twitter: unha aproximación para a conversa

49
1 Twitter: Unha aproximación para a conversa [Revisión 09/2014 V1] [ Este contido forma parte dun curso mais amplo sobre a : Creación dun perfil profesional para a Web 2.0 . Calquera erro que atopes podes comentarme en [email protected] . Grazas ] Todo o contido deste documento atópase protexido baixo una licencia de tipo Creative Commons 3.0 Atribución-NoComercial- SinDerivadas 3.0 España Carlos Parada Gandos [@carpaga].

Upload: carlos-parada-gandos

Post on 26-Dec-2014

704 views

Category:

Social Media


3 download

DESCRIPTION

Twitter unha aproximación para a conversa é unha pequena guía para comenzar a empregar este espazo como parte da nosa #IdentidadeDixital e para a creación e fortalecemento do noso #PLE e a nosa #PLN .

TRANSCRIPT

Page 1: Twitter: unha aproximación para a conversa

1

Twitter:

Unha aproximación para a

conversa [Revisión 09/2014 V1] [ Este contido forma parte dun curso mais amplo sobre a : Creación dun perfil profesional para a Web

2.0 . Calquera erro que atopes podes comentarme en [email protected]. Grazas ]

Todo o contido deste documento atópase protexido baixo una licencia de tipo Creative Commons 3.0 Atribución-NoComercial-

SinDerivadas 3.0 España Carlos Parada Gandos [@carpaga].

Page 2: Twitter: unha aproximación para a conversa

2

Índice

0. INTRODUCIÓN ...................................................................................... 5

1. CARACTERÍSTICAS ............................................................................... 5

1.1. TERMINOLOXÍA PROPIA ..................................................................... 6

1.2. CREAR UNHA CONTA ......................................................................... 8

1.3. CONFIRMACIÓN DA CONTA ............................................................. 10

1.4. BARRA DE OPCIÓNS ........................................................................ 11

2. CONFIGURACIÓN ............................................................................... 11

2.1. EDITAR PERFIL ................................................................................ 11

3. AS MENSAXES ................................................................................... 16

3.1. O TUIT PERFECTO ........................................................................... 16

3.2. ANTES DE ESCRIBIR: LEEMOS ......................................................... 17

3.3. FACEMOS RT .................................................................................. 18

3.4. ANTES DE ESCRIBIR: COMPROBAMOS ............................................. 20

Page 3: Twitter: unha aproximación para a conversa

3

3.5. PERO DE QUÉ ESCRIBIMOS? ........................................................... 21

3.6. MENSAXE ETIQUETADA ................................................................... 21

3.7. MENSAXE CON ENLACE ................................................................... 22

3.8. MENSAXE CON IMAXE ..................................................................... 24

3.9. FIXAR UNHA MENSAXE .................................................................... 27

4. A CONVERSA ..................................................................................... 29

4.1. RECOMENDACIÓNS PARA A CONVERSA ........................................... 29

4.2. SEGUIDORES E SEGUIDOS ............................................................... 29

4.3. AS MENCIÓNS ................................................................................ 30

4.4. OS RETWEETS / RECHÍOS ................................................................ 31

4.5. RESPOSTAS .................................................................................... 32

4.6. MENSAXES DIRECTAS ..................................................................... 33

4.7. DEIXAR DE CONVERSAR .................................................................. 35

5. ORDE NA CRONOLOXÍA ....................................................................... 38

5.1. OS FAVORITOS ................................................................................ 38

Page 4: Twitter: unha aproximación para a conversa

4

5.2. LISTAXES ........................................................................................ 39

5.2.1. CREACIÓN DUNHA LISTAXE .......................................................... 40

5.2.2. ENGADIR PERSOAS ÁS LISTAXES ................................................. 42

5.2.3. COMPROBAMOS E VISUALIZAMOS ................................................ 42

6. CONFIGURACIÓN [SEGUNDA PARTE] .................................................. 43

6.1. CONTA ......................................................................................... 43

6.2. PRIVACIDADE .................................................................................. 45

6.3. CONTRASINAL................................................................................. 46

6.4. NOTIFICACIÓNS POR CORREO ELECTRÓNICO ................................... 46

6.5. DESEÑO ......................................................................................... 48

Page 5: Twitter: unha aproximación para a conversa

5

0. INTRODUCIÓN

Como comentabamos no modulo IDENTIDADE DIXITAL, Twitter é a segunda ferramenta que imos a empregar para avanzar na creación e establecemento dunha identidade dixital profesional. Igual que no caso de about.me, é importante que vaias avanzando coa ferramenta a medida que vaias revisando os contidos. Calquera dúbida ou atranco, emprega o Foro do módulo para facer as túas consultas.

Twitter é considerado como unha rede de microblogging pola característica que o diferenza doutros espazos sociais [profesionais ou lúdicos] : a limitación de 140 caracteres para os nosos mensaxes. Como veremos neste módulo, nese espazo entran : a nosa mensaxe a as referencias a terceiros, tanto outros perfís, como a referencia a recursos da Rede.

Actuaremos en Twitter como curadores de contidos [actuando de filtros entre a cantidade de información presente na Rede] publicando información relacionada e relevante sobre o noso sector de actividade ou o noso modelo de emprendemento, se é o caso; seguiremos as publicacións de perfís afíns a nosa actividade profesional, para estar ao tanto e empregaremos o noso perfil para promocionar os nosos traballos e traxectoria profesional de xeito que este espazo actúe como amplificador do noso desempeño profesional e como potenciador da nosa identidade dixital.

1. CARACTERÍSTICAS

Page 6: Twitter: unha aproximación para a conversa

6

Estas son as catro características esenciais que debes ter en conta cando empregues Twitter [ as complementaremos un pouco mais adiante con algún consello adicional ] :

Obvio, xa que so temos 140 caracteres e a mensaxe debe ser clara e lexible. Veremos

que Twitter xa nos bota unha man ao acortar as nosas referencias a outros espazos

mediante o seu propio acortador de URLs .

Non podemos escoller con quen queremos compartir as nosas mensaxes, calquera

coñecendo o noso nome de usuario neste espazo, pode consultar o que publicamos

[aínda que non teña conta en Twitter].

O etiquetaxe [hashtags] das nosas mensaxes, resaltando as palabras chave

[precedidas polo símbolo almofada # ] destas, fará que as nosas publicacións gañen

en visibilidade ademais de facilitar a súa busca ou clasificación nunha temática

concreta.

