés de AGA ou por conta propia (ver información do seguro apícola incluída neste correo). Este ano, como novidade, para poder acceder a estas axudas non será necesario estar inscrito cun ano de anterioridade, chega con ter a explotación rexistrada antes do 1 de xaneiro do ano en que se fai a solicitude. Recomendamos ademais prestar especial atención a como se fai a actualización na oficina agra-ria, xa que outros anos houbo incidencias neste pun-to. Na páxina onde figura a actualización no caderno (páxinas da 1 a 3) debe figurar o selo, a sinatura e a data e a palabra «CONFORME», datos que deben ser claramente lexibles.

Alimento e cera Este material pódese comezar a recoller xa, non é necesario agardar á publicación oficial da sub-vención. Os lugares de recollida son Erica Mel, en Ar-zúa, Apiyago, en Santiago, e Apícola Carballal, en Ou-rense. Non entrará na subvención o material adquirido noutras tendas. No momento da recollida hai que in-dicar que solicita a axuda do Plan Apícola a través de AGA e pedir o albará (para gardar como xustificante, non é necesario envialo a AGA). No caso de necesitar alimento ou cera en ecolóxico, solicitarase informa-ción en AGA no momento de facer a solicitude.

PLAN APÍCOLA 2018 A orde de axudas do Plan Apícola 2018 será publicada entre os meses de febreiro e abril. As per-soas que o queiran solicitar terán de prazo un par de semanas desde a súa publicación para enviar a docu-mentación, polo que aconsellamos prestar especial atención ás nosas comunicacións nos próximos me-ses. Enviaremos por carta e correo electrónico unha circular coa información detallada sobre a convoca-toria e como facer a solicitude.

Finalidade e contía destas axudas O Plan Apícola será destinado, por un lado, ás asociacións para cubrir parte dos gastos do persoal veterinario e técnico e, por outro, para os apiculto-res e as apicultoras para custear unha porcentaxe dos tratamentos contra a varroa, da alimentación das colmeas, así como para a renovación de cera. As cantidades por solicitar calcularanse so-bre o número de colmeas na data do 31/12/2017 declaradas na oficina agraria entre o 1 de xaneiro e o 1 de marzo do 2018. O importe total repartirase entre todos os solicitantes, seguindo unha determi-nada orde de prioridade. Polo tanto, ata que non se reciban todas as solicitudes non se saberá que por-centaxe haberá para cada concepto. Cando teñamos esta información comunicarémolo.

Inspeccións de control Estanse realizando inspeccións de control por parte da Xunta de Galicia para asegurar a co-rrecta repartición e a efectividade destas axudas. Temos que aclarar un par de cuestións importantes respecto deste tema. Por unha banda, nos controis realizados en anos anteriores, unha parte dos apicultores declara-ron non ter recibido ningún tipo de asesoramento por parte dos servizos veterinarios ou técnicos da asociación. O Plan Apícola cobre o 90 % do servi-zo do veterinario de AGA e o 70% do custo dun técnico. Practicamente todo o servizo realizado polo veterinario é grazas a esta axuda, incluíndo a xestión dos tratamentos da varroa, parte da formación, así como consultas presenciais, telefónicas ou por co-rreo electrónico realizadas tanto ó veterinario coma a outro persoal técnico. Polo tanto, as persoas con-sultadas sobre este punto nunha inspección, deben manifestar que sí recibiron este asesoramento por parte de AGA dentro do Plan Apícola. Por outra banda, o material que solicitan os socios e as socias debe ser despois efectivamente ad-quirido nos prazos indicados. Hai xente que o solicita

Page 6: Vespa velutinano país veciño e cales son as súas ... API… · Convidamos á UNAF, Unión Nacional de Apicultura Fran-cesa, que nos explicarán como é a situación actual da invasión

CON ABELLAS

SEN ABELLAS

Page 7: Vespa velutinano país veciño e cales son as súas ... API… · Convidamos á UNAF, Unión Nacional de Apicultura Fran-cesa, que nos explicarán como é a situación actual da invasión

