[versiÓn libre do libro o crepÚsculo e as formigas de … · 2020-07-20 · [versiÓn libre do...

24
[VERSIÓN LIBRE DO LIBRO DE X. L. MÉNDEZ FERRÍN, ESCRITA POR DARÍO FERNÁNDEZ] O CREPÚSCULO E AS FORMIGAS O mundo não é verdadeiro, mas é real. A memória é a consciência inserida no tempo. Fernando Pessoa

Upload: others

Post on 26-Jul-2020

4 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: [VERSIÓN LIBRE DO LIBRO O CREPÚSCULO E AS FORMIGAS DE … · 2020-07-20 · [VERSIÓN LIBRE DO LIBRO DE X. L. MÉNDEZ FERRÍN, ESCRITA POR DARÍO FERNÁNDEZ] O CREPÚSCULO E AS

[VERSIÓN LIBRE DO LIBRODE X. L. MÉNDEZ FERRÍN, ESCRITA POR DARÍO FERNÁNDEZ]

O CREPÚSCULO E AS FORMIGAS

O mundo não é verdadeiro, mas é real.A memória é a consciência inserida no tempo.

Fernando Pessoa

Page 2: [VERSIÓN LIBRE DO LIBRO O CREPÚSCULO E AS FORMIGAS DE … · 2020-07-20 · [VERSIÓN LIBRE DO LIBRO DE X. L. MÉNDEZ FERRÍN, ESCRITA POR DARÍO FERNÁNDEZ] O CREPÚSCULO E AS

2

ACTIVIDADESCOA LINGUA DE EXCURSIÓN-2005 / Imos para o Porto

n total de 64 alumn@s e 8 profesor@s de sete Institutos da comarca de Ferrol,[Concepción Arenal, Canido, Atios (Valdoviño), Fernando Esquío (Neda),As Telleiras (Narón), Fene e Sofía Casanova] viaxamos coa lingua de excursiónaté a cidade portuguesa de Porto os pasados 8 e 9 de abril. Tudo bem, tudo muitobem e para o vindeiro ano contamos achegarnos até..........LISBOA!!! Terásnovas, terás noticia...sempre atent@, sempre pendente.

U

A Mesa pola Normalización Lingüística cifra nun 68%o incumprimento da lexislación do galego no ensino

A afirmou que o decreto sobre o

uso do galego no ensino se incumpre no 68% dos centros. Por iso a Mesa, quedesenvolveu unha intensa campaña no curso pasado por esta cuestión, asegurouque vai solicitar aos inspectores de educación que expliquen a situación nos xulgados.

Mesa pola Normalización Lingüística

O presidente da Mesa, Carlos Manuel Callón Torres, indicou que segue a haber un "incumprimento alto" dodecreto do galego no ensino, aínda que percibiu unha "leve mellora", que lle atribuíu á presión realizada pola organizaciónno curso pasado. As cifras que achega a Mesa estiman o incumprimento do decreto "en maior ou menor medida" no 68%dos centros de ensino galegos. Ademais, un 26% non estarían respectando as porcentaxes legais polo menos no queafecta a lingua dos libros de texto.

A Mesa pedirá "a comparecencia dos inspectores educativos nos xulgados" para que expliquen o incumprimentoe "que digan a situación que hai". Carlos Callón acusou o conselleiro de Educación, Celso Currás, e o director xeral dePolítica Lingüística, Xesús P. González Moreiras, de seren "enterradores do galego" e engadiu que reclamará que novindeiro curso escolar se implanten as cifras que prevé o Plan Xeral de Normalización, dun 50% de ensino en galego.

A Dirección Xeral non achegou cifras do incumprimento, pero hai meses que anunciou un plan de medidas paracombatelo.

DE AXENCIAS [15-marzo-2005]

Page 3: [VERSIÓN LIBRE DO LIBRO O CREPÚSCULO E AS FORMIGAS DE … · 2020-07-20 · [VERSIÓN LIBRE DO LIBRO DE X. L. MÉNDEZ FERRÍN, ESCRITA POR DARÍO FERNÁNDEZ] O CREPÚSCULO E AS

Dende sempre, os

nomes dos diferenteslugares en Galicia foronm o i r e l e v a n t e s , ereveladores do nosocarácter común, e non en

van temos un rexistro toponímico enorme encomparanza coa superficie de terreo da quedispoñemos. Así, só no que se refire á toponimiamaior, isto é, a referida aos núcleos de poboación, ostrintaetantos mil nomes de lugar galegos representancase a metade do conxunto dos núcleos de poboaciónespañois. A estes debemos engadir os rexistros datoponimia menor: nomes de ríos, vales, fragas,outeiros, pontes, eidos, penas... Incluso moitoslugares gozan de varias denominaciónsdistintas segundo o lugar de procedenciada persoa que a este se refira.

Pois ben, esta riqueza culturalque nos ben dada por tradición estásendo desprazada polos nomes máismodernos que, as máis das veces faltosde imaxinación, se impoñen mediantedenominacións oficiais arbitrarias. Así,rúas con historia propia das nosascidades foron despoxadas desta econvertidas en simples corredores faltos de espírito.Como exemplo basta pasear pola vila de Lalín, ondeas antigas rúas da Cacharela, O Pontillón, a Congostraou O Tirabeque foron renomeadas con letras doabecedario e pasaron a chamarse , ,

....Estas denominacións non só botan por terra

unha tradición forxada ao longo de moito tempo,senón que ademais abren o camiño para que a nosatoponimia, dende sempre en galego, sexa invadidapola lingua cervantina, que nunca antes tivera funciónalgunha neste eido en Galicia.

Neste asunto, un dos máis discutidos é o moifamoso A Coruña/ a Coruña. Pero tres sentenciasconsecutivas dos tribunais de xustiza (a primeira doTribunal Superior, a segunda do Tribunal Supremo e aderradeira, que supostamente tería pechado o debate,

do Tribunal Constitucional) deixaban claro que aúnica forma válida do topónimo é a forma galegadeste, A Coruña, así como a de outros moitostopónimos modificados durante o Réxime franquistaque tamén recobraron a súa forma orixinal. Pois ben,o alcalde da Coruña, o Sr. Francisco Vázquez,propuxo un novo cambio a prol do de marras, que foiaprobado polo pleno do Concello. Aínda que amaioría das leis até o de agora aprobadas non obrigana un uso exclusivo do galego en ningún campo, a lei3/1983 é moi clara a este respecto. Nela decrétasecomo forma oficial a denominación galega dostopónimos, única e exclusivamente. A proposta doalcalde coruñés aprobada no Concello da Coruña é,polo tanto, ilegal.

Con todo, non é tanto ailegalidade ou non da proposta, poisesperamos que por fin se cumpra a lei,senón o feito e si da proposta do cambioque manifesta un desprezo ruín polalingua propia, así como un menosprezoprofundo pola vontade xeral e asdecisións dos diferentes Tribunais.Aínda así, ningún organismo, agás a

,actuou de maneira algunha. A este

respecto tan só houbo unha pequena protesta do BNGno parlamento de Galicia, sen máis repercusións polode agora. O alcalde segue aí, igual que o .

Os membros da , asícomo outros moitos persoeiros galegos de maior oum e n o r r e n o m e ,desaprobaron este cambio.Pero algúns dirixentes doPSdeG están a prol dac a s t e l a n i z a c i ó n d otopónimo, como EmilioP é r e z T o u r i ñ o q u ec u a l i f i c o u d e

o feito de se pronunciaren contra desta medida regresiva, mentres que Fragaasegura a postura dos socialistas.En fin, neste país que vivimos, polo que parece, asleis que promoven e defenden a nosa cultura nonestán, como acontece con calquera outra lei, paraser cumpridas, senón para ir encontra delas e crear así unhapolémica sen sentido que, segundoalgúns, pode traer consecuenciasnegativas.

Calle A Calle FCalle K

L

l

Mesa pola Normalización Lingüística

lReal Academia Galega

fundamentalismo lingüístico

comprender

Aínda se ven moitos topónimosdeturpados polas nosas estradas

Miguel Neira Boga

Page 4: [VERSIÓN LIBRE DO LIBRO O CREPÚSCULO E AS FORMIGAS DE … · 2020-07-20 · [VERSIÓN LIBRE DO LIBRO DE X. L. MÉNDEZ FERRÍN, ESCRITA POR DARÍO FERNÁNDEZ] O CREPÚSCULO E AS

4

O TEATRO EN FERROLO teatro naceu en Grecia nos séculos V e VI a.C.,pero antes xa existían outras manifestación teatraiscoma as danzas e os bailes, que se executaban nastribos da Prehistoria acompañadas de música paraescorrentar os espíritos malignos.Dende entón, o teatro evolucionou a grande escala ecambiou moito, de maneira que hoxe podemos vercalquera tipo de manifestación teatral en calqueracidade: obras teatrais, danza, ópera, ballet, etc.A creación dos grupos teatrais afeccionados permitiuque moita xente que quería facer teatro puideradesenvolver as súas inquietudes e iniciativasartísticas. No caso de Ferrol, priman os grupos deteatro afeccionados. Para estes grupos, e ao longo detodo o ano, convócanse na nosa cidade diferentescertames: o certame de teatro infantil e xuvenil

, organizado polo Ateneo Ferrolán, ondepoden participar grupos de teatro non profesional queestean vencellados a colexios, asociacións,sociedades, etc., cuxos actores e actrices non pasendos 20 anos; o certame para grupos afeccionados

, organizado polo nosoConcello, onde poden participar grupos de teatro nonprofesional de calquera idade.Tamén se organiza un ciclo de representacións paragrupos de teatro profesionais de Ferrol e doutroslugares, o moi nomeado , queorganiza o Concello e ten unha moi boa acollida polopúblico.A maioría dos grupos de teatro da nosa cidade estánintegrados en asociacións culturais, veciñais,

fundacións, centros deensino, etc. Moitasdestas asociac iónsteñen como obxectivopotenciar o teatro,c o n t r i b u í r a oenriquecemento culturale á capacidade crítica danosa sociedade. Algúnsdestes grupos teatrais son: e

integrados na,

que están na, pertencentes

á , quepertencen á ,pertencente o I.E.S. ConcepciónArenal, etc..Hai máis de 10 anos que as nosas asociacións egrupos teatrais puxeron todos os seus esforzos,traballos e medios para conseguir que os certames deteatro antes citados, así coma outras actividadesrelacionadas co teatro, saíran adiante; pero haiiniciativas que aínda non se conseguiron, como acreación dunha Escola de Teatro. Por iso hai queseguir loitando, para que Ferrol acade unha mellorsituación teatral e cultural. Desde aquí, animo aosrapaces e rapazas para que se apuntenaos grupos de teatro, para que proben aexperiencia de interpretar un papel, unguión, un personaxe, pois é algo que,desde o meu punto de vista, paga a pena.

