versión 1 - sicom.depo.galsicom.depo.gal/pdf/manual.pdf · seleccionando o submenú de risco...

39
Versión 1.5

Upload: others

Post on 23-Jun-2020

3 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: Versión 1 - sicom.depo.galsicom.depo.gal/pdf/manual.pdf · Seleccionando o submenú de risco actual entraremos na pantalla onde estarán os datos do risco de infección por mildiu

Versión 1.5

Page 2: Versión 1 - sicom.depo.galsicom.depo.gal/pdf/manual.pdf · Seleccionando o submenú de risco actual entraremos na pantalla onde estarán os datos do risco de infección por mildiu

2

CONTROL DE CAMBIOS

Versión Pantalla Cambio

1.2 Entrada Eliminación mensaxes sen contenido

1.2 Inicio Cadro de mando

1.2 Encabezado Enlace a twitter

1.3 Encabezado Enlace ao manual do usuario

1.3 Fitosanitarios Reordenación campos formulario

1.3 Fitosanitarios Visualización tratamentos introducidos

1.3 Fitosanitarios Validacións para introducción de datos de

volumen e dose

1.3 Fitosanitarios Eliminación de tratamentos completos por

día de aplicación

1.3 Vademecum Novo campo para filtrar selección de

produtos: “efecto na vide”

1.3 Vademecum Nova familia de produto incorporado:

“abono foliar”

1.4 Libro de explotación Posibilidade de multiselección de parcelas

en todas as pantallas do libro

1.4 Estado fenolóxico Visualización dunda imaxe exemplo dos

diferentes estados al seleccionar calquera

deles.

1.5 Menú de datos Submenú Datos Persoais e Submenú Datos

explotación

1.5 Menú Recomendacións de Aboado Consulta das recomendacións de aboado

dos técnicos aos análisis de terras.

1.5 Menú Libro de Explotación Submenú Fitosanitarios: mensajes de

errores.

Page 3: Versión 1 - sicom.depo.galsicom.depo.gal/pdf/manual.pdf · Seleccionando o submenú de risco actual entraremos na pantalla onde estarán os datos do risco de infección por mildiu

3

1. INTRODUCIÓN ....................................................................................................................... 4

2. REQUERIMENTOS DO SISTEMA ............................................................................................. 4

3. FUNCIONAMENTO ................................................................................................................. 4

3.1. Accedendo ao sistema .................................................................................................. 4

3.2. Usuarios ......................................................................................................................... 5

3.3. Pantalla de inicio ........................................................................................................... 6

3.4. Menú Datos Persoais..................................................................................................... 7

3.1 Submenú Datos ..................................................................................................... 8

3.2 Submenú Parcelas ................................................................................................. 8

3.5. Menú Mildiu ................................................................................................................ 11

3.1 Submenú Risco Actual ......................................................................................... 12

3.2 Submenú Histórico de risco ................................................................................ 14

3.6. Menú Meteoroloxía .................................................................................................... 14

3.7. Menú Libro de Explotación ......................................................................................... 16

3.1 Submenú Fitosanitarios ....................................................................................... 16

3.2 Submenú Aboados .............................................................................................. 22

3.3 Submenú Xestión de solo .................................................................................... 24

3.4 Submenú Xestión vexetación .............................................................................. 25

3.5 Submenú Poda .................................................................................................... 27

3.6 Submenú Rega ..................................................................................................... 29

3.7 Submenú estado fenoloxónico ............................................................................ 31

3.8 Submenú Control Maduración ............................................................................ 32

3.8. Menú Vademecum ...................................................................................................... 34

3.9. Menú Mensaxes .......................................................................................................... 38

3.9.1. Submenú Recibidos ............................................................................................. 38

3.9.2. Submenú consultas ............................................................................................. 38

3.9.3. Submenú avisos ................................................................................................... 39

Page 4: Versión 1 - sicom.depo.galsicom.depo.gal/pdf/manual.pdf · Seleccionando o submenú de risco actual entraremos na pantalla onde estarán os datos do risco de infección por mildiu

4

1. INTRODUCIÓN O presente documento serve como guía para introducirse no funcionamento da Plataforma de

Viticultura do Proxecto Viñas Atlánticas.