O camiño nas Institucións: da Xunta ó Parlamento de Galicia Xunto á busca de solucións no campo e sen esquecela, o certo é que a velutina quédalles moi grande ós apicultores. A xestión dunha es-pecie exótica invasora como o tártago de patas amarelas esixe a posta en marcha de medidas e ferramentas que están en mans das administración —Xunta de Galicia e tamén Ministerio de Medio Ambiente—. Lembremos que a mesma precisa dun tratamento ambiental que non estea limitado ó ámbito da Consellería do Medio Rural, senón que tamén medio ambiente ten moito que dicir. Precisamente a posta en marcha de medidas efi-caces é o que demandamos desde AGA e tamén desde a Plataforma Stop Velutina-Galicia, da que formamos parte como membros fundadores. Con estas ideas, acudimos ás consellerías implicadas, Medio Ambiente e Medio Rural, duran-te todo o 2017 co fin de trasladar información e facer propostas. De igual xeito foron solicitadas varias xun-tanzas coa Comisión de seguimento (a Comisión «fantasma», permítaseme) sen obter resposta. Só

Cinco anos sen convivir coa velutina ou tártago asiático Levamos xa cinco anos coa velutina na casa e aínda non podemos falar de convivencia. Cinco anos de desconcerto, de confusión e perdas. Temos o 70% do territorio galego colonizado con máis de 230 concellos afectados, e sumando, e esas cifras frías non son outra cousa que colonias de abellas perdidas, quilos de mel, perdas e gastos soporta-dos polos gandeiros e gandeiras sen máis axuda por parte das Administracións que unhas cantas trampas que sufoquen a desesperación crecente das apicultoras e apicultores, e sobre todo moitas declaracións de intencións. Así as cousas, a Asociación Galega de Api-cultura, que non é outra cousa que socios e so-cias e persoal traballador, dedica no día de hoxe unha gran parte do seu traballo e recursos na loita contra esta especie exótica invasora, demandou e sigue demandando ás Administracións a colabo-ración necesaria para a protección deste o noso sector e tamén das abellas.

As asociadas e asociados, motor da loita Enfrontámonos ó tártago (Vespa velutina) sen a Administración, ou esa é a nosa sensación, pero iso non quere dicir que esteamos sós. A nosa asociación conta con máis de 1.700 persoas dis-postas a achegaren todo o que saben e máis para mellorarmos a protección dos apiarios. Das súas ideas e traballo naceron moitas e moi diversas fe-rramentas, como o Grupo Operativo de innova-ción de AGA-2017, que tras varios meses de con-versas, traballos e moitas probas, puxo a andar a xa coñecida «trampa eléctrica» xunto co caderno explicativo para súa construción, amplamente di-vulgado a través do Correo Apícola do verán do pasado ano así como na páxina web etc. (Máis in-formación sobre o tema no artigo correspondente páxina 9). Os resultados son bos pois parece que a presión sobre os apiarios diminuíu coa colocación das trampas. Existe xa un logro que poder celebrar.

PERCORRIDO DE AGA NA LOITA CONTRA A VESPA VELUTINA

Por Laura García Sáez, asesora xurídica de AGA

Page 8: Vespa velutinano país veciño e cales son as súas ... API… · Convidamos á UNAF, Unión Nacional de Apicultura Fran-cesa, que nos explicarán como é a situación actual da invasión

dende o mes de setembro foron solicitadas catro

reunións dirixidas á Consellería de Medio Ambien-te, Medio Rural, incluso ó Presidente da Xunta, Al-berto Núñez Feijoo, sen obter ningunha resposta nin máis noticia. Vendo a pasividade do Goberno, dende a Plataforma Stop Velutina decidimos facer uso do noso Parlamento para que fose este quen, con maior éxito, trasladase á Xunta a nosa situación e demandas. Dende o mes de novembro do ano 2016 e durante todo o 2017 (abril, xuño, setembro, novembro…) a Plataforma traballou cos grupos parlamentarios na presentación de distintas inicia-tivas en forma de preguntas, interpelacións… cuxa resposta por parte da Xunta foi pouco menos que falar da retirada de niños e da formación desta Co-misión «fantasma» no ano 2015, sen máis contido.

O rexeitamento da iniciativa polo Partido Popular A última iniciativa presentada a todos os grupos parlamentarios, foi a unha proposición non

de Lei no Parlamento galego apoiada por todos os grupos parlamentarios da oposición e con base nos textos da Plataforma. Esta Proposición contiña unha chamada urxente de atención ás autoridades a fin de que se fixeran eco da gravidade do proble-ma, e esixía así mesmo a posta en marcha dun plan de loita coordinado e sobre todo con financiamen-to (medidas estas que, como sempre lembramos, aparecen plasmadas con máis o menos exactitude nos propios Protocolos de actuación da Xunta, aínda que a execución del brilla pola súa ausencia). É sabido que o Grupo Parlamentario do Partido Popular se cinguiu ao trampeo exclusivo por parte dos apicultores e apicultoras e rexei-tou de xeito global esas iniciativas parlamentarias, deixando novamente na incerteza cales serán as medidas o colosal avance da velutina no 2018. En todo caso, as intervencións plenarias nesta PNL poderán ser consultadas proximamente na páxina web de AGA.

