troula na terra cha o psoe acusa ao pp de paralizar o centro de … · 2017-06-07 · o domingo 18...

32
xuño 2017 nº 162 23 de xuño, noite de troula na Terra Cha Área Recreativa de San Xoán de Lagostelle. Guitiriz, na parroquia de San Xoán de Lagostelle, celebra a máis sonada e concorrida das festas da comarca que dan a benvida ao tempo de estío. P. 15-18 O Certame Literario de Vilalba, o máis ango e mellor dotado en Galicia O Concello de Vilalba convoca o XLIII Premio de Poesía que aumenta a súa dotación económica ata os 7.000 euros para o gañador ou gañadora converténdoo no mellor dotado entre os convocados por entidades públicas na nosa comunidade . P. 2 deputación O PSOE acusa ao PP de paralizar o Centro de Recría O presidente da Deputación asegura que “o PP nesta provincia só se ocupa de destruír entorpecendo todas e cantas iniciativas poden como fixeron no Pleno co Centro de Recría”. P. 23 Darío Campos nas instalacións do centro de recría na Granxa Gayoso Castro. medio rural Ata 1.300 incorporacións de mozos ao agro en dous anos A consellería de Medio Rural recibiu 540 solicitudes de axudas de incorporación á actividade agraria tralo peche do prazo da convocatoria deste 2017. P. 24 vilalba Máis información: p. 7

Upload: others

Post on 29-Jun-2020

5 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

xuño 2017nº 162

23 de xuño, noite de troula na Terra Cha

Área Recreativa de San Xoán de Lagostelle.

Guitiriz, na parroquia de San Xoán de Lagostelle, celebra a máis sonada e concorrida das festas da comarca que dan a benvida ao tempo de estío. P. 15-18

O Certame Literario de Vilalba, o máis antigo e mellor dotado en GaliciaO Concello de Vilalba convoca o XLIII Premio de Poesía que aumenta a súa dotación económica ata os 7.000 euros para o gañador ou gañadora converténdoo no mellor dotado entre os convocados por entidades públicas na nosa comunidade . P. 2

deputación

O PSOE acusa ao PP de paralizar o Centro de Recría

O presidente da Deputación asegura que “o PP nesta provincia só se ocupa de destruír entorpecendo todas e cantas iniciativas poden como fixeron no Pleno co Centro de Recría”. P. 23

Darío Campos nas instalacións do centro de recría na Granxa Gayoso Castro.

medio rural

Ata 1.300 incorporacións de mozos ao agro en dous anosA consellería de Medio Rural recibiu 540 solicitudes de axudas de incorporación á actividade agraria tralo peche do prazo da convocatoria deste 2017. P. 24

vilalba

Máis información: p. 7

2 xuño 2017 actualidade

NOVAS DA CHAIRA vilalba

A apertura da décima edición das Xornadas do Peregrino ‘Abrindo Ca-miño’ celebrarase en Vilalba o ven-res 23 de xuño para continuar en Mondoñedo coa Feiramostra Arte-sanal e Agroalimentaria ‘Os Muíños’ 2017 o 24 e co roteiro turístico lite-rario Leiras Pulpeiro o 25 de xuño e tamén durante o 21, 22 e 23 de xu-llo con dúas guías-acompañamen-to da peregrinación de “Quetzales del Mundo Unidos” entre Ribadeo e Foz, Viloalle e Mondoñedo e Mon-doñedo e Abadín, respectivamente.A capital chairega recibirá a repre-sentantes das agrupacións de aso-ciacións do Camiño Norte do País Vasco, Cantabria, Asturias e Galicia convidadas pola Asociación ‘Abrin-do Camiño’ de Amigos do Camiño Norte de Santiago da Mariña e a Terra Chá. Debates, proxectos, música, ex-posicións e gastronomía da zona protagonizan a programación da xornada que se desenvolverá no auditorio municipal Carmen Esté-vez entre as seis e media da tarde e as nove do serán e que contará con representantes dos Concellos organizadores e outros limítrofes, do Bispado de Mondoñedo-Ferrol, da Consellería de Cultura e Educa-

ción, da Deputación Provincial e do Consello da Cultura Galega, entre outros.Así, o alcalde de Vilalba, Agustín Baamonde, realizará a saúda insti-tucional e a alcaldesa de Mondo-ñedo e ex-secretaria fundadora da Asociación Abrindo Camiño, Elena Candia, moderará o debate sobre a influencia na xente da Terra Chá do Real Seminario de Mondoñedo en relación ás propostas de dina-mización e a escola poética que ten propiciado. Antes da actuación da Banda de Música de Vilalba, tamén haberá tempo para coñecer o estudo de avaliación de “Ultreya” dos efectos sobre a saúde e o benestar psico-lóxico da peregrinación a Santiago de Compostela; e información so-bre a ruta dos antigos Quetzaleros no Camiño do Norte no seu perco-rrido dende Avilés ata Santiago de Compostela.A primeira destas xornadas sobre o Camiño Norte tamén servirá para inaugurar a exposición ‘Via Iacobi-tana’ sobre o propio camiño. E para rematar, cunha degustación de produtos agroalimentarios e arte-sanais das comarcas da Mariña e a Terra Chá.

Vilalba involúcrase co Camiño Norte

Convocado o Certame Literario máis antigo e mellor dotado de GaliciaO Concello de Vilalba volve convocar o certame literario de poesía máis lonxe-vo de Galicia e agora tamén o mellor dotado dos convocados por entidades públicas ao alcanzar os 7.000 euros.Esta é a principal novidade do XLIII Premio de Poesía do Certame Literario do Concello de Vilalba 2017 que conta dende os seus inicios coa colaboración de Xulio Xiz. Deste xeito, o premio será “único e indivisible” fronte ás pasadas edicións nas que se destacaba o pri-meiro premio con 3.000 euros e un se-gundo con 1.000 euros acompañados de flor natural e diploma.O rexedor local, Agustín Baamonde, apunta que “non se trata de competir no ránking nominativo de premios”. O aumento da súa dotación responde “ás esixencias que presenta un certa-me coma o de Vilalba que ten arraigo e trascendencia” e “ao compromiso do Concello de Vilalba coa lingua galega”.Ao certame poderán concorrer tódo-los autores ou autoras que o desexen sempre que presenten a súa obra poé-tica en lingua galega e cunha exten-sión mínima de 500 versos baixo unha temática libre.As obras deberán enviarse por quin-tuplicado ao Concello de Vilalba ben a través de correo ordinario ou vía eletrónica a través do enderezo www.vilalba.org/certameliterario.O prazo de admisión de traballos re-

mata o 18 de xullo, mentres que o di-tame do xurado se dará a coñecer o 22 de agosto a través dos medios de co-municación trala reunión do 21 á que

asistirán Darío Villanueva, presidente da Real Academia Española, Ramón Villares, presidente do Consello da Cul-tura Galega, e Fidel Fernán-Vello, direc-tor de Radio Principal-Vilalba e Mon-forte, Xulio Xiz, escritor e xornalista que actuará como secretario, e o José Antonio Pita, concelleiro de Cultura de Vilalba. A persoa premiada deberá

asistir persoalmente, ou mediante re-presentante, á entrega do premio que se efectuará nun acto coincidindo co inicio das festas de San Ramón e Santa

María 2017 o 30 de agosto.O Concello de Vilalba publicará a obra premiada baixo a edición de Alvare-llos Editora que “achegará aos centros de ensino público a obra premiada” segundo avanza Henrique Alvarellos; xa que “a poesía é un gran xénero de minorías, pero imprescindible como material didáctico”.

Alvarellos, Baamonde e Pita durante a presentación do certame.

Música vilalbesa nas prazas da vila

Tres meses de música de Vilalba en Vi-lalba. Entre o venres 2 de xuño e o 18 de agosto a música tomará cinco pra-zas da capital chairega co I Ciclo de Mú-sica na Praza.Un repertorio variado integrado por re-coñecidas pezas será interpretado cada venres a partir das oito e media do se-rán por profesionais da música e músi-co con recoñecementos internacionais en cada unha das cinco prazas da loca-lidade: Santa María, Constitución, Suso Gayoso, Coronel Pena -ou praza dos Ovos- e a de San Xoán.Esta proposta da concellería de Cultura conta coa colaboración da Banda de Vi-lalba e do Conservatorio de Música de Vilalba co obxectivo de “achegar a mú-sica ao público sacándoa ao exterior

das catro paredes do auditorio”.O director do Conservatorio de Vilalba, Aurelio Chao, define a iniciativa coma un “proxecto espectacular e con futuro. Tódolos participantes desta primeira edición son alumnos, alumnas, profe-sores ou profesoras do Conservatorio

e integrantes da Banda de Vilalba. Vilal-ba conta con tradición musical e debe amosarse orgullosa de que a banda sexa realmente a Banda de Vilalba inte-grada por músicos de Vilalba”.O concelleiro de Cultura, José Antonio Pita, recorda que “os emprazamentos das formacións musicais en cada pra-za foron escollidas polos profesionais”; xa que se trata de actuacións en acús-tico. Ademais, apunta que “en caso de condicións meteorolóxicas adversas, as actuacións celebraranse no Centro Cultural e Recreativo con entrada libre e gratuíta”.Así mesmo, a presidenta da asociación Banda de Música de Vilalba, Alejandra Vázquez, cre que “esta proposta servirá para visibilizar o traballo dos músicos e da Banda de Vilalba”. Igualmente, avan-za que o 28 de xullo tamén se achegará a Vilalba a Banda de Cedeira coa que participarán nunhas xornadas de con-vivencia entre as dúas localidades.

Vázquez, Pita e Chao presentaron o I Ciclo de Música na Praza.

O 23 de xuño celébrase a Noite de San Xoán e en Vilalba manterán a tra-dición da sardiñada popular que or-ganiza o Concello, desta volta, coa co-laboración dos hostaleiros das prazas de San Xoán e Santa María, ademais da Asociación Cultural de Veciños do Campo de San Xoán. Os tíckets están

xa á venda por 2 euros nos locais cola-boradores e na Casa da Cultura.Ademais do acendido das fogueiras, realizarase a espantada das meigas e o conxuro da queimada coa música de Arifi World Music, a Sintonía de Sancovade e a A.C. Gaita Escola de Mondoñedo.

IX Noite de San Xoán, tamén nas prazas

O venres 30 de xuño celebrarase a Noite Aberta nos comercios vilalbe-ses interesados en participar nesta proposta da Asociación de Empre-sarios Sete Pontes.O horario de apertura será de nove do serán a doce da noite no que se aplicarán descontos nas compras. Pero a ese aforro engádese tamén a posibilidade de participar con cada tícket de compra no sorteo de agasallos a través da ruleta da sorte que se instalará na Praza da Consti-tución o sábado 1 de xullo en cola-boración coa Federación Galega de Comercio.

Antes, o venres 16 celebrarase a dé-cimo cuarta Festa e Xuntanza do po-lígono industrial con churrascada, liscos, pan e viño a partir das nove do serán. As tarxetas para non aso-ciados terán un prezo de 10 euros. A música correrá a cargo da Sintonía de Sancovade. Tamén haberá sorteo de agasallos cada 15 minutos.

HostaleríaA Asociación de Empresarios Sete Pontes propón á hostalería vilalbesa participar na Ruta do Marisco entre o 6 e o 9 de xullo.

Oportunidades e festas cos empresarios

O Instituto de Estudos Chairegos, dentro dos actos programados co gallo das Letras Galegas comezaba o 26 de maio coa representación tea-tral A LOLA, de Manuel Ayán, a cargo da compañía de teatro afeccionado de Pontevedra, Avelaíña Teatro.O venres 2 de xuño Manuel Núñez Singala presentaba na Casa da Cultu-ra de Vilalba o libro Sacar a lingua é de mala educación. Oportunidades do multilingüismo na infancia e na idade adulta.

Antón Riveiro ofrecerá o venres se-guinte, o 9 de xuño, unha conferencia sobre Carlos Casares tamén ás sete e media do serán na Casa da Cultura.O domingo 18 será a quenda da XVII Ruta Chairega A Veiga-Carelle por te-rras de Muras con saída ás nove e me-dia da mañá dende a rúa da Pravia.E o venres 30 de xuño presentarase un novo libro: a Guía para o descenso enerxético de Galicia de Xoán Doldán na Casa da Cultura ás sete e media do serán.

Con teatro, rutas e presentacións celebra o IESCHA as Letras Galegas

3xuño 2017actualidade

O Concello de Vilalba dispón de 13,117 millóns de euros para o exercicio 2017 trala aprobación do orzamento muni-cipal en Pleno por parte do equipo de goberno.As partidas mellor dotadas son as de persoal –que ascende a 2,8 millóns de euros- e as de gasto social que con 2,3 millóns de euros inclúe o servizo de axu-da no fogar básico –para o que a Depu-tación achegaría a través do Plan Único 75.000 euros-, o servizo de dependencia –para o que a Xunta achega 1,4 millóns-, o funcionamento da gardería munici-pal, a unidade de alzheimer no centro de día do asilo e a aula terapéutica para maiores na antiga praza de abastos. O rexedor local, Agustín Baamonde, explica que “as instalacións do Hospital Asilo que se dedicarían a centro de día fai 10 anos non cumpren coa normativa actual”. Baamonde indica tamén que “a apertura en Vilalba dun centro de día repercutiría negativamente para os centros de Abadín e Cospeito a onde se desprazan xa vilalbeses e vilalbesas”. Por iso, será empregada como unidade de alzheimer para persoas con demencia avanzada. Xa con axudas do AGADER será acondicionada a primeira planta da praza de abastos para ubicar unha unidade terapéutica que ata o de agora estaba funcionando na Casa do Conce-llo. “Das 13 ou 14 persoas que podían fa-cer uso desta unidade pasarase ás 70 e cuns prezos máis asequibles. Fronte aos 400 que pode supoñer o uso do centro de día ao mes, esta unidade podería al-canzar os 50 ou 60 euros por usuario”. As obras comezarán este verán e, ao seu re-

mate, sacarase a concesión a concurso.Os investimentos tamén superarán os 2 millóns de euros. Neste caso, o goberno local avanza que 1,3 millóns serán inves-tidos na zona rural co arranxo de “vías municipais con asfaltado e zahorra, a colocación de conexión wifi nas escolas rurais en substitución da conexión vía satélite, a dotación de puntos de aco-pio de recollida de plásticos agrícolas e o desenvolvemento de actividades de

formación e terapia polas parroquias.Por outra banda, educación contará cun orzamento de 911.000 euros dirixi-dos, principalmente, ao Conservatorio Municipal de Música, ademais do man-temento dos colexios e outras activida-des. Cultura recibirá 887.000 euros para a programación do auditorio, o resto de

programación cultural e as axudas para as festas parroquiais que se incremen-tan dos 800 aos 1.000 euros. E a depor-te destinaranse 996.000 euros para o arranxo da piscina que se está a execu-tar cun investimento de 200.000 euros, o arranxo do parque acuático a través da instalación dunha capa impermea-bilizante con 50.000 euros e o contrato de xestión da piscina municipal, entre outras actividades.

En materia de turismo, o alcalde avanza que agardan poñer en marcha canto antes a Oficina de Información Turísti-ca que se situará na Casa da Cultura”. E, por outra banda, explica outro proxecto como é a posta en marcha dunha ruta arqueolóxica dende a Pena Grande de Santaballa á Roza das Modias de San

Xoán de Alba pasando por Pedra Chan-tada e os castros de Codesido e Gon-daísque. “O proxecto inclúe a súa sina-lización e dotación de códigos QR” ata completarse coa posta en valor da Roza das Modias, declarada Ben de Interese Cultura, como un dos vestixios arqueo-lóxicos máis destacados de Galicia”.Outro dos proxectos nos que traballa o equipo de goberno é no Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) do que agardan aprobar inicialmente o ante-proxecto neste 2017. De feito, “hai dota-ción orzamentaria para estes traballos”. É que o alcalde considérao necesario para “a ampliación do polígono empre-sarial” e o asentamento da actividade industrial.

2,2 millóns máis que no pasado exercicioEn xeral, o alcalde defende “uns orza-mentos realistas que dan resposta ás necesidades máis importantes”. De feito, destaca que a oposición non sina-laba grandes diferentes a excepción de pequenas partidas.A débeda municipal sitúase “en límites moi correctos” respondendo “á política de austeridade que se ven aplicando nos últimos tempos”, segundo apunta Baamonde ao tempo que avanza que será de 1,4 millóns de euros ao final deste ano.As contas municipais medraron 2,2 millóns debido, principalmente, aos ingresos do cobro dos atrasos do catas-tro e á aportación da concesionaria do servizo de augas trala renovación do seu contrato.

Orzamento de 13 millóns para Vilalba

O Concello acondicionará a praza de abastos como unidade terapéutica.

O Ministerio de Fomento, segundo publicou o Boletín Oficial do Esta-do, someteu a información pública o anteproxecto da área de servi-zo de Vilalba (Lugo), en ambas as marxes do quilómetro 573 da au-tovía do Cantábrico A-8.Dentro do proxecto e obras do tra-mo da A-8 entre Vilalba e Touzas realizouse unha reserva de terreo para a construción da área de ser-vizo, consistente en dúas parcelas de aproximadamente 2 hectáreas de superficie na marxe dereita e 3 hectáreas na marxe esquerda. Am-bas as parcelas contan con carrís de saída e incorporación á autovía A-8, que xa foron construídos.O anteproxecto prevé que cada parcela conte cunha estación de servizo para a reposición de combustible con marquesiña, un edificio destinado a restaurante-cafetería e tenda, e os elementos de urbanización necesarios.Cada unha das áreas contará con entre 62 e 64 prazas de aparca-doiro para vehículos lixeiros, con reserva de 3 delas para persoas de mobilidade reducida, e entre 17 e 24 prazas de aparcadoiro para ve-hículos pesados, das cales 5 desti-naranse a autocaravanas.

Sometido a información pública o anteproxecto da área de servizo na A-8

4 xuño 2017 actualidade

A empresa de Vilalba Champivil-Castelo ven de poñer no mercado a primeira cervexa galega de grelos de Lugo e de trompeta dos mortos.Trátase de dúas cervexas artesás, unha gama rubia e outra negra, froito da colaboración da empresa chairega co artesán cervexeiro galego Pablo Casa-nova, Paterpaul, o primeiro en lograr en Galicia, no ano 2005, un rexistro sanitario para comercializar cervexa artesá. É unha edición gourmet ex-clusiva que estará dispoñible en dous formatos, de 33 e 75 cl., e que pode-rá adquirirse a través do facebook da compañía vilalbesa.O proceso de elaboración tanto da cervexa rubia de grelos como da cer-vexa negra de trompeta dos mortos é totalmente natural e artesán e leva dous meses e medio. Os ingredientes son auga de fonte, malta de cebada, lúpulos nobres suaves para que pre-domine o aroma do grelo e e da seta e levaduras de cervexa neutras tamén con ese obxectivo. O cociñeiro da be-bida destacou que para a súa fabrica-ción úsase unha porcentaxe de malta de cebada 100% moi superior á em-pregada nas cervexas industriais. “Ou-tra diferenza fundamental é que esta cervexa non leva ningún tipo de pro-duto químico nin ningún engadido, é totalmente natural e artesá e mesmo o gas que ten prodúceo a propia cer-vexa grazas a unha segunda fermen-

tación en botella que dura entre 25 e 35 días”, explicou Paterpaul.

