u2 av

50
CSXH 4º ESO

Upload: aialo1

Post on 21-Jan-2018

58 views

Category:

Education


1 download

TRANSCRIPT

Page 1: U2 av

CSXH 4º ESO

Page 2: U2 av

REVOLUCIÓN Cambio rápido e profundo con respecto ao

anterior sistema ou situación política, econçómica ou social dun

estado.

REVOLUCIÓNS BURGUESAS (fin s. XVIII).

A BURGUESÍA foi a grande beneficiada e o grupo social

dominante, ainda que tamén participaron outros grupos sociais

Obx: establecer un NOVO SISTEMA POLÍTICO.

Page 3: U2 av

Os cambios… POLÍTICOS Fin do Absolutismo

Paso a un sistema liberal burgués.

ECONÓMICOS Coa Revolución Industrial xurde unha nova economía industrial e urbana

SOCIAL Nova sociedade de clases, baseada na valía e mérito persoal en base á RIQUEZA. Burguesía como grupo social dominante.

CIENCIA Novas achegas e visións sobre o ser humano. Avances no progreso tecnolóxico.

ARTE Convivencia de dous estilos moi diferentes: ROMANTICISMO REALISMO

REVOLUCIÓN POLÍTICA:

AMÉRICA DO NORTE ( 1766) REVOLUCIÓN FRANCESA (1789)

Page 4: U2 av

Estados Unidos

As 13 colonias

británicas da costa

Este protagonizan

unha GUERRA DA

INDEPENDENCIA e

unha REVOLUCIÓN

POLÍTICA.

A revolución americana foi aprimeira na que o LIBERALISMO se puxo en práctica. O sistema político da nova nación convertiuse no modelo para futuras xeracións.

Page 5: U2 av

As colonias desenvolveran un sistema económico propio, e comezan

a ver á METRÓPOLE como unha barreira fronte aos seus intereses.

Reino Unido non estaba moi interesado no desenvolvemento da

industria nas colonias e reservábase o monopolio de varios produtos.

Na colonia rexía o PACTO COLONIAL. Concedendo autonomía

aos colonos (Asambleas ) mentres os colonos debía pagar

impostos ao Reino Unido. Os colonos consideraban que non

debían pagar os impostos se non tiñan poder de decisión no

Parlamento Británico.

CONFLITO DOS

IMPOSTOS

1773 ESTABLECEMENTO DUN NOVO IMPOSTO: Motín do té de

Boston (Establecemento do monop olio sobre o produto). Ataque de

barcos británicos cargados de té por parte dos colonos.

COMEZO DA GUERRA DA INDEPENDENCIA (1775-1783)

Page 6: U2 av

Representantes das 13 colonias

reunidos en Filadelphia.

NACEN OS ESTADOS UNIDOS DE

AMÉRICA

B. FRANKLIN

T.JEFFERSON

LIVINGSTON

1 THOMAS JEFFERSON redacta a DECLARACIÓN DOS DEREITOS DE VIRXINIA

(Soberanía Nacional / División de poderes / Sufraxio)

Como base fundamental para…

Page 7: U2 av

Remate da guerra coa PAZ DE

VERSAILLES (1783). Reino Unido recoñece a

independencia dos Estados Unidos.

CONSTITUCIÓN DOS

ESTADOS UNIDOS 1787

Soberanía Nacional. Separación de poderes Sufraxio universal masculino (só poboación branca) Presidente elexido por votación indirecta

Page 8: U2 av

CONSTITUCIÓN Lei fundamental dun Estado. Recolle os dereitos dos cidadáns, a forma de goberno e a relación entre os poderes.

METRÓPOLE Nación colonizadora

Page 9: U2 av

Que supuxo a revolución francesa? - Eliminación da Monarquía absoluta.

- Fin do sistema económico do antigo réxime.

- A sociedade estamental deixa paso á sociedade de

clases.

Page 10: U2 av

A Revolución Francesa 1789 FRANCIA ANTES DA REVOLUCIÓN:

Grande potencia que vivía no Antigo Réxime. Os

principais problemas eran:

Mantemento da sociedade estamental.

Crise económica dende 1780. Afectou aos prezos dos

produtos xerando un grande descontento social.

Alimentando un clima de rebelión contra o clero

(décimos) e a nobreza.

Grande déficit de facenda. Peso da guerra americana

+ os privilexiados non pagaban impostos.