«A convivencia coa Vespa velutina esixe a supervivencia das abellas»

Actualización do caderno apícola Lembramos que as persoas titulares de explotacións apícolas teñen a obriga de actualizar o caderno apícola na oficina agraria cada ano desde o 1 de xaneiro ata o 1 de marzo. Este é ademais un requisito indispensable para solicitar a subvención do Plan Apícola.

Page 9: Vespa velutinano país veciño e cales son as súas ... API… · Convidamos á UNAF, Unión Nacional de Apicultura Fran-cesa, que nos explicarán como é a situación actual da invasión

Seguindo co noso labor de ofrecer aos apicultores máis e mellores ferramentas para o coidado das abellas, este ano conseguimos ter lo-gros importantes. Durante o inverno e a primave-ra mantivemos reunións con apicultores de AGA que tiñan experiencia coas trampas eléctricas para a loita contra o tártago (avispón en castelán) asiático. Como resultado destas reunións xerouse, por unha banda, o Caderno para a construción da trampa eléctrica (ou arpa), que se atopa á dis-posición do público desde o verán, e, por outra banda, xurdiron as ideas básicas para estudar a súa eficacia para a protección do apiario. Así, durante o verán deste ano fixemos probas en varios apiarios do Val Miñor. Esta co-marca está fortemente invadida pola Vespa veluti-na, xa que foi un dos focos de invasión en Galicia desde 2012. Usamos o modelo mellorado de arpa eléctrica presentado por un apicultor do Val Mi-ñor durante o Día do Apicultor celebrado en Ar-zúa no 2017. Estudáronse varios aspectos, como a cantidade de velutinas e a cantidade doutros in-sectos atrapados, así como tamén a resposta das abellas á protección ofrecida pola arpa. Ás poucas semanas de uso xa se puido observar unha importante redución na cantida-de de tártagos cazando nas colmeas e as abellas traballando fóra e realizando os seus labores de limpeza. Ademais, a cantidade de insectos nativos atrapados son moi poucos en comparación coas trampas con atraente. En conclusión, é a ferramenta máis selec-tiva e eficaz para a protección do apiario das que probamos ata agora en AGA. Con todo, o grao de eficacia depende de diversos factores. Por exemplo, deben terse en conta varios aspectos propios de cada alvariza para determinar o número e a posición das arpas que se deben situar. Algúns destes son a canti-dade, distribución e distancia entre as colmeas e que tan forte é o ataque.

Algunhas suxestións para o seu uso . Sempre hai que ter en conta aspectos de seguridade. Non debe esquecerse nunca que é un elemento eléctrico no ambiente. Representan un particular perigo para persoas con marcapasos. . Usalas desde o inicio da primavera cando se advirten os primeiros ataques. . Observar zonas do apiario e colmeas máis atacadas, e aproveitalas para a radicación da arpa. . Cambiar con regularidade a posición das arpas para que as velutinas non se habitúen e as eviten. . Situar obxectos que obriguen o voo das velutinas pola arpa.

Este traballo foi financiado pola Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio da Xunta de Galicia e a Univer-sidade de Vigo. Vel-Zapper contribuíu coa fabricación das trampas eléctricas e asistencia técnica. Especiais agradecementos aos apicultores do Val Miñor e AGA que colaboraron neste estudo.

