ud asesoria lugo2.vers4 - drupalws2.deputacionlugo.org/lugo2/documentacion/unidade_didactica... ·...

44
O O 2 O 2 O 2 O 2 O 2 O 2 O 2 O 2 “Medidas para diminuír os impactos da carga gandeira no marco do proxecto LugO2: asesoramento na ecoxestión de residuos agrogandeiros”. UNIDADE DIDÁCTICA

Upload: others

Post on 01-Aug-2020

2 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: UD asesoria Lugo2.vers4 - Drupalws2.deputacionlugo.org/LugO2/documentacion/Unidade_didactica... · 6. INDICADORES MEDIOAMBIENTAIS NAS EXPLOTACIÓNS.....25 7. CONCLUSIÓNS.....30

O

O2

O2 O2

O2

O2 O2O2

O2

“Medidas para diminuír os impactos da carga gandeira no marco do proxecto LugO2: asesoramento na ecoxestión de

residuos agrogandeiros”.

UNIDADE DIDÁCTICA

Page 2: UD asesoria Lugo2.vers4 - Drupalws2.deputacionlugo.org/LugO2/documentacion/Unidade_didactica... · 6. INDICADORES MEDIOAMBIENTAIS NAS EXPLOTACIÓNS.....25 7. CONCLUSIÓNS.....30

ÍNDICE:

1. INTRODUCIÓN .................................................................................................................. 1

2. OBXECTIVOS .................................................................................................................... 3

2.1 Obxectivo xeral .......................................................................................................... 3

2.2 Obxectivos específicos............................................................................................. 3

2.3 A agricultura e o medio ambiente ........................................................................... 3

3. DESTINATARIOS .............................................................................................................. 5

4. ANÁLISE AMBIENTAL DAS EXPLOTACIÓNS ............................................................ 7

4.1 Contido da análise ambiental .................................................................................. 7

4.2 Identificación e avaliación dos aspectos medioambientais ................................ 7

4.3 Vantaxes da xestión ambiental ............................................................................... 8

4.4 A auditoría como ferramenta ambiental .............................................................. 10

4.4.1 Auditoría de residuos ..................................................................................... 11

5. OS IMPACTOS QUE OCASIONA A CARGA AGROGANDEIRA NO ÁMBITO DE

ACTUACIÓN DE LUGO2......................................................................................................... 15

5.1 A actividade agraria ................................................................................................ 15

5.2 Efectos das actividades agrogandeiras sobre o medio ambiente ................... 16

5.2.1 Impactos provocados pola agricultura ........................................................ 18

5.2.2 Impactos provocados pola gandaría ........................................................... 19

5.2.2.1 Descrición das explotacións tipo na provincia de Lugo ................... 22

5.2.2.2 Integración das actividades agrogandeiras en espazos naturais

protexidos ...................................................................................................................23

6. INDICADORES MEDIOAMBIENTAIS NAS EXPLOTACIÓNS................................. 25

7. CONCLUSIÓNS............................................................................................................... 30

Page 3: UD asesoria Lugo2.vers4 - Drupalws2.deputacionlugo.org/LugO2/documentacion/Unidade_didactica... · 6. INDICADORES MEDIOAMBIENTAIS NAS EXPLOTACIÓNS.....25 7. CONCLUSIÓNS.....30
Page 4: UD asesoria Lugo2.vers4 - Drupalws2.deputacionlugo.org/LugO2/documentacion/Unidade_didactica... · 6. INDICADORES MEDIOAMBIENTAIS NAS EXPLOTACIÓNS.....25 7. CONCLUSIÓNS.....30

GLOSARIO DE TERMOS: -Acidificación: incremento da concentración de ións hidróxeno nas solucións do

solo.

-Amoníaco: gas incoloro, máis lixeiro ca o aire, composto de hidróxeno e

nitróxeno, que se emprega na fabricación de fertilizantes nitroxenados.

-Agroecolóxico: relativo á agroecoloxía, é a aplicación dos conceptos e

principios da ecoloxía ao deseño, desenvolvemento e xestión de sistemas

agrarios sostibles.

-Agroecosistema: ecosistema sometido polo home a continuas modificacións

dos seus compoñentes bióticos (plantas e animais) e abióticos (que non son

produtos dos seres vivos).

-Agroquímico: relativo á agroquímica, parte da química que estuda os procesos

relacionados coa agricultura.

-Biodiversidade: termo que fai referencia á ampla variedade de seres vivos

sobre a Terra e aos patróns naturais que os conforman, resultado de miles de

anos de evolución segundo os procesos naturais, e tamén da influencia

crecente das actividades do ser humano.

-Capa freática: primeira capa de auga subterránea que se atopa ao realizar

unha perforación e a máis susceptible á contaminación por acción do home.

Page 5: UD asesoria Lugo2.vers4 - Drupalws2.deputacionlugo.org/LugO2/documentacion/Unidade_didactica... · 6. INDICADORES MEDIOAMBIENTAIS NAS EXPLOTACIÓNS.....25 7. CONCLUSIÓNS.....30

-Catión: ión de carga positiva, formado por un átomo que perdeu un ou máis

electróns ou por un grupo de átomos de composición definida.

-CO2 eq: é a unidade de medida universal empregada para indicar o potencial

do quentamento global do planeta que producen GEI que se atopan en menor

concentración na atmosfera que o CO2, mídese en termos de equivalencia

segundo unhas táboas establecidas nas que, por exemplo, un millón de

toneladas de metano (CH4) emitido mídese coma 23 millóns de toneladas

métricas de equivalente de CO2, ou 23 millóns de MtCO2 eq.

-Climatoloxía: disciplina que ten coma obxectivo o estudo dos climas da Terra e

a súa distribución, así coma dos seus efectos.

-Desertificación: degradación persistente dos ecosistemas producido polas

variacións climáticas e a actividade do home.

-Ecosistema: é un sistema natural vivo que está formado por un conxunto de

organismos vivos (biocenose) e o medio físico onde se relacionan, biotopo.

-Ensilado: acción de ensilar. Produto que se obtén da conservación da herba

fresca en forma de grandes masas comprimidas evitando o seu contacto co

aire.

-Erosión: conxunto de procesos que sofre o solo e que o modifican. Os

principais axentes erosivos son o vento, a auga, a amplitude térmica e a acción

dos seres vivos.

-Escorrentía: lámina de auga que circula por unha conca de drenaxe, é dicir, a

altura da auga de choiva escorrida e estendida dependendo da pendente do

terreo.

Page 6: UD asesoria Lugo2.vers4 - Drupalws2.deputacionlugo.org/LugO2/documentacion/Unidade_didactica... · 6. INDICADORES MEDIOAMBIENTAIS NAS EXPLOTACIÓNS.....25 7. CONCLUSIÓNS.....30

-Faunística: relativo á fauna, conxunto de especies animais que habitan nun

territorio determinado.

-Feces: conxunto de materiais constituído polas substancias sometidas a

dixestión e eliminadas a través do orificio anal.

-Fitosanitarios: aplícase ao produto que se emprega contra os parasitos e as

enfermidades das plantas.

-Fosa: sinónimo foxa, lugar de almacenamento de subprodutos coma o esterco

e xurros que deben estar cubertas para evitar a entrada de auga de choiva,

tamén deben estar impermeabilizadas para evitar filtracións roturas ou poros

ocultos que poidan producir fugas con risco de contaminación do solo e

acuíferos.

-Fósforo (P): xunto co nitróxeno (N) e on potasio (K), é o nutrinte que máis

incide na produción de cultivos.

-Fluxo másico: sinónimo caudal másico, é o fluxo de masa ou volume que pasa

a través dunha área de sección nun intervalo de tempo definido (Kg/s; Kg/min;

m3/s; L/h, etc.)

-Hábitat: área que reúne as características físicas e biolóxicas necesarias para

a supervivencia e reprodución dunha especie.

-Impacto ambiental: efecto que produce unha determinada acción humana

sobre o medio ambiente nos seus distintos aspectos.

-Insolubilizarse: facerse insoluble, que non se pode disolver nun líquido.