“Atenea”

“Domingos a escena”

“Xoves teatrais”

“Grupo Contraste”

“Grupo Carpe Diem” Asociación

Cultural Estudo de Teatro N+1 “Grupo Bartoleta

Teatro” Asociación de Veciños do

EnsancheA “Grupo de TeatroAmizade”

Asociación de Mulleres Amizade “Mariclown”

Asociación Circusfusión “Xente Nova”

Daniel Carballeira Caeiro

PASANDO O TEMPO COA PSICOLOXÍA DOS SENTIMENTOS

NO TEU ANIVERSARIO

MARCHAMOS DE CONCERTO

Imaxina que hoxe é o teu aniversario, e cando abres a túa caixa do correo atopas unhafelicitación de alguén que non sospeitabas. Tamén recibes diversos regalos de amigose familiares. De todos os agasallos, imaxina

Pensa en persoas concretas.

As respostas que deas seguramente revelarán os teus verdadeiros sentimentos para con aquelaspersoas coas que convives e te relacionas, sentimentos dos que tal vez non sexas consciente. A persoaque che enviou de forma inesperada unha felicitación probabelmente sexa alguén de quen che gustaría recibir máis afecto e atencións. Apersoa que che mandou o agasallo que ti máis aprecias é, desde unha perspectiva psicolóxica, aquela da que estás máis seguro do seuafecto por ti.

Acodes cos teus amigos e colegas a unha actuación do voso grupo de música preferido.Anoite éfría. Na túa cuadrilla, un dos teus amigos ou amigas leva un abrigo amarelo e outro un abrigo azul.Imaxina qué persoas concretas pensas ti que vestirían os abrigos azul e amarelo.

En psicoloxía, as cores brillantes coma a amarela asócianse a sentimentos cariñosos, achegados,mentres que as cores frías relaciónanse con sentimentos fríos, distantes, negativos. A persoa a quenadxudicaches a cor amarela seguro que é alguén que che gusta ou que che fai sentir feliz, mentres quea persoa de abrigo azul é alguén que che deixa frío.

Quen cha enviou?quen che puido enviar o paquete máis grande, o que para ti

ten maior valor?CLAVES PSICOLÓXICAS PARAINTERPRETARAS TÚAS RESPOSTAS

CLAVES PSICOLÓXICAS PARAINTERPRETARAS TÚAS RESPOSTAS

Page 5: [VERSIÓN LIBRE DO LIBRO O CREPÚSCULO E AS FORMIGAS DE … · 2020-07-20 · [VERSIÓN LIBRE DO LIBRO DE X. L. MÉNDEZ FERRÍN, ESCRITA POR DARÍO FERNÁNDEZ] O CREPÚSCULO E AS

(Construíndo obra escrita porDarío Fernández, baseándose no mundo dos libros

e deXosé Luís Méndez Ferrín).

”Estas palabras foron pronunciadas por ,escritor, director e primeiro intérprete da obra teatral queestamos a comentar.O grupo teatral estreou no salón de actos doI.E.S. Sofía Casanova, o 22 de decembro de 2004, a peza

, que fai a número catro da súatraxectoria, despois de representar

, que deu nomeao grupo, da primeira obra teatral“grande” (queaínda hoxe segue sendo a máisconsiderada), e das tres historias quecompoñen .Miguel Neira, Darío Fernández,Míriam Llanos, Sandra Rego eGabriela a que isto subscribe,fixemos un achegamento á figuramáis importante da narrativa galegaactual: Méndez Ferrín.“

O crepúsculo e as formigas

Proxecto mater

”.Os labores previos á representación estiveron cheos depexas e anécdotas, e quizais o obstáculo fundamental foi acase inexistencia de ensaios nos que todo o reparto estiveraxunto, así, só unhas dez veces ensaiou o equipo enteiro, opapel do personaxe da filla foi creado e traballado en dousdías, os ensaios xerais non foron tal e sempre andábamos coproblema de que Darío traía centos de propostas cada día.Aidea principal era recrear historia por historia, como nopropio libro, pero en moitos dos ensaios só estábamosDarío e mais eu, que argallaba na iluminación, por mor daincompatibilidade horaria dos compoñentes do grupo quecursamos niveis diferentes: 1º ESO e 1º e 2º de Bacharelato.Dun día para outro Darío cambiaba todo o guión, isto pasoutres veces en tres semanas: na segunda semana a alteracióndun monólogo virou con toda a trama, ao día seguintepresentou un guión que non tiña nada que ver nin conMéndez Ferrín nin con nada, e xa no texto definitivo

mesturou guións anteriores co seu relato curtoe o seu escrito que deu título

final á obra. Ademais, tampouco puidemos ensaiar os díasfestivos, nin traballar os ensaios cos focos e a iluminaciónnecesaria, aturando os nervios e berros dos dous últimosdías antes da estrea e co cambio a última hora do guión!“

A función está a piques de principiar, exa sentimos que a xente entra e fala eri, mentres Miguel pregunta non seique, Míriam tolea cos nervios, Sandrasen entender nada do que esta a facerDarío, e logo eu que xa escoito o

primeiro violín que dá comezo á obra, mentres controlo aluz e o son.

.

CLON-FATHERCRISTO,

Darío Fernández

;

Ocrepúsculo e as formigas Con pólvora e magnolias

mosamos ao publico unha interpretación do mundo de

Méndez Ferrín, sabendo que non podemos, con un autor dasúa categoría, que xoga tanto coa simboloxía, as infinitasmetáforas e o realismo máxico, xeneralizar nin fixar unúnico modo de entendelo.

Salamandra!

Clon-Fathercristo

Salamandra! sketch

Inmensidade baleira

Malvís e fogo

Adaptar para unha peza teatral anovela foiunha idea que se me ocorreu tan sópolo ambicioso e a imposibilidade doproxecto, de aí o seu primeiro titulo

a propostatraballeina cando me faltaba o máis importante: tempo.Seguramente agora despois da súa estrea, siga pensandoen moitos cambios, en novas e vellas escenas que nonpuiden incluír

AbismoCaracol Clon-Fathercristo

Non me agrada falar de cousas pequenas, gústame falardo máximo, dos exceso ferrinianos, do existencialismo, damorte e das atmosferas cheas de sombras. Entendo quefalan da unión do home coa verdadeira luz: a maldade. Onarcisismo, o provocar, o non ter medo a unha malainterpretación nin a facer o ridículo diante de duascentaspersoas é o que pode facer forte e case inmortal un boespectáculo. Nun principio tiña medo polas teimas quequería tratar: a negación violenta e radical da existenciade deus, os personaxes coma criaturas agresivas perohumanas, a impotencia de loitar con palabras de magnolia

e o paso e o motivo da loita con armasde pólvora, o nacionalismo galego daprimeira etapa de Ferrín cando otermo loita armada era utilizado converdadeiros berros de paixón. A obra,en resume, é un atrevemento, é unhaobra que procura a polémica, afachenda, soan tronos, corazónslatexando, lobos, caixas de música,primeiro Stravinsky e logo Prodigy. Aobra intenta permanecer na mente doespectador a base dunha orxíainnecesaria de emocións diferentes.”

”Sen Melba Couto, Miguel Ríos, Meizoso, Oa Bescos,Míriam, Noelia López, Miguel Neira, Pablo Quijano,Gabriela, Sandra Rego, a esperanza do grupo, Vicente, quevai en Cuenca, Patricia Ovies, Daniel Regueiro, Polly eSaúl, e todos aqueles e aquelas que me dixeron si, eu subocontigo neste barco, seguro que non tería chegado aningures; eles foron as mans que me apoiaron nestecomplexo proxecto, sen eles nunca existiría esta actividadefundamental para vida, facer rir, chorar, soñar, namorar,morrer, renacer, ser un deus, escoitar o público sendo ti ocentro das súas emocións, nese curto período de tempo,falar coas paredes e sentir como contestan,berrar, alzar a voz e contemplar o abraiodos demais. Ser teatro, vivir teatro, chegara coñecerte polo teatro, madurar, bicar, serlume que pode queimar, ser xeo, e logo todoé camiñar nesta realidade que te nega viviro instante”

A

Gabriela Cebral Berini

5

CRÓNICA DE TEATRO DO NADAL 2004

Page 6: [VERSIÓN LIBRE DO LIBRO O CREPÚSCULO E AS FORMIGAS DE … · 2020-07-20 · [VERSIÓN LIBRE DO LIBRO DE X. L. MÉNDEZ FERRÍN, ESCRITA POR DARÍO FERNÁNDEZ] O CREPÚSCULO E AS

Darío Fernández Fernández

ANTES, CANDO XOGABA ATIRAR PEDRAS ONDEAS POMBAS SE MESTURABANTRANSPARENTES CO CEO,IMAXINABA OS DÍAS COMACRISTAIS SEN REFLEXO.