A primeira Guinness galegaA gama negra de trompeta dos mor-tos é unha cervexa de estilo irlandés á que no último momento da cocción se lle engade a infusión desta seta, habitual nos montes galegos, para que conserve así os aromas e a cor escura característica da trompeta dos mortos. O resultado é unha cervexa contundente e de escuma máis densa que na cata recorda o aroma a monte e a humidade. A súa irmá, a cervexa de grelos é unha cervexa rubia á que se engaden na cocción grelos da Terra Chá que soltan o seu sabor e color á mestura. O resul-tado é unha cervexa clara cun matiz

verdoso e percíbese ao degustala o amargor do grelo. É unha cervexa re-frescante pensada para a primavera e o verán. Trátase nos dous casos dun produto gourmet de produción limitada pero cun prezo asequible “para que todo o mundo a poida probar”, indicou a xerente de Champivil-Castelo, Luz Di-vina Castelo.Ademais das dúas cervexas, que se comercializarán ao prezo de 2,5 e 4,5 euros en dous formatos, de 33 e 75 cl. respectivamente, nunha bote-lla tamén direrente, de estilo retro. A empresa vilalbesa tamén pon no mercado, ao prezo de 10 euros, un kit completo para a fabricación caseira da cervexa de trompeta dos mortos.

Vilalbesa é a primeira cervexa galega de trompeta dos mortos e grelos

Peterpaul, Luz Divina e Andrés Castelo coas cervexas na súa presentación.

O Grupo Municipal Socialista pre-sentou no pleno de maio unha serie de emendas aos orzamentos deste ano defendidos polo gober-no do Partido Popular, que chegan con cinco meses de retraso e sen ningún tipo de diálogo nin debate previo, tal e como veñen criticando ata o de agora os grupos políticos da oposición, que votaron en con-tra dos orzamentos. O acento dos socialistas, único grupo que pre-sentou emendas para debatir no pleno, sendo rexeitadas na súa to-talidade, recaeu sobre o emprego, pedindo que o soldo do alcade se adecúe ao dunha pensión máxi-ma de xubilación, uns 2.500 euros, “que sería o que lle corresponde a Baamonde, polo que cremos que debe dar exemplo e baixarse o seu soldo para aforrarlle máis de 15.000 euros á veciñanza e desti-nalos a emprego, unha das maiores necesidades e preocupacións que se presentan en Vilalba”. Con esta proposta, desbotada de inmedia-to polo propio alcalde, deixaría de percibir o salario do seu predece-sor, Gerardo Criado, criticado en numerosas ocasións pola suba do mesmo.O aumento presupostario do Con-cello de Vilalba, cun total de 13,1 millóns de euros, responde en boa medida ao pago que a veciñanza

realizou por mor do catastrazo. Desde o PSOE pediron que esta re-cadación repercutira na economía da veciñanza afectada e que máis o precisa logo de facer fronte ao incremento do IBI cun esforzo eco-nómico importante. A emenda dos socialistas foi desti-nar un total de 110.000 euros para subvencións, obtidos dunha parti-da de 765.000 euros sen especificar nos orzamentos para “infraestrutu-ras e bens naturais”, minorando a repercusión do IBI nas economías familiares. Deste mesmo montante tamén propuxeron sacar, xunto coa diferenza froito da redución do sol-do do alcalde, os 65.000 euros para a partida de emprego.

Comisións de seguementoAdemais do debate dos orzamen-tos, o grupo socialista defendeu unha moción para que se convo-caran as comisións informativas como mínimo dúas veces ao ano para dar conta á oposición do tra-ballo realizado, “posto que a día de hoxe algunhas están sen constituir e anteriormente pasaron lexislatu-ras enteiras sen convocar algunhas delas”, censuran. Esta iniciativa foi aceptada polo goberno local.

O PSOE pide que “o alcalde se baixe o soldo e o reverta en emprego”

O IES Lois Peña Novo de Vilalba presentaba no II Congreso de In-novación na Formación Profesio-nal (Innova 2017) o proxecto de “Aproximación didáctica á Inter-net das cousas (IoT) e usos e apli-cación dos drons” do departamen-to de Informática do centro. Ata a Cidade da Cultura viaxaban os profesores Germán Feijóo e Juan López e os alumnos Julio Trastoy e Alberto López entre o 10 e o 12 de maio.O proxecto, coordinado dende o centro vilalbés coa participación do IES Illa de Sarón de Xove, está desenvolvido con tecnoloxía libre. É o caso dun coche robot monta-do con Arduino e controlado por móbil a través de tecnoloxía blue-tooth. Pero, ademais, na montaxe dun dron para topografía e levan-tamentos 3D empregaron pezas mercadas soltas e montadas no IES e incluso pezas impresas con impresora 3D nas súas instala-cións. Juan López apunta que “os núcleos tecnolóxicos tenden a asociarse máis ás cidades, pero o noso cen-

tro de ensino achega tecnoloxía punteira ao ámbito rural”.

Melloras nas instalacións do centroA Consellería de Cultura, Educa-ción e Ordenación Universitaria ampliou as instalacións dos talle-res de mecánica coa construción dun novo local de arredor de 100 metros cadrados para albergar novo equipamento.A Consellería destinou preto de 60.000 euros a construír e equipar esta instalación cun plano aspiran-te, un equipo que se ubica na zona de traballo de preparado e pintura co obxecto de extraer o aire con-taminado.A Consellería leva investidos nos dous últimos anos máis de 157.000 euros no instituto: 86.854 euros en obras e 70.377 euros en equipamento, entre o que figuran bancos de traballo, un equipo de electroneumática, un analizador de gases por infravermellos para motores ou unha desmontadora de rodas.

O IES Lois Peña Novo, innovación práctica

A asemblea de Vilalba Aberta, que dende a súa chegada á primeira liña da política vilalbesa fixo bandeira da prohibición do uso non agrario de herbicidas con Glisofato por parte do Concello; ven de anunciar que inter-pelará no vindeiro Pleno ao Alcalde, diante do que consideran un paso máis na “vergoñenta política de sulfa-tado do Goberno Municipal”.Dende a formación, enmarcan a súa decisión na indignación e a perplexi-dade que na súa asemblea provocou o feito de lles chegar, pola vía unha denuncia veciñal, o aviso de que é precisamente Baamonde o que, no canto de mudar a súa política de sul-fatado, está a recomendar a veciños e veciñas de diferentes parroquias que sinalicen a contorna das súas propie-dades no caso de non desexaren que os servizos municipais procedan á súa fumigación. Unhas informacións, recalcan, com-probadas in situ e na parroquia de Alba polo seu voceiro e edil na cor-poración, Modesto Renda, e mailo membro da asemblea e número dous

da formación nas pasadas municipais, Martiño Maseda, nunha visita de tra-ballo á veciñanza do Barrio de Abadín. A política de sulfatado do Goberno de Vilalba xa mereceu hai agora xusta-mente un ano unha moción de repro-bación en contra do anterior rexedor, Gerardo Criado, defendida sen éxito por Renda froito da maioría absoluta “popular” na corporación.

“Sen emendas aos orzamentos”O concelleiro de Vilalba Aberta amo-saba o seu asombro co feito de que o Goberno Municipal “cole o debate dos orzamentos nun punto máis da orde do día dun pleno ordinario e desbote por segundo ano consecuti-vo un procedemento de presentación de emendas” tal e como acontece na maioría de Concellos dun volume de poboación similar ao vilalbés.Con todo, a formación asamblearia poñíao en coñecemento dos veciños e veciñas abrindo un espazo de parti-cipación on-line a través do que facer chegar as súas propostas para os or-zamentos municipais.

Vilalba Aberta considera “vergoñenta” a política de sulfatado do Concello

O voceiro do BNG no concello de Vi-lalba, Felix Jorquera, denunciou que o Concello de Vilalba, amparándose nunha medida imposta polo gober-no do PP en Madrid, cobroulles ás veciñas e veciños preto de 1.300.000 euros de atrasos do IBI. Este pago car-gouse no ano 2015 no que, ademais tiveron que pagar 434.880 euros, a razón de 60 euros por cada nova alta. Jorquera lembrou que “o goberno do Estado, en mans do Partido Popular, impuxo unha revisión catastral que deu como froito 7.248 alta novas moi-tas delas totalmente inxustificadas”. A maiores, os valores catastrais apli-cados a estas novas altas están desfa-sados e moi por riba do 50 % do seu valor real de mercado, como estable-ce a Lei do Catastro. Isto repercute no importe presente e futuro do recibo da contribución (Imposto de Bens In-mobeis IBI), no pago dos atrasos de ata catro anos, na solicitude de becas e na declaración de impostos como o IRPF, o Imposto de Transmisións Patrimoniais-Sucesións e Doazóns, da Plusvalía Municipal, etc.“Todo este proceso fíxose de xeito masivo, sen información previa nin asesoramento por parte do gober-no municipal do PP nin de repre-sentantes do Catastro e, na maioría dos casos, sen un informe motivado que xustifique a nova alta e os valo-res catastrais aplicados”.

O BNG di que “o PP fai pagar aos veciños 1,3 millóns de atrasos do IBI”

Avisos en Alba sobre o desexo de sulfatar ou non as propiedades.

5xuño 2017actualidade

O Polo Tecnolóxico e Industrial de Rozas, exemplo de innovaciónA directora da Axencia Galega de Inno-vación (GAIN), Patricia Argerey Vilar, par-ticipou en Sevilla nunha xornada forma-tiva sobre Compra Pública Innovadora (CPI) presentando a Civil UAVs Initiative como caso de éxito. Na xornada, organi-zada pola Agencia Andaluza del Cono-cimiento, dependente da Consejería de Economía y Conocimiento, tamén inter-viu Beatriz Allegue, letrada da Asesoría Xurídica Xeral da Xunta, quen achegou os aspectos xurídicos e legais deste pro-cedemento innovador de contratación, así como representantes do Ministerio de Economía, Industria y Competitivi-dad, da Junta de Andalucía e doutras entidades andaluzas.A Xunta foi convidada a participar nesta xornada co obxectivo de achegar a súa experiencia no emprego deste proce-demento de contratación que se está a utilizar no polo tecnolóxico e industrial de Rozas, e que xa ten recibido varios premios e recoñecementos tanto a ni-vel estatal como europeo, entre eles, o Premio Nacional de Innovación na ca-tegoría de Compra Pública Innovadora en dúas ocasións. De feito, Galicia é un referente a nivel estatal neste ámbito. No periodo 2007-2014 executou preto do 40% do investimento en proxectos de CPI de todo o Estado (112 millóns de euros dos 293 que se investiron no Es-paña), segundo o último informe publi-cado pola Fundación COTEC e no perío-do actual, 2014-2020, xa leva investido 90 millóns de euros en proxectos. Argerey destacou as múltiples vantaxes

desta fórmula de contratación como o cambio de cultura dos apoios públicos á innovación, que pasan dun papel de acompañamento a un papel máis acti-vo de xerar demanda, compartir o risco e beneficiarse directamente dos resul-tados; a maximización da rentabilidade do investimento público en innovación, optimizando a prestación de servizos públicos; o posicionamento de Galicia en escenarios tecnolóxicos competiti-vos a nivel internacional e o impulso á transición cara un novo modelo pro-dutivo baseado na competitividade e o crecemento a través da innovación. No tocante á Civil UAVs Iniciative, a di-rectora de Gain presentou o proxecto como a aposta máis potente realizada até agora polo executivo galego en ma-teria de Compra Pública Innovadora, a

través da que se están a mobilizar preto de 150 millóns de euros. Nesta iniciativa, a Xunta actúa como cliente lanzador e validador de novas solucións baseadas en tecnoloxías de vehículos non tripu-lados para a optimización de determi-nados servizos públicos que presta a administración autonómica. Patricia Argerey expuxo os principais fi-tos acadados até agora pola Civil UAVs Initiative, como o impacto rexional aca-dado, coa participación de numerosas empresas e centros de coñecemento, ou a implicación da administración autonómica, que está sendo o sufi-cientemente flexible e innovadora para empregar dun xeito eficiente este ins-trumento.

A segunda fase do Torneo Terra Chá de ximnasia rítmica celebrabase o 21 de maio en Castro coa partici-pación de preto de 140 rapaces e rapazas de sete escolas municipais –Outeiro de Rei, Vilalba, Cospeito, Guitiriz, Rábade, Begonte e Castro de Rei- ante un pavillón ateigado. As escolas destacadas na categoría mini-baby foron Outeiro de Rei, Cos-peito, Vilalba e Castro de Rei; e na ca-tegoría baby: Rábade, Vilalba e Gui-tiriz. En prebenxamín destacaron as vilalbesas e as anfitrioas por diante

de Outeiro de Rei e Cospeito. Xa categoría benxamín Rábade conse-guía a primeira posición, Begonte, Castro de Rei e Guitiriz a segunda, terceira e cuarta, respectivamente. Castro de Rei conseguía facerse coa primeira praza nas categorías alevín e infantil. Na primeira por diante de Cospeito, Outeiro de Rei e Vilalba; e na segunda con Vilalba na segunda posición.A Escola Municipal de Castroverde e o Club Violeta ofrecían tamén ca-dansúa exhibición.

Éxito das ximnastas locais no Torneo Terra Chá

Argerey e Allegue achegaron a Sevilla o caso de compra pública innovadora.

castro de rei

O Concello de Castro de Rei organi-za unha nova edición da tradicional Festa do Neno que este ano se des-envolverá o sábado 11 de xuño en Castro Ribeiras de Lea.Haberá inchables para tódalas ida-des e tamén festa da escuma, se o tempo o permite. De feito, as activi-dades están previstas para a súa ce-lebración na carballeira, pero “ante a posibilidade de que o tempo non acompañe as actividades estarán a disposición dos rapaces e rapazas no pavillón municipal”.

Clausura das Escolas DeportivasChegando ao remate do curso esco-lar 16/17, tamén remata a tempora-da das Escolas Deportivas Munici-

pais de Castro de Rei. É por iso polo que o Concello organiza unha festa de clausura que contará con exhi-bicións dos grupos de diferentes deportes, entre outras actividades.

Letras GalegasO Concello de Castro de Rei celebra as Letras Galegas despois do 17 de maio. Nesta ocasión, será un mes despois –o sábado 17 de xuño- can-do os Milesios ofrezan na Casa da Cultura de Castro a partir das oito do serán un concerto de presentación do seu último traballo: o libro-CD ”indoevindo”. Tamén participarán na xornada Gaia Pandereteiras.

Equipo de ximnasia rítmica de Castro de Rei.

O Concello de Castro de Rei apro-baba no Pleno do mes de maio -cos votos a favor do equipo de gober-no, en contra do BNG e a abstención dos socialistas- as contas municipais para o exercicio 2017 que ascenden a 4,2 millóns de euros. A cifra ascen-de en preto de 950.000 euros con respecto ao 2016.O rexedor local, Francisco Balado, destaca o incremento destinado a inversión reais e á redución da débeda municipal. De feito, “a par-tida para investimentos alcanza os 872.440,35 euros que supoñen algo máis do 20% do orzamento para

este ano fronte ao 3,65% do total do orzamento municipal para o 2015 no que se actuaba coas contas pro-rrogadas do 2014.En canto á débeda municipal, o al-calde indica que “se reduciu dende os 1,1 millóns aos 650.000 euros”. Con todo, non supón amortización; xa que “se deriva do préstamo con-cedido para a construción da resi-dencia de maiores polo que o Con-cello paga ao ano 60.000 euros; pero a entidade que o xestiona achega arredor de 96.000 euros”. Así, o Con-cello “non ten que facer ningunha achega económica a esta débeda”.

O Concello aproba 4,2 millóns de orzamento

Deporte e música en Castro

6 xuño 2017

Xermolos segue espallando o seu proxecto “Salvemos a Casa de Díaz Castro”, informando dos seus obxecti-vos e tamén recadando fondos.Despois de acadar os primeiros 24.640 euros do micromecenado, agora “esta-mos a loitar polos 40.000 a través de doazóns na plataforma goteo (https://www.goteo.org/project/a-casa-da-xente) ou mediante transferencia bancaria á nosa conta de ABANCA ES4120800122483040003376”.O coordinador de Xermolos, Alfonso Blanco, destaca que “aínda máis im-portante é a solidariedade que esta-mos a sentir de asociación de toda Galiza e da emigración. Este proxecto creou esperanzas no país. Xa tivemos

ducias de presentación en Galiza e en Euskadi nos centros galegos de Ses-tao, Santurzi, Llodio e Masustegui-Bil-bao, ademais de facer unha parada na Universidade de Deusto, e seguimos recibindo convites para espallar os noso obxectivos sobre a Casa da Xen-te. As próximas intervencións van ser na Asociación Madia Leva en Lugo, na Gentalha do Pichel en Compostela,a, na Facultade de Socioloxía da Universi-dade da Coruña, etc. Tanto a xenerosi-dade do noso pobo coas súas achegas coma o interese polo noso programa reafírmannos no acerto de Xermolos de recuperar a casa do poeta.Mesmo estamos a recibir obras de arte para subastar e outras coma de-

pósito para o museo que imos instalar na Casa de Díaz Castro. Sen esquecer as creación audiovisuais de músicos e escritores coma Os Zënzar, Mini e Mero, Luz Fandiño, Carlos Callón, Hele-na Villar Janeiro, os Ruxe Ruxe, Antón Guizan, Jacobo Sanchez, etc... Só a en-trevista con Ses leva xa máis de 30.000 impresións, 18.000 reproducións e foi compartida máis de 200 veces, e todo este universo pode verse na nosa páxi-na de Facebook - Salvemos a Casa de Díaz Castro”.

Premio da Asociación de Amigos dos Museos de GaliciaAsí mesmo, a Asociación de Amigos dos Museos de Galicia concedíalle o Premio Pedra do Destino 2017 pola súa intención de restaurar a Casa de Díaz Castro. Xermolos acollíao con “intensidade” porque está a vivir con intensidade tamén “a recuperación do noso patrimonio tal como proclama-mos aos catro ventos nun acto a come-zos de ano no Museo do Pobo Galego diante de institucións e asociacións que loitan polo noso patrimonio”.

Visita a EuskadiDurante a viaxe a Llodio, os repre-sentantes de Xermolos participaban na inauguración do monolito do es-cultor Xosé Val Díaz (Valdi) a Manuel María colocada no parque de Lamuza promovida pola Corporación Munici-pal de Laudio, xunto ao Centro Galle-go e a Peña Deportivista Anduriña da localidade.

actualidade

A Asociación Sociocultural Lareira de soños ven de decidir que Raúl Río Díaz será distinguido co Premio Tra-peiro de Honra 2018 na súa quinta edición como vilarego exemplar, su-mándose así a Xosé María Díaz Castro, a Romaría Labrega da Chaira, Pepe de Cristos e Asunción dos Ares, galardoa-dos nas anteriores edicións.Raúl, distinguido tamén no 2016 coa Navalliña de Manuel María, é un grande activista da nosa cultura e un home comprometido, amante das ar-tes e das letras e un dos principais em-baixadores de Díaz Castro e dos Vila-res. Grande coñecedor da historia da parroquia permanente colaborador de iniciativas culturais e políticas na Terra Chá e en Euskadi -a súa segunda patria- onde non perde a oportunida-de de organizar actividades e eventos relacionados con Guitiriz e Os Vilares, fachendoso das súas orixes.

