un tren cargado de misterios - anaya infantil y juvenil...• edebé 1994 con trece anos de branca....

8
1 Un tren cargado de misterios XERAIS Título: Un tren cargado de misterios Autor: Agustín Fernández Paz Ilustrador: Enjamio Editorial: Xerais Colección: Merlín Nº páxinas: 56 ISBN: 84-8302-691-0 Idade: de 7 anos en diante

Upload: dinhthuan

Post on 22-Jan-2019

219 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

1

Un tren cargado de misterios

XERAIS

Título: Un tren cargado de misterios

Autor: Agustín Fernández Paz

Ilustrador: Enjamio

Editorial: Xerais

Colección: Merlín

Nº páxinas: 56

ISBN: 84-8302-691-0

Idade: de 7 anos en diante

2

o autorAgustín Fernández Paz

Pode considerarse un dos máximos expoñentes da literatura infantil e xuvenil galegaactual. Conta cunha producción ampla e variada, tanto en narración curta como ennovela, e moitos dos seus libros están traducidos a outras linguas. Ten acadado pre-mios de gran prestixio neste campo:

• Merlín 1989 por As flores radiactivas.• Edebé 1994 con Trece anos de Branca.• Lazarillo 1990 con Contos por palabras.• Premio Rañolas 1995 por Cartas de inverno.• Premio Raíña Lupa 1998 por Cos pés no aire .• Formou parte da Lista de Honor de IBBY e da Lista de Honor da CCEI en máis

dunha ocasión.• Foi finalista do Premio Nacional de Literatura Infantil.

Nado na terra Cha no 1947, traballa na comarca de Ferrol e, posteriormente, enVigo, no campo do ensino, tanto enprimaria como en secundaria, desta-cando o seu labor ó fronte de move-mentos de renovación pedagóxicacomo Avantar e Nova Escola Galega.Estudioso da literatura infantil exuvenil galega, así coma do cómic,ten influído na divulgación e presti-xio destes campos. Tamén é impor-tante a súa achega na galeguizacióneducativa.

3

resumo argumentalDesde a fiestra do seu cuarto, Ana ve pasar o tren todos os días á mesma hora. Untren que nunca para, porque onde a nena vive non hai estación. Un día o ferrocarrildetense ó pé da casa e Ana recibe a invitación do revisor para subir a el. Percorrendoos vagóns Ana irá atopándose con diferentes personaxes que lle farán entrega dunhacaixa a cambio de acertar unha adiviña. Neste traxecto diferentes países e civiliza-cións se irán facendo visibles nunha especie de volta ó mundo en seis vagóns e unhamáquina. Cando ó voltar á casa, Ana xunta as caixas, descobre que as pezas encaixane aparece o «Libro das infinitas historias».

ilustraciónAs ilustracións están realizadas por Enjamio, un artista plástico nado en Cuba no1962 e que traballa en Galicia, no eido da ilustración, a partir de 1994.Destacan entre as súas obras as publicacións O home que non quería soñar, Na foguei-ra dos versos, A aventura das cores, Contos marabillosos II, Carlota a marmota, O gatocon botas e Animais de compañía(seleccionado na White Ravens daBiblioteca Internacional de Múnic en1998). Tamén obtivo o Premio deCartel Ilustrado outorgado polaOEPLI en 1997.Os debuxos son moi persoais e ascomposicións estudiadas, recoñecén-dose con facilidade o estilo do autor.Neste caso traballa con lapis e a todacor, elaborando unhas ilustraciónsesquemáticas ó tempo que xoga conelementos infantís e dun certo primi-tivismo. Un paxaro con rastro decores vai atravesando as follas dolibro engadíndolle unidade. O feitode que determinados textos vaianescritos a cores fai que este resultemáis atraente, e pode considerarseunha opción moi interesante e ade-cuada á narración.

4

temáticaA fantasía

¿É realidade ou fantasía a viaxe en tren? A palíndromo «Os soños sÓ /Nos soños soños soN» puidera ser a clave para entender esa viaxe nunpequeno tren que para na porta da casa para recoller a nena e onde todas

as personaxes coñecen a Ana. Cando non se dirixen a ela, deixan de facerlle caso,coma se non a viran, coma se Ana se fixera invisible… ¿Acaso esto non lembra asfollas dun libro que interactúan contigo só cando as estás lendo? Hai quen viaxa coaimaxinación e hai quen o fai por medio de libros, de feito hai libros de viaxes… Oslibros igual que as viaxes fan que coñezamos mellor o mundo, que o entendamos epoidamos querelo respectándoo.

A intriga

O mesmo título fala de misterios. O relato vaise construíndo baseándo-nos nuns banzos nos que se avanza descubrindo a resposta ás adiviñas emáis tarde construíndo un crebacabezas. ¿A onde é que leva o tren?