O feito de que outros usuarios sigan as nosas publicacións non esixe que teñamos

que seguir as publicacións destes [ nin ao contrario ].

1.1. TERMINOLOXÍA PROPIA

Twitter ten unha linguaxe propia que debes coñecer. A maioría dos termos [en inglés] non teñen unha tradución oficial ao castelán nin ao galego, así que empregaremos os maiormente aceptados. Non te asustes pola terminoloxía, a iremos debullando en apartados posteriores, a medida que construamos o noso perfil. A maioría dos apartados están traducidos ao Gelgo aínda que nas opcións de Idioma segue figurando como en desenvolvemento [Beta].

Time Line [TM] / liña de Tempo ou Cronoloxía : Son as nosas mensaxes e as mensaxes dos perfís que seguimos, presentadas por orden de publicación no noso perfil ou espazo Twitter.

Followings / Seguindo: Usuarios [ persoas, profesionais, marcas, etc.] que seguimos no Twitter. As súas mensaxes aparecen reflectidas na nosa liña de tempo. Podes ver as actualizacións dalguen en concreto mediante a URL www.twitter.com/NomeUsuarioNoTwitter [aínda que non o sigas].

Followers / Seguidores : Son os usuarios de Twitter interesados nas nosas mensaxes, estas se reflectirán, de forma inmediata, no seu Time Line ou cronoloxía.

Page 7: Twitter: unha aproximación para a conversa

7

Tweet / Actualización / Chío: Cada unha das nosas mensaxes.

Favoritos : É un xeito de gardar, a parte, as mensaxes [ tweets ] da nosa liña de tempo [ propios ou dos nosos seguidos ] que consideramos de interese para poder localizalos mais tarde facilmente. Veremos como tamén podemos publicar a nosa lista de favoritos.

Hashtag / Etiqueta : Empregaremos o símbolo # para indicar que palabras da nosa mensaxe son as palabras chave que o definen o caracterizan. Podemos sinalar palabras dentro da propia mensaxe ou logo da mensaxe. En calquera caso, a limitación sempre é a mesma : 140 caracteres.

Mención : É un tweet [mensaxe] onde se inclúe o nome doutro usuario [ no Twitter os nomes de usuario van precedido do símbolo @ ] como sinal de recoñecemento da autoría orixinal da mensaxe ou como mención por outro motivo [ participación nunha conversa, agradecemento, etc. ]. A mención pode ir en calquera parte da mensaxe, sempre que garde coherencia coa súa estrutura.

Reply / Resposta: Normalmente son mensaxes que inician ou forman parte dunha conversa. Son públicos pero so visibles polo destinatario mencionado e os usuarios que teñamos en común remitente e destinatario.

Retweet / RT / 'Retuit': Reenviar ou volver a publicar, no noso 'Time Line' o que outro usuario ha publicado. É unha forma de dar valor e de recoñecemento ao usuario que publicou a mensaxe en primeiro lugar. Xa veremos que temos un botón para facer RT directamente das mensaxes do noso interese.

Direct Message / DM / Mensaxe Directa : É unha mensaxe privada, enviada a un destinatario concreto . So poden enviarse a usuarios que nos sigan, non a calquera usuario.

Trending Topic / Etiquetas ou Temas Populares: son o conxunto de etiquetas mais usadas nun momento concreto no Twitter. Temos un espazo, no noso perfil, para poder consultalas e poder participar na conversa.

Page 8: Twitter: unha aproximación para a conversa

8

1.2. CREAR UNHA CONTA

Para crear unha conta na rede Twitter, accedemos a htts://twitter.com . A pantalla de presentación pode variar respecto á imaxe seguinte, pero sempre poderemos ver dous espazos diferenciados:

Iniciar sesión : Si xa temos un perfil nesta rede, accedemos introducindo o noso nome de usuario Twitter ou correo electrónico, e a nosa contrasinal no espazo.

¿Eres nuevo en Twitter? : Facilitaremos o noso nome completo, a dirección de correo electrónico que asociaremos ao servizo e a contrasinal da conta que imos a crear.

Se a pantalla de benvida aparece en Inglés, podes cambiar o idioma dende o selector que aparece na pantalla arriba á dereita, elixindo outro idioma, de entre os dispoñibles.

Language : Permite seleccionar o idioma da interfaz de Twitter de entre os que a ferramenta ten dispoñibles.

Tras premer no botón Registrate en Twitter, pasamos ao seguinte paso para completar os datos de acceso e rexistro. Se tre fixas na imaxe anterior verás que a carón de cada campo

Page 9: Twitter: unha aproximación para a conversa

9

temos uns avisos de Twitter validando ou avisando dalgún problema, nos 3 campos completados no paso anterior.

Nombre completo : Validado coa mensaxe que Twitter nos mostra.

Dirección de correo electrónico : Se te fixas, á dereita deste campo Twitter nos indica que xa existe unha conta, no seu espazo, que ten asociada esta dirección de correo electrónico, asi que non a poderiamos empregar [cousa lóxica por outra banda].

Crear una contraseña : A contrasinal empregada, cumpre os requisitos do servizo asi que está correcta. No caso de ser considerada débil polo servizo, Twitter o indicará a través dunha mensaxe de tipo ' La contraseña podría ser más segura'.

Elige tu nombre de usuario : Será o nome que vai a identificar o teu perfil nesta rede. Como ves, Twitter nos ofrece algunhas alternativas combinando o noso nome e a nosa conta de correo electrónico. Intenta elixir un nome 'normal', a ser posible que

Page 10: Twitter: unha aproximación para a conversa

10

non inclúa números [ salvo que responda a un nome ou identificativo comercial ou sobrenome xa coñecido ] e preferiblemente en minúsculas. Twitter sempre comproba que o nome elixido este dispoñible. O límite son 15 caracteres.

Mantenerme conectado en esta computadora : Deixa marcada esta opción se te estás dando de alta dende o tei equipo persoal e desmárcaa se estás nun lugar público. Ao marcala, o equipo lembra os teus datos de acceso e non terás que volver a introducilos.

Condiciones del servicio . Política de Privacidad . Política de cookies : Non deixes de revisar estes tres importantes documentos pois regulan o funcionamento de Twitter e a súa relación cos usuarios.

Crear mi cuenta : Con todos os datos cumprimentados e revisados por Twitter, prememos no botón para completar a nosa alta no servizo.