Reflexaranse paso a paso todas as opcións dispoñibles así como as formas nas que debe ser

levada a cabo cada parte do proceso.

2. REQUERIMENTOS DO SISTEMA Para acceder á plataforma debese dispoñer dun dispositivo electrónico con conexión a

internet, e un navegador web (a plataforma está optimizada para internet explorer 9 ou

superior, google chrome 15 ou superior , firefox 10 ou superior).

3. FUNCIONAMENTO

3.1. Accedendo ao sistema Para acceder á plataforma debese escribir nun navegador Web a seguinte dirección

http://www.vinasatlanticas.depo.es/, na que poderemos seleccionar o acceso a aplicación.

Unha vez seleccionada a aplicación, aparecerá unha pantalla como a que se pode ver a

continuación, que nos pedirá un usuario e un contrasinal. Se non introducimos estes

datos non poderemos continuar.

Page 5: Versión 1 - sicom.depo.galsicom.depo.gal/pdf/manual.pdf · Seleccionando o submenú de risco actual entraremos na pantalla onde estarán os datos do risco de infección por mildiu

5

3.2. Usuarios Cada adega subministrará aos seus asociados un usuario e un contrasinal para acceder á

plataforma. De maneira xeral o usuario será o número de socio da bodega a que pertenza.

Os datos de “usuario” e “contrasinal” entregaranse persoalmente a cada socio.

Unha vez na pantalla de inicio seleccionarase a adega a que pertence o usuario:

Unha vez seleccionada a adega, débese introducir o número de usuario e a continuación o

contrasinal. Unha vez cheos eses campos hai que premer no botón de “entrar”.

Page 6: Versión 1 - sicom.depo.galsicom.depo.gal/pdf/manual.pdf · Seleccionando o submenú de risco actual entraremos na pantalla onde estarán os datos do risco de infección por mildiu

6

3.3. Pantalla de inicio Unha vez realizados os pasos anteriores accederemos a páxina do viticultor, onde

poderemos acceder a todas as opcións da plataforma grazas ao menú situado no lateral

esquerdo.

Nesta pantalla haberá dous tipos de información:

- Na parte da dereita, información de interese xeral introducida pola adega

- Na parte central, un cadro de mando con información de catro indicadores: a data do

último tratamento introducido; as mensaxes recibidas, tato as individuais como as

masivas; as respostas recibidas ás consultas técnicas enviadas aos técnicos; e as

respostas recibidas aos avisos de enfermidades notificadas.

En todos os casos poderemos ocultar o menú lateral para ter maior visibilidade do que

estamos vendo, premendo no botón do menú lateral.

Volvendo a premer nese botón aparecería de novo o menú lateral.

Ademais, na parte dereita do encabezado, hai varios iconos que ofrecen máis

información:

Page 7: Versión 1 - sicom.depo.galsicom.depo.gal/pdf/manual.pdf · Seleccionando o submenú de risco actual entraremos na pantalla onde estarán os datos do risco de infección por mildiu

7

: enlace ao twitter do proxecto (@vinasatlanticas): premendo neste icono

accedese ao twitter para consultar a información que se vai poñendo ao longo do

proxecto (información de interese xeral, fotos das sesións de formación, resumos dos

boletíns…)

: enlace ao manual da plataforma: premendo neste icono accedese a este manual.

A versión á que se accede será sempre a última dispoñible, con todos os cambios

actualizados e marcados na segunda páxina do mesmo.

: enlace ao libro de explotación do viticultor: premendo neste icono accedese a

este libro. A versión á que se accede será sempre a do ano seleccionado.

: selección de ano: neste icono podese seleccionar o ano para poder ver

as operación anotadas no ano correspondente, por defecto ao iniciar sesión na

plataforma sempre aparece o ano actual.

