uxÍo novoneyra os cantos de reis a Árbore...

28
Revista trimestral do colexio de educación infantil e primaria de Galán Oseiro-Arteixo (A Coruña) Número 26 Xaneiro, 2010 UXÍO NOVONEYRA OS CANTOS DE REIS A ÁRBORE SEN FOLLAS CONTO DE NADAL UN TALLER DE ILUSTRACIÓN ELA QUERÍA FACER O PINO O LOBO JURASIC PARK A TORRE DE HÉRCULES HÉRCULES E CRUNIA ADIVIÑAS, PASATEMPOS...

Upload: dangkhuong

Post on 29-Mar-2018

226 views

Category:

Documents


3 download

TRANSCRIPT

Page 1: UXÍO NOVONEYRA OS CANTOS DE REIS A ÁRBORE …centros.edu.xunta.es/ceipgalan/galego/docs/ASNOSAS26WEB.pdfOS CANTOS DE REIS A ÁRBORE SEN FOLLAS ... en Lugo. Estudou o ... ción de

AS NOSAS COUSAS 1

Revista trimestral do colexio de educación infantile primaria de Galán Oseiro-Arteixo (A Coruña)Número 26 Xaneiro, 2010

UXÍO NOVONEYRAOS CANTOS DE REISA ÁRBORE SEN FOLLASCONTO DE NADALUN TALLER DE ILUSTRACIÓNELA QUERÍA FACER O PINOO LOBOJURASIC PARKA TORRE DE HÉRCULESHÉRCULES E CRUNIAADIVIÑAS, PASATEMPOS...

Page 2: UXÍO NOVONEYRA OS CANTOS DE REIS A ÁRBORE …centros.edu.xunta.es/ceipgalan/galego/docs/ASNOSAS26WEB.pdfOS CANTOS DE REIS A ÁRBORE SEN FOLLAS ... en Lugo. Estudou o ... ción de

AS NOSAS COUSAS 2

DÍA

DA Á

RBORE

NA T

ÉRM

ICA D

E SABÓN

Page 3: UXÍO NOVONEYRA OS CANTOS DE REIS A ÁRBORE …centros.edu.xunta.es/ceipgalan/galego/docs/ASNOSAS26WEB.pdfOS CANTOS DE REIS A ÁRBORE SEN FOLLAS ... en Lugo. Estudou o ... ción de

AS NOSAS COUSAS 3

UXÍO NOVONEYRAARMANDO X.HERREROMAYOR,ENDL

Este ano 2010 a Real Academia Gale-ga dedícalle o 17 de maio, Día das Le-tras Galegas, ao poeta lugués Uxío No-voneyra.Uxío naceu o 19 de xaneiro de 1930 napequena aldea de Parada de Moreda,nas montañas do Courel, en Lugo.Estudou o bacharelato na cidade deLugo e posteriormente trasladouse aMadrid para comezar a carreira de Filo-sofía e Letras. E é nesta cidade ondepublica os seus primeiros poemas. Es-tes primeiros poemas están escritos encastelán.No ano 1952 volta a Galicia e entra encontacto con diferentes intelectuais ga-legos de Santiago de Compostela o queo leva a escribir, xa a partir de entón,exclusivamente en idioma galego.Casou, en 1973 con Elva Rei á que co-ñeceu durante a súa estadía en Lugo ecoa que tivo tres fillos, Branca Petra,Uxío e Arturo.Durante un tempo vive entre Lugo e OCourel ata que se establece definitiva-mente, dez anos máis tarde, en Santia-go de Compostela.Uxío é autor de numerosos poemas,sendo os máis coñecidos e máis repre-sentativos da súa obra os recollidosbaixo o título Os Eidos, nos que recopi-la toda a súa poesía relacionada coCourel.Escribiu tamén tres contos para os máispequenos: Gorgorín e Cabezón, Ilda,olobo, o corzo e o xabarín e O cubil doxabarín.Faleceu en Santiago de Compostela un30 de outubro de 1999.

Caricatura de Uxío Novoneyrarealizada por Luís Seoane.

FONTIÑA do Carabel!auga brancanacida ao pé dunha faiaten que ter bo beber.

-Tomapon de calexa esta folla.Aséntaa ben no buracoe préndea cunha pedra.

Que fontiña máis pequena!Sécase dun sorbato.

Fontiña do Carabel!que dás xustoo que un pode beber!

Portada de O cubil do xabarín,un dos tres libros de contos es-critos por Uxío.

Page 4: UXÍO NOVONEYRA OS CANTOS DE REIS A ÁRBORE …centros.edu.xunta.es/ceipgalan/galego/docs/ASNOSAS26WEB.pdfOS CANTOS DE REIS A ÁRBORE SEN FOLLAS ... en Lugo. Estudou o ... ción de

AS NOSAS COUSAS 4

OS CANTOS DE REISBEATRIZGARCÍA,PROFESORADE MUSICA

Os Cantares de Nadal, Cantares de Aninovo e os Cantares de Reis,foron a desculpa perfecta para faceren unha noite de ledicia, de acompa-ñamento, de ilusión... para moitos dos galegos e galegas que tiveron asúa vida no rural. Ditas tradicións orais mantéñense e recupéranse comoun xeito de celebrar as festas con música en toda Galiza.