Page 7: UD asesoria Lugo2.vers4 - Drupalws2.deputacionlugo.org/LugO2/documentacion/Unidade_didactica... · 6. INDICADORES MEDIOAMBIENTAIS NAS EXPLOTACIÓNS.....25 7. CONCLUSIÓNS.....30

-Insumos: é un ben consumible empregado no proceso produtivo de outro ben.

En xeral os insumos perden as súas propiedades e características para

transformarse e formar parte do produto final. Os insumos nunha explotación

son, por exemplo, os abonos químicos, os pensos, a electricidade, etc.

-Lixiviado: líquido producido cando a auga circula e fíltrase a través de calquera

material permeable

-Microfauna: conxunto de animais microscópicos propios dun ecosistema.

-Microflora: flora microscópica do solo, está formada principalmente por

numerosas especies de fungos e bacterias que teñen unha grande importancia

nos procesos de rexeneración de nutrientes, descomposición de sustancias

orgánicas, formación e fertilización do solo.

-Micronutrientes: substancias que o organismo dos seres vivos precisa en

pequenas doses.

-Multifuncional: conxunto de accións desempeñadas pola actividade agraria,

produción de bens, servizos comerciais e non comerciais.

-Nitrato: substancia química, algúns deles empréganse coma fertilizantes dos

solos de cultivo.

-Ouriños: sinónimo mexo, líquido de cor ambarada e olor característico que

excretan os riles.

-pH: índice que expresa o grao de acidez ou alcalinidade dunha disolución.

Entre 0 e 7 a disolución é aceda, e de 7 a 14, básica.

Page 8: UD asesoria Lugo2.vers4 - Drupalws2.deputacionlugo.org/LugO2/documentacion/Unidade_didactica... · 6. INDICADORES MEDIOAMBIENTAIS NAS EXPLOTACIÓNS.....25 7. CONCLUSIÓNS.....30

-Potasio (K): nutrinte esencial para as plantas xunto co fósforo (P) e o nitróxeno

(N). A deficiencia deste elemento fai que as plantas medren lentamente.

-Salinización: proceso de acumulación nos solos das sales disoltas en auga. As

consecuencias da salinización do solo é a perda da súa fertilidade, aínda que

se trata dun proceso reversible.

-Sodificación: acumulación de sodio (Na) na auga do solo.

-Soluble: que é susceptible de ser disolto.

Page 9: UD asesoria Lugo2.vers4 - Drupalws2.deputacionlugo.org/LugO2/documentacion/Unidade_didactica... · 6. INDICADORES MEDIOAMBIENTAIS NAS EXPLOTACIÓNS.....25 7. CONCLUSIÓNS.....30
Page 10: UD asesoria Lugo2.vers4 - Drupalws2.deputacionlugo.org/LugO2/documentacion/Unidade_didactica... · 6. INDICADORES MEDIOAMBIENTAIS NAS EXPLOTACIÓNS.....25 7. CONCLUSIÓNS.....30

“Medidas para diminuír os impactos da carga gandeira no marco do proxecto LugO2: asesoramento na ecoxestión de residuos

agrogandeiros” 1

1. INTRODUCIÓN

Esta Unidade Didáctica entrégase no marco da actuación 3.1 (“Medidas para

diminuír os impactos da carga gandeira”) do proxecto LugO2 da Deputación

Provincial de Lugo, cofinanciado nun 70% por fondos FEDER da Unión

Europea.

A través desta actuación búscase fomentar accións de educación dirixidas a

agricultores e gandeiros para mellorar as súas prácticas agrícolas e conseguir

así unha diminución dos impactos debidos á carga gandeira no medio. O feito é

que a adecuada xestión dos residuos presenta vantaxes obxectivas para a

propia explotación independentemente das vantaxes medioambientais xerais,

tal e como se porá de manifesto ao longo da presente Unidade Didáctica.

O proxecto LugO2 é un Proxecto Integral de Rexeneración Rural, desenvolvido

nas tres Reservas da Biosfera da provincia de Lugo (Terras do Miño, Os

Ancares, Río Eo-Os Oscos-Terras de Burón) e a Serra do Courel, cuxo

obxectivo xeral é o desenvolvemento endóxeno dos municipios incluídos nos

espazos naturais protexidos da provincia de Lugo a través da posta en valor

dos recursos naturais dispoñibles e a sensibilización medioambiental de

habitantes e visitantes dende unha perspectiva de sostenibilidade, participación

cidadá e innovación.

Este obxectivo xeral concretase nuns obxectivos específicos:

- Desenvolvemento endóxeno dos municipios rurais a través da posta en

valor dos recursos naturais.

- Sensibilización e formación medioambiental de habitantes e visitantes.

- Desenvolvemento dun modelo de turismo rural sustentable.

Page 11: UD asesoria Lugo2.vers4 - Drupalws2.deputacionlugo.org/LugO2/documentacion/Unidade_didactica... · 6. INDICADORES MEDIOAMBIENTAIS NAS EXPLOTACIÓNS.....25 7. CONCLUSIÓNS.....30

“Medidas para diminuír os impactos da carga gandeira no marco do proxecto LugO2: asesoramento na ecoxestión de residuos

agrogandeiros” 2

- Promover a creación de empresas e a xeración de emprego ligadas ao

medio ambiente e aos recursos naturais.

- Ofrecer maiores posibilidades profesionais aos xóvenes titulados para

evitar a fuga de coñecementos.

- Favorecer a inclusión social dos colectivos máis desfavorecidos.

- Promover o uso e o coñecemento das novas tecnoloxías.

Page 12: UD asesoria Lugo2.vers4 - Drupalws2.deputacionlugo.org/LugO2/documentacion/Unidade_didactica... · 6. INDICADORES MEDIOAMBIENTAIS NAS EXPLOTACIÓNS.....25 7. CONCLUSIÓNS.....30

“Medidas para diminuír os impactos da carga gandeira no marco do proxecto LugO2: asesoramento na ecoxestión de residuos

agrogandeiros” 3

2. OBXECTIVOS

2.1 Obxectivo xeral

• Mellorar o contorno natural e a calidade medioambiental.

2.2 Obxectivos específicos

o Minimizar o impacto medioambiental das actividades agrogandeiras.

o Valorización dos residuos aproveitando os recursos contidos nos

residuos (nutrientes para uso agrícola ou enerxía).

o Fomentar a aplicación do Código de Boas Prácticas Agrarias.

o Evitar problemas de contaminación das augas próximas ás

explotacións, tanto superficiais coma subterráneas, incluíndo as da

propia explotación.

2.3 A agricultura e o medio ambiente

Ata ben entrado o século XX, a agricultura constituíu o alicerce básico da

actividade económica, destinada, exclusivamente, ao abastecemento de

alimentos e outros bens, sen tomar conciencia do seu valor na conservación da

biodiversidade, na modulación da paisaxe, etc. Nos últimos anos foron

adquirindo unha maior importancia aquelas funcións da agricultura, distintas á

puramente produtiva, poñendo de manifesto o carácter multifuncional da

actividade agraria, que engloba os compoñentes socioeconómicos, e

recoñecéndose os efectos positivos desta no medio ambiente.

As comunidades rurais mantiveron o equilibro medioambiental ao longo dos

séculos, compaxinando a súa actividade humana co medio natural sen interferir

na evolución dos sistemas ecolóxicos. Esa forma de actuar mantiña un

equilibrio medioambiental. Con todo, este delicado equilibrio sufriu alteracións

Page 13: UD asesoria Lugo2.vers4 - Drupalws2.deputacionlugo.org/LugO2/documentacion/Unidade_didactica... · 6. INDICADORES MEDIOAMBIENTAIS NAS EXPLOTACIÓNS.....25 7. CONCLUSIÓNS.....30

“Medidas para diminuír os impactos da carga gandeira no marco do proxecto LugO2: asesoramento na ecoxestión de residuos

agrogandeiros” 4

que introduciron dinámicas irreversibles que poden levar á transformación

radical do ecosistema.

