unidade didáctica eso · – compr ensión de distintos tipos de textos (textos expositivos,...

52
Unidade Didáctica ESO Fomento do consumo de conservas de produtos do mar

Upload: others

Post on 27-Apr-2020

9 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

1

Fomento do consumo de conservas de produtos do mar

Unidade Didáctica ESOFomento do consumo de

conservas de produtos do mar

PONLLE AS PILAS AO TEU BOCATA

2

3

Fomento do consumo de conservas de produtos do mar

ÍNDICE:

Introdución ......................................................... 5

Xustificación ....................................................... 6

Obxectivos .......................................................... 7

Competencias clave ........................................... 9

Temas transversais .......................................... 11

Contidos curriculares ....................................... 12

Orientacións metodolóxicas ............................. 12

Actividades ....................................................... 14

Avaliación ......................................................... 25

Anexos .............................................................. 26

PONLLE AS PILAS AO TEU BOCATA

4

PONLLE AS PILAS AO TEU BOCATA

5

Fomento do consumo de conservas de produtos do mar

INTRODUCIÓNCada vez está máis corroborado e aceptado que a adopción de hábitos sauda-bles é un dos factores máis infl uentes no desenvolvemento dunha vida sa. A preadolescencia, adolescencia e mocidade son etapas de especial importan-cia na construción da personalidade e na adopción de usos e costumes que poderán defi nir as nosas accións e decisións na vida adulta.

Entre eses hábitos destacan a nutrición e a alimentación, cuxo papel na nosa sociedade se fai máis decisivo cada día, a través da idea de que comer san e gozar coa comida son accións compatibles. A nutrición é un proceso involun-tario e inconsciente que fai o noso organismo para transformar os alimentos a través de catro procesos: dixestión, respiración, circulación e excreción, para que os seus compoñentes poidan ser utilizados polas células. A alimentación é, con todo, un proceso voluntario e consciente, educable polo tanto, que con-siste na elección, preparación e inxestión dos alimentos.

Na elección de alimentos sans e axeitados está boa parte dos alicerces da nosa saúde presente e futura.

Esta unidade didáctica pretende ofrecer un conxunto de actividades que mo-tive o alumnado de educación secundaria a adquirir un conxunto de hábitos de alimentación saudable e presentarlle o consumo de produtos do mar en conserva como unha interesante, saudable e deliciosa alternativa culinaria.

Con ela serán capaces de descubrir os enormes benefi cios de investir nunha vida con mellor saúde a través da nutrición e especialmente grazas ao con-sumo de produtos do mar, ademais de coñecer a importancia da industria conserveira en Galicia e a importancia de manter unhas normas básicas de hixiene en todos os procesos relacionados coa alimentación.

PONLLE AS PILAS AO TEU BOCATA

6

XUSTIFICACIÓNA adolescencia é unha época decisiva na vida das persoas na que se confi-guran e se asentan moitos comportamentos futuros. Por iso, é nesta etapa cando deben adoptarse hábitos que favorezan o gozo dunha vida con mellor saúde na idade adulta e na senectude.

O ámbito escolar resulta decisivo nesta tarefa, pois non en van é no que se asentan boa parte das bases da educación e formación das persoas e é onde a mocidade se relaciona cos seus iguais, e é de vital importancia establecer boas relacións e sentir aceptación por parte do seu grupo.

A obesidade constitúe unha das epidemias máis preocupantes nos países desenvolvidos, cuns índices que se triplicaron en España na última década e que apuntan a que case un terzo da poboación infanto-xuvenil de Galicia ten sobrepeso (25-30%) ou obesidade (12-16%) (Fonte: Consellería de Sanidade, 2014). Segundo os datos dispoñibles, este problema consome o 7% do investi-mento do Goberno en sanidade e relaciónase con algunhas das enfermidades que maior mortalidade e incapacidade producen, como os trastornos cardio-vasculares, a hipertensión arterial ou a diabetes mellitus.

Ademais, os trastornos da conduta alimentaria, como a anorexia e a bulimia nerviosa, axexan especialmente a poboación máis nova.

Por outra parte, os destacados avances na tecnoloxía dos alimentos supoñen que os procesos de produción, conservación, preparación e consumo destes sexan cada vez máis complexos, achegando multitude de beneficios nutritivos a moitos dos alimentos que a miúdo están á nosa disposición de forma natu-ral. Con todo, moitos son tamén os prexuízos e lendas, froito da desinforma-ción, en canto ao consumo de alimentos en conserva se refire.

Esta unidade didáctica pretende ser unha axuda para achegar unhas pautas elementais para a adopción de hábitos nutricionais saudables para o alumna-do de ensino secundario obrigatorio (ESO), facendo especial fincapé nos be-neficios nutricionais derivados do consumo de produtos do mar en conserva e nas enormes posibilidades que nos ofrecen.

7

Fomento do consumo de conservas de produtos do mar

OBXECTIVOS XERAISDestacamos os seguintes obxectivos xerais, extraídos do Decreto 86/2015, do 25 de xuño, polo que se establece o currículo da educación secundaria obri-gatoria e do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia, que establece que a educación secundaria obrigatoria contribuirá a desenvolver nos alum-nos e nas alumnas as capacidades que lles permitan:

1. Asumir responsablemente os seus deberes, coñecer e exercer os seus dereitos no respecto ás demais persoas, practicar a tolerancia, a coope-ración e a solidariedade entre as persoas e os grupos, exercitarse no diá-logo, afianzando os dereitos humanos e a igualdade de trato e de oportu-nidades entre mulleres e homes, como valores comúns dunha sociedade plural, e prepararse para o exercicio da cidadanía democrática, así como rexeitar os estereotipos que supoñan discriminación entre homes e mu-lleres ou calquera manifestación de violencia contra a muller.

2. Desenvolver e consolidar hábitos de disciplina, estudo e traballo indivi-dual e en equipo, como condición necesaria para unha realización eficaz das tarefas da aprendizaxe e como medio de desenvolvemento persoal.

3. Fortalecer as súas capacidades afectivas en todos os ámbitos da perso-nalidade e nas súas relacións coas demais persoas, así como rexeitar a violencia, os prexuízos de calquera tipo e os comportamentos sexistas, e resolver pacificamente os conflitos.

