ud 8a12 anos

9
8-12 anos OSSOUTOS dePuertas DeGalicia

Upload: puertas-de-galicia

Post on 01-Jul-2015

119 views

Category:

Documents


10 download

DESCRIPTION

Unidad didáctica para niños de 8 a 12 años desarrollada para la campaña "Os Soutos de Puertas de Galicia" que coincide con la temporada de castaña, recurso natural base de las Comarcas de Verín y Viana.

TRANSCRIPT

Page 1: Ud 8a12 anos

8-12

ano

sOSSOUTOSdePuertasDeGalicia

Page 2: Ud 8a12 anos

OSSOUTOSdePuertasDeGaliciaUnidade didáctica dirixida a nenos e nenas de segundo e terceiro ciclo de Educación Secundaria (8-12 anos)

Page 3: Ud 8a12 anos

Carballo

moitos soutos son cultivos de castineirosParece ser que foron os romanos que chegaron a estas terras os que nos acos-tumaron a cultivar os castiñeiros. Desde aquela, os labores de poda, enxerto e roza do sotobosque fixeron que os castiñeiros colleran forza e gañasen terreo a outras árbores que estaban antes ca eles. Sabes a que árbores nos referimos?

Faia FreixoSobreira Ameneiro

Enriba tes as follas dalgunhas destas árbores e máis abaixo os seus nomes. Retá-moste a que as emparelles e busques ao teu redor a ver se es quen de identificar cada árbore. Non ha de ser difícil! Seguro que algunha xa a coñecías... Pero lembra que no outono algunhas mudan de cor e caen...

Cerquiño

Page 4: Ud 8a12 anos

para beneficiarnos dos soutos temos quesaber como cultivalos

Cortar os rebrotes baixos para que as grandes teñan máis forza:

Para que os castiñeiros dean boas castañas e boa leña, e tamén para facer máis doada a recollida das castañas, cómpre prestarlle algunhas atencións. A ver se sabes a cales nos referimos?

Unir dúas variedades de castiñeiro nunha mesma árbore:

P R

E RX

Cortar outras plantas máis pequenas que medran nos soutos: RZ

nos soutos tamen viven animaisImaxinas que animais poden vivir nos soutos? E en que parte dos soutos? Dentro mesmo dos castiñeiros? Pois si! Mira arredor e busca un castiñeiro vello, vas ver que ten buratos grandes e profundos no tronco; pois aí mesmiño agóchanse moitos animais para criar, abrigarse ou gardar a comida. Aquí abaixo tes uns poucos, cada un co seu nome. Pero hai dous que teñen as letras desordenadas... Vas ter que ordenalas para saber que son...

PETOFORMIGUEIRO

RABIRRUBIOREAL

Page 5: Ud 8a12 anos

o souto e o noso reinoNa imaxe da dereita vense moi ben as flores do castiñeiro, que lle chaman en moitos sitios de Galicia “recandea”. Son as responsables de que os castiñeiros dean froito (castañas) e se poidan reproducir.

Dependendo da variedade de cas-tiñeiro e do lugar onde nos encon-tremos, florecen antes ou despois, mais adoitan facelo entre finais da primavera e comezos de outono. Mira arredor túa que poida que algún inda teña flores!

Se tes a sorte de visitar un souto florido, propoñémosche que, ade-mais de admiralo, lle quites unhas pouquiñas flores (1).

Agora colle tres delas e empeza a facer unha trenza coma as que se fan no pelo (2). Antes de chegar ao final, vai engadindo máis flores (3). De vez en cando, engade unha flor máis e colócaa ao outro xeito, en vertical, dobrándoa despois de maneira que colla a forma da imaxe (4).

Continúa ata que a trenza sexa longa abondo para rodear a túa cabeza e ao final ata os dous ex-tremos cun fío (5).

Xa está a coroa pronta para que a poñas na cabeza e empeces a gozar do teu reino...

1)

2) 3)

4)

5)

Page 6: Ud 8a12 anos

se queredes ver algún dos soutos mellor conservados de Galicia, podedes atopalos

en Puertas de Galicia

www.puertasdegalicia.com

Teléfono visitas guiadas: 698 16 63 64

Page 7: Ud 8a12 anos

Deseño, maquetación e elaboración de contidos:

Habitaq, S.L.

Page 8: Ud 8a12 anos
Page 9: Ud 8a12 anos