Socio fundador da Asociación So-ciocultural Lareira de soños dos Vilares, a decisión unánime da aso-ciación evidencia o cariño e recoñe-cemento xeral da veciñanza a este vilarego, obreiro, escultor, pintor, documentalista, fotógrafo, escritor e sobre todo grande persoa, e con grandes valores humanos.A figura de Raúl personaliza neste premio a homenaxe aos emigran-tes daqueles anos 60 e 70 que se viron obrigados a sair a gañarse a vida polas dificultades de tempos escuros do franquismo abandoan-do o rural para buscar o sustento en zonas industrializadas pero ta-mén a todolos loitadores compro-metidos coas súas orixes e coa súa cultura. Un premio que agradece a Raúl e a multitude de traballadores o seu amor pola patria e polo rural chairego e galego.

Raúl Río, Trapeiro de Honra dos Vilares 2018

guitiriz

Xermolos recibe o premio Pedra do Destino 2017

En Marea pregunta á Xunta polas medidas para evitar a desaparición do BalnearioO grupo parlamentario En Marea cre que a Xunta debería actuar e impedir que empresas galegas coma o Bal-neario de Guitiriz que crean emprego “vexan desfeito o seu proxecto pola voracidade de ABANCA”.A entidade bancaria concertou a partir do ano 2010 unha serie de operacións bancarias co titular das sociedades, abusando dunha situación de infe-rioridade e falta de capacidade para contratar dunha persoa diagnosticada de enfermidade mental dende varios anos antes da operación, ademais da súa avanzada idade. Foi admitida a trámite unha querela contra ABANCA e, polo momento, a execución hipote-caria está impugnada xudicialmente e pendente de resolución. Unha rees-truturación axeitada da débeda solu-cionaría un problema de iliquidez tem-poral (non hai insolvencia), mantería unha actividade empresarial esencial na vila que conservaría todos os postos de traballo.

O concelleiro do BNG, Xosé Lois Gon-zález Souto (Pereira) ven de esixir do Concello de Guitiriz que se tomen medidas de urxencia necesarias para asegurar que se garanta o baño no Río Parga en condicións saudábeis.Despois das últimas informacións nas que a Consellería de Sanidade desaconsella o baño no río Parga, o concelleiro do BNG achaca ao estado da rede de saneamento de Guitiriz e nomeadamente ao colector que discurre polo Forxá (afluente do Par-ga) como unha das causas que deri-van nesta situación. “O feito de que a zona dos Sete Muiños sexa apta para o baño e que río abaixo xá non o sexa, evidencia que o estado deste colector que periódicamente sufre verquidos ó río poida ser unha das causas que explican esta situación” dixo Pereira, que alerta ademais “que a captación da auga de Parga faise do río polo que insta a que se fagan as probas pertinentes que amosen que o estado do río e das súas augas non supón un risco para a saúde dos veci-

ños e veciñas ante a alerta que estas novas teñen na sociedade”.

Tala de piñeiros no BalnearioDende o BNG de Guitiriz amósanse moi preocupados pola tala de piñeiros nos terreos do Balneario e anuncian medidas de vixilancia para saber se a

tala reúne tódalas condicións legais para realizarse, tales coma permisos ou o soporte legal suficiente para poder-se realizar dada a situación na que está sumerxida a empresa “con débedas cos traballadores e traballadoras que temen que os cartos xerados con esta tala non repercutan nos seus salarios”.

O BNG esixe medidas para garantir o baño en Parga

Pereira no lugar da tala de piñeiros nos terreos do Balneario.

Membros de Xermolos na inauguración do monolito a Manuel María en Llodio.

Raúl Río.

Medio Ambiente inclúe as faias de San Xoán de Lagostelle entre as árbores senlleirasA consellería de Medio Ambiente publica no Diario Oficial de Galicia (DOG) a resolución pola que se fai pública a inclusión dunha nova formación no Catálogo galego de árbores senlleiras no cal se inclúen todas aquelas árbores e forma-cións merecentes de protección.A formación de faias de San Xoán de Lagostelle, en Guitiriz, inclúe seis exemplares de notable porte (máis de 40 metros de altura). Es-tas árbores pertencen a dúas varie-dades: catro son dunha variedade con follas de cor verde e as outras dúas árbores correspóndense coa variedade atropurpurea, que pre-senta follas de cor púrpura, o que incrementa o valor estético do conxunto.Esta formación de faias únese des-te xeito a outras faias xa catalo-gadas como árbores senlleiras: as faias do Pazo de Castrelos, localiza-das en Vigo.

7xuño 2017actualidade

cospeito

BOU Café elabora e comercializa café de máxima calidade para o sector HORECA (Hostelería, Restauración e Catering) dende 1957 e xa a nivel nacional dende o 2004 para dar o paso á súa internacionalización no 2013.O seu obxectivo é o de ofrecer aos seus clientes un produto de calidade co que diferenciarse da competencia e, polo tanto, mellorar os seus beneficios.Par iso, BOU conta con produtos e servizos innovadores. Novos cafés e combinados ou o seu servizo técnico, formación personalizada e continua e o servizo exclusivo de taza son algunhas das súas características diferenciadoras.

- Cal é o procedemento de selección, tostado e mestura para conseguilo?- A boa selección de café verde en orixes, fincas non moi dimensionadas para conseguir cos expertos analistas o mellor café. Para o tostado contamos coa última tecnoloxía en tostación: “Tueste envolvente”.

- Posteriormente, cales son as claves do seu servizo?- A clave número un é a formación, contamos con sala de formación propia. O segundo factor clave, xa co cliente, un traballo preventivo técnico onde se

fan revisións de molienda e cafeteras en xeral. E o terceiro punto a ter en conta, é o reparto semanal fixo e atendendo ás necesidades do cliente.

- Algún consello para a elaboración dun bo café?- A miña recomendación é a de que, antes de poñerse á fronte dun

establecemento de hostelería onde queiran prestar este servizo, se formen adecuadamente na elaboración de cafés.Nós persoalmente impartimos cursos a profesionais na nosa aula de formación e vimos de acadar recentemente o certificado de barista de “latte art” do instituto nacional do café.

- Ademais do “Espresso Perfecto”, que outros produtos ofrece Bou?- Poñemos a disposición dos profesionais toda clase de infusión tanto a granel como en sobre, ao redor de 40 especialidades diferentes. Tamén chocolates belgas de 100% criollo para a elaboración do mellor chocolate á taza. Siropes, salsas de chocolate, caramelo, etc. E, de cara ao verán, toda clase de smoothies e frappes refrescantes.

- Acabades de introducir o café 100% arábico ecolóxico, cal é e o motivo? E que destacarías del?- Ofertámolo debido ao aumento da demanda social de produtos ecolóxicos. Entre as súas calidades destacaría que é 100% arábico e que presenta un aroma achocolatado e provén dunhas fincas exclusivas do Brasil.

- Tamén é certo que Cafés Bou acaba de sacar ao mercado o café en cápsulas a profesionais. Que nos podes contar sobre este producto?- Buscabamos unha homoxeneidade na tirada de cafés, que aqueles establecementos que non teñen como prioridade a venda de café podan realizar facilmente unha taza de café espresso excelente. Así, dispoñemos

de cinco variedades, todas elas 100% arábicos e tamén en formato descafeinado.

- Que recoñecemento ten Cafés Bou por parte dos clientes?- O cliente que traballa cos nosos productos recoñece a calidade do que ofertamos e ten unha alta fidelidade.

- Como representante para a provincia, que facilidades aporta para a súa implantación na hostalería, restauración e servizos de cátering? Adaptámonos ao cliente e cubrimos as súas necesidades de formación, maquinaria, complementos e producto para que poda ofertar aos seus consumidores a mellor taza de café. Os nosos teléfonos de contacto son o 982 528 134 e o 607 226 055.

- De cara á súa distribución, dispoñen de centros na nosa provincia?- Si, temos unha representación en cada provincia e a nosa encóntrase fisicamente no polígono de Muimenta, parcela 12 onde o Asador Cabuxo. Aí é onde se ubica tamén o local de formación.

José Ángel Maseda Canto, delegado para a provincia de Lugo de Cafés Bou

“Cafés Bou, o café dos profesionais”

José Ángel Maseda.

“Cafés Bou acaba de sacar ao mercado o café en cápsulas para profesionais e o ecolóxico 100% arábico”

“Apostando polo último en tecno-loxía” Vagalume Audiovisual conse-guía facerse un oco entre as empre-sas do sector da man dun chairego, Daniel Canto, e un mariñán, David Mon. O primeiro é de Muimenta onde colabora de xeito habitual con cada unha das moitas asociacións coas que conta a localidade.A pesar de que o estudo da produ-tora se atopa na cidade da Coruña, “síntome máis cómodo na miña co-marca natal”. De feito, é na provincia de Lugo onde realizan a maioría dos seus traballos. Un dos últimos foi a produción e realización do vídeo de promoción turística da Deputación de Lugo “Lugo Cambia” –grazas ao que descubriron un dos tesouros da provincia: a Ribeira Sacra- que se suma a unha das liñas de traballo abertas no 2015 trala difusión do spot “Quero Galicia” co que Turgalicia

promocionaba a nosa comunidade en feiras internacionais de turismo. A partir de entón, “realizamos diver-sas campañas de turismo natural, histórico e da promoción de festas”. Foz, Cervo, a Ribeira de Piquín ou O Vicedo son algúns dos Concellos que confiaron as súas respectivas campa-ñas en Vagalume Audiovisual. Unha das súas características é a de intro-ducir persoas nos seus planos; xa que “non nos gustan os lugares deshabi-tados ou orfos”.É que esta produtora audiovisual é unha das poucas de Galicia especiali-zadas en imaxe aérea para o que con-ta coa autorización de AESA –Axencia Estatal de Seguridade Aérea- como operadores de RPA -Remotely Piloted Aircraft ou avións controlados de for-ma remota-. Grazas a drons de última xeración que incorporan dispositivos de estabilización de imaxe á vez que

fan voar cámaras profesionais poden realizar tamén revisións de liñas eléc-tricas, aeroxeneradores, placas foto-voltaicas e instalacións industriais en xeral; ademais de control do estado das estradas e outras infraestruturas. Na mesma liña, “tamén realizamos controis de pragas en grandes culti-vos agrogandeiros”.As últimas novidades, tanto en tec-noloxía coma en tendencias audio-visuais son os sinais de identidade dunha produtora que aplica a mellor calidade na “creación de contidos dinámicos e novidosos adaptados as novas correntes e vangardas”; xa sexa en fotografía, video corporativo, producción de formatos televisivos, ou publicidade.Nese sentido, na actualidade desen-volven diversos proxectos deportivos para o Deportivo da Coruña coma para o Celta de Vigo que se enga-den á gravación para videoresumos do Campionato de España de Loitas Olímpicas celebrado en Pontevedra ou da III BTT Terra Chá do Queixo San Simón. E, en relación ao propio queixo, desenvolveron os videos de promoción do décimo concuros de tapas; pero “dende os inicios tanto coa DOP coma coa Asociación de Queixeiros confiaron no noso traba-llo”. Outras empresas chairegas para as que realizamos vídeos corporati-vos ou animacións motion graphics sobre os seus servizos foron Agro-amb, Innolact –Quescrem- ou Tecno-renova, entre outras entidades.

Imaxe aérea con sinatura chairega

Daniel Canto cun dos drons de Vagalume Audiovisual.

O Club de Tenis Muimenta celebra os seus 25 anosO Club Tenis Muimenta celebra o 25 aniversario da súa fundación. Con este motivo desenvolverase unha xornada deportiva o sábado 17 de xuño nas pistas do club e na nova ‘Casa do Deporte’.Durante a xornada disputarase un tor-neo social SuperTieBreak masculino e feminino en horario de mañá e tarde. Tamén despois das cinco da tarde se desenvolverá a competición ‘O saque máis lonxe’. O día concluirá cunha ex-posición de “Recordos” da historia do club, a presentación do libro Historia do Club Tenis de Muimenta e a exhibi-ción dun video sobre “O tenis daque-la” antes dunha cea conmemorativa na que se fará entrega dos premios.Dende o club “convidamos a partici-

par a tódalas persoas que o desexen. Cada socio terá dereito a unha cea gratis. Para o resto dos comensais o menú terá un prezo de 15 euros”. En calquera caso, “pregamos a confirma-ción da asistencia para o torneo e/ou cea antes do martes 13 de xuño nos teléfonos 619 393 915 (Morán) ou 650 594 571 (Santiago).

Campionato galego por equiposO Club de Tenis Muimenta vén decer-tificar a permanencia dos seus dous equipos no Campionato galego por equipos -un en primeira división e ou-tro en terceira-. O equipo A puido loitar polo ascenso, pero quedou a un encontro de gañar e ascender.

Membros do CT Muimenta e Hípica da Coruña no último encontro.

8 xuño 2017 actualidade

xermadeSotavento recibe alumnado dos centros de estudo superiores

Tras unha primeira xornada de “posta en valor de proxectos de dinamiza-ción do rural” e o achegamento aos obradoiro de radio desenvoltos polas parroquias do municipio, o 3 de xuño o Xefe de Servizo de Alergoloxía do HULA, o doutor Francisco Javier Car-ballada González, ofrecía unha charla en Cabreiros dentro das XIII Xornadas Interxeracionais Rurais. Pero a xornada, organizada polo Concello coa colabora-ción da Asociación veciñal de Cabreiros e a Facultade de Ciencias da Educación da USC, servía tamén para presentar a nova web deste colectivo veciñal, así coma a do proxecto da “Casa da nevei-ra de Lousada” e a Guía de Xermade e da Serra da Carba feita pola Asociación Cultural Roteiros da Carba de Lousada.Previamente xa foran entregados os galardóns do III Premio de Investiga-ción Xermade na Historia ao que con-corrían dous traballos. “Sancti Iuliani de Cazanes. Historia e memoria” de Antonio Riveira Requeijo, facíase co primeiro premio e “Unha iniciativa pio-neira e asociativa en torno á madeira: os torneiros de Xermade”, de Cristina Barreiro Abuín, co segundo. Ao acto asistían dous membros do xurado, Antonio Reigosa e Manuel Souto, para facer balance do que supón un Premio destas características para o concello de Xermade.

Xermade na HistoriaOs traballos premiados nas dúas pri-meiras edicións do Premio Xermade

na Historia son os protagonistas da edición dun libro do Servizo de Publica-cións da Deputación que será presen-tado na última sesión destas Xornadas Interxeracionais Rurais, o sábado 10 de xuño, que contará tamén cun obradoi-ro de xoguetes tradicionais e a actua-ción teatral do grupo Aturuxo de Mel-pómene coa obra de Paula Carballeira

“Misterios”. O mesmo 10 de xuño o fo-tógrafo Cándido Díaz tamén presentará a primeira parte dun traballo sobre a recuperación de fotografías da historia de Cabreiros. Os mestres Javier Gómez, María del Mar Neira e Rubén Arrojo son os autores de “Xermade castrexa e galaico-romana”; Yesmina Seijas e Sofía Paleo lograban o segundo premio por “A neveira de

Lousada no camiño Mondoñedo-Fe-rrol: pasado, presente e futuro” e María Martín e Andrés Teira obtiñan a men-ción honorífica, con“Dúas historias es-critas en carbón. Arqueoloxía e arqueo-botánica de estruturas relacionadas co carboneo e o procesado de mineral en Folgoso (Xermade – Lugo)”, que tamén se recolle na publicación.

A igrexa de Santo André de Lousada e unha Escolma do patrimonio cultural da auga no concello de Xermade -muí-ños, batán e fábrica da luz- completa-rán o volume que se presentará o 10 de xuño en Cabreiros. Trátase do primeiro e segundo premio da pasada edición que recaían en Silvia Blanco, por unha banda, e en Ramón Cedrón e Antonio Riveira, pola outra.

Historia e sociedade nas Xornadas de Cabreiros

Os centros de estudos superiores des-tacan as actividades educativas de Sotavento e as instalacións do Parque Eólico Experimental Sotavento como un lugar ideal para complementar a for-mación dos seus alumnos.Universidades, programas de mobili-dade europea (ERASMUS), Congresos ou Cursos, son algúns dos centros de estudos superiores, a nivel nacional e internacional, que desde hai anos inte-résanse polas actividades desempeña-das por Sotavento e consideran de im-prescindible a visita ás instalacións do Parque Eólico Experimental Sotavento.Nos últimos meses, dúas das principais universidades galegas participaron nas actividades promovidas por Sotavento. Por unha banda a UDC, optou por traer aos seus alumnos de Master en Enerxía Eólica e alumnos de 2º e 3º curso de Grao en Enxeñería, mentres que a USC, desprazou a máis de 150 alumnos da Facultade de Ciencias da Educación ata as instalacións de parque en Xermade.A nivel internacional, Sotavento reci-

biu o pasado 18 de maio o programa ERASMUS + promovido pola Xunta de Galicia. Baixo o lema A call from schools “for the less destruction let’s reduce the consumption”, docentes e alumnos de 6 países europeos (Italia, Lituania, Tur-quía, Rumania, Grecia e España) realizan intercambios para fomentar o aforro e a eficiencia nos centros educativos. No seu paso por España, e dirixidos polo equipo de ERASMUS + de IES da Pobra do Caramiñal, máis de medio centenar de persoas inmersas no proxecto parti-ciparon nas actividades divulgativas de Sotavento.Este tipo de actividades de marcado ca-rácter técnico, veñen combinarse coas actividades divulgativas que Sotaven-to realiza cada día. Con máis de 4.360 persoas recibidas no primeiro cuadri-mestre do ano e unha lista de espera de máis de 3.400 persoas, Sotavento espera pechar o ano 2017 mellorando as cifras de ano anterior, no que máis de 8.640 persoas percorreron as instala-cións do parque.Suso Rodríguez e Roberto García entregaron os premios de investigación.

O alumnado da Facultade de Ciencias da Educación viaxaba a Xermade para participar nunha xornada en Cabreiros.