Foto 1: Paisaxe agraria galega

A agricultura e a gandaría, quizais foron o último dos grandes sectores

económicos no que as medidas ambientais entraron a formar parte do seu “que

facer” diario, pero penetrou con moita forza en moi poucos anos.

A transformación de determinadas prácticas de produción agraria, como

consecuencia de desenvolvemento das explotacións agrícolas en Galicia,

xurdiu acompañado da aparición de novas formas de subprodutos asociados,

en grande medida, á intensificación e especialización produtiva, e estanse a

xerar grande cantidade de xurros que o gandeiro non é capaz de xestionar a

través da simple fertilización nas súas terras polo que o excedente supón un

problema para o gandeiro e o medio ambiente.

Page 14: UD asesoria Lugo2.vers4 - Drupalws2.deputacionlugo.org/LugO2/documentacion/Unidade_didactica... · 6. INDICADORES MEDIOAMBIENTAIS NAS EXPLOTACIÓNS.....25 7. CONCLUSIÓNS.....30

“Medidas para diminuír os impactos da carga gandeira no marco do proxecto LugO2: asesoramento na ecoxestión de residuos

agrogandeiros” 5

3. DESTINATARIOS

Os destinatarios desta acción son os responsables das explotacións agrícolas

gandeiras do ámbito de actuación do Proxecto LugO2.

O sector agrario desempeña un importante papel na realidade socioeconómica

de Galicia, ademais de contribuír á conservación da paisaxe e o medio

ambiente.

Os agricultores e gandeiros teñen que desempeñar un papel positivo no

mantemento dos espazos naturais e o medio ambiente a través de medidas

específicas de desenvolvemento rural, a parte da rendibilidade das actividades

agrarias. É importante que dispoñan de tódalas ferramentas posibles para

desenvolver as súas actividades encamiñadas cara a conservación do contorno

que os rodea.

A provincia de Lugo é unha das provincias galegas que posúe un maior número

de explotacións de gando bovino, 17.962 segundo o IGE 2007. As zonas que

abrangue este proxecto ten rexistradas un total de 11.586 explotacións, dato

que supón un 65% do total da provincia. Abórdase, así, a necesidade de

fomentar prácticas agrarias sostibles en espazos naturais protexidos.

Page 15: UD asesoria Lugo2.vers4 - Drupalws2.deputacionlugo.org/LugO2/documentacion/Unidade_didactica... · 6. INDICADORES MEDIOAMBIENTAIS NAS EXPLOTACIÓNS.....25 7. CONCLUSIÓNS.....30
Page 16: UD asesoria Lugo2.vers4 - Drupalws2.deputacionlugo.org/LugO2/documentacion/Unidade_didactica... · 6. INDICADORES MEDIOAMBIENTAIS NAS EXPLOTACIÓNS.....25 7. CONCLUSIÓNS.....30

“Medidas para diminuír os impactos da carga gandeira no marco do proxecto LugO2: asesoramento na ecoxestión de residuos

agrogandeiros” 7

4. ANÁLISE AMBIENTAL DAS EXPLOTACIÓNS 4.1 Contido da análise ambiental

A xestión ambiental nas explotacións agrogandeiras está enfocada cara a

prevención ambiental. O que se pretende é, por unha banda, reducir ou

eliminar os efectos prexudiciais que certos aspectos destas actividades poden

provocar no medio ambiente e por outra banda, procurar un desenvolvemento

máis eficiente e sostido.

A análise ambiental realiza a revisión de:

- Os requisitos legais, regulamentarios que afectan á explotación.

- A determinación de todos os aspectos ambientais xerados,

identificando tanto os aspectos directos como indirectos. Co fin de

determinar aqueles que teñan un impacto ambiental significativo. Os

aspectos significativos deben quedar rexistrados.

- Os criterios empregados para a avaliación do impacto que xeran os

aspectos sobre o medio ambiente.

- As prácticas e procedementos de xestión ambiental existentes.

- A información dispoñible acerca das investigacións de incidentes

previos cunha repercusión ambiental.

- As posibles queixas dos veciños acerca das actividades da

explotación.

4.2 Identificación e avaliación dos aspectos medioambientais

Na identificación de aspectos débense ter en conta os aspectos ambientais

directos e indirectos.

Con fin de determinar aqueles que teñan un impacto ambiental significativo,

débense establecer uns criterios de avaliación. Os criterios que se establezan,

Page 17: UD asesoria Lugo2.vers4 - Drupalws2.deputacionlugo.org/LugO2/documentacion/Unidade_didactica... · 6. INDICADORES MEDIOAMBIENTAIS NAS EXPLOTACIÓNS.....25 7. CONCLUSIÓNS.....30

“Medidas para diminuír os impactos da carga gandeira no marco do proxecto LugO2: asesoramento na ecoxestión de residuos

agrogandeiros” 8

deben ser xerais, reproducibles, independentes e estar a disposición do

público.

Os criterios de avaliación poden incluír entre outros os seguintes elementos:

- Datos sobre a incidencia no medio, o consumo de recursos naturais,

xeración de residuos, verteduras, emisións, etc.

- Puntos de vista de partes interesadas.

- Aspectos suxeitos a algún requisito legal ambiental.

- Deseño, desenvolvemento, fabricación, distribución, mantemento,

utilización, reutilización, reciclado e eliminación dos produtos xerados

pola explotación.

- Actividades da empresa que teñan custos e beneficios ambientais

máis significativos.

A avaliación incluirá os aspectos presentes, pasados e futuros e os xerados en

condicións normais de funcionamento, arranque e parada e nos posibles casos

de emerxencia.

4.3 Vantaxes da xestión ambiental

A aplicación de sistemas de xestión ambiental pode proporcionar ás

explotacións as seguintes vantaxes:

Facilita a mellora da eficiencia dos procesos debido a un maior

coñecemento das actividades que se levan a cabo na explotación e a

unha optimización das materias primas e dos recursos naturais a

empregar. Isto supón:

- Aforro de custos.

- Maior control do uso de materias primas e de enerxía.

- Optimización dos custos derivados da xestión e tratamento de

residuos e emisións. A redución de residuos e emisións é unha

Page 18: UD asesoria Lugo2.vers4 - Drupalws2.deputacionlugo.org/LugO2/documentacion/Unidade_didactica... · 6. INDICADORES MEDIOAMBIENTAIS NAS EXPLOTACIÓNS.....25 7. CONCLUSIÓNS.....30

“Medidas para diminuír os impactos da carga gandeira no marco do proxecto LugO2: asesoramento na ecoxestión de residuos

agrogandeiros” 9

consecuencia directa dunha correcta optimización do uso de

materias primas, auga e enerxía, o cal produce unha diminución

do impacto destes no medio ambiente.Si esta redución vai

acompañada dunha adecuada xestión, conséguense beneficios

económicos asociados con: coa diminución do pago de taxas ou

canons por volume de contaminante emitido ao medio, diminución

dos custos de tratamento, almacenamento, transporte de residuos

e diminúe as emisións á atmosfera de gases de efecto

invernadoiro.

- Redución de custos en materia de transporte, almacenamento e

embalaxe.

Diminución dos custos asociados co dano ambiental, xa que facilita a

adaptación á normativa vixente e das futuras normas ambientais que

afecten ás explotacións agrogandeiras, que conleva:

- Evitar multas e sancións

- Reducir os riscos de demanda de responsabilidades civís e

penais.

- Mellorar as relacións coa Administración pública, o cal se ve

reflectido en facilitar a concesión de permisos e licenzas

- Facilidades de financiamento, favorecendo a posibilidade de

recibir axudas públicas para levar a cabo acciones

medioambientais e espertando a confianza de inversores.

- Diminución do risco de accidentes ambientais e por tanto dos

custos que se derivan.

Mellora da competitividade, xa que a optimización dos procesos

produtivos, a redución de custos e o incremento do rendemento se ven

favorecidos.

Mellora da imaxe. A implantación dun sistema de xestión ambiental, nas

explotacións agrogandeiras, garante a mellora do comportamento

ambiental desta ante empregados, consumidores, Administración e

posibles inversores.