COLLÍA OS MEUS PECADOS EOS AGOCHABA NO MÁISPROFUNDO DA MIÑA MENTEDOENTE. OS MEUS ASASINATOS,OS MEUS ROUBOS, OS EXCESOSDA MIÑA VIDA ANTERIOR.

AGORA SON COMA UN DEUS,INFINITO, INVENCÍBEL,MORTO POLA FORZA DA LUZE AS TEBRAS MENTIREIRAS.A MIÑA ESPECIE TOLEOU,SON O ÚLTIMO DESTA CADEADE NÉBOA E SOIDADE.

SON EU O FILLO DE XOB,QUE ARRINCA A SÚA PEL EBEBE O SEU PROPIO SANGUE?SUFRO LENTAMENTE O MEUTORMENTO. CASTIGÁRONMESEN MOTIVO NIN POR QUÉ.SEN AXUDA,POR QUE LOITO SÓ?

UN SEGUNDO E LOGOFOI ABISMO.QUERIDA VIDA SENTIDA,NON QUERO LEMBRARESAS FIGURAS FEITAS DEESTRELAS. ELES VIÑERON!

XA NON EXISTE A HUMANIDADE,ELES VIÑERON A ESNAQUIZARA MIÑA POSIBILIDADE,SILENCIOINMORTAL DURANTE MILESDE ANOS. VIRON COMOMORRÍA A XENTE NOSEGUNDO FINAL.

REMATANDO A NOSA HISTORIA,

A HISTORIA DA HUMANIDADE.

ELES QUIXERON ISTO,NON QUEDA NADA XA, E BOTOAS MIÑAS PREGARIAS PARAQUE NON SEXA O ÚNICOQUE QUEDE! PIDO PODERVIVIR CON ALGUÉN!POR FAVOR, NECESITO UNSER COMA MIN,UN HUMANO...!

UN HUMANO. FÓRA,ELES FALAN CON SONSLÍQUIDOS,QUE QUERENDE MIN? QUE QUEREDES!!??NON SON DEUS!SON EU O FILLO DE XOB?

Page 7: [VERSIÓN LIBRE DO LIBRO O CREPÚSCULO E AS FORMIGAS DE … · 2020-07-20 · [VERSIÓN LIBRE DO LIBRO DE X. L. MÉNDEZ FERRÍN, ESCRITA POR DARÍO FERNÁNDEZ] O CREPÚSCULO E AS

Ola!, avoa. Sei que o avó escribía as súascousas para que ti as recibiras, e decidín seguir oseu costume. A verdade é que non estou moi segurode por qué o fago, xa que realmente non creo que tipodas lerme, pero supoño que é unha maneira desacar fóra as cousas que, pola razón que sexa, nonlle contamos a ninguén. Eu escribo agora porquepasou algo moi curioso. Un home veu preguntar poloavó, querendo escribir sobre a súa vida. Non seicomo chegou ata el a historia do teu home, pero ocerto é que viña moi interesado en todo o que nóspuideramos aportarlle. Un tal Riveiro Coello. Seica éun escritor moi destacado,que gañou varios premios,pero eu non lera nada del ataagora, xa que levo cego tantotempo... Ao principio non mepareceu unha boa idea, o deque escribira sobre o avó,pero ao final acabei cedendoe colaborei con el en todo oque estivo da miña man.Deixeille as cartas queredactou para ti, un pouco acontragusto, pero dixo queeran esenciais para a historia,eu que sei! A verdade é queunha vez que les a novela quecompuxo, non quedaningunha dúbida de que eraimprescindíbel queaparecesen nela e,pensándoo ben, tampouco éque foran tan privadas... Nonsei.

Aprendín moito lendo oescrito de Riveiro. Dáme unpouco de apuro recoñecerque non sabía case nada doavó ata que lin a novela, peroasí é. E está tan ben escrita!Desde as primeiras liñas veste arrastrado polahistoria e non podes deixar de ler. Está escrita enprimeira persoa, desde o punto de vista do avó, esinto que Riveiro conseguiu facerme crer, incluso amin, que era el quen falaba. E falaba tan ben.... Podeque ao principio non me convencera de todo o estilo,pero finalmente saíu vitorioso, polas súas fermosasdescricións, tan reais que case que ves as cousasque vas lendo. E como todo ocorre aquí en Galicia,en lugares tan familiares, é moito máis sinxelo que ahistoria te envolva, conseguindo que chegues a estaralí, dentro, vendo todo o que pasou por ti mesmo,mentres les a narración duns acontecementos quenon te son alleos. E é todo tan emocionante... Ossaltos no tempo entre capítulo e capítulo despistanao principio, pero enseguida demostran ser unverdadeiro acerto do autor, pois espertan a

curiosidade do lector, contando varias historias quese entrelazan entre si. Eu non sabía nada dos anosde xuventude do avó, dos seus comezos comoanarquista, da loita que levou a cabo. Os anos docárcere... Nunca falaba demasiado diso, e eutampouco quería preguntar; os recordos que lle traíaeran demasiado duros e tristes, e non quería poñelotriste. Mentres que agora coñezo tantas cousas.... Eentendo moito mellor aquela teima que tiña poratopar o libro, o famoso libro na procura do cal viviua última das súas aventuras, xa con 80 anos.Aventura da que moi pouco puiden saber da súa

boca, pois non tivo tempo arelatarma.

O anarquismo, a guerra,a república... Acontecementostan xerais, mesturados cosdetalles da vida do avó e dosque o rodeaban, da súainfancia, da súa adolescencia,do voso amor, da vosa viaxe,do voso exilio a América. Esaviaxe que tantos galegosrealizaron, a maioría deles conmoita menos sorte ca vos, quetiñades alí amigos que vosacolleron, que vos permitironlevar unha vida bastante boa,a pesar de ter que estar tantotempo sen vos ver por culpade tantos traballos. A verdadeé que a vosa vida estivo moiligada aos acontecementos domomento, acontecementos xade por si interesantes, e moitomáis unidos á vosa historiamediante a mestría de RiveiroCoello. Creo que inclusoalguén ao que non lleinteresase o máis mínimo ahistoria do país a atoparía

interesante a través de todo o que vos vivistes.E ben, non sei que máis dicirche da novela,

supoño que terías que lela para entender todo o queestou a dicir, para revivir aqueles momentos tanfermosos, e tamén os máis terríbeis. Como xapuideches deducir, en xeral gustoume bastante. Teráos seus erros, como todas, pero sentinme tan ligadoá historia e collinlle tanto cariño a todos osacontecementos que podo perdoar calqueradesacerto. Sen máis, despídome xa. Supoño quepronto terás novas de min para contarche calqueraoutra cousa da miña vida.

Bicos, avoa.Lázaro

Rosalía Rodríguez Couceiro

Page 8: [VERSIÓN LIBRE DO LIBRO O CREPÚSCULO E AS FORMIGAS DE … · 2020-07-20 · [VERSIÓN LIBRE DO LIBRO DE X. L. MÉNDEZ FERRÍN, ESCRITA POR DARÍO FERNÁNDEZ] O CREPÚSCULO E AS

Sara Veiga Ramos

NEVE!!

Debe ser

cousa do

cambio

climático

MAÑÁ

EXAME

DE

LINGUA

NA VILA

DO BOSQUE

Deu da sabedoría,

dáme o teu poder!

Desiste Paulo!

Non o vas

conseguir!

Creo que

vou ter

que estudar

Paulo!

Saca

a lámpada

da cabeza!

Page 9: [VERSIÓN LIBRE DO LIBRO O CREPÚSCULO E AS FORMIGAS DE … · 2020-07-20 · [VERSIÓN LIBRE DO LIBRO DE X. L. MÉNDEZ FERRÍN, ESCRITA POR DARÍO FERNÁNDEZ] O CREPÚSCULO E AS

De onde eu son, a xente moza vai ao cinema a veractores coma Brad Pitt ou Colin Farrel nesas grandesepopeas épicas que se puxeron tan de moda duns anospara aquí.

e son só dous exemplos doque un actor novo, vigoroso, guapo e musculoso e un boinformático poden facer.

A xente de hoxe parece ter esquecido que o bo cinenon comezou hai dez anos con George Clooney e BradPitt: houbo anteriormente unha marabillosa xeración dexenios desta arte. Actores como Gregory Peck ou ClarkGable, actrices coma Audrey Hepburn e Virginia Mallo(recentemente finada), e directores coma Hitchcock ouJohn Ford forman unha xeración de profesionais da 7ªarte que dificilmente serán superados nas vindeirasdécadas.

Está na natureza dos humanos esquecer os tempospasados e poñer rumbo ao mar do futuro. Pero será bolembrar na nosa viaxe que a terra quedeixamos atrás é unha terra boa, mellor,seguramente, que calquera das que se

poidan descubrir. Unha terra labrada a man por uns poucos homes e mulleresque só co seu talento crearon obras que endexamais serán igualadas.Por iso, cando miremos para o futuro, procuremos non nos esquecer debotarlle unha ollada ao pasado.

Troia Alexandre Magno

“É coma un pacto. Nós non nos internamos no

seu bosque e eles non veñen á nosa aldeai

Neste lugar, todo o mundo garda algún segredo

.” É o comezodesta misteriosa película, dirixida polo s orprendente M.Night Shyamalan, responsábel de filmes como “O sextosentido” ou “O protexido”.

Ambientada no século XIX, narra a historiadunha pequena aldea, no medio dun bosque, sempreameazados pola invisíbel presenza de estraños seresque habitan nel. A trama xira en torno a dous mozos solitarios que se unirán na buscadesesperada do mundo máis alá das fronteiras da súa infancia, dunha razón que dea sentidoe liberdade ás súas vidas e unha resposta a todos os seus interrogantes.

É unha película chea de enigmas flotando en cada unha daspaisaxes; un violín omnipresente describindo un mundo ideal, que agora seve ameazado por algo repentino, que fai perigar a súa continuidade. Unmundo ideal, demasiado fermoso para ser real. Como di un dosprotagonistas: “ ”.