O BNG cre que debería ser convocado para estudar os investimentos do Plan ÚnicoO pasado mes de marzo na Deputa-ción de Lugo a instancia do grupo provincial do BNG e co apoio uná-nime de todos os membros aprobá-base o Plan Único para os concellos que, entre outras cousas, recollía un reparto máis equitativo do diñeiro deste organismo para os concellos lucense.Deste xeito, os Concellos, mediante un escrito de acordo da Corpora-ción, solicitarían as achegas da De-putación mediante unha relación de proxectos varios: obras, cultura, emprego, servicios sociais... Con todo, o grupo municipal do BNG de Xermade apunta a súa “sor-presa”; xa que, unha vez rematado o prazo, “non tivemos notificación ningunha de xuntanza para valorar e estudar os investimentos do Con-cello. E iso que lle fixemos chegar á alcaldía as nosas propostas e a soli-citude dun pleno extraordinario ou xuntanza para tratalas”.Así mesmo, critican “a falta de diá-logo e de talante democrático do

equipo de goberno pois unha vez rematado o prazo fainos chegar unha folla do que vai facer”. E, polo tanto, tamén “a falta de traballo or-ganizativo deste equipo de gober-no que fai o que lle vén en gana e sen ningún tipo de estudo nin pre-visión e, por suposto, cun absoluto escuratismo”.Así pois, pregúntanse “como é posi-ble que un equipo de goberno, sen maioría, trate o Concello como se da súa finca particular se tratase. O maior investimento da Deputación da historia, máis de 280.000 euros, para Xermade e tivo que ser a ins-tancias do BNG. Ningún goberno anterior da Deputación fixo este in-vestimento, e nós preguntámonos, se esta vez o reparto é equitativo, canto leva perdido Xermade en to-dos estes anos”.O BNG de Xermade “defende e de-fenderá sempre este tipo de reparto pois evita a venda de favoritismos e a desigualdade nos investimentos a respecto doutros concellos”.

O PP renovará a agrupación local de XermadeO Partido Popular comeza a relación de congresos polas distintas agrupa-cións da provincia co obxectivo de “crear proxectos gañadores para que o PP medre nas municipais”, segundo a presidente provincial, Elena Candia. Así, despois do congreso de Ourol, celebrarase o de Xermade o venres 16 de xuño ás nove do serán no restau-

rante Tino de Momán.O único candidato é o enxeñeiro agró-nomo Antonio Riveira Requeijo, unha persoa moi recoñecida no municipio e no contorno debido á súa profesión que exerce nesta localidade, así como pola traxectoria como estudoso da cultura do municipio sobre a que con-ta con algunha publicación.

Formación sobre seguridade na redeMaría Anidos, experta en novas tecnoloxías da empresa de Abnute Abogadas, imparte un curso sobre privacidade e boas prácticas en Internet. Será na Casa Escola de Ca-breiros entre o martes 13 e o mérco-res 14 de xuño entre as oito e media do serán e as dez da noite.Esta actividade organizada polo Concello de Xermade diríxese a to-das aquelas persoas que desexen formarse e informarse de como pro-texer datos de carácter persoal nos distintos dispositivos que utilizamos no día a día -coma móbiles, tablets, ordenadores, pulseiras e reloxos que miden actividade física, etc.-.Algúns aspectos a desenvolver du-rante as dúas xornadas serán a im-portancia das contrasinais, as copias de seguridade, a forme e o lugar para conectarse a Internet de xeito seguro ou a forma de compartir fi-cheiros. Tamén abordará a experta os timos e delitos que se cometen a través das redes.A inscrición, contactando coa edu-cadora familiar no teléfono 982 501 001 extensión 3, é de balde.

Oito debuxos e relatosAta oito traballos participan na fase provincial do Certame de Narración e Debuxo Infantil Letras Galegas 2017 convocado pola Biblioteca Nodal den-de a Biblioteca de Xermade.Ese foi o número de traballos desta-cados entre os presentados no muni-cipio. O xurado da fase local nomeaba gañadores da categoría A -ata 8 anos-

a Alba Rodríguez, Xiana Paz e Sarai Paz; na categoría B -de 9 a 11 anos- a Uxía Pena e na C -de 12 a 16 anos- a Ana Karolina Silva, polos seus respec-tivos debuxos.Na modalidade de narración os traba-llos destacados foron os de Alba Gon-zález e Xiana Paz -na categoría A- e o de Antía López -na categoría B-.

9xuño 2017actualidade

muras

Nun concello principalmente rural como é Muras son moitos os asuntos relacionados co medio nos que inter-veñen as administracións. Nese sen-tido, tras ter solicitada unha reunión por parte do equipo de goberno con dirixentes da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio; o rexedor local, Manuel Requeijo, e o edil de medio rural e medio ambiente, Mario Rouco, reuníanse recentemente coa directora xeral de Conservación da Natureza, Ana María Díaz.“A Rede Natura foi un dos principais aspectos abordados na xuntanza; xa que afecta en moitos sentidos a boa parte do termo municipal, sobre todo, ás parroquias da Balsa, O Viveiró ou O Burgo”, como explica o concelleiro de medio rural e medio ambiente. Nese sentido, advirte que “esta protección do medio ambiente está a supoñer problemas para a rexeneración de pas-tos ou a renovación de camiños; cando debería ser máis doado o seu arranxo de cara á prevención de incendios en lugar de ter que facer fronte a numero-sas trabas burocráticas”.Precisamente sobre os usos permiti-dos nos terreos dedicados á actividade agropecuaria na zona de Rede Natura 2000 esixen dende o Concello o seu traslado aos veciños e veciñas por par-te de representantes das consellería de Medio Rural e Medio Ambiente de xei-to coordinado. Nese sentido, “o Conce-llo facilitará os locais, pero cremos que deben ser técnicos das consellerías os responsables de explicar aos veciños e veciñas as actividades que están per-mitidas ou non neses terreos”.Tamén en relación ás áreas de pro-tección da biodiversidade, outro dos aspectos que dende o goberno local pretendían trasladar á Consellería era “a problemática que supón para os veciños e veciñas a inclusión de novas zonas de especial interese e protec-

ción ambiental no Plan Xeral de Orde-nación Municipal como lles require a consellería”.Sobre os danos dos animais salvaxes no gando e nas propias explotacións de Muras, Rouco defende que “se de-ben ter en conta as características do municipio” á hora de esixir aos gandei-ros e gandeiras a xustificación da per-da de animais de cara á súa bonifica-ción. Ata o de agora cando se descobre un animal morto por ataque dun lobo é necesario avisar á administración e, posteriormente, un técnico determi-na se hai ou non indicios dun ataque deste animal”. É destacable tamén que é “zona de voitre para o que non hai carroña”. Nese sentido, “hai que ter en conta que contamos cun ecosistema moi bo, pero que non todos os animais se atopan en igualdade de condicións”. O edil socialista considera revisables as esixencias á hora de xustificar e aboar os danos dos animais salvaxes. Igual-mente, os responsables municipais trasladaban as queixas dos veciños e

veciñas ante os atrasos no seu paga-mento.O Concello ten realizado con medios propios a limpeza das marxes dos ríos nos núcleos máis urbanos –Mu-ras e O Viveiró- atendendo a criterios turísticos, pero tamén co obxectivo de “incentivar a pesca”. Nese sentido, sobre a limpeza dos coutos de pesca do municipio que o edil de medio rural e medio ambiente considera “necesaria para a conservación do entorno natural”, a directora xeral de Conservación da Natureza trasladá-balles esa responsabilidade por dos cotos de pesca como recollen os con-venios asinados coa consellería. Con todo, “dende o Concello descoñece-mos a existencia de ningún coto de pesca. Pola contra, si hai catro tecores de caza no municipio”. Ao respecto, Mario Rouco suxire unha “maior sin-tonía” e “fluxo de información” entre as distintas administracións.

Mario Rouco, concelleiro de medio rural e medio ambiente do Concello de Muras.

“As consellerías de Medio Rural e Medio Ambiente explicarán en Muras os usos permitidos nos terreos da Rede Natura”

O goberno local traslada as súas inquedanzas a Medio Ambiente

O Concello estuda a xestión eficiente do lixo e da augaA Deputación e o Eixo Atlántico ana-lizaron a xestión de residuos muni-cipal a través dun estudo en 44 con-cellos a custe cero para os mesmos. Entre eles atópase o de Muras onde coincide o resultado do estudo co da maioría dos concellos da provin-cia que non contan cunha estrutura axeitada. Así, polo de agora, o Con-cello ten solicitado un maior núme-ro de colectores á Xunta, tanto ver-des coma amarelos que faciliten a recollida selectiva dos residuos.Algunhas das primeiras medidas comúns que a Deputación valora ofrecer aos Concellos son, entre outras, asesoramento individuali-zado por municipio; estimación de taxas xustas do servizo; dimensión técnica e xestión mancomunada de servizos; mellora do sistema de recollida selectiva existente; valo-rización da fracción orgánica para non depositala no fluxo total de re-siduos, diminuíndo en grande me-dida as toneladas que se levarían a SOGAMA; e a mellora da xestión dos puntos limpos. En Muras estudarán a convenien-cia de establecer un servizo propio ou conveniado tras detectar que “pagamos moito máis polo servizo que outros Concellos”. Igualmente, estudan tamén un novo servizo de xeolocalización dos colectores e de información aos usuarios e usuarias de cara a unha maior eficiencia na recollida.

AugasTamén en materia de augas a che-gada ao consistorio do novo equipo de goberno supuxo unha “mellora” da súa xestión. Con cargo ao Fondo de Compensación Ambiental o ano pasado realizábase un inventario de chaves e arquetas para incorporar a un programa dixital de xestión.

Igualmente, con fondos do Concello aplicábase un tratamento correcti-vo e preventivo das nove traídas de augas que pretenden continuar a revisar dúas veces ao ano: unha an-tes do verán –época de aumento do consumo- e outra antes do inverno –época de problemas de xeadas-.Agora, dende o Concello traballan na regularización de oito traídas de auga municipais –a excepción da traída da capitalidade municipal xa regularizada- ante a administración autonómica.

CatastroA xestión municipal tamén se ex-tende á recadación de tributos. Nese sentido, o Concello de Muras aprobaba unha ordenanza de mo-dificación do tipo de gravame ata situalo no 0’04 para as fincas urba-nas e rústicas –situado ata o de ago-ra nun 0,07-. Neste caso, a baixada do imposto sobre os bens inmobles (IBI) será aplicada aos contribuíntes de xeito automático, pero as bonifi-cacións que establece a maiores o Concello nunha ordenanza aproba-da inicialmente son de carácter po-testativo, é dicir, requiren a achega de documentación ao Concello para revisar o dereito ás mesmas.As rebaixas, que poden alcanzar o 90% do imposto, serán aplicadas en explotacións agrogandeiras con actividade exclusiva, no caso de fa-milias numerosas ou para os terreos urbanos en Rede Natura. Trala pre-sentación da documentación, os expedientes deberán ser aprobados en Pleno para dar traslado ao Servi-zo de Recadación provincial.O concelleiro Mario Rouco agarda que “estas bonificacións se poidan aplicar xa no vindeiro ano”.

10 xuño 2017 actualidade

a pastoriza

O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, xunto ao alcalde da Pastoriza, Primitivo Iglesias Sierra, su-pervisaba as melloras en 11 quilóme-tros de dúas estradas que unen este municipio cos de Meira e Riotorto. Son actuacións que financia o Go-berno Provincial con 400.200 euros e que están a piques de rematar, pois, logo da limpeza de cunetas e taxeas realizada, estase a acondicionar o fir-me con aglomerado en quente para, posteriormente, reforzar a sinalización horizontal e vertical. Campos e Iglesias

mantiveron encontros cos veciños para coñecer o seu parecer sobre as obras.Trátanse da LU-P-4404 de Riocabo por Piñeiro e Aldurfe ás Rodrigas, onde se arranxan case 10 quilómetros, dende o punto quilométrico 0 ao 9,825. Cam-pos Conde e Iglesias Sierra explicaron que as melloras en esta vía benefician directamente a un terzo dos veciños da Pastoriza que a empregan a cotío, pois son os que viven nesta zona, que é ademais a de maior carga gandeira deste Concello chairego.

Hai que ter en conta que esta infraes-trutura parte de Paraxes, o primeiro núcleo pastoricense nada máis saír de Meira, a onde a diario acoden os veciños da Pastoriza; e prosegue por Fonmiñá, San Cosme de Piñeiro, Guei-monde, Aguarda, Álvare, Bretoña e ata os límites con Aldurfe, xa en Riotorto. A outra estrada que se está a mellorar é a LU-P-3006 de Meira á Pastoriza. Arránxase o treito comprendido entre o punto quilométrico 1,920 ao 2,830, que é o único que quedaba penden-te por acondicionar para culminar a mellora integral desta vía, que rexis-tra moito tránsito ao unir o municipio pastoricense co polígono industrial e o centro médico de Meira. Campos Conde subliñou que súa “sa-tisfacción” polo arranxo destas estra-das con dita achega de 400.200 euros que decidiu facer o Goberno da Depu-tación no marco do seu Plan Integral da rede viaria provincial. “Melloramos comunicacións vitais nesta zona da Terra Chá, que constantemente as em-pregan os veciños da Pastoriza, Meira e Riotorto para o seu día a día, para traballar nas súas explotacións gandei-ras ou para momentos de xuntanza en calquera destes municipios, que son exemplo de convivencia veciñal”.

A Deputación arranxa con 400.000 euros vías na Pastoriza

Darío Campos visitaba a zona das obras.

O Concello repara vías municipais con preto de 300.000 euros

O Concello de Abadín investirá 282.536,97 euros este verán en di-versas obras de mellora de estradas municipais con cargo ao Fondo de Compensación Ambiental. As actuacións responden ao acon-dicionamento de accesos a espa-zos medioambientais a través da pavimentación con aglomerado en quente de accesos e ramais acompa-ñado das correspondentes limpezas e acondicionamento de gabias. Á zona de Fanoi e Candia destinaranse 56.273,39 euros; 53.869,75 a Vilaren-te, A Graña e Corvite; 38.192,01 para Baroncelle Norte; 41.070,40 euros para Baroncelle Oeste; 36.617,68 para Baroncelle Leste e 56.513,74 euros para Baroncelle Centro. Ran-caño precisa que estes investimen-tos “priorizan as estradas que se ato-pan en peor estado” ao tempo que “se realizan melloras en distintas parroquias”. No caso de Baroncelle “inclúese a estrada municipal que comunica coas vías provinciais e ou-tras de maior entidade”. E para continuar coa mellora da rede viaria municipal, os proxectos pre-sentados polo Concello para benefi-ciarse do Plan Único da Deputación Provincial contemplan tamén a pa-vimentación doutras estradas. Nes-te caso, os proxectos contemplan a aplicación de aglomerado en quen-te con 5 cm de espesor en zonas de Espiñarcao (Romariz) con 40.319,85 euros, Abeledo Norte con 48.363,34 euros, Abeledo Sur con 52.922,23 euros, As Goas con 50.026,99 euros e 26.294,01 euros para Baroncelle-A Graña. Aos 217.924 euros que supoñen estas melloras hai que engadir 105.590 euros para distintas actua-cións de cara á dotación interior da nova Casa do Concello.

O alcalde, José María López Rancaño, avanza que, “á espera da aprobación do Plan Único, o orzamento que se baralla para o subministro e coloca-ción de falsos teitos, revestimentos interiores, carpintería de madeira, aparatos sanitarios e o revestimento de escaleiras interiores da nova Casa do Concello é de 47.686 euros para a planta baixa, 32.166 para a segunda planta e 25.738 euros para a tercei-ra”. Neste caso, o Concello achegará “unha cantidade importante” de fondos propios.Ademais, conta co compromiso da Xunta para completar as súas obras ata rematar un edificio moi funcio-nal que xa conta con dúas caldeiras de biomasa instaladas no pasado 2016 co cofinanciamento do Fon-do Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do Programa Operativo Feder Galicia 2014-2020 a través do Instituto Enerxético de Galicia (Inega) que contribuirá ao aforro enerxético. O edificio conta tamén no soto con cuarto de lim-peza, garaxes e arquivo; mentres que na primeira planta alberga as oficinas municipais e o salón de ac-tos –cos correspodentes servizos-; na segunda o salón de sesións con sala de prensa e escaleiras interiores que comunican co salón de actos na planta inferior, ademais de despa-chos e máis despachos intercomu-nicados na terceira planta.

Orzamentos municipaisO rexedor local recoñece a impor-tancia dos orzamentos municipais “para poder traballar”; xa que “de-bemos coñecer as cantidades que corresponden a cada partida”. Nese sentido, avanza que “agardamos aprobalos no pleno deste mes de xuño”.

O goberno local continuará as obras do interior da nova casa consistorial.

O PP provincial nomea ao enxeñeiro agrónomo, Luis Cabado Martínez, pre-sidente da xestora de A Pastoriza, no transcurso da xuntanza que a presiden-ta, Elena Candia, e o secretario xeral, Carlos Armesto, mantiveron en Bretoña cos compañeiros e afiliados da agrupa-ción local.O novo responsable asume o cargo “con ilusión”, enfocando o seu obxectivo nas vindeiras eleccións municipais. Como primeira medida, anunciou a creación dun grupo de traballo e un equipo para detectar as necesidades dos veciños e intentar chegar a compromisos que re-dunden no seu beneficio.Cabado Martínez ten 37 anos. É enxe-ñeiro agrónomo e conta cunha gran vinculación co Partido e a política local, debido ao cargos que desempeña na actualidade. Ocupa, ademais, o cargo de presidente das Novas Xeracións deste concello; posto que compaxiña co de concelleiro e voceiro do grupo

municipal. Cabado Martínez substitúe así a José Yáñez, que estivo á fronte do Partido “toda a vida, con plena dedicación e cun traballo que o avala”, segundo des-tacou a dirixente provincial. O presidente saínte, que deixa o posto

por motivos persoais, agradeceu aos asistentes o apoio recibido durante tan-tos anos e desexoulle “moitos éxitos” ao seu sucesor. “A Luis axudareino no que faga falla. Levo no PP toda a vida, o úni-co Partido que fixo cousas importantes polos veciños e veciñas”.

Luis Cabado, nomeado presidente da xestora do PP local

Luis Cabado con Candia, Armesto e Yáñez.

abadín

11xuño 2017actualidade

rábade

begonte

O Concello convoca o décimo Certame de Pintura Rápida de RábadeO Concello de Rábade organiza a décima edición do Certame de Pintura Rápida que se desenvol-verá o domingo 18 de xuño entre as nove da mañá e as cinco da tarde.O concurso é aberto a todos os e as artistas que desexen parti-cipar escollendo calquera moda-lidade e estilo de pintura. Nesta ocasión o tema é “Estampas de Rábade” e entre as esixencias de participación atópanse tamén a presentación dunha única obra sobre unha tea que previamen-te se selará no Concello -entre as nove e as dez da mañá- onde se presentará en branco ou pre-parada cunha cor uniforme. As dimensións mínimas serán de 50x50 cm e as máximas de 150 x 150 cm. En calquera caso, tódalas obras deberán levar un título e as obras premiadas deberán estar firmadas polo autor ou autora. A entrega das obras deberá rea-lizarse na Casa do Concello ata as cinco da tarde. Tódolos inscritos no concurso deberán presentar o cadro -finalizado ou non- para evitar o veto da presenza do au-tor na vindeira edición.A partir de entón as obras perma-necerán expostas ao público na recepción da casa consistorial e ás seis da tarde outorgaranse os

premios no salón de actos onde os gañadores deberán recoller persoalmente os galardóns que o xurado -composto por perso-nalidades relacionadas co mun-do das artes e representantes municipais- decida nun fallo ina-pelable.

PremiosO primeiro premio está dotado con 1.100 euros; o segundo -pa-trocinado por FINSA- con 700; e o terceiro -patrocinado por Aqualia- con 500. As obras pre-miadas quedarán en propiedade de cada patrocinador -no primei-ro caso, o Concello-; pero tamén se concederán tres accésit de 60 euros cada un que quedarán en propiedade do autor.