Page 19: UD asesoria Lugo2.vers4 - Drupalws2.deputacionlugo.org/LugO2/documentacion/Unidade_didactica... · 6. INDICADORES MEDIOAMBIENTAIS NAS EXPLOTACIÓNS.....25 7. CONCLUSIÓNS.....30

“Medidas para diminuír os impactos da carga gandeira no marco do proxecto LugO2: asesoramento na ecoxestión de residuos

agrogandeiros” 10

Clarifica a actitude das explotacións cara ao medio ambiente.

Facilita o cumprimento da lexislación existente e das futuras normas

ambientais que poidan afectar ás explotacións, isto suporá:

- Aforro de sancións por infraccións.

- Facilitará as concesións de permisos e licenzas.

- Aumentará as posibilidades de recibir axudas públicas para levar

a cabo actuacións ambientais.

Maior formación dos traballadores, promove a formación en cuestións

medioambientais así coma a participación e colaboración de tódolos

traballadores.

4.4 A auditoría como ferramenta ambiental

A auditoría ambiental constitúe unha das ferramentas técnicas con que se

conta para identificar as áreas ambientalmente críticas dun proceso e para

formular solucións técnicas e de xestión que sexan apropiadas. A literatura

especializada acuñou o termo, baixo a seguinte definición:

Ferramenta de xestión que consiste nunha avaliación sistemática,

documentada, periódica e obxectiva da efectividade da organización, a

xerencia e os equipos ambientais, para protexer o medio ambiente, mediante

un mellor control das prácticas ambientais e a avaliación do cumprimento das

políticas ambientais da empresa, incluíndo os requirimentos legais.

Logo, a auditoría ambiental, nas explotacións agrogandeiras, é un exame

metódico que implica análise, testeos e comprobacións das prácticas e

procedementos ambientais da explotación ou parte dela. En si mesmo, o termo

“auditoría” é sinónimo de revisión e verificación de diversos aspectos. Na súa

expresión máis moderna, a auditoría ambiental é a compoñente clave dun

sistema de xestión ambiental.

Page 20: UD asesoria Lugo2.vers4 - Drupalws2.deputacionlugo.org/LugO2/documentacion/Unidade_didactica... · 6. INDICADORES MEDIOAMBIENTAIS NAS EXPLOTACIÓNS.....25 7. CONCLUSIÓNS.....30

“Medidas para diminuír os impactos da carga gandeira no marco do proxecto LugO2: asesoramento na ecoxestión de residuos

agrogandeiros” 11

Como resultado a auditoría ambiental, aplicado ás explotacións agrarias,

permite obter información acerca da efectividade da xestión da explotación,

identificar problemas asociados ao seu funcionamento, identificar novos

desafíos ambientais e propor medidas de prevención e mitigación apropiadas.

As auditorías de diagnóstico preliminar, de cumprimento legal e de residuos

son as de maior relevancia para a realidade actual das explotacións en Galicia.

Moitas destas explotacións carecen de información respecto do comportamento

ambiental das súas actividades. A auditoría de diagnóstico permite identificar

as principais fontes de perdas e visualizar posibles alternativas de solución.

4.4.1 Auditoría de residuos

Neste caso, a análise dos balances de materia e enerxía constitúe un dos

alicerces deste tipo de auditorías, xa que permite avaliar os fluxos de recursos

a través do proceso e identificar aquelas actividades que presentan maior

potencial de perdas.

Para levar a cabo esta auditoría, é conveniente comezar considerando a

globalidade da explotación, definindo claramente as correntes de entrada e

saída:

As correntes de entrada ou insumos inclúen:

- Materias primas.

- Subministracións (vapor, auga).

- Combustibles, enerxía eléctrica.

As correntes de saída, normalmente, inclúen:

- Produtos semielaborados.

- Produtos rematados.

- Residuos (líquidos, sólidos e gasosos).

Page 21: UD asesoria Lugo2.vers4 - Drupalws2.deputacionlugo.org/LugO2/documentacion/Unidade_didactica... · 6. INDICADORES MEDIOAMBIENTAIS NAS EXPLOTACIÓNS.....25 7. CONCLUSIÓNS.....30

“Medidas para diminuír os impactos da carga gandeira no marco do proxecto LugO2: asesoramento na ecoxestión de residuos

agrogandeiros” 12

É importante ter unha completa descrición do proceso, o tipo de operación (p.

ex.: continua, descontinua), frecuencia de operación e estacionalidade.

Logo, débese subdividir o proceso de produción nas súas principais etapas,

seguindo a orde lóxica das operacións, sen entrar en maiores detalles técnicos.

Interesa definir, para cada etapa, os fluxos de materiais e enerxía, así como as

condicións de operación básicas (temperatura, presión, concentracións).

Débense identificar todas as correntes de entrada e saída para cada etapa, e

os fluxos másicos respectivos (p. ex.: kg/día). É importante identificar a

presenza de compostos perigosos (tóxicos, explosivos, inflamables, corrosivos,

etc.) e a existencia de condicións operacionais extremas (temperaturas e

presións extremas). Iso permite identificar perigos potenciais e avaliar o nivel

de risco operacional involucrado.

En base a estes resultados, débese determinar a importancia de cada etapa,

en base á cantidade e tipo de residuos que xeran, os recursos consumidos, os

niveis de riscos involucrados e a súa importancia no proceso.

Deste xeito, pódense identificar aquelas etapas que deben ser estudadas con

maior detalle.

Nunha fase posterior, detállanse as operacións incluídas nas devanditas etapas

críticas e identifícanse e cuantifican as súas respectivas correntes de entrada e

saída. Aquelas operacións que demostren ser principais fontes de residuos, de

consumo de recursos, de perdas e que representan un significativo risco

operacional, deben avaliarse detalladamente, coa axuda de expertos no tema.

Deberanse identificar posibles fallas nos procedementos de mantemento, ou

nos sistemas de medición/monitoreo de variables claves, fallas no control de

Page 22: UD asesoria Lugo2.vers4 - Drupalws2.deputacionlugo.org/LugO2/documentacion/Unidade_didactica... · 6. INDICADORES MEDIOAMBIENTAIS NAS EXPLOTACIÓNS.....25 7. CONCLUSIÓNS.....30

“Medidas para diminuír os impactos da carga gandeira no marco do proxecto LugO2: asesoramento na ecoxestión de residuos

agrogandeiros” 13

calidade, debilidades no nivel de adestramento, falta de

motivación/compromiso, ou outras causas.

Conxuntamente, é necesario recompilar datos sobre as características do

contorno e dos recursos directamente afectados pola actividade, para así

avaliar os efectos ambientais máis significativos. Coa devandita información, o

avaliador estará en condicións de formular e avaliar diferentes alternativas para

minimizar tales perdas e, por conseguinte, reducir o impacto ambiental.

Neste tipo de auditorías faise esencial a fase na que se produce a identificación

das opcións de redución dos residuos:

Identificar e caracterizar os principais problemas dos residuos.

Identificar medidas de redución obvias.

Identificar e avaliar a segregación dos residuos

Identificar medidas de redución a longo prazo.

Page 23: UD asesoria Lugo2.vers4 - Drupalws2.deputacionlugo.org/LugO2/documentacion/Unidade_didactica... · 6. INDICADORES MEDIOAMBIENTAIS NAS EXPLOTACIÓNS.....25 7. CONCLUSIÓNS.....30
Page 24: UD asesoria Lugo2.vers4 - Drupalws2.deputacionlugo.org/LugO2/documentacion/Unidade_didactica... · 6. INDICADORES MEDIOAMBIENTAIS NAS EXPLOTACIÓNS.....25 7. CONCLUSIÓNS.....30

“Medidas para diminuír os impactos da carga gandeira no marco do proxecto LugO2: asesoramento na ecoxestión de residuos

agrogandeiros” 15

5. OS IMPACTOS QUE OCASIONA A CARGA AGROGANDEIRA NO ÁMBITO DE ACTUACIÓN DE LUGO2

5.1 A actividade agraria

A actividade agraria baséase no uso dos recursos naturais (auga, chan e aire)

e incide de forma importante sobre o espazo, de maneira que en moitos países,

ao longo da súa historia, a agricultura modelou unhas paisaxes rurais nos que

os elementos achegados pola acción humana únense aos naturais formando

un conxunto que constitúe actualmente un patrimonio de elevado valor histórico

e cultural. Doutra banda, factores como a configuración física do terreo ou a

climatoloxía condicionaron distintas formas ou modalidades da actividade

agraria que mostran unha gran diversidade entre países, e mesmo dentro dun

mesmo país. España é un bo exemplo desta diversidade cos bosques e

pradarías da cornixa Cantábrica, os hortos e laranxeiros do leste e sueste, os

extensos cultivos herbáceos das mesetas castelás, etc, sen contar as

peculiaridades das zonas semidesérticas ou desérticas, así como das

exclusivas paisaxes canarias, cultivados moitas veces en terrazas con terreos

artificialmente preparados.