C. Ramón Canosa

María Yáñez López

FICHATÉCNICA

O Bosque (2004). l: The Village (USA). : M. Night Shyamalan.: Joaquin Phoenix, Adrien Brody, Sigourney Weaver, William Hurt, Bryce Dallas Howard,

Brendan Gleeson, Judy Greer, Jayne Atkinson, Michael Pitt, Cherry Jones, Celia Weston, Fran Kranz.

Título Orixina DirectorIntérpretes

Page 10: [VERSIÓN LIBRE DO LIBRO O CREPÚSCULO E AS FORMIGAS DE … · 2020-07-20 · [VERSIÓN LIBRE DO LIBRO DE X. L. MÉNDEZ FERRÍN, ESCRITA POR DARÍO FERNÁNDEZ] O CREPÚSCULO E AS

10

Primeiro que nada queremos agradecer aenorme colaboración da maioría do alumnado de 3ºda E.S.O. e de 1º de Bacharelato pois, grazas ássúas contestacións, e exceptuando algúns que nonrespectaron o traballo dos seus compañeiros ecompañeiras, puidemos realizar este estudo.

Esta enquisa nace debido a que osadolescentes galegos, por termos o grandeprivilexio de poder manexar e expresarnos en dúaslinguas, deberíamos, en principio, confraternizardunha maneira máis forte coa lectura. Pero tal cousanon ocorre, como comprobamos polos datosobtidos neste traballo, que realizamos en douscursos da educación secundaria. Así, un 8% dos edas estudantes afirman non ter lido ningún libro nosúltimos seis meses, o 55% confesa que só leu entreun e tres libros, e tan só un 12% en 1º de Bacharelatoe un 11% en 3º da E.S.O. leron máis de sete libros.

Tamén podemos destacar, fóra de calquerapolémica, que o alumnado de 3º da E.S.O. ten unhagrande predilección polas novelas coas que se

encontran máis identificados, como son aquelasque tratan dos problemas e as relacións entreadolescentes, destacando títulos como ,de Lola Gándara. En cambio, xéneros que onteestaban máis recoñecidos, como a ciencia-ficción,hoxe son menos estimados.

A pesar diso, e volvendo co tema anterior, oinquérito demostra que case un 50% doestudantado non le por vontade propia, senónunicamente aquilo que lle mandan na escola e éestrictamente necesario para sacar o curso adiante.Isto é un dato que os profesores e profesorasdeberían ter en conta á hora de recomendar lecturase de puntuar.

Por último, destacar a grandeaceptación que aínda teñen entre amocidade os nosos escritores clásicoscomo Rosalía de Castro ou EduardoPondal, situados entre os preferidosdos estudantes de 1º de Bacharelato.

Alexandra

Nº DE LIBROS LIDOS

DURANTE OS 6 ÚLTIMOS MESES

Ningún 1-4 5-7 Máis de 7

HORAS DIARIAS

ADICADAS Á LECTURA

Até 1 h. 1-3 hh. Máis de 3

QUE É O QUE LEO?

Nada

O que memandan

na escola

Leo porvontadepropia

XÉNEROS LITERARIOS PREFERIDOS

Aven-turas

Relaciónsentre ado-lescentes

Ciencia-ficción

Misterio Outros

Félix Carrasco Calzada

Page 11: [VERSIÓN LIBRE DO LIBRO O CREPÚSCULO E AS FORMIGAS DE … · 2020-07-20 · [VERSIÓN LIBRE DO LIBRO DE X. L. MÉNDEZ FERRÍN, ESCRITA POR DARÍO FERNÁNDEZ] O CREPÚSCULO E AS

Ola amigos!Vouvos contarunha historia.Eu son gaiteiro.Hai algunhaxente que aíndase ri de un portocar a gaita, hai

que ser atrasadiños..., peroafortunadamente cada vez son menosos que consideran o feito de sergaiteiro como un motivo de mofa eson máis os que se senten atraídospolo mundo da nosa tradición eanímanse a iniciarse nel. Pero a miñahistoria non trata das burlasignorantes que a xente de cerebromáis ben minguado poda facer desdefóra, senón das controversias ecríticas que se fan desde dentro.Desgraciadamente, dentro do nosomundo tamén temos problemas.Tamén hai xente que se ri de outrospor tocar o que tocan, e estes mesmoscritican aos primeiros por non facer oque a eles lles gusta.

Comecei a tocar a gaita poucoantes de cumprir 14 anos, aínda quexa o desexaba moito antes; de feitotiña unha frauta coa que ía

aprendendocancións queescoitaba por aí.Metinme nunhabanda de gaitasgrazas a unhaamiga coa quefora ao colexio

desde neno e comecei moi ilusionadoa aprender melodías coa frauta e,pouco tempo despois, a tocalas coagaita. Pronto fixen o traxe e comeceia actuar coa banda, onde o pasabaxenial, pois encantábame tocar ereparaba que á xente lle gustabaescoitarnos. Pouco a pouco quedeiseducido pola miña nova afección enon podía rematar unha actuación ouun ensaio sen desexar que chegase oseguinte.

Xa vos comentei que no nosomundo tamén temos problemas evóuvolos contar.

Posiblemente oiriades falar da

, ou non? Resumo conbrevidade: Hai uns 20 anos que o seu

director quedou abraiado ao ver, nunfestival de sona en Lorient, unhabanda escocesa coas súas formaciónse os seus desfiles, e quixo facer algoasí en Galicia. Fíxoo, pero custoullecaro. Cambiou a estética das gaitastradicionais galegas facéndoassimilares ás escocesas (só na estética,non no son),substituíu apercusióntradicional conparches de coiropor percusión dealta tensión,agregou á bandatimbais, e colocou a unha persoadiante da formación da bandadirixíndoa coa axuda dun bastón demando. Ademais, incorporou aorepertorio da nova banda temastradicionais doutras nacións celtascomo Escocia, Irlanda ou Bretaña.

P o i s b e n , a o r i x e d e s t a“ ” banda deu lugar a dúastendencias enfrontadas: os queconsideraron atractiva a nova propostae os que a consideraron unha ofensap a r a a n o s a t r a d i c i ó n . E u ,persoalmente, non estou de parte deningunha das dúas opcións. A estéticada Real Banda non me gusta, pero nonteño nada en contra da incorporaciónde temas foráneos pois nin rumbas, ninpolcas, nin xotas eran nosas nunprincipio e, no entanto, cantas temosagora propias? Outra cousa sería queestas pezas chegasen a monopolizar onoso repertorio, entón outro galocantaría....

A banda na que eu toco adquiriunos últimos anos algunhas propostasda Real Banda como a introdución detemas alleos á nosa tradición,percusión de alta tensión e,recentemente, as novas gaitas(denominadas ) e ostimbais mencionados anteriormente.Estes dous últimos elementos nonforon completamente incorporadospois, de entre todas as nosasactuacións, é doado contar as vecesque os empregamos. Tocar con estasnovas gaitas non me fai dano, peronon me gusta (se algún gaiteiro leisto, comprenderá que non fai moitagraza tocar con tres roncos ao lado dooído esquerdo...), ninguén me obriga

a tocar con elas, certo, pero fágoocase por compromiso. A verdade, nonentendo o por qué desas gaitas, poiseu, particularmente, non lles atoponingunha vantaxe. Pero hai xente áque lle gustan, e se eles queren tocarcon elas, mentres non intentenimpoñer esta nova tendenciasuprimindo as gaitas de sempre, porque non deixalos? No meu caso, sealguén me pide que escolla entre osdous modelos de gaitas non o dubido:a gaita de sempre.

O tema da percusión é un mundoá parte. O son da percusióntradicional, con parches de pel(falando só da percusión básica, asaber: tamboril, bombo e pandeireta),é moi fermoso, pero pouco potente,polo que fai falla un bo número depercusionistas para que o seu sondestaque entre unha gran banda.Unha boa solución (sempre que nonse dispoña de percusionistasdabondo) é apercusión de altatensión no casodos tambores, oubombos conparches sintéticos,absolutamentediferente no son,pero moito máispotentes.

Sobre a introdución dos temasalleos no repertorio das nosas bandasnon teño nada máis que engadir:mentres non o monopolicen,deixando esquecida a nosa tradiciónmusical, todo vai ben.E todas estas lerias que vos conteison un breve resumo dos problemas eenfrontamentos que hai dentro domundo da música tradicional galega.A xente usualmente pregunta:

. Pero,por que non

?. Certo que hai cousasincompatibles, pero hai moitas outrasque non o son. Coido que a soluciónideal sería saber conxugalas senprexudicar a ninguén e sen crearenfrontamentosabsurdos e, porsuposto, sen danar anosa tradición.Real Banda de Gaitas da Deputación

de Ourense

innovadora

gaitas marciais“Tradición ou innovación?”

“tradicióninnovación”

e

Pablo Argüeso

Page 12: [VERSIÓN LIBRE DO LIBRO O CREPÚSCULO E AS FORMIGAS DE … · 2020-07-20 · [VERSIÓN LIBRE DO LIBRO DE X. L. MÉNDEZ FERRÍN, ESCRITA POR DARÍO FERNÁNDEZ] O CREPÚSCULO E AS

12

-De cando lle vén a afección por cantar e

como principiou a súa carreira como

cantante?

-Segue interpretando cantares para a

infancia, para os máis pequenos?

-Cantos discos

foron os que

gravou?

-En que

proxectos

musicais está a

traballar na

actualidade?

chunga

top-manta

-Viaxou algunha vez polo estranxeiro coa

súa música?

-Que trato recibe dos medios de

comunicación prensa, radio, televisión unha

cantante coma vostede comprometida de

seu coa lingua e a cultura galegas?

Os corenta principais

-Que foi o máis interesante que aprendeu en

todos estes anos como profesional da

música?

-Vostede é unha artista polifacética, pero

que outra vocación ten ademais da canción?

