u. 3. as formas da terra

71
UNIDADE 3. AS FORMAS DA TERRA

Upload: agrela-elvixeo

Post on 11-Jul-2015

1.887 views

Category:

Education


5 download

TRANSCRIPT

Page 1: U. 3. as formas da terra

UNIDADE 3. AS FORMAS DA TERRA

Page 2: U. 3. as formas da terra

1. A capa externa da Terra

2. Axentes internos de formación do relevo

3. Axentes externos de formación do relevo

4. Os continentes

5. Un mundo de montañas e chairas

6. Un mundo de illas, penínsulas e golfos

7. O relevo de España

Page 3: U. 3. as formas da terra

Introdución• No noso planeta as terras atópanse repartidas en

diversas masas de terra ou continentes.

• Decote dividimos a terra en seis continentes: África, América, Asia, Europa, Oceanía e Antártida.

• A superficie dos continentes presenta relevos moi variados como chairas, mesetas, cordilleiras, vales e depresións.

• Os océanos bañan os continentes modelando as súas costas, con cantís, praias…

• No medio destas grandes masas de auga xorden os arquipélagos coas súas illas.

Page 4: U. 3. as formas da terra

• A capa externa da Terra1.1. A estrutura da Terra (V.Vives páx.28)

• A Terra é unha grande esfera lixeiramente achatada polos polos que se divide en tres grandes zonas concéntricas.

• A parte máis interna é o núcleo e supón un 15% do volume total do planeta.

• Ao seu redor está o manto, que representa un 84% do volume da Terra.

• A capa externa é a cortiza, que apenas representa o 1% do total do planeta. A cortiza, xunto coa parte superior do manto, recibe o nome de litosfera.

Page 7: U. 3. as formas da terra

• A capa externa da Terra1.2. A codia terrestre (V.Vives páx.28)

• A codia terrestre ten un ancho moi desigual.

• Non é lisa. Nos continentes e no fondo do mar hai montañas, vales, depresións e chairas que configuran o relevo da Terra. O Everest é o pico máis elevado (8.842 m), mentres que a profundidade máxima atópase na fosa nas Marianas (11.022 m).

• O relevo cambia pola acción de axentes internos e externos.

• A capa externa é a cortiza, que apenas representa o 1% do total do planeta. A cortiza, xunto coa parte superior do manto, recibe o nome de litosfera.

Page 9: U. 3. as formas da terra

• A capa externa da Terra1.3. A deriva dos continentes (V.Vives páx.29)

• Segundo a teoría da deriva dos continentes, a codia da Terra estaba formada por un único continente, ata hai 200 millóns de anos, denominado Panxea, que aboiaba sobre o manto.

• O movemento de rotación da Terra rompeu este único continente dando lugar ás chamadas placas tectónicas.

• Malia os lentos movementos, cando dúas placas baten unha delas pode elevarse formando grandes cordilleiras, mentres que a outra se afunde ata crear profundas fosas mariñas.

• Os puntos de contacto entre dúas placas son áreas de grande inestabilidade, que se manifesta en forma de terremotos e volcáns.

Page 10: U. 3. as formas da terra

Hai 200 millóns de anos

Teoría da deriva continental

Page 11: U. 3. as formas da terra

Hai 65 millóns de anos

Teoría da deriva continental

Page 13: U. 3. as formas da terra

Orixe e dirección do desprazamento das placas Liña de colisión das placas

Page 14: U. 3. as formas da terra

• Actividades (V.Vives páx.29)

1.¿Cales son as capas que forman o conxunto da Terra?

2.¿Cal é a capa que ten máis grosura? ¿E a de menor grosura?

3.As rochas existentes baixo os mares e océanos, ¿tamén forman parte da codia terrestre?

4.¿Cales son as zonas da Terra máis inestables sismicamente?

5.¿Qué zonas de España son as máis inestables sismicamente?

Page 15: U. 3. as formas da terra

2. Axentes internos da formación do relevo2.1. Os axentes internos: terremotos

(V.Vives páx.30)

• Debaixo da codia terrestre atópanse gases e outros materiais moi comprimidos que fan presión sobre ela ata formar fendas e deformala.

• As forzas internas da Terra ou axentes internos, provocan os terremotos e os volcáns.

• Os terremotos son sacudidas que se orixinan no interior da Terra e que se propagan en forma de ondas sísmicas.