En Galicia, comunidade cunha grande vocación agrícola-forestal, predominan

os solos ácidos e areosos, pouco profundos, e, por conseguinte, pouco fértiles

a priori, pero cun importante compoñente moi abundante de materia orgánica,

que unida ás nosas condicións climatolóxicas: temperaturas moderadas e

abundante humidade en forma de choiva, vén a resolver ou paliar o problema

da fertilidade. Naturalmente tamén hai solos areo-limosos moi fértiles e outros

moi arxilosos pobres en materia orgánica, afortunadamente minoritarios.

O contido de materia orgánica dos solos de cultivo en Galicia e máis

concretamente na provincia de Lugo, situase nun promedio do 6% (moi por riba

do 2% que algúns autores consideraban coma límite por debaixo do cal a

degradación do solo é inevitable), o que se debe ao carácter orgánico do

Page 25: UD asesoria Lugo2.vers4 - Drupalws2.deputacionlugo.org/LugO2/documentacion/Unidade_didactica... · 6. INDICADORES MEDIOAMBIENTAIS NAS EXPLOTACIÓNS.....25 7. CONCLUSIÓNS.....30

“Medidas para diminuír os impactos da carga gandeira no marco do proxecto LugO2: asesoramento na ecoxestión de residuos

agrogandeiros” 16

mantemento do solo. Aínda que tamén se sabe que ese promedio descendeu

nas últimas décadas. Dado que os solos agrícolas poden perder ata un 50% do

seu contido en carbono (nutrinte esencial para o crecemento dos vexetais),

debido a que moitas das técnicas de cultivo empregadas actualmente

ocasionan unha diminución da materia orgánica do solo, ademais de verse

afectados os réximes de humidade e temperatura do solo, favorecese a

oxidación da materia orgánica ao romperse os agregados que conforman este

pola acción do laboreo e quedan expostos os materiais orgánicos que eran

inaccesibles a unha descomposición rápida.

5.2 Efectos das actividades agrogandeiras sobre o medio ambiente

Os principais efectos das actividades agrogandeiras sobre o medio ambiente,

segundo o recurso natural ao que afecten, son os seguintes:

Calidade do aire:

- Emisións de po, cheiros, amoníaco, gases de efecto invernadoiro

(negativos).

- Absorción de dióxido de carbono (positivo) pola función fotosintética.

- Utilización eficiente da enerxía (positivo).

Calidade do chan:

- Aumento ou diminución da erosión (negativo ou positivo).

- Achega de elementos nutrientes (positivo ou negativo).

- Salinización, sodificación, acidificación (negativos).

- Mantemento de niveis óptimos de materia orgánica (positivo).

- Depósito de residuos (negativo).

Cantidade da auga:

- Sobreexplotación das unidades hidroxolóxcas (negativo).

- Eficiencia no uso da auga (positivo ou negativo).

Page 26: UD asesoria Lugo2.vers4 - Drupalws2.deputacionlugo.org/LugO2/documentacion/Unidade_didactica... · 6. INDICADORES MEDIOAMBIENTAIS NAS EXPLOTACIÓNS.....25 7. CONCLUSIÓNS.....30

“Medidas para diminuír os impactos da carga gandeira no marco do proxecto LugO2: asesoramento na ecoxestión de residuos

agrogandeiros” 17

- Capacidade de retención da auga (positivo ou negativo).

- Prevención de inundacións (positivo ou negativo).

- Redución do caudal dos ríos (negativo). Calidade da auga.

- Escorrentía e lixiviado de elementos contaminantes (nitratos, catións

pesados e sustancias agroquímicas) e presenza de sedimentos

(positivo para o chan, negativo para acuíferos e augas superficiais).

- Salinización (negativo).

- Cambios na capa freática (normalmente negativos).

- Xeración de verteduras (negativo).

Biodiversidade:

- Especies vexetais e animais tanto domésticas como silvestres de

carácter autóctono que se conservan (positivo) ou desaparecen

(negativo) como consecuencia da actividade agraria.

- Mantemento de especies naturais asociadas aos agroecosistemas

(positivo).

Xeración de residuos:

- Gran volume de residuos, como plásticos e restos de colleitas

(negativo, aínda que positivo no caso da compostaxe ou

recuperación para produción de materia orgánica ou enerxía).

- Esterco e xurros de animais (negativo, pero positivo no caso de boa

utilización do esterco).

- Produtos químicos, fertilizantes e fitosanitarios (negativo).

- Residuos procedentes da industria alimentaria, envases e embalaxes

(negativo).

Hábitats:

- Desaparición de hábitats (negativo).

- Mantemento ou creación de novos hábitats relacionados coa

actividade agraria (positivo).

Page 27: UD asesoria Lugo2.vers4 - Drupalws2.deputacionlugo.org/LugO2/documentacion/Unidade_didactica... · 6. INDICADORES MEDIOAMBIENTAIS NAS EXPLOTACIÓNS.....25 7. CONCLUSIÓNS.....30

“Medidas para diminuír os impactos da carga gandeira no marco do proxecto LugO2: asesoramento na ecoxestión de residuos

agrogandeiros” 18

Paisaxe:

- Destrución de elementos da paisaxe natural, culturais e históricos

(negativo).

- Mantemento ou creación de novas paisaxes agrarias (positivo).

5.2.1 Impactos provocados pola agricultura

Existe unha gran interdependencia entre a agricultura e o medio ambiente, pero

é necesario ter en conta que estas relacións posúen unha especificidade que

as distinguen das existentes noutros sectores económicos. En primeiro lugar,

trátase de relacións de carácter complexo, non lineal, que dependen de

condicións locais, tales como, por exemplo, as características dos sistemas

agroecolóxicos, a meteoroloxía, as condicións económicas e tecnolóxicas

predominantes na produción ou do tipo de prácticas agrarias, de forma que é

necesario profundar na súa análise para poder interpretalas adecuadamente.

En segundo lugar, é necesario sinalar que cando se fala dos impactos

ambientais na agricultura téndese a dar por feito que se trata de impactos

negativos, cando, en realidade, os efectos da agricultura sobre o medio

ambiente poden ser tanto beneficiosos como prexudiciais. Moitas veces danse

simultaneamente ambos os casos e, a miúdo, os efectos daniños proveñen de

prácticas inadecuadas e desaparecen cando se modifican e melloran estas

prácticas.

As principais cuestións a revisar son:

- Vertidos das augas residuais.

- Emisións atmosféricas.

- Xeración de residuos.

- Consumo de recursos naturais.

Page 28: UD asesoria Lugo2.vers4 - Drupalws2.deputacionlugo.org/LugO2/documentacion/Unidade_didactica... · 6. INDICADORES MEDIOAMBIENTAIS NAS EXPLOTACIÓNS.....25 7. CONCLUSIÓNS.....30

“Medidas para diminuír os impactos da carga gandeira no marco do proxecto LugO2: asesoramento na ecoxestión de residuos

agrogandeiros” 19

En cultivos intensivos, os excesos de fertilizantes, especialmente nitroxenados,

por encima do recomendado nas prácticas agrícolas adecuadas pode provocar

a acumulación de sales minerais no chan, que acaban contaminando as augas

cando son solubles, como é o caso dos nitratos. En menor grao pode ocorrer

co fósforo, potasio e outros micronutrientes, xa que estes elementos teñen

unha escasa mobilidade no perfil do chan.