1.3. CONFIRMACIÓN DA CONTA Neste punto, poderíamos ir facendo o percorrido que Twitter nos ofrece para ir completando o

noso perfil, pero o mellor que podemos facer e acceder á conta de correo asociada para

completar o noso proceso de alta e validar a nosa conta. Deste xeito teremos acceso completo

ao noso perfil en Twitter.

Page 11: Twitter: unha aproximación para a conversa

11

1.4. BARRA DE OPCIÓNS

Cando Iniciamos sesión no Twitter, na parte superior da páxina presenta unha barra con

distintas funcionalidades e opcións representadas por distintas iconas. Ímonos a fixar, de

momento, en dúas delas, situadas case nos extremos da barra:

Inicio : amosa a nosa cronoloxía [as nosas mensaxes e as mensaxes dos nosos

Seguidos / Followings [ a quen seguimos]. Se nalgún momento nos perdemos, premeremos neste botón para chegar a un espazo coñecido dende onde poder redirixirnos a outros sitio ou realizar outra acción.

Configuración y Ayuda / Configuracións e Axuda: Representado pola roda clásica de configuración. Dende aquí poderemos completar e axustar algúns aspectos da nosa conta. Comezaremos coa configuración no seguinte apartado.

2. CONFIGURACIÓN 2.1. EDITAR PERFIL

Veremos , nos seguintes apartados, os axustes mínimos necesarios para poder empregar o noso perfil de seguido.

Page 12: Twitter: unha aproximación para a conversa

12

O primeiro que imos a facer, é axustar os datos básicos da nosa conta en Twitter, engadindo unha foto [avatar] que identifique o noso perfil e completando os datos básicos deste.

Despregamos o menú de Configuración e eliximos a opción Editar Perfil / Editar o Perfil. Lembra que na túa conta, en lugar dunha foto como acompaña a imaxe anterior, terás un ovo. mediante esta opción accedemos, directamente, ao apartado

Perfil da configuración da nosa conta.

Perfil : engloba o conxunto de información que os usuarios atoparan sobre ti no teu perfil público.

Cando remates a configuración do teu perfil, fai unha captura do teu perfil público como os que verás no apartado Editar perfil : exemplos e engádea nunha mensaxe no Foro deste módulo [visualiza antes os apartados da Configuración ] para que todos esteamos ao tanto dos perfís dos integrantes do curso.

Cambiar foto : Dende aquí subiremos o noso avatar, a nosa foto de perfil. O tamaño

máximo e de 400x400 pixels. Podemos Subir foto, se a temos gardada nun arquivo

no noso equipo ou memoria USB ou calquera outra ubicación; mediante Tomar foto, se temos unha cámara web conectada, poderemos quitar unha foto no momento e

subila neste apartado; Eliminar, elimina a foto que teñamos como perfil. Os formatos aceptados por Twitter son JPG, GIF ou PNG

Encabezado / Cabeceira : O encabezado é unha imaxe que da relevancia ao noso perfil e aparece na parte superior deste conformando unha composición coa noso foto de perfil. O tamaño máximo da foto do encabezado é de 1500x500 pixeles. Os formatos aceptados son os xa comentados. Para facer probas, podes descargar e empregar algunha das imaxes que Twitter te ofrece no seu espazo flickr co tamaño

Page 13: Twitter: unha aproximación para a conversa

13

xusto para o encabezado.

Nombre / Nome : Revisamos que estea correcto.

Ubicación : A túa localización física. Empregase nas buscas e na xeolocalización e no xeoetiquetado das mensaxes [ podemos indicalo para cada mensaxe individual ].

Sitio Web : Si escribimos nun blogue ou temos unha web profsional ou do noso negocio, poremos aquí a súa dirección. Se non é o caso, poremos a dirección da nosa tarxeta de presentación virtual [ou cartafol virtual] que xa temos creado.

Biografía : Unha pequena referencia profesional acerca de nos.

Page 14: Twitter: unha aproximación para a conversa

14

Ao cumprimentar os apartados anteriores, poderás ver o resultado, introducindo no teu navegador a túa URL de Twitter [ https://twitter.com/NomeDeUsuarioTwitter], por exemplo https://twitter.com/carpaga [ os nomes de usuario comezan polo símbolo @, como @carpaga, pero este non se inclúe na URL ].

Outra forma é : premendo en Inicio, e dende o resumo do teu perfil [arriba a esquerda], preme no teu nome, chegarás ao teu perfil público.

A continuación, tes algúns exemplos [se premes en cada imaxe, chegarás ao perfil público de cada un deles] :

Page 15: Twitter: unha aproximación para a conversa

15

Page 16: Twitter: unha aproximación para a conversa

16

3. AS MENSAXES 3.1. O TUIT PERFECTO

A seguinte infografía reflicte as características principais dun 'tuit' [tweet] :

Non moitos menos. as mensaxes curtas en Twitter non xeran moita atención.

Non mais de dous 'hashtags'.

Xa non é necesario empregar acurtadores de direccións xa que Twitter as acorta de xeito automático a un enlace de tipo http://t.co . Os enlaces son acortados por varios motivos : ocupan menos e temos mais caracteres para a mensaxe, o servizo e usado para as métricas incluídas no Twitter e todas as direccións, no momento de ser acortadas, son analizadas por Twitter como protección.

Page 17: Twitter: unha aproximación para a conversa

17

Ter instalado un corrector ortográfico no navegador é unha grande axuda.

Sempre que se empreguen recursos de terceiros, é sexa posible, debemos citar a fonte poñendo o nome twitter do creador.

Unha boa práctica, para comezar a desenvolvernos coa ferramenta e antes de comezar a escribir mensaxes no noso perfil e :

Ler e ver as mensaxes de perfís afíns.

Facer RT [Retweet / Rechío] das mensaxes que nos parezan de interese.

Vemos, nos seguintes apartados, como comezar con estas tarefas.

3.2. ANTES DE ESCRIBIR: LEEMOS

Comezaremos por seguir a algún perfilpresente na rede, afín aos nosos intereses profesionais [

non perdamos esta perspectiva ] e leemos o que escribe. Se, por exemplo, a nosa actividade

profesional está relacionada cos Recursos Humanos ou a Orientación Laboral, pode ser

interesante seguir a Alfonso Alcantara, coach e experto na materia; o procedemento e o

reflectido na imaxe seguinte:

Page 18: Twitter: unha aproximación para a conversa

18

Na caixa de buscar, escribimos o nome da persoa que queremos atopar en Twitter [tamén podemos escribir o seu nome de usuario s eo coñecemos]. Moitos perfís poden coincidir co nome e apelidos que escribas [con nome de usuario Twitter aparecería un único resultado - de existir - xa que son únicos - ]. Se devolve varios resultados e non o tes claro pola foto que acompaña ao perfil, terás que repetir este procedemento varias veces.