¿En que consisten?Grupos de mozos e mozas da vila reuníanse e ían de porta en portacantando pezas tradicionais, agardando recolle-lo aguinaldo e recibir unhalambetada, comida ou algún outro agasallo da veciñanza.En Nadal eran panxoliñas, en fin de ano xaneiras, manueis ou aninovos een reis os cantares dereis ou aguinaldos. Ásveces tamén incluían al-gúnha loa á casa para aque se estaba a cantarnese momento e, así,conmover a xenerosida-de do doador. No casode que este non colabo-rase, facían saber, can-tando, á veciñanza quenestaba menos disposto acompartir os seus ali-mentos. Hoxe en día pervive e seguese a facer en zonas de Galiza como Boimor-to, Pedradita, Redondela … a pesares dos novos costumes de Nadal e afalta de xente nova que se estende polo rural

Os cantares

Son tradicionais no norte do país. Interprétanse en cuadrillas (variadoscompoñentes e instrumentos) ou en xugadas (un gaiteiro con varios can-tores que o rodean incorporando, ás veces, percusión). As pezas, sem-pre tiradas da tradición, son cantares longos e difícies de cantar. Moitosveñen dos cantos gregorianos e cantares relixiosos dos séculos XV eXVI. A súa temática xira arredor da visita dos Reis a Cristo, ou do peregri-nar de Xosé e de María na busca dun lugar onde parir.

Page 5: UXÍO NOVONEYRA OS CANTOS DE REIS A ÁRBORE …centros.edu.xunta.es/ceipgalan/galego/docs/ASNOSAS26WEB.pdfOS CANTOS DE REIS A ÁRBORE SEN FOLLAS ... en Lugo. Estudou o ... ción de

AS NOSAS COUSAS 5

Reco

llido e

n Ara

nte, R

ibade

o, po

r Xos

é Veg

a Pér

ez

Tres peregrinos veñentras dunha estrela;dúrmete, neno meu,se queres vela.

Tres mariñeiros veñentras dun luceiro;dúrmete, neno meu,se queres velo.

Dúrmete, neno meu,meu neno, dúrmete;tras dunha estrela veñenpolo deserto tres reis.

Reco

llido n

o Cou

to de

Oute

iro, M

ondo

ñedo

, por

Car

los G

ómezOs tres camelos dos reis

ó chegaren a Galicia,como non viron deserto,morrían os tres de risa.E, ó veren tanta auganos regatos e nas rías,

_¡Que catarro imos collercomo veña unha chovisca!

Melchor toca unha gaita,Baltasar un tamboril,o Gaspar, que non é músico,alumea cun candil.

As rondallas

Son tradicionais no sur do país. A súa orixe vén de lonxe. Os maiores dinque logo de ir á leira collían os instrumentos artesanais que había nacasa, e logo ían de pasarrúas polos barrios na época do Nadal. Estesgrupos, de 30 a 80 participantes, executaban, con instrumentos tradicio-nais, pezas do folclore coma muiñeiras, fandangos ou pasodobles (hoxexa introducen temas da mú-sica actual). Todos os mem-bros do grupo van ataviadoscon capas e boinas e desfi-lan detrás dos abandeiradosque portan un emblema conome da rondalla.

Page 6: UXÍO NOVONEYRA OS CANTOS DE REIS A ÁRBORE …centros.edu.xunta.es/ceipgalan/galego/docs/ASNOSAS26WEB.pdfOS CANTOS DE REIS A ÁRBORE SEN FOLLAS ... en Lugo. Estudou o ... ción de

AS NOSAS COUSAS 6

O día 11 de decembro de 2009 osalumnos e alumnas de sexto de pri-maria participamos nunha carreira decampo a través no concello coruñésde Cambre.Primeiro correron os nenos e despoisas nenas.Había moitos rapaces e rapazas devarios colexios da contorna de Cam-bre e de Oleiros.Nós, os de Galán, gañamos unha me-dalla grazas á carreira e ao esforzo deJoel Esteban Carro Molina que que-dou segundo na carreira dos rapaces.As rapazas non gañamos nada.Para min esta experiencia foi moi di-vertida e eu creo que o máis impor-tante foi participar.

CAMPO A TRAVÉSPATRICIAAGUILARGIL,6.º A

A finais do mes de outubro ce-lebramos, como xa vén sendohabitual, o Samaín. Este anopresentáronse un total de 298cabazas que estiveron expos-tas durante tres días no recibi-dor do colexio. O venres día 30encendimos as candeas, apa-gamos as luces e...que espec-táculo!Visitáronnos os alumnos ealumnas de pre-escolar de Vi-larrodís e A Maceira, en Pasto-riza.

O SAMAÍN, 2009REDACCIÓNAS NOSASCOUSAS

Este ano encargáronse da recepción e entrega dosagasallos do Samaín 2009 o equipo formado porAdrián, Jalisson, Alba Albariño, Álvaro, Alba Suá-rez e Patricia, alumnos e alumnas de sexto.

Page 7: UXÍO NOVONEYRA OS CANTOS DE REIS A ÁRBORE …centros.edu.xunta.es/ceipgalan/galego/docs/ASNOSAS26WEB.pdfOS CANTOS DE REIS A ÁRBORE SEN FOLLAS ... en Lugo. Estudou o ... ción de

AS NOSAS COUSAS 7

UN TALLER DE ILUSTRACIÓNANAÍSARIASNOYA,6.º A

O pasado seis de novembro os rapaces e rapazas de sexto curso acudi-mos ao Centro Cívico de Arteixo para participar nun taller de ilustraciónde contos. O acto estaba organizado pola Biblioteca Municipal, co gallodo seu 20.º aniversario e en colaboración coa Editorial Kalandraka.Fomos recibidos por dous rapaces: José, que nos mostrou unha exposi-ción de libros de contos ilustrados de diferentes maneiras e por Pablo,que é ilustrador e foi o encargado de ensinarnos a ilustrar palabras coassúas propias letras.Para iso repartiunos uns folios onde practicamos e unha vez feitas asilustracións pasámolas a limpo.Foi unha experiencia moi interesante e a verdade é que nos divertimosmoito.

