unidade didÁctica de secundaria -...

20

Upload: vuongnhu

Post on 17-Oct-2018

219 views

Category:

Documents


1 download

TRANSCRIPT

UN

ID

AD

E D

ID

ÁC

TIC

A D

E SE

CU

ND

AR

IA

ndiceÍ01. Ola, eu son Anxela 3

02. Preparando a nova casa 5

03. A nosa chegada á aldea 7

04. Todo reducido a cinza 9

05. Que perdemos nun incendio 11

06. Aqueles tempos en que todo se aproveitaba 12

07. O lume tamén vai á praia 15

08. O lume e a súa tradición 17

09. Receita para crear un bosque 18

Coordinación do proxecto: Asociación Socio-Pedagóxica Galega

Autora: Mari Luz Blanco Fernández

Ilustracións: Carlos Silvar

Maquetación: Chus Freire

Depósito Legal: C-2584-06 . ISBN: 84-89679-81-9

O proxecto “Non queimes o futuro”, -coordinado por Xoán

Costa Casas, presidente da AS-PG- consta dunha unidade

didáctica para Primaria, unha para Secundaria, unha exposi-

ción, un audiovisual e unha guía do/a profesor/a.

Ola, eu son Anxela, que non Ánxela (un erro dofuncionario do rexistro civil cando me inscribiumeu pai hai 12 anos). Vivo nunha pequena aldea,preto dunha vila da cal non lembro agora o seunome e que pertence a unha das catro provincias desta

man que é o noso país. Quen sabe se preto de onde tihabitas !!!

Até este verán vivía en Suíza, a onde emigraron meus pais recéncumprida a súa maioría de idade. Alí coñecéronse, casaron e

nacemos meu irmán Alonso e eu. Son o que se chama filla deemigrantes.

Vaia cambio en só uns meses !!

Estaba acostumada a vir pasar as vacacións cos avós:Pasábao moi ben porque no verán a aldea está cheade xente; os veraneantes, que lles chama o

señor Manuel. O señor Manuel andapolos noventa anos, vividos case por com-

pleto no lugar, e cunha grande curiosidade por

todo o que pasa fóra de aquí. Era o taberneiro, e contameu pai que a taberna era o local social onde xuntar-se pola noite para botar a partida, ver a televisión e

botar uns parrafeos; e polo día a tenda onde mer-car aquilo que a terra ou os animais non produ-cían (como un supermercado, en pequeno).

Coa chegada do progreso e a marcha da xente a tenda doManuel quedou baleira e a piques estivo de pechar de non ser polo seu neto que, farto de bus-car traballo, optou por rehabilitar a casa da taberna e convertela en casa de turismo rural. Así a

taberna do señor Manuel segue a ser punto de encontro de xente de procedencia diversa coaque el mantén longas conversas.

Nunca reparara en como era a aldea ao remate das vacacións; cando nós marchabamosaínda quedaban "foráneos". Pero este ano todos foron marchando e o lugar foi quedan-

do só e envellecido. Somos poucos veciños e a maioría xubilados.3

O

01

la, eu son Anxela

Actividades1Describe a aldea de Anxela tendo en conta como son as súas casas, canta xente vive nela, cal é a media de

idade da xente da aldea, a que se dedican as súas xentes. Non esquezas os arredores: as leiras, se hai tou-zas; ¿predomina o latifundio ou o minifundio?

2 Anxela di que pertence a unha das "catro provincias desta man que é o noso país". Sobre isto hai unhavella lenda que atribúe á man de Deus a formación das rías galegas. Nun dos momentos da Creación, Deus,

cansado, pousou a súa man aberta entre o Océano Atlántico e o territorio de Galiza e o sinal desta acción que-dou plasmado para sempre no perfil do noso litoral. Outra lenda fala de un xigante que veu nadando poloAtlántico e ao chegar á terra pousou a man, que se afundiu na terra marcando as rías. Observa o mapa deGaliza e trata de buscar con que correspondería cada dedo; ¿será a man dereita ou a esquerda?

3 Os máis escépticos e aqueles pouco dados ás lendas, interpretan este fenómeno como o afundimento dasvellas montañas do Macizo Galaico que, co paso do tempo, permitiu a entrada do Océano no interior.

Recompilade algunha lenda do noso territorio ou mesmo da explicación científica da formación da Galiza.