Page 16: U. 3. as formas da terra

2. Axentes internos da formación do relevo2.1. Os terremotos: a escala Richter

• A escala de Richter foi desenvolvida en 1935 polos sismólogos Charles Francis Richter e Beno Gutenberg, ambos membros do California Institute of Technology (Caltech), que estudaban sismos no sur da California.

• A graduación• Na práctica, a escala está graduada de 1 a 9, mais teoricamente é

ilimitada.• 1. Detectado só por instrumentos científicos. • 2. Sentido por algunhas persoas e animais. • 3. Sentido por moitas persoas. • 4. Sentido por todas as persoas. • 5. Destrúe algunhas construcións • 6. As estruturas balancéanse e as paredes comezan a caer. • 7. Destrúe moitas construcións e mata xente. • 8. Un desastre. • 9. Destrución total. (Caos, morte e destrución) • O sismo máis forte xamais rexistrado foi o Gran Terremoto do Chile, o 22

de maio de 1960, que acadou o valor de 9,5 nesta escala. Do outro lado da escala, a caída dunha tella dunha altura de 1 m. ten a magnitude -2.

Page 19: U. 3. as formas da terra

2. Axentes internos da formación do relevo2.1. Os axentes internos: volcáns

(V.Vives páx.30)

• Cando algunha fenda ou fisura da codia terrestre é tan fonda que acada as zonas onde hai magma, este ascende por ela como unha cheminea e, a través do cráter, pode saír ao exterior en forma de erupción volcánica.

• Nas erupcións volcánicas expúlsanse gases, cinzas, pedras e lava incandescente. En contacto co aire arrefrían, depositanse e forman conos volcánicos.

• Algúns conos pódense converter en altas montañas como o Teide. Os materiais volcánicos poden dar lugar a solos moi fértiles, como é o caso do val da Orotava situado en Sta. Cruz de Tenerife.

Page 22: U. 3. as formas da terra

CRÁTER DE BANDAMA (GRAN CANARIA)

Page 23: U. 3. as formas da terra

2. Actividades (V.Vives páx.31)

1.¿Cales son os axentes internos da formación do relevo?

2.¿Que se entende por hipocentro ou foco? ¿E por epicentro?

3.¿En que pode chegar a convertirse un cono volcánico? Pon un exemplo.

4.¿Por que o Mediterráneo é zona de volcáns e máis terremotos?

5.Sinala e describe as partes dun volcán.

Page 24: U. 3. as formas da terra

3. Axentes externos da formación do relevo3.1. Axentes externos: auga (V.Vives páx.32)

• Auga, vento, vexetación, etc; son os axentes externos que modifican o relevo.

• A acción da auga é o principal axente modelador do relevo. Actúa de varias formas:

• Auga de chuvia ao correr polas costas, desgasta as montañas; os torrentes e os ríos abren barrancas e vales e arrincan e transportan rochas e terra.

• Cando a auga perde forza, depositan os materiais formando chairas e deltas.

Page 25: U. 3. as formas da terra

A ACCIÓNDOS RÍOS

Page 26: U. 3. as formas da terra

¿Situación?¿Acción principal?

Page 27: U. 3. as formas da terra

¿Situación?¿Acción principal?

Page 28: U. 3. as formas da terra

¿Situación?¿Acción principal?

Page 29: U. 3. as formas da terra

¿Situación?¿Acción principal?

Page 30: U. 3. as formas da terra

OS TORRENTESConca de recepción: arroiosque reciben auga de zonaspróximas e a canalizan á canle de desauge. PredominaA erosión

Canle de desaugue: conducea auga cara as zonas baixas. Son igualmente importantes a sedimentacióne o transporte

Cono de dexección: depósitodos materiais tranportadosna zona baixa do torrente

Page 31: U. 3. as formas da terra

3. Axentes externos da formación do relevo3.1. Axentes externos (V.Vives páx.32)

• A auga introdúcese nas fendas das rochas, e cando a temperatura baixa moito, a auga xea e aumenta o seu volume. Daquela o xeo preme as paredes das rochas ata chegar a rompelas.

• Noutras ocasións, a auga tamén reacciona quimicamente cos compeñentes das rochas e provoca disolución. Forma fendas por onde se filtra a auga, dando lugar a covas e galerías como ríos de auga subterránea.

