un programa de futuro para o moble - aestradadixital.org 2.pdf · o programa a estrada dixital...

2
A gran aposta de aestradadixital pola industria do moble, o progra- ma Moblenet, segue adiante. Nes- tes días vénse de por en marcha a segunda fase da iniciativa, que dotará a trece empresas do mu- nicipio co módulo de fabricación. O sector do moble estradense situarase pois na vangarda tec- nolóxica grazas a esta actuación canalizada por medio da Asocia- ción Comarcal de Empresarios da Estrada (ACE), que colabora de xeito exemplar con aestrada- dixital. Nesta segunda fase de Mo- blenet, trala primeira dedicada ao deseño, as empresas participantes contarán con módulos de fabrica- ción, mecanizados , optimización de taboleiros e contabilidade. Es- ta ferramenta de xestión integral xa está en 13 fábricas estradenses que se adheriron á segunda fase, cunha dotación de 45.000 euros, o mesmo orzamento destinado anteriormente á primeira parte do programa. Estas empresas obterán un nivel de informatización alto con esta nova ferramenta que, sen dúbida ningunha, permitirá opti- mizar recursos e mellorar a pro- Un programa de futuro para o moble ducción na industria do moble, un dos piares básicos da economía estradense. Na fase anterior do- táronse quince empresas da lo- calidade cunha aplicación de de- seño en tres dimensións que se enlazará agora cos módulos co- rrespondentes a esta nova etapa. Debido ao interese amosado polo sector nesta actuación, aestrada- dixital tamén se comprometeu a formar un técnico con experiencia nas aplicacións que forman parte do programa e tamén a asumir os gastos correspondentes a 520 ho- ras de asistencia técnica “in situ” nas empresas que participan en Moblenet. A iniciativa comezou xestarse dende aestradadixital a finais do ano pasado. A empresa Simsa, de Barcelona, foi a elixida para dotar ás empresas co programa Teowin, que contén os dous módulos. Pa- ra a primeira fase a Consellería de Innovación e Industria achegou 45.000 euros, cantidade que lo- go aestradadixital decidiu dobrar para a segunda etapa, coa mello- ra da fabricación. Doutra banda, o programa Teowin tamén se utiliza como ferramenta didáctica no IES Antón Losada Diéguez, onde se imparte o ciclo de formación da Madeira e do Moble. Os alumnos desta especialidade xa coñeceron o curso pasado as vantaxes e a versatilidade deste programa pio- neiro, toda unha aposta decidida para un sector estratéxico. Den- de aestradadixital hai en marcha outros programas específicos de carácter sectorial, coma o do sec- tor gandeiro, o de comercio ou o de turismo rural, entre outros. COLABORACIÓN Na sede da Ace celebráronse diversas reunións entre aestradadixital e os representantes do sector boletín informativo Xa está en marcha a segunda fase de Moblenet, co módulo dedicado á fabricación SECTORES PRODUTIVOS a sociedade do coñecemento como impulsora do benestar social A OPINIÓN DOS MOBLEIROS “Vaise mellorar a xestión de almacenaxe e custes” Juan Torres, da empre- sa Ideate, destaca de entre as vantaxes do programa, a súa capa- cidade “se se lle dá o uso que se pretende”. Ademais de mellorar o deseño de mobles, To- rres asegura que tamén se alcanzará unha máis eficiente xestión de almacenaxe e no que respecta aos custes de produción. “Podes deseñar todo o que queiras , gardalo, despezar, mecanizar...optimízase to- do o traballo”, engade o empresario estraden- se. Torres coida que o módulo de fabricación “é o complemento perfecto ao de deseño”. “Aporta interactividade, algo imposible co debuxo” Dende Fecama, Adolfo Casal valora moi posi- tivamente a utilización deste programa, xa que “permite facer un- ha presentación en 3D con movemento e inte- ractividade, algo impo- sible co debuxo a man”. Esta posibilidade, mellora en grande medida a presentación de cara ao cliente. “Se che piden cambiar un módulo do deseño, por exemplo caixóns onde antes había unha porta, póde- lo reformar no mesmo momento, diante do cliente, conseguindo incluso o novo orzamen- to con só pulsar a tecla de intro”. “A súa gran vantaxe é a axilización que permite” En Mobles Puga xa co- mezan a ver as posibli- dades do Teowin malia que aínda están a ins- talar os primeiros pa- rámetros do programa. Xosé Ramón Puga sina- la que a súa gran van- taxe “é a axilización que permite no deseño”. Deste xeito, advirte que se pode “ofrecer ao cliente unha gran varie- dade de propostas e concede a posibilidade de calcular o custe final do producto de xeito inmediato. Ademais, Puga resalta a versati- lidade para crear “os teus propios deseños, combinándoos de múltiples formas”.