Crise política: o rei LUIS XVI perde apoios e difusión

dunha mala imaxe (vida luxosa)

Page 11: U2 av
Page 12: U2 av
Page 13: U2 av
Page 14: U2 av

No eido cultural: Publicación da Enciclopedia de Diderot e D´Alembert

en 1751. Esta obra nace como un compendio do novo

coñecemento obtido da razón, e como medio difusor

da ilustración, o racionalismo e as libertades.

Difusión das ideas ilustradas. Rousseau ( “ O Contrato

Social” ) e Montesquieu como autores de referencia e

forte influencia no proceso revolucionario francés

(cuestións como a idea de soberanía nacional, a

separación de poderes ou o recoñecemento de

libertades fundamentais).

Page 15: U2 av

A REUNIÓN DOS ESTADOS XERAIS

Entre 1783 e 1788, os ministros de Facenda do rei

(TURGOT, NECKER, CALONNE, BRIENNE) tentan por

freo á crise. A solución pasaba por realizar unha

profunda reforma e facer pagar impostos aos

privilexiados.

LUIS XVI convoca unha ASAMBLEA DE NOTABLES para

tentar acadar a reforma, pero os privilexiados

néganse a pagar impostos.

En 1788 declárase a BANCARROTA. E o rei ten que

convocar aos ESTADOS XERAIS (non se reunían dende

1614).

Page 16: U2 av

O ministro Necker logra dobrar o número de

representantes do terceiro estado para frear o

poder dos privilexiados.

Previo á reunión cada estamento realizaba un caderno de queixas reflexando ´os seus problemas e propostas (Cahiers

de doleances).

No caso do Terceiro Estado:

Lectura do extracto dos cahiers de doleances da Cidade de Marsella.

(libro texto páx. 52)

Page 17: U2 av

En 1789 reúnense os Estados Xerais

en Versalles

Os privilexiados pretenden

que se vote por estamento,

o que lles daría a maioría.

Os membros do Terceiro

Estado defenden o voto

por persoa.

Page 18: U2 av

O Terceiro estado toma conciencia da súa representatividade, a xuízo

dos seus deputados aportaba maior lexitimidade para representar a

Francia.

O monarca e os privilexiados tentan expulsalos da sala e reúnense

no Xogo da Pelota, onde xuran permanecer reunidos ate

redactaren unha CONSTITUCIÓN.

Luís XVI vese forzado a aceptar esta situación revolucionaria.

Page 19: U2 av
Page 20: U2 av

14 de xullo de 1789 Ante o aumento do prezo do pan

e os rumores de conspiración do

rei , os cidadáns parisienses

maniféstanse e ASALTAN A

BASTILLA (símbolo do A. Réxime e

cárcere político)

Page 21: U2 av

REVOLUCIÓN

INSTITUCIONAL

REVOLUCIÓN

POPULAR

Ante o temor a unha reacción dos privilexiados (posto que Luís XVI

parecía transixir, namentres que reunía forzas para liquidar a

marcha dos acontecementos), apélase a unha sublevación

popular: o 14 de xullo de 1789 o pobo toma o cárcere da Bastilla

(como símbolo do Antigo Réxime).

No campo tamén se daban fortes protestas previas ó proceso, as

malas colleitas, a falta de alimentos, a imposibilidade de pagos de

dezmos e impostos, a falta de terras.... Coa revolución o campo foi

sacudido por unha rebelión agraria, “Le grand peur”, deixáronse de

pagar impostos, asaltáronse castelos e outros símbolos do Antigo

Réxime.

Page 22: U2 av
Page 23: U2 av

Lectura apartado A muller e a Revolución Francesa.

Page 24: U2 av

En 1791, na etapa moderada, nace a CONSTITUCIÓN, e a

Asamblea Constituínte pasa a denominarse como Asamblea

Lexislativa.

Page 25: U2 av

(*) O rei non acepta a Constitución e escapa a Austria, pero finalmente é

capturado e encarcelado, e suspendense temporalmente das súas

funcións..

Page 26: U2 av
Page 27: U2 av

• A Convención xirondina. A república quedou en mans dos xirondinos, que convocaron eleccións por sufraxio universal masculino para a nova Convención Nacional.

• A Convención xacobina. En xuño de 1793, os xacobinos fixéronse co poder e detiveron os dirixentes políticos xirondinos. Promulgaron unha nova Constitución baseada na democracia social.

• A caída dos xacobinos. Mediante o golpe de Estado de Termidor, en xullo de 1794 foron derrocados e executados Robespierre e outros dirixentes xacobinos.

Etapas:

Page 28: U2 av

A RADICALIZACIÓN DA REVOLUCIÓN FRANCESA.

★A CONVENCIÓN XIRONDINA (1792-1793) -Fase radical da Revolución.

-Matanzas de setembro.