• As ondas, as correntes mariñas e as mareas actúan sobre o litoral desgastando as rochas máis brandas e os saíntes das costas. Ao mesmo tempo, as correntes mariñas acumulan area en praias e golfos.

Page 32: U. 3. as formas da terra

DIACLASAS E PENDEDOS

Page 33: U. 3. as formas da terra

DISOLUCIÓN DA CALCÁREA

Page 34: U. 3. as formas da terra

ACCIÓN DAS ONDAS, MAREAS E CORRENTES MARIÑAS

Page 35: U. 3. as formas da terra

ACCIÓN DAS AUGAS: CANTÍS E AREAIS

Page 36: U. 3. as formas da terra

3. Axentes externos da formación do relevo3.1. Axentes externos: vento e vexetación

(V.Vives páx.33)

• O vento desgasta as rochas e ao mesmo tempo que transporta pequenas partículas (area, arxila...) que ao bater sobre outras rochas a erosiona.

• A vexetación tamén contribúe á formación do relevo terrestre. As raíces das plantas e de árbores, ao penetrar nos solos poden axudar a romper as rochas, pero tamén a fixar o solo das ladeiras, abas das montañas ou couce dos ríos.

Page 37: U. 3. as formas da terra

Acción do vento

Acción da vexetación

Page 38: U. 3. as formas da terra

Socalcosfixación de solonas ladeiras da montaña

Paisaxe de ribeira

Page 39: U. 3. as formas da terra

3. Axentes externos da formación do relevo3.1. Axentes externos: acción humana

(V.Vives páx.33)

• Os avances técnicos permitiron ao ser humano transformar o territorio dun xeito rápido e intenso.

• A edificación urbana, a actividade mineira, a construción de vías de comunicación transformaron total ou parcialmente a fisonomía da paisaxe.

Page 40: U. 3. as formas da terra

Canteira de lousana serra do Courel (Lugo)

Page 41: U. 3. as formas da terra

Autovía do Noroesteao seu paso pola veiga doValcarce

Page 42: U. 3. as formas da terra

Deforestación do Amazonas

Page 43: U. 3. as formas da terra

3. Actividades (V.Vives páx.33)

1.¿Que acción realizan os ríos para transformar a paisaxe e o relevo?

2.¿Cales son os axentes externos que adoitan intervir na modelaxe do relevo terrestre?

3.¿Como actúan as augas mariñas sobre a modelaxe das costas?

4.¿Que traballo efectúa o vento sobre o relevo?

5.¿A vexetación como contribúe á formación do relevo?

Page 44: U. 3. as formas da terra

AS FORMAS DO RELEVO

Page 45: U. 3. as formas da terra

AS FORMAS DO RELEVO11. Montaña elevación naturaldo terreo.A cordilleira é un continuoencadeado de montañas

12. Depresión ou conca. É unha zona máis ou menos extensa que se caracteriza por estar a unha altitude inferior ás formacións do relevo que a a rodean.Ás veces a formación dunha depresión ou cunca é o resutada da acción erosiva dun río e dos seus afluentes; outras veces pode ser a consecuencia do afundimento dalgunha falla (fosa tectónica)

13. Val. É unha forma de depresión do relevo que adoita ser unha configuración alongada.Pode ser un val fluvial (acción dun río e forma de “V”) ou glaciar (acción do xeo e forma de “U”)

14. Altiplano ou meseta elevación natura do terreo cunha superficie plana.Situada a bastante altitude sobre o nivel do mar.

14

1. Ría penetración mariñaen terra. Lingua de mar queocupa un val fluvial. Se ocupaun val glaciar é un fiordo.

3. Península anaco de terrarodeada por auga por todaspartes menos por un sectorestreito chamado istmo.

15. Chaira superficie planaou ondulada de considerablesdimensións.

5. Golfo entradade mar no continenteque fai un debuxo arredondeado.A enseada e a baía e semellanteao golfo pero de menor dimensión.

10. Noiro ou TámaraContinental chanzo entrea plataforma continentale a chaira abisal.

9. Plataforma continentalzona marítima que descendesuavemente dende o litoralata os 400 m. É a continuaciónsubmariña dos continentes.