Upload: hoangkhanh

Post on 17-Dec-2018

217 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

A gran aposta de aestradadixital pola industria do moble, o progra-ma Moblenet, segue adiante. Nes-tes días vénse de por en marcha a segunda fase da iniciativa, que dotará a trece empresas do mu-nicipio co módulo de fabricación. O sector do moble estradense situarase pois na vangarda tec-nolóxica grazas a esta actuación canalizada por medio da Asocia-ción Comarcal de Empresarios da Estrada (ACE), que colabora de xeito exemplar con aestrada-dixital.

Nesta segunda fase de Mo-blenet, trala primeira dedicada ao deseño, as empresas participantes contarán con módulos de fabrica-ción, mecanizados , optimización de taboleiros e contabilidade. Es-ta ferramenta de xestión integral xa está en 13 fábricas estradenses que se adheriron á segunda fase, cunha dotación de 45.000 euros, o mesmo orzamento destinado anteriormente á primeira parte do programa.

Estas empresas obterán un nivel de informatización alto con esta nova ferramenta que, sen dúbida ningunha, permitirá opti-mizar recursos e mellorar a pro-

Un programa de futuro para o moble

ducción na industria do moble, un dos piares básicos da economía estradense. Na fase anterior do-táronse quince empresas da lo-calidade cunha aplicación de de-seño en tres dimensións que se

enlazará agora cos módulos co-rrespondentes a esta nova etapa. Debido ao interese amosado polo sector nesta actuación, aestrada-dixital tamén se comprometeu a formar un técnico con experiencia

nas aplicacións que forman parte do programa e tamén a asumir os gastos correspondentes a 520 ho-ras de asistencia técnica “in situ” nas empresas que participan en Moblenet.

A iniciativa comezou xestarse dende aestradadixital a finais do ano pasado. A empresa Simsa, de Barcelona, foi a elixida para dotar ás empresas co programa Teowin, que contén os dous módulos. Pa-ra a primeira fase a Consellería de Innovación e Industria achegou 45.000 euros, cantidade que lo-go aestradadixital decidiu dobrar para a segunda etapa, coa mello-ra da fabricación. Doutra banda, o programa Teowin tamén se utiliza como ferramenta didáctica no IES Antón Losada Diéguez, onde se imparte o ciclo de formación da Madeira e do Moble. Os alumnos desta especialidade xa coñeceron o curso pasado as vantaxes e a versatilidade deste programa pio-neiro, toda unha aposta decidida para un sector estratéxico. Den-de aestradadixital hai en marcha outros programas específicos de carácter sectorial, coma o do sec-tor gandeiro, o de comercio ou o de turismo rural, entre outros.

COLABORACIÓN Na sede da Ace celebráronse diversas reunións entre aestradadixital e os representantes do sector

boletín informativo

Xa está en marcha a segunda fase de Moblenet, co módulo dedicado á fabricación

SECTORES PRODUTIVOS

a sociedade do coñecemento como impulsora do benestar social

A OPINIÓN DOS MOBLEIROS

“Vaise mellorar a xestión de almacenaxe e custes”Juan Torres, da empre-sa Ideate, destaca de entre as vantaxes do programa, a súa capa-cidade “se se lle dá o uso que se pretende”. Ademais de mellorar o deseño de mobles, To-rres asegura que tamén se alcanzará unha máis eficiente xestión de almacenaxe e no que respecta aos custes de produción. “Podes deseñar todo o que queiras , gardalo, despezar, mecanizar...optimízase to-do o traballo”, engade o empresario estraden-se. Torres coida que o módulo de fabricación “é o complemento perfecto ao de deseño”.

“Aporta interactividade, algo imposible co debuxo”Dende Fecama, Adolfo Casal valora moi posi-tivamente a utilización deste programa, xa que “permite facer un-ha presentación en 3D con movemento e inte-ractividade, algo impo-sible co debuxo a man”. Esta posibilidade, mellora en grande medida a presentación de cara ao cliente. “Se che piden cambiar un módulo do deseño, por exemplo caixóns onde antes había unha porta, póde-lo reformar no mesmo momento, diante do cliente, conseguindo incluso o novo orzamen-to con só pulsar a tecla de intro”.

“A súa gran vantaxe é a axilización que permite”En Mobles Puga xa co-mezan a ver as posibli-dades do Teowin malia que aínda están a ins-talar os primeiros pa-rámetros do programa. Xosé Ramón Puga sina-la que a súa gran van-taxe “é a axilización que permite no deseño”. Deste xeito, advirte que se pode “ofrecer ao cliente unha gran varie-dade de propostas e concede a posibilidade de calcular o custe final do producto de xeito inmediato. Ademais, Puga resalta a versati-lidade para crear “os teus propios deseños, combinándoos de múltiples formas”.

