unidade didÁctica · guÍa de traballo esta unidade didáctica está pensada para iniciar ás...

16
UNIDADE DIDÁCTICA E OS RAEE E OS RAEE

Upload: others

Post on 28-Jul-2020

4 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: UNIDADE DIDÁCTICA · GUÍA DE TRABALLO Esta Unidade Didáctica está pensada para iniciar ás nenas e nenos de in-fantil e primeiros anos de primaria no coñecemento dun tipo específico

UNIDADE DIDÁCTICA

E OS RAEEE OS RAEE

Page 2: UNIDADE DIDÁCTICA · GUÍA DE TRABALLO Esta Unidade Didáctica está pensada para iniciar ás nenas e nenos de in-fantil e primeiros anos de primaria no coñecemento dun tipo específico

2

GUÍA DE TRABALLO Esta Unidade Didáctica está pensada para iniciar ás nenas e nenos de in-fantil e primeiros anos de primaria no coñecemento dun tipo específico de residuos: os de aparellos eléctri-cos e electrónicos. Estes aparatos, polas súas características, supoñen un grave problema para o medio am-biente, polo que é moi importante adquirir desde a infancia hábitos que permitan un uso responsable desde a adquisición ata o momento de des-facerse deles.

Para iso programamos esta unida-de didáctica que, de forma sinxela e moi didáctica, servirá para traballar coa infancia todo o relativo aos Re-siduos de Aparellos Eléctricos e Electrónicos (RAEE).

Page 3: UNIDADE DIDÁCTICA · GUÍA DE TRABALLO Esta Unidade Didáctica está pensada para iniciar ás nenas e nenos de in-fantil e primeiros anos de primaria no coñecemento dun tipo específico

1

Os cOntidOs cOncEptuAis A tRAbAllAR sOn:

Coñecemento e respecto do medio ambiente, ad-quisición de habilidades sociais e de hábitos de comportamento responsables, valorar as conse-cuencias das propias accións; aprender a respec-tar as normas, manter relacións respectuosas e afectivas coa contorna próxima, adquirir coñece-mentos sanitarios básicos e de hábitos saudables.

As ActitudEs E vAlOREs A tRAnsmitiR sOn:

Respecto por unha/un mesmo, polas demais per-soas e pola contorna; importancia da cooperación e a colaboración, igualdade entre homes e mu-lleres, solidariedade, escoita activa e aprendizaxe vital, conciencia crítica, consumo responsable e a relevancia da acción individual na sociedade.

A mEtOdOlOxíA A AplicAR:

Escoita activa, lectura comprensiva de textos, reflexión individual, traballo en grupo, expresión escrita e oral fundamentada nas propias ideas e expresión artística.

Trátase, en definitiva, de adquirir conciencia dos prexuízos que os RAEE teñen para noso planeta, saber que facer para evitalos e, para-lelamente, traballar conceptos moito máis xerais que, ademais, entran nas competencias e valores que debe de adquirir a cativada nestas idades, como son a responsabilidade, a conciencia cívica, a solidariedade, o respecto ao medio ambiente e a adquisición de hábitos e comportamentos que promovan a conciencia crítica como sinónimo de transformación social.

Page 4: UNIDADE DIDÁCTICA · GUÍA DE TRABALLO Esta Unidade Didáctica está pensada para iniciar ás nenas e nenos de in-fantil e primeiros anos de primaria no coñecemento dun tipo específico

2

UNIDADE DIDÁCTICA

A proposta de traballo nas aulas estará dirixida en todo momento polo persoal docente, que deberá adaptar o contido de cada tema á idade e capacidade do grupo. Para iso proponse unha actividade na clase que servirá para que o educador ou educadora poida introducir cada tema adaptando a mensaxe ao seu grupo e facendo unha análise máis ou menos profunda da cuestión a tra-tar. A continuación propóñense dúas actividades individuais con dous niveis de dificultade, de forma que cada tema tratado na clase poida ser traballado polo alumnado de xeito individual. Cada docente proporá a actividade máis adecuada ao seu grupo de traballo, ou as dúas se así o considera.

1. QUE SON OS RAEE

ObxEctivO: antes de iniciar o tema da xestións dos RAEE, explicaremos a modo de introdución, que é un aparello eléctrico e electrónico, como identificalo e as súas particularidades. Trátase de que cada nena e neno vaia tomando contacto co tema de forma personalizada e práctica, vendo que non é algo alleo á súa vida senón que está moi presente no seu día a día.