4. Illa porción de terra rodeada de auga.Un conxunto de illas formanun arquipélago.

7. Fosa mariña gran depresióndos fondos oceánicos entre os 6.000 e11.000 m. de profundidade.

8. Chaira abisal. Extensión de terreomoi fondo dos océanos entre 3000 e7000 m. de profundidade.

2. Cabo parte da costa quepenetra no mar máis que oresto do litoral.

6. Dorsal oceánica cordilleiraSubmarina de grande dimensión.

Page 46: U. 3. as formas da terra

3. Actividades (V.Vives páx.35)

1.¿Que formas do relevo configuran os continentes?

2.¿Que formas do relevo configuran os océanos?

3.¿Que diferenza existe entre unha chaira abisal e unha plataforma continental?

4.¿Que diferencia hai entre ría e fiorde?

5.¿Que é unha depresión? ¿Como se formou?

Page 47: U. 3. as formas da terra

4. Os continentes4.1. División en continentes (V.Vives páx.36)

• Os continentes son grandes extensións de terra emerxida que afastan os océanos.

• África (30,2 millóns km2) separada de Europa polo Mediterráneo e de Asia polo mar Vermello. A canle de Suez une os dous mares.

• O relevo é bastante chan pero con algúns macizos montañosos. Son características de África as grandes cubetas ou depresións formadas pola erosión e sedimentación. Actualmente están ocupadas por grandes lagos o litoral é rectilíneo, pouco recortado.

Page 48: U. 3. as formas da terra

4. Os continentes4.1. División en continentes (V.Vives páx.36)

• América (42,2 millóns km2) esténdese ao longo de 15.000 km, polos dous hemisferios. Separa os dous grandes océanos do planeta (Atlántico e Pacífico).

• Dividimos en dous subcontinentes: América do Norte e América do Sur separadas por América Central.

Page 49: U. 3. as formas da terra

4. Os continentes4.1. División en continentes (V.Vives páx.36)

• Asia (44,6 millóns km2) masa de terra situada na parte oriental de Eurasia. Podemos distinguir catro partes: extensas chairas ao norte; elevadas cordilleiras no centro sur; grandes penínsulas no océano Índico e arquipélagos no océano Pacífico.

Page 50: U. 3. as formas da terra

4. Os continentes4.1. División en continentes (V.Vives páx.36)

• Europa (10,4 millóns km2) parte occidental de Eurasia. Resulta difícil establecer o límite entre estes dous continentes. Os Urais e o Caúcaso e o mar Caspio e Negro marcan os límites. O mar Mediterráneo limita Europa e África.

Page 51: U. 3. as formas da terra

4. Os continentes4.1. División en continentes (V.Vives páx.36)

• Oceanía (8,5 millóns km2) ten máis de 10.000 illas repartidas polo océano Pacífico. Distinguimos catro grandes conxuntos: Australasia, Melanesia, Micronesia e Polinesia.

• Antártida (13,2 millóns km2) situada no polo Sur está rodeada dos tres océanos. Chega a temperaturas extremas -65ºC, e os fortes ventos fan a vida resulte case imposible.

Page 52: U. 3. as formas da terra
Page 53: U. 3. as formas da terra
Page 54: U. 3. as formas da terra

4. Actividades (V.Vives páx.37)

1.¿Cales son as características do relevo africano?

2.¿Que formacións do relevo dominan no continente asiático?

3.¿Cal coidas que é a carcterística principal de Oceanía?

4.¿Cales son os límites de Europa?

Page 55: U. 3. as formas da terra

5. Un mundo de montañas e chairas5.1. O relevo continental (V.Vives páx.38)

• A superficie dos continentes non é lisa nen uniforme. Presenta distintas formas.

• Montañas: agrupadas en grandes cordilleiras como o Himalaia ou os Andes.

• Chairas: amplas extensións como a Gran Chaira Europea.

• Mesetas como a de Pamir.

• Vales como o do Nilo.

Page 56: U. 3. as formas da terra
Page 57: U. 3. as formas da terra
Page 58: U. 3. as formas da terra

5. Actividades (V.Vives páx.38)

1.¿Cales son as grandes cordilleiras do continente americano?

2.¿Que cordilleiras hai no continente asiático? ¿Cal é a máis importante?

3.¿Que características presenta o relevo de Australia e Nova Zelandia?

4.¿Onde se atopan as grandes chairas? Escribe o seu nome.