4. Desenvolver destrezas básicas na utilización das fontes de información para adquirir novos coñecementos con sentido crítico. Adquirir unha pre-paración básica no campo das tecnoloxías, especialmente as da informa-ción e a comunicación.

5. Desenvolver o espírito emprendedor e a confianza en si mesmos, a parti-cipación, o sentido crítico, a iniciativa persoal e a capacidade para apren-der a aprender, planificar, tomar decisións e asumir responsabilidades.

6. Coñecer e aceptar o funcionamento do propio corpo e o das outras per-soas, respectar as diferenzas, afianzar os hábitos de coidado e saúde cor-porais. Valorar criticamente os hábitos sociais relacionados coa saúde, o consumo, o coidado dos seres vivos e o medio ambiente, contribuíndo á súa conservación e á súa mellora.

PONLLE AS PILAS AO TEU BOCATA

8

7. Comprender e expresar con corrección, oralmente e por escrito, en lin-gua galega e en lingua castelá, textos e mensaxes complexas.

8. Apreciar a creación artística e comprender a linguaxe das manifestacións artísticas, utilizando diversos medios de expresión e representación.

9. Coñecer e valorar a importancia do uso da lingua galega como elemento fundamental para o mantemento da identidade de Galicia, e como me-dio de relación interpersoal e expresión de riqueza cultural nun contexto plurilingüe, que permite a comunicación con outras linguas, en especial coas pertencentes á comunidade lusófona.

OBXECTIVOS ESPECÍFICOS• Potenciar o consumo de produtos do mar en conserva entre as/os ado-

lescentes.

• Coñecer os benefi cios das conservas de produtos do mar.

• Adquirir hábitos de alimentación axeitados.

• Espertar o interese polo medio mariño e as súas especies.

• Coñecer a procedencia dos produtos mariños en conserva e a súa clasi-fi cación.

• Coñecer a transformación da devandita materia prima en alimento ela-borado.

• Coñecer a importancia da industria conserveira en Galicia.

9

Fomento do consumo de conservas de produtos do mar

COMPETENCIAS CLAVEEn liña coa Recomendación 2006/962/EC, do 18 de decembro de 2006, do Par-lamento Europeo e do Consello, sobre as competencias clave para a apren-dizaxe permanente, no Decreto 86/2015, do 25 de xuño, da Comunidade Au-tónoma de Galicia incorpórase a clasifi cación e denominación das defi nidas pola Unión Europea. Considérase que “as competencias clave son aquelas que todas as persoas precisan para a súa realización e o seu desenvolvemen-to persoal, así como para a cidadanía activa, a inclusión social e o emprego”.

As competencias son aquelas que permiten poñer o acento naquelas apren-dizaxes que se consideran imprescindibles, dende unha formulación integra-dora e orientada á aplicación dos saberes adquiridos e que deberon desenvol-verse ao fi nalizar o ensino obrigatorio para poder lograr a realización persoal, exercer a cidadanía activa, incorporarse á vida adulta de xeito satisfactorio e ser capaz de desenvolver unha aprendizaxe permanente ao longo da vida.

Como sinala o Decreto 86/2015, unha competencia supón a combinación de habilidades prácticas, coñecementos, motivación, valores éticos, actitudes, emocións e outros compoñentes sociais e de comportamento que se mobili-zan conxuntamente para lograr unha acción efi caz.

As actividades propostas pretenden xerar tarefas que contextualicen as aprendizaxes e que permitan avanzar en máis dunha competencia ao mesmo tempo.

De acordo coas consideracións que se acaban de expoñer, identifi cáronse as seguintes competencias clave ou básicas:

• Competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecno-loxía (CMCCT).

– Achegamento ao mundo físico e interacción responsable con el den-de accións, tanto individuais como colectivas, orientadas á conser-vación e mellora do medio natural, decisivas para a protección e mantemento da calidade de vida e o progreso dos pobos.

– Análise de gráfi cos e representacións.

– Orixe e manipulación dos alimentos (produtos do mar en conserva).

– Propiedades alimenticias dos produtos do mar en conserva.

– Identifi cación de distintas especies mariñas.

– Recoñecemento e clasifi cación de distintos tipos de conservas.

– Hábitos de alimentación e hixiene.

PONLLE AS PILAS AO TEU BOCATA

10

• Comunicación lingüística (CCL).

– Comprensión de distintos tipos de textos (textos expositivos, artigos de prensa, cadros clasificatorios etc.).

– Vocabulario básico de distintas especies de produtos mariños en conserva e procesos de tratamento dos alimentos.

– Busca, recompilación e tratamento da información.

– Construción dun discurso escrito e exposición oral posterior.

• Competencia dixital (CD).

– Busca e tratamento de información en distintos soportes e medios.

• Competencias sociais e cívicas (CSC).

– Distintos tipos de envase e a súa reciclaxe para a conservación e mellora do medio ambiente.

– Ter disposición para superar os prexuízos e respectar as diferenzas.

• Conciencia e expresións culturais (CCEC).

– Recoñecemento da industria conserveira como primeiro sector in-dustrial da historia de Galicia.

– Valoración dos beneficios sociais que achega a industria conservei-ra á sociedade galega.

– Desenvolvemento da iniciativa, imaxinación e creatividade. Explora-ción de novas formas de creatividade dando un novo uso a un obxec-to utilizado.

• Competencia para aprender a aprender (CPAA).

– Recoñecemento da necesidade de adquirir unha alimentación sau-dable para coidar a nosa saúde.

– Coñecemento e reflexión sobre as distintas estratexias posibles para afrontar unha tarefa.

– Desenvolvemento de estratexias de planificación e supervisión de tarefas individuais e colectivas.

11

Fomento do consumo de conservas de produtos do mar

• Sentido de iniciativa e espírito emprendedor (CSIEE).

– Actitude positiva e aberta ante a experimentación de novos sabores e produtos.

– Capacidades de planificación, organización, xestión e toma de de-cisións.

– Capacidade de adaptación ao cambio e resolución de problemas.

– Habilidade para traballar, tanto individualmente como dentro dun equipo; participación, capacidade de liderado e delegación.

TEMAS TRANSVERSAIS

• Educación para a saúde relacionada coa adquisición de hábitos de vida saudables: recoñecer o valor nutritivo de distintos alimentos en conser-vas e incluílos dentro dunha dieta equilibrada segundo a función que exercen no organismo.