ActividAdE dO gRupO:O persoal docente escribirá na parte alta do encerado RAEE: Residuos

de Aparellos Eléctricos e Electrónicos. A partir de aquí explicará que é unha sigla para que o alumnado se familiarice co termo RAEE, e tamén ex-plicará que son os residuos de aparellos eléctricos e electrónicos, o tamén chamado “lixo electrónico” que supón un grave risco para o medio ambiente e para a saúde. De aí a necesidade de xestionar ben este lixo. Pero para iso hai que saber identificar os Aparellos Eléctricos e Electrónicos (AAE).

A partir da explicación inicial, a/o docente pedirá exemplos de Aparellos Eléctricos e Electrónicos que irá anotando no encerado, tentando pór exem-plos variados: aparellos de uso persoal, electrodomésticos, aparatos que atopamos na cociña, no baño, na sala, na escola, etc.

O docente explica –ou pídelle á clase que explique– que teñen en común to-dos eses aparellos, valéndose do AnExO 1 desta Unidade Didáctica, que utili-zará como guía adaptando o seu uso ás idades e capacidades de cada grupo.

1

2

3

Page 5: UNIDADE DIDÁCTICA · GUÍA DE TRABALLO Esta Unidade Didáctica está pensada para iniciar ás nenas e nenos de in-fantil e primeiros anos de primaria no coñecemento dun tipo específico

3

ActividAdE individuAl: Nivel de dificultade: baixoColorea só os aparellos eléctricos e electrónicos que vexas neste debuxo:

Nivel de dificultade: alto

Cada alumna e alumno deberá investigar os aparellos eléctricos e electróni-cos que ten no seu fogar e poñer dous exemplos dos que atope en cada un destes espazos:

HABITACIÓN: BAÑO:SALÓN: COCIÑA:

Page 6: UNIDADE DIDÁCTICA · GUÍA DE TRABALLO Esta Unidade Didáctica está pensada para iniciar ás nenas e nenos de in-fantil e primeiros anos de primaria no coñecemento dun tipo específico

4

1

2. QUE PASA ANTES DE CONVERTERSE EN RAEEObxEctivO: unha vez que están ben identificados os aparellos eléctricos e electrónicos imos coñecer o seu ciclo de vida ata que se converten en residuos (RAEE). Trátase de reflexionar sobre a orixe, a composición e a utilidade destes aparellos cun obxectivo primordial: que o alumnado perciba que os seus hábitos ou accións repercuten no planeta e perciba a importancia dun consumo respon-sable e dunhas boas prácticas no tratamento dos residuos que produce, e en particular dos RAEE.

ActividAdE dO gRupO:O/a docente fará un breve repaso do aprendido no tema 1 a modo de

recordatorio e introdución deste. Despois preguntará ao grupo de onde saen os aparellos eléctricos e electrónicos para provocar o inicio do debate, que guiará até chegar ao tema: o ciclo de vida dos AAE comeza moito antes de que exista o propio aparello… (utilizar información do AnExO 2).

ActividAdE individuAl: Nivel de dificultade: baixo

De onde veñen os aparellos eléctricos e electrónicos? Une cada produto coa sua orixe:

Page 7: UNIDADE DIDÁCTICA · GUÍA DE TRABALLO Esta Unidade Didáctica está pensada para iniciar ás nenas e nenos de in-fantil e primeiros anos de primaria no coñecemento dun tipo específico

5

CONSUMO

Nivel de dificultade: alto

Este é o ciclo de vida dunha videoconsola. Conecta cada fase co seu ciclo e despois colorea no ciclo de vida a fase na que ti es o protagonista e escribe ao lado o teu nome.

1

MATERIASPRIMAS

PRODUCIÓN

DISTRIBUCIÓN

RECOLLIDA

TRANSPORTE

RECICLAXE

pRO

duciÓn distRibuciÓ

n cOnsumO REcic

lAxE

Page 8: UNIDADE DIDÁCTICA · GUÍA DE TRABALLO Esta Unidade Didáctica está pensada para iniciar ás nenas e nenos de in-fantil e primeiros anos de primaria no coñecemento dun tipo específico

6

2

1

3

MATERIA ORGÁNICA

PAPEL E CARTÓN

ENVASES LIXEIROS

VIDRO

3. QUE FACEMOS COS RAEE ObxEctivO: coñecer o problema que supoñen os RAEE para o medio ambiente no contexto xeral do tratamento dos residuos. Para iso botaremos man de conceptos e prácticas coñecidas para o alumnado como son a separación de residuos, a reutiliza-ción ou a reciclaxe que servirán para chegar ao tema concreto da xestión dos RAEE.