¿Non é casualidade que revisor e maquinista sexan xemelgos? ¿Que conteñen as cai-xas? ¿Que historias se contarán nese libro que aparece ó final?… Son preguntas quenos imos facendo ó longo da lectura.

Xogos coas palabras

A lingua permite xogar con ela, é un dos seus valores e algo que debe-mos ter moi en conta nestas idades. As adiviñas, os trabalinguas, ospareados… van aparecendo no libro facendo que se mesturen os versos

coa prosa. As adiviñas teñen un papel fundamental porque son as que dan pé a quea nena vaia conseguindo os presentes, caixas, que ó final serán pezas dun puzzle queó encaixarse darán lugar a un libro. Pero non só hai adiviñas na forma convencional,tamén se presenta outro xogo de adiviñas ó achegar o autor uns poucos datos doslugares polos que está pasando o tren e ter que completalos o lector, por exemplodetrás da torre Eiffel e madame Paulet estará París, Francia, Europa; a India recoñe-cerase pola postura meditativa de Maharsi Shankar, a cor da pel das xentes que se vene a paisaxe de palacios abandonados na selva…Outro elemento fundamental no libro son os palíndromos, como se ve na presenta-ción do mesmo, citando uns do libro A torre da derrotA de Gonzalo Navaza ou a elec-ción do nome da protagonista AnA. Ó longo do texto irán aparecendo outros comoo nome da nena representante dos países andinos Luz azuL. Tamén se xoga coaspalabras cando se utiliza unha linguaxe poética comparando, creando imaxes.

5

temáticaOutros xogos

Pódense considerar tamén enredos culturais ou xogos literarios outrasachegas do autor como serían as referencias a outras obras literarias (A Bela Dormente cando se fala do palacio abandonado na India, páx. 26),

a estructura circular do libro que remata coa volta da protagonista á casa de ondepartira ó principio do relato ou o feito de que comece e remate coa cita do palín-dromo, o libro dentro do libro (o libro é un protagonista esencial do libro, é o grantema, o resultado de todas as pescudas; de feito, nós estamos lendo un libro sobre oencontro dunha nena cun libro), o libro como palíndromo (co libro foi quen de ima-xinar a viaxe en tren / a viaxe en tren deu lugar a un libro)…

O mundo diverso e plural

Tal como aparece nese tren. Uns vagóns son pobres e a xente vai amo-reada neles, outros representan os países ricos e cada persoa ten o seuasento. Á parte das desigualdades entre os chamados desenvoltos e sub-

desenvoltos, están as diferencias xeográficas e culturais que fan que o planeta sexa máisvariado e rico. Nesta multiplicidade de cores, músicas ou paisaxes tamén habería queincluír as literaturas, os relatos que cada pobo vai creando ó longo da historia.

O valor dos libros

O libro como obxecto máxico que recolle as historias fermosas que aspersoas foron creando ó longo do tempo, en calquera país do mundo, paraaxudarnos a soñar e a vivir. Este é o final do libro. O mellor agasallo.

«Os soños sO / nos soños soños son».Recoñecer o libro como obxecto que permite o entretemento e a información, queaxuda á imaxinación e ó coñecemento.Este é un libro que fala de libros, un texto de animación á lectura.

6

actividadesAs actividades que se propoñen han de considerarse un abano de posibilidades quese nos abren para que poidamos escoller aquelas que nos parezan máis adecuadas ónoso grupo de traballo. Algunha delas poderemos realizala en gran grupo e comointercambio de ideas, outras será máis interesante a súa execución por grupos e porescrito, outras individualmente… Trátase de elixir e adaptar.Debemos comezar por situarnos nunha actitude de xogo aberto no que todo é váli-do con tal de que se lea e se goce. Aceptaremos todas as lecturas, as posibles inter-pretacións sempre que nolas expliquen un pouco; tampouco hai por que ser dema-siado esixentes e poñer ó alumnado en situación de tensión, o interesante é que sin-tan o gusto por opinar e por descubrir o que hai agachado detrás das páxinas ou den-tro das caixas. Nese senso fíxose o comentario das temáticas que aparecen no texto,dunha maneira libre e lúdica.Así, moitas das actividades terán, tamén, un carácter pouco pechado. A lectura com-pleméntase coa escritura, polo que trataremos de provocalos para que se expresenunhas veces por escrito e outras falando.

A actividade, que poderiamos realizar antes da lectura, «¿Qué misterios cres que cargao tren?» respondería a estas premisas, ou a proposta de novos títulos para a obra despoisde coñecela.