• Desenvolvemento sostible: medidas e actuacións dentro do proceso de produción de alimentos en conserva que contribúen á conservación do noso contorno e do medio ambiente en xeral e papel dos consumidores nos procesos de separación, reutilización e reciclaxe de materiais.

• Educación para a igualdade efectiva entre homes e mulleres: importan-cia histórica do papel das mulleres nos procesos de produción de con-servas e no tecido industrial de Galicia.

• Comprensión lectora, expresión oral e escrita, tecnoloxías da informa-ción e da comunicación e educación cívica.

Preséntanse tarefas nas que o alumnado sexa quen de participar na súa aprendizaxe utilizando a súa creatividade, desenvolvendo a súa autonomía, a iniciativa, o traballo en equipo, a confianza nunha mesma ou nun mesmo e fomentando o sentido crítico.

PONLLE AS PILAS AO TEU BOCATA

12

CONTIDOS

• Coñecemento do contorno: principais especies mariñas autóctonas.

• Clasificación de especies mariñas en función do seu contido graxo.

• Distintos procesos de conservación do peixe.

• Historia e recoñecemento das principais industrias conserveiras da súa vila, cidade, cidades próximas, provincia ou comunidade.

• Rastrexabilidade e etiquetaxe de produtos pesqueiros.

• Hábitos de vida saudable. Dieta equilibrada.

• Tipos de alimentos e a súa función.

• Responsabilidade persoal e colectiva na conservación do medio ambien-te e o desenvolvemento sostible: reutilización de materiais.

• Procesos de reciclaxe de envases.

ORIENTACIÓNS METODOLÓXICAS

A metodoloxía empregada nesta unidade didáctica parte da base de que a aprendizaxe é un proceso persoal e activo, do que cadaquén debe facerse res-ponsable de forma continua ao longo de toda a súa vida.

As persoas estudantes deben comprometerse coa súa propia formación e in-tentar ser autónomas, creativas e críticas. Con todo, a aprendizaxe poténciase en grupo de forma significativa e é esencial ter en conta e recoñecer a diver-sidade persoal dentro da igualdade de trato e oportunidades, respectando os diferentes ritmos e capacidades do alumnado, tendo en conta que cada per-soa posúe unhas características singulares e propias.

Principios:

• Xeración de experiencias directas

Para que o alumnado incremente o seu interese e motivación e lembre o aprendido, propóñense unha serie de actividades activas e participati-vas nas que é necesario investigar, buscar, discriminar e cribar informa-ción para, posteriormente, facer unha exposición pública. Desta forma, a aprendizaxe pasa a ser significativa, relevante e motivadora.

13

Fomento do consumo de conservas de produtos do mar

• Individualización

Expresión da singularidade, gustos e preferencias de cada persoa a tra-vés de actividades creativas e fomento da capacidade de aprender por si mesma.

• Cooperación

Fomentar a capacidade de traballar en equipo, con interdependencia po-sitiva e asunción da responsabilidade individual (pola que cada persoa se fai responsable da súa parte do traballo) e grupal (o conxunto responsa-bilízase do cumprimento dos obxectivos).

Acción titorial de apoio e acompañamento ao traballo autónomo do alumnado.

• Aprendizaxe funcional

A formación é integral, abarca coñecementos, habilidades, actitudes e valores e ten un carácter crítico, nacido no local e aberto ao global.

Esta unidade didáctica pretende que o alumnado teña que chegar a conclu-sións (contidos) a través da investigación, do debate e do traballo cooperativo co seu grupo.

Para iso, a lectura constitúe un factor fundamental, dada a súa importancia para a adquisición das competencias clave.

A meirande parte das actividades suxeridas require traballo en grupos coope-rativos. O alumnado exporá as súas solucións de cada unha das actividades individualmente, en pequeno grupo ou en gran grupo, e comentaranse todos os resultados na aula.

Os anexos pretenden facilitar o labor do profesorado e do alumnado, pero suxírese a utilización das TIC para a busca de información, ilustracións, ela-boración de documentos ou presentacións etc.

TEMPORIZACIÓNAs actividades están deseñadas para desenvolverse na aula durante unha sesión. As que requiren máis tempo están divididas en máis dunha sesión. O número total de sesións poderá ser axustado polo profesorado.

PONLLE AS PILAS AO TEU BOCATA

14

ACTIVIDADES

ACTIVIDADE 1

Que sabes ti?

OBXECTIVO:

Poñer en común os coñecementos previos sobre o tema que manexa o alumnado.

DURACIÓN: 50 min.

METODOLOXÍA: Debate na clase por equipos.

MATERIAIS:

– Folios – Bolígrafos – Encerado

DESCRICIÓN:

• Dividir o grupo/clase en catro equipos e nomear unha/un voceira/o en cada un deles.

• Escribir no encerado a batería de preguntas que se expón a continua-ción e pedirlle ao alumnado que, durante 5 minutos, as contesten por equipos. A/O voceira/o deberá recoller nun folio as ideas principais que expoñen os seus compañeiros.

• Facer unha posta en común: cada voceira/o, por quendas, deberá ex-poñer as ideas principais do seu equipo en relación con cada pregunta sen repetir información que fose exposta por outros grupos.

BATERÍA DE PREGUNTAS

1. Que especies mariñas autóctonas coñeces?

2. Que comen?

3. Pon un exemplo de peixe branco, semigraxo, azul, crustáceo e mo-lusco.

15

Fomento do consumo de conservas de produtos do mar

4. Coñeces algún proceso tradicional ou caseiro de conservación do peixe?

5. Que pasos do proceso de conservación industrial coñeces?

6. Enumera algunhas das industrias conserveiras galegas que coñezas.

ACTIVIDADE 2 (sesión 1)

Un lapbook para todos e todos para un

OBXECTIVO:

Aprender por proxectos. Investigar os piares de información necesarios para tratar o tema principal da unidade didáctica:

• Especies mariñas galegas.

• Especies mariñas conservables.

• Procesos de conservación.

• A industria conserveira en Galicia.

DURACIÓN: 50 min.

METODOLOXÍA: Elaboración dun proxecto común, un lapbook, por equipos.

Un lapbook faise a partir dunha base de cartoli-na que nos permitirá desenvolver ou expoñer un tema. É unha especie de tríptico grande, no que se colocan petos, partes despregables, dobreces, materiais extraíbles... No interior imos recom-pilando debuxos, fotos, obxectos, actividades, esquemas... relacionados co tema. É un traballo expositivo, de investigación e manipulación crea-tiva. En Internet podemos atopar multitude de modelos para engadir partes móbiles, desprega-bles etc.