EFICACIA DAS TRAMPAS ELÉCTRICAS PARA A PROTECCIÓN DO COLMEAR

Por Sandra Rojas, investigadora da Universidade de Vigo e socia de AGA

Page 10: Vespa velutinano país veciño e cales son as súas ... API… · Convidamos á UNAF, Unión Nacional de Apicultura Fran-cesa, que nos explicarán como é a situación actual da invasión

A Asociación Galega de Apicultura (AGA) e a Confederación en Defensa da Abella na Cornixa Cantábrica (CODACC) en colaboración coas or-ganizacións asociadas (ADAPAS, FAPI, FAAC, APIAL e BAMEPE), organizaron a Marcha Stop Velutina do 19 ao 23 de outubro, desde Santiago de Com-postela ata Bilbao. Unha marcha reivindicativa que percorreu en autobús as comunidades máis afec-tadas polo tártago asiático co obxectivo principal de chamar a atención da sociedade e gobernos co lema: «Vespa velutina, especie invasora, un problema de tod@s». Durante a marcha fóronse unindo persoas e asociacións dos diferentes lugares polos que pa-sou, nos que tiveron lugar actos informativos coa poboación, colectivos locais e administracións. A viaxe incluíu tamén visitas apícolas e turísticas, e houbo momentos para compartir experiencias e coñecementos sobre apicultura e a loita contra a velutina. Damos as grazas a todas as persoas e or-ganizacións que participaron e contribuíron con iso ao éxito desta marcha. En especial ás 40 persoas que viaxaron no autobús Stop Velutina, que fixeron un gran labor en favor das abellas.Percorrido da marcha O día 19 de outubro partiu de Galicia a marcha cunha concentración diante da Xunta de Galicia en Santiago de Compostela. Alí entregouse ao seu presidente Alberto Núñez Feijoo un escrito no que se instaba o Goberno galego a que estable-za un plan de loita ordenado, centrado no trampeo preventivo, así como accións a longo prazo, relati-vas á necesaria investigación.

En Asturias a primeira parada foi en Luarca, onde se realizou un acto informativo e se visitou o Parque da Vida, no que tivo lugar unha charla coa participación de Isabel Vilalba, secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego. En Xixón, o Xardín Bo-tánico acolleu unha xornada na que participaron preto dun centenar de persoas. Representantes do sector apícola e outros colectivos participaron nunha mesa redonda e presentouse a Plataforma Stop Velutina e a trampa eléctrica para a protec-ción das colmeas. O evento rematou coa concen-tración dos asistentes diante dos xardíns. A Marcha Stop Velutina chegou a Canta-bria e foi recibida na IX Feira Nacional Apícola de Torrelavega, onde se reuniron apicultores e apicul-toras de toda a Península. O presidente de Can-tabria, Miguel Ángel Revilla, que acudiu á inaugura-ción, declarou a súa preocupación polo problema e comprometeuse a visibilizalo nas súas aparicións televisivas. As Plataformas Stop Velutina de Galicia, Asturias e Cantabria presentaron tamén as súas peticións durante as charlas. En Euskadi organizouse unha concentra-ción en Vitoria, que percorreu diferentes puntos emblemáticos da cidade e tivo lugar un encontro no que se presentaron as diferentes experiencias por parte de AGA e o Departamento de Medio Ambiente da Deputación Foral de Áraba-Álava. O día 23 de outubro a marcha rematou en Bilbao cun encontro coa asociación BAMEPE e técnicos da Deputación de Bilbao, que expuxeron os plans de actuación que se están levando a cabo en Biscaia.

A MARCHA STOP VELUTINA CUMPRIU COS SEUS OBXECTIVOS

Por Paula Souto, técnica de AGA

Page 11: Vespa velutinano país veciño e cales son as súas ... API… · Convidamos á UNAF, Unión Nacional de Apicultura Fran-cesa, que nos explicarán como é a situación actual da invasión

O uso de insecticidas neonicotinoides Os insecticidas neonicotinoides son pra-guicidas tóxicos a base de nicotina que atacan o sistema nervioso central das abellas e outros poli-nizadores, e supoñen a contaminación crónica do chan, a auga e os nosos sistemas alimentarios. No ano 2013, a Comisión Europea res-trinxiu o uso dos tres praguicidas –imidacloprid, tiametoxan e clotianidina--, quedando prohibido o seu uso en cultivos considerados atractivos para as abellas, como xirasoles, colza, mazás, amendoas ou cogombros. Malia o avance, aínda se permiten moi-tos outros usos destes insecticidas, como o uso en invernadoiros, a fumigación de cultivos atractivos para as abellas despois da floración ou a súa utili-zación en cultivos menos atractivos para as abellas, como sucede cos cereais de inverno (cebada, avea, centeo). O Grupo de Traballo sobre Praguicidas Sis-témicos (TFSP) publicou no mes de setembro de 2017 a segunda edición da Avaliación mundial inte-grada sobre os efectos dos praguicidas sistémicos, sintetizando máis de 1.600 estudos entre as dúas edicións, e concluíndo que a aplicación extensiva e rutineira destes neonicotinoides en agricultura está causando unha contaminación ambiental a grande escala e unha ameaza para a biodiversida-de, ademais de contaminaren os nosos sistemas alimentarios.