SONÁMBULO

DROMEDARIO

VOZARRÓN

VOO GOLF

OGRO

Page 8: UXÍO NOVONEYRA OS CANTOS DE REIS A ÁRBORE …centros.edu.xunta.es/ceipgalan/galego/docs/ASNOSAS26WEB.pdfOS CANTOS DE REIS A ÁRBORE SEN FOLLAS ... en Lugo. Estudou o ... ción de

AS NOSAS COUSAS 8

O MAGOSTODAVIDREYVIDAL,5.º C

O BARQUIÑOTANIACALVETELÓPEZ,5.º A

Ao barquiño gústalle navegarsube e baixa e non para de cantar.

O barco pirata conta chistese canta serenatas.

O barquiño canta noite e día,da mañá ao mediodía.

Vivo no alto, son novaa miña cor amarelaindica que en pouco tempovoume convertir en vella.O día que esto sucedaa pel vaise acastañare pasado un pouco tempovoume espachurrar no chan.

Os mozos van vir por min,vanme gardar no seu bolsoxunto as outras coma minpara facer o magosto.Xa vexo o fume na vilaescoito xente a berrarestán todos agardandopara nos botar a asar.

Page 9: UXÍO NOVONEYRA OS CANTOS DE REIS A ÁRBORE …centros.edu.xunta.es/ceipgalan/galego/docs/ASNOSAS26WEB.pdfOS CANTOS DE REIS A ÁRBORE SEN FOLLAS ... en Lugo. Estudou o ... ción de

AS NOSAS COUSAS 9

Érase unha vez unha árbore moi, moi pequena, que non tiña follas, nincase ponlas e era moi delgada.Ao seu redor había moitas árbores grandes e frondosas cheas de follas enas súas ponlas aniñaban os paxaros e xogaban os esquíos.A árbore pequena morría coa pena, quería saír correndo, pero non podíamoverse e cada día estaba máis e máis triste.Era finais do verán e axiña chegaría o outono cos días máis curtos e fríose a árbore pequena pensaba que asínon se vería tan diferente dasoutras árbores, pero seguíatriste pois pensaba que nun-ca chegaría a ser tan grandee fermosa coma as demais.Pasado o tempo chegou oinverno coa súa neve, ta-pando gran parte da pe-quena árbore agás a pon-la máis outa onde aínda re-sistía unha pequena folla.A árbore estaba contentaao pensar que moi axiñaestaría toda cuberta de fo-llas.Nesta época do ano a co-mida dos animais era es-casa e un corzo con moitafame que pasou a rentesda pequena árbore tivo in-tención de comer a folla. A pequena árbore suplicoulle que non lle comeraa súa única e tan esperada folla.O corzo contestoulle que se non lle comía a folla morrería de fame. Aárbore aceptou e pensou que xa lle sairían outras follas máis adiante.O corzo comeuna, agradeceullo moito e liscou correndo.Aquela era unha noite clara e chea de estrelas luminosas e unha luz moiintensa veu a pousarse sobre a nosa árbore amiga.Á mañá seguinte a árbore apareceu toda cuberta de follas, no medio dunbosque cheo completamente de árbores peladas.Axiña pasou o inverno que deu paso á primavera e a árbore, co paso dotempo, pasou a ser grande e forte.

A ÁRBORE SEN FOLLASSILVIABELLOVIEITES,3.º A

Page 10: UXÍO NOVONEYRA OS CANTOS DE REIS A ÁRBORE …centros.edu.xunta.es/ceipgalan/galego/docs/ASNOSAS26WEB.pdfOS CANTOS DE REIS A ÁRBORE SEN FOLLAS ... en Lugo. Estudou o ... ción de

AS NOSAS COUSAS 10

CONTO DE NADALLAURACASTROCASTRO,5.º A

Un día, na antiga casa abandonada, había unhas pastasmas agochadas.Nunha casiña de campo había dous nenos. Chamábanse Xan e Xaime.Os nenos non crían no nadal e aspantasmas querían que todo o mun-do crera no nadal.Un día Xan e Xaime foron de excur-sión co colexio e pasaron pola casaabandonada. Viron algo sorprenden-te nela e queixeron achegarse a mi-rar.Xa dentro da casa, os nenos entra-ron nunha habitación e de súpeto aporta pechouse.Ao mirar ao redor viron que estabatodo adornado. tiña un abeto, un pre-sebe e moitas luces de cores.Estaban abraiados mirando todocando...comezou a sonar unha mú-sica e apareceu unha ringleira depantasmas cantando e bailando.

Xaime dixo:-Que ben bailan!As pantasmas escoitaron e dixe-ron:-E logo vós non sabedes bailar?Non vos gusta o nadal?Entón Xan dixo:-Nós non cremos no nadal.Pero segundo pasaba o tempoos nenos íanse contaxiando doespírito navideño das pantas-mas, tanto que cando rematou odía sentíanse tan felices que xanunca máis dubidaron da festado nadal.

Page 11: UXÍO NOVONEYRA OS CANTOS DE REIS A ÁRBORE …centros.edu.xunta.es/ceipgalan/galego/docs/ASNOSAS26WEB.pdfOS CANTOS DE REIS A ÁRBORE SEN FOLLAS ... en Lugo. Estudou o ... ción de

AS NOSAS COUSAS 11

CANDO CHOVE...IGNACIOFARIÑARODRÍGUEZ,6.ºA

Cando chove e quenta o solvén o demo por Ferrol,cun saquiño de alfinetespara picarlle o cu as mullerese un saquiño de prendedorespara picarlle o cu aos señores.