ActividAdE dO gRupO: Tras unha breve introdución do tratado nos dous primeiros temas, con es-

pecial atención á problemática medioambiental vista no tema 2, o/a docente explicará a importancia da correcta xestión dos RAEE valéndose da guía do AnExO 3.

A continuación preguntará que tipo de lixo produce cada un dos presentes na casa, na escola, nas festas de aniversario… Seguindo a guía do AnExO 3 escribirá no encerado dúas listaxes: unha cun exemplo de residuo que vai a cada un dos contedores e outra con distintos tipos de RAEE segundo o lugar onde se deixan ou os recollen, co fin de explicar as diversas opcións. O alumnado pode ter diante a información do Anexo ou non, segundo considere a/o docente.

Finalmente preguntará onde vai cada un dos residuos anotados no encerado ata completar todas as opcións, insistindo na explicación de cada unha para fixar a información.

ActividAdE individuAl: Nivel de dificultade: baixo

Une con frechas cada residuo co lugar onde debe depositarse:

Page 9: UNIDADE DIDÁCTICA · GUÍA DE TRABALLO Esta Unidade Didáctica está pensada para iniciar ás nenas e nenos de in-fantil e primeiros anos de primaria no coñecemento dun tipo específico

7

Nivel de dificultade: alto

Marca onde deberían depositarse os RAEE da seguinte listaxe. Ten en conta que pode haber varias opcións en cada RAEE!

Comentade na clase o resultado do exercicio: Hai moitos lugares onde deixar os RAEE para que se poidan reciclar con todas as garantías!

Pila do despertador

COMERCIO +400m2COMERCIO ONDE MERCAMOS

PUNTO LIMPO CONTENEDOR ESPECíFICORAEE

Mando a distancia

Lámpada

Batería do móbil

Videoxogo roto

Fluorescente fundido

Móbil estragado

Lavadora

Altofalante

Rato do ordenador

Televisor

Page 10: UNIDADE DIDÁCTICA · GUÍA DE TRABALLO Esta Unidade Didáctica está pensada para iniciar ás nenas e nenos de in-fantil e primeiros anos de primaria no coñecemento dun tipo específico

8

4. COIDAMOS DO PLANETA ObxEctivO: para afondar na importancia medioambiental dunha correcta xestión dos RAEE propomos rematar esta unidade didáctica con conceptos máis xerais que permitan tomar con-ciencia da necesidade de pór en práctica todo o aprendido. Trátase de ver a pegada que deixa-mos no planeta e tomar consciencia dos comportamentos máis prexudiciais e das opcións posibles para evitar ese deterioro, en especial no referente ao uso que facemos dos AAE.

ActividAdE dO gRupO: O docente preguntará na clase cales cren que son os principais proble-

mas que ten na actualidade o noso planeta. A idea é chegar ata o aumento da poboación e, relacionado con isto, o esgotamentos dos recursos e o in-cremento de residuos (información en AnExO 4, punto 1).

A continuación proporá ideas para controlar este incremento de residuos (AnExO 4, punto 2) intercalando a explicación cos aportes da clase en cada unha das fases de bo uso dos AEE (por exemplo, cando se fale de segunda man, preguntar polo uso de roupa de irmáns maiores, o préstamo de libros nos colexios, o traslado dun televisor vello a outra estancia da casa ou á casa de verán…).

ActividAdE individuAl: Nivel de dificultade: baixo

Rodea en verde as accións que axudan a preservar o planeta e en vermello as que o destrúen:

Ao remate poñer en común os resultados fomentando o debate.

Tirar un RAEE nun contedor do lixo

Compartir un coche teledirixido

Levar a arranxar un electrodoméstico

Mercar un aparello máis moderno cando leva na man outro igual máis vello

2

1

Page 11: UNIDADE DIDÁCTICA · GUÍA DE TRABALLO Esta Unidade Didáctica está pensada para iniciar ás nenas e nenos de in-fantil e primeiros anos de primaria no coñecemento dun tipo específico

9

Nivel de dificultade: alto

Facer unha listaxe entre toda a clase coas accións que realizan habitualmente para contribuír ao coidado do planeta, incluíndo os RAEE.

Cada escolar completará a lista na casa con axuda da familia (pais, nais, avós, avoas, irmáns…).