A proposta da Comisión En febreiro de 2017, a Comisión Europea puxo sobre a mesa unha proposta para ampliar as prohibicións do imidacloprid, tiametoxan e clo-tianidina, ampliando así a restrición no seu uso a todos os cultivos ó ar libre, e non únicamente naqueles cultivos atractivos para as abellas. Así e todo, deixou aberta a posibilidade de uso nos in-vernadoiros.

O uso de insecticidas neonicotinoides nos in-vernadoiros é igualmente perigoso Os neonicotinoides contaminan o medio ambiente circundante incluso limitando o uso ós invernadoiros, como así sinala un estudo de Gre-enpeace, e apunta que están presentes con fre-

cuencia nos cursos de auga próximos a eles, pois nunca están completamente “pechados” e non im-piden fugas.

Varias moratorias para o debate e votación A pesar da proposta da Comisión, non existe unha posición unánime por parte dos es-tados membros a fin de apoiar a ampliación da prohibición, como así reflicten as tres moratorias realizadas no ano 2017 para debater e votar a pro-posta, a última feita o pasado mes de decembro. Veremos qué sucede no 2018.

AGA na Coalición “Salvar ás abellas” O pasado mes de decembro quedou for-malmente constituída a “Coalición para Salvar ás Abellas”, que agrupa a máis de oitenta organiza-cións europeas (asociacións apícolas, ecoloxistas, agrícolas e científicas) e que ten como obxectivos a prohibición total e urxente dos tres praguicidas neonicotinoides, incluíndo o seu uso en inverna-doiros. Xunto a isto, esixirá tamén a revisión de todos os demais praguicidas sistémicos. Neste senso, a Coalición esixe ós estados a aprobación sen demora do documento da EFSA sobre avalia-ción de riscos para as abellas de 2013. AGA forma parte da Coalición e seguirá coa campaña de envío de cartas ao Ministerio co fin de impulsar que o Goberno de España se pos-tule a favor da prohibición total no debate e na votación.

A postura do Ministerio de Medio Ambiente O Ministerio non ten un posicionamento claro respecto de apoiar a prohibición e seguen valorando, segundo as últimas cartas remitidas a AGA, a información existente a fin de tomar unha decisión.

O valente caso francés Algúns Estados, máis concienciados co problema, dan un valente paso adiante, como su-cede coa nova Lei de biodiversidade de Francia, que inclúe unha disposición para prohibir todos os usos dos neonicotinoides a partir de setembro de 2018, con certos usos permitidos ata o 1 de xullo de 2020.

NOVAS SOBRE PESTICIDAS NEONICOTINOIDES E GLIFOSATO

AS PERSOAS PRIMEIRO

Por Laura García Sáez, asesora xurídica de AGA

Page 12: Vespa velutinano país veciño e cales son as súas ... API… · Convidamos á UNAF, Unión Nacional de Apicultura Fran-cesa, que nos explicarán como é a situación actual da invasión

GLIFOSATO A UE renova a autorización do glifosato ata 2022 A Unión Europea decidiu finalmente, tras varios encontros sen consenso, prorrogar a licen-za para o uso do herbicida glifosato ata o 2022. O posicionamento do Parlamento a favor de eliminar progresivamente esta sustancia xun-to a presión da cidadanía moi concienciada acerca da toxicidade deste produto, contribuíron a que a prórroga quedase limitada a cinco anos máis e non a quince, propostos inicialmente. O glifosato é o herbicida máis utilizado no mundo, propiedade da empresa Monsanto e uti-lizado nun dos seus produtos máis estendidos, o “Round Up”. A seguridade do glifosato foi xa cues-tionada nos tribunais estadounidenses e levada tamén perante o Tribunal de Xustiza da Unión Europea.