3.4. Menú Datos Seleccionando no menú lateral a opción de datos persoais despregarase un menú no que

poderemos acceder aos nosos datos e ás nosas parcelas:

Page 8: Versión 1 - sicom.depo.galsicom.depo.gal/pdf/manual.pdf · Seleccionando o submenú de risco actual entraremos na pantalla onde estarán os datos do risco de infección por mildiu

8

3.4.1. Submenú Datos Persoais Seleccionando o submenú de datos persoais entraremos na pantalla onde estarán os

datos persoais do viticultor, tales como Adega, número de socio, dirección, teléfono ….

Para modificar algún dos datos que sexan erróneos ou desactualizados, premendo no

boton de editar poderá facer os cambios necesarios.

Asimesmo poderase subir unha foto premendo no botón de seleccionar archivo

(limitado o tamaño a 1,5 Mb)

3.4.2. Submenú Parcelas Dentro do menú Datos persoais se seleccionamos o submenú parcelas, poderemos

acceder os datos das nosas parcelas:

Se seleccionamos algunha das parcelas premendo sobre a fila correspondente,

entraremos dentro da ficha da parcela onde estarán os datos relativos a dita parcela:

Page 9: Versión 1 - sicom.depo.galsicom.depo.gal/pdf/manual.pdf · Seleccionando o submenú de risco actual entraremos na pantalla onde estarán os datos do risco de infección por mildiu

9

Dentro desta sección poderemos ver todos os datos da parcela así como un mapa coa

situación e a contorna da devandita parcela.

No caso de querer voltar a sección anterior deberemos premer no botón situado na

esquina inferior esquerda rotulado como “anterior”.

3.4.3. Submenú Explotacion Dentro do menú Datos persoais se seleccionamos o submenú explotación, poderemos

acceder os datos da nosa explotación, aquí teremos datos xerais da explotación,

maquinaria e persoas encargadas da explotación

Nos datos xerais da explotación inclúense datos coma o número de socio, a adega a

que pertence, o nome e rexistro da explotación, a entidade pola que e asesorada, e se

as parcelas teñen algún tipo de protección,asimesmo pódense engadir as observacións

que sexan necesarias.

En calquera momento pódense cambiar estes datos premendo no botón de editar,

situado na parte inferior esquerda deste apartado

Page 10: Versión 1 - sicom.depo.galsicom.depo.gal/pdf/manual.pdf · Seleccionando o submenú de risco actual entraremos na pantalla onde estarán os datos do risco de infección por mildiu

10

Na parte de maquinaria aparece toda a maquinaria dispoñíbel para a explotación, os

datos que se poderán almacenar son tipo de maquinaria, data de compra, data da

derradeira revisión, numero de rexistro e as observación que se consideren oportunas.

Pódese quitar maquinaria marcando na casilla eliminar e engadir premendo no botón

engadir maquinaria. Tamén pódense modificar estes datos en calquera momento

premendo no botón editar.

No derradeiro apartado pódese xestionar os nomes do persoal encargado de realizar

os traballos na explotación. Coma nos casos anteriores pódense editar os

datos,engadir novos ou borralos.

Page 11: Versión 1 - sicom.depo.galsicom.depo.gal/pdf/manual.pdf · Seleccionando o submenú de risco actual entraremos na pantalla onde estarán os datos do risco de infección por mildiu

11

3.5. Recomendacións de aboado

Neste apartado pódense consultar as recomendacións de aboado que fai a adega para

cada unha das parcelas

Premendo en cada fila se pode acceder os datos para cada unha das parcelas nos que se

verán as recomendación de aboado:

Se prememos na fila na que se atopa a recomendación poderemos descargar o ficheiro

cos datos da análise, do mesmo xeito disponse un botón na parte inferior que permite

imprimir esta recomendación

No caso de querer voltar a sección anterior deberemos premer no botón situado na

esquina inferior esquerda rotulado como “anterior”.