Outras actividades realizaranse arredor de elementos que aparecen no texto:

Palíndromos

Mostrarlles «A torre da derrotA» para que coñezan e gocen ese tipo de libro, e taménpara que vaian descubrindo outros palíndromos.Que busquen novos palíndromos ou palabras capicúas: oso, asa, ata, ala, ama…Observar outro tipo de palabras que tamén se poden ler do revés pero non co mesmosignificado: Roma – amor…Comparar os palíndromos cos números capicúas.

Pareados

Buscar os do texto e crear outros ata o punto de poder manter unha conversa «pareada».

Adiviñas

Anotar as que aparecen no libro coa solución e achegar cada alumno e alumna un núme-ro determinado de novas adiviñas. Se hai tempo poderíase chegar á creación dalgunha.

7

actividadesXogar a adiviñar países en base a uns datos que se irán ampliando mentres non seacerte; con cada nova pista diminuirá a puntuación. Pódese facer por grupos, divi-dindo o grupo clase en dous ou máis que compiten ente sí, no concurso «De onde éque falamos?»

Recursos literarios

«A locomotora bufa coma un animal xigantesco que lles abre paso ós vagóns queveñen detrás». A partir desta comparación pódense facer outras.Buscar que comparación hai detrás dalgunha imaxe, observar a que se está referindoo autor, por exemplo, en «Mar de herba verde» / «O mar verde do val». Debuxar oque lles suxire. Crear outras: Mar de edificios grises / O mar gris da cidade…

Xeografía

Buscar datos sobre os continentes ou países polos que vai pasando Ana ó longo dolibro. Poden facelo por equipos de maneira que logo se poida facer unha posta encomún en forma de exposición de materiais, vídeos, música… Pódese traballar conalgúns dos materiais das ONG (Mans Unidas ten carpetas dos diferentes continentes).Coloquio en torno á temática dos países pobres e ricos, as razóns da emigración, ossen papeis… noticias que se escoitan ó respecto.Cada personaxe ten un nome que é característico da lingua e país ¿Por que non pro-bar a inventar nomes de cidadáns de diferentes lugares?

Os libros

A lectura ha de ser un estímulo para a escrita, ha de dar pé a contar e a escribir.Para qué nos serven. Cáles nos gustaron moito. Que cada un deles presente o seulibro preferido.Posibilidade de facer un libro entre todos «Libro das infinitas historias» no que cadaalumno/a escriba un conto ou recolla unha narración contada por unha persoa adulta.

Experiencias

Os pais de Ana tíñanlle prometido que un día irían ata a estación máis próxima ecollerían o tren para facer unha viaxe… Seguro que a cada rapaz e a cada rapaza lleteñen feito promesas que unhas veces foron cumplidas e outras aínda non. Este podeser un tema para traballar individualmente.

8

actividadesSensacións

«O primeiro que escoita é un ruído apagado, aló ó lonxe, que vai medrando en inten-sidade a medida que o convoi se achega». Cada alumno/a pode explicar algúnmomento no que lle teña sucedido algo así.«Vía como a súa casa se ía facendo cada vez máis pequena ata converterse nun puntono horizonte». Poden relatar algún momento no que lles teña sucedido algo así.

Exposicións

A lectura dun libro sempre se ve motivada se realizamos actividades que estean relacio-nadas con el. Por eso é conveniente que mentres dura a lectura un grupo se faga res-ponsable de buscar na biblioteca escolar (e incluso na municipal tamén) outras obras domesmo autor para poder realizar unha exposición. Esta pode ser a ocasión máis favora-ble para deterse naqueles libros adecuados para estas mesmas idades como pode ser A cidade dos desexos, e que poden convertirse en posteriores lecturas para aquel alumna-do que está interesado en seguir co mesmo autor. O profesor ou profesora podería entónpresentarlles ese libro, ensinarllo, falarlle del, lerlle en voz alta un texto escollido…As exposicións poden xirar tamén en torno ó xénero ou á temática, neste caso pode-rían ser as viaxes, os trens, os libros que tratan de libros…A exposición pode facerse, tamén, de libros ilustrados polo mesmo debuxante. Unhamaneira de ir valorando ese traballo que ás veces queda un pouco oculto.

Pedidos a:

Comercial Grupo AnayaP o l í g o n o d e B e r g o n d o1ª Travesía - Parcela B115.165 Bergondo (A Coruña)Telf.: 981 795 656 / Fax: 981 795 660

EDICIÓNS XERAIS DE GALICIA

XERAISDoutor Marañón, 12. 36211 VigoApartado Postal 1446. 36200 VigoTeléfonos (986) 21 48 88 - 21 48 80T e l e f a x : ( 9 8 6 ) 2 0 1 3 6 6Correo electrónico: [email protected] t t p : / / w w w . x e r a i s . e s /