Neste caso, xa identificamos ao usuario pola foto que acompaña ao seu nome e polo nome de usuario en Twitter. Preme no seu nome para que se abra o seu perfil público.

Examina o perfil público consultando os seus datos do perfil para asegurarte de que é o usuario que buscabas.

Revisa a súa cronoloxía [Time Line] para ver se o que escribe e do teu interese.

Preme no botón Seguir se queres que as súas mensaxes aparezan na túa cronoloxía cada vez que o usuario escriba.

3.3. FACEMOS RT

Repite o procedemento descrito no apartado Antes de escribir [1], ata seguir a 5 perfís. Ademais de persoas físicas podes seguir a empresas afíns ao teu sector de actividade. Outra forma de

atopar a perfís interesantes e revisando o apartado SIGUIENDO / SEGUINDO dos perfís que xa seguimos e aplicando os pasos xa comentados.

Page 19: Twitter: unha aproximación para a conversa

19

Unha vez teñamos comenzado a seguir varios perfís, o noso Time Line estará alimentada sempre polas mensaxes destes usuarios.

Por exemplo, na imaxe seguinte podes ver as mensaxes que van aparecendo na nosa cronoloxía, dos usuarios que seguimos. Logo de revisar o que referencian as mensaxes, e dicir, de seguir o enlace que as acompaña [ de ser o caso] e se a consideramos de interese, podemos facer un RT [Retweet / Rechío], e dicir, publicala na nosa cronoloxía para que a reciban os nosos seguidores. O procedemento é o seguinte:

Localizamos e revisamos a mensaxe da que queremos facer RT [e importante o matiz de 'revisamos', xa que si non o facemos podemos estar reenviando e avaliando o noso interese nese 'tuit' de algo erróneo ou carente de interese].

Facemos clic no enlace Retwittear.

Confirmamos premendo no botón Retwittear, na mensaxe de confirmación :

Page 20: Twitter: unha aproximación para a conversa

20

3.4. ANTES DE ESCRIBIR: COMPROBAMOS

Podemos comprobar que a mensaxe 'Retuiteada' forma para da nosa cronoloxía. Para acceder

as nosas mensaxes [as que escribimos es as que 'Retuiteamos'], faremos o seguinte:

Preme no teu nome ou no teu nome de usuario Twitter, na tua Biografía [arriba, a esquerda do Time Line].

No teu Time Line [cronoloxia] aparecen as mensaxes reenviadas [RT / Rechío] e as mensaxes enviadas por ti. As mensaxes que reenviaches terán unha mensaxe na parte superior que o indica.

Baixo a mensaxe, verás un número que indica a cantidade de RT que ten. Se queres desfacer o teu RT, preme no número. A mensaxe desaparecerá da túa cronoloxía.

Podes atopar perfís afíns ou de interese a través das páxinas web que visitas habitualmente ou,

como comentamos revisando os perfís dos SIGUIENDO e SEGUIDORES doutros.

Page 21: Twitter: unha aproximación para a conversa

21

3.5. PERO DE QUÉ ESCRIBIMOS?

Independentemente do teu sector de actividade ou da túa actividade profesional, estas son algunhas temáticas polas que podes comezar a 'Tuitear / Tweetear'

Novidades do teu sector : artigos en prensa, infografías, presentacións, artigos de revistas especializadas, etc.

Proxectos nos que estes traballando ou referencias a proxectos que teñas finalizado.

Lexislación que afecta, de forma directa, a túa actividade profesional : normativa nos boletíns oficiais ou artigos de opinión ou exame.

Eventos de interese. Se asistes ao evento podes escribir en directo sobre as ideas mais relevantes que se están a transmitir, fotos do mesmo ou documentación posta a disposición dos asistentes [referenciada noutro espazo].

Seguro que no teu ámbito, se te ocorren mais ideas e pouco a pouco vas atopando a túa liña de traballo. Para estar ao tanto mentres dure o curso, engade as túas mensaxes o hashtag que xa temos definido, así teremos as túas mensaxes monitorizadas e poderemos interactuar a través do Twitter .

3.6. MENSAXE ETIQUETADA

Xa estamos listos para escribir a nosa primeira mensaxe. O tipo de mensaxe mais sinxelo e un mensaxe de texto sen referencias adicionais; engadirémoslle algún hashtag para darlle un pouco de interese.

A nosa primeira mensaxe podería ser:

Page 22: Twitter: unha aproximación para a conversa

22

Escribir unha nova mensaxe : Prememos na icona situada na barra de ferramentas Twitter, arriba á dereita.

Escribir un novo chío : espazo para escribir a nosa mensaxe. Se te fixas, a carón do botón etiquetado como 4, temos un contador que nos vai indicando os caracteres dispoñibles. Se pasas do límite aparecerán en negativo [e vermello].

Etiqueta a mensaxe : as etiquetas comezan polo símbolo # e axudan aos usuario a atopar mensaxes coa mesma etiqueta e por tanto coa mesma temática, o cal nos pode facilitar o contacto e a conversa con outros usuarios.

Chiar : Envía a mensaxe para a nosa cronoloxía e para as cronoloxías dos nosos seguidores.

Logo de escribir e enviar a túa mensaxe, comproba que aparece na túa cronoloxía.

Veremos mais adiante como seguir configuran algunhas opcións de Twitter, pero si queres cambiar o idioma do interface [como na imaxe], podes facelo dende a roda de configuración :Editar o perfil, elixe a opción Conta, na columna da esquerda, e cambia o apartado Lingua polas túas preferencias.

3.7. MENSAXE CON ENLACE

Para poder incluír unha referencia a unha información ou recurso dentro dunha mensaxe Twitter, temos que ter a dirección URL do recurso para poder engadilo a nosa mensaxe.

Page 23: Twitter: unha aproximación para a conversa

23

Por exemplo, para referenciar nunha mensaxe a noticia seguinte, publicada no Diario de Novas Tecnolóxicas de Galicia, Código Cero:

O que temos que facer e visualizar o artigo; non a portada da publicación, senón o artigo ou

recurso concreto que vamos a enlazar nunha mensaxe. Se o artigo aparece na portada da

publicación, so tes que facer clic no título deste para que se abra o artigo concreto e na barra do

teu navegador apareza a URL concreta dese recurso. Seguindo co noso exemplo, a súa URL é

http://www.codigocero.com/Unha-web-galega-de-mulleres . Para incorporala na mensaxe :

Logo de escribir a nosa mensaxe, copiamos e pegamos a URL do recurso que imos a referenciar. Ata este momento, Twitter amosa o enlace completo.