3.6. Menú Mildiu Seleccionando no menú lateral a opción de Mildiu despregarase un menú no que

poderemos acceder os datos de Risco actual e ao Histórico de tratamentos e risco das

nosas parcelas:

Page 12: Versión 1 - sicom.depo.galsicom.depo.gal/pdf/manual.pdf · Seleccionando o submenú de risco actual entraremos na pantalla onde estarán os datos do risco de infección por mildiu

12

3.6.1. Submenú Risco Actual

Seleccionando o submenú de risco actual entraremos na pantalla onde estarán os

datos do risco de infección por mildiu nas parcelas propiedade do usuario.

Para cada parcela teremos o nivel do risco do dia actual no centro, o dos tres días

anteriores a esquerda (datos de observación) e o dos tres días seguintes á dereita

(datos de predición):

Page 13: Versión 1 - sicom.depo.galsicom.depo.gal/pdf/manual.pdf · Seleccionando o submenú de risco actual entraremos na pantalla onde estarán os datos do risco de infección por mildiu

13

Ademais dos niveis de risco no lado dereito da pantalla veremos un mapa coa previsión

meteorolóxica para os vindeiros 3 días, no que se pode consultar a previsión para cada día pola

maña, tarde ou noite simplemente premendo no botón correspondente.

Na parte inferior pódese observar a lenda co significado das distintas cores, que ofrecen unha

visión do que pode estar pasando co mildiu:

Page 14: Versión 1 - sicom.depo.galsicom.depo.gal/pdf/manual.pdf · Seleccionando o submenú de risco actual entraremos na pantalla onde estarán os datos do risco de infección por mildiu

14

3.6.2. Submenú Histórico de risco Seleccionando o submenú de histórico de risco entraremos na da pantalla onde

estarán os datos históricos do risco de infección por mildiu nas parcelas propiedade do

usuario.

Pódese seleccionar cada parcela e ver os datos de risco dos meses anteriores,

cambiando de parcela ou de mes simplemente premendo nas frechas situadas a

dereita e a esquerda dos nomes de parcela e mes:

3.7. Menú Meteoroloxía Seleccionando no menú lateral a opción de Meteoroloxía despregarase un menú no que

poderemos acceder os datos de meteoroloxía para os distintos concellos da zona:

Temos os mapas coa previsión meteorolóxica da comarca no que se pode ver a previsión

do estado do ceo para cada día pola maña, tarde ou noite do dia seleccionado e as

temperaturas máxima e mínima previstas para todo o día.

Page 15: Versión 1 - sicom.depo.galsicom.depo.gal/pdf/manual.pdf · Seleccionando o submenú de risco actual entraremos na pantalla onde estarán os datos do risco de infección por mildiu

15

Pulsando nos botóns da parte superior situados a esquerda e dereita cambiaremos de dia

e veremos os mesmos datos de previsión para o dia seleccionado (máximo 3 días de

previsión):

E na parte inferior temos tamén unha táboa no que se ven os datos das estacións e do

concello. Premendo nunha podemos ver os datos de predición por horas desa estación

para as seguintes 72 horas:

Page 16: Versión 1 - sicom.depo.galsicom.depo.gal/pdf/manual.pdf · Seleccionando o submenú de risco actual entraremos na pantalla onde estarán os datos do risco de infección por mildiu

16

No detalle podese observar que os parámetros que se poden visualizar son os de vento,

temperatura, precipitación acumulada, estado do ceo e humidade relativa cada hora, e un

resumo do día ao final da táboa:

3.8. Menú Libro de Explotación Seleccionando no menú lateral a opción de Libro de explotación despregarase un menú no

que poderemos acceder aos diferentes apartados que compoñen o libro de explotación:

3.8.1. Submenú Fitosanitarios Seleccionando o submenú de Fitosanitarios entraremos na pantalla onde poderemos

xestionar os tratamentos que vamos botando en cada unha das parcelas que podemos

seleccionar:

Page 17: Versión 1 - sicom.depo.galsicom.depo.gal/pdf/manual.pdf · Seleccionando o submenú de risco actual entraremos na pantalla onde estarán os datos do risco de infección por mildiu

17

Terase que por a data de aplicación seleccionándoa do calendario que se desprega o

premer no botón ao lado do espazo para a data:

Despois haberá que elixir a parcela ou parcelas onde se aplicará o tratamento:

Pode seleccionarse todas, unha ou varias parcelas.