Sans culottes asaltan cárceres de París

e asasinaron aristócratas e relixiosos.

- A Convención:está controlada por

xirondinos e xacobinos.

- 21 xan 1793》Execución de Luis XVI na guillotina.

- Declaración de guerra a Francia (R.

Unido e España).

- Levantamento de ultracatólicos e la

Vendée. - Tribunal revolucionario e Comité de

Salvación Pública.

Page 29: U2 av
Page 30: U2 av

Lectura da entrada no blogue sobre A morte de Marat

Page 31: U2 av

★ CONVENCIÓN MONTAÑESA E O TERROR (1793-1794)

- Robespierre fíxose co poder.

- Nova Constitución democrática.

◇Soberanía popular.

◇Sufraxio universal masculino. -Robespierre implantou unha ditadura.

◇Terror.

◇Lei de sospeitosos.

◇ Tenta frear a crise económica.

◇Golpe de estado do 9 Termidor Robespierre é xulgado e executado.

Page 32: U2 av
Page 33: U2 av

★O DIRECTORIO E A FIN DA REVOLUCIÓN (1795-1799).

Réxime liberal:

◇soberanía popular.

◇división de poderes.

◇sufraxio censitario.

-Revolta do Vendimiario 1795 》sofocada por Napoleón. -Golpe de estado de NAPOLEÓN 18 Brumario. Proclámase cónsul e

remata co directorio.

Retrato de Napoleón. Jacques

Louis David.

Page 34: U2 av

• Despois do golpe de Estado, a burguesía conservadora volveu tomar o control da Revolución.

• Elaborouse unha nova Constitución (1795) que lle outorgaba o poder executivo a un goberno colexiado, restablecía o sufraxio censatario e confiaba o poder lexislativo a dúas cámaras.

• O novo goberno pretendía volver aos principios da Constitución de 1791. Perseguiu os xacobinos, derrogou a Constitución de 1793 e anulou as medidas daquel período.

• En 1799, Napoleón Bonaparte, co apoio da burguesía, foi protagonista dun golpe de Estado que acabou co Directorio e inaugurou o Consulado (1799-1804).

Page 35: U2 av

O IMPERIO NAPOLEÓNICO

NAPOLEÓN

Inicia reformas políticas en Francia.

Comeza un proxecto de expansión militar.

FRANCIA O CONSULADO

Napoleón acapara o poder e protagonismo. Non ten declaración de dereitos

Non hai separación de poderes

Despois da vitoria de Marengo (1800) Italia. PROCLÁMASE CÓNSUL

VITALICIO

Comeza unha serie de reformas para consolidar o LIBERALISMO en Francia:

MODERNIZA LEIS (p.e. Código Civil).

REFORMA A ECONOMÍA (Banco de Francia, Código de Comercio)

PROMOVE A EDUCACIÓN PÚBLICA.

Aparece unha nova nobreza baseada nos méritos civís e militares.

Page 36: U2 av

O Reino Unido forma unha III Coalición, para facerlle

fronte a Napoleón. Xunto con Austria e Rusia.

Napoléon 1804

Transforma a República en IMPERIO.

COMEZA UNHA NOVA CAMPAÑA

CO APOIO DE ESPAÑA (Derrota en

Trafalgar en 1805)

VITORIA EN AUSTERLITZ (

Remata co Sacro Imperio Xermánico).

Con dúas direccións:

A ALIANZA CON RUSIA

BLOQUEO CONTINENTAL E AILLAMENTO DO

REINO UNIDO.

POLÍTICA EXTERIOR.

Napoleón invade España en 1808 Avanza cara a invasión de Portugal

GUERRA DA

INDEPENDENCIA

ESPAÑOLA

Page 37: U2 av
Page 38: U2 av

RUSIA Rompe a alianza con Francia e remata co bloqueo ao

Reino Unico.

Napoleón decide invadir Rusia, pero é derrotado en 1812.

FORMACIÓN DA

VI COALICIÓN

REINO UNIDO

PRUSIA

RUSIA

AUSTRIA

Vencen a Napoleón en Leipzig (1813)

Despois avanza cara París e Bonaparte ten que abdicar

Napoleón tenta voltar ao poder pero é

derrotado na BATALLA DE WATERLOO (1815)

Remata exiliándose na Illa de Sta, Helena.

LUIS XVIII DE FRANCIA, reina trala caída de Napoleón

Page 39: U2 av

A RESTAURACIÓN

★RETORNO AO ABSOLUTISMO

Volven ao poder os monarcas do Antigo Rèxime. Baseábanse:

1. LEXITIMIDADE (Dinastía tradicional)

2. RESPONSABILIDADE > mantemento da orde internacional.

3. INTERVENCIÓN >no caso de que unha monarquía perigue por unha

revolución.