-A verdade é que sempre me gustou pois xadesde moi pequena xogábamos a cantar,aínda que profesionalmente comecei candoxa estaba casada e cos dous nenos, convintecatro ou vintecinco anos.

-Sigo, e sempre que damos un concerto e haixente miúda cantamos temas para eles, aíndaq u e n o n o st e ñ a m o se n s a i a d o .G ú s t a n o s ,gústanos moitocantar para asnenas e os nenos.

-Gravamos dezdiscos.

-Na actualidade a cousa está un pouco. Nós estamos a preparar cancións

para facer un posible disco, de maneira quese te chaman para gravar tes o traballoadiantado, pero a cousa agora mesmo estáun pouco mal co asunto do , nonhai demasiados cartos e as casasgravadoras non se implican nin cos músicosveteranos nin con xente nova. Daquela émoi difícil, a non ser que ti mesma fagas aprodución do teu disco.

-Viaxamos por Europa, actuando en Suíza eAlemaña.

-Hai moito tempo, uns cinco anos, que nonnos deixan cantar na televisión galega,precisamente por ser unha mullercomprometida coa nosa música. Hai outrascantantes españolas, Karina, Rocío Durcalou Rocío Jurado, e tamén outras galegasque non teñen este veto. Curiosamente, senos chaman da televisión española non nospermiten cantar en galego, teríamos quefacelo en castelán e para xustificar a súa

censura aducenque para cantaren galego xaestá a TVG. Averdade é que otemos moicomplicado.Nas emisoras deradio trátannosben e nonsucede como natele, pero agoramesmo na radioé todo debate,emiten poucamúsica, seacaso poñenpequenosanacos das

nosas cancións, programan pouca música anon ser que sexan ,pero aquí xa non estamos nós.

-A experiencia vaiche ensinando a facermellor o teu traballo, perdes os medosiniciais e chegas a dominar con soltura oescenario e a túa propia voz.

-Outro dos meus afáns é a pintura e agoramesmo é o meu traballo. [Continúa na páx. 13]

Page 13: [VERSIÓN LIBRE DO LIBRO O CREPÚSCULO E AS FORMIGAS DE … · 2020-07-20 · [VERSIÓN LIBRE DO LIBRO DE X. L. MÉNDEZ FERRÍN, ESCRITA POR DARÍO FERNÁNDEZ] O CREPÚSCULO E AS

O nome de María

Manuela está dende sempreunido ao de Miguel Varela,

. Os dous, quenaceran en 1945, casaron nomítico ano de 1968, nunFerrol que daquela bailaba aoson dos Tamara, os Sprinters eAndrés Dobarro, con quenMiguel tocou durante anos.En 1974 comezan os éxitoscoa gravación, no seuprimeiro de

e .Desde aquela inicialaportación á historia da música en galego, MaríaManuela nunca deixou de estar presente no panoramacultural do noso país, sen se deixar tentar polas moitasofertas que ao longo do tempo tivo para cantar enespañol.A súa militancia polo noso idioma levouna, xunto conMiguel Varela, a porlle música e popularizar poemas

de Celso Emilio, Manuel María, Emilio Pita, CuñaNovás, Rosalía de Castro... e Ana Caxiao, quen aacompañou desde aquel primeiro até

, o seu último CD gravado.Hoxe, sen Miguel, saca ao mercado este novo traballoe o seu fillo Xurxo, herdeiro da sabiduría esensibilidade d , toma a batuta para pór deacordo a unha grande equipa de músicos amigos: CésarLonga, acordeón, piano e harpa; Paco Barreiro,guitarra; Daniel Ardemián: Guitarra española eportuguesa; Manuel Dopico, baixo, mandolina e voz;Ramón Casal, zanfona; José Luis do Pico Orjais,percusións; Francisco Luengo, viola de gamba;Alfonso Morán, contrabaixo; Xurxo Varela, guitarra,chelo e viola de gamba; Xoán Rubia, voz.Ademais do seu traballo musical, María Manuela tendemostrado a súa personalísima visión da arte cunhapincelada impresionista cargada de estética galega.Neste campo destacan as súas exposicións en CaixaGalicia de Ferrol e Compostela, Círculo Mercantil deVigo, Galería Arte-Imaxe e Asociación de Artistas daCoruña, Forum des Arts de Lorient, etc..

OTranquilo

single, "PedroChosco" "Ana Mariña"

"Ana Mariña"“Para Miguel”

'O Tranquilo

13

-Que meta ou metas aínda están por

conquistar?

-E por último, algunha vez se considerou un

ídolo?

Boiro

-Para min o máis importante é mellorar aquilono que estou a traballar, pois son moi críticacomigo mesma e esíxome moito.Encantaríame chegar a ser unha moi boapintora e unha moi boa cantante, niso estou.

-Non oh!, nin tal me considero nin me gustaríaselo. Debe ser difícil aturar iso de ser un ídolo.Considero que é preferible pasar máisdesapercibida, ser unha persoa normal, comoos demais, que no meu caso sabe cantar epintar. Coido que é moi horroroso iso de serídolo.

Tamén quero salientar que a meirandeparte das cousas que me teñen ocorridonestes anos de bagaxe musical foron boas efermosas. Coñecín persoas que no mundo dacultura galega tiveron un papel primordial nasletras e na música, como a miña boa amigaAna Caxiao, Xosé Leira bo amigo de moitasandanzas, o finado amigo Manuel María, UxíoNovoneyra, Darío Xohan Cabana, BernardinoBraña, Celso Emilio Ferreiro, Ramón

Valenzuela(tamén moiquerido pornós). No eidoda música forontamén moitasas persoas quecoñecimos epasaron polonoso grupo:Paco Barreiro,

guitarrista de Vigo, Manolo Dopico e PepeDopico, curmáns meus, Miguel Varela, meuhome, Xurxo e Anxo, meus fillos, RamónCasal, a quen de xeito agarimoso chamamos

, e tantos e tantas compañas musicaisque compartiron connosco a escena comoUxía Senlle, Susana Seivane, Guadi Romero,Rosa Cedrón, Uxía Pedreira, Mercedes Peón,Xoán Rubia, Miro Casabella, ofenecido Suso Baamonde, emoita máis xente que melevaría días..., ou case, nomear.O balanzo, en xeral, émepositivo.

[Vén da páx. 12]

Miguel O Tranquilo

Sandra Rego Rey

Page 14: [VERSIÓN LIBRE DO LIBRO O CREPÚSCULO E AS FORMIGAS DE … · 2020-07-20 · [VERSIÓN LIBRE DO LIBRO DE X. L. MÉNDEZ FERRÍN, ESCRITA POR DARÍO FERNÁNDEZ] O CREPÚSCULO E AS

Na parroquia de Fazouro, en Foz, existeun lugar chamado que,segundo contan os vellos, é un sitioencantado pois ocorren alí fenómenosestraños.Nunha ocasión, un veciño daparroquia xuntouse con outrosamigos e, aproveitando a lúachea, foron até

a pescar. Colleron canase cestos e aló foron.Nas proximidades do lugarexistía unha pequena fontenatural e cando xa seachegaban escoitaron unspreciosos cantos de muller, epuideron observar como unhaseñora de moi baixa estaturaestaba lavando roupa nafonte, mentres cantariñabafermosas cantigas.A curiosidade por ver quen erafixo que quixeran acercarse a ela, perocando xa estaban moi preto a mullerdesapareceu misteriosamente.

Esta lenda lémbranos a canción “, do grupo

, baseada nunha lendagalegoportuguesa que narra como todapersoa que atente contra a vida dos nenos

nacidos ou por nacer, serácondenada, logo de morrer, aque a súa ánima vague enpena e apareza nas noites deluar pola beira dos ríos lavandoe cantando belidas cantigaspara atraer ao camiñante. Nocaso de achegarte a elapedirache que lle axudes aretorcer as sabas e paxelosdaquel neno que ela matara eque está lavando: secolaboras, a túa ánima taménvagará en pena cando morras;pero se te negas a facelo alavandeiradesaparecerá e no

lugar onde estaban os paxelosestendidos aparecerán pozas desangue.

As Penas de Salsa

As Penas de

Salsa

O

romance da lavandeira” Fuxan

os Ventos

14

A LENDA DA LAVANDEIRA

Como ben di a lenda que estamos a comentar, estaba unhamuller de baixa estatura lavando roupa. A altura fálanos dosimbolismo dos ananos ou gnomos que son seres de carácterfantástico. Di tamén que a muller seducía os homes cantandopreciosas cantigas. Isto fai referencia ás sereas, eses seresmitolóxicos que atraían os homes co seu canto, cando enrealidade só eran baleas.Respecto a que a muller estivera lavando na roupa, debemospensar na simboloxía do feito de lavar, que é unha maneira deexpresar a necesidade de limpar unha culpa, neste casorelacionada coa morte do meniño que a muller tivera. A mullerpecara, por manter relacións fóra do matrimonio ou ben porabortar. Que todo isto acontecera pola noiteexplícase porque fixera algo vergoñento que

debía ocultarse e non amosalo á luz do día.Por outra banda temos que tanto a noite, a lúa e a auga son

elementos ligados á simboloxía do feminino, á representación do mundoda muller.

...E A SÚA SIMBOLOXÍA

Edén García Veiga

Paloma Ruíz López

Page 15: [VERSIÓN LIBRE DO LIBRO O CREPÚSCULO E AS FORMIGAS DE … · 2020-07-20 · [VERSIÓN LIBRE DO LIBRO DE X. L. MÉNDEZ FERRÍN, ESCRITA POR DARÍO FERNÁNDEZ] O CREPÚSCULO E AS

Ao comparar os douscalendarios dámonosconta de que as festasg a l e g a s s o n or e s u l t a d o d agaleguización dasfes tas dos nososantepasados pagáns,entre eles os celtas, epolo tanto coincidennas datas coas que secelebran en Irlanda.