4 Os pais de Anxela son emigrantes retornados. ¿Cales coidas que son as causas que obrigan a xente a emi-grar? ¿E a retornar?. Emigran hoxe en día os galegos e as galegas?. Antes de dares unha resposta le o

seguinte texto:

"Máis de 175.000 galegos emigraron fóra de Galiza por motivosde traballo entre os anos 1990 e 2004. Deles case un 70% tiñaentre 16 e 44 anos. Son algúns dos datos que ofrece un infor-me da CIG elaborado a partir das cifras do Instituto Galego deEstatística. Estes son datos referidos a aquelas persoas quedecidiron emigrar e empadroarse no lugar de destino. Pero oinforme sobre mobilidade laboral do INEM ofrece unhas cifrassignificativas: a ano pasado os galegos asinaron máis de 65.000contratos para traballar noutros lugares do estado, especial-mente Canarias, Cataluña, Madrid e Euskadi. De feito, só nasillas de Lanzarote e Fuerteventura viven na actualidade máis de18.000 galegos"

-¿A onde se dirixen principalmente os galegos e galegas que emigran hoxe?-¿Cal é a idade deles? Aínda que no texto non o di, ¿en que sectores pensas ti que traballaran?. ¿Que signifi-can as siglas CIG e INEM

5 Le o seguinte texto, pertence a un dos nosos máis grandes escritores,Manuel María, ¿Sabes quen é?, ¿Cal é o tema do texto?, ¿como concibe a

emigración?:

O galego que se marchaDáme mágoa e compaixón.¡maldigo a esa inxustiza que se chama emigración!

ActividadesManuel

María

4

Con todo o que trouxemos de Suíza a casa dos avósquédasenos algo pequena. Temos outra preto da

deles mais aínda está sen rematar. Ten unha fincamoi grande, coma un campo de fútbol.

No recibo da contribución pon: superficie unhahectárea. Queremos estar nela para o verán, así quenos toca arrimar o ombreiro a todos.

O primeiro que fixemos foi limpeza: estaba chea demaleza, houbo que rozar as herbas, amontoalas e

despois facer unha queima controlada. Houbo quesacar un permiso, escoller un día en que as condi-

cións climáticas fosen favorables, e tomar tódalasmedidas de seguridade que nos indicaron.

Ese día o avó estaba algo nervioso por se non con-

trolabamos o lume. O señor Xosé morrera candoandaba a queimar as rozas dun lameiro e iso que-

dara moi gravado na súa memoria.

Preparando a nova casa

02

Seguimos as indicacións que nos deron co permiso

e todo saíu sen problemas.

5

Actividades1A hectárea é unha unidade de medida do Sistema Internacional,

¿sabes a cantos metros equivale? Outra unidade empregada paramedir a superficie, e tamén a capacidade, é o ferrado, non recoñecidapolo Sistema Internacional.

Procura información sobre outros sistemas de pesos e medidas empregados nomedio rural e as súas equivalencias co sistema métrico.

2 ¿Que é o recibo da contribución? ¿Que é unha queima controlada? ¿Candose fai? ¿Que se precisa para

facer unha queima controlada?¿Poderíase dicir que unhaqueima controlada é unincendio?

3 Pescuda nas fontes de información queteñas ao teu alcance algunha noticia

sobre accidentes coma o do señor Xosé. ¿Aque se debeu o suceso?

4 No texto di:"O señor Xosé morreracando andaba a queimar as rozas dun

lameiro e iso quedara moi gravado na súamemoria". Fíxate: Rozas é un topónimofrecuente en Galiza. No nomenclátor daXunta de Galiza aparece unhas 50veces ben na forma Rozas e tamén for-mando parte dun composto(Rozavella, Camporrozado...), relacio-nando sempre con labores agrícolas.¿A que labores se pode referir?

5 En grupos de tres procuradetopónimos e intentade explicar

o seu significado ou a súa referen-cia: Por exemplo: Toxal: lugar ondehai toxos.

6Moitas árbores prestaron o seunome para designar lugares,

aldeas, etc. Son todas elas árbo-res autóctonas que están aquídesde sempre. O Carballo, ACasta-ñeda, etc. Por que nonhaberá ningún lugar chamado"Eucalipto"?