Page 24: Twitter: unha aproximación para a conversa

24

Engadimos unha etiqueta como palabra chave da mensaxe. As etiquetas non poden ter espazos así que unha boa forma de facelas lexibles e poñendo en maiúsculas as palabras que a compoñen, no noso caso: #MulleresDestacadas .

Engadimos unha segunda etiqueta, para ter localizado as mensaxes do curso #IDixitalEnCarballo.

Ó engadir a segunda etiqueta, superamos o límite dos 140 caracteres permitidos para cada mensaxe, segundo nos avisa Twitter co número en negativo, indicando os caracteres de mais, e tamén sombreando a parte da mensaxe que sobra. Como ves o botón para enviar a mensaxe non está dispoñible mentres non fagamos as correccións precisas.

Para corrixir esta situación, poderiamos redactar de novo a mensaxe para non pasar o límite, eliminar algunha das etiquetas ou neste caso podemos converter as palabras 'mulleres destacadas' da mensaxe nunha etiqueta [ollo con isto, non o fagas mais dunha vez na mensaxe xa que o converterías nunha mensaxe pouco lexible ou ilexible]. A nosa mensaxe podería quedar así :

Publica a mensaxe e comproba que todo foi correcto [fíxate en como aparece a dirección URL do recurso].

Chegados a este punto xa podes publicar unha mensaxe que enlace coa túa tarxeta virtual que tes creada no espazo about.me. Non tre esquezas de acompañar o enlace con un texto e a etiqueta definida para o curso.

3.8. MENSAXE CON IMAXE

Xa te darías de conta, que cando empregamos a icona de Escribir unha nova mensaxe [ ou Escribir un novo chío] temos na caixa un botón denominado Engadir foto, o cal nos permite incorporar a nosa mensaxe unha foto aloxada nunha unidade de almacenamento, fixa o portátil.

Os requisitos do arquivo e tamaño son os seguinte : so se permiten formatos GIF [max 3MB], JPG [max 5MB] e PNG [max 5MB].

O procedemento para inserir unha imaxe no noso 'tuit' é o seguinte:

Page 25: Twitter: unha aproximación para a conversa

25

O primeiro que temos que facer e incorporar a foto á mensaxe, xa que esta ocupa parte dos 140 caracteres dispoñibles xa que Twitter xenera un enlace para a imaxe, que pasa a estar aloxada no servizo pic.twitter.com [propio de Twitter]. Se te fixas,

logo de premer no botón 'Añadir foto' e engadir a foto, o número de caracteres diminúe [antes de escribir o texto].

Na imaxe anterior, ves que o botón mudou de nome logo de subir a primeira imaxe, xa que se poden subir ou asociar ata 4 imaxes a unha mesma mensaxe.

Escribimos a mensaxe asociada á imaxe.

'¿Quién aparece en esta foto?' : do mesmo xeito que noutros espazos sociais, podemos etiquetar as persoas que aparecen nas fotos que subimos. A través deste botón teremos que nomear as persoas que aparecen na foto [esta posibilidade ten distintos axustes a través da configuración].

'Twittear' : envía a mensaxe.

Como podes ver na mensaxe emitida, a imaxe, aparece despregada na súa totalidade en formato

reducido e na denominada 'previsualización':

Page 26: Twitter: unha aproximación para a conversa

26

Isto ocorre deste xeito xa que, intencionadamente, escollemos unha imaxe con formato

apaisado, mais ou menos en proporción 2 [ancho] x 1 [alto]. Twitter fai unha previsualización

empregando 588x294 pixels. Se a imaxe fose vertical, Twitter escollería unha área 'limpa e

dominante' na imaxe para mostrar a previsualización empregando a proporción anterior.

As imaxes e vídeos que imos subindo,

conforman a denominada galería. Esta amosa as nosas fotos e vídeos mais recentes en orde cronolóxica inversa. Podemos atopar a nosa galería na nosa páxina de perfil, baixo a nosa biografía. Ao premer en calquera das imaxes ou vídeos, a galería se abrirá nun carrusel emerxente.

[Non podemos subir un vídeo directamente dende Twitter, pero si podemos referenciar a sua URL se se aloxa noutro servizo ou utilizar ferramentas adicionais, como twitpic, que nos permite subir á nosa conta de

Page 27: Twitter: unha aproximación para a conversa

27

Twitter un vídeo almacenado nunha memoria fixa ou portátil].

Atopa un vídeo en youtube [ou outro servizo de aloxamento] relacionado coa túa actividade profesional e envía unha mensaxe con él. Non te esquezas das etiquetas.

3.9. FIXAR UNHA MENSAXE

Dende non hai moito tempo, Twitter incorporou unha nova funcionalidade destinada a dar maior relevancia ao mensaxe que nos elixamos, de entre os que teñamos emitidos. Esta mensaxe

aparecerá fixada ao principio do noso 'Time Line / Cronoloxía' mentres así o indiquemos.

Podemos deste xeito promover un novo proxecto que estamos desenvolvendo ou a nosa participación nunha conferencia ou calquera outro evento ou fito que consideremos. As mensaxes que emitamos se colocarán debaixo da imaxe fixada, seguindo a cronoloxía habitual.

Para fixar unha mensaxe, no noso perfil público, procedemos da seguinte forma:

Localiza a mensaxe que queres fixar. Logo da mensaxe, na fila de iconas, a última son 3 puntos en horizontal; se premes neles accedemos a un listaxe de opcións.

Selecciona a opción 'Fijar en tu página de perfil' / 'Pégao á túa páxina do perfil'.

'¿Estás seguro?' : Twitter solicita confirmación, advertíndonos que esta acción substitúe a mensaxe que tiveramos fixada con anterioridade [se é o caso]. Preme no botón 'Fijar'.

Page 28: Twitter: unha aproximación para a conversa

28

'Tweet fijado' / 'Chío pegado' : Se revisas o teu perfil público, verás o 'Tuit' fixado na parte superior, independentemente da data no que fose enviado.

'Tweet' / 'Chío' enviado fai unhas horas en segunda posición, na cronoloxía, fronte ao 'Tuit' fixado, enviado orixinalmente fai uns días.