O PROGRAMA a estrada dixital está su-perando as expectativas no que se refire á parti-cipación cidadá en acti-vidades formativas. A falta de rematar a terceira fase do plan de formación, xa pasaron polas aulas de aestra-dadixital case cinco mil alumnos/as. Na primeira etapa, que foi só no ámbito rural (nas 51 parroquias do municipio) conta-bilizáronse un total de 1.175 alumnos, nas ca-tro aulas itinerantes. Logo, nunha segunda fase, que tamén abarcou o ámbi-to urbán, o número de inscricións chegou a superar as 2.200. Novamente, nesta terceira fa-se, o número de participantes nos cursos avanza a gran ritmo. Así, a día de hoxe, hai xa 1.200 persoas inscritas (800 no casco urbano e 400 no rural). No caso das pa-

Máis de 5.000 persoas pasaron polas aulas de aestradadixital

rroquias, os cursos impartiranse a través de oito aulas itinerantes que contan con quince equipos informáticos cada unha.

A gran demanda de forma-ción en novas tecnoloxías obrigou a ampliar o número de quendas dalgún dos módulos formativos, como son o de deseño gráfico,

páxinas web, iniciación á informática, iniciación a Internet, e fotografía dixital, entre outros. Es-ta circunstancia prolon-ga a duración desta ter-ceira fase, que continua-rá nas aulas ata febreiro de 2007, e que contará ademais con módulos formativos de iniciación a Linux, Linux avanzado, Internet avanzado, obra-doiro de redes canlea-das, obradoiro de sina-tura dixital, obradoiro de redes wireless, e macro-media flash.

Para os citados cur-sos, que son gratuítos,

o prazo de inscrición aínda segue aberto. Os interesados/as poden acudir ás oficinas de aestradadixi-tal, sitas na rúa San Antón nº 18 1º B, ou ben, poden solicitar máis in-formación no número de teléfono 986 570997, ou a través da páxina web www.aestradadixital.org, no apartado dedicado á formación.

A UNIDADE móbil de aestra-dadixital convértese nun centro de conexión á rede de redes alá por onde vai. Nestas últimas datas o bus deixouse ver no recinto feiral estradense, coin-cidindo coa XX Feira do Mo-ble de Galicia. Por alí pasaron máis de 600 persoas a relacio-narse cas novas tecnoloxías. Esta dotación é froito dun con-venio coa empresa Telefónica, que cedeu de xeito gratuito o vehículo, e aestradadixital só asumiu os gastos de rotula-ción e os equipos informáticos cos que está dotado.

A unidade móbil dixital, un punto de encontro coas novas tecnoloxías

2

AULAS O plazo de inscrición aínda segue aberto nesta nova fase que remata en febreiro

A terceira fase xa contempla 1.200 alumnos/as inscritos/as

O bus na pasada edición da XX Feira do Moble

EN RUTAFORMACIÓN

FORMACIÓN

A REDE inalámbrica de aestradadixital avanza a bo ritmo no seu despregue e instalación, sobre to-do no ámbito rural, xa que a obtención de permi-sos de comunidades de propietarios para instalar os equipos de aestradixital no ámbito urbano está a resultar, nalgún caso, moi dificultosa. De aí que os emprazamentos onde a rede que-da operativa, estarán dispoñibles para que os ci-dadáns que accedan á ela se conecten gratuita-mente ata o vindeiro día 31 de decembro, a modo de probas. A súa identificación é ‘aestradixital_PROBAS’ e o usuario que se conecte deberá ter habilitada a opción ‘obter ip automáticamente’ na súa tarxeta inalámbrica.

A rede inalámbrica xa está en probas

TECNOLOXÍAS

Plan acced@En A Estrada Dixital podes solicitar unha subvención de 180 euros (a fondo per-dido) para comprar un or-denador. ¡Non deixes pasar esta oportunidade!En cursoSe queres saber máis so-bre Linux, Internet, deseño e moito máis, aínda estás a tempo de apuntarte no plan de formación.

máis información en:www.aestradixital.org

Lembra...

AS PEQUENAS e medianas empresas (pemes) comercios e asociacións de A Estrada, xa poden contar coa súa propia páxina web a través de aes-tradadixital. O programa emprend@ ofrece ás am-presas a posibilidade de ter o seu portal sen custe ningún, coa dotación do dominio: www.nomedaempresa.aestrada.com e cinco contas de correo electrónico. aestradixital xa conta con plantillas deseñadas e os beneficiarios só terán que ache-gar a información (textos e fotografías). O aloxa-mento no servidor de aestradadixital será gratuito ata o remate do proxecto (en 2008). As bases e solicitudes están na web www.aestradadixital.org. A día de hoxe xa hai 50 entidades anotadas.

Chega un novo plan: o emprend@

INTERNET