unidade 3 mellores brancos ou negros?

16
Mellores brancos ou negros? A orixe das diferenzas raciais Unidade 3

Upload: nieveslopez

Post on 20-Jul-2015

143 views

Category:

Education


4 download

TRANSCRIPT

Page 1: Unidade 3 Mellores brancos ou negros?

Mellores brancos ou negros? A orixe das diferenzas raciais

Unidade 3

Page 2: Unidade 3 Mellores brancos ou negros?

A orixe das diferenzas raciais

• Razas humanas

• A orixe da diversidade humana

Page 3: Unidade 3 Mellores brancos ou negros?

A orixe das diferenzas raciais

• Razas humanas

Page 4: Unidade 3 Mellores brancos ou negros?

Razas humanas

• En Antropoloxía, as razas humanas refírense a grupos en que se subdividen os seres humanos de acordo con diversos sistemas de clasificación usados especialmente entre os séculos XVIII e meados do XX.

Page 5: Unidade 3 Mellores brancos ou negros?

Razas humanas

• A partir dos anos 1950 e 1960, estes sistemas de clasificación caeron en desuso coa chegada de novas correntes antropolóxicas que consideraban non científico o uso do concepto de raza.

• A xenética veu reforzar esta idea: as diferenzas xenéticas entre as distintas tipoloxías humanas non superan o 0,01 %.

Page 6: Unidade 3 Mellores brancos ou negros?

Razas humanas• Sen embargo, ata o

desenvolvemento da xenética, os prexuízos racistas impregnaron os estudos da antropoloxía clásica.

• Así, a craneometría, que impulsou P. Broca no s. XIX, pretendeu xustificar a diferenciación racial baseándose no tamaño do cranio humano, segundo o grupo ao que pertencía. Logo desbotaríase esta teoría por carecer de fundamento algún.

Page 7: Unidade 3 Mellores brancos ou negros?

Razas humanas• Sen embargo, ata o

desenvolvemento da xenética, os prexuízos racistas impregnaron os estudos da antropoloxía clásica.

• Así, a craneometría, que impulsou P. Broca no s. XIX, pretendeu xustificar a diferenciación racial baseándose no tamaño do cranio humano, segundo o grupo ao que pertencía. Logo desbotaríase esta teoría por carecer de fundamento algún.

Page 8: Unidade 3 Mellores brancos ou negros?

Razas humanas• Posteriormente, os test de

intelixencia (C.I.) tamén serviron para discriminar aos individuos segundo o seu nivel de intelixencia. Intentouse relacionar ás razas cos niveis de intelixencia, sen ter en conta a discriminación social e pobreza que acompañaba a estes colectivos. Desde os 60, este método de diferenciación racial, rexeitouse, pois sábese que as capacidades intelectuais para a aprendizaxe e a evolución cultural son similares en toda a especie humana.

Page 9: Unidade 3 Mellores brancos ou negros?

Razas humanas• “Somos moi pouco distintos. Acostumados a resaltar a diferenza entre pel branca e pel

negra, ou entre as estruturas faciais, tendemos a crer que hai grandes diferenzas entre europeos, africanos, asiáticos, etc. En realidade, os xenes responsables destas diferenzas visibles son os que cambiaron en resposta ao clima. Quenes hoxe viven nos trópicos ou no ártico tiveron que adaptarse ás condicións locais no transcurso da evolución. Non pode haber demasiada variación individual nos caracteres que controlan a nosa capacidade para vivir no noso medio. Tamén debemos ter en conta outra necesidade: os xenes que responden ao clima inflúen sobre caracteres externos do corpo, porque a adaptación ao clima require sobre todo que haxa modificacións na superficie do corpo (que é a nosa interfase co mundo exterior). Ao ser exteriores, estas diferenzas raciais saltan á vista, e automaticamente pensamos que no resto da constitución xenética debe haber diferenzas da mesma envergadura. Pero non é así: no resto da nosa constitución xenética diferenciámonos pouco.