ExposiciónDende o 19 de xuño ao 3 de xu-llo, tódalas obras premiadas, e as de aqueles e aquelas artistas que o desexen, previa taxación do autor, serán expostas no Con-cello. As obras non premiadas deberán ser retiradas antes do 28 de xullo. De non cumprir este requisito, quedarán a dispor do Concello.

A Casa das Ínsuas inicia o ciclo de Música ao naturalUtilizando a zanfoña con voz propia, Jo-hannes Geworkian Hellman é coñecido coma un músico apaixoado e un artista cunha expresión singular que ama en-contrarse e compartir a súa música coa audiencia.E serán os oíntes da Casa das Ínsuas de Rábade os que teñan oportunidade de adentrarse nunha persoal narración musical -xa que toda a música está composta por Johannes inspirada en diferentes xéneros e inclúe as moitas

cores da zanfoña contemporánea- du-rante o seu concerto do vindeiro venres 9 de xuño arredor das nove do serán.Trátase dunha nova xeira do proxecto cidadán Asociación Galega de Cus-todia do Territorio que xunta música, natureza e cultura no rural a través dun

pequeno ciclo de concertos, que ten-ta perpetuarse no tempo, se conta co apoio popular. Así, aproveitando viaxes de músicos nacionais e internacionais, organízamos unha serie de concertos no auditorio da Casa das Ínsuas, para gozar, neste entorno natural tan sin-gular, de música tamén ao natural, dun xeito acústico e próximo ao público.Os concertos fináncianse coa colabora-ción do público que, neste caso, deberá achegar 7 euros.

Pero, un dos propósitos deste ciclo é valorar a música como traballo, como medio de vida, e apoialo coa nosa co-laboración. Pero Música ao Natural, tamén considera importante valorar a artesanía, a autosuficiencia... o traballo vinculado á terra e aos oficios que nos

falan da nosa tradición. Así, propoñen unha sorte de troco: será benvido todo produto artesán ou de cultivo propio para cambialo polo concerto.

InsuCamp e xornada sobre o mazi-co e o sisónA AGCT organiza tamén xunto a DRO-SERA o InsuaCamp, financiado pola Deputación Provincial de Lugo co pa-trocinio de Conservas Antonio Pérez Lafuente que permiten ofrecer unha cota de inscrición moi económica. Será a terceira edición deste campa-mento de verán a que se celebre entre o 31 de xullo e o 5 de agosto a través do que realizar unha inmersión na fau-na dos bosques aluviais do alto Miño. Como en anos anteriores, o traballo centrarase en morcegos e libélulas, di-rixido por especialistas en cada grupo; aínda que tamén se tocarán técnicas aplicadas a outros grupos zoolóxicos, como o fototrampeo.E aproveitando a declaración do maza-rico como Ave do Ano en Galicia e do si-són como Ave do Ano en España, ante a presencia de ámbalas dúas especies na Terra Chá como un dos principais bas-tións das especies de medios agrarios e esteparios en Galicia, o vindeiro sábado 17 de xuño terá lugar no C.E.N Casa das Insuas de Rábade unha xornada para falar do seu estado de conservación e problemática con interesantes charlas e unha visita guiada para observar estas e outras especies.

Johannes Geworkian Hellman.

O Concello convoca axudas á escolarizaciónO Concello de Begonte abre ata o 15 de xuño o prazo para a solicitude de axudas de escolarización para o curso escolar 2016-2017.As contías da axuda ascenden ata 120 euros cada unha para material escolar de Educación Infantil, Primaria e ESO para as que o Concello dispón de 6000 euros de crédito para este exercicio.Poderán ser beneficiarios os alum-nos e alumnas matriculados no curso 2016-2017 nos CEIP de Baamonte e Begonte –empadroados ou non no municipio-, o alumnado de Saavedra e Uriz matriculados nalgún curso de Educación Infantil e Primaria no co-lexio público de Rábade ou o alumna-do begontino matriculado no IES de Rábade ou noutro centro público ou concertado de secundaria.As bases da convocatoria recollen uns umbrais de renda segundo o número de membros de cada familia de cara á aprobación destas axudas. En calque-ra caso, terán preferencia os alumnos ou alumnas orfas, aqueles perten-centes a familias con algún membro

afectado de minusvalía, en situación de desemprego ou coa condición de pensionista, pertencer a familias nu-merosas ou pertencer a familias nas que o pai, nai ou titor legal sexa viúvo, solteiro, divorciado ou separado legal-mente ou de feito.

TransporteIgualmente, o Concello convoca axu-das ao transporte escolar dirixidas a contribuír a paliar o gasto que supón o traslado dos estudantes de bachare-lato, ciclos formativos de grao medio, superior ou de estudos universitarios. Neste caso será necesario estar empa-droado no municipio, non verse be-neficiado polo uso de transporte pú-blico gratuíto e pertencer a unidades familiares con renda per cápita anual inferior a 10.000 euros.Os importantes destas axudas deter-minaranse en función da distancia entre a vivenda e o centro educativo a razón de 100 euros ata 50 km e 200 se son máis de 50 km.

12 xuño 2017 actualidade

outeiro de rei

O deputado de En Marea por Lugo, Miguel Anxo Fernán Vello, presen-tou unha iniciativa parlamentar na que demanda ao Ministerio de Fo-mento que proceda á mellora da seguridade vial na N-VI á altura de Outeiro de Rei (Lugo).Neste sentido, apremia a Fomento e pídelle que teña en conta as emen-das presentadas por En Marea aos Orzamentos do Estado para que se acometa a mellora integral da N-VI, con graves deficiencias e mal estado en moitos tramos ao seu paso por Lugo. Así, explica que “pedimos ao Ministerio unha partida de 15 mi-llóns de euros para realizar a mellora integral da N-VI, e unha asignación de 600.000 euros para acondicionar o tramo de Outeiro de Rei.Ademais, no capítulo referido ao mantemento de estradas, o deputa-do de En Marea sinala que deman-damos aumentar a asignación eco-nómica para o territorio de Lugo en 6 millóns de euros.“En anteriores iniciativas parlamen-tares trasladamos a Fomento os nu-merosos problemas de seguridade

vial na N-VI, unha estrada estatal que o Ministerio abandonou á súa sorte, sen facer os investimentos precisos nin analizar os cambios producidos nestes anos coa entrada en funcio-namento de autovías. A N-VI en moi-tos tramos funciona case como unha travesía urbana”, afirma Fernán Vello.No caso de Outeiro de Rei, “precisa desde hai tempo dunha serie de actuacións para garantir a seguri-dade aos habitantes da zona. N N-Vi divide Outeiro de Rei don dous o que obriga aos veciños e veciñas a cruzar en moitos puntos sen as de-bidas garantías pola falla de pasos peonís. Como dixen anteriormente, ten as características dunha travesía urbana”.

Pasos peonís ou un paso elevadoPor isto, insta a Fomento a instalar pasos peonís, estudar a ubicación de semáforos que regulen o tráfico, a instalación dunha rotonda, beiras rúas nas marxes da vía desde a far-macia até as vivendas sociais, un paso elevado ou outro tipo de medi-das a coordinar co concello.

En Marea demanda a Fomento a mellora da seguridade vial N-VI

O Concello de Outeiro de Rei orga-niza a onceava edición da feira de artesanía que terá lugar o sábado 1 de xullo.Ao igual que nas edicións anteriores na feira haberá dúas seccións: unha de artesanía e outra dedicada aos produ-tos de alimentación de calidade.As persoas que desexen participar como expositores poden solicitalo no Servizo de Emprego e Desenvol-vemento Local ou nos teléfonos 982

393 382 ou 982 393 28 en horario de nove da mañá a dúas do mediodía.Á hora de obter posto valorase a de-dicación profesional á actividade ar-tesanal ou alimentaria. Igualmente, o Concello pretende que a feira conte co maior número de oficios artesa-nais representados; pero tamén valo-ra a calidade dos produtos, a presen-tación dos postos e a colaboración co Concello na realización de demostra-cións e talleres.

O Concello prepara a Feira de Artesanía

Os oficios artesáns estarán na Feira de Artesanía de Outeiro de Rei.

O Concello de Outeiro de Rei abre tamén o prazo de solicitude para poder participar durante o curso escolar 2017/2018 nas iniciativas incluídas dentro do Programa Mu-nicipal de Conciliación Familiar e Apoio á Educación ata o 15 de xuño.Outeiro Madrigador e Outeiro Tar-des, dirixidos a nenos e nenas de 3 a 12 anos matriculadas no CEIP Laverde Ruiz, teñen un horario de oito da mañá á entrada no colexio no primeiro caso e de catro da tarde a oito do serán no segundo. A cota do servizo é de 40 euros anuais para o Outeiro Madrugador e 15 euros mensuais a do Outeiro Tardes.

Outeiro LúdicoO servizo de atención infantil Outei-ro Lúdico pretende favorecer a con-ciliación da vida familiar e laboral nos períodos correspondentes ás vacacións escolares de Nadal, Se-mana Santa e verán en horario de oito da mañá a oito do serán. Neste caso a cota é de 60 euros a abonar en dous prazos. A maiores o mes de agosto supón 30 euros.

Aberto a solicitude para o Outeiro Madrugador e Outeiro Tardes

13xuño 2017actualidade

O sexto Concurso de Tapas de Meira proclamaba gañador ao Pedreira con 256 votos fronte aos 188 do segundo clasificado, O Pozo. A terceira e a cuarta posición son para outros dous estable-cementos que superaron o cento de votos: O Catalán e O Recuncho. Tralo reconto dos votos, tamén se reali-zaba o sorteo dos gañadores dos vales

de compra que o Concello entregaba xa o martes 9 de maio. Cun vale de compra por valor de 300 euros facíase Marcos A.F., da Pastoriza; mentres que o segundo premio -dotado cun vale de compra por 210 euros- recaía en Teo-lindo F.A., de Meira, e o terceiro, de 90 euros, era para Noelia G. O., tamén da Pastoriza.

meira

AO NOSO CARÓN

A Xunta rematará as obras de mellora que se están levando a cabo na es-trada que vai ata Vilameá, na LU-124, concretamente no treito entre Lindín e Cruz da Cancela, cun investimento de máis de 1,8 millóns de euros, no outono de 2018.A conselleira de Infraestruturas, Ánge-les Vázquez Mourelle destacaba du-rante unha visita que esta actuación, que se iniciou a principios de mes, o

2 de maio, é unha mostra de como se está a converter en realidade a pala-bra dada e os compromisos adquiri-dos cos municipios de Mondoñedo e Riotorto.A titular de Infraestruturas explicou que este proxecto virá reforzar a se-guridade viaria, facilitando os despra-zamentos de veciños e de usuarios, fundamentalmente desde a autovía do Cantábrico cara o municipio de

Mondoñedo e os da Pontenova, Rio-torto e A Pastoriza.A actuación consiste no ensanche da estrada e na rehabilitación do firme nun treito de case 6 km, entre o enla-ce coa autovía, en Lindín, e a glorieta existente na Cruz da Cancela: amplia-rase o ancho da estrada ata acadar os 6,5 metros, o que propiciará unha maior comodidade e seguridade nos movementos; e executaranse cunetas e barreiras de seguridade.Ethel Vázquez precisou que esta me-llora vén completar a xa realizada nes-ta mesma estrada en 2015, entre Mon-doñedo e o enlace coa A-8, en Lindín, e á que se destinaron 700.000 euros. Engadiu que tamén se vén sumar a outras actuacións recentes, como o reforzo de firme executado o pasado ano na Travesía de Mondoñedo cunha achega da Xunta de 135.000 euros. En definitiva, máis de 2,5 millóns de euros investidos na mellora da seguridade viaria na estrada LU-124, ao seu paso por este concello.

A conexión da Cruz da Cancela coa A8 remata en outono do 2018

Pecha o sexto concurso de tapas coa entrega de premios

Antonio de Dios presidía o acto de entrega dos premios.

A artesá polense Marta Seco impartirá na carballeira de Mosteiro obradoiros sobre o proceso textil anterior ao teci-do con la de ovella galega entre o 26 e o 30 de xuño.Trátase da segunda edición da Week Wool Masterclass ou semana de clases mestras que organiza Velaivén Artesa-nía, un proxecto artístico-artesanal e de desenvolvemento rural e cultural relacionado coa lá de ovella galega.

Ao longo da última semana de xuño en horario de catro da tarde a oito do serán desenvolverase todo o proceso da la recen rapada: lavar, escarpullar, cardar, fiar, torcer, facer mea e tinguir con tinturas naturais.A participación é de balde, aínda que o aforo é limitado. Polo mesmo, é ne-cesario facer reserva que se atenderá por orde de inscrición no teléfono 636 024 883.

riotorto

polAprendendo sobre a la

friol

De Friol ao Lugo castrexoA Asociación de Recreación Histórica A Castronela, de Friol, ultima os de-talles da súa participación no Arde Lvcvs que se celebrará entre o venres 30 de xuño e o domingo 2 de xullo na cidade de Lugo.Este será o terceiro ano no que parti-cipan e o segundo con campamento propio onde, ademais do expositor, desenvolverán distintas representa-cións de oficios tradicionais da época coma o do ferro, barro, madeira, pel, la, etc. E como representantes do municipio de Friol, na “Palloza Viva”

non faltará o pan e o queixo. De feito, unha queixeira da zona participará na demostración de labores e, aínda que non será posible cocer o pan, despra-zarán á capital distintas ferramentas e produtos.A maiores, preto de 90 membros da asociación participarán en distintos actos conxuntos coma a recepción das tropas como inauguración da fes-ta na ponte romana, o desfile de aso-ciación arredor da muralla e o acto de irmandamento no parque de Rosalía de Castro.

A poucas semanas da celebración desta Festa de Interese Turístico Na-cional ultiman a reconstrucción de pezas e utensilios para os obradoiros e a construcción do pechamento do seu campamento móbil que este ano instalarán na praza da Constitución nas inmediacións da estación de au-tobuses.Este ano, ademais da exposición de pedra tallada cecida por un obrador do concello, entre as novidades ta-mén preparan algunha sorpresa.

A conselleira na zona cos rexedores de Mondoñedo e Riotorto.

Xa na pasada edición do Arde Lucus recrearon oficios na “Palloza Viva”.

14 xuño 2017 opinión

COLABORACIÓNS

Por Ramón Paz GuntínA Casa dos Marios

D e cando en vez xor-den situación que moitas veces non son desexables…¡Certos motivos! ¡Cau-

sas diversas!En tódalas épocas houbo, hai e seguirá habendo altos e baixos dignos de men-ción ¡si ou non! fáciles de asimilar onde as posibilidades influentes socialmente acarrean sistematicamente resultados derivados de convivencias ¡si ou non! que poderían ser contraditorias real e loxicamente.O autor do libro do Xosé, como mes-tre, ao seu alumnado gramaticamente facía advertencias para que tivesen en conta previr… para ser conscientes en todo momento que a similitude das palabras poderían crear malos enten-didos, sinxelamente confusos, en parte segundo e como a interpretación de cadaquén...O paso do tempo sempre foi, é e será

transmisor de circunstancias anovadas e diferentes que poderían ser derivadas de “métodos” casuais ou experimentais para que práctica e teoricamente fosen, ou sexan, máis ou menos precisos.A nivel moral aquel mestre, autor do libro do Xosé, aos seus discípulos re-comendaba “concienciación” coas normas de conduta que humildemente deberían percibir obxectivamente para ser transmisores das mesmas aos seme-llantes que satisfactoriamente serían portadores relativa e moralmente para ser creadores de motivacións axeitadas. O refrán nunca falla: “obras son amo-res”.Culturalmente falando de actos diver-sos compartir cos mesmos participan-tes individual ou colectivamente como elementos fundamentais para que psi-coloxicamente atopar a racionalidade axeitada socialmente estimativa, fiel e creadora dunha comprensión digna-mente valorada.O autor do libro do Xosé naqueles tem-pos do s. XVII destacaba a necesidade de convivencias asociadas a hábitos e costumes onde as esixencias xenerali-zadas deberían ser correctas para que nas familias predominaran, sensible e sentimentalmente, ambientes de mo-ralidade con precisión afectuosa e res-pectuosamente xunguidas elemental e primordialmente con amor… que a natureza ofrece ao ser humano, cordial e moderadamente.Con insistencia aos seus alumnos aquel mestre dicía que a natureza era e é a base de respecto axeitado e preciso para que os seres humanos disfruten dunha plena saúde que psicolóxica e fisicamente tan necesaria foi sempre onde na que xamais estivese ausente sistematicamente unha axeitada e ne-cesaria hixiene, equilibrada en pro e para previr enfermidades que sintoma-toloxicamente poderían xurdir formas diversas motivadas por causas alleas ás recomendadas sanamente e simple-mente mencionaba a importancia do desenvolvemento cotián ao aire libre xunto ao consumo de alimentos natu-rais, axeitadamente cociñados sempre e máis despois... onde xamais estiveran ausentes os vexetais... para facer men-ción do pasado...Vivir o presente e ver as diferenzas para disfrutar dunha axeitada saúde, onde os excesos xeneralizados pasan factu-ra diariamente pola ausencia de fe, tan necesaria para facer un balance axei-tado onde o exame de conciencia é e sempre será primordialmente básico para que con sentimento, os propósitos da enmenda sexan satisfactorios corpo-ral e espiritualmente.

Maravillosa-menteXoguetes e modas

Por Lara Real LemaPsies Psicoloxía

F ai uns poucos meses de camiño ao traballo atopeime con varios nenos que facían xirar nos seus dedos unha

especie de aspas de cores. Na miña experiencia traballando con nenos e nenas coñezo, ente outros, os cromos de toda a vida, os gormitis, os cans da patrulla canina, as pulseiras de gomas... pero isto se me escapaba. O invento xiratorio recordoume á versión moderna de cando facías xirar un bolígrafo bic ao redor do polgar, e viñéronme á mente algunhas modas de cando eu era pequena, como os tazos, o blandi-blub, as pulseiras dos chinitos da sorte ou as follas perfumadas. O primeiro neno que veu a miña consulta esa tarde traía un xoguete deses, “¿que é iso?” preguntei curiosa, “é un spinner” díxome

mentres non deixaba de míralo xirar no seu dedo, “¿e que fai?” volvín preguntar eu, “reláxame, e axúdame a concentrar”, dixo el moi serio.Dende fai un par de meses non hai cativo que non teña na man o famoso spinner, e como vivimos tempos nos que cada vez é máis frecuente que todo aquilo que nos tratan de vender se apoie en presuntas propiedades beneficiosas para a saúde, o cacharriño publicítase como xoguete terapéutico que (léase con ton comercial) alivia o estrés, reduce a ansiedade e é útil para persoas con trastorno do espectro autista e/ou déficit de atención e hiperactividade. Todo iso nun chisme de 5 euros!O tema é que ningunha destas vantaxes está comprobada cientificamente. Os estudos ao respecto avalan que determinados tipos de actividade motora, como o movemento mecánico das pernas, pode facilitar o funcionamento cognitivo e por tanto a aprendizaxe dos nenos que teñen dificultades na súa atención; pero iso pouco ten que ver cos supostos efectos terapéuticos dun xoguete que da voltas sen parar sobre unha man ou un dedo. De feito, a intención do xoguete é que o empregues de “forma mecánica” pero en realidade os nenos

están pendentes de que siga xirando, da velocidade... polo que se converte nun elemento altamente distractor e por tanto, contraproducente. Así as cousas, se non te convenciches con todas as vantaxes que presenta, tamén se anuncia como “unha boa opción para pasar o tempo” dando no cravo doutro dos problemas que presenta a infancia actual: a sobre-estimulación. Obviando o tema de que a bote pronto se me ocorren cinco opcións mellores que o spinner para que os cativos se distraian, os nenos de agora non saben o que é aburrirse. Moitos pais equiparan aburrimento con algo malo, algo a evitar, cando en realidade é preciso porque vai permitir que os cativos descubran o que verdadeiramente lles interesa. Cando os adultos formulamos todas as opcións non deixamos que os nenos aprendan a facelo.A miña intención non é demonizar o cacharriño, de feito coido que pode axudar aos cativos a esquecerse durante un tempo do móbil ou da tablet e que se enreden con outra cousa, por moi intrascendente que sexa. Iso si, non debemos esquecer que é un xoguete, unha moda pasaxeira que dentro duns meses, pasará e rematará nun caixón.