A escasa fertilidade dos chans, os baixos niveis de fertilización orgánica (que

libera lentamente os nutrientes que utilizan as plantas), xunto coa salinidade

crecente, pode contribuír ao fenómeno da erosión e a desestructuración do

chan. A falta de materia orgánica, unido a unha cobertura vexetal inadecuada e

o exceso de laboreo, determinan que o chan sexa erosionado por ventos e

choivas.

Así mesmo, inflúen negativamente sobre o chan os residuos de fitosanitarios

porque afectan á microflora e á microfauna do terreo, así como a outras

especies vexetais e animais silvestres aproveitadas polo home.

5.2.2 Impactos provocados pola gandaría

Os cambios acontecidos nos sistemas de produción durante as últimas

décadas, pasando dunha produción de subsistencia a unha produción máis

intensiva, condicionaron e modificaron o uso das prácticas tradicionais de

xestión de residuos, dando lugar a unha situación na que cabe salientar, de

forma xeral, as seguintes realidades:

• As explotacións gandeiras de vacún teñen base territorial propia que ás

veces resulta insuficiente para absorbe-las cantidades de residuos

procedentes das dexeccións dos animais estabulados.

Page 29: UD asesoria Lugo2.vers4 - Drupalws2.deputacionlugo.org/LugO2/documentacion/Unidade_didactica... · 6. INDICADORES MEDIOAMBIENTAIS NAS EXPLOTACIÓNS.....25 7. CONCLUSIÓNS.....30

“Medidas para diminuír os impactos da carga gandeira no marco do proxecto LugO2: asesoramento na ecoxestión de residuos

agrogandeiros” 20

• Tendencia á concentración das explotacións, o que aumenta os riscos

de contaminación nestas áreas. Así, hai que sinala-la diminución de

vacas de carne distribuídas por toda a xeografía galega, e o aumento de

vacas de leite que se foron concentrando nas mellores zonas de prados

e cultivos forraxeiros sen que apenas aumentara a superficie destes,

provocando o aumento da carga gandeira (Unidade Gandeira Media

(UGM)/hectárea) e a diminución da superficie dispoñible para o reparto

de xurro. Á súa vez, a xeración de xurro aumentou como consecuencia

do incremento da capacidade produtiva das vacas.

• Nas explotacións sen base territorial suficiente, increméntase o custo de

distribución dos xurros, debido ás maiores distancias a percorrer.

• As fosas, para a almacenaxe do xurro, están infradimensionadas na

maioría das explotacións, presentando en moitos casos problemas de

permeabilidade.

• Á vez a falta de cubertas provoca a conseguinte entrada de augas

pluviais, sendo receptoras tamén de augas residuais de leiterías, etc. O

escaso tamaño das fosas, xunto coas elevadas dilucións do xurro, fan

necesario o baleirado en épocas innecesarias ou incluso desfavorables

para os ciclos vexetativos dos cultivos, mentres que nas épocas nas que

se precisa unha achega maior é frecuente a insuficiencia do xurro

dispoñible, polo que se acode ós fertilizantes minerais.

Se ben é certo que cada cultivo posúe uns determinados requirimentos

minerais dependendo do tipo e do estadío vexetativo no que se atope

(ver apartado 6 da Guía), e cada tipo de solo precisa dun aporte

específico axeitado ás súas necesidades. Pódese afirmar,no caso do

ámbito de actuación de LugO2 no que predominan os cultivos

forraxeiros, que o período no que a aplicación de xurro e esterco é

desaconsellable vai dende finais do verán ata pouco antes do remate do

inverno, mentres que na época de primavera e verán é preciso un maior

aporte de xurro, tal e como se recolle no Código de Boas Prácticas

Agrarias.

Page 30: UD asesoria Lugo2.vers4 - Drupalws2.deputacionlugo.org/LugO2/documentacion/Unidade_didactica... · 6. INDICADORES MEDIOAMBIENTAIS NAS EXPLOTACIÓNS.....25 7. CONCLUSIÓNS.....30

“Medidas para diminuír os impactos da carga gandeira no marco do proxecto LugO2: asesoramento na ecoxestión de residuos

agrogandeiros” 21

• A mecanización agraria, o uso de produtos químicos (herbicidas,

praguicidas e pesticidas, fertilizantes químicos, produtos veterinarios e

outros), plásticos de ensilado e de invernadoiro e residuos de envases,

algún deles con carácter perigoso, levan consigo a xeración de residuos

non valorizables directamente na propia explotación.

Foto 2: Explotación de gando vacún de leite

A gandaría tamén contribúe ao efecto invernadoiro pola emisión de gases que

produce. Estímase que a actividade pecuaria na UE participa co 80% e o 40%

das emisións de amoníaco e de metano, respectivamente. No caso de Galicia

as emisións das que son responsables a gandaría sitúanse no 10,4% segundo

aos últimos datos obtidos no ano 2006.

O consumo excesivo de combustibles fósiles para o mantemento de sistemas

agrícolas moi intensivos, con balances enerxéticos a miúdo negativos, é outra

das causas que favorece o cambio climático do planeta por mor de devandito

efecto invernadoiro.

Page 31: UD asesoria Lugo2.vers4 - Drupalws2.deputacionlugo.org/LugO2/documentacion/Unidade_didactica... · 6. INDICADORES MEDIOAMBIENTAIS NAS EXPLOTACIÓNS.....25 7. CONCLUSIÓNS.....30

“Medidas para diminuír os impactos da carga gandeira no marco do proxecto LugO2: asesoramento na ecoxestión de residuos

agrogandeiros” 22

Tamén a industria agroalimentaria afecta ao medio ambiente en canto xera

vertidos de alto contido orgánico que si non son tratados adecuadamente

deterioran as canles receptoras, produce residuos de envases e embalaxes

que poden ser contaminantes si non se xestionan correctamente e, en

determinados sectores, pode contaminar o aire por emisións de CO2, po,

partículas, cheiros, etc.

5.2.2.1 Descrición das explotacións tipo na provincia de Lugo

A provincia de Lugo conta con 642.241 hectáreas, o 21,8% do total de Galicia,

das que 218.554, o 34%, corresponden a superficie agrícola utilizada,

entendendo por tal a terra labrada, pradeiras permanentes, pastos e terras

adicadas a cultivos permanentes. Destas, de superficie cultivada son 106.049

hectáreas, o 16,5% do total. En canto ó reparto entre os distintos cultivos,

predominan os cultivos forraxeiros, por mor do peso das explotacións de gando

vacún, con 63.229 hectáreas, e as patacas, con 13.000 hectáreas.

En canto ó número de explotacións de gando bovino en Galicia, segundo o

censo agrario do 2009, 970.436 cabezas de bovino en toda a comunidade

autónoma. En canto ó número total de reses na provincia de Lugo

contabilizáronse 470.120 o que indica que é aproximadamente o 48% do total

galego. Na comarca da Terra Chá aparecen 104.590 reses, o 35,1% de Galicia.

Ao estudar a estrutura das explotacións polo seu tamaño, apréciase que na

provincia de Lugo predominan as explotacións compostas por un número de

reses entre 5 e 19 –este tipo de explotacións representan o 47,5% do total–

mentres que no caso de Galicia o que predominan son as explotacións de 1 a 4

reses, que constitúen o 46,7% do total.

Polo seu número medio de reses, as explotacións gandeiras na provincia de

Lugo son máis grandes que a media galega, cunha media 15,5 reses por

Page 32: UD asesoria Lugo2.vers4 - Drupalws2.deputacionlugo.org/LugO2/documentacion/Unidade_didactica... · 6. INDICADORES MEDIOAMBIENTAIS NAS EXPLOTACIÓNS.....25 7. CONCLUSIÓNS.....30

“Medidas para diminuír os impactos da carga gandeira no marco do proxecto LugO2: asesoramento na ecoxestión de residuos

agrogandeiros” 23

explotación. Na provincia de Lugo esta media é de 14,3 cabezas e no total de

Galicia, de 10,3. Dentro da provincia, e do ámbito de actuación do proxecto

LugO2, salienta a comarca de Meira, cun tamaño medio por explotación de18,7

reses.