Actividades6

Lembro o día que chegamos á aldea. Era no mes de agosto, cara á noitiña, un deses días demoita calor, pero o peor era o fume que se respiraba por todas partes. Dende que entramosen territorio español acompañáronnos as novas dos incendios en Galiza. Nada máis pisarterritorio galego, para onde quer que ollases, todo era fume e nalgún caso lume. Antes dechegar á aldea tivemos que cambiar un par de veces o noso percorrido por mor de estradas

cortadas polo lume e nalgún sitio pasar con moito coidado coas chamas á beira da estrada.

Cando chegamos á aldea atopamos unha imaxe sobrecolledora: dende a estrada víase

unha longa cordilleira de lume avanzando ladeira abaixo cara á aldea, cunhas chamasdunha estremecedora cor laranxa que tinguían a lúa de cor vermella.

Xa na aldea, toda a xente estaba na aira do forno, o mellor sitio para ver o que acontecía.Baixamos do coche e corremos cara ao avó Camilo e a avoa Herminia. Non foi comaoutras veces, esta vez o avó estaba triste e a avoa tiña os ollos cheos de bágoas."O traballo

de tantos anos....un rompe o lombo para ter limpo o seu e resulta que non vale paranada.. " repetía a avoa unha e outra vez.

Mentres uns intentaban localizar os bombeiros no 112, outros sacaban de móbil para facera foto do momento. Os veciños desesperábanse, dicían que non había medios suficientes e,de seguir así o vento, o lume podería chegar ás casas. Pero dende o 112 respostaban unha e

outra vez que facían canto podían pero había moitos focos de lume e algúns en alerta I enon daban abasto.

Ante tal situación en pouco tempo organizáronse varios grupos de voluntarios para colabo-rar cos equipos de extinción do lume: homes e mulleres ataviados con pas, fouces, sachos elanternas dirixíndose cara ao monte. Outros colleron os tractores coas cisternas cheas deauga por se o lume se achegaba á aldea.

Foi unha noite longa na que os que quedamos na eira do forno non deixabamos de mirarcara ao monte coa esperanza de que o vento do nordés deixase de soprar e aquel lumefose perdendo forza. Muxicas que viñan traídas polo vento, o son da leña o arder, oruído das motobombas, dos todoterreo e as voces dos que trataban de controlar o lume

son sons que aínda hoxe lembro con toda claridade.

A nosa chegada á aldea

03

¡¡¡¡Que medo!!. O coche cargado até arriba e as

chamas ameazando...

5

Actividades1Os avós de Anxela comentan "un rompe o lombo para ter limpo o seu e resulta que non vale para

nada.."¿por que lles ardeu se tiñan o monte limpo?

2 Os seguintes fragmentos son frases que se escoitaban esa noite nas conversas das xentes da aldea deAnxela. Trata de agrupalas de dúas en dúas ben por ser opostas ou por complementariedade. Logo debu-

xa unha viñeta na que aparezan dúas personaxes con dúas destas frases. Por último xuntade todas as viñetase formade unha banda deseñada.

a. Con este tempo está todo moi seco e arde como a pólvorab. O lume cómpre, non hai quen rompa polos camiños, está todo cheo de silvas e toxosc. Cada ano chove menos e con isto do lume aínda será peor.d. Se prohibisen mercar madeira queimada xa verías como se acababa co lume.e. Tiña que haber máis medios para loitar contra o lumef. Cada un deberiamos de limpar o noso g. Isto é unha ruína para a caza.h. Calquera descoido, dunha cabicha, botellas ou fogueira mal apagada pode ser nefastai. Se estivese todo limpo non ardería.j. O lume póñeno os cazadores.k. Se chovese non habería tanto lume.l. O lume póñeno os da madeira para mercala regalada

m. Andalucía é máis seca ca nós e non arde tanto.n. O lume só non se estende tanto, isto é cousa dun pirómanoo. As terras están abandoadas por non poder vivir delas.p. Tiña que haber máis axudas para coidar o monte.

3 ¿Saberías que facer en caso de atopar un incendio?

4 ¿Que significa unha alerta I ?

5 ¿Que factores conflúen nesta situación que fan que se volva incontrolable?

6 Anxela comenta que esa noite había vento do nordés. Non debemos esquecer que o clima e a meteorolo-xía son dous dos principais factores condicionantes, que non causantes, da severidade dos incendios unha

vez orixinados, é dicir, axudan á súa propagación pero non os provocan. ¿por que é tan temido o vento do nor-dés para os incendios e non outro tipo de vento?