PONLLE AS PILAS AO TEU BOCATA

16

MATERIAIS:

– Cartolinas – Pegamento – Rotuladores – Tesoiras – Chatolas de encadernación – Folios – Adhesivo, celo

DESCRICIÓN:

• Dividir o grupo en catro equipos. Cada equipo elaborará un lapbook distinto.

• Explicar en que consiste a elaboración dun lapbook e mostrar algunhas fotos.

17

Fomento do consumo de conservas de produtos do mar

• Repartir os temas que se van tratar en cada un dos lapbooks, os cales se expoñen ao final deste apartado.

• Repartir a cada equipo o material anexo a esta unidade para que poi-dan ir empezando a elaborar un bosquexo e indicarlles que busquen información para completar o traballo na próxima sesión.

• Deseño do bosquexo.

TEMAS PARA TRATAR EN CADA LAPBOOK:

• EQUIPO 1: Especies mariñas autóctonas galegas. Cadea trófica destas.

• EQUIPO 2: Clasificación de especies autóctonas en función do seu con-tido graxo.

• EQUIPO 3: Procesos de conservación caseiros, ou tradicionais, e industriais.

• EQUIPO 4: Industrias conserveiras da vila, cidade, provincia ou Galicia

PONLLE AS PILAS AO TEU BOCATA

18

ACTIVIDADE 2 (sesión 2)

Un lapbook para todos e todos para un

OBXECTIVO:

Aprender por proxectos. Investigar os piares de información necesarios para tratar o tema principal da unidade didáctica:

• Especies mariñas galegas.

• Especies mariñas conservables.

• Procesos de conservación.

• A industria conserveira en Galicia.

DURACIÓN: 50 min.

METODOLOXÍA: Elaboración dun proxecto común, un lapbook, por equipos.

MATERIAIS:

– Cartolinas – Pegamento – Rotuladores – Tesoiras – Chatolas de encadernación – Folios – Adhesivo, celo

DESCRICIÓN:

• Reunir os catro equipos formados na sesión anterior.

• Cada equipo ha de realizar o bosquexo deseñado na sesión anterior.

19

Fomento do consumo de conservas de produtos do mar

ACTIVIDADE 2 (sesión 3)

Un lapbook para todos e todos para un

OBXECTIVO:

Aprender por proxectos. Investigar os piares de información necesarios para tratar o tema principal da unidade didáctica:

• Especies mariñas galegas.

• Especies mariñas conservables.

• Procesos de conservación.

• A industria conserveira en Galicia.

Expoñer correctamente de forma oral os contidos traballados.

DURACIÓN: 50 min.

METODOLOXÍA: Elaboración dun proxecto común, un lapbook, por equipos.

DESCRICIÓN:

• Cada equipo ha de expoñer o seu traballo ou material, froito da investi-gación feita.

PONLLE AS PILAS AO TEU BOCATA

20

ACTIVIDADE 3

Conserva a túa dieta

OBXECTIVOS:

• Coñecer o valor nutricional dos alimentos en conservas.

• Coñecer os aspectos básicos que cómpre ter en conta na elaboración dunha dieta equilibrada.

• Aprender a incluír alimentos mariños conservados en dietas equilibradas.

DURACIÓN: 50 min.

METODOLOXÍA: Traballo en equipo. Mediante o debate e a argumentación, cada equipo terá que elaborar unha dieta de sete días na que se inclúan pro-dutos mariños en conservas.

MATERIAIS:

– Lapis ou bolígrafo – Folios ou cartolina – (Opcional) PC con software adecuado para elaborar unha matriz de

datos no caso de que se queira presentar o resultado neste formato.

DESCRICIÓN:

• Exposición na clase da función que realizan os distintos alimentos no noso organismo. Para iso contarase con material de apoio recollido nos anexos desta unidade didáctica e con material froito da investigación feita polo alumnado.

• Explicar na clase que características ha de ter unha dieta equilibrada e sa en función do obxectivo que se queira alcanzar con ela.

• Cada grupo ha de elaborar unha dieta distinta de sete días na que se inclúan produtos mariños en conserva. A dieta de cada grupo ha de ter unha finalidade distinta:

– EQUIPO 1: Dieta para controlar o peso. – EQUIPO 2: Dieta para estudar. – EQUIPO 3: Dieta para fortalecer os ósos. – EQUIPO 4: Dieta para facer deporte de montaña.

21

Fomento do consumo de conservas de produtos do mar

ACTIVIDADE 4

A dar a lata!

OBXECTIVOS:

• Aprender a reciclar e reutilizar latas de conserva.

• Desenvolver a creatividade do alumnado.

DURACIÓN: 50 min.

METODOLOXÍA: Traballo individual. Cada alumna/o terá que fabricar unha lámpada cunha lata de conservas seguindo as directrices do profesorado.

MATERIAIS:

– Lata de conservas – Pintura acrílica – Papeis decorativos – Pinceis – Punzón manual – Unha candea

PONLLE AS PILAS AO TEU BOCATA

22

DESCRICIÓN:

• Perforar a lata para permitir saír a luz da candea.

• Pintar e decorar a lata perforada con pin-tura acrílica, papeis decorativos ou con spray para graffitis.

• Colocar algunhas candeas acendidas sobre a tapa da lata que foi arrancada ao abrila, ou sobre un prato, e cubrila coa lata.

• Xa tes unha lámpada feita coas túas propias mans!

23

Fomento do consumo de conservas de produtos do mar

ACTIVIDADE 5

Experimento sobre a mestura de masas de auga nos océanos

OBXECTIVOS:

• Aplicar o concepto de densidade como os fenómenos naturais.

• Analizar os fenómenos da hidrodinámica que se orixinan no mar debido ás diferenzas de temperatura e salinidade.

• Relacionar a interacción entre as masas de auga de diferente densidade coa xeración das correntes oceánicas e a súa infl uencia no clima e os ecosistemas.

• Promover a relación interdisciplinar entre o coñecemento dos participantes a través do intercambio de ideas.

• Fomentar o traballo en equipo.

DURACIÓN: 50 min.

METODOLOXÍA: Traballo en equipo. Cada grupo terá que realizar un experimento e participar nun posterior debate.