Para seleccionar todas, só hai que pulsar no cadrado existente antes da palabra

“TODAS” e xa serán seleccionadas todas as parcelas:

Para voltar a deixar todas sen seleccionar, só hai que volver a pulsar no cadrado

existente antes da palabra “TODAS”.

Page 18: Versión 1 - sicom.depo.galsicom.depo.gal/pdf/manual.pdf · Seleccionando o submenú de risco actual entraremos na pantalla onde estarán os datos do risco de infección por mildiu

18

Tamén existe a opción de seleccionar algunhas das parcelas, pulsando no cadrado

existente antes do nome daquelas que se queira marcar.

A continuación debese elixir a enfermidade para a que se vai tratar:

Despois haberá que elixir o produto que se vai aplicar:

Page 19: Versión 1 - sicom.depo.galsicom.depo.gal/pdf/manual.pdf · Seleccionando o submenú de risco actual entraremos na pantalla onde estarán os datos do risco de infección por mildiu

19

E a continuación habería que por o volume de caldo aplicado e a dose do produto. Só

hai que encher unha das dúas opcións de dose a outra axustarase automaticamente.

Unha vez que todos os campos estean cheos correctamente, premendo o botón gardar

almacenariamos o tratamento aplicado que aparecería na táboa inferior.

Se nos equivocamos nalgún apartado, premendo o botón , borrariamos os

campos non gardados e poderiamos empezar de novo.

Na cantidade de litros do volume, só se poden por valores enteiros, se se mete algún

decimal, o valor axustarase automaticamente co valor do número enteiro unicamente.

Segundo sexa a dose que se introduza como dato, a outra cantidade calcularase

automaticamente en función dos litros de volume e a superficie das parcelas.

Page 20: Versión 1 - sicom.depo.galsicom.depo.gal/pdf/manual.pdf · Seleccionando o submenú de risco actual entraremos na pantalla onde estarán os datos do risco de infección por mildiu

20

Se introducimos un dato erróneo aparecera unha mensaxe de advertencia

Para introducir varios produtos aplicados no mesmo tratamento, hai que ir meténdoos

de un en un.

Os datos introducidos poden visualizarse nunhas táboas existentes debaixo do

formulario de tratamentos.

Os datos introducidos cada día estarán agrupados nunha única liña, onde se verá un

resumo os produtos e as enfermidades contra as que se aplicou.

Para ver o detalle de calquera dos día, basta con pulsar sobre o botón verde onde hai

un símbolo de “máis”, , e os datos despregaranse co detalle

do existente nese día. E para volver a ocultar, basta con volver a pulsar nese botón.

Page 21: Versión 1 - sicom.depo.galsicom.depo.gal/pdf/manual.pdf · Seleccionando o submenú de risco actual entraremos na pantalla onde estarán os datos do risco de infección por mildiu

21

Os datos aparecen ordenados por parcelas inicialmente, para poder ver dunha ollada

os produtos empregados nese día e as cantidades subministradas. Pero a táboa pode

ordenarse por calquera dos campos simplemente premendo no título da columna pola

que se quere ordenar.

No caso de necesitar eliminar algún tratamento só teriamos que elixilo na táboa coa

opción eliminar, e permitiríanos eliminar ese rexistro.