7 As veces escoitamos falar de que arderon ..... hectáreas de monte raso, ou ..... hectáreas de monte arbo-rado, ¿a que corresponde cada un?

8 Os lumes clasifícanse segundo os seguintes tipos:

Superficiais: afectan aos combustibles que se atopan en superficie.Aéreos: afectan á copa das árbores sen ter por que arder en superficie, tamén se chama "lume de copas"Subterráneos: afectan a combustibles que se atopan por debaixo da superficie (raíces ou humus vexe-tal), é lento e difícil de detectar. Destes tres tipos de lumes, ¿cal pensas ti que ten peores consecuencias?

Actividades8

Á mañá seguinte ao incendio, nada máis espertar, boteime da cama e mirei pola fiestraimpaciente por ver como quedara o monte. A paisaxe en nada se parecía á de outrosanos, xa non había lume, mais aínda se podía ver fumegar nalgúns sitios, todo estabanegro. Mesmo na xanela e no balcón había montóns de cinza.

Nada máis levantarse meu avó quería ir ver que sorte correran as colmeas que tiña nomonte de Cernades. Escoitáralle dicir ao Pepe e ao Manolo que as deles arderan.Puxémonos en camiño meu pai, meu avó, meu tío e eu. Pero nada máis saír da casa xa nosrecolleu, no seu todoterreo, Euloxio (o axente forestal da Xunta). Demos varias voltas portodo o contorno ardido e por onde quer que ollase só vía xestas, toxos e matos ardidos,

cinza e máis cinza, piñeiros e carballos carbonizados e mesmo nalgúns sitios atopamosrebrotes de lume nas cepeiras que aínda non se apagaran. Dos piñeirais só quedaban tron-

cos que agora semellaban exércitos de esqueletos negros chantados nunha terra carboniza-

da. As pedras aparecían requeimadas e non se escoitaba ningún dos ruídos que soía escoitaroutras veces que acompañaba o avó ao monte.

Entre tanta desfeita unha boa nova, as colmeas do avó estaban a salvo. Tíñaas dentro duncercado e subidas nuns penedos.

- Que ben foi que tiveses limpo, aos outros ardéronlle por telas entre as herbas- dicía oEuloxio

- Si, aínda vin a semana pasada limpar un anaco, nas meras da beira, por se viña o lumenon se arrimasen as lapas- dixo o avó sen quitarlle ollo ás abellas.- Salvaron do lume pero agárdaas unha dura primavera sen apenas alimento.

De volta á casa o Euloxio informa pola emisora: "800 hectáreas queimadas (800 estadiosde fútbol), media ducia de colmeas e sen desgrazas persoais". Até este verán as únicas ima-xes que vira dun incendio eran as que saían na tele, ou no periódico. Lembro unha repor-

taxe na que saía a xente falando do terrible que era voltar ás casas despois de estar evacua-dos por mor dun lume, contaban o triste que era ver todo ardido, o fume que apenas dei-xaba respirar e a desesperación dalgúns veciños que perderan os seus fogares.

Por sorte, no meu pobo o lume non chegou até as casas. Detívose ao chegar aos lameiros

e ás vellas carballeiras. Peor sorte correron as xesteiras, piñeirais e toxeiras.

Todo reducido a cinza

04

Parecía como se toda a vidadesaparecese e aquel lugar

se convertese nunha paisaxe lunar.

9

Actividades1Pescuda información sobre incendios noutras zonas e compáraos establecendo similitudes e diferenzas cos

nosos.

2 ¿En que época do ano se producen os incendios?

3 ¿Por que se detén o lume nas carballeiras vellas?

Para a resposta ten en conta que a propagación do incendio depende, ademais do clima e da topografía doterreo, do tipo de combustible (aquilo que arde: a vexetación) e neste caso haberá que ter en conta:

-Cantidade: a maior cantidade mais intensidade do lume.

-Tamaño: os máis finos están mais dispostos aarder.

-Compactación: canto máis compactos,menos oxíxeno e arde máis lento.

-Continuidade horizontal: rómpese candoaparecen zonas sen combustible (pistas,cortalumes,...) impedindo a evolución doincendio.

-Continuidade vertical: prodúcesecando o mato ou vexetación arbustiva éalto e permite que o lume pase dasuperficie á copa das árbores.

-Densidade da madeira.