(Cantiga popular)

O LOBOESTEVOCAPELÁNVARELA,5.º A

O lobo é un animal da familia dos cánidos. Pode vivir en diferentes eco-sistemas: fragas, desertos, montañas, tundras, pradeiras e mesmo enzonas habitadas como é ocaso de Galicia.Antes o lobo era moi abun-dante, pero agora por mor dadestrucción dos bosques e acaza ilegal quedan menos.No inverno o lobo caza enmanda animais grandescomo o cervo, o alce, o gamoe o xabarín xa que a maioríados animais pequenos, comoo leirón, invernan.Os lobos teñen de diferentecor a pelaxe, dependendoonde vivan. Por exemplo oslobos que viven no Ártico te-ñen a pelaxe completamen-te branca, mentres que osque viven no bosque son grises ou castaños.O lobo ten poucos inimigos, sendo os seus principais o home, o oso par-do, o tigre e o puma.

Debuxo: NOEMÍ MARTÍNEZ CHICO, 6.º B

Debuxo: ANDREA PAULOS LÓPEZ, 6.º B

Page 12: UXÍO NOVONEYRA OS CANTOS DE REIS A ÁRBORE …centros.edu.xunta.es/ceipgalan/galego/docs/ASNOSAS26WEB.pdfOS CANTOS DE REIS A ÁRBORE SEN FOLLAS ... en Lugo. Estudou o ... ción de

AS NOSAS COUSAS 12

ELA QUERÍA FACER O PINOLUCÍAMIRÁSPÉREZ,5.º B

Era luns e Uxía tiña clase de Educación Física, normalmente era unhaclase que lle gustaba moito pois a ela todo oque era facer exercicio poñíaa moi leda, senembargo despois dun tempo era unha ma-teria que a desanimaba un pouco porquetiñan que facer o pino e costáballe moito,pero como era moi tímida non lle queríadecir nada ao profesor.Así pasou un tempo, practicaba na casapero non lle saía, e así unha vez e outravez ata que remataba esgotada e senalento.Rematou a primeira avaliación pero nono deu feito e chegaron as vacaciónsde Nadal , e con elas os día de Reis,que era o día no que se pedían osregalos e desexos e ela pediu quecando comezasen as clases fosequen de facer o pino.Comezaron as clases o día 8 e non lle tocabaximnasia pero o luns seguinte, cando o profesor mandou facer o pino,Uxía foi a primeira en facelo e sen ningún problema. Non sabía se forapolo desexo ou por practicalo tantas veces.

UNHA ADIVIÑA REDONDACYNTHIACASALVICABARDANCA,5.º A

Todos din que me querenpara facer boas xogadase, en cambio, cando me teñentrátanme sempre a patadas.

(O balón)

Debuxo: SANTIAGO GONZÁLEZ NOVO, 4.º B

Debuxo: JUANITO HERNÁNDEZ BIZÁRRAGA, 6.º B

Page 13: UXÍO NOVONEYRA OS CANTOS DE REIS A ÁRBORE …centros.edu.xunta.es/ceipgalan/galego/docs/ASNOSAS26WEB.pdfOS CANTOS DE REIS A ÁRBORE SEN FOLLAS ... en Lugo. Estudou o ... ción de

AS NOSAS COUSAS 13

JURASIC PARK 1MARTÍNCASASPÉREZ,5.º A Debuxo: YAGO GÓMEZ CASTRO, 6.º B

Ola, chámome Martín e estiven de visita no novo parque do meu avó.Nese parque hai dinosauros e a min encántanme eses animais.Cando cheguei ao parque puiden ver ao meu avó e tamén un gran fósil deTiranosaurus Rex. Co meu avó fun ver os ovos de dinosauro pero o peorestaba por vir: había un ovo a piques de abrir e fixeime enque o dinosauro era dun-ha raza moi carnívora.Era un Velociraptor.Son animais moi fortese corren moito pero, so-bre todo, impresionanpolas súas poutasgrandes e fortes.Pola noite, e chovendo,fumos ver o Tiranosau-rus Rex. Nese momen-to comezou a rachar asverxas da electricidade eo sistema de seguridade.Todos botamos a correrpero un quedou retrasa-do e disparándolle tiroscunha escopeta. Así esti-vo un rato ata que lle mor-deu e arrincoulle a cabeza.Outro membro do grupometeuse no baño pero alí foiatacado polo Tiranosaurus Rex que acabou coa súa vida. Nós botamos acorrer cara á base.Alí aproveitamos para comer un pouco e nese momento o meu avó pre-sentounos a unha nena que se chamaba Laura.Na fiestra apareceu unha sombra terrible. Unha sombra de dinosauro.Botamos a correr cara á cociña pero alí tamén entraron dous Velociraptor.Puxéronnos moito medo e saímos correndo xunto co meu avó.Estabamos atrapados. Íannos comer. Non había nada que facer... pero,de súpeto, o Tiranosaurus Rex atacou aos Velociraptor para comelos.Non agardamos máis e saímos correndo para pillar o helicóptero.Agora, xa na miña casa, alégrome de non saír de alí sen a perna e acabeza. Unha auténtica sorte.

Page 14: UXÍO NOVONEYRA OS CANTOS DE REIS A ÁRBORE …centros.edu.xunta.es/ceipgalan/galego/docs/ASNOSAS26WEB.pdfOS CANTOS DE REIS A ÁRBORE SEN FOLLAS ... en Lugo. Estudou o ... ción de