Se o que se quere é eliminar os datos completos dun día, pódese facer pulsando no

botón de “eliminar” existente a carón da data de aplicación:

Page 22: Versión 1 - sicom.depo.galsicom.depo.gal/pdf/manual.pdf · Seleccionando o submenú de risco actual entraremos na pantalla onde estarán os datos do risco de infección por mildiu

22

3.8.2. Submenú Aboados Seleccionando o submenú de Aboados entraremos na pantalla onde poderemos

xestionar os tratamentos de abono que vamos botando en cada unha das parcelas

(pode seleccionarse en todas, unha ou varias):

Terase que pór a data de aplicación seleccionándoa do calendario que se desprega o

premer no botón o lado do espazo para a data:

Despois haberá que elixir as parcelas a abonar:

Page 23: Versión 1 - sicom.depo.galsicom.depo.gal/pdf/manual.pdf · Seleccionando o submenú de risco actual entraremos na pantalla onde estarán os datos do risco de infección por mildiu

23

Despois haberá que elixir o abono que se vai aplicar:

E a continuación por a cantidade e dose aplicada:

Unha vez todos os campos cheos correctamente, premendo o botón gardar

almacenariamos o tratamento aplicado que aparecería na táboa inferior.

No caso de necesitar eliminar algún abonado so teriamos que elixilo na táboa coa

opción eliminar, e permitiríanos eliminar ese rexistro.

Page 24: Versión 1 - sicom.depo.galsicom.depo.gal/pdf/manual.pdf · Seleccionando o submenú de risco actual entraremos na pantalla onde estarán os datos do risco de infección por mildiu

24

3.8.3. Submenú Xestión de solo Seleccionando o submenú de Xestión de solo entraremos na pantalla onde poderemos

xestionar as operación que vamos facendo en cada unha das parcelas:

Terase que pór a data de operación seleccionándoa do calendario que se desprega o

premer no botón o lado do espazo para a data:

Despois haberá que elixir as parcelas nas que se fixo a operación:

E a continuación a operación que se fixo:

Page 25: Versión 1 - sicom.depo.galsicom.depo.gal/pdf/manual.pdf · Seleccionando o submenú de risco actual entraremos na pantalla onde estarán os datos do risco de infección por mildiu

25

Unha vez todos os campos cheos correctamente premendo o botón gardar,

almacenariamos a operación realizada que aparecería na táboa inferior.

No caso de necesitar eliminar algunha operación so teriamos que elixilo na táboa coa

opción eliminar, e permitiríanos eliminar ese rexistro.

3.8.4. Submenú Xestión vexetación Seleccionando o submenú de Xestión de vexetación entraremos na pantalla onde

poderemos xestionar as operacións que imos facendo en cada unha das parcelas:

Page 26: Versión 1 - sicom.depo.galsicom.depo.gal/pdf/manual.pdf · Seleccionando o submenú de risco actual entraremos na pantalla onde estarán os datos do risco de infección por mildiu

26

Terase que poñer a data de inicio e fin seleccionándoas do calendario que se desprega

o premer no botón o lado do espazo para cada data:

Pódense meter tamén as horas adicadas os traballos e despois haberá que elixir as

parcelas nas que se fixo a operación:

E a continuación a operación que se fixo:

Unha vez todos os campos cheos correctamente premendo o botón gardar,

almacenariamos a operación realizada que aparecería na táboa inferior.

No caso de necesitar eliminar algunha operación so teriamos que elixilo na táboa coa

opción eliminar, e permitiríanos eliminar ese rexistro

Page 27: Versión 1 - sicom.depo.galsicom.depo.gal/pdf/manual.pdf · Seleccionando o submenú de risco actual entraremos na pantalla onde estarán os datos do risco de infección por mildiu

27

3.8.5. Submenú Poda Seleccionando o submenú de Poda entraremos na pantalla onde poderemos xestionar

as podas que vamos facendo en cada unha das parcelas:

Terase que poñer a data de inicio e fin da poda seleccionándoa do calendario que se

desprega o premer no botón o lado do espazo para cada data:

Page 28: Versión 1 - sicom.depo.galsicom.depo.gal/pdf/manual.pdf · Seleccionando o submenú de risco actual entraremos na pantalla onde estarán os datos do risco de infección por mildiu

28

Despois haberá que elixir as parcelas nas que se fixo a operación:

E pódense anotar de maneira opcional as cepas totais, as varas por cepa, as xemas

por vara e as xemas por m²:

Unha vez que todos os campos estean cheos correctamente, premendo o botón gardar

almacenariamos a operación realizada que aparecería na táboa inferior.