A votación: unha maioría cualificada A renovación esixía unha maioría cualifica-da do 55% dos países que representasen un 65% da poboación, e contou co respaldo de Alemania, Polonia, Bulgaria e Romanía, Dinamarca, la Repúbli-ca Checa, Estonia, Irlanda, Letonia, Lituania, Hun-gría, Holanda, Eslovaquia, Eslovenia, Finlandia, Sue-cia y Reino Unido, na mentres que se mantiveron en contra Bélcica, Grecia, Francia, Croacia, Italia, Chipre, Luxemburgo, Malta y Austria. A renovación foi posible grazas ao cambio de postura de países como Alemania, Polonia, Bulgaria e Romanía, que inicialmente se abstiñan e que acabaron dando luz verde á renovación cedendo así ás presións da industria. Chovéronlle as críticas a esta renovación, que ignora a información científica, o posiciona-mento da propia Cámara lexislativa europea e a petición de millóns de cidadáns europeas.

Cara á outro modelo agrícola Urxe abandonar un sistema de agricultura intensiva, baseado en plantacións de mono-cultivo e dependente de praguicidas e fertilizantes sintéticos, que non prote-xe senón que dana a nosa saúde, para apostar por un novo modelo agrícola que teña en conta técni-cas responsables de ma-nexo integrado de pragas e que non supoña un envelenamento crónico do medio ambiente e con el do noso sistema de produción de alimentos.

Page 13: Vespa velutinano país veciño e cales son as súas ... API… · Convidamos á UNAF, Unión Nacional de Apicultura Fran-cesa, que nos explicarán como é a situación actual da invasión
Page 14: Vespa velutinano país veciño e cales son as súas ... API… · Convidamos á UNAF, Unión Nacional de Apicultura Fran-cesa, que nos explicarán como é a situación actual da invasión
Page 15: Vespa velutinano país veciño e cales son as súas ... API… · Convidamos á UNAF, Unión Nacional de Apicultura Fran-cesa, que nos explicarán como é a situación actual da invasión

APÍCOLA GONZÁLEZ CARBALLAL Estrada Nacional 120, Km 578Untes. Ourense Tel: 988 258 578Mail: [email protected]

APIYAGO Rúa das hortas, 15 e Vilacoba, Aríns. Santiago de CompostelaTel: 981 585 086 e 981 549 211 e 616 096 508Mail: [email protected]

APÍCOLA REGUEIRA Reboredo, 6 FragasCampo Lameiro. PontevedraTel: 617 202 131Mail: [email protected]: www.apicolaregueira.com

APÍCOLA RJ Rúa Dous De Maio 37Xinzo de Limia. OurenseTel: 658 040 548Mail: [email protected]: www.apicolarj.es

APITERAPIA CENTERJosé Castro Consultas en Santiago de Compostela, A Coruña e Ourense ou na sede de AGA en ArzúaPrezo da consulta: 35 €Prezo para soci@s de AGA: 25 €Tel: 671 287 351Mail: [email protected]: www.apiterapia.center

LEONOR VARELA CALVELOSan Salvador de Padreiro, 515848 Santa Comba. A CoruñaTel: 608 366 050Mail: [email protected]

Page 16: Vespa velutinano país veciño e cales son as súas ... API… · Convidamos á UNAF, Unión Nacional de Apicultura Fran-cesa, que nos explicarán como é a situación actual da invasión

NACIÓNS UNIDAS DECLARA

O 20 DE MAIO DÍA MUNDIAL DA ABELLA

A partir de agora, o 20 de maio celebrarase oficial-mente o Día Mundial da Abella, tras a declaración das Nacións Unidas na súa última Asemblea xeral celebrada en decembro do 2017 en Nova York. A data coincide co nacemento de Anton Janša, quen no século XVIII foi pioneiro nas técnicas modernas de apicultura no seu país natal, Eslovenia. A Asociación de Apicultores de Eslo-venia foi a que impulsou a iniciativa co apoio do viceprimeiro ministro do país, Deixan Zidan, que buscou, á súa vez, o apoio de diversos estados, entre eles España, da Unión Europea e presen-touno en Nacións Unidas. A resolución que declara o 20 de maio como Día da Abella recibiu na Asemblea da ONU o apoio de 115 estados membros, in-cluídos EE.UU., Canadá, China, a Federación Rusa, India, Brasil, Ar-xentina, Australia e todos os estados membros da Unión Europea. O obxectivo deste día é concienciar sobre a importancia das abellas na agricultura, a alimentación e a biodiversidade e so-bre a necesidade de protexelos. AGA festexará de xeito especial este ano o Día Mundial da Abella, do cal informaremos os socios e as socias para que se sumen á celebración.