AS NOSAS COUSAS 14

A TORRE DE HÉRCULESALUMNADODEINFANTIL

NESTE OUTONO

, EN

NESTE OUTONO

, ENNESTE

OUTONO, EN

NESTE OUTONO

, EN

NESTE OUTONO

, EN

EDUCACIÓN INFANTIL

,

EDUCACIÓN INFANTIL

,

EDUCACIÓN INFANTIL

,

EDUCACIÓN INFANTIL

,

EDUCACIÓN INFANTIL

,

APRENDIMOS QUE NA

APRENDIMOS QUE NA

APRENDIMOS QUE NA

APRENDIMOS QUE NA

APRENDIMOS QUE NA

CORUÑA HAI UN F

ARO

CORUÑA HAI UN F

AROCORUÑA

HAI UN FARO

CORUÑA HAI UN F

ARO

CORUÑA HAI UN F

ARO

MOI VELLO: A T

ORRE

MOI VELLO: A T

ORREMOI VEL

LO: A TORRE

MOI VELLO: A T

ORRE

MOI VELLO: A T

ORRE

DE HÉRCULES. QUE

DE HÉRCULES. QUE

DE HÉRCULES. QUE

DE HÉRCULES. QUE

DE HÉRCULES. QUE

ESE FARO, POLAS

NOI-

ESE FARO, POLAS

NOI-

ESE FARO, POLAS

NOI-

ESE FARO, POLAS

NOI-

ESE FARO, POLAS

NOI-

TES, ALUMEA E POR

TES, ALUMEA E POR

TES, ALUMEA E POR

TES, ALUMEA E POR

TES, ALUMEA E POR

ISO OS BARCOS NON

ISO OS BARCOS NON

ISO OS BARCOS NON

ISO OS BARCOS NON

ISO OS BARCOS NON

CHOCAN COAS ROC

HAS.

CHOCAN COAS ROC

HAS.

CHOCAN COAS ROC

HAS.

CHOCAN COAS ROC

HAS.

CHOCAN COAS ROC

HAS.

VIMOS CADROS DE ARTISTAS QUE

VIMOS CADROS DE ARTISTAS QUEVIMOS CADROS DE ARTISTAS QUE

VIMOS CADROS DE ARTISTAS QUE

VIMOS CADROS DE ARTISTAS QUE

PINTARON A TORRE E REFIXEMOS

PINTARON A TORRE E REFIXEMOSPINTARON A TORRE E REFIXEMOS

PINTARON A TORRE E REFIXEMOS

PINTARON A TORRE E REFIXEMOS

A DE PETEIRO.A DE PETEIRO.A DE PETEIRO.A DE PETEIRO.A DE PETEIRO.

QUEDOUNOS MOI BEN!

QUEDOUNOS MOI BEN!QUEDOUNOS MOI BEN!

QUEDOUNOS MOI BEN!

QUEDOUNOS MOI BEN!

HÉRCULES E A TORREHÉRCULES E A TORREHÉRCULES E A TORREHÉRCULES E A TORREHÉRCULES E A TORRE

A LOITA DE HÉRCULES E XERIÓNA LOITA DE HÉRCULES E XERIÓNA LOITA DE HÉRCULES E XERIÓNA LOITA DE HÉRCULES E XERIÓNA LOITA DE HÉRCULES E XERIÓN

Page 15: UXÍO NOVONEYRA OS CANTOS DE REIS A ÁRBORE …centros.edu.xunta.es/ceipgalan/galego/docs/ASNOSAS26WEB.pdfOS CANTOS DE REIS A ÁRBORE SEN FOLLAS ... en Lugo. Estudou o ... ción de

AS NOSAS COUSAS 15

FIXEMOS ENTRE TODAS E TO-FIXEMOS ENTRE TODAS E TO-FIXEMOS ENTRE TODAS E TO-FIXEMOS ENTRE TODAS E TO-FIXEMOS ENTRE TODAS E TO-DOS UN MURAL DE FOLLASDOS UN MURAL DE FOLLASDOS UN MURAL DE FOLLASDOS UN MURAL DE FOLLASDOS UN MURAL DE FOLLASPARECIDAS ÁS QUE EL PINTOU.PARECIDAS ÁS QUE EL PINTOU.PARECIDAS ÁS QUE EL PINTOU.PARECIDAS ÁS QUE EL PINTOU.PARECIDAS ÁS QUE EL PINTOU.

GUSTOUNOS MOITO O TRA-GUSTOUNOS MOITO O TRA-GUSTOUNOS MOITO O TRA-GUSTOUNOS MOITO O TRA-GUSTOUNOS MOITO O TRA-BALLO DE PINTOR MATISSE.BALLO DE PINTOR MATISSE.BALLO DE PINTOR MATISSE.BALLO DE PINTOR MATISSE.BALLO DE PINTOR MATISSE.SOBRE TODO OS CADROSSOBRE TODO OS CADROSSOBRE TODO OS CADROSSOBRE TODO OS CADROSSOBRE TODO OS CADROSFEITOS CON RECORTES DEFEITOS CON RECORTES DEFEITOS CON RECORTES DEFEITOS CON RECORTES DEFEITOS CON RECORTES DEPAPEIS.PAPEIS.PAPEIS.PAPEIS.PAPEIS.

Page 16: UXÍO NOVONEYRA OS CANTOS DE REIS A ÁRBORE …centros.edu.xunta.es/ceipgalan/galego/docs/ASNOSAS26WEB.pdfOS CANTOS DE REIS A ÁRBORE SEN FOLLAS ... en Lugo. Estudou o ... ción de

AS NOSAS COUSAS 16

Hai moitos anos nun lugar moi afastado no que había un pobo, a xenteque vivía alí estaba asustada porque había un xigante que era moi forte echamábase Xerión.Entón as persoas animaron a Hércules para que loitara con Xerión.Hércules loitou con Xerión tres días e tres noites. Ao final Hércules cor-toulle a cabeza a Xerión e mentres Xerión caía, a cabeza ía rodando.Hércules construíu unha torre que se chama A Torre de Hércules.Tamén fixo unha lista das persoas que viñeron vivir á cidade. A primeirapersoa que se apuntou foi Crunia, unha muller moi guapa e Hérculesnamorouse dela.Hércules chamou á cidade Crunia, e de aí vén o actual nome dacidade, A Coruña.