MATERIAIS:

– Vasos de 500 ml de vidro (se é posible ter acuarios de parede transparente de 10 litros, móstrase mellor o experimento).

– Colorante para alimentos. – Pipetas Pasteur (vasos de precipitados de 50 ml de vidro, en caso de

que se leve a cabo o experimento en acuarios). – Culleres. – Solucións de auga de diferentes densidades (20%, 34% e 60%),

numeradas para a súa identifi cación. – Auga doce quente. – Auga fresca a temperatura ambiente. – Auga fría (4 °C) sobresaturada de sal.

PONLLE AS PILAS AO TEU BOCATA

24

DESCRICIÓN:

• O experimento comeza cunha breve explicación da distribución das masas de auga nas capas estratificadas do océano en función da súa densidade, con exemplos como os esteiros, o derretemento dos glaciares das rexións frías do planeta etc.

• Describir o experimento que se vai realizar e as súas metas.

• Distribuír os participantes en grupos de ata catro persoas.

• Distribuír o material a cada grupo: as solucións, a auga a diferentes temperaturas, pipetas Pasteur (ou vasos se se empregan acuarios), colorante de alimentos e unha culler.

• Os participantes teñen que verter a auga doce a temperatura ambiente, previamente tinguida con colorante de alimentos, sobre as diferentes solucións e observar a dinámica da auga.

• Repetir o procedemento vertendo auga doce a 4 °C, tinguida co colorante, sobre a auga quente.

• Por último, os participantes presentarán as conclusións alcanzadas e abrirase un debate na aula.

25

Fomento do consumo de conservas de produtos do mar

ACTIVIDADE NÚM.

PARTICIPAN TODAS/OS OS ALUMNAS/OS?

TRAEN FEITO O TRABALLO

PREVISTO PARA A CASA?

MOSTRAN UNHA ACTITU-DE POSITIVA E

ASERTIVA?

FORMULAN ALTERNATIVAS E SOLUCIÓNS ANTE OS CONFLITOS OU COMPLICACIÓNS?

GRUPO 1

GRUPO 2

GRUPO 3

GRUPO 4

ACTIVIDADE NÚM.

REALIZAN A ACTIVIDADE NO TEMPO ESTIMADO?

SE A ACTIVIDADE É INDIVIDUAL,

OBTENSE O MESMO NIVEL DE PARTICIPACIÓN? (INDICA SE MÁIS

OU MENOS)

ACÁDANSE OS OBXECTIVOS PROPOSTOS?

OBSERVACIÓNS E SUXESTIÓNS

GRUPO 1

GRUPO 2

GRUPO 3

GRUPO 4

AVALIACIÓNComo modelo de avaliación, tendo en conta as características das actividades, podería aplicarse unha folla de control na que se rexistre a conduta habitual do grupo e de cada un dos participantes.

PONLLE AS PILAS AO TEU BOCATA

26

ANEXOS

27

Fomento do consumo de conservas de produtos do mar

ANEXOSACTIVIDADE 2

PONLLE AS PILAS AO TEU BOCATA

28

MATERIAL LAPBOOK EQUIPO 1

29

Fomento do consumo de conservas de produtos do mar

Fonte: http://www.anfaco.es/es/categorias.php?var1=Edici%F3n%20Digital%20&nar1=737&var2=E-dici%F3n%20Digital%20&nar2=737&vez=1&metatitle=

PONLLE AS PILAS AO TEU BOCATA

30

Fonte: elaboración propia.

31

Fomento do consumo de conservas de produtos do mar

MATERIAL LAPBOOK EQUIPO 2

Fonte: http://www.mexillondegalicia.org/?page_id=162

PONLLE AS PILAS AO TEU BOCATA

32

Fonte: http://www.mexillondegalicia.org/?page_id=162

Fonte: ANFACO

33

Fomento do consumo de conservas de produtos do mar

A conservación por calorOs inicios da conserva por calor remóntanse ao século XIX e a dous personaxes franceses: Napoleón Bonaparte, e o pasteleiro Nicolas Appert.

A necesidade de Napoleón de alimentar as tropas e de atopar un método que fose pequeno e fácil de transportar levouno a ofrecer unha recompensa para aquel que achase “un método para manter os alimentos longo tempo e en bo estado”.

O pasteleiro Nicolás Appert conseguiuno: nun frasco de cristal metía o alimento, logo pechábao hermeticamente e introducíao noutro recipiente de auga fervendo, desta forma esterilizábase o contido.

Mais tarde, o inglés Peter Durand patenta a caixa de lata soldada que substitúe o vello cristal. A partir de aquí xeneralízase o uso da folla de lata para as conservas de peixes e mariscos. Ao principio era moi complicado abrilas, facíase coa baioneta ou cun martelo e cicel.

Outro invento importante para a industria conserveira foi o realizado polo sobriño de Nicolás Appert: o autoclave, un recipiente hermético que permite levar o seu contido a altas temperaturas, como unha tarteira a presión xigante.

MATERIAL LAPBOOK EQUIPO 3

Fonte: http://www.museoconserva.es

PONLLE AS PILAS AO TEU BOCATA

34

Procesamiento tradicional

Procesos más modernos (aproxi-madamente de 1900 en adelante)

Técnicas más modernas (después de 1960)

Enlatado Cocción por extrusión Secado por congelación

Fermentación Congelado y enfriado Procesamiento por infrarrojo

Congelación Pasteurización Irradiación

Secado en horno Esterilización Campos magnéticos

Encurtido Uperisación (UHT) Procesamiento por microondas

Salazón Envasado en atmósfera modificada

Ahumado Calentamiento óhmico

Secado al sol Campos eléctricos pulsados

Secado por aspersión

Ultra-sonificación

Fonte: ANFACO

Fonte: elaboración propia.