De novo na clase, cada alumno/a explicará o que fan no seu fogar para coidar o planeta (axudándose da listaxe elaborada). Deste xeito poderá completarse unha gran listaxe de boas prácticas e iniciar outro debate sobre medidas que faltan nesa lista e construír unha nova lista cos esas novas propostas.

Con todo o material poderá elaborarse un gran mural de boas prácticas medioambientais que quedará na clase como recordo do traballo realizado ao longo da Unidade Didáctica.

Page 12: UNIDADE DIDÁCTICA · GUÍA DE TRABALLO Esta Unidade Didáctica está pensada para iniciar ás nenas e nenos de in-fantil e primeiros anos de primaria no coñecemento dun tipo específico

10

ANEXOS

1. COMO SABEMOS QUE é UN APARELLO ELéCTRICO E ELECTRóNICO? É moi sinxelo: son os que, para funcionar, precisan pilas, baterías ou hai que enchufalos á corrente eléctrica.

Ademais, levan este símbolo:

Exemplos de aparellos eléctricos y electrónicos:

Grandes electrodomésticos: frigoríficos, lavadoras, lavalouzas, cociñas, estufas, fornos de microondas, radiadores, aparellos de aire acondicionado…

Pequenos electrodomésticos: ferros de pasar, torradoras, secadores de pelo, coitelos eléctricos, reloxos, cepillos de dentes eléctricos…

Equipos de informática e telecomunicacións: computadoras, impresoras, teléfonos de todo tipo, terminais de faxes…

Aparellos electrónicos de consumo: radios, televi-sores, cadeas musicais, amplificadores, instrumen-tos eléctricos, videocámaras e outros aparellos que rexistren ou reproduzan son ou imaxes…

Aparellos de iluminación: lámpadas de todo tipo e aparellos de iluminación que difunden a luz (ex-cluídas as lámpadas de filamentos).

Ferramentas: desparafusadores, serras, máqui-nas de coser, cortadoras de céspede… e en xeral, todas as ferramentas eléctricas ou electrónicas non instaladas por profesionais.

1

2

5

3

4

6

Tamén se consideran RAEE todos os complemen-tos destes aparellos, aínda que non leven pilas ou batería nin se conecten á rede eléctrica. Por exemplo o rato do computador, o mando da videoconsola, un disco duro, uns altofalantes… E os aparellos de ilu-minación: lámpadas de baixo consumo, tubos fluo-rescentes, LED etc.

Page 13: UNIDADE DIDÁCTICA · GUÍA DE TRABALLO Esta Unidade Didáctica está pensada para iniciar ás nenas e nenos de in-fantil e primeiros anos de primaria no coñecemento dun tipo específico

11

Xoguetes ou equipos deportivos e de tempo li-bre: consolas portátiles videoxogos, equipos para realizar deportes, trens eléctricos e outros xogos ou dispositivos deportivos con compoñentes eléctricos ou electrónicos.

Outros: aparellos médicos, instrumentos de vixi-lancia e control, máquinas expendedoras…

2. O CICLO DE VIDA DOS APARELLOS ELéCTRICOS E ELECTRóNICOS:

Os AEE son produtos fabricados, non saen sós da natureza. Pero moitos materiais necesarios para construír estes aparellos si, o que supón un alto custo ambiental.

por exemplo, o cacao é un froito que dá a árbore do mesmo nome. Sae direc-tamente da natureza. Pero o chocolate non, é un produto elaborado a partir de cacao e outros ingredientes. A madeira tamén sae directamente das árbores, da natureza, pero o papel é un produto fabricado a partir da madeira.

O mesmo ocorre cos AEE: para facer o plástico que levan case todos os aparellos é preciso usar petróleo, e para fabricar moitos compoñentes electrónicos que le-van os teléfonos móbiles é necesario un mineral moi escaso que se chama coltán.