-Presenza de resinas.

-Humidade: un alto graode humidade retarda a evolu-ción do lume.

¿Que características das anterioresreúnen as carballeiras?

4 Visto como quedou o chan despoisdo lume, que pensas que pasará

coas primeiras choivas?

5 Fai un esquema de todo o que perde-mos cando arde o monte

Actividades10

O monte é unha fonte inagotábel de riqueza que proporciona recursos económicos moi

importantes. Desde sempre Galiza disfrutou de zonas moi amplas con árbores das queobtivo moito proveito. Aínda hoxe é a primeira potencia estatal en produción de

madeira. Mais á hora de analizar os danos derivados dun incendio deberanse ter enconta non só os danos materiais ou sobre a propiedade se nontamén os tremendos danos ecolóxicos que ocasionan.

Tras as lapas hai que avaliar as consecuencias, e estas non sonsó as perdas económicas (moi cuantiosas) pola madeira quei-mada porque máis alá da destrución da vexetación e afauna, hai outras moitas consecuencias negativas que podenresultar máis difíciles de observar: Os impactos sobre osbalances hidrolóxicos, a calidade da auga e a atmosfera enon esquezamos que as árbores son os pulmóns do noso pla-

neta; as perdas irreparábeis de terra fértil, porque ao morrerenas plantas que suxeitan o solo coas súas raíces a chuvia arrastra-rá a terra; a erosión do chan, ao non haber cuberta vexetal osolo será arrastrado pola auga e os efectos sobre a paisaxe,unha das máis prezadas posesións da humanidade porque se

trata dun recurso limitado e facilmente destrutíbel.

Que perdemos nun incedio

05

Sen dúbida algunha, non hai plena consciencia da relevanciaque teñen as perdas ecolóxicas

que se producen tras os incendios.

11

Actividades

1O xogo da non vexetación e o lume:

Material:

- un espazo aberto.- papel de xornal.- anacos de rochas ou calquera material que pese.

Procedemento:

Consiste en sinalar no chan tres cadrados. No cadra-do 1 póñense 15 alumnos/as da clase, que repre-sentan as árbores, cada un suxeitará baixo os seuspés unha folla de papel de periódico, que represen-ta a capa do chan que hai baixo as árbores.

No cadrado 2 hai o mesmo número de follas depapel que persoas do cadrado 1 pero sobre elas sohaberá 4 alumnos/as. As follas soltas suxeitanse socunha pedra por folla.

No cadrado 3 so haberá follas suxeitas con pedras,representa chan sen vexetación.

Hai tres persoas libres que representan a auga da choiva ao caer sobre a paisaxe. As tres persoaslibres teñen 2 minutos para entrar en cada cadrado e roubar del o maior número de follas posibles.Os que fan de árbores tratarán de impedilo defendéndoas so cos seus pés e mans. Poden protexercoas súas mans follas próximas, ademais das que protexen cos seus pés. Tamén os que fan de árbo-res poden collerse das mans para dificultar o paso das correntes de auga. Os que fan de auga podenempurrar as árbores pero só unha de cada vez, non vale atacar unha árbore entre varios.

Mirade cantas follas desapareceron, no tempo estipulado, de cada cadrado.

¿Que papel xoga a vexetación para impedir a erosión do chan?Actividades

12

A nosa casa sempre foi, e segue sendo, unsitio de reunión das xentes da aldea. Gústame

moito escoitalos falar coa súa sabedoría popu-

lar; pero cando máis me emboban e candolembran a súa xuventude. O avó sempre falacon nostalxia daqueles tempos cando eranovo e se tiña que erguer de noite para ir

rozar toxos cos que estrar as cortes, ou decando ían ás cavadas ao monte para logo

poder sementar patacas ou trigo. A primaveraera dura, había que prepar as terras para a sementeira, sacar esterco; o verán non era mellor assegas do trigo, a herba, a colleita das patacas.... o outono comezaba a ser algo máis tranquilo,

recolleita de castañas, meter o millo. O inverno era a tempada de descanso coas matanzas e asnoites onda a lareira á calor do lume da leña cortada no outono.