No caso de necesitar eliminar algunha operación so teriamos que elixilo na táboa coa

opción eliminar, e permitiríanos eliminar ese rexistro.

Page 29: Versión 1 - sicom.depo.galsicom.depo.gal/pdf/manual.pdf · Seleccionando o submenú de risco actual entraremos na pantalla onde estarán os datos do risco de infección por mildiu

29

3.8.6. Submenú Rega Seleccionando o submenú de Rega entraremos na pantalla onde poderemos xestionar

as regas que vamos facendo en cada unha das fincas:

Terase que poñer a data de rega seleccionándoa do calendario que se desprega o

premer no botón o lado do espazo para a data.

Despois haberá que elixir as parcelas nas que se fixo a operación:

Page 30: Versión 1 - sicom.depo.galsicom.depo.gal/pdf/manual.pdf · Seleccionando o submenú de risco actual entraremos na pantalla onde estarán os datos do risco de infección por mildiu

30

A continuación débese seleccionar o tipo de rega realizada:

E despois poñer a dose aplicada (automaticamente se calculará a dose por metro

cadrado:

Unha vez que todos os campos estean cheos correctamente, premendo o botón gardar

almacenariamos a operación realizada que aparecería na táboa inferior.

No caso de necesitar eliminar algunha operación só teriamos que elixilo na táboa coa

opción eliminar, e permitiríanos eliminar ese rexistro.

Page 31: Versión 1 - sicom.depo.galsicom.depo.gal/pdf/manual.pdf · Seleccionando o submenú de risco actual entraremos na pantalla onde estarán os datos do risco de infección por mildiu

31

3.8.7. Submenú Producción parcelas Seleccionando o submenú de parcelas entraremos na pantalla onde poderemos ver a

produción de cada unha das fincas:

3.8.8. Submenú estado fenolóxico Seleccionando o submenú de estado fenolóxico entraremos na pantalla onde

poderemos xestionar os estados que vamos tendo en cada unha das fincas:

Terase que poñer a data de observación do estado seleccionándoa do calendario que

se desprega ao premer no botón ao lado do espazo para a data:

Page 32: Versión 1 - sicom.depo.galsicom.depo.gal/pdf/manual.pdf · Seleccionando o submenú de risco actual entraremos na pantalla onde estarán os datos do risco de infección por mildiu

32

Despois haberá que elixir as parcelas nas que se quere indicar o estado fenolóxico:

E despois poñer o estado fenolóxico dos viñedos da parcela (aparecerá unha imaxe de

axuda para identificar mellor o estado correspondente):

Unha vez todos os campos cheos correctamente, premendo o botón gardar

almacenariamos a operación realizada que aparecería na táboa inferior.

No caso de necesitar eliminar algunha operación so teriamos que elixilo na táboa coa

opción eliminar, e permitiríanos eliminar ese rexistro.

3.8.9. Submenú Control Maduración Seleccionando o submenú de control de maduración entraremos na pantalla onde

poderemos xestionar os datos de maduración que vamos tendo en cada unha das

Page 33: Versión 1 - sicom.depo.galsicom.depo.gal/pdf/manual.pdf · Seleccionando o submenú de risco actual entraremos na pantalla onde estarán os datos do risco de infección por mildiu

33

fincas.

Terase que poñer a data de seleccionándoa do calendario que se desprega o premer

no botón o lado do espazo para a data.