ADIVIÑAALBACASTROSENANDE,3.º A

(A avestruz)

Ten as e non voa;fortes zancas e é lixeira.Que é?

HÉRCULES E CRUNIALILASUÁREZVÁZQUEZ,3.º C Debuxo. JOSÉ FERNANDO VARGAS TORRES, 3.º C

Page 17: UXÍO NOVONEYRA OS CANTOS DE REIS A ÁRBORE …centros.edu.xunta.es/ceipgalan/galego/docs/ASNOSAS26WEB.pdfOS CANTOS DE REIS A ÁRBORE SEN FOLLAS ... en Lugo. Estudou o ... ción de

AS NOSAS COUSAS 17

O OUTONOCYNTHIA N.VARGASTORRES,5.º C Debuxo: CYNTHIA NOEMÍ VARGAS TORRES, 5.º C

Chovía, chovía e máis chovía

chove na túa casa

e na miña non para

e todos os nenos aburridos na casa.

Dende as montañas

caen as follas,

tamén as castañas

caen molladas.

Chega o magosto

comemos castañas

co lume encendido

contamos contiños

Esta pequena pegatina

ten tanto poder e arte

que se non se pega a min

non chegará a ningunha parte.

A PEGATINAREBECAVENTOOTERO,4.º C Debuxo: UXÍA GEA VELO, 6.º B

Page 18: UXÍO NOVONEYRA OS CANTOS DE REIS A ÁRBORE …centros.edu.xunta.es/ceipgalan/galego/docs/ASNOSAS26WEB.pdfOS CANTOS DE REIS A ÁRBORE SEN FOLLAS ... en Lugo. Estudou o ... ción de

AS NOSAS COUSAS 18

Hai moitos anos, había unha muller que falaba cos mortos. Cando osveciños se decataron acusárona de bruxa, pero ela negou os cargos.Tres anos despois todo o país empezou coa caza de bruxas. A primeirasospeitosa foi ela e levárona a xuizo.Despois de prestar decraración, o xuíz decrarouna culpable e condenounaa morrer na fogueira.Cando estaban a piques de quiemala dixo:-Se non me deixades vivir todos os fillos que teñades morreran ao cabode tres días.Entón un xove dixo:-Prendan a fogueira!A fogueira prendeuse pero a bruxa fuxiu voando ata o castelo abandona-do.Pouco tempo despois apareceron moitas enfermidades na vila e come-zaron a sospeitarda maldición. Amuller máis novada vila tivo un filloque morreu aocabo dos tresdías. A maldicióncumpríase!Este feito chegoua ouvidos dun fa-moso detective: odetective Grego.Grego viaxou aEslovenia e pre-guntoulle á xenteonde vivía na ac-tualidade a bruxa. Todos lle responderon que seguía vivindo no casteloabandonado.O detective dirixiuse ao castelo, localizou á bruxa que neses momentosestaba durmindo e...zas!, chantoulle unha estaca no corazón.Parecía que o problema estaba resolto pero el non sabía que había máisbruxas. Unha delas estaba observando como o detective eliminaba á súairmá e lanzoulle unha maldición que fulminou ao detective no acto.

(Continuará...)

HISTORIA DE BRUXAS (1)DANIELCEDEIRA PRIETO,5.º A Debuxo: UXÍA VÁZQUEZ GARCÍA, 6.º B

Page 19: UXÍO NOVONEYRA OS CANTOS DE REIS A ÁRBORE …centros.edu.xunta.es/ceipgalan/galego/docs/ASNOSAS26WEB.pdfOS CANTOS DE REIS A ÁRBORE SEN FOLLAS ... en Lugo. Estudou o ... ción de

AS NOSAS COUSAS 19

AMIGA QUE TE VASANAÍSARIASNOYA,6.º A Debuxo: ROMINA TORRES FRUCTUOSO, 6.º B

GALICIAALBAALBARIÑOGONZÁLEZ,6.º A

Amiga que te vascecais non te vexa máis.

No meu corazón sempre haberáun oco para ti.

Amiga que te vasas miñas cinzas te visitarán.

Botareite de menosse non te vexo.

Amiga que te vasmoita pena deixarás

Lémbrate de mincomo eu me lembro de ti.

Amiga que te vasnon chores máis por min.A nosa amizade nunca se esquecerá.

Galicia, Galicia, miña nena consentida

que non podo estar lonxe dela, pois sinto morriña

que non me falte o teu verde, nin o teu aire

nin a escuma do teu mar

necesito dos teus brazos, da túa calma, da túa paz...

Page 20: UXÍO NOVONEYRA OS CANTOS DE REIS A ÁRBORE …centros.edu.xunta.es/ceipgalan/galego/docs/ASNOSAS26WEB.pdfOS CANTOS DE REIS A ÁRBORE SEN FOLLAS ... en Lugo. Estudou o ... ción de

AS NOSAS COUSAS 20

OUTRA ADIVIÑA MÁISSARAFRAGAMAÑANA,5.º A

Nunca camiña pola terra,

nin voa, nin sabe nadar,

pero aínda así,

sempre corre, sube e baixa sen parar.

(A araña)UNHA ADIVIÑASAMUEL

MARTÍNEZFERNÁNDEZ,5.º A Debuxo: SARA VALDERRÁBANOS CABANAS, 6.º B

(O reloxo)

Lévasme ás veces contigo,

moi preto da túa man

e, aínda que levo correa,

non penses que son un can.

Tampouco che son as luvas,

nin sequera unha vendaxe,

e non vaias a pensar

que son unha tatuaxe.

-Pepiño, quen colleu unha mazá queestaba no froiteiro?-Eu, mamá. Dinlla a un pobre nenoque tiña moita fame.-Meu fillo, tes un corazón de ouro!. Equen era ese neno, cariño?-Eu, mamá.