Se o que queremos é dar vida e futuro ao noso pobo e nonmatalo coma se se tratara dun inimigo, debemos falar onoso idioma e non avergonzarnos das nosas tradiciónstraendo outras de fóra ou reinventando algo que xa haitempo que evolucionou e cambiou.No caso do sinto mágoa dos que se aferran aidentificar ese nome con algo tan noso como son as

celebracións deDefuntos, poisempezando polo nomeesa palabra non égalega, senón que é celtagoidélico. Ademais enIrlanda non se pronunciasequera coque esa palabra nonsignificaría nada enIrlanda pronunciada desexeito, nin tampouco é comprendida aquí polos vellos quenos transmitiron as súas tradicións e a quen lles temosque agradecer a supervivencia dos costumes herdados. Oque se está a facer neste momento é celebrar obritánico e americano con nome celta e mesturado concastañas, é dicir, unha auténtica trapallada.Estanos invadindo a globalización, que noné outra cousa que o verdugo da nosa cultura.

Samhain

“Samaín”,

Hallowen

Fálase moito hoxe en día das nosas raíces celtas en

relación coas nosas festas e dise que son nosas outrascelebracións que, aínda que teñen unha orixe común coasnosas, son, ao fin e ao cabo, tradición doutras nacións celtas,pero non de Galicia.Hoxe por hoxe hai moitos sabichóns que reinventan astradicións alegando recuperar ritos que en Galicia nuncase fixeron e non paran de renegar do noso pasado rural aomesmo tempo que negan parte das nosas raíces. Aínda que

os sabios de pouca monta poidan chegar a convencer amoita xente, dubido que o consigan comigo, sendo euunha persoa que viviu na aldea e tivo ocasión de recoller otestemuño da tradición oral. Con todo, se alguén precisaprobas de máis peso que as miñas opinións queropuntualizar que todo o que aquí expoño é o resultado duntraballo de investigación.Cómpre empezar falando do calendario celta lunar e situarnel cada festa, tal e como presentamos neste esquema:

Felipe Vázquez Fernández

Lumeirada de San XoánCelebrando os maios

Page 16: [VERSIÓN LIBRE DO LIBRO O CREPÚSCULO E AS FORMIGAS DE … · 2020-07-20 · [VERSIÓN LIBRE DO LIBRO DE X. L. MÉNDEZ FERRÍN, ESCRITA POR DARÍO FERNÁNDEZ] O CREPÚSCULO E AS

POEMAS AO OUTONO (1977)anuel María foi un escritor cunha produción literaria que abarca todos os

xéneros, sendo a poesía aquel no que máis destacou. En Santiago, cursou os estudos

de Filosofía e Letras. Ademais de Poemas ao Outono, podemos citar outros títulos

relevantes como: Terra Chá, Elexías á miña vida pequeniña, Muiñeiro de brétemas,

Advento, Morrendo a cada intre, Poemas para construír unha patria, As lúcidas lúas

do outono.

Este pequno libro foi editado o ano 1977. A colección de poemas de Manuel

María está chea de sensacións que transmite mediante unha continua evocación do

outono e de Galicia, describindo as escenas que desta época do ano ten nos seus

recordos.

Polas súas continuas e moi ben

formuladas metáforas e comparacións,

pola súa linguaxe de doada comprensión

e polo seu sinxelo vocabulario, podemos

recomendar esta obra literaria para

todas as idades a partir dos 13 anos.

Velaí tres poemas:

M

Outono trai froitos abondosos,mañás delicadas, transparentes,tardes de serás ouriloucentes,calmados solpores soedosos.

Os carballos son máis rumorosose, se chove, chove mainamentee agroman entón doces sementesde soños calados e fermosos.

Entrégoche o froito máis madurodo meu soñar dondo e caladiño:¡un mencer sinxelo, lene e puro!

E ti faite, Outono, como o viño:¡claridade xurdida do escuro,e paixón poderosa do destiño!

Galiza é un Outono puro e bon,un río que discorre mansamente,lume abrasador, fértil semente,futuro presentido e en sazón.

E foi labrando o tempo luz, paixóno seu ser escuro e transcendente,luíndo o corazón de toda a xentee conformando a terra e o torrón.

Galiza é unha agarda moi maduraque non permite prazos, dilaciós,estancamentos, freos ou premura.

¡Abonda xa de laios e canciós!¡Non queremos ser río de tristuracorrendo pola vida a tropezós!

É xusto, por Outono, cando a vidaten unha fondura pura e grave,a graza delicada dunha avee a punxente dor dunha ferida.

Meu Outono fiel, canción choída,o teu segredo endexamais se sabe:pode ser carraxe moi suaveou facerse soidade alporecida.

Outono do foscor e das clarencias,recolleita de froitos ben cumpridosque pertencen a todos os irmaos.

Teremos alertadas as concienciaspois estes dons, apenas recibidos,serán rosas de luz nas nosas maos.

Federico Pedreira Nores

Page 17: [VERSIÓN LIBRE DO LIBRO O CREPÚSCULO E AS FORMIGAS DE … · 2020-07-20 · [VERSIÓN LIBRE DO LIBRO DE X. L. MÉNDEZ FERRÍN, ESCRITA POR DARÍO FERNÁNDEZ] O CREPÚSCULO E AS

Manuel María Fernández Teixeiro naceu o 6 deoutubro de 1929 en Outeiro de Rei, Terra Cha, noseo dunha familia de labregos acomodados.Comezou a estudar na escola de Rábade, ondepreparou o Bacharelato e coñeceu a poesíagalega. De 1942 a 1949 cursou o Bacharelato enLugo e tivo que pasar a vivir cun tío seu, párrocode San Froilán, á morte do seu pai. En Lugo,trabou amizade con Uxío Novoneyra e participounos faladoiros literarios da cidade con LuísPimentel, Ánxel Fole ou Ramón Piñeiro. En 1949funda a revista , da que saen dous númerosnos que publica os seus primeiros versos.Logo, matricúlase na Facultade de Filosofía eLetras de Santiago, que abandona un anodespois. Coa axuda de varios amigos, publica en1950 o seu primeiro libro de poemas,

, e en 1952,froito da decepción dos estudos, naceo segundo, .Nese mesmo ano, comeza o servizomilitar en Compostela. Nesa cidadecoñece a moitos intelectuais galegoscomo Otero Pedrayo, Maside e GarcíaSabell, co que se consolida o seucompromiso co idioma.Regresa a Lugo e no ano 1953comeza a prepararse para Procuradordos Tribunais, título que acada en1957. Un ano despois, marcha aMonforte para exercer.Por ese tempo xa era un escritor recoñecido, convarios premios e libros publicados como(1954), , un dos seus poemarios máis

s a l i e n t a b l e s , e

(1958), e aprimeira obra det e a t r o ,

(1957).En 1959, casou conSaleta Goi García eseguiu escribindo,adoptando sempreu n c o m p r o m i s ocrítico coa realidadesocial que lle vai

causar problemascoa censura e oréxime franquista.Tanto foi así, queo resto dos seuslibros até a mortede Franco, vanser editados noexterior. A pesardiso, en 1968, sae , libro deversos para nenos.Na década dos 60, lígase ao nacionalismo deesquerdas, algo moi presente na súa obrapoética, e ingresa na U.P.G.,

. Crea tamén, a editora Xistral, que acadagrande sona.

En 1975, renunciou ao seu posto naReal Academia Galega e, coademocracia, foi candidato polo B.N.-P.G. (Bloque Nacional Popular Galego)ao Senado pola provincia de Lugo.Tamén saíu electo concelleiro deMonforte.Dentro da súa inxente obra poéticadestacan, entre outros,

(1977),(1979), (1993),etc..Por mor das conferencias impartidas epremios recibidos, viaxou até Bilbao,Madrid, Barcelona, Francia, Italia,

Suíza, Portugal e Venezuela.Non é doado resumir a obra deste insignepoeta, referencia imprescindíbel no nosopanorama literario da segunda metade doséculo XX, pois cultivou sobre todo a poesía,pero tamén o ensaio, o teatro e a narrativa.Manuel María foi un escritor que traballou unhaampla variedade de rexistros, propostas etemáticas, desde o intimismo ao paisaxismo,desde a preocupación relixiosa aosocialrealismo crítico e satírico, sen esquecernunca a reivindicación lingüística, e coaomnipresencia da construción da patria.Recibiu o Premio da Crítica Galicia á creaciónliteraria en 2002 e faleceu aos 75 anos naCoruña, o 20 de setembro de 2004.

Xistral

Muiñeiro de Brétemas

Morrendo a cada intre

Advento

Terra Cha

D o c u m e n t o s

persoais

A u t o d e

taberneiro

Os soños na gaiola

Unión do Povo

Galego

Poemas ao

outono As rúas do vento ceibe

A Primavera de Venus

María Yáñez López

Page 18: [VERSIÓN LIBRE DO LIBRO O CREPÚSCULO E AS FORMIGAS DE … · 2020-07-20 · [VERSIÓN LIBRE DO LIBRO DE X. L. MÉNDEZ FERRÍN, ESCRITA POR DARÍO FERNÁNDEZ] O CREPÚSCULO E AS

18

1 ALMISCRE NARCISISTA

Esquecín o meu recordo cando andei naprocura dunha historia, certamente non puidenatopar outra que non fora a miña propia.Busqueina entre a memoria para escribilanunha folla branca e virxe, pero non tiña nin ideade como ía ser. Gustaríame unha de aventuras,persecucións, amores destrutores e un finalcheo de interrogantes. Tamén podería escribirunha crónica de seres non vivos, querematarían sendo a nova especie da Terra.Dubidei entre moreas de ideas, non meconvenceu ningunha, entón decidín construírun relato infinito no que comezara a falar unhavoz do ceo, coma se fora a linguaxe das nubes,

do inmensoceo azu l ,q u e s eexpresaras o b r e achegada dainspiración,d a i d e averdadeira,forte e salvadora dos que queren ter a vida dunescritor. E foi así que as miñas mans semoveron ao son da imaxinación e creei oprincipio:Esquecín o meu recordo cando andei naprocura dunha historia, certamente non puidenatopar outra que non fora a miña propia....