Page 29: Twitter: unha aproximación para a conversa

29

4. A CONVERSA 4.1. RECOMENDACIÓNS PARA A CONVERSA

Verás que as recomendacións para incorporarte á conversa no Twitter non son nada especiais e podes extrapolalas a calquera outro ámbito onde converses:

O mais importante é a calidade das mensaxes que envíes, non a cantidade.

En liña co anterior: non segas a todo o mundo, selecciona persoas [ e entidades ] que realmente sexan do teu interese.

Non te obsesiones coas cifras [Seguidores, Seguidos, mensaxes, RT's, etc.] estar no Twitter de forma activa é un percorrido de media e longa distancia.

O contido multimedia, aumenta a interacción. As mensaxes que referencian unha imaxe ou un vídeo xeran maior interese.

O consello mais importante, sen dúbida, transmitido de xeneración en xeneración: 'Ten sentidiño' :-)

4.2. SEGUIDORES E SEGUIDOS

No Twitter creamos conversa a través da interacción cos nosos Seguidores. Non temos que obsesionarnos con comezar a ter seguidores, estes irán aparecendo xa que:

Fas RT das mensaxes que te parecen interesantes, doutros perfís afíns, e estes reciben unha notificación da túa acción o que nalgúns casos levará á consulta do teu perfil. Isto pode rematar cun novo seguidor ou seguidora.

Etiquetas as túas mensaxes destacando as palabras chave, isto fai que as túas mensaxes aparezan mas buscas que outros usuarios fano en Twitter, o que conleva, nalgúns casos, á consulta do teu perfil e a novos seguidores e seguidoras, nalgúns casos.

No teu correo electrónico, logo da túa firma, pos o teu nome de usuario no Twitter, xa que o usas para o teu ámbito profesional. Seguro que algúns dos receptores das túas mensaxes consultan o teu perfil público.

Page 30: Twitter: unha aproximación para a conversa

30

Cada vez que segues a un novo perfil, este recibe unha notificación de que ten un novo seguidor. Nalgúns casos, consultará o teu perfil para ver si o que escribes é de intererese.

Podes estar ao tanto dos teus seguidores e da túa listaxe de a quen segues, dende o teu perfil público ou dende o Inicio da túa conta.

4.3. AS MENCIÓNS

As mencións son públicas para todos os teus seguidores e consisten no nomeamento dun usuario no corpo da mensaxe. É habitual mencionar cando facemos referencia, por exemplo, a un artigo dun blogue, mencionando ao seu autor; cando recomendamos un perfil de Twitter ou cando queremos que outro usuario reciba unha notificación xa que pensamos que a mensaxe pode ser do seu interese.

Para facer unha mención so temos que escribir o nome do usuario @nomeTwitter no corpo da mensaxe. Algúns exemplos:

Na mensaxe anterior podes ver unha das formas de mención, logo da palabra vía dáse recoñecemento ao autor do artigo mencionado ou ao provedor inicial da noticia.

Noutras ocasión, empregamos as mencións para agradecer que outros usuarios fixeran RT, das nosas mensaxes, ou nos mencionaran como autores ou provedores de novas interesantes.

Page 31: Twitter: unha aproximación para a conversa

31

Fíxate na mensaxe anterior, temos dúas mencións, a primeira avisa a @jlcastilloch sobre un recurso que pode ser de interese para el, e noutra parte da mensaxe temos o recoñecemento do autor do artigo referenciado : Vía @xarxatic .

4.4. OS RETWEETS / RECHÍOS

Xa comentabamos no apartado Antes de escribir: facemos RT, que os Retweet son un bo recurso para familiarizarnos coa filosofía Twitter. Para facer un RT automático, como xa temos comentado, so temos que empregar a icona Retweet da barra de ferramentas asociada a cada mensaxe.

Temos outra opción de facer un RT, que é o RT manual, denominado desta forma porque ademais de amplificar a mensaxe orixinal, engadimos algún comentario adicional á mensaxe [se o número de caracteres o permiten. O procedemento neste caso, sería o seguinte:

Copiamos a mensaxe, sinalando todo o texto e o pegamos na caixa de mensaxes como si fósemos a escribir un novo mensaxe.

Situados diante da mensaxe escribimos o noso texto +RT + @nomeusuarioTwitter + mensaxe orixinal [se os símbolos + pero con espazos no seu lugar].

Page 32: Twitter: unha aproximación para a conversa

32

Unha diferencia respecto o RT automático é que no RT manual [ou editado] aparecerá a nosa imaxe como se fose un novo Tweet, en lugar dun Tweet do que fixemos RT.

Fíxate no seguinte exemplo e as diferencias co método anterior:

4.5. RESPOSTAS

As respostas, normalmente, son intercambios de mensaxes entre dous usuarios [con matices que comentaremos mais abaixo] e son empregados para crear conversación e debate. Do mesmo xeito que ocorría cos RT, podemos responder a unha mensaxe, de xeito automático ou manual, aínda que neste caso o resultado e o mesmo.

Cando respondemos a unha mensaxe, o mensaxe orixinado comeza sempre polo @nomeusuarioTwitter do destinatario.

As respostas so son visibles nas cronoloxías dos usuarios que seguen tanto ao remitente como ao destinatario da mensaxe.

Todas as conversas da túa conta, están en:

Page 33: Twitter: unha aproximación para a conversa

33

'Notificaciones' : Recompila todas as túas conversas e mencións.

'Menciones' : Selecciona para ver en que mensaxes estás mencionado.

'Responder': Enlace que nos permite seguir a conversa co usuario.

4.6. MENSAXES DIRECTAS

Unha mensaxe directa é unha mensaxe privada entre un remitente e un destinatario. Podemos

enviar unha mensaxe directa a usuarios que nos sigan e pola contra, podemos recibir mensaxes

directas de calquera usuario ao que sigamos.

Page 34: Twitter: unha aproximación para a conversa

34

Podemos enviar mensaxes directos dende dous espazos diferentes, aínda que a acción e a mesma en ambos casos:

Dende a barra de iconas, situada na parte superior do noso perfil, eliximos a icona

Mensajes Directos. Na seguinte caixa eliximos Mensaje nuevo.

A través desta opción, temos un paso intermedio [respecto a 2] que é selecionar o destinatario. Na caixa de busca ao comezar a escribir o seu Nome ou o se @nomeusuarioTwitter, vaise realizando un filtrado segundo a coincidencia de caracteres.