CHISTEREBECAVENTOOTERO,4.º C

Page 21: UXÍO NOVONEYRA OS CANTOS DE REIS A ÁRBORE …centros.edu.xunta.es/ceipgalan/galego/docs/ASNOSAS26WEB.pdfOS CANTOS DE REIS A ÁRBORE SEN FOLLAS ... en Lugo. Estudou o ... ción de

AS NOSAS COUSAS 21

O OSO CODYCARLOSGARCÍACAAMAÑO,5.º A

Era un día de nadal. O osoCody saíu da súa madriguei-ra e viu por vez primeira aneve.Fixo moitos bonecos e ta-mén se enterrou na neve. Aocabo de dous días a nevedesapareceu. Facía moitacalor e cando veu a súa naiviuno moi triste.O oso Cody estaba tan tris-te que nin comía nin bebía.Xa pasou un ano e o osoCody xa era maior. Candoveu outra vez a neve ale-grouse tanto que, aíndaque desaparecera, lledaba igual porque sabíaque ía volver ao ano seguinte.

Debuxo: UXÍA VEIRA PARCERO, 6.º B

Érase unha vez unha bruxa que se cha-maba Pepiña e todos pensaban que eramoi mala, pero en realidade non eranada mala.A bruxa Pepiña non tiña amigas porquetodas as nenas lle tiñan medo. Pero todoquedou solucionado cando un día unhanena moi curiosa foi á casa da bruxa Pe-piña e quixo xogar con ela e entón pui-do comprobar que o que decía a xente

non era verdade. A bruxa resultou ser unha persoa encantadora e dendeaquela as dúas fixéronse moi amigas.Ás veces non hai que facer caso ao que di a xente.

A BRUXA PEPIÑANATALIABELLOPONTE,3.º A

Page 22: UXÍO NOVONEYRA OS CANTOS DE REIS A ÁRBORE …centros.edu.xunta.es/ceipgalan/galego/docs/ASNOSAS26WEB.pdfOS CANTOS DE REIS A ÁRBORE SEN FOLLAS ... en Lugo. Estudou o ... ción de

AS NOSAS COUSAS 22

Serán quen os alumnos e alumnas de 3.º A de compoñer un conto colec-tivo usando as palabras do recadro? Imos ver o resultado.

Había unha vez unha carreira de cochazos no satélite dun planeta.competían un vampiro, un dragón, unha serpe e unha pantasma.O dragón, para gañar, provocou un incendio que parecía o inferno.A pantasma, como xa estaba morta, apagou o incendio con auga. Así,deste xeito, evitou a matanza.

Como non houbo sangue, porque non houbo asasi-natos, o vampiro botou a

chorar mentres todosrían.A carreira gañouna aserpe, que foi a únicaque se concentrou encorrer.

A CARREIRA INFERNALALUMNOSEALUMNAS de3.º A

asasinatos rían matanza auga inferno planeta dragónsangue serpe satélite carreira cochazos vampiromorta pantasma incendio

O PRATO DE CALDOADRIÁNFRANCOSGÓMEZ,5.º A

Érase unha vez un carpinteiro que lle foiarranxar o carro a un labrador de Loureda.O carpinteiro viña famento e o labrador deu-lle un prato de caldo quente para comer.O carpinteiro probouno e dixo:-Reconcho! Este caldo sabe a madeira!E a señora da casa retrucoulle:-Arre demo! Moi pronto llo notaches.Nada máis que caeu o zoco do rapazquiteino.

Debuxo: JALISSON REYMIS GIL, 6.º B

Page 23: UXÍO NOVONEYRA OS CANTOS DE REIS A ÁRBORE …centros.edu.xunta.es/ceipgalan/galego/docs/ASNOSAS26WEB.pdfOS CANTOS DE REIS A ÁRBORE SEN FOLLAS ... en Lugo. Estudou o ... ción de

AS NOSAS COUSAS 23

MISTERIO EN GALÁNADRIÁNVÁZQUEZ eALEJANDROVILLANUEVA,5.º C

Os nomes e sucesos que aparecen neste relato son ficticios, pro-duto da imaxinación dos seus autores. Calquera parecido coa rea-lidade son pura coincidencia.

Hai uns poucos días un can fixo as súas necesidades no patio do colexiode Galán.Un profesor chamado Enxerbrando díxonos que fixeramos unha barreirade nenos e nenas para que non pisaran a merda do can a rapazada queía chegando ao colexio.O cheiro non era moi agradable. Uns decían que a cagada era do can do

vixilante de seguridade eoutros crían que era obra

dun can vagabundo quesaltara o portal do co-lexio.O que si sabemos é queo can vabundo se cha-maba Pirracas. Os seusdentes eran moi afiadose as súas poutas tiñanunhas unllas moi longase noxentas. Era moimalo e todos sabiamos

que trababa a todos osque se atopaban no seu

camiño.Aínda así había que averiguar quen fixera aquela «torta» no medio dopatio. Quen sería?Uns días máis tarde apareceu o temible Pirracas no medio do recreo.Que susto!. Uns corrían para o pavillón, outros subían polas escaleiras,algúns se agarraban ás profesoras e profesores, outros subían ás canas-tras...Pero, rapidamente, Enxerbrando, o profesor, colleu o can polo pescozo elevouno polo aire ata a entrada do colexio. Unha vez na porta díxolle:-Pirracas, non volvas nunca máis por aquí!E polo de agora non volveu aparecer. Eso si, aínda hoxe seguimos sensaber se a «cagarrupia» era do can do vixilante de seguridade ou do canvagabundo Pirracas. Se alguén sabe a resposta que non deixe de avisar-nos.