O libro do XoséMemorias populares

15xuño 2017actualidade

Guitiriz de auga, pedra e... lume!Guitiriz celebra o San Xoán 2017

16 xuño 2017 actualidade

san xoán 2017

21.45 horas: disparo de bombas22.00 horas: gran SARDIÑADA (gratis)

23.15 horas: pregón23.30 horas: lume novo

23.45 horas: verbena coas orquestras GRUPO DILEMA e ANACONDA

venres, 23 de xuño

10.00 horas: pasarrúas cos grupos de gaitas Andaina, Xesta Verde, Sons da Aldea e a charanga Os Trileros

13.00 horas: misa solemne cantada pola coral de Xermolos. Procesión14.00 horas: sesión de pirotecnia

14.15 horas: actuación de Andaina e Os Trileros14.30 horas: sesión vermú coa orquestra Los Españoles

22.00 horas: gran festa coas orquestras LOS ESPAÑOLES e SUPER HOLLYWOOD

sábado, 24 de xuño

10.00 horas: pasarrúas cos grupos de gaitas das Escolas Municipais de Guitiriz e Sons da Aldea

13.00 horas: misa solemne e procesión14.00 horas: sesión de pirotecnia

14.15 horas: actuación do grupo de gaitas da EM de Guitiriz e das Pandereteiras14.45 horas: sesión vermú coa orquestra Costa Dorada

17.00 horas: Festa dos Nenos20.00 horas: concurso de baile con premios e actuación da charanga Os Trileros22.00 horas: festa coa orquestra COSTA DORADA dúas horas e media seguidas.

domingo, 25 de xuño

e en xullo...

O Concello impulsa a Festa da Torta de Millo que este ano contará coa música de Luar na Lubre aos que acompañarán os alumnos e alumnas da Escola

Municipal de Música.

Festa da Torta de Millo (Guitiriz)23 de xullo

Feira da Cantería, Callos e Artesanía (Parga)16 de xullo

Coa participación do director e os alumnos da Escola de Cantería do Porriño. Aínda está aberto o prazo de inscrición para participar na mostra e concurso.

teatro

O mago Manuel Lamas presenta un divertido repertorio para un

público familiar nun espectáculo da programación Cultura no Camiño.

Achégate ao sexto sentido

O 17 de xuño ás oito do serán na Casa Habanera

Malasombra Producións presenta ao aire libre esta odisea cómica para

tódolos públicos baseada no “espazo galego”.

Haberá autobús gratuíto dende a praza do Campo da Feira para todo

aquel que queira asistir.

Go OnO 16 de xuño ás dez da

noite no San Alberte

Carmiña é unha pinga de auga moi miudiña. No camiño, diferentes

elementos da natureza fan que a nosa Carmiña Miudiña percorra o

ciclo da auga.

Carmiña MiudiñaO 9 de xuño na Casa

Habanera

Teatro, música e humor fusiónanse neste espectáculo sobre o profesor

Rockenstein que destaca pola súa coidada posta en escena dirixida a

toda a familia.

Os RockensteinO 8 de xullo ás sete e

media da tarde na praza da Aula CeMIT

O Concello de Guitiriz abre o pra-zo de inscrición para os campa-mentos Concilia H2O 2017 que se desenvolverán en catro quendas, unha en cada quincena dos meses de xullo e agosto, nas que poderán participar nenos e nenas de entre 3 e 8 anos de idade.Trátase dunha medida incluída no II Plan de Igualdade de oportu-nidades entre mulleres e homes 2016-2020 que pretende “axudar á conciliación da vida laboral e fa-miliar a tódalas familias, pero con especial atención a aquelas que estean nunha situación de maior vulnerabilidade”.A proposta deste ano engloba di-versas áreas de traballo: educación multicultural, educación para a paz e educación medioambiental. Os rapaces e rapazas participantes viaxarán polos diferentes conti-nentes coñecendo un pouco máis sobre a súa cultura, raíces, lugares, etc. Tamén poderán coñecer como afecta o cambio climático a todo o mundo. Pero tampouco perderán de vista as festas e romarías do mu-nicipio que se celebrarán en cada

quenda: a Feira dos Callos, o Festi-val de Pardiñas, a Festa da Torta de Millo e Bascuas.As actividades contan cun horario de dez da mañá a dúas da tarde sendo sempre o punto de encontro a Casa Habanera.

Admisión e prezosOs interesados e interesadas de-ben inscribirse antes do 23 de xuño ou ata completar as prazas dispoñi-bles. A listaxe de admitidos publi-carase antes do 29 de xuño e nun prazo de cinco días hábiles debera-se formalizar o pago que supón 30 euros por cada quenda. Haberá bo-nificacións do 50% para familias en situación de vulnerabilidade e do 20% para familias monoparentais e na inscrición de novos irmáns. No caso de formalizar a inscrición en dúas ou máis quendas a boni-ficación será do 10% ata reducirse a 100 euros a inscrición nas catro. Pola contra, incrementarase nun 20% a taxa para aquelas familias que non teñan ningún membro da unidade familiar empadroado no Concello de Guitiriz.

Conciliación e educación multicultural nos campamentos H20

outros eventos

A segunda sesión impartida pola psicóloga Alba Campos desenvolverase o luns 12 de xuño a partir das sete menos cuarto da tarde na Casa Habanera.

Escola de Familias

O Concello organiza unha viaxa á localidade coruñesa para visitar as súas alfombras florais o domingo 18 de xuño. O prazo de inscrición pecha o xoves 15.

Excursión a Ares

17xuño 2017actualidade

O Concello de Guitiriz dispón duns or-zamentos para este exercicio 2017 que ascenden a 3,9 millóns de euros dos que practicamente a metade –ata 1,9 millóns- se dirixen ao persoal municipal ao que se engaden ata 800.000 euros en asuntos sociais e 511.000 euros en investimentos reais.

- Que destaca a alcaldesa destes orza-mentos?- Practicamente a metade dos orza-mentos se corresponden co capítulo de persoal porque a xestión dos servizos municipais corre a cargo do Concello de Guitiriz. Temos os servizos municipa-lizados e iso, á súa vez, supón un gran volume de traballo para o Concello. É o caso do servizo de axuda no fogar e a atención a persoas dependentes para o que traballan ata 26 persoas ademais doutras catro en labores de xestión. Tamén o centro de día conta con catro traballadoras e o Punto de Atención á Infancia (PAI) con outras tres persoas. Igualmente, son municipais o servizo de recollida do lixo, mantemento de espazos públicos, limpeza de edificios municipais ou o Grupo de Emerxen-cias Supramunicipais (GES) que ofrecen moitos servizos aos veciños e veciñas ao tempo que xeran postos de traballo que redundan na consolidación do em-prego –nun momento especialmente sensible para o municipio ante as difi-cultades polas que atravesa o Balnea-rio- e o asentamento da poboación.

- En relación ao asentamento da po-boación, que políticas aplica o Concello nese sentido?- O Concello aporta outros servizos que se engaden aos básicos co obxectivo de axudar a fixar poboación no municipio. Trátase do centro de día, o PAI ou o ser-vizo Madrugadores que permiten axu-dar a conciliar a vida familiar e laboral daqueles traballadores e traballadoras con maiores ou menores ao seu cargo.Ademais, Guitiriz conta cunha escola de música que implica tanto a mozos e mozas coma a maiores e unhas esco-las deportivas municipais de gran can-tidade –xa que conta con numerosas disciplinas e un gran número de partici-pantes- e calidade como demostran os éxitos dos nosos deportistas.Co programa ‘Contigo’ recentemen-te posto en marcha tamén ofrece o Concello o servizo de biblioteca.E nos últimos meses tamén se puxo en marcha o servizo de apoio psi-

colóxico gratuíto que se engade ao servizo de prevención de drogode-pendencias que compartimos con concellos veciños.

- E que outras políticas aplica o Conce-llo especialmente dirixidas aos veciños e veciñas da zona rural?- Aos servizos anteriores engádese ta-mén a aula da UNED Sénior que achega

novas oportunidades aos maiores que agora están a estudar música, informá-tica ou inglés, por exemplo. Neste sen-tido, tamén achegamos ás aldeas outras actividades culturais que permiten di-namizar estes núcleos ao tempo que os dan a coñecer ás persoas que nelas par-ticipan. É o caso do programa ‘Cultivan-do Música’ que se desenvolvía no mes de maio en Pígara, o Buriz, Becín e Mariz que recibían a visita de alumnos e alum-nas da Escola de Música poñendo en práctica os seus coñecementos. A posta en valor das parroquias continuará nos vindeiros meses con novas actividades.

- Que aspectos positivos aportou a xestión municipal tras dous anos de lexislatura?- Algúns dos aspectos fundamentais foron a apertura da Casa do Concello que agora permanece a disposición dos veciños tamén polas tardes entre as cinco e as oito ou a posta en marcha do programa de alugueiro social co que facilitar vivenda á xente nova que desenvolva traballos pola contorna. En xeral, pretendemos contribuír ao man-temento dunha vida activa por parte dos máis pequenos e pequenas e os maiores do municipio, sobre todo. Así,

contamos cunha ampla actividade cul-tural a pesar de ser un concello peque-no. Tamén traballos pola potenciación do turismo e os produtos locais a través dunha xestión integrada. E, en materia de emprego e asentamento industrial, recuperamos o viveiro de empresas paralizado na anterior lexislatura como fonte de emprego nun momento con especiais dificultades pola situación do

Balneario. Ademais, estamos a traballar na procura dunha axeitada localización para o aparcamento seguro de camións.

- Pola contra, que proxectos se atopan pendentes?- Eran tres os proxectos estrela do noso programa electoral: a construción da residencia para a terceira idade e centro de día na Casa da Botica, a aprobación do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) e o saneamento da área de Sete Muíños proxectada pola Confederación Hidrográfica do Miño Sil. A pesar de que agardabamos aprobar en abril o novo

PXOM a Xunta reclama modificacións que demoran a súa aprobación arredor doutros seis meses. E, á súa vez, retrasa a posta en marcha das obras de reha-bilitación e construción da residencia debido ás necesarias modificacións no planeamento para adaptarse á normati-va urbanística. Ante esta situación consi-deramos a rehabilitación da antiga casa de peóns camineiros como centro de día que permita ampliar o número de prazas da futura residencia que agarda-mos comezar a reformar en breve.En canto ao saneamento en Sete Muí-ños estamos a piques de asinar un con-venio entre a Confederación Hidrográfi-ca do Miño-Sil, a Deputación Provincial e o Concello de Guitiriz para iniciar a súa contratación cun orzamento de preto dun millón de euros que supón arredor de 200.000 euros de aportación muni-cipal. Neste caso o proxecto quedaba pendente do 2016 debido ao peche dos orzamentos do Estado antes da sinatura do convenio. Polo tanto, estes proxectos non avanzan por problemas burocráticos.

- É a burocracia un dos atrancos para a xestión municipal?- A burocracia xunto á imposibilidade de empregar o remanente de tesourería son as grandes problemáticas nos Con-cellos. A lei de función pública marca un teito de gasto que impide aos Concellos empregar os seus remanentes. Deste xeito, os pequenos Concellos pagan os problemas de endebedamento dos máis grandes. O Concello de Guitiriz conta cun remanente superior a un millón de euros que, no caso de poder empregar, permitirían actuar en tódalas estradas municipais e accesos que co-munican os 300 núcleos de poboación espallados nos seus 294 km2. Con todo, o Concello acometerá melloras a través

de proxectos do plan de conservación de estradas.

- A mellora das estradas conta cunha partida nos orzamentos municipais do capítulo de inversións reais?- Os recursos para investimentos ascen-den a 511.000 euros neste 2017 fronte aos 263.000 euros do pasado exercicio. Destes, destinaranse a súa maioría ao mantemento de camiños de acceso ás parroquias de San Pedro de Pígara, San Mamede de Pedrafita e Os Vilares con partidas de 141.496,24 –dos que 19.237,80 serán achegados polo Conce-llo-, 81.448,95 e 51.971,18 euros, respec-tivamente, con axudas da Deputación Provincial. Ata 84.450,12 euros se destinarán á re-habilitación do edificio para centro de día dos que o Concello deberá aportar 20.268,03 euros. E tamén se prevén as reconstrucións das pontes de Porucelo (Pígara) e Bustelo (Buriz) con achegas da Xunta de 29.159,17 e 52.556,35 euros, respectivamente.Cunha achega do organismo provincial de preto de 12.000 euros realizaranse obras de adaptación de vivendas públi-cas –a Casa Escola de Becín e a de Cam-poverde- para facilitar o seu uso por par-te de familias que se unan ao programa ‘Vivendas baleiras’. Igualmente, con car-go ao Plan Único, a Deputación aporta preto de 30.000 euros á reforma e aforro enerxético de alumeados públicos exte-riores en Guitiriz. Ao acondicionamento da Aula Peda-góxica do Vilariño o Concello destinará 4.000 euros e tamén contempla nos orzamentos a adquisición de colectores do lixo e material para o GES; así coma de elementos climatizadores para edifi-cios municipais coma o telecentro.

- Que outras actuacións se verán bene-ficiadas polas achegas do Plan Único da Deputación?- A dotación de mobiliario básico para que as dúas vivendas públicas para poi-dan ser usadas como vivenda e centro social nos dous casos, o arranxo das pistas e o proxecto de aforro enerxético. Pero tamén contempla preto de 70.000 euros do programa DepuEmprego, preto de 25.000 euros para o Servizo de Axuda no Fogar (SAF) e achegas de 6.000 e 3.000 euros á Festa da Torta de Millo e á Feira da Cantería, Callos e Arte-sanía, respectivamente.

Regina Polín, alcaldesa de Guitiriz

“Atendemos aos servizos xestionando os recursos”

Regina Polín, alcaldesa de Guitiriz.

“A rehabilitación da antiga casa de peóns camineiros permitirá aumentar as prazas da residencia”

Atendendo ás demandas de alum-nos e alumnas dos centros de en-sino que non dispoñían dun local para a realización de traballos gru-pais, o Concello de Guitiriz acaba de poñer en marcha o programa ‘Contigo’ de apoio ao público en xeral e aos estudantes en particular que ofrece espazos habilitados na Casa Habanera onde existe servizo wifi gratuíto. O horario da bibliote-ca será de dez a unha e media os

martes, mércores e xoves e os sába-dos de dez a dúas. De luns a venres abrirá en horario de tarde entre as catro e as oito e media. A partir do 8 de xullo o horario adaptarase á época estival.Igualmente tamén se establece un servizo de préstamos de libros. O telecentro (Aula CeMIT) tamén permanece aberto polas tardes en-tre as catro e as oito con acceso a ordenadores e conexión a Internet.

Contigo, servizo de biblioteca

18 xuño 2017 actualidade

As augas dos ríos e fontes de augas cu-rativas, xunto ás construccións graníti-cas, definen a paisaxe guitiricense. Pero se á natureza se lle engade historia, lite-ratura e etnografía obtemos un entorno digno de ser visitado.Tres son as rutas de sendeirismo que amosan paraxes naturais e puntos de in-

terese ao longo do municipio: a Ruta da Auga de Guitiriz, o roteiro de sendeiris-mo do Pantano de San Xoán –deseñada pola Comunidade do Monte Veciñal en Man Común de San Xoán de Lagostelle- e a Ruta da Pedra de Díaz Castro.A Ruta da Auga de Guitiriz é a máis co-ñecida de todas elas, homologada no 2008 como sendeiro de curto percorri-do (PR-G) co número 99, consta de 19,6

quilómetros sen desniveis seguindo os pasos do poeta Díaz Castro á beira dos ríos Parga e Ladroil.O camiño verde que se estende dende a ponte de Santo Alberte –no Camiño Norte- ata a Carballeira de Pardiñas agocha outros lugares, historia e cons-truccións coma a ponte de Pitero, as de

Parga, Ferreira, Montemeá ou Moeiro, multitude de muíños coma os restaura-dos de Parga e Ferreira, a área de lecer de Sete Muíños, o Castelo e a Feira de Parga, as igrexas, capelas ou a curiosa mesquita de Guitiriz.Pero, como o seu nome indica, une as tres fontes de augas curativas máis des-tacables do municipio: Valdobín e a súa apacible área recreativa, San Xoán de

Lagostelle, no Balneario de Guitiriz e a tranquila Fonte de Santo Domingo xun-to á Carballeira de Pardiñas.Xunto á igrexa de San Xoán comeza o roteiro do Pantano de Guitiriz de 20,4 quilómetros de percorrido nos que per-mite achegarse ao Pazo, o balneario de Pardiñas, a lagoa artificial entre os mon-

tes veciñais en man común de San Xoán de Lagostelle e Santa Mariña e a área recreativa de San Xoán onde se atopa a Aula Forestal despois de atravesar fron-dosas e piñeirais. Atravesando de novo os montes alcánzase o lugar de Cezar para volver ao Pazo e a Guitiriz.A terceira das rutas que permiten co-

ñecer o municipio é a Ruta da Pedra de Díaz Castro, homologada no 2016 baixo a denominación PR-G 185, que permite visitar as paraxes que serviron de inspiración dos poemas de Xosé Ma-ría Díaz Castro. O sendeiro une as locali-dades do Buriz e O Vilariño (Os Vilares) camiñando entre carballos, bidueiros e castiñeiros por camiños de terra deli-mitados por valados que amosan unha paisaxe tocada pola man do home. No seu percorrido de 4,83 quilómetros achégase á casa dos antigos canteiros -testemuña dunha das profesións máis representativas do lugar-, ao petrogli-fo sobre unha formación granítica do Agro das Calzadas e, a través doutras dúas derivacións, o cruceiro de Riotor-to atravesando o monte do Pilren e o Porto Muíño onde se conservan restos dun antigo lavadoiro .