Logo de seleccionado, so temos que escribir a mensaxe como fariamos habitualmente

e premer no boton Enviar mensaje / Chiar.

Page 35: Twitter: unha aproximación para a conversa

35

Accedemos ao listaxe dos nosos Seguidores e localizamos ao usuario ao que lle imos

a enviar a mensaxe. Dende a roda de configuración eliximos a opción Enviar un mensaje directo / Enviar mensaxe directa.

4.7. DEIXAR DE CONVERSAR

Nalgunhas ocasións, é necesario reordenar a nosa lista de perfís aos que seguimos pois é tanta a información que recibimos, que non a podemos atender. Noutras ocasións, simplemente, as mensaxes que emiten, deixan de ter intereses para nos.

O procedemento para deixar de seguir unha conta Twitter é moi sinxelo :

Page 36: Twitter: unha aproximación para a conversa

36

Accede a túa listaxe de perfís aos que segues.

Todos os teus 'Siguiendo' / 'Seguindo' teñen este rótulo asociado. Para cada un deles tes un pequeno recordatorio da súa foto, carátula e a súa bio. Se sinalas co rato

o rótulo 'Siguiendo', verás que cambia a vermello e tamén cambia o rótulo,

indicando a acción 'Dejar de seguir'. Preme no botón e deixarás de recibir actualizacións das súas mensaxes na túa conta.

Noutras ocasións, pode que non te atopes a gusto porque un perfil te siga e este ao tanto das túas novas. O único que podemos facer e bloquear a ese usuario para que non te poida seguir, nin ver a túa foto nin etiquetarte.

Page 37: Twitter: unha aproximación para a conversa

37

Accede a túa listaxe de Seguidores e localiza a conta que queres bloquear.

Preme na roda de configuración e elixe a opción Bloquear o Reportar. Listo.

Page 38: Twitter: unha aproximación para a conversa

38

5. ORDE NA CRONOLOXÍA 5.1. OS FAVORITOS

Moitas veces ocorre que ou ben publicamos ou ben as contas que seguimos publican algunha mensaxe que queremos conservar aparte, ben pola sua relevancia, ben porque referencia unha información que queremos ter a man, ben porque e unha mensaxe que imos a revisar mais tarde coidadosamente ou por calquera outro motivo. O caso e que a funcionalidade de favoritos nos permite ter afastados da cronoloxía un conxunto de mensaxes relevantes para nos.

Mediante esta funcionalidade, marcamos os Tweets con unha estrela e estes son mostrados todos xuntos nun apartado específico, pero non desaparecen da nosa cronoloxía. Cando marcamos un Tweet como favorito, o remitente recibe unha notificación de que o seu mensaxe nos gustou.

Para marcar un Tweet como favorito, estes son os pasos:

Localiza a mensaxe que queres marcar [túa ou unha mensaxe da túa cronoloxía de

inicio] e fai clic no enlace Favorito.

A partires dese momento aparece a mensaxe Marcado como favorito, asociado ao 'Tweet'. Para desfacer o marcado como favorito fai clic no rótulo anterior.

Todas as mensaxes marcadas como favoritas atópanse todas xuntas no apartado Favoritos:

Page 39: Twitter: unha aproximación para a conversa

39

Accede ao teu perfil público.

Preme no rótulo Favoritos.

Aparecerán listados todas as mensaxes que marcaches como favoritos. A carón da estrela asociada a cada Tweet favorito tes un número que indica as veces que esa mensaxe foi marcada como favorita [contando a túa].

5.2. LISTAXES

As listas son a segunda ferramenta que temos dispoñible no noso perfil Twitter para manter un pouco de orde na nosa cronoloxía. Se seguimos a moitos usuarios, unha boa idea e telos clasificados en listas, o que nos permitirá revisar as mensaxes dos integrantes de cada lista de forma exclusiva, como si fixésemos uha filtrase na nosa cronoloxía.

Page 40: Twitter: unha aproximación para a conversa

40

Na documentación Twiiter, tamén se refiren ás listas como grupo supervisado de usuarios.

O emprego de listas, pasa por 3 fases, moi sinxelas:

Creación da lista.

Determinación de se é pública ou privada.

Engadir persoas á lista.

5.2.1. CREACIÓN DUNHA LISTAXE

Podemos chegar á funcionalidade Listas por dous camiños :

Dende a roda de configuración e a través da opción Listas.

Dende o noso perfil público, prememos na opción Mas, e eliximos Listas.

Page 41: Twitter: unha aproximación para a conversa

41

Os pasos para crear a lista son os seguintes :

Preme no botón Crear nueva lista.

Nombre de la lista : Elixe un nome representativo pero de 25 caracteres como máximo.

Descripción : Aquí podes explicar brevemente en que consiste a túa lista.

Page 42: Twitter: unha aproximación para a conversa

42

Pública : calquera pode ver a lista e subscribirse a ela, de forma que as actualizacións dos participantes da lista tamén se verán na súa cronoloxía. Privada : so ti podes acceder a túa lista.

5.2.2. ENGADIR PERSOAS ÁS LISTAXES

A forma mais sinxela de engadir usuarios a unha é a seguinte:

Localiza o usuario que queres engadir á lista dende a túa opción de Seguidos e

preme, dende a súa roda de configuración, na opción Añadir o quitar de las listas.

No cadro que aparece a continuación, marca na lista [ das que ti tes creadas] na que a queres engadir. Pecha o cadro e repite a operación cos usuarios seguintes que determines. No exemplo da imaxe, engadimos a @paoladel na lista eduInnovacion.

5.2.3. COMPROBAMOS E VISUALIZAMOS

Para comprobar as túas listas, accede a o espazo Listas e verás [segundo a cantidade de listas que teñas creadas]:

Page 43: Twitter: unha aproximación para a conversa

43

Suscrito a : mostra as listas que tes creadas. Para cada lista, mostra : o nome, a descrición, e o número de membros.

Se premes no nome da listaxe, verás as mensaxes emitidas polos integrantes da lista. isto non quere decir que estas mensaxes desaparezan da túa cronoloxía, senón que aquí so se mostran os emitidos polos integrantes da lista.

Dende este punto podes ver os compoñentes da lista [ e eliminalos desta ], dende a

opción Miembros de la lista que se atopa na columna esquerda.

6. CONFIGURACIÓN [SEGUNDA PARTE] 6.1. CONTA

Case ao principio do módulo, fixemos os axustes mínimos para configurar os datos que aparecen no noso perfil público. Imos a revisar neste apartado outros aspectos chave da configuración da nosa conta Twitter, comezando

polo apartado Cuenta.