2 ADELA

Adela naceu en Cea (Ourense) o 23 de maio de

1950. Nos seus dez primeiros anos coñeceu o

sabor da soidade. Na súa memoria, omitindo

nomes e situacións, escribo este pequeno

relato, baseándome nas cartas da súa avoa

Elisa Moreno Díaz, finada o 2 de xaneiro de

1968, á idade de setenta e un anos, no hospital

de Santiago de Compostela “Irmáns da saúde”.

Estando sentada miroucomo as trenzas do marexplotaban contra o ceoen anaquiños, coma sef o r a n p o m b a stransparentes. Estivo naprocura de algo que nonpasaba, agardaba omovemento daqueleshomes, escoitando or u x i r p r e c i s o d ai n m e n s i d a d e a z u l .Homes sen rostro que secuestraran unha nena,buscando un incerto amor, simple e virxe. Anéboa destes acantilados arrastrábaseserpeante polos corpos sen definir, queimandoo pensamento, fuxindo cara ao esquezo,convertendo os nervios nunha nova crueldadedisimulada. Eles eran demos que berran, loitanentre si, queren o regalo desta festa. Ninguén

puido gañar, a cativa comezou a correr entre asfollas dun outono que nunca imaxinara, paramesturarse coa intensidade da lúa e as estrelas.Caeu no espello desta intensidade e moveuse,primeiro lentamente polo susto e logosalpicando para coller un apoio calquera.Érguese, pecha os ollos lembrando a raíz quelle salvou a vida, entón volve caer sabendo queé un pesadelo. O sol brilla entre os cantís, entreos sons das cegoñas e as ondas, salvou

milagreiramente. Dág r a z a s a n i n g u é n ,chorando bágoas deouro neses ollos cheosde miseria. A nai xa levatempo na súa busca,pero a meniña non querevolver, foi a propia naiquen a vendeu. A propianai que a busca parapoder volver a vendela.Só queda o refuxio, peroa onde pode ir? Decidiu

agocharse entre o abismo do acantilado e vivircon crustáceos e infinitas cegoñas. Resistiudurante tres días, pero cando cansou de nonfalar, das cegoñas e do sabor agre doscrustáceos, alzou a súa voz e berrou. Marchoupara ningunha parte e alí comezou de novo avivir.

Page 19: [VERSIÓN LIBRE DO LIBRO O CREPÚSCULO E AS FORMIGAS DE … · 2020-07-20 · [VERSIÓN LIBRE DO LIBRO DE X. L. MÉNDEZ FERRÍN, ESCRITA POR DARÍO FERNÁNDEZ] O CREPÚSCULO E AS

5 A NOITE DUN ARREPENTIDO

Grazas por ter un soño tan fermoso.Darío Fernández Fernández

19

3 A POMBA MORTA

A pomba morta, escoitando a dor do meu puñopechado, agardandoun murmurio do reflexoda pomba mor ta .Bágoa esnaquizada,morta da pomba morta,espidas as súas ás nofinal das súas mans.

Pomba máxica aniquilas razón, mal flotante queleva a tolemia destas augas glorificadas polasxamais pensadas dúbidas e máis dúbidas daexistencia humana. Pomba morta da pombamorta, morta sen máis. Morta da pomba mortamorres sen máis. Non somos nós pombas quemorren sen máis? Lamentos! No teu redor apregaria da pobre morte da pomba que xaestaba morta.Apomba morta.

4 MAL APROVEITADA

Tempo despois, cando me deixaron saír docárcere, puiden facer o que me petou. Volverroubar, beber e fumar e buscar a multitudeque ocasionara o meu encerro, e matalos. Una un, sen compaixón, sen me tremer a pistolamentres lles berraría: morre cabrón, morre fillode puta!, agora quen ten a culpa? Tiña quefacer maletas, subir fotografías, lembrar cada

un dosnomes elogobuscarunha arma.Xa seionde podoencontrala,o meu

amigo Daniel pode axudarme. Necesito unhaboa arma, que faga o ruído necesario paraque ensucien polos pantalóns eses merdas.Terei que coller un vehículo para moverme,onde podo encontralo? Chamarei a Daniel:

Remato de colleristo, amaño as maletas e voume, nonsei... Iso é o que farei, vou matalos atodos, de min non se burla ninguén. Non llepodo pagar ao taxista, pero xa sei, róubolle aspelas e lisco.

Dani, son eu si, que pasa?... Soltáronme que

pasa... E ti que fas coa túa miserable vida?...

Non, botáronme o luns pola mañá... Claro que

me acordei de ti, puto cabrón, sabes que fun o

mellor... Agora necesito a túa axuda... Non tío,

non quero cartos, non quero iso, necesito unha

arma... Como que para que?... E logo, tronco,

teño que dar explicacións?... Non me dirás que

xa deixaches o negocio?... Xusto cando preciso

da túa axuda, non sexas baldreu... Hoxe non, e

mira, veño de saír do cagarrón e xa estades a

amolarme?... Que non teño a ninguén?, que dis

oh!... Estás con

eles?... Fillo do

l u d r e q u e t e

pariu!... Irei por ti,

que o saibas, e

heiche abrir de

parte a parte...

Merda de vida,

colgou o teléfono.

Taxi!!!

A ver, dáme todo o que tes aí

agochado, xunto á máquina papón! Vamos,

axiña! Pero que merda, dende cando os

taxistas tedes pistola? Agarda, tío, tío, para un

momento, non quero problemas, agarda leñe!

Page 20: [VERSIÓN LIBRE DO LIBRO O CREPÚSCULO E AS FORMIGAS DE … · 2020-07-20 · [VERSIÓN LIBRE DO LIBRO DE X. L. MÉNDEZ FERRÍN, ESCRITA POR DARÍO FERNÁNDEZ] O CREPÚSCULO E AS

A telefonía móbil avanza tanto

que treme a terra... De aquí apouco xa non falaremos polomóbil como facemos agora poisestaremos a ver ao nosointerlocutor, é dicir, estaremosdeambulando pola rúa e facendounha videoconferencia. Non édoado de imaxinar, pero vainofacer posíbel a nova tecnoloxía

. Que parece incríbel?Pois non hai tal, e valocomprobar axiña se continúas

lendo o que contamos: non pasarán dous anos e osmóbiles actuais estarán xa fóra do mercado e a maiorparte da xente manexará un móbil .As siglas proveñen do inglés

, que podemos traducir por. Na

actualidade, esta é a tecnoloxía de transmisión de datosmáis rápida coñecida a través dun teléfono móbil,mesmo máis que a liña .Atecnoloxía taménse coñece por . Quere dicir terceira xeración eindícanos que é a terceira tecnoloxía desenvolvida deteléfonos móbiles, logo de usarse a analóxica e mais a

.Un móbil destas características pode facer todo o que fanos móbiles analóxicos e , así como outras moitascousas como a videoconferencia, descarga de vídeos,imaxes, goles, información, tempo, bolsa..., etc..Os UTMS funcionan ben, aínda que teñen algúns errosque tampouco son maioresque os que presentan osteléfonos móbiles actuais.As compañías telefónicasque operan no Estado vanseenfrontar ao desafío deinstalar unha infraestruturaque permita que estesm ó b i l e s f u n c i o n e naxeitadamente. A día dehoxe Vodafone ofrece esteservizo en 22 cidades,mentres que o servizo de

esténdese polas capitais provinciais eas cidades cunha poboación de máis de cen milhabitantes. A cada pouco estes datos varían poloconstante incremento desta tecnoloxía.Efectuar unha videoconferencia precisa tres pasos: estarnunha zona con cobertura, ter o móbil adecuado e,obviamente, ter o servizo contratado coa compañíapertinente. Este sistema permite comunicarse mesmocon persoas que estean no estranxeiro ou teñancontratado outros operadores de telefonía.

Aínda que a calidade de imaxe non é moi boa érelativamente aceptábel para as dimensións que presentao móbil. As compañías describen a calidade da imaxecomparándoa coa que se obtén utilizando unha .Probabelmente a estas alturas quererás unha respostapara a “ ”, todo é moi bonito, pero...cal é o prezo? Desde aquí podemos dicir que as tarifasson baixas pero, loxicamente, dependen de cadaoperador. Aínda así as tarifas son moi similares ás dunhachamada normal, e sorprenderache saber que de aquí apouco poderás ver a cara de calquera persoa e falar polarúa sen ter que achegar o móbil á orella.

Se queres máis información podes visitar osseguintes enderezos de internet:

: sitio da compañíaTelefónica Móbiles.

: sitio da compañíaVodafone.

Todo isto demóstranosque o móbil se está a convertern u n h a f e r r a m e n t aindispensábel para a maioríados adolescentes, xa sexa polasmensaxes, polos xogos paramóbiles ou por calquera outrotipo de aplicación.

Seguramente nun parde anos todo o mundo terá unteléfono móbil que levaráconsigo as 24 horas do día, xaque son moi variadas as súasfuncións e actualmente variase m p r e s a s x a l l e sproporcionaron a algúns dosseus empregados algún queoutro terminal que inclúe até funcións de axenda.

Pero, será isto positivo ou negativo? Non é unhapregunta que se poida contestar agora mesmo, peroexisten varios problemas que marcan a telefonía móbil.Probabelmente o principal sexa o das

pois existe a sospeita de que poderíanprovocar distintas enfermidades, aínda que, polo deagora, isto non foi demostrado cientificamente.

Outro asunto tamén importante, como sucedecon tantas cousas da vida, é o feito de que estar todo odía pendente do móbil ou do ordenador pode implicar,en moitas ocasións, a perda de relacións coscompañeiros e compañeiras, así como o sedentarismo.Pero os aspectos positivos saltan á vista, desde acomodidade que nos ofrecen estesterminais até as altas prestacións que imospoder experimentar con eles.

