unidade 04 simbolos galicia

5

Upload: anilla68

Post on 23-Jun-2015

1.197 views

Category:

Education


5 download

TRANSCRIPT

Page 1: Unidade 04 simbolos galicia
Page 2: Unidade 04 simbolos galicia

Os símbolos de Galicia son:

A bandeira

A actual bandeira branca con banda azul provén da que tiña a Comandancia

da Mariña da Coruña. Primeiro foi adoptada

polos emigrantes e máis tarde asumida pola Galicia

peninsular.

A bandeira de Galicia é, segundo recolle o Artigo 6 do Estatuto de

Autonomía, "branca cunha banda diagonal de cor azul que a travesa desde o ángulo superior

esquerdo ao inferior dereito".

Page 3: Unidade 04 simbolos galicia

O escudo O escudo de Galicia presenta, sobre un campo azul, un cáliz de ouro cunha

hostia de prata e sete cruces recortadas do mesmo metal.

As sete cruces correspóndense coa anterior división provincial de Galicia (Santiago, Betanzos, Mondoñedo, Tui,

Lugo, Ourense e Pontevedra). Esta división desapareceu no ano 1833,

dando paso a actual división.

Con case un milenio de antigüidade, o Santo Grial é o símbolo histórico que

representou máis antigamente a Galicia como institución política.

A representación gráfica das armas do Reino Galego foi evolucionando

continuamente a través dos séculos; do orixinario Grial cerrado nun relicario

pasouse á súa representación en forma abierta, como cáliz.

Page 4: Unidade 04 simbolos galicia

O hino

O hino galego conxuga o poema Os pinos de Eduardo Pondal cunha composición musical de

Pascual Veiga.

O nome de Galicia non figura no poema, sendo substituído por fogar de Breogán. Foi interpretado

por primeira vez en 1907 na Habana, Cuba.

ESCOITAMOS

Page 5: Unidade 04 simbolos galicia

¿Que din os rumorososna costa verdecente,ao raio transparentedo prácido luar?

¿Que din as altas copasde escuro arume arpadoco seu ben compasadomonótono fungar?

Do teu verdor cinguidoe de benignos astrosconfín dos verdes castrose valoroso chan,

non des a esquecementoda inxuria o rudo encono;desperta do teu sonofogar de Breogán.

Os bos e xenerososa nosa voz entendene con arroubo atendeno noso ronco son,

máis só os iñorantese féridos e duros,imbéciles e escurosnon nos entenden, non.

Os tempos son chegadosdos bardos das edadesque as vosas vaguedadescumprido fin terán;

pois, onde quer, xigantea nosa voz pregoaa redenzón da boanazón de Breogán.

Ver vídeo

Versión Karaoke