Para chegar ás opcións de configuración, accedemos sempre a partires da roda de

configuración e a opción Editar Perfil.

Page 44: Twitter: unha aproximación para a conversa

44

Das opcións que aparecen na columna da esquerda, eliximos Cuenta. Revisamos, a

continuación, os campos principais.

Nombre de usuario / Nome de usuario: podemos cambiar de nome de usuario sen perder as mensaxes enviadas. Obviamente a un que este dispoñible.

Correo electrónico: asociado a túa conta. Podes cambialo dende aquí.

Idioma : Refírese ao idioma do interface Twitter. O Galego atópase en fase Beta, o que quere dicir que aínda non é definitiva e as partes que non están traducidas aparecen en Inglés.

Zona horaria : referida a onde nos atopamos.

País : dende onde enviamos as nosas mensaxes. Empregado para xeolocalización, determinar tendencias e para axudar nas buscas.

Page 45: Twitter: unha aproximación para a conversa

45

Twittear multimedia / Chío multimedia : as opcións de este apartado están relacionadas coas nosas preferencias respecto ao material sensible que pode ser enviado a través de Twiiter e tamén para clasificar o noso contido multimedia en relación con este tema.

6.2. PRIVACIDADE

Respecto a opción Seguridad y privacidad, destacamos as seguintes opcións:

Etiquetado de fotos: eliximos unha das opcións dispoñibles. Se te lembras, cando subimos unha foto, Twitter nos ofrece a posibilidade de etiquetar aos participantes.

Protege mis Tweets: Unha opción, que nos permite que so vexan a nosa cronoloxía aquelas persoas que autoricemos de forma explicita. Dende o noso punto de vista non ten moito sentido, salvo que se pretenda conformar unha rede privada dentro do Twitter.

Ubicación del Tweet / Localización do chío: Se está activada, asocia a cada mensaxe a localización xeográfica dende onde foi emitido.

Page 46: Twitter: unha aproximación para a conversa

46

6.3. CONTRASINAL

Dende esta opción podemos cambiar a nosa contrasinal cando o consideremos oportuno ou cando xa levemos moito tempo coa mesma.

Contraseña actual / Contrasinal actual: Calquera cambio de contrasinal, implica que introduzas a contrasinal actual.

¿Olvidaste tu contraseña? /Esqueciches o teu contrasinal?: Se non te lembras da túa contrasinal actual, podes iniciar o procedemento de recuperación dende este enlace. Recibirás un correo electrónico cun enlace de restablecemento para restablecer a túa contrasinal

Nueva contraseña / Nova contrasinal: É o campo onde tes que especificar a

túa nova contrasinal. Terás que repetila no campo Verificar Contraseña.

6.4. NOTIFICACIÓNS POR CORREO ELECTRÓNICO

As notificacións por correo, son mensaxes que o servizo Twitter nos envía por correo electrónico cando ocorren certos tipos de interacción coa nosa conta ou coa nosa rede [seguidores e seguidos]. Podemos configurar que acción xera unha mensaxe, configurando as posibilidades nos seguintes apartados:

Page 47: Twitter: unha aproximación para a conversa

47

El correo electrónico está habilitado / O correo electrónico está activado: A mensaxe indica que Twitter comprobou que o noso correo está dispoñible para recibir as súas notificaciósn.

Actividad relacionada contigo y tus Tweets / Actividade relacionada contigo e cos teus chíos: podes personalizar, exactamente, cando queres recibir unha notificación [para cada un destes apartados] en relación cos tesu Tweets : quen fai RT, quen o marca como favorito, etc. Marca os apartados do teu interese. Recomendación de marcado: Mis Tweets son marcados como favoritos/ Os meus chíos son marcados como favoritos, Mis tweets son retwitteados / Os meus chíos son reouchíados, Alguien nuevo me sigue / Estou a ser seguido por alguén novo, Me envian un mensaje directo / Recibida unha mensaxe driecta

Actividad relacionada con tus Retweets: marca algunha das opcións dispoñibles se queres estar ao tanto do que sucede coas mensaxes das que ti fas RT.

Actividad de tu red / Actividade da túa rede: Refirese se a actividade dos teus Seguidos e Seguidores. Recomendacións de marcado: Se queres estar ao tanto do

que fan e da repercusión das súas mensaxes, marca Actualización sobre la actividad de mi red / Actualizacións de actividade na miña rede de Twitter. Si quieres que Twitter te recomende a quen seguir, baseándose nos perfís

aos que actualmente segues, marca a opción Recomendaciones basadas en la actividad de mi red / Recomendacións baseadas na actividade da miña rede.

Actualizaciones de Twitter / Actualizacións dende Twitter: para estar ao tanto das novas e obter suxestións de Twitter, marca as opcións de este apartado que sexan do teu interese.

Page 48: Twitter: unha aproximación para a conversa

48

Temos na configuración da nosa conta, outra opción parecida a esta so que referida as Notificacións web, e dicir, as notificacións que o servizo nos envía cando temos sesión iniciada na nosa conta. Podes botarlle un ollo e sinalar as opcións que consideres, de entre as dispoñibles.

6.5. DESEÑO

Ademais das opcións que xa comentamos para configurar o noso perfil, temos algunhas posibilidades para configurar o aspecto da nosa conta dende a opción Deseño. As modificacións que realices serán visibles na túa cronoloxía :

Escoge un tema predeterminado: podes escoller calquera dos temas que Twitter xa ten predeseñados ou ben escoller o fondo da túa cronoloxía. Se non te satisface, podes cambiar a opción elixida ata que atopes unha do teu gusto.

Page 49: Twitter: unha aproximación para a conversa

49

Imagen de fondo: Dende este apartado podes escoller unha imaxe propia, das que teñas almacenada en calquera dispositivo, fixo ou portátil. O tamaño máximo da imaxe non pode sobrepasar os 2 MB e esta se aliñará contra a esquina superior esquerda.

Fondo en mosaico: se a marcas,a imaxe anterior se repetira ao logo do fondo da túa cronoloxía [detrás das mensaxes].

Posición de la imagen de fondo: esquerda, centro ou dereita.

Color de fondo: permite axustar a cor de fondo do tema elixido.

Color de tema: permite elixir, de entre unha paleta de cores, a cor de do tema, dos temas predefinidos do Twitter.

Superposición: indica a cor das imaxes ou letras cando existe unha sobreposición.