Recepción materiaprima

Descabezado e eviscerado

Lavado e salgado

Cocción Pechede latas

Gardadonos

estoxos

Lavadode latas

Limpezae

empaque

Adiciónlíquido

coberturaAlmacenaxe edistribución

EsterilizaciónSeleccióne lavado

35

Fomento do consumo de conservas de produtos do mar

Fonte: ANFACO

Fonte: ANFACO

MATERIAL LAPBOOK EQUIPO 4

PONLLE AS PILAS AO TEU BOCATA

36

Fonte: ANFACO

37

Fomento do consumo de conservas de produtos do mar

Fonte: ANFACO

PONLLE AS PILAS AO TEU BOCATA

38

con datos de Aduanas

EXPORTACIONES GALLEGAS DE PRODUCTOS DEL MAR POR GRUPOS Y PESO SOBRE EL TOTAL DE ALIMENTOS

2015/2016

VOLUMEN VALOR

2015 2016 16s/15 2015 2016 16s/15

TM. TM. % Miles € Miles € %

Total Alimentos 1.338.217 1.355.546 1,29% 2.424.003 2.611.765 7,75%

Pescado Fresco 33.122 33.573 1,36% 103.495 112.334 8,54%

Pescado Congelado 212.581 220.846 3,89% 411.588 442.522 7,52%

Filetes de pescados 29.276 30.872 5,45% 140.284 154.621 10,22%

Pescado seco, salado y/o ahumado

897 870 -3,02% 10.366 7.463 -28,00%

Crustáceos 17.269 18.820 8,98% 134.118 135.253 0,85%

Moluscos 144.016 127.020 -11,80% 390.513 440.584 12,82%

Preparaciones y Conservas Pescados y Mariscos

130.101 138.563 6,50% 511.820 567.422 10,86%

TOTAL PRODUCTOS DEL MAR

567.260 570.563 0,58% 1.702.183 1.860.199 9,28%

%/Total Alimentos

Pescado Fresco 2,48% 2,48% 4,27% 4,30%

Pescado Congelado 15,89% 16,29% 16,98% 16,94%

Filetes de pescados 2,19% 2,28% 5,79% 5,92%

Pescado seco, salado y/o ahumado

0,07% 0,06% 0,43% 0,29%

Crustáceos 1,29% 1,39% 5,53% 5,18%

Moluscos 10,76% 9,37% 16,11% 16,87%

Preparaciones y Conservas Pescados y Mariscos

9,72% 10,22% 21,11% 21,73%

TOTAL PRODUCTOS DEL MAR

42,39% 42,09% 70,22% 71,22%

Fonte: ANFACO

39

Fomento do consumo de conservas de produtos do mar

ANEXOSACTIVIDADE 3

PONLLE AS PILAS AO TEU BOCATA

40

CARACTERÍSTICAS DIETA EQUILIBRADA PARA CONTROLAR O PESO

Inxerir alimentos con fibra de forma abundante; froita, verdura e legumes son imprescindibles, e comer hidratos de carbono.

Cociñar con técnicas e trucos de cociña saudable utilizando salsas lixeiras coa pasta e sen abusar da manteiga ou o aceite.

Hidratos: con produtos integrais que conteñan moita fibra; as calorías proce-dentes destes nutrientes deben supoñer o 50-60%.

Proteínas: preferentemente peixe, fresco ou en conserva, e legumes; as calo-rías procedentes destes nutrientes deben supoñer o 15-20%.

Graxas: as calorías procedentes destes nutrientes non deben superar o 30%. Utilizar aceite de oliva e similares.

CARACTERÍSTICAS DIETA EQUILIBRADA PARA ESTUDAR

Son numerosas as investigacións que descubriron que determinados alimen-tos favorecen o rendemento do cerebro á hora de realizar actividades cogniti-vas como estudar.

Aquí ofrecemos dez destes produtos que axudarán os estudantes que estean de exames a mellorar o seu rendemento:

1. Salmón. Moitos especialistas recoméndano polo seu alto contido en áci-dos graxos omega 3. Tanto este peixe coma o atún melloran a concen-tración, a memoria e a aprendizaxe. O peixe azul é, ademais, saudable porque axuda a controlar o colesterol e reduce o risco de sufrir enfermi-dades cardíacas.

2. Avea. Este cereal, coñecido por ser beneficioso para a pel —numerosas cremas e xeles así o testemuñan—, é tamén bo para o sistema nervioso, polo seu alto contido de tiamina ou vitamina B1. Ademais, é un alimento rico en proteínas. É recomendable consumilo en épocas de estrés e é beneficioso para a memoria a curto prazo.

3. Cenorias. Ao igual que a avea, a súa inxestión tamén implica beneficios para a pel e tamén está indicada para mellorar a memoria. O seu consu-mo a longo prazo pode aumentar a nosa capacidade de retención grazas ao antioxidante beta-caroteno, segundo un estudo publicado na revista “The Archives of Internal Medicine” .

4. Aguacate. Como o salmón, é un alimento rico en graxas saudables e, polo tanto, favorece o nivel de concentración.

41

Fomento do consumo de conservas de produtos do mar

5. Arandos. Un estudo da revista “Forbes” colócaos como un potente forta-lecedor da memoria a longo prazo. Son ricos en vitamina C, en antioxi-dantes, que axuda a activar os encimas protectores do cerebro e mellora a memoria. Tamén conteñen potasio, un mineral necesario para a trans-misión e a xeración do impulso nervioso. Frescos, en iogures ou en mar-melada, dá igual como se tome: o arando só ten propiedades positivas.

6. Noces. O seu alto contido en fósforo convérteas no froito seco máis efi-caz para realizar actividades como estudar ou calquera relacionada co rendemento intelectual. Do mesmo modo, as súas irmás as améndoas melloran a memoria, segundo un estudo da Universidade de Illinois-Chi-cago, que demostrou que quen comía durante unha tempada un puñado de améndoas ao día resolvía mellor os tests de memoria.

7. Ovo. Os aminoácidos esenciais que se encontran na xema e a clara con-verten o ovo en alimento indispensable para mellorar a capacidade de atención e a memoria a longo prazo.

8. Plátano. Non imos descubrir nada se destacamos aquí as propiedades do plátano, alimento esencial tanto de deportistas de elite coma de estudan-tes en época de exames polo seu alto contido en potasio e vitamina C. A vitamina B6 axuda na produción natural de neurotransmisores relaciona-dos coa concentración, como a serotonina ou a dopamina.

9. Café. A cafeína axuda a mellorar a memoria, aínda que só será benefi-ciosa se non se pasa de dúas cuncas ao día, e sempre que a última sexa oito horas antes de durmir, xa que así non prexudicará a calidade do noso sono.