Logo coa chegada dos tractores todo cambiou, substituíron as vacas sen moito esforzo: nonhabía que levalos ao monte, non tiñas que ocuparte deles ata a hora de traballar, non pre-

cisaban a corte estrada, e traballaban máis e mellor que elas. O monte comezou o seu

abandono. Pero o peor, di o avó, que chegou a mediados do século pasado,coa políticade reforestación da administración, había que reforestar con árbores que medrasen axiñapara poder vender a madeira e ter uns cartiños con pouco traballo( piñeiros e eucaliptos,

aínda que onda nós os eucaliptos eran os menos). O monte deixou de ter os usos tradicio-

nais (gandeiro, cinexético, recolección de fungos....) para ser ocupado por matos e sen

case valor algún.

"Todos os cartiños que eu invertín nas terras para agora telas abandonadas"

Meu avó era o pequeno de oito irmáns e miña avoa a máis vella de cinco, co cal candotocou repartir o capital dos seus pais pouco tiveron que herdar, tendo en conta que noneran os ricos da aldea. Tiveron que ir aforrando para mercar terras que traballar e das quepoder ir vivindo, sen grandes excesos, pois as vacas e as leiras non daban para facer fortu-na. Por iso meus pais coma outros tiveron que emigran en busca de algo mellor. Agora os

avós son xubilados e ven con nostalxia como aquelas terras que noutrora lles deron decomer agora non son máis que terreos cheos de silvas, toxos, xestas.....

Aqueles tempos en quetodo se aproveitaba

06

"Cando morramos os vellos, os novos non sabedes nin da metade das leiras", dicía a miúdo o avó."

13

Actividades1Completa unha táboa comparativa co antes e o agora do noso rural.

2 ¿Coidas que estes cambios teñen algo que ver co alto número de incendios?

3 Le con atención o seguinte texto:

"Na década dos anos 50 o monte foise especializan-do nun uso forestal madeireiro, para abastecer de mate-ria prima a industria e, dun xeito crecente, un tipo deindustria que tritura a madeira para a elaboración detaboleiros (28%) e pasta de papel (38%) para o que uti-liza madeiras de mala calidade e mesmo as resultantesdos incendios. Destinando so o 34% para os serradoirosque demandan diámetros maiores e madeiras de mellorcalidade".

¿Cal é ao teu modo de ver, o erro deste política de refo-restación?.¿De onde podería obterse madeira trituradasen recorrer ao monte?

4 Ante o problema do despoboamento rural, e o conseguinte estado de abandono do monte, a solución é aordenación dos montes, e dicir, a posta en valor dos recursos forestais, combinando a explotación sostible

coa conservación; deste xeito o coidado dos montes é mais que unha obriga, e forma parte dunha produciónsostible que ademais xera emprego e fixa poboación no rural. ¿Como cres que se poden pór en valor os recur-sos forestais?

5 Un exemplo representativo da sabedoría popular, de que falao texto, son os refráns. Trata de pescudar o significado dos

seguintes e elabora un diálogo en que entre algún dos seguintes:

- ¡Daba o lume cos dentes!- ¡É como botar toxo ao lume!- ¡Fuxir do lume e caer na borralla!- ¿Moito lume? Pouco lume- Alí non hai lume, nin fume, nin pinta de estrume.- Onde hai lume, hai fume. Onde hai fume hai lume- Onde houbo lume, borrallo queda.- Leña torta, co lume se endereita.- O lume é media mantenza; sobre da cea, mantenzaenteira.- O lume xunto á estopa, venche o demo e sopra- Polo fume sábese onde hai lume.- Sálvame lume de San Xoán, para que non me trabenin cadela nin can

Actividades14

Este ano, coma todos os anos,coas vacacións tamén chegaron osdías de praia. Meus pais son xentede costumes, ano tras ano repeti-mos sitio e rutina: mesmo aloxa-

mento, mesma praia, mesmospaseos e mesmos amigos e os seusinsoportables fillos. Xa me tardater un par de anos máis parapoder irme pola miña conta!!!!.

Pero xa se sabe que todo é susceptible de empeorar e, aquí o exemplo, fomos parar á zona

cero dos incendios: nin un so día de sol, o culpable, o fume, tamén ata alí chegou o lume eos seus danos colaterais. Os iates amarrados no porto, este ano tiveron que compartir espazocon algún que outro hidroavión. O mar tivo que compartir protagonismo co monte.