5.2.2.2 Integración das actividades agrogandeiras en espazos naturais protexidos

As actividades agrogandeiras revisten grande importancia para o medio

ambiente, xa que exercen unha influencia mutua as labores agrícolas e a

natureza. Durante séculos a agricultura e a gandaría contribuíron á

conservación de diversos hábitats seminaturais que, hoxe en día, configuran

gran parte da paisaxe que nos rodea e acollen unha gran proporción da súa

riqueza faunística.

Moitos hábitats valiosos están sostidos por prácticas de agricultura extensiva e

numerosas especies silvestres basean neles a súa supervivencia. A

contaminación do chan, a auga e a atmosfera, a fragmentación de hábitats e a

desaparición da vida silvestre, poden ser o resultado de incorrectos usos da

terra e prácticas agrarias.

A agricultura é unha actividade cuxa significación vai máis aló da simple

produción de alimentos. Ao longo de actividade agraria teñen lugar procesos

que poden afectar ao medio ambiente natural. Por exemplo, un uso intensivo

de praguicidas e abonos, prácticas incorrectas de drenaxe ou regadío, un alto

nivel de mecanización ou un inadecuado uso da terra poden degradar o medio

ambiente. Con todo, o abandono das actividades agrarias pode tamén pór en

perigo o patrimonio ambiental, debido á perda de hábitats seminaturais e

biodiversidade e á desaparición de paisaxes asociadas ás devanditas

actividades.

Page 33: UD asesoria Lugo2.vers4 - Drupalws2.deputacionlugo.org/LugO2/documentacion/Unidade_didactica... · 6. INDICADORES MEDIOAMBIENTAIS NAS EXPLOTACIÓNS.....25 7. CONCLUSIÓNS.....30

“Medidas para diminuír os impactos da carga gandeira no marco do proxecto LugO2: asesoramento na ecoxestión de residuos

agrogandeiros” 24

Agora ben, unhas prácticas sólidas da xestión agraria poden ter notables

repercusións positivas na conservación da flora e fauna silvestres, así como na

situación socioeconómica das zonas rurais.

As prácticas tradicionais contribúen a preservar determinados hábitats naturais

ou seminaturais xa existentes mentres que, o abandono de terras ou de

métodos tradicionais pode converterse nunha ameaza para a biodiversidade

que as terras de cultivo albergan.

É importante a promoción e o apoio de prácticas e sistemas agrícolas

ecolóxicos e beneficiosos directa ou indirectamente para estas zonas

protexidas, ademais o fomento dunha correcta xestión dos residuos orgánicos

agrogandeiros vólvese fundamental.

Page 34: UD asesoria Lugo2.vers4 - Drupalws2.deputacionlugo.org/LugO2/documentacion/Unidade_didactica... · 6. INDICADORES MEDIOAMBIENTAIS NAS EXPLOTACIÓNS.....25 7. CONCLUSIÓNS.....30

“Medidas para diminuír os impactos da carga gandeira no marco do proxecto LugO2: asesoramento na ecoxestión de residuos

agrogandeiros” 25

6. INDICADORES MEDIOAMBIENTAIS NAS EXPLOTACIÓNS

Os indicadores ambientais xorden a principios dos anos noventa impulsados

pola necesidade dunha política de desenvolvemento sostible, co fin de

proporcionar información dunha forma concreta e sistemática sobre a situación

ambiental dunha rexión e poder incorporar criterios ambientais na toma de

decisións para dita rexión.

A comunicación é a principal función dos indicadores. Os indicadores

ambientais aportan información sobre os fenómenos considerados relevantes

e/ou críticos para a calidade ambiental.

Un indicador medioambiental é un parámetro medible do medio natural que

informa do estado de dito medio ou de aspectos relacionados con el.

Outra definición afirma que un indicador son as estatísticas ou parámetros que

proporcionan información ou tendencias sobre as condicións e os fenómenos

ambientais, estes indicadores teñen por obxectivo o de proporcionar

información para unha mellor comprensión dos fenómenos que ocorren no

medio ambiente e que afectan á sociedade.

A clasificación e organización destes indicadores dependerá fundamentalmente

da función que se lles queira conceder como sistema de comunicación. A

maioría dos indicadores xorden da necesidade de sintetizar os problemas

ambientais dando a información necesaria para a toma de decisións dentro das

empresas e no noso caso das explotacións agrogandeiras.

Atendendo a isto pódese establecer un esquema básico de indicadores

ambientais dentro das explotacións do medio rural:

Page 35: UD asesoria Lugo2.vers4 - Drupalws2.deputacionlugo.org/LugO2/documentacion/Unidade_didactica... · 6. INDICADORES MEDIOAMBIENTAIS NAS EXPLOTACIÓNS.....25 7. CONCLUSIÓNS.....30

“Medidas para diminuír os impactos da carga gandeira no marco do proxecto LugO2: asesoramento na ecoxestión de residuos

agrogandeiros” 26

1. Indicadores de Comportamento Ambiental

1.1 Indicadores de materiais e de enerxía

-indicadores de entrada ou insumos, son consumidos na explotación e que

se empregan para a obtención doutros bens ou produtos. Clasificámolos en:

materiais: maquinaria (nº de máquinas que forman parte do conxunto

da explotación), sementes (Kg), fertilizantes químicos (Kg), pensos

compostos (Tn).

enerxía: consumo de electricidade (kw/h), consumo de combustibles

(l/ha)

auga(litros)

-indicadores de saída

residuos: tales coma o esterco (Kg), os xurros (m3), plásticos des ilo

(m2), envases zoosanitarios e fitosanitarios (nº de envases).

emisións atmosféricas, que se producen nas actividades realizadas

na explotación, principalmente gases de efecto invernadoiro coma:

dióxido de carbono (CO2) procedente da combustión de carburantes,

metano (CH4) que provén da xestión de esterco e xurros e o óxido

nitroso (N2O) procedente da fertilización das terras con abonado de

orixe química. Estas emisións mídense mediante CO2 eq.

augas residuais (l) que se xeran no lavado das instalacións,

procedentes da auga de choiva, efluentes procedentes do ensilado.

produtos, obtéñense na fase final produtiva da explotación para o

beneficio da mesma, por exemplo: leite (Kg), queixo (Kg) , animais

(nº cabezas), etc.

Page 36: UD asesoria Lugo2.vers4 - Drupalws2.deputacionlugo.org/LugO2/documentacion/Unidade_didactica... · 6. INDICADORES MEDIOAMBIENTAIS NAS EXPLOTACIÓNS.....25 7. CONCLUSIÓNS.....30

“Medidas para diminuír os impactos da carga gandeira no marco do proxecto LugO2: asesoramento na ecoxestión de residuos

agrogandeiros” 27

2. Indicadores de Xestión Ambiental

2.1 Indicadores do sistema

Algúns destes indicadores son descritivos, proporcionan información para unha

mellor comprensión dos fenómenos que ocorren no medio:

implementación do sistema, maior ou menor medida na que se está

poñendo en práctica o establecido no sistema de xestión ambiental.

aspectos legais e queixas, trátase de aplicar os requisitos legais,

regulamentarios que afectan á explotación e que repercutirán

positivamente, por exemplo, na diminución do número de queixas dos

veciños polas actividades da explotación ademais de facilitar as

concesións de permisos e licenzas.

custos medioambientais, aquelas actividades dentro da explotación que

teñan custos e beneficios ambientais máis significativos (grao de

contaminación dos recursos naturais, conservación da paisaxe,

mantemento da biodiversidade,etc).