• […] Así pois, as diferenzas entre as “razas” […] son bastente limitadas e máis cuantitativas que cualitativas. Por termo medio, dentro dos continentes estas diferenzas son todavía menores. Vistas as cousas aí, a confusión, as grandes traxedias e as crueldades a que deu lugar a diversidade racial no mundo son, en palabras de Macbeth, “unha historia contada por un idiota, chea de griterío e de furia, que non significa nada”.

• Luca e Francesco Cavalli-Sforza, Quienes somos. Historia de la diversidad humana. Ed. Crítica, pp.140-142.

Page 10: Unidade 3 Mellores brancos ou negros?

A orixe das diferenzas raciais

• A orixe da diversidade humana

Page 11: Unidade 3 Mellores brancos ou negros?

A orixe da diversidade humana

Page 12: Unidade 3 Mellores brancos ou negros?

A orixe da diversidade humana• O modelo multirrexional

propón que o home moderno ten a súa orixe en diferentes poboacións a partir do homo erectus, oriundo de África pero cunha antigüidade de 2 millóns de anos. Estas poboacións diferenciadas a partir de tan alonxado momento daría lugar, por separado, ao home moderno, coincidindo coas diferentes razas actuais.

Page 13: Unidade 3 Mellores brancos ou negros?

A orixe da diversidade humana• Os valiosísimos descubrimentos en

Atapuerca prestaron apoio a este modelo "multirrexional" ou "de candelabro". A contribución dos fósiles de Atapuerca a este modelo básease no seguinte: o equipo de investigación español atopou fósiles atribuídos a unha nova especie, 'H. antecessor', cuxos restos máis antigos datan os primeiros 'Homo' europeos fai 780.000 años. Se, como se postula, 'H. antecessor' foi antepasado directo de todas as especies europeas de 'Homo', nós incluídos, entón estes primeiros poboadores non se terían extinguido tras ser invadidos posteriormente por 'H. sapiens' procedentes de Africa, como afirmaría a teoría da "Eva mitocondrial", senón que evolucionarían de forma independente cara a nosa especie mentres os grupos asiáticos e africanos facían o propio.

Page 14: Unidade 3 Mellores brancos ou negros?

A orixe da diversidade humana• As primeiras evidencias xenéticas apoiaron

a hipótese chamada "Out of Africa" tamén chamada da "Eva mitocondrial", do "Arca de Noé" ou do “Xardín do Edén", segundo a cal todos os homes modernos temos a nosa orige nunha pequena poboación africana que viviu fai 200.000 anos, e da cal unha soa liñaxe materna sobreviviu. Así, todos seríamos descendentes dunha única nai común, cuxa herencia gardamos no noso ADN mitocondrial, as secuencias xenéticas contidas na parte da célula que suministra enerxía, que só a nai transmite a toda a súa descendencia. A emigración dos descendentes desta "Eva" primixenia cara Asia e Europa resultaría na extinción dos grupos locais preexistentes, entre eles as últimas poboacións asiáticas de 'H. erectus' e o 'H. neanderthalensis' europeo, sucesor do 'H. heidelbergensis'

Page 15: Unidade 3 Mellores brancos ou negros?

A orixe da diversidade humana

Page 16: Unidade 3 Mellores brancos ou negros?

A orixe da diversidade humana• A Teoría multirrexional foi proposta por

paleontólogos e está sustentada polo rexistro fósil, mentres que á Teoría da orixe africana recente a respalda a evidencia dos estudos xenéticos con resultados cun amplo marxe ao seu favor. Ademais, as Teorías baseadas no rexistro fósil teñen a problemática de ser incompletas, cheas de ocos difíciles de interpretar. Por outra parte é difícil descartar completamente unha Teoría multirrexional máis complexa con intercambio entre poboacións, aínda que para que isto puidera ter sido así, tería que ter habido un fluxo de xenes suficientes entre poboacións xeograficamente moi distanciadas ao longo de 2 millóns de anos, e para elo a poboación debería de ter sido moi grande, permitindo ese fluxo xenético entre as poboacións, o cal a evidencia do rexistro fósil non apunta nesa dirección. De todas formas, ámbalas dúas teorías propoñen a orixe do home moderno en África, aínda que difiren no momento en que esta emigración se levou a cabo.