O lote da nosa estadía na praia completouno meu tío Xurxo, o irmán de mamá. Meu paidi que é máis raro que un "can verde". É unha persoa moi concienciada co medio ambien-

te, un ecoloxista en toda regra. El estaba a colaborar como voluntario contra o lume nazona onde nós estabamos, co cal a súa presenza fíxose habitual ás horas de comida ou des-canso. En canto descansaba algo botábase ás novas dos xornais e a toda canta noticia saía

dos lumes. Era habitual escoitar a meu pai e a el discutir sobre o tema, cada un tiña o seupunto de vista da causa dos lumes e a actuación do goberno.

Un día chegou cunha folla do que custaban osmedios para a extinción dos lumes. En canto pui-

den boteille unha ollada. Que caro!!!!!.

Aquel día, paseino botando contas do que podíacustar todo o lume deste verán: se os helicópte-

ros voan todo o día e os hidroavións non dei-

xan de ir e vir con cargas de auga,.... iso sonmínimo 12 horas de traballo ao día.........

O remate da nosa estadía na praia completouse coa viaxe de volta pasando, de novo paracumprir coa rutina de todos os anos, por Santiago de Compostela para visitar o Santo.

A nosa visita ao Apóstolo coincidiu coa xuntanza de milleiros de persoas na alameda deSantiago para manifestarse contra o lume. Había centos de pancartas diferentes pero entodas insistían no mesmo tema: que nunca máis se repetise o deste ano.

O lume tamén vai á praia

07

-1 hora de traballo dun hidroavión doMinisterio do Medio Ambiente: 5.000euros

-1 hora de traballo dun helicóptero:- 1.500 euros-1 autobomba: 57.000 euros-1 vehículo lixeiro, pick-up: 30.000 euros-1 hora de traballo: 18 euros

15

Actividades1O tío de Anxela colabora como voluntario, se alguén quixese ser voluntario contra o lume, sabes a onde se

tería que dirixir?

2 Pescuda información sobre os lumes da última tempada: concellos afectados, imaxes dos mesmos ben apé de campo ou desde o satélite.

3 Anxela di que estaba na zona cero, ¿a onde pensas ti que foi Anxela á praia en agosto de 2006?

4 Le o seguinte texto, corresponde a un artigo de prensa do mes agosto do 2006.

Un total de 27 euros por habitante é o gasto anual que sae dos petos de cada cidadán galego parao financiamento da loita contra o lume, máis que calquera outra comunidade. A política baseada naextinción gastou arredor de 70 millóns de euros en 2005. No outono pasado, o Parlamento marcabaas posicións dos tres grupos: PSdeG e BNG coincidían en laiarse do tempo perdido: "hoxe o montetería máis valor" e propoñían avanzar na rendibilización social e económica do monte.

Á beira, o PPdeG defendía sen matices a súa estratexia dos anos anteriores, malia converter a Galizanese período nun dos lugares máis atacados polo lume. O inverno trouxo os primeiros pasos cara áspolíticas de prevención e a vaga deste verán amosa un grande desafío para que a situación vire amedio prazo.

5 Cada incendio cústalle a cada galego 27 euros. ¿Quen aporta o diñeiro para este mantemento?, ¿Saedos nosos petos?. Fai unha relación de todo o que se podería facer con eses cartos se non houbese tanto

lume.

6 Apagar o lume é moi caro, por iso é preciso traballar máis na preven-ción, porque a prevención é o único factor que serve contra o lume e

debe partir dunha boa educación social, dirixida ao ámbito xeral, rural eescolar.

As medidas preventivas atinxirán a varios ámbitos:

- Prevención Social: medidas que intentan reducir o número deincendios poñendo en marcha actividades de concienciación dasociedade.- Silvicultura preventiva: labores silvícolas que reduzan o danocausado ao mínimo posíbel.- Infraestruturas de prevención: Obras encamiñadas a reduciros danos causados polo lume.

Elabora cartaces, folletos, pancartas, etc nos que insistas no caro que é apa-gar o lume e nas posibilidades da prevención (concienciación social, silvicul-tura preventiva, infraestruturas de prevención)

7 Pero o lume nalgunha ocasión tamén cobra vidas humanas, ¿lembras algún caso?, poderíase ter evitadoestas desgrazas

Actividades16

Cando vivía en Suíza xuntabámonos na casa de Galicia para celebrar as festas máis típicas

da terra e así non sentir tanta morriña, dicían as xentes de por alí. Pero hai algunhas quenunca souben moi ben como eran; por exemplo, este ano, no cole celebramos o magosto,botamos unha semana traballando o tema en galego, que se redacción, que se investiga....

pero o mellor foi cando nos asaron castañas no patio do cole. Fixeiron unha fogueira e alípasamos media mañá.

