v semana de teatro cpi de xanceda envés

1
V SEMANA DE TEATRO ESCOLAR 15, 16, 17 xuño 2011 Mércores 15 “Con un cero” Infantil 3 anos Adaptación do poema de Gloria Fuertes “Con un cero”. “A loba feroz” Infantil 4 e 5 anos Unha loba feroz, farta de comer papas de arroz, decide comezar a cazar, pero non lle sae como agardaba e… a cousa quédase en nada! “Que tolemia de conto” Quinto Temos un contacontos na escola: o noso narrador vai- nos contar a historia de Carapuchiña Vermella. Pero algo pasa cos personaxes doutros contos, que o inter- rompen e non lle deixan facer o seu traballo. Consegui- rá contar a súa historia? Xoves 16 “O bufo, o sol e a lúa” Segundo A lúa quere ocupar o lugar do sol e iluminar polos días e polas noites, pero non conta coas conse- cuencias dos seus actos. “Perico e os xoguetes” Terceiro Un neno caprichoso e mimado que o único que quere é amorear xoguetes. Só a intervención do pai faino pensar e chegar á conclusión de que ten que tomar unha deter- minación. “Todo é un conto” Sexto Os personaxes dos Contos están moi, moi enfermos, a ver se o doutor lles soluciona os seus “problemiñas”. Venres 17 “A parva da miña vila” Primeiro Xoana é unha nena un pouco “parva” que vive coa súa nai nunha casiña dunha pequena vila. Son moi pobres e buscan a maneira de conseguir algúns cartiños; ¿conseguirano? “O trasno enredador” Cuarto Un trasno deixa un moneco olvidado nun xardín da Ci- dade. Aparecen por alí un grupo de nenos que ao ver o moneco peléxanse por el e o rompen. Que pasará? Letras Galegas 2011 Lois Pereiro Lois Pereiro naceu en Monforte de Lemos no ano 1958. Con dezasete anos marchou a Madrid para conti- nuar os seus estudos e alí fundou, xunto con Antón Pati- ño, Xosé Manuel Pereiro e Manuel Rivas, a revista Loia, que só coñecería catro números (o último de 1978). Nes- ta publicación apareceron poemas do escritor monfortino que posteriormente serían recollidos en Poemas para unha loia (1996) —libro en que se inclúe o ensaio "Modesta proposición para renunciar a facer xirar a roda hidráulica dunha cíclica historia universal da infamia", que fora dado a coñecer ese mesmo ano nas páxinas da revista Luzes de Galiza. De regreso ao país, Pereiro figurou nas antoloxías colectivas recollidas baixo os títulos De amor e desamor (1984) e De amor e desamor II (1985), compilacións en que figuran nomes como Pilar Pallarés, Miguel Anxo Fer- nán-Vello, Manuel Rivas, Xavier Seoane, Francisco Sali- nas, Xulio Valcárcel, Lino Braxe e outros poetas de moi diferentes tendencias mais que partillaban inquedanzas culturais. Entre as iniciativas conxuntas deste grupo hete- roxéneo destaca o sostemento da revista Luzes de Galiza, onde viron a luz —para alén do ensaio xa citado— os oito primeiros capítulos da súa novela inconclusa Náufragos do paradiso. En vida Pereiro só publicou dúas obras, Poemas 1981/1991 (1992) e Poesía de amor e enfermidade (1995), duros e espidos poemarios en que se fan patentes as pegadas expresionistas, as referencias á literatura xer- mánica e certos trazos da contracultura. A morte sobreviríalle na cidade Coruña en 1996. Fonte: Biblioteca Virtual Galega As funcións serán ás tres da tarde e a entrada é libre

Upload: francisco-avila

Post on 09-Mar-2016

231 views

Category:

Documents


5 download

DESCRIPTION

Información detallada sobre a V Semana de Teatro levada a cabo polo alumnado do CPI de Xanceda-Mesía

TRANSCRIPT

V SEMANA DE TEATRO ESCOLAR 15, 16, 17 xuño 2011

Mércores 15 “Con un cero” Infantil 3 anos Adaptación do poema de Gloria Fuertes “Con un cero”.

“A loba feroz” Infantil 4 e 5 anos Unha loba feroz, farta de comer papas de arroz, decide comezar a cazar, pero non lle sae como agardaba e… a cousa quédase en nada!

“Que tolemia de conto” Quinto Temos un contacontos na escola: o noso narrador vai-nos contar a historia de Carapuchiña Vermella. Pero algo pasa cos personaxes doutros contos, que o inter-rompen e non lle deixan facer o seu traballo. Consegui-rá contar a súa historia?

Xoves 16 “O bufo, o sol e a lúa” Segundo A lúa quere ocupar o lugar do sol e iluminar polos días e polas noites, pero non conta coas conse-cuencias dos seus actos.

“Perico e os xoguetes” Terceiro Un neno caprichoso e mimado que o único que quere é amorear xoguetes. Só a intervención do pai faino pensar e chegar á conclusión de que ten que tomar unha deter-minación.

“Todo é un conto” Sexto Os personaxes dos Contos están moi, moi enfermos, a ver se o doutor lles soluciona os seus “problemiñas”.

Venres 17 “A parva da miña vila” Primeiro Xoana é unha nena un pouco “parva” que vive coa súa nai nunha casiña dunha pequena vila. Son moi pobres e buscan a maneira de conseguir algúns cartiños; ¿conseguirano?

“O trasno enredador” Cuarto Un trasno deixa un moneco olvidado nun xardín da Ci-dade. Aparecen por alí un grupo de nenos que ao ver o moneco peléxanse por el e o rompen. Que pasará?

Letras Galegas 2011 Lois Pereiro

Lois Pereiro naceu en Monforte de Lemos no ano 1958. Con dezasete anos marchou a Madrid para conti-nuar os seus estudos e alí fundou, xunto con Antón Pati-ño, Xosé Manuel Pereiro e Manuel Rivas, a revista Loia, que só coñecería catro números (o último de 1978). Nes-ta publicación apareceron poemas do escritor monfortino que posteriormente serían recollidos en Poemas para unha loia (1996) —libro en que se inclúe o ensaio "Modesta proposición para renunciar a facer xirar a roda hidráulica dunha cíclica historia universal da infamia", que fora dado a coñecer ese mesmo ano nas páxinas da revista Luzes de Galiza. De regreso ao país, Pereiro figurou nas antoloxías colectivas recollidas baixo os títulos De amor e desamor (1984) e De amor e desamor II (1985), compilacións en que figuran nomes como Pilar Pallarés, Miguel Anxo Fer-nán-Vello, Manuel Rivas, Xavier Seoane, Francisco Sali-nas, Xulio Valcárcel, Lino Braxe e outros poetas de moi diferentes tendencias mais que partillaban inquedanzas culturais. Entre as iniciativas conxuntas deste grupo hete-roxéneo destaca o sostemento da revista Luzes de Galiza, onde viron a luz —para alén do ensaio xa citado— os oito primeiros capítulos da súa novela inconclusa Náufragos do paradiso. En vida Pereiro só publicou dúas obras, Poemas 1981/1991 (1992) e Poesía de amor e enfermidade (1995), duros e espidos poemarios en que se fan patentes as pegadas expresionistas, as referencias á literatura xer-mánica e certos trazos da contracultura. A morte sobreviríalle na cidade Coruña en 1996. Fonte: Biblioteca Virtual Galega

As funcións serán ás tres da tarde e a entrada é libre