Page 24: UXÍO NOVONEYRA OS CANTOS DE REIS A ÁRBORE …centros.edu.xunta.es/ceipgalan/galego/docs/ASNOSAS26WEB.pdfOS CANTOS DE REIS A ÁRBORE SEN FOLLAS ... en Lugo. Estudou o ... ción de

AS NOSAS COUSAS 24

A CEBOLAMARMOSCOSOMACEIRAS,4.º B

Érase unha vez unha cebola que fa-cía chorar a todo o mundo.Ela non tiña amigos xa que todos, nadamáis vela, se poñían moi tristes e nonfacían maís que chorar e chorar e cho-rar...Un día achegouselle un neno peque-no e díxolle:-Queres ser a miña amiga?-Querer. quero, pero... non che fareichorar?-Faríasme chorar, pero dende peque-no eu non teño olfacto e podo estar aoteu lado sen nengún tipo de problema.Ademais penso que es moi simpáticae moi boa compañeira e iso do cheironon é tan importante. Así que quero ser o teu amigo. Queres?-Quero -respostou alegre a cebolaE así foi como a cebola tivo por fin un amigo ao que non lle importaba oseu cheiro.

DOUS POEMASCÁNDIDOGALANTEALVARADO,5.º A

Caeu do ceo unha rosarecolleuna miña naicolocouna na cabeza.Que bonita lle quedou!

Cando mires as estrelaslémbrate moi ben de minporque en cada unha delashai un bico para ti.

Debuxo: ALBA SUÁREZ CORES, 6.º B

Page 25: UXÍO NOVONEYRA OS CANTOS DE REIS A ÁRBORE …centros.edu.xunta.es/ceipgalan/galego/docs/ASNOSAS26WEB.pdfOS CANTOS DE REIS A ÁRBORE SEN FOLLAS ... en Lugo. Estudou o ... ción de

AS NOSAS COUSAS 25

O CONCURSAZOPROFESORSABICHÓN

Xa sabes como funciona o Concursazo. Le a revista, completa os pasa-tempos, pon o teu nome e curso, recorta esta folla e métella pola boca aMansiño. Hai un agasallo esperando por ti. Sorte!

NOME E APELIDOS CURSO

Que camiño tomará o profesor Sabi Chon para coller a súa pluma estilo-gráfica?

O LABIRINTO

Page 26: UXÍO NOVONEYRA OS CANTOS DE REIS A ÁRBORE …centros.edu.xunta.es/ceipgalan/galego/docs/ASNOSAS26WEB.pdfOS CANTOS DE REIS A ÁRBORE SEN FOLLAS ... en Lugo. Estudou o ... ción de

AS NOSAS COUSAS 26

O REBUMBIO DE LETRASLocaliza neste rebumbio o nome de DOCE personaxes que aparecen nal-gún dos relatos deste número de As Nosas Cousas

XANXAIMEMARTÍNUXÍALAURACRUNIAHÉRCULESXERIÓNGREGOPEPIÑOPEPIÑAPIRRACAS

QXPEPIÑOQ

XAIMERIGP

HNRAOFHUI

TIGREGOQR

LQFTLZTXR

ZUXIAGSEA

RDSNUTXRC

SCRCRUNIA

ULUQAOZOS

PEPIÑAQNT

HERCULESD

REPASANDO A REVISTA...

* Como se chamaba o can que fixo a «torta» no patio de Galán?

* A quen se lle dedica o Día das Letras Galegas de 2010?

*En que país vivía a bruxa que tentou eliminar o detective Grego?

*Cal é o nome dos seis alumnos e alumnas que recolleron as cabazas eentregaron os premios do Samaín 2009?

*Cales son os catro principais inimigos do lobo?

Page 27: UXÍO NOVONEYRA OS CANTOS DE REIS A ÁRBORE …centros.edu.xunta.es/ceipgalan/galego/docs/ASNOSAS26WEB.pdfOS CANTOS DE REIS A ÁRBORE SEN FOLLAS ... en Lugo. Estudou o ... ción de

AS NOSAS COUSAS 27

DÍA

DA Á

RBORE N

A T

ÉRM

ICA D

E SABÓN

Page 28: UXÍO NOVONEYRA OS CANTOS DE REIS A ÁRBORE …centros.edu.xunta.es/ceipgalan/galego/docs/ASNOSAS26WEB.pdfOS CANTOS DE REIS A ÁRBORE SEN FOLLAS ... en Lugo. Estudou o ... ción de

AS NOSAS COUSAS 28

E CHEGARON ESTE ANO...

1. AAgachados

De pé

: Sabela, Alejandra, Adrián Castro, Ángel, Chari, Agustina, Adrián Alejandre, Iago, Daniel e Matías.

: Samuel, Alba, Belén, Sara, Diego Canosa, Sergio, Adrián Barbosa, Diego Albarellos, Dylan e Agustín, o profesor

1. BAgachados

De pé

: Olga, Borja, Valentina, Ariadna, Pablo, Joel, Aroa, Víctor e Sheila.

: Lara, Andrea, Xacobo, Adrián, Manuel, Marcos, Mario, Laura, Darío, Magdalena e María, a profesora.Faltan na foto: Brais e Christian.

EQUIPO NORMALIZACIÓNPaz González Madroño Gutiérrez

M· Carmen Facal TrabaFernanda Vázquez SánchezM.ª Luísa Domínguez Pérez

Cristina Cambón MariñoM. Del Carmen Iglesias Barbazán

M.ª Isabel Hortas GonzálezJosé Antonio Picado RodríguezArmando Xosé Herrero Mayor

Infantil tres anosDiante

Detrás

: Alba, Aridane, Noa, Iria G., Antía, Roi, Martín e Rubén.

: Cosme, Nekane, Iria R., Carla, Adrián e a profesora Montse.Faltan na foto: Youssef, Ayman e Aurora.