A miña amiga Sabela contoume que era moi pareci-do ás fogueiras de San Xoán pero que nestas cam-biase as castañas e chourizos por sardiñas e que en

vez de chinar a xente coas cinzas saltase a fogueira.

O lume e a súa tradición

08

Canto me tarda en chegar o San Xoán!!!!!

Actividades

Actividades

1 En Galicia hai moitas festas nas que o lume é o protagonista indiscutible: os magostos, oSan Xoán, sen esquecer as romarías e as fins de semana do verán nas que as parrilladas

son elemento habitual. ¿Deberían prohibirse facer lume neste tipo de celebracións?

2 Trata de elaborar un decálogo do lume, nel debes incluir: en que época e lugar se podeprender lume, que medidas hai que adoptar para non provocar un incendio, de producirse

un incendio como actuar nun primeiro momento, se nos atopamos cun incendio que medidaspersoais debemos adoptar, etc.

17

1Organizádevos en grupos. O/a profe daravos acada grupo unha imaxinaria escritura de propie-

dade pola que se vos conceden 10 hectáreas dunterreo queimado. Nese solar baleiro de todo tere-des que crear o voso bosque ideal, con árbores,rochas, ríos,..... sen esquecer o clima.

Método de traballo:

1. Facer unha lista cos ingredientes que comporánese bosque

2. Como situaríades eses elementos e en quemomento aparecería cada un deles

3. Un debuxo do bosque resultante, nunha cartoli-na ou en un papel continuo para expoñelo logo.

4. Exposición de cada equipo ao resto de compa-ñeiros do seu bosque

5. Posibles críticas de sustentabilidade, risco deincendios, etc de cada bosque.

Nota: podesdes axudarvos do caldo de letras da seguinte acti-vidade

2 No seguinte caldo de letras podeslocalizar o nome de dez especies

vexetais ¿cales serían as máis adecua-das para os nosos montes?

3 ¿Que día se celebra O día da árbore?. Este ano levouse a cabo algunha acción encamiña-da a recuperar algunha zona devastada polas lapas.

Receita para crear un bosque

H E B I D U E I R O

K U Ñ F S X Z O U C

A C X E S T A P P A

E A C Ñ O I V I U S

O L B A B T C Ñ E T

T I A S R H Ñ E C I

A P D P E T M I R Ñ

Z T A S I D T R R E

X 0 C E R V B O T I

C A R B A L L O X R

F A C I V R O T I O

18 09

Actividades finais

1 Analizar recortes de prensa:

- Selecciónanse as informacións máis significativas, facendo fincapé nos artigos relacio-nados co incendio forestal que teñamos elexido en pequenos equipos- Logo ordénanse e clasifícanse as informacións por datas, utilizando unha base de datos.Deberemos sinalar en que seccións do periódico aparecen, se se indican causas dos incen-dios, se aparece o número de hectáreas afectadas e a que arborado corresponden, quemedios se mobilizaron para frear a súa expansión, etc. Isto faise de forma individual- Finalmente, en grupos, contrastase a información proveniente de distintas fontes

2 Elaborar, individualmente, un artigo sobre especies animais e/ou vexetais da zona que seviron afectadas polo incendio, ¿Como as protexería

3Ultimamente fálase da biomasa forestal como unha posibilidade de obter enerxías alternati-vas. Enténdese por biomasa forestal primaria a fracción biodegradable dos produtos e resi-

duos xerados nos montes que son procesados con fins enerxéticos. No noso caso a biomasaforestal primaria estaría formada polos materiais vexetais procedentes das operacións silvícolasseguintes: podas, selección de gromos, rareos, cortas fitosanitarias e rozas. Tamén se incluiríanos residuos de aproveitamentos madeireiros, ben sexan procedentes de cortas finais ou de cor-tas intermedias, leñas procedentes de demoucas e material vexetal procedente de cultivos ener-xéticos, leñosos ou herbáceos, instalados nos terreos forestais.

Procura información sobre as centrais de produción de enerxía eléctrica utilizando a biomasa.

4 Interpreta as seguintes bandas deseñadas do Carrabouxo

Actividades finais

19