Despois haberá que elixir a parcela:

Page 34: Versión 1 - sicom.depo.galsicom.depo.gal/pdf/manual.pdf · Seleccionando o submenú de risco actual entraremos na pantalla onde estarán os datos do risco de infección por mildiu

34

E despois poñer os datos de graos, acidez e pH:

Unha vez todos os campos cheos correctamente, premendo o botón gardar

almacenariamos a operación realizada que aparecería na táboa inferior.

No caso de necesitar eliminar algunha operación so teriamos que elixilo na táboa coa

opción eliminar, e permitiríanos eliminar ese rexistro.

3.9. Menú Vademecum Seleccionando no menú lateral a opción de Vademecum entraremos na pantalla onde se

poderán consultar todos os produtos fitosanitarios homologados

Page 35: Versión 1 - sicom.depo.galsicom.depo.gal/pdf/manual.pdf · Seleccionando o submenú de risco actual entraremos na pantalla onde estarán os datos do risco de infección por mildiu

35

Poderase efectuar a busca dos produtos por familia:

Por praga ou enfermidade:

Por nome do produto:

Por principio activo:

Page 36: Versión 1 - sicom.depo.galsicom.depo.gal/pdf/manual.pdf · Seleccionando o submenú de risco actual entraremos na pantalla onde estarán os datos do risco de infección por mildiu

36

Por laboratorio:

Ou polo efecto na vide:

Page 37: Versión 1 - sicom.depo.galsicom.depo.gal/pdf/manual.pdf · Seleccionando o submenú de risco actual entraremos na pantalla onde estarán os datos do risco de infección por mildiu

37

Unha vez seleccionado un dos campos de busca, apareceran todos os elementos que

coincidan coa busca:

Seleccionando calquera dos outros campos aparecerán só os produtos que cumpran con

todos os criterios seleccionados.

No caso de querer realizar outra busca debese premer o botón de Reiniciar busca.

Premendo sobre calquera dos produtos da lista poderemos acceder a ficha do produto :

Premendo no botón anterior situado na parte inferior esquerda voltariamos a pantalla

anterior.

Page 38: Versión 1 - sicom.depo.galsicom.depo.gal/pdf/manual.pdf · Seleccionando o submenú de risco actual entraremos na pantalla onde estarán os datos do risco de infección por mildiu

38

3.10. Menú Mensaxes Seleccionando no menú lateral a opción de Mensaxes cargarase a pantalla onde se poderá

consultar cos técnicos das adegas, avisar de enfermidades ou recibir notificación dos

propios técnicos.

3.10.1. Submenú Recibidos Seleccionando o submenú de recibidos entraremos na pantalla onde poderemos ver as

recomendación recibidas dos técnicos da adega, tanto as individuais para cada

viticultor coma as masivas para todos os viticultores da adega.

3.10.2. Submenú consultas Seleccionando o submenú de consultas entraremos na pantalla onde poderemos facer

consultas aos técnicos da adega.

Haberá que poñer o titulo da consulta, no campo título e logo escribir a consulta que

queremos facer.

Tamén se poden axuntar imaxes na consulta

Page 39: Versión 1 - sicom.depo.galsicom.depo.gal/pdf/manual.pdf · Seleccionando o submenú de risco actual entraremos na pantalla onde estarán os datos do risco de infección por mildiu

39

Unha vez escrita e premendo no botón enviar, a nosa consulta enviarase os técnicos da

adega:

E aparecera na parte inferior como consulta PTE ata que a responda o técnico.

3.10.3. Submenú avisos Seleccionando o submenú de avisos entraremos na pantalla onde poderemos enviar

avisos de infección nas parcelas:

Igual que nas pantallas anteriores debese seleccionar a parcela, o tipo de enfermidade,

a súa intensidade e a data de visualización da infección.

Ademais das observacións que se queiran escribir poderanse enviar tamén imaxes

adxuntas da infección. Unha vez cuberto premendo no botón enviar o aviso chegará os

técnicos da adega e almacenarase na táboa inferior.