4. SISTEMA DE CONGRESOS> as potencias buscarían solucións a

conflictos internacionais.

◇Algúns monarcas promulgan CARTAS OUTORGADAS, onde recoñecen algúns dereitos á poboación.

Page 40: U2 av

★CONGRESO DE VIENA (1815) Reorganización do mapa europeo:

》 Garantir a paz.

》 Evitar novas revolucións. Protagonistas:

- Ministro de Austria (Metternich).

- Tzar de Rusia (Alexandre I).

- Ministro de Francia ( Talleyrand).

Cambios:

1. Francia retorna ao territorio que tiña antes da

revolución.

2. Fórmanse Estados-tapón 》》 evitar a expansión francesa.

Bélxica pasa ao reino dos Países Baixos.

Savoia e Xénova forman parte do reino de

Piemonte

3. Austria, Prusia e Rusia amplían territorios de forma equilibrada.

Page 41: U2 av

Mapa de Europa despois de 1815

Page 42: U2 av

★AS ALIANZAS INTERNACIONAIS.

As potencias europeas buscan consolidar a Restauración.

□ SANTA ALIANZA 》 Prusia/Rusia/Austria/+tarde Francia.

- Carácter antiliberal.

- Compromiso de intervención para defender o absolutismo.

-Recoñecen o dereito divino e o apoio á igrexa.

□ CUÁDRUPLA ALIANZA 》 R. Unido/Austria/Prusia/Rusia

- Busca defender a orde do Congreso de Viena.

Page 43: U2 av

1820 Primeira onda revolucionaria

ESPAÑA

GRECIA

RIEGO pronúnciase contra o absolutismo de

FERNANDO VII, dando lugar ao Trienio

Liberal. O rei ten que xurar a constitución de

1812. Tres anos despois a Santa Alianza

restaura o absolutismo.

(1821) Sublevación contra a dominación Turca.

Independízase en 1829.

Page 44: U2 av

1830 Segunda onda revolucionaria

FRANCIA

BRUXELAS

O rei CARLOS X tenta rematar coa carta

outorgada de Luis XVIII. Produciuse unha

revolución que levou ao trono a LUIS FELIPE

DE ORLEÁNS ( Dirixente da burguesía

acomodada) /Monarquía Constitucional,

Levantamento contra o rei dos Países Baixos.

Bélxica independízase en 1931.

Page 45: U2 av

1848 A revolución exténdese e toma un carácter social e obreiro.

FRANCIA

As revolucións de 1848 acadaron o AVANCE DO

LIBERALISMO EN EUROPA

Revolución que expulsa a Luis Felipe de

Orleáns. Proclámase a II REPÚBLICA e

redáctase unha nova Constitución

(Moderada).

LUIS NAPOLEÓN BONAPARTE gaña as

elecións e evoluciona cara un goberno máis

autoritario.

II IMPERIO

Page 46: U2 av

Nacionalismo O triunfo do

Moitos pobos loitaron por converterse

en Estados, dando lugar a movementos

nacionalistas

s.XIX

en Europa

Page 47: U2 av

Disgregadores Movementos

BÉLXICA

IMPERIO TURCO

Separouse dos Países Baixos (Holanda) en

1830.

Pertencía ao Reino Unido. Comezou un movemento

independentista que non conclúe ate 1922 (estando a

parte norte norte baixo o dominio británico.

IMPERIOS

AUSTROHÚNGARO E TURCO

IRLANDA

Estaban formados por poboacións diversas.

Grupos nacionalistas formaron movementos

políticos para reivindicar a independencia.

Foise fragmentando: Grecia (1829), Serbia,

Romanía, Montenegro, Bulgaria e Albania.

Page 48: U2 av

Unificadores Movementos

ITALIA

Política nacionalizadora dos

Estados

Estaba dividida en diversos estados baixo

a dominación estranxeira.

O proceso encabezouno o Piemonte

(1870)

Potenciouse a língua común como

elemento unificador.

Aceleran a unificación por vía militar.

ALEMAÑA

1862

GUILLERME I

(Bismark)

PRUSIA Encabezou a unificación

Establecéronse mecanismos de cooperación

económica entre os Estados alemáns.

Potenciouse a língua común como elemento

unificador..

NACE O II REICH

Desenvolver un sentimento nacional e o

orgullo patriótico

Page 49: U2 av

Procesos de Unificación

Italia

Alemania

Page 50: U2 av