UMTS

UMTSUMTS Universal Mobile

Telecommunications SystemSistema Universal de Telecomunicación Móbil

ADSL UTMS3G

GSM

GSM

Telefónica Móbiles

webcam

pregunta do millón

antenas de

telefonía móbil

http://www.movistar.com

http://www.vodafone.com

20

Antón Gómez García

Page 21: [VERSIÓN LIBRE DO LIBRO O CREPÚSCULO E AS FORMIGAS DE … · 2020-07-20 · [VERSIÓN LIBRE DO LIBRO DE X. L. MÉNDEZ FERRÍN, ESCRITA POR DARÍO FERNÁNDEZ] O CREPÚSCULO E AS

Se un día vas paseando

por un centro comercial eves uns rapaces arredordunha mesa chea deminiaturas, tirando osdados, emocionados emedindo cun metro antesde mover as figuras, seguroque te preguntarás: que éiso?, están tolos?... pois,

simplemente, están xogando a un “ ”, é dicir,a un xogo de batallas.

Nos xogos de taboleiro e estratexia( ) dous xogadores se enfrontan cos seusr e s p e c t i v o sexé rc i t o s , queestán formados porminiaturas de seresfantásticos, comaorcos ou dragóns,que son as pezas doxogo. Para enredarhai que montarestas miniaturas deplástico ou dechumbo e logo pintalas. Cada peza ten o seu valor e osexércitos teñen que estar nivelados en puntos un cooutro. Os xogos máis famosos son:

, e . Nestesenredos é tan importante a estratexia como a sorte, xaque se botan os dados para decidir as xogadas e seforman os exércitos a gusto de cada xogador, tendo enconta os atributos das miniaturas, o tipo de exército e a

estratexia que pensa empregar.Cada exército ten un regulamentoaparte doutro xeral.

.Neste brinquedo as miniaturasestán baseadas nunha estéticamedieval e renacentista e os seusexércitos máis famosos son:Ananos, Caos, Bretonianos,Imperiais, Elfos (altos elfos,silvanos e escuros), Orcos eoutros máis. É o máis xogado na

zona de Ferrol..

Neste xogo precísanse menosminiaturas para formar unexército. É un xogo futurista conexércitos humanos e alieníxenas.Teñen exércitos tan variadoscomo un constituído por grandesarácnidos a l ien íxenas , os

, ou outro dunha raza desuperhomes chamados

.. Este enredo está baseado en

pero en vez de exército tes unequipo de fútbol americano. O mellor deste xogo é queentretén moito, pero hai menos persoas interesadas nelxa que se comercializa pouco.

O malo desta afección é que reunir un exércitosae bastante caro, pero despois podes xogar todo o quequeiras cos amigos. Unha partida pode durar todaunha tarde na que o tempo pasa voando. Aparte,xogando a isto coñeces a moita xente pois hai torneosmultitudinarios nos que te relacionas con xogadoresde toda Galicia. Nos últimos torneos do centrocomercial Odeón (Narón) participaron persoas demoitas idades e de moitos sitios: Lugo, Santiago, ACoruña e por suposto de toda esta comarca.

Pintar as miniaturas é algo que dá moitotraballo xa que as figuras son moi pequenas e teñenmoitos detalles. Por iso moitos xogadoresnon teñen o exército pintado ou o teñenpintado de mala maneira. Tamén haiconcursos de pintado de miniaturas.

A afección polo enFerrolterra está moi estendida entre osrapaces de 12 a 24 anos, aínda que haixente máis nova e maior que tamén xoga. Así, quenisto escribe, xunto con outros alumnos deste instituto,pertencemos ao equipo .

Se estades interesados no tema podedesconectar con estas dúas páxinas de internet:

wargame

wargames

WarhammerFantasy Warhammer 40.000 Blood Bowl

TiránidosMarines

Espaciais

Warhammer Fantasy

Warhammer

Herdeiros do Waaagh

Warhammer Fantasy

Warhammer 40 .000

Blood Bowl

http://www.herdeirosdowaaagh.es.vg/http://www.games-workshop.es

Roberto Vázquez Fernández

Page 22: [VERSIÓN LIBRE DO LIBRO O CREPÚSCULO E AS FORMIGAS DE … · 2020-07-20 · [VERSIÓN LIBRE DO LIBRO DE X. L. MÉNDEZ FERRÍN, ESCRITA POR DARÍO FERNÁNDEZ] O CREPÚSCULO E AS

22

Paco Rivas, naceu en Cervo, provincia de

Lugo. É profesor de Lingua e na década dos noventaexerceu como asesor de Lingua e Literatura Galegasno Centro de Formación do Profesorado dePontevedra. Desenvolveu tamén un amplo labor noámbito da radio: Radio Cornellá, Radio Galega,colaborou con e na actualidadetraballa na emisión do programa

en Radio Foz.Interesado en temas literarios, lingüísticos e

antropolóxicos, ten publicados numerosos artigos e osestudos:

,

Tamén ten editadovarios libros de poemas coma:

-Ola Edén e Paloma!, moitas. Sempre é un pracer falar

cos amigos, neste caso con amigas.

-Creo que o que máis me sinto é poeta,entendendo por tal un xeito deposicionarse no mundo, máis que o demero versificador.

-Penso que son absolutamente necesarias paracontribuír ao desenvolvemento das nosas letras. Acalidade na literatura é moi subxectiva, pero coido quehoxe en día hai xente moi boa.

-[Suspira] Cada momento, cada situación da vida, pidecousas diferentes, e por sorte para as persoas quelemos, temos unha autora ou un autor para cadamomento. Pero se me teño que decantar faríao porRosalía de Castro, que lin e relín. Con AlonsoMontero, o meu profesor, inicieime na lectura deRosalía cando tiña 11 anos. Gústanme todas as súasobras, pero sobre todo e

.

-Mal. Francamente mal porque a xente que fala galegoestá morrendo, e a xente nova fala galego, pero é un

galego moi ritual e perderase, e posiblemente quedarácomo un dialecto do castelán.

-Normalizar non, normalizar é bo, xa que anormalización o que busca é que todo o mundo use ogalego en todos os ámbitos da vida, que fale galegonormalmente, na casa, no instituto, cos amigos eamigas, nas tendas, nos centros de traballo, nos bares,etc... Normativizar si, xa que é quitarlle a viveza, oxogo, a espontaneidade, a riqueza que teñen moitasexpresións que a lingua estándar mata.

Prefiro escribir libros porque é algo moi persoal e moiíntimo. Na radio é máis coma un xogo.

-Imos caer no tópico de paz, pero écousa moi necesaria. Tamén pediríaque esta sociedade enfoque o ensino e aeducación doutra maneira, que seformen persoas preparadas paraafrontar o mundo e non cabezasrepletas de datos, negando acreatividade, a fantasía.... Parte distoconséguese formando, como mínimo,bos lectores e lectoras.

-Case todos son grandes amigos meus eestudamos xuntos maxister io,compartín con eles unha tempada oudúas do .

-Paréceme ben porque sempre é agradable podercontribuír a que os alumnos e as alumnas lle collangusto á literatura cun pequeno achegamento meu, perose me pagasen pola publicación sería mellor, pero eunon teño noticias.

-Diríalles que gocen moito coa literatura, que vivana súa propia historia, que se revelen, dun xeitopacífico, contra as normas sociais establecidas, poisse non nos revelamos contra as normas establecidasseremos clons, que podemos ser diferentes. Queentre todos tamén teñades unha forma distinta de vero mundo. E se non poden cos ollos abertos, que ofagan cos ollos pechados, soñando.

Preescolar na CasaCos Ollos Do

Corazón

Expresións e ditos populares da áreamindoniense Oficios perdidos: Léxico dos Ferreiros,Festas de Galicia, O Concello nas aulas, Fraseoloxíado mar na Mariña luguesa, etc..

Cantaruxos do meu mar e outrascantigas, De ti, perdidamente, etc..

-Ola Paco!, moitas grazas porconcedernos esta entrevista.

“denadas”

-Que te consideras máis, poeta,filólogo, investigador, profesor…ousinxelamente “creador”?

-Que pensas das promesas máis novas da nosaliteratura?

-Cal é o teu autor e obra favoritos? Por que?

Follas Novas CantaresGallegosComo ves o futuro da nosa lingua?

Normalizar unha lingua...non é cortarlle as ás?

-Que prefires, escribir libros ou “escribir” nas ondas?

-Se puideras pedir un desexo cal sería?

-Que hai agora e que houbo en comúnentre ti e “Fuxan Os Ventos”?

Galicia canta ao NenoQue che parece que os teus poemas se atopen noslibros de texto de Lingua de 1º da E.S.O?

-Moitas grazas pola entrevista e, para rematar,poderías dicir unhas palabras para o alumnado doI.E.S. Sofía Casanova de Ferrol.

DE PAROLO CON PACO RIVAS

Edén García Veiga

Paloma Ruíz López

Page 23: [VERSIÓN LIBRE DO LIBRO O CREPÚSCULO E AS FORMIGAS DE … · 2020-07-20 · [VERSIÓN LIBRE DO LIBRO DE X. L. MÉNDEZ FERRÍN, ESCRITA POR DARÍO FERNÁNDEZ] O CREPÚSCULO E AS
Page 24: [VERSIÓN LIBRE DO LIBRO O CREPÚSCULO E AS FORMIGAS DE … · 2020-07-20 · [VERSIÓN LIBRE DO LIBRO DE X. L. MÉNDEZ FERRÍN, ESCRITA POR DARÍO FERNÁNDEZ] O CREPÚSCULO E AS

24 Nº 7Nº 7

AS BRINCADEIRAS OU XOGOS POPULARESAPRESENTADAS POLO PROFESOR ANTÓN CORTIZAS