O ceoPero non só na terra o municipio garda atractivos, tamén no ceo. É que Guitiriz érguese como o concello con menor contaminación lumínica. Así, co obxecti-vo de potenciar núcleo de desenvolve-mento sostible, o Concello promoverá actividades para veciños, veciñas e visi-tantes coas que contemplar as estrelas. Unha delas será unha Andaina Sensitiva Nocturna na liña do desenvolvemento da “I Andaina Sensitiva” na Ruta da Pe-dra de Díaz Castro que se celebraba o 23 de abril, Día do Libro, coa participación de veciños, veciñas e membros da Nova Poesía Guitirica (NPG) que enchían de textos a Aula Pedagóxica do Vilariño ‘O que conta un camiño’.

Guitiriz de auga e pedra

Muíño de Ferreira, na Ruta da Auga.

Trala homenaxe ao vilarego Xosé María Díaz Castro coa dedicatoria das Letras Galegas no 2014, a súa pa-rroqua natal converteuse no berce doutras moitas actividades culturais.Ao abeiro da asociación Lareira de Soños e, co gallo dos 25 anos do pa-samento de Xosé María Díaz Castro, nacía no 2015 o colectivo Nova Poe-sía Guitirica (NPG) co que continúa a medrar a escola poética da Terra

Chá. Este grupo de novos creadores vinculados á parroquia contarán cun espazo para os seus textos na coñe-cida palleira do Vilariño agora reha-bilitada para o seu funcionamento como Aula Pedagóxica do Vilariño ‘O que conta un camiño’.A aula, dotada con materiais audio-visuais e paneis informativos, servirá de espazo para charlas e exposicións pedagóxicas.

Aula Pedagóxica do Vilariño ‘O que conta un camiño’

19xuño 2017opinión

Por Marta Pérez FandiñoNutricionista de NutriPasos

C a chegada dos meses de maio e xuño, come-za a preocupación de moitos polo seu peso corporal e inaugúrase

a coñecida “Operación bikini”, que ten por obxectivo baixar os máxi-mos quilos posibles para lucir tipo durante os meses de verán. O que moitos non saben é que moitas das dietas levadas a cabo con este fin, poden ser perigosas para a saúde.“Dietas milagre” é outro dos nomes que reciben estas dietas. Todo pa-rece marabilloso nun principio, xa qué dende os primeiros días as per-das de volume e peso obsérvanse a simple vista, pero... ¿qué está a oco-rrer trás esa faciana? As dietas mi-

lagre non se conseguen manter no tempo e, no momento no cal se pa-ran de seguir, o peso corporal volve a subir e incluso supera o peso ini-cial. Isto é o chamado “efecto rebo-te” ou “efecto yoyo”.Moitos poden pensar que a solu-ción é seguir a dieta toda a vida, pero aínda sen contar a fame ou o cansazo que esta alimentación acarrea, o exceso de proteínas da mesma, acaba ocasionando un pro-blema multiorgánico a longo prazo.¿Cómo detectar dietas milagre? Actualmente son tantas as que se atopan en revistas, en tendas, en internet... que resulta imposible nomealas todas. Non obstante, se cumpre algunha das seguintes ca-racterísticas, posiblemente poida definirse como tal:• Promete resultados rápidos: Men-tres que nunha dieta saudable, aconséllase baixar ó redor de 4 kg mensuais, nas dietas milagre, pro-

métense eses resultados de maneira quincenal ou incluso semanal.• Prohibe o consumo dalgún ali-mento ou grupo de alimentos: Moitas destas dietas, reducen a inxestión dalgún grupo ou dalgún nutrinte como os hidratos de carbo-no, indispensables nunha alimenta-ción equilibrada.• Insta a consumir batidos, pastillas, complementos ou algún outro pro-duto: As boas dietas, céntranse uni-camente na inxestión de alimentos.• Fala dun superalimento como base de toda a dieta (piña, alca-chofa, zumes...): Ningún alimento é máxico e indispensable nunha dieta. A alimentación debe basearse nos gustos persoais e na variación dos alimentos consumidos, para así garantir a inxestión de todos os nu-trientes.• Presenta relatos, historias ou tes-temuñas para aportar credibilidade: As dietas milagre empregan este

tipo de documentos para crear con-fianza, pero a meirande parte das veces, estes datos están manipu-lados ou non mostran resultados a longo prazo.Para baixar de peso de maneira saudable e evitar o “efecto rebote”, débese seguir una dieta personali-zada, que aporte a enerxía precisa para cada persoa e que garanta un correcto estado nutricional. Ade-mais, as boas pautas evitan que se pase fame, están adaptadas ós gustos e horarios dos pacientes e inclúen cambios paulatinos na ali-mentación habitual do usuario. A alimentación saudable caracterí-zase por ser rica en froitas e verdu-ras, alimentos integrais e legumino-sas; contén pouco azucre, pouco sal e poucas graxas saturadas e trans. Para chegar a este tipo de alimen-tación, débense facer pequenas modificacións nos hábitos de vida. Pódese comezar por cambiar o pan

branco por pan integral, incluír unha vez a semana legumes con verduras, reducir os doces do al-morzo ou inxerir mínimo dúas froi-tas diarias.Tamén pode ser de gran utilidade traballar os momentos da compra, posto que a mellor maneira de evi-tar consumir alimentos insáns é non dispor deles na casa. Facer unha lis-taxe da compra, evitar pasar por al-gúns corredoiros do supermercado e elixir alimentos con menos canti-dade de azucre e graxas saturadas, poden ser bos trucos.Ademais hai que ser realista ca baixada de peso e non obsesionar-se. A perda de peso debe ser paula-tina, non se pode pretender baixar nun mes o peso gañado nos últimos anos. Cando aparecen pequenos cambios, a baixada está garantida, así coma o seu mantemento no tem-po.Para mellorar a calidade de vida, non importa o momento do ano. Para que a redución de peso non sexa en balde, hai que elixir ben a dieta a seguir, contar cun nutri-cionista con estudos acreditados e proporse un cambio de vida a longo prazo.

Nutrición paso a pasoFraudes da “operación bikini”

Por Pablo Veiga

P rofundo desacougo es-tán a producir as últimas novas entorno ó futuro do balneario de Guitiriz. Apenas un par de meses

atrás, a vila implicouse masivamente en apoio dos seus traballadores, con manifestación incluída e peche de co-mercios e outros negocios, secundan-do o chamamento deses homes e mu-lleres que a pesares de levaren tempo sen percibir as súas nóminas, seguen atendendo as instalacións e prestan-do os seus servizos a unha clientela que continúa acudindo a recibir os tratamentos termais que nese magní-fico entorno ofrecen. Unha atención inmellorable que dan ós usuarios, con plena dedicación e profesionalidade. Unhas características das que carecen os propietarios, por suposto.Xa hai máis de dous anos que o bal-neario de Guitiriz arrastra problemas, cando se presentou concurso de acredores. Un período no que, con-tra vento e marea, os empregados se-guiron tirando do carro, coa ameaza seria de peche, continuou aberto ata os nosos días. Custa crer como pode ser posible esta situación. A re apertura ó público do balneario de Guitiriz, logo de décadas pechado, foi un esperanzador aconte-cemento non só para ese concello se-nón para o conxunto da bisbarra. Pri-meiro, sumarse á oferta da rede galega de balnearios supoñía un innegable mérito, ó entrar nun turismo de cali-dade e ata elitista por un lado, xa que

a infraestrutura contempla un hotel de catro estrelas e un campo de golf; e tamén social, xa que os programas de termalismo tanto da Xunta e Deputa-ción como do IMSERSO ofrecían pra-zas, fundamentalmente para persoas maiores. En segundo lugar, non cabe dúbida que era unha oportunidade de emprego nunha zona onde non estamos moi sobrados de alternativas laborais. Setenta operarios chegou a haber nalgún momento, polos coren-ta actuais, e xunto á área de servizo da autovía A-6, un motor importante na economía das familias do municipio e doutros achegados.Doe que se estrague esta iniciativa empresarial. Probablemente existan varios motivos que a estean levando cara o precipicio. Evidénciase unha pésima xestión por parte dos donos, porque ós traballadores non se lles pode achacar absolutamente nada, xa que aínda acumulando atrasos consi-derables nos cobros acoden puntual-mente ós seus postos de traballo. E causa incluso máis desánimo cando botamos unha ollada a balnearios doutras provincias galegas, os cales están a funcionar con regularidade e sen ameaza de peche. Pobos como Baños de Molgas, Lobios, Ribadavia ou O Carballiño –todos eles en Ou-rense-, Cuntins e Caldas de Reis en Pontevedra, e Carballo na Coruña presumen de cadanseu balneario.Queremos pensar que existen solu-cións para evitar a desaparición de todo un emblema para Guitiriz. O montante económico que, segundo os medios de comunicación, ade-beda a empresa é xigantesco. Quen o pode solucionar e como son dúas cuestións que o que subscribe non se atreve a respostar. Pero o que non su-xire ningún debate é a necesidade de que o balneario e toda a infraestrutura que o rodea siga funcionando, que se manteñan eses postos de traballo e in-cluso que se xeren outros a maiores. Esta sería unha boa nova, agardada por todos.

Cara ó precipicio

Por Marta Rodríguez EngrobaAsociación Si, hai saída

D esde practicamente o primeiro momen-to no que comecei a miña andaina na loita contra a vio-

lencia de xénero, hai algo que levo escoitando non soamente de xeito recorrente; senón que, a medida que pasa o tempo, vai en aumento.Son moitas as persoas que din non comprender como podo dedicar-lle tanto tempo e tanta enerxía a axudar as vítimas da violencia de xénero, máxime cando non se traducen nunha recompensa eco-nómica.Tampouco son quen de enten-der como non lle dou mais im-portancia a, por exemplo, unhas vacacións que a esta causa, e mesmo hai quen vai mais lonxe, e non dubidando en erixirse en autoridade da psicoloxía, e, sen-do, ademais, polo visto, expertos coñecedores tanto da miña vida como dos meus sentimentos e in-quietudes me diagnostican unha serie de carencias e frustracións que non son quen de encher dou-tro xeito.Non adoito facer caso destas dou-tas sentenzas, pero, o certo é que de tanto escoitalas, e aínda por riba, na maioría das ocasións sen dereito a réplica, as veces chegan a molestarme, e vou a explicar a razón.

Se hai algo que intento exercitar na miña vida, e creo que o de-mostro, é o respecto, un respecto que sinto, como non podía ser menos, por aqueles que se senten felices empregando o seu tempo de lecer tumbados na praia, re-laxándose nun spa,ou que teñen como obxectivo prioritario gañar cantos cartos sexa posible que in-vestirán en casas desas de revista de decoración, en coches de nin se sabe cantos cavalos, roupa de firma ou en viaxes de soño.Paréceme estupendo, e se eles son felices, pois mirade que ben.O que xa me molesta mais é que se crean na posesión da verdade e que todo aquilo que eles non am-bicionan, e que consideran ideal, o miren con un certo desprezo e mesmo conmiseración.......Qué baleiro mais grande ten esta mu-ller na súa vida!.Aclaro, iso si, por se alguén ten algunha dúbida, que a min tamén me gusta vivir ben e disfrutar da vida como a calquera, outra cou-sa e que poda permitirme certas cousas....a economía manda!. Certamente son muller de gustos sinxelos, pero non son das re-misas a unhas cañas, unha cea, a divertirme, en definitiva coma calquera.Tamén é certo que a tarefa que emprendín ocupa gran parte do meu tempo, e que as veces o es-gotamento fai acto de presenza; pero, eu pregunto, é que a nin-guén se lle ocorre que me fai fe-liz, moi feliz?.Podo asegurar que non tento pa-liar ningunha frustración, que tampouco encho ningún oco nin substitúe nada nin a ninguén que debera haber na miña vida.Sinto, pero penso, e desde o respecto o digo, que, pola con-tra, si hai quen, deses que tanto falan, que buscan ocupar eses

baleiros dos que tan ben se lles da falar con cousas puramente materiais......e sen conseguilo!.Eu síntome enormemente ditosa de poder facer algo que, non soa-mente me satisface, senón que re-dunda na axuda para moitas mu-lleres que tentan saír do inferno.Non cambiaría nin un só minuto da vida que elixín levar.....por-que si, foi elixida, e nin todas as viaxes, as vacacións ou os cartos do mundo me farían renunciar a continuar no que iniciei coa ilu-sión mais grande da miña vida, unha ilusión que nace de crer no que fago e que a día de hoxe sei certo que non é patrimonio de todo o mundo.Penso, con toda sinceridade, que cada un busca e atopa a felicida-de en sitios e vivencias diferen-tes, e ningún deles ten por que ser mellor ou peor que os outros. Ademais, a vida esta chea de mo-mentos, de experiencias. Nas no-sas mans está saber vivilos.Que ninguén se alarme. Non es-tou a curar ningún trauma, nin a amargura me acompaña. A miña vida non soamente é moi normal, senón que, malia que as veces me alporice, ou mesmo chore, que non é nada malo, tamén río, e moito.Non gaño cartos, e verdade, e os luxos están fora das miñas posibilidades,pero non hai me-llor recompensa, nin luxo mais grande, que o sorriso dunha mu-ller que, coa nosa axuda, saíu do horror ou cando algunha das súas crianzas che da un bico e che di que te quere e que es a súa ami-ga......ese si que é un enorme e inigualable pracer!Ah, e que ninguén se inquiete, non me sinto desgraciada en ab-soluto, e sí, estar implicada e ser feliz é posible, dou fe.

Implicada e feliz? É posible!

20 xuño 2017 actualidade

Os membros da directiva do Gru-po de Desenvolvemento Rural da Terra Cha (GDR-2) responsables da xestión dos fondos do plan Leader 2014-2020, nos dez municipios des-ta comarca máis Riotorto, mantiñan un encontro de traballo co delega-do territorial, José Manuel Balseiro.“Desde a Xunta de Galicia queremos contribuír a difundir a idea de que vivir no rural é unha elección que pode ser positiva desde o punto de vista profesional. Por iso, a través das axudas dos GDR queremos que os homes e mulleres emprendedo-res, aqueles que teñan na mente unha idea, dean un paso adiante á hora de impulsar novos proxectos”.Os apoios do GDR están orientados dun xeito especial a sectores como o agrogandeiro, o forestal e mesmo o turístico, porque estes son algúns

dos puntos fortes da nosa provincia pero o abano de posibilidades e moi amplo, obtendo maior puntua-ción aqueles capaces de xerar novas oportunidades de emprego ou en ámbitos innovadores.

Lugo a provincia con máis proxectos presentadosNo encontro tamén explicaron que, unha vez rematado o primeiro pra-zo de solicitude o 31 de marzo, pre-sentáronse 28 proxectos que están en proceso de valoración. Con todo, permanece aberto un segundo pra-zo excepcional, ata o 31 de maio, para que se incorporen novas solici-tudes, que serán valorados, ata que se esgote os 933.000 euros dispoñi-bles para este GDR. No conxunto de Galicia Lugo é a provincia con máis solicitudes 261.

“Que a nosa sexa a provincia máis activa, é para nós un dato moi sa-tisfactorio e proba o dinamismo da sociedade”-indicou o delegado.

Balseiro aproveitou o encontro para felicitar aos GDR e agradecerlles a labor que desenvolven por dinami-zar o noso rural.

TERRA CHÁ

Un total de 18 empresas presentan as súas ofertas para a execución das obras de reforzo de firme localizado na estrada LU-540, que contarán cun orzamento de máis de 775.000 euros e beneficiarán aos concellos de lucenses de Xermade, Muras e Ourol. As actuacións que se terán que levar a cabo suporán a rehabilitación do firme mediante fresado e reposición da mestura de bituminosa en quente, nos tramos deteriorados entre a Volta da Redoada (Viveiro) e a intersección coa estrada da Deputación a Paidavella (Xermade).Con estas obras, actuarase en máis de 21,5 quilómetros e como accións complementarias á rehabilitación do firme, nas zonas que existe esgotamento da explanada proponse a execución de gabias formigonadas, ou zanxas drenantes.

18 ofertas para o reforzo da LU-540 en Xermade e Muras

Ata 28 proxectos aspiran ás axudas do Plan Leader xestionadas polo GDR-2 Terra Chá

O BNG advertiu, a través do voceiro provincial Xosé Ferreiro, de posibles irregularidades na execución das obras de arranxo da estrada N-640 no tramo entre Lugo e Meira orde-nadas polo PP. “Nas obras que se están executando non se acomete a total reposición do firme da estrada xa que se está repoñendo o firme en algúns tramos pero non se reno-va totalmente tal e como figuraba no proxecto do Ministerio. Neste momento a maquinaria da empresa adxudicataria esta procedendo ao fresado do firme da estrada pero

unicamente o fai nalgúns dos tra-mos que se atopan máis deteriora-dos. Nunha segunda fase procede-rase ao extendido dunha nova capa de rodadura.Dende o BNG explicaron que o feito de non renovar completamente o firme provocará que a nova capa de

rodadura se deteriore máis rapida-mente e isto supón un mal uso dos cartos públicos e unha manifesta-ción máis da ineficiencia do PP no gasto dos recursos do estado que solo benefician a grandes empresas pero non hai preocupación por que as obras executadas teñan duración e sexan de utilidade para as persoas usuarias”. Concelleiras e concellei-ros do BNG de Castro de Rei, Pasto-riza, Lugo e tamén a Parlamentaria, Olalla Rodil, e o Deputado Provin-cial, Xosé Ferreiro, advertiron desta situación.

“Non renovar a totalidade do firme vai implicar que nun par de anos eses tramos estarán de novo en mal estado” segundo o BNG. O arranxo deste tramo da estrada N-640 foi unha reivindicación do BNG du-rante moitos anos por que se trata dun vial fundamental para conec-

tar o concello de Lugo con conce-llos da Terra Chá e a Mariña e que é transitada por milleiros de persoas diariamente. “Agora que por fin se deu o paso, dende o goberno do PP en Madrid, hai que velar por que as cousas se fagan ben para que a estrada teña unha duración acorde cos máis de 4 millóns investidos” afirmaron dende o BNG.Existe unha distorsión temporal en-tre o momento no que se redactou o proxecto e o momento no que se executa a obra que inflúe negativa-mente nunha execución na calida-de das obras. “Non pode ser que se executen obras anos despois da re-dacción do proxecto por que o esta-do de deterioro da estrada é maior, os prezos das unidades de obra son diferentes e isto sempre repercute na calidade final da obras e por tan-to no servizo ás veciñas e veciños” afirmou Ferreiro que sinalou “as obras desta estrada afectan a varios concellos da comarca e o BNG de-fende o interese de todos eles”.O tramo de carretera no que se exe-cutan os traballos de rehabilitación discorre polos termos municipais de Pol, Castro de Rei e Lugo, onde se inclúe a rolda norte de Lugo. As actuacións proxectadas, segundo o Ministerio de Fomento consisten fundamentalmente no fresado e reposición do firme existente para posteriormente proceder ao exten-dido dunha nova capa de rodadura que incrementará as condiciones de seguridade vial do tramo. Ade-mais farase o necesario recrecido dos sistemas de contención para adaptalos á nova cota da rasante. Tamén está prevista a reposición do balizamento e das marcas viais afectadas polas obras.