10. Té. O té, ademais da cafeína, contén L-theanina, indicada para mellorar a memoria e a concentración.

PONLLE AS PILAS AO TEU BOCATA

42

CARACTERÍSTICAS DIETA EQUILIBRADA PARA FORTALECER OS ÓSOS

Cando se trata da formación de ósos fortes, hai dous nutrientes esenciais: calcio e vitamina D. O calcio apoia os ósos e a estrutura dos dentes, mentres que a vitamina D mellora a absorción do calcio e o crecemento óseo.

Neste artigo encontrarás os 10 mellores alimentos para os ósos que che reco-mendamos incluír na túa dieta. Estes alimentos que axudan os ósos non son importantes só nas etapas temperás da vida, senón que tamén poden axudar coa idade. Se desenvolves a osteoporose, unha enfermidade caracterizada por ósos fráxiles, obter suficiente calcio e vitamina D pode atrasar a enfermidade e previr as fracturas. Os adultos de ata 50 anos de idade deben recibir 1000 miligramos de calcio e 200 unidades internacionais (UI) de vitamina D ao día. Os adultos maiores de 50 anos deben obter 1200 miligramos de calcio e de 400 a 600 UI de vitamina D.

SardiñasAs sardiñas, frescas e en conserva, teñen ácidos graxos omega 3 que reducen o risco de padecer enfermidades do corazón, cancro e artrite e promoven a función cerebral da memoria. Todos sabemos que o peixe é bo para os ósos e a saúde do cerebro, pero ademais debemos ter en conta que tres onzas de sardiñas teñen aproximadamente 325 mg de calcio. Só tes que asegurarte de que teñan un contido reducido de sal, como é o caso da meirande parte das conservas de sardiña comercializadas agora mesmo.

SalmónÉ un dos superalimentos da natureza, o salmón está cheo de calcio, ácidos graxos omega 3 e reduce o risco de enfermidade cardiovascular. Ademais de ser bo para o cerebro e os ósos, o salmón é a miúdo unha alternativa saudable ás carnes vermellas.

Produtos lácteosOs produtos lácteos axudan a manter unha presión arterial saudable e as cé-lulas sanguíneas, xeran enerxía, manteñen a función do tecido nervioso, pro-moven a inmunidade saudable e promoven a boa visión e a pel. Ademais, os produtos lácteos como o iogur e o queixo son doados de encontrar nas tendas de comestibles e pódense agregar á maioría das comidas e aperitivos. Por se fose pouco, o calcio dos produtos lácteos, en comparación con outras fontes, absórbeo máis doadamente o organismo.

43

Fomento do consumo de conservas de produtos do mar

Bebida de soiaO mellor da bebida de soia son as proteínas, fibra, vitaminas e minerais. A be-bida de soia é unha grande opción para as persoas con intolerancia á lactosa, xa que a soia contén fitoestróxenos, que promoven a absorción de calcio no corpo para previr a perda de masa ósea.

Tofu O tofu axuda a previr o cancro de mama, a osteoporose e as enfermidades cardiovasculares. Feito dos grans de soia, o tofu ou queixo de soia pode ser unha excelente fonte de calcio se es intolerante á lactosa ou tes unha dieta vexetariana ou vegana. Media cunca de tofu pode proporcionar tanto como 250 mg de calcio con moi poucas calorías.

TahinaA tahina ou tahini proporciona 5 gramos de proteínas e nutrientes esenciais como ferro, magnesio, cinc e ácido fólico. Tahini é unha pasta rica en calcio a partir de sementes de sésamo tostadas. Dúas culleradas de pasta de sésamo teñen ao redor de 125 mg de calcio, similar ao calcio que se encontra en apro-ximadamente a metade dunha cunca de leite.

Verduras Os vexetais de follas verdes son boas fontes de calcio, ácido fólico, vitamina K e outros nutrientes necesarios para fortalecer os ósos. As verduras como o brócoli, a col rizada etc. son doadamente absorbidas polos nosos corpos.

Zumes fortificados con calcioÉ unha boa fonte de vitamina C, necesaria para o crecemento e reparación de tecidos e evitar dano dos radicais libres no corpo. Ademais, existen zumes feitos con infusión de calcio que proporcionan unha cantidade adicional de nu-trientes.

PONLLE AS PILAS AO TEU BOCATA

44

CARACTERÍSTICAS DIETA EQUILIBRADA PARA FACER DEPORTE DE MONTAÑA

A base da dieta do deportista debe ser equilibrada, enerxética e sempre acor-de coas necesidades de cada persoa, segundo sexa o tipo, o momento, a du-ración e as condicións do exercicio ou actividade física.

Débese cubrir e garantir unha boa achega de hidratos de carbono, proteínas e graxas xunto coas vitaminas e minerais. Por outro lado, resulta importan-te mencionar que a hidratación é clave, posto que se o organismo está ben hidratado e nutrido, o rendemento, a resistencia e a velocidade non se verán afectados.

Hidratos de carbono Os hidratos de carbono son fundamentais na dieta do deportista, xa que deben ser maioritarios en porcentaxe de nutrientes.

O noso organismo acumúlaos en forma de glicóxeno no músculo e no fígado. Estas reservas esgótanse logo dunha hora e media a dúas horas de ter come-zado o exercicio intenso. Por iso é necesario repoñer as perdas.

Son fonte de hidratos de carbono: os cereais como o pan, o arroz, as pastas, as galletas; os legumes, as froitas, as patacas, os doces e azucres e as bebidas e zumes azucrados.

Dentro dos hidratos de carbono distinguimos dous tipos: os complexos e os simples. Os complexos son os máis beneficiosos para a nosa saúde e deben ser os que consumamos maioritariamente. Atopámolos en cereais integrais e os produtos que se fabrican con eles como pan e pasta, nos legumes e as patacas. Os hidratos de carbono simples deben ser consumidos en menor cantidade, os máis beneficiosos son os procedentes das froitas e debemos consumir o menos posible doces e bebidas azucradas.

Proteínas As necesidades de proteínas dun deportista son similares ás necesidades das persoas sedentarias. Pero debemos aclarar que os deportistas, ao ter maior masa muscular, necesitarán maior cantidade de proteínas con respecto á poboación en xeral. Se se realiza unha alimentación correcta e equilibrada, incluíndo sempre alimentos proteicos, non será necesario agregar á dieta su-plementos que poidan xerar outras complicacións no organismo.

Son fonte de proteínas: as carnes (todas), os ovos, pescados, aves e lácteos.