Page 59: U. 3. as formas da terra

6. Un mundo de illas, penínsulas e golfos6.1. Terras e mares (V.Vives páx.40-41)

• A auga ocupa tres cuartas partes da superficie terrestre e forma tres grandes océanos: o Pacífico, o Atlántico e o Índico.

• Algúns sectores dos océanos situados xunto ás costas denomínanse mares (como o Caribe ou o Adriático).

• Nos océanos e nos mares emerxen algunhas porcións de terra rodeadas pola auga que se denominan illas, que cando se agrupan forman arquipélagos.

Page 60: U. 3. as formas da terra
Page 61: U. 3. as formas da terra
Page 62: U. 3. as formas da terra

6. Actividades (V.Vives páx.40)

1.¿Onde se atopa o estreito de Bering? ¿Que continentes separa?

2.Busca dez das penínsulas que figura no mapa e escribe os seus nomes. Anota tamén o continente onde están situadas.

3.¿Que mares bañan as costas dos continentes?

4.¿Cales son as illas máis importantes do Mediterráneo?

Page 63: U. 3. as formas da terra

7. O relevo de Europa7.1. O continente europeo (V.Vives páx.42-43)

• Europa é un continente relativamente pequeno.

• Europa é unha gran península do continente Eurasiático, rodeada de diversos océanos e mares.

• Exceptuando a gran chaira europea, o resto do continente está dividido en moitos compartimentos, con cordilleiras novas, cordilleiras antigas e amplos vales.

• No relevo de Europa salientan tres grandes conxuntos: a Gran chaira Europea, as mesetas e macizos montañosos antigos e as cadeas de montañas novas.

Page 64: U. 3. as formas da terra
Page 65: U. 3. as formas da terra
Page 66: U. 3. as formas da terra

7. Actividades (V.Vives páx.42)

1. ¿Cales son os grandes límites do continente europeo?

2. ¿Como é o litoral de Europa? ¿Que mares e océanos bañan a costa de Europa?

3. Cita o nome de cinco penínsulas europeas.

4. Busca o nome dos dous estreitos que separan o mar Exeo do mar Negro e que teñen unha grande importancia estratéxica.

5. ¿Cal é a illa máis grande de Europa?

6. Busca o nome de cinco illas mediterráneas non españolas.

7. ¿Cales son os grandes conxuntos que forman o relevo europeo?

8. Identifica os picos máis elevados e dí a que cordilleira pertence?

Page 67: U. 3. as formas da terra

8. O relevo de España8.1. Península e arquipélagos

(V.Vives páx.44-45)

• A Península Ibérica está situada no extremo sudoccidental de Europa.

• O relevo peninsular caracterízase pola súa elevada altitude media.

• En canto ao relevo dos arquipélagos, o das illas Baleares é moi similar ao da Península, mentres que o das illas Canarias é moi accidentado e de orixe volcánica.

Page 68: U. 3. as formas da terra
Page 69: U. 3. as formas da terra
Page 70: U. 3. as formas da terra

8. Actividades (V.Vives páx.44)

1. ¿Cales son os grandes son as grandes unidades do relevo da Península Ibérica?

2. ¿Cales son os bordos montañosos que delimitan a Meseta?

3. ¿Que cordilleiras montañosas se sitúan na periferia peninsular?

4. ¿Por que antigamente era difícil chegar á submeseta Norte dende a periferia?

5. Se viaxamos dende A Coruña a Almería ¿Que unidades do relevo temos que atravesar? ¿E de Santander a Málaga? ¿E de Huelva a Barcelona?

Page 71: U. 3. as formas da terra

11.040m Fosa de Guam en las Islas Malvinas.9.212m Fosa de Puerto Rico.7.450m Fosa de Java2.600m.

4.049m3.314m3.900m

179.700.000106.100.00074.900.00014.060.000

PacíficoAtlánticoÍndicoGlaciar Ártico

100%510.000.000TERRA29,27%149.277.000CONTINENTES

1,67%8.517.000Oceanía2,05%10.455.000Europa

2,6%13.260.000Antártida5,92%30.192.000África8,28%42.228.000América8,75%44.625.000Asia

70,73%360.723.000OCÉANOS3%15.300.000Ártico6%30.600.000Antártico

14%71.400.000Índico16%81.600.000Atlántico

31,73%161.823.000Pacífico