2.2 Indicadores da área funcional, atinxe á xestión administrativa que se leva a

cabo na explotación, ás habilidades e o grao de compromiso dos

traballadores:

formación/persoal, cantidade cursos ou horas que un traballador

emprega na súa formación laboral.

seguridade e hixiene, grado de aplicación dos sistemas de prevención e

protección no traballo realizado nas explotacións agrogandeiras.

compras, xestión adecuada da adquisición de maquinaria, instalacións,

ferramentas, etc .

Page 37: UD asesoria Lugo2.vers4 - Drupalws2.deputacionlugo.org/LugO2/documentacion/Unidade_didactica... · 6. INDICADORES MEDIOAMBIENTAIS NAS EXPLOTACIÓNS.....25 7. CONCLUSIÓNS.....30

“Medidas para diminuír os impactos da carga gandeira no marco do proxecto LugO2: asesoramento na ecoxestión de residuos

agrogandeiros” 28

3. Indicadores de Situación Ambiental

3.1 Indicadores de situación da auga, do solo, do aire, a flora e a fauna.

O obxectivo fundamental que perseguen as asesorías aplicadas ás

explotacións agrogandeiras é coñecer a situación actual das mesmas, con

respecto ao medio ambiente, co fin de identificar os aspectos ambientais que

se xeran, é dicir que residuos, que emisións atmosféricas, que verteduras, etc.,

se producen como consecuencia das actividades na explotación.

No caso que atinxe a este proxecto, para diminuír os impactos da carga

gandeira en áreas de especial protección, os indicadores que se empregarán

serán a cantidade de xurro xerado nas explotacións e a compra de abonos

minerais tomando coma referencia a superficie dispoñible na explotación e que

será a receptora deste xurro.

En canto aos abonos nitroxenados atópanse na encrucillada do conflito

orixinado pola necesidade de manter altas producións dos cultivos e a

protección do ambiente. A maioría das veces a eficiencia coa que o nitróxeno

(N) é empregado polas plantas é bastante baixa. Unha parte importante deste

nutriente non é asimilado e prodúcense importantes perdas con graves

repercusións ambientais: volatilización do amoníaco, emisións de óxidos de

nitróxeno e lixiviación de nitrato cara ás augas subterráneas.

O xurro producido directamente polo gando (feces e ouriños), ten un contido en

materia seca comprendido entre un 10 e un 14%, dependendo da alimentación,

consumo de auga, etc. A cantidade de feces e ouriños excretados por unha

vaca de leite é de aproximadamente 18 Tm./ano (49 kg/día), cun contido medio

en materia seca do 12%, tendo unha consistencia semisólida.

Page 38: UD asesoria Lugo2.vers4 - Drupalws2.deputacionlugo.org/LugO2/documentacion/Unidade_didactica... · 6. INDICADORES MEDIOAMBIENTAIS NAS EXPLOTACIÓNS.....25 7. CONCLUSIÓNS.....30

“Medidas para diminuír os impactos da carga gandeira no marco do proxecto LugO2: asesoramento na ecoxestión de residuos

agrogandeiros” 29

O residuo xerado nas explotacións, é unha fonte de materia prima que ten valor

comercial. Moitas veces pódese valorizar simplemente cunha separación dos

diferentes elementos presentes nunha masa ou fluxo de residuos, é por iso

mesmo que se plantexan métodos alternativos no tratamento destes residuos

mediante a súa valorización e tratamento para sacar o seu máximo rendemento

e deixen de ser así un problema e pasen a ser un beneficio máis na

explotación.

Page 39: UD asesoria Lugo2.vers4 - Drupalws2.deputacionlugo.org/LugO2/documentacion/Unidade_didactica... · 6. INDICADORES MEDIOAMBIENTAIS NAS EXPLOTACIÓNS.....25 7. CONCLUSIÓNS.....30
Page 40: UD asesoria Lugo2.vers4 - Drupalws2.deputacionlugo.org/LugO2/documentacion/Unidade_didactica... · 6. INDICADORES MEDIOAMBIENTAIS NAS EXPLOTACIÓNS.....25 7. CONCLUSIÓNS.....30

“Medidas para diminuír os impactos da carga gandeira no marco do proxecto LugO2: asesoramento na ecoxestión de residuos

agrogandeiros” 30

7. CONCLUSIÓNS

A aplicación de prácticas inadecuadas ou rutineiras conducen inevitablemente

á degradación do medio ambiente e a unha diminución da rendibilidade das

explotacións que, ás veces, pode aproximalas á inviabilidade. En moitos casos,

as propias explotacións agrarias non son conscientes da influencia que as

prácticas agrarias teñen sobre o volume e a calidade da produción obtida e

consecuentemente sobre a súa rendibilidade.

O maior problema ambiental que se lle pode plantexar nunha explotación

gandeira son os excedentes de xurro, sobre todo cando estes son xeralizados

nunha zona xeográfica e polo tanto cando non poden ser distribuídos nas

proximidades da explotación; neste caso o xurro excedente é considerado

como un residuo. Esta situación dáse en moitas comarcas de Galicia, sendo a

solución maiormente aceptada a valorización destes excedentes de xurro

mediante os tratamentos da compostaxe para a obtención de compost que

finalmente poderá ser empregado coma emenda orgánica do solo, ou ben

mediante a biometanización para a obtención de biogás (tal como se explica na

“Guía para diminuír os impactos da carga gandeira no marco do proxecto

LugO2 a través da ecoxestión de residuos agrogandeiros”).

A xestión adoitada dos residuos nas explotacións agrarias galegas percíbese

como algo fundamental. Pártese da base de que o emprego dos propios

recursos da explotación -xurros e estercos para o estercado e produción de

forraxes para a alimentación do gando – diminúe o consumo de insumos

externos, como son os fertilizantes minerais e pensos, mellorando así a marxe

económica das explotacións, ademais dos evidentes beneficios ambientais que

isto conleva. Pero actualmente o problema que comunmente se atopa nas

explotacións galegas é o exceso de produción de xurro que non pode ser

asimilado no abonado dos campos e os cultivos.

Page 41: UD asesoria Lugo2.vers4 - Drupalws2.deputacionlugo.org/LugO2/documentacion/Unidade_didactica... · 6. INDICADORES MEDIOAMBIENTAIS NAS EXPLOTACIÓNS.....25 7. CONCLUSIÓNS.....30

“Medidas para diminuír os impactos da carga gandeira no marco do proxecto LugO2: asesoramento na ecoxestión de residuos

agrogandeiros” 31

Polo tanto,nestas zonas Reservas da Biosfera da provincia de Lugo (Terras do

Miño, Os Ancares, Río Eo-Os Oscos-Terras de Burón) e a Serra do Courel

faise imprescindible fomentar a produción sostible, ademais de protexer o solo

agrario como ben estratéxico para a preservación da sostibilidade do manexo

da fertilización da terra e en definitiva da produción gandeira.

Para poder realizar isto é necesario a formación e información aos

responsables das propias explotacións das vantaxes que suporá a aplicación

de sistemas de xestión adoitados aos residuos que xera a súa actividade,

ademais da contribución da conservación do seu contorno fomentando así o

coidado dos recursos naturais e o atractivo paisaxístico e turístico que isto

aportará á súa zona.

Page 42: UD asesoria Lugo2.vers4 - Drupalws2.deputacionlugo.org/LugO2/documentacion/Unidade_didactica... · 6. INDICADORES MEDIOAMBIENTAIS NAS EXPLOTACIÓNS.....25 7. CONCLUSIÓNS.....30
Page 43: UD asesoria Lugo2.vers4 - Drupalws2.deputacionlugo.org/LugO2/documentacion/Unidade_didactica... · 6. INDICADORES MEDIOAMBIENTAIS NAS EXPLOTACIÓNS.....25 7. CONCLUSIÓNS.....30
Page 44: UD asesoria Lugo2.vers4 - Drupalws2.deputacionlugo.org/LugO2/documentacion/Unidade_didactica... · 6. INDICADORES MEDIOAMBIENTAIS NAS EXPLOTACIÓNS.....25 7. CONCLUSIÓNS.....30

PARA MÁIS INFORMACIÓN

Tlfn: 982 245 220www.lugo2.deputacionlugo.org

[email protected]