45

Fomento do consumo de conservas de produtos do mar

GraxasAs graxas nunha dieta deportiva deben tamén terse en conta xa que, a medida que as reservas de glicóxeno se van esgotando, o organismo comeza a utilizar as graxas como combustible enerxético. Isto acontece principalmente en com-peticións ou probas de longa duración.

A dieta non debe estar cargada de graxas, posto que as necesidades son iguais ás da poboación en xeral. Non obstante, tanto para deportistas como para os que non o son, as graxas insaturadas (aceites, froitos secos ou pescados) de-ben predominar sobre as saturadas (bolería ou pastelería, manteigas, natas, lácteos enteiros, embutidos, carnes graxas etc.). É dicir, debe primar a calida-de sobre a cantidade destas.

Vitaminas e mineraisAs vitaminas e minerais son outro punto importante que convén aclarar. Como mencionamos en notas anteriores, se a alimentación é equilibrada, axeitada e suficiente, non será necesario suplementar vitaminas ou minerais, agás en casos específicos cando o médico o indique.

LíquidosOs líquidos son clave para que a metabolización dos demais nutrientes se rea-lice de xeito óptimo.

A auga debe ser sempre a bebida de elección. A necesidade de auga depende-rá da duración e intensidade do exercicio, como así tamén das condicións de temperatura e humidade.

As bebidas isotónicas ou de mineralización débil tamén poden ser axeitadas, sempre a unha temperatura entre 9 e 15 ºC. Recoméndase bebelas media hora antes, durante e ao finalizar o exercicio.

Un deportista debe ter ben claro que a súa alimentación tamén dependerá do momento do exercicio, é dicir, saber diferenciar o que é unha dieta de adestra-mento, unha de competición e outra de recuperación.

A dieta de adestramento

Debe respectarse cada día no referente a horarios, número de inxestións e composición de cada unha delas.

Será conveniente entón distribuír a alimentación en catro ou cinco tomas: almorzo, xantar e cea, agregando unha merenda unha hora antes de adestrar.

A comida máis importante deberá realizarse 3 horas antes do adestramento.

PONLLE AS PILAS AO TEU BOCATA

46

A dieta diaria pode incluír aproximadamente o seguinte:

• 1 litro de lácteos desnatados

• 250 g de pan

• 150 g de carne ou peixe ou 2 ovos

• 350 g de froita fresca

• Vexetais frescos (libre)

• 200 g de pasta ou arroz (peso cocido) ou 200 g de pataca

• 50 g de froitos secos

• Aceite de oliva

Propiedades das conservas de peixes Alto contido en calcio, ferro, fósforo, magnesio e vitaminas A, D e B

Tal e como informa ANFACO, as conservas de peixe manteñen practicamente as calidades nutritivas dos produtos do mar frescos, agás algunhas vitaminas que se perden no proceso de preparación das conservas, como o cociñado. Especialmente, as conservas de peixe son ricas en calcio, ferro, fósforo, mag-nesio e vitaminas A, D e B.

Ricas en ácidos graxos e oleicos

A concentración de ácidos graxos nas conservas de peixe é superior ás do peixe fresco. Isto é debido ao feito de engadir aceite a moitas das conservas, o que fai aumentar as graxas omega 3 e a vitamina B3 que, á súa vez, fai mello-

47

Fomento do consumo de conservas de produtos do mar

rar o noso nivel de colesterol. Os beneficios do omega 3 foron descubertos por Ralph Holman mentres investigaba o baixo índice de enfermidades cardiovas-culares na poboación esquimó.

Como todo, ten a súa parte negativa e é que as que levan aceite conteñen maior nivel de calorías. Pero, como todas as cousas, cun consumo moderado non debería preocuparnos.

Ricas en calcio e fósforo

Todos os peixes azuis como o bonito, atún, xarda, sardiñas etc. teñen un alto nivel de fósforo e algúns deles, como as sardiñas, aumentan os seus niveis de calcio ao ser tratadas para conservas.

Durante o proceso de elaboración a espiña abrándase e o calcio desta pasa da espiña á carne.

Curiosidades

Datos curiosos sobre as conservas de peixes:

• Omega 3: todos os peixes azuis conteñen omega 3, que nalgunhas conservas indique que son ricas en omega 3 non quere dicir que o resto de conservas non o teñan.

• Conservación: unha vez aberta a lata e se nos quedou produto, o mellor é traspasar o contido restante dende a lata a un bote de cristal, xa que esta pode coller sabor ou oxidarse.

• Aceite como líquido de cobertura: se queredes asegurarvos de que todo o contido de aceite na lata sexa aceite de oliva, debedes fixarvos que indique “en aceite de oliva” e non “con aceite de oliva”. A indicación “con aceite de oliva” implica que hai outros tipos de aceite.

PONLLE AS PILAS AO TEU BOCATA

48

ANEXOSACTIVIDADE 5

49

Fomento do consumo de conservas de produtos do mar

INFORMACIÓN ADICIONAL

Cada metro cadrado das rías galegas é tan fértil como un metro cadrado dun-ha leira. Iso é grazas aos afloramentos.

Un afloramento é un punto no que as correntes de augas frías soben á super-ficie, traendo plancto abondo para todas as especies mariñas.

Por iso as nosas rías son tan ricas en marisco e peixes e por iso as súas augas son tan frías.

Cando se xuntan dúas masas de augas diferentes, sempre, en todos os océa-nos, aumenta a produción de plancto, algas e peixes. Isto pode acontecer nos afloramentos, pero tamén noutras circunstancias, coma nas desembocadu-ras dos ríos.

No experimento feito, a auga coloreada, que equivale á auga doce e quente dos ríos, dispérsase sobre a masa de auga fría e salgada do mar. Isto é o que acontece nas desembocaduras dos ríos.

A auga fría e salgada ten un comportamento moi diferente ao da auga doce e quente. A salinidade e as baixas temperaturas provocan que a auga sexa máis densa e, polo tanto, se afunda. A auga doce e quente é menos densa, flota sobre a auga salgada.

Isto acontece nos polos, onde se afunden masas de auga fría que percorren os fondos oceánicos como ríos submarinos. Nalgúns casos, estes ríos poden volver á superficie, como acontece nas nosas rías.

PONLLE AS PILAS AO TEU BOCATA

50

51

Fomento do consumo de conservas de produtos do mar

PONLLE AS PILAS AO TEU BOCATA

52