Obter eses recursos da natureza supón un alto custo ambiental e, en ocasións, moitos problemas sociais (mesmo guerras) por conseguilos. A iso hai que sumar-lle os problemas de contaminación que provocan eses aparellos cando deixan de seren útiles, cando se converten en lixo. Por iso é fundamental facer un consumo responsable desde a propia adquisición do produto ata que nos desfacemos del.

pRO

duciÓn distRibuciÓ

n cOnsumO REcic

lAxE

7

8

Page 14: UNIDADE DIDÁCTICA · GUÍA DE TRABALLO Esta Unidade Didáctica está pensada para iniciar ás nenas e nenos de in-fantil e primeiros anos de primaria no coñecemento dun tipo específico

12

3. A ONDE VAI CADA RESIDUO? Para evitar os graves danos que provocan todos os residuos que xeramos no noso día a día debemos xestionalos correctamente a través do que se coñece como modelo multierre:

Para contribuír a implantar unha economía circular baseada en converter os residuos en recursos, debemos comezar por reducir os residuos que xeramos (consumindo menos), repensar, reutilizar e redistribuír os aparellos que temos (non desfacernos de aparatos que aínda funcionan buscándolles outros usos ou persoas ás que poidan seren útiles, a través de tendas de segunda man etc). E, sobre todo, reciclalos correctamente, separando cada residuo no lugar habilitado co fin de recuperar materiais e enerxía.

Os RAEE deben ser tratados por empresas especializadas xa que conteñen substancias que poden ser daniñas se as manipulamos e outras que poden aproveitarse en novos aparellos.

REPENSAR

REDESEñAR

REFABRICAR

REPARAR

REDISTRIBUÍR

REDUCIR

REUTILIzAR

RECICLAR

RECUPERAR A ENERXÍA

guíA dE tRAbAllO:

► Materia orgánica → contedor tapa verde ou marrón

► Papel e cartón → contedor azul

► Envases lixeiros → contedor amarelo

► Vidro → contedor de vidro

► Roupa e calzado en bo estado → contedor de roupa

► Pilas, medicinas, cartuchos de tinta etc → contedores específicos

► RAEE: para que non contaminen debemos entregalo nos seguintes puntos de reciclaxe:

puntO limpO:

Podemos levar directamente o RAEE ao punto limpo do noso municipio.

cOmERciOs E distRibuidOREs:

▶ Cando compramos un aparello novo, podemos entregar o vello no comercio no que mercamos. Aínda que a compra se faga por internet!

▶ Os comercios que teñen unha superficie mínima de 400 m2 dispoñen de espazos para recoller gratuitamente RAEE moi pe-quenos (de menos de 25 cm).

Page 15: UNIDADE DIDÁCTICA · GUÍA DE TRABALLO Esta Unidade Didáctica está pensada para iniciar ás nenas e nenos de in-fantil e primeiros anos de primaria no coñecemento dun tipo específico

13

4. USAMOS BEN OS AEE, COIDAMOS O PLANETA 4.1. plAnEtA En pERigO:

Aumento da poboación: ▶ Imperio romano: 200 millóns de habitantes ▶ Idade Media: 500 millóns▶ Mediados do s. XX: 2.500 millóns ▶ Na actualidade: 7.000 millóns

Esgotamento de recursos: ▶ Desaparecen 1.000 árbores por segundo.▶ Perda da biodiversidade: cada hora desaparecen 3 especies, cada día desaparecen 75.

incremento de residuos e contaminación: ▶ 1.500 kg de lixo por persoa cada ano.▶ Uns 6 kg de RAEE por persoa cada ano: a maior parte dos RAEE, en tor-no a un 75 %, non se sabe a onde vai porque non se deposita nos lugares apropiados.

4.2. usAmOs bEn Os AEE:

▶ Mercamos só o que precisamos.▶ Tentamos arranxar o que se estraga.▶ Reutilizamos: podemos darlles novos usos ou buscar outros lugares (outro cuarto, a casa dos avós…) onde sexan útiles. Por exemplo, se precisamos un ordenador máis potente podemos deixar o que usabamos a alguén máis pequeno. E se non ten utilidade para nós, pode tela para outras persoas: po-demos levalo ao punto de reciclaxe ou a un comercio de segunda man onde o pode adquirir alguén que o precise máis barato que un aparello novo.▶ Cando se estraga definitivamente, levámolo aos puntos de reciclaxe para darlle unha nova vida a todos os materiais que compoñen o aparello.

Entra na nosa web:http://www.oqueseenchufareciclase.gal/osbolechasÚNETE AO MOVEMENTO RAEE DOS BOLECHAS

Ilustracións e textos: Pepe Carreiro / Estudio CarreiroISBN: 978-84-17702-40-3Depósito Legal: C 2182-2018Impreso en Galicia

Page 16: UNIDADE DIDÁCTICA · GUÍA DE TRABALLO Esta Unidade Didáctica está pensada para iniciar ás nenas e nenos de in-fantil e primeiros anos de primaria no coñecemento dun tipo específico