Posibles irregularidades no arranxo da N-640 di o BNG

Concelleiros do BNG de Castro de Rei, A Pastoriza e Lugo; o deputado provincial e a parlamentaria lucense advirten da situación.

Unha comisión de seguimento composta por representantes da Xunta de Galicia, dos concellos interesados e da Deputación de Lugo será a encargada de impul-sar os últimos trámites pendentes para que cada pleno municipal poida aprobar a constitución dos xeodestinos turísticos que aínda restan por constituír na provincia de Lugo, isto é, o da Montaña lu-cense (Ancares e O Courel) e o de Lugo-Terra Chá-A Ulloa-Sarria.Este foi o principal acordo acada-do na xuntanza que, impulsada desde a Delegación territorial da Xunta en Lugo e Turismo de Gali-cia, desenvolveuse esta tarde con presenza dos concellos lucenses.A comisión estará composta, no caso do futuro xeodestino Anca-res-O Courel, polas alcaldesas de Triacastela e o rexedor de Pedra-fita, en representación dos conce-

llos, e pola secretaria territorial da Xunta de Galicia, a xefa provincial da área de Turismo en Lugo e un membro dos servizos xurídicos da Deputación de Lugo.No caso do segundo xeodesti-no pendente, os representantes municipais na comisión de segui-mento serán os alcaldes de Friol e un representante do Concello de Lugo, ademais da secretaria terri-torial da Xunta de Galicia, a xefa provincial da área de Turismo en Lugo e un membro dos servizos xurídicos da Deputación de Lugo.Na reunión tamén perfilaron un borrador moi avanzado do que se-rán os futuros estatutos que regu-lan o Consorcio que dirixirá cada un dos xeodestinos e que despois será apoiado economicamente pola Xunta de Galicia, a través das axudas de Turismo de Galicia e pola Deputación de Lugo.

Xunta, Concellos e Deputación constituirán os xeodestinos turísticos

A directiva do GDR-2, na reunión con Balseiro e Iglesias.

21xuño 2017actualidade

O Grupo Luís Iglesias foi a primeira empresa funeraria en construír o primeiro tanatorio da provincia de Lugo e tamén a primeira funeraria da provincia con certificado de calidade baixo a norma UNE EN ISO 9001:2008 polos seus servizos.Aos Tanatorios de Rábade, Friol e Baamonde, hai que engadir agora un novo en Feira do Monte – Cospeito.

- En qué estado se atopan as obras de construcción das novas instalacións da Feira do Monte?- Xa están case que acabadas, estamos dándolle os últimos retoques para poder abrir o máis pronto posible, esperamos poder inaugurar o tanatorio a finais de este mes de xuño.

- Unha vez rematada, con qué capacidade contará o tanatorio? E cales serán os seus servizos?- O tanatorio disporá de dúas salas velatorias. Os servizos principais serán o Tanatorio e a Floristeria; pero, a maiores, poderanse xestionar seguros ou documentación de xestoría.

- Nese sentido, o Grupo Luis Iglesias ofrece en xeral un servizo integral con trato personalizado. De feito, realizan os servizos funerarios de calquera compañía de seguros do mercado xestionando todo tipo de pólizas

de seguro e, mesmo, a través dunha compañía propia. En que consiste este servizo integral?- En que nos encargamos de todo, dende que a familia nos chama ata o final, encargámonos de todo. A

funeraria non só pode encargarse de facer enterros, a nosa política de empresa é a de ofrecer o mellor trato posible ás familias e intentar que o factor humano sexa o que nos caracterice.

- Tamén dispoñen nas localidades de Rábade, Friol e Baamonde de floristerías onde realizan arranxos florais. Ofrecerán o mesmo servizo en Cospeito?- Practicamente si. Dispoñemos de cámara frigorífica o que nos permitirá poder conservar as flores o mellor posible.

- Outro dos servizos do grupo é o de ambulancias tanto en transporte urxente coma programado. Conta, en calquera caso, con persoal con títulos acreditados de transporte sanitario.- Efectivamente, trátase dun servizo que ofrecemos para o cal dispoñemos de persoal cualificado.

- Tratándose dun gran grupo empresarial en expansión, procura adaptarse ás esixencias e necesidades

actuais. Un dos exemplos constitúeo o servizo de esquelas a través da súa web –www.grupoluisiglesias.com- co que da aviso sobre as “últimas defuncións” e “próximos aniversarios”. É un servizo demandado? - Internet non é o futuro, é o presente, e está cada vez máis no noso día a día. Fomos unha das empresas pioneiras en contar con servizos dixitais a dispor do cliente. É un servizo que empezou con moi poucos adeptos, pero que na actualidade, despois de case que 10 anos, é parte de nós. Dispoñemos dunha alta de servizos de avisos, como ti moi ben indicas, e xa sumamos 500 afiliados que disfrutan de ditos servizos.

-Que outros aspectos, nos distintos sectores do grupo, teñen mellorado nos últimos tempos?- Estamos a punto de construír un novo tanatorio- crematorio en Outeiro de Rei co que poderemos ofrecer aos nosos clientes o servizo de cremación, entre outros moitos.

Luís Iglesias, xerente do Grupo Luís Iglesias

O Grupo Luís Iglesias, en continuo crecemento

Luís Iglesias, xerente do Grupo.

“Agardamos inaugurar o tanatorio da Feira do Monte neste mes de xuño”

O director xeral de Orientación e Pro-moción Laboral, Alfonso Marnotes, e o delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, participa-ron en Lugo na entrega de diplomas aos 210 alumnos e alumnas que par-ticiparon nos obradoiros de emprego que se celebraron na cidade lucense e a súa comarca, e nos concellos per-tencentes á zona centro da provincia. Marnotes destacou a importancia destes programas mixtos porque precisamente ofrecen formación de calidade e acceso a un posto de traballo. De feito, estes programas impulsados pola Xunta logran unha inserción laboral de preto do 60%. A Xunta colaborou, neste caso, con 33 concellos e a Deputación de Lugo para a realización destes programas nos que investiu preto de 1,9 millóns de euros. En concreto, entregáronse os diplomas de 11 obradoiros que promoveron o Concello de Lugo; a Deputación; e os concellos de Antas de Ulla, en colaboración con Monte-

rroso, Palas de Rei e Taboada; Vilalba con Abadín; Castroverde con Baleira, Pol, A Pastoriza e Riotorto; Becerreá con Cervantes, Navia de Suarna e Pedrafita do Cebreiro; Láncara con Baralla, As Nogais e Triacastela; Cos-peito con Castro de Rei e Outeiro de Rei; Guntín con Páramo e O Corgo; Friol con Begonte e Rábade; e A Fon-sagrada con Negueira de Muñiz e A Pontenova.Os obradoiros na súa gran maioría estiveron centrados en diferentes especialidades relacionadas coa xar-dinería, construción, albanelería e márketing e comunicación. O perfil dos participantes foi moi amplo: des-de menores de 30 ata maiores de 50. Marnotes indicou que de cara a este ano a Xunta segue apostando polos obradoiros e, así, explicou que 1.600 galegos e galegas poderán participar nas novas iniciativas que se están deseñando e ás que a Xunta destina 20,5 millóns de euros, preto dun 50% máis que en 2016, tanto para os obra-

doiros xerais como os especificamen-te destinados a menores de 30 anos. O director xeral sinalou as novidades que se inclúen na próxima edición como son a relación da iniciativa co tecido empresarial da zona onde teña lugar e as súas posibilidades de inserción. Ademais, ampliarase a duración ata os 9 meses, os concellos resultantes de fusións contarán con maior puntuación, primaranse os proxectos relacionados coa Industria 4.0 e os sectores estratéxicos e terán preferencia as persoas e colectivos que máis o precisen como son os be-neficiarios da Renda de Integración Social, as mulleres, vítimas de vio-lencia de xénero, os parados de lon-ga duración, os maiores de 45 anos, alumnos que carecen de títulos uni-versitarios ou de FP de grao superior e as persoas con discapacidade ou en risco de exclusión social.

Formación e acceso a un emprego cos obradoiros da Xunta

Máis de 200 alumnos e alumnas do centro da provincia recibían os diplomas dos obradoiros de emprego.

Os alcaldes do PSOE esíxenlle á Xunta de Galicia políticas activas que xeren emprego de calidade na provincia. Nun escrito rexistrado este venres na Delegación da Xunta en Lugo e asi-nado polos 28 alcaldes da provincia, denuncian que a Administración auto-nómica vén aplicando unha política en materia de emprego que está a dar moi poucos resultados nos concellos, onde actualmente hai 20.000 persoas que non teñen traballo. En nome dos 28 alcaldes socialistas, Argelio Fernández Queipo, puxo como exemplo os obradoiros de emprego que outorga a Xunta de xeito anual de-nunciando as súas debilidades como que “a tramitación é moi complicada e os cerca dun 50% dos criterios de adxudicación son subxectivos, o que nos leva a quedar sempre fóra dos obradoiros”. Só “o ano pasado, por ser ano electoral, algún concello socialista recibiu un obradoiro de emprego”. Os alcaldes socialistas piden uns “criterios obxectivos para a adxudicación dos obradoiros de emprego e de calidade”. Actualmente, as persoas seleccionadas para os obradoiros de emprego só tra-ballan durante 6 meses e perciben un salario ínfimo, de 600 euros mensuais. Fernández Queipo di que “ningún tra-ballador se acaba insertando laboral-mente xa que os cursos son moi cur-tos, os traballadores teñen problemas económicos importantísimos debido a que son só 600 euros de retribución, ademais dos desprazamentos da xente que non é do lugar onde se están des-envolvendo os obradoiros”. Reclaman uns salarios dignos e que exista unha inserción laboral real para que os obra-doiros cumpran coas súas funcións.

Os rexedores socialistas presentan este escrito cando a Xunta celebra a entre-ga de diplomas polos obradoiros de emprego na provincia “para sacar unha foto e quedar ben coa cidadanía”, ase-gura Argelio Fernández Queipo.Os alcaldes do PSOE da provincia de-mándanlle á Xunta “que se poña as pi-las e que sexa realmente un motor de emprego “ tal e como o está sendo a Deputación de Lugo. “Apostamos por algo semellante ao DEPUEMPREGO da Deputación lucense”. Un plan de em-prego para todos os concellos da pro-vincia, sen distincións, que xa xerou un total de 264 postos de traballo. Unha das características deste progra-ma é que os concellos teñen autono-mía para definir os perfís laborais que precisan en atención ás súas necesida-des, conseguindo así mellores índices de inserción laboral. Pola súa banda, o delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balsei-ro, nega que exista discriminación al-gunha e lembra que os criterios para a concesión son cen por cen obxectivos baseados en factores como o número de desempregados, a poboación ou se están orientados a sectores estratéxi-cos no mercado laboral.Balseiro, lembrou que só na última con-vocatoria os obradoiros de emprego financiados pola Xunta beneficiaron a unha vintena de concellos gobernados polo PSOE e a propia Deputación.O delegado territorial dixo que “quizás este foi un intento do PSOE por escu-recer un día no que coñeciamos que Lugo é a provincia galega onde máis baixou o paro en maio e que no último ano máis de 1.200 lucenses deixaron as listas do desemprego”.

Os alcaldes do PSOE esixen “emprego de calidade para todos”

22 xuño 2017

Co Ben Empregado 3, máis social 161 lucenses no paro comezan a tra-ballar en 145 empresas e colectivos sen ánimo de lucro de 51 concellos da provincia. Esta terceira edición do plan de emprego do goberno da Deputación xera postos de traballos de calidade grazas a unha dotación de 2,5 millóns de euros cos que fi-nancia a contratación durante de desempregados lucenses en empre-

sas e colectivos da provincia durante un ano. É máis social porque inclúe unha liña dirixida a contratación de persoas con capacidades diferentes, asúmese a dotación do equipamen-to necesario para o desempeño da súa actividade laboral e se incre-mentan as cláusulas sociais nos con-tratos para defender os dereitos dos traballadores, así como as medidas de control para garantilo. Dese xeito, as cláusulas sociais xa se incorporaron na selección das enti-dades para primar ás de nova crea-ción, ás impulsadas por mulleres,

maiores de 45 anos ou por mozos de entre 16 e 35 anos. Tamén se favo-receu ás empresas e colectivos sen ánimo de lucro que propuxeron con-tratacións indefinidas, cursos de for-mación, medidas de conciliación ou melloras en canto aos convenios do sector. Ademais, excluíuse a aquelas que participaron nas dúas anteriores edicións do Ben Emprego que tras deixar de recibir a subvención non

mantiveron aos traballadores. No caso de incumprimentos das cláusulas sociais, as empresas e co-lectivos poderán perder a subven-ción, que é dun máximo de 22.000 euros por entidade. O goberno da Deputación incrementou as medi-das de control. Por exemplo, as con-tratistas terán que rendir contas to-dos os meses (os 10 primeiros días) para comprobar, con documenta-ción oficial, se ingresan en tempo e forma as correspondentes nóminas.104 persoas comezan a traballar en 96 empresas lucenses, ás que o Go-

berno da Deputación lles financia ao 50% os custos laborais destes novos traballadores durante un ano; men-tres que o financiamento chegará ao 100% no caso das 28 persoas en 26 asociacións e colectivos sen áni-mo de lucro da provincia e das 29 persoas con capacidades diferentes noutras 28 empresas lucenses. Nes-te último caso, dentro da súa aposta pola igualdade de oportunidades, o goberno da Deputación colabora na dotación do equipamento necesario para que poidan desenvolver a súa actividade laboral.Na zona centro da provincia son 76 desempregados lucenses que co-mezan a traballar en 55 empresas e 16 colectivos sen ánimo de lucro de 15 concellos: Abadín, Begonte, Castro de Rei, Castroverde, O Corgo, Cospeito, Guitiriz, Meira, Outeiro de Rei, Pol, Portomarín, Vilalba, Lugo, A Pastoriza e Xermade.

20 novos perfís na Bolsa de Em-prego da DeputaciónOutros 20 novos perfís do Ben Em-pregado 3! Máis social incluíanse na Bolsa de Emprego da Deputación. Tralo peche do prazo para concorrer aos postos ofertados polo Executivo Provincial a través do formulario que da web www.deputacionlugo.gal, os técnicos provinciais valorarán a adecuación de cada desempregado ao posto de traballo solicitado, para comezar coas probas de selección destes novos empregos. Posterior-mente, adxudicaranse os traballa-dores a ditos 20 perfís nun período máximo de 15 días. Con estes 20 novos postos, que se engaden aos 161 que comezan a traballar esta mesma semana, o Exe-cutivo Provincial xera en total 181 novos empregos na provincia.

actualidade

161 lucenses no paro comezan a traballar co Ben Empregado 3

O presidente e os deputados Sonsoles López e Álvaro Santos recibían aos 161 novos traballadores e traballadoras.

A Deputación facilita o pago de impostos municipaisA nova ordenanza de recadación, que elaborou o goberno Provincial entra en vigor co obxectivo de “defender aos ve-ciños e veciñas e ofrecerlles facilidades en canto ao pago de impostos que es-tablecen os Concellos en cumprimen-to das leis impostas polo Executivo Central no Ministerio de Facenda”. A deputada de Economía, Recadación e Facenda, Mayra García Bermúdez, explica que “62 Concellos teñen de-legada a recadación de impostos na Deputación porque non teñen me-dios humanos nin cartos para facelo. O noso traballo consiste na recadación destes impostos, que ingresamos na arcas municipais e que incluso adian-tamos con fondos propios desta insti-tución para axudar os Concellos”. A ordenanza de recadación en vigor contempla facilidades de pago a través do fraccionamento do pago no IBI, IAE e o Imposto sobre Vehículos de trac-

ción mecánica. No caso de ter débedas inferiores aos 3.000 euros, esta poderá pagarse en 12 meses. Se a débeda é superior aos 3.000 euros, esta poderá aboarse en 24 meses. Os cidadáns con dificultades económicas xustificadas, poderán solicitar un calendario provi-sional de pago. Non se esixirá un aval bancario cando a débeda non supere os 30.000 euros, límite que estaba es-tablecido ata o de agora nos 6.000 eu-ros, supoñendo unha nova facilidade de pago e un aforro xa que o aval ten gravame. Por outra banda, a ordenanza recolle li-mitacións para as poxas de bens inmo-bles. En relación ás poxas de vivendas habituais ou inmobles por actividades agrogandeiras, comerciais ou indus-triais, que se poden realizar se existe algún impago, o Goberno Provincial fixa que non se procederá á poxa can-do se traten de ben inmobles en xeral

e as débedas sexan inferior aos 3.000 euros. Son preto de 24.000 persoas nesta situacións que suman máis de 7 millóns de euros. Tampouco se pro-cederá á poxa dun ben inmoble aínda que a débeda sexa superior aos 4.000 euros cando os informes dos servizos

sociais dos Concellos determinen que as persoas que acumulan estes impa-gos están nunha situación de precarie-dade ou exclusión social. Hoxe son 372 persoas na provincia que están nesta situación e que teñen unha débeda de 4,3 millóns de euros. Igualmente, non

se poderá proceder á poxa dunha vi-venda habitual ou dun inmoble no que se realicen actividades agrogandeiras cando a débeda sexa inferior aos 4.000 euros como é o caso de máis de 24.000 persoas sumando 7,6 millóns de euros. No caso de existir débedas, estas po-derán liquidarse coas novas facilidades no pago das mesmas.

Melloras tamén para os ConcellosO goberno Provincial tamén mellora o servizo de recadación aforrando máis custos aos Concellos que gañan, así, liquidez. Isto débese á redución na re-tención pola recadación, pasando do 3% ao 1% que supón un aforro para os 62 Concellos superior aos 700.000 euros. E o adianto aos Concellos mes a mes a recadación de impostos anuais que implica unha inxección mensual nas arcas municipais de 3,3 millóns su-mando 40 millóns ao ano.

DEPUTACIÓNA Deputación ofrece formación e emprego con tres cursos do LUGOWORKO Goberno da Deputación ofrece tres novas accións formativas para 45 lucenses menores de 30 anos no paro, que inclúe o LUGOWORK. É o primeiro plan de emprego xuvenil participativo da provincia, que puxo en marcha o Executivo Provincial, cun total de 2 millóns de euros que captou da Unión Europea a través da EOI. Con este plan aténdese tan-to a formación dos rapaces como as axudas ás empresas para a súa contratación. Tras unha primeira fase de forma-ción, os participantes terán a posibi-lidade de ser contratados en empre-sas da provincia durante seis meses. Para iso, o Goberno da Deputación abrirá unha convocatoria pública, dirixida ás empresas lucenses, ofre-céndolles axudas de 4.200 euros para a contratación dos mozos que conclúan con éxito esta formación. Despois da consulta ás propias em-presas, os traballadores saen cun perfil formativo que tenta cubrir as necesidades demandadas polos empresarios da provincia.Os interesados en participar nestes tres cursos, deberán estar inscritos no Rexistro de Garantía Xuvenil. Po-den facer a súa solicitude ata o 15 de xuño, incluído, en www.deputa-cionlugo.gal ou en www.eoi.es. Os novos cursos abordan as vendas online e offline e atención ao pú-blico, mantemento de aeronaves e emprendemento.O primeiro, o curso de auxiliar de ventas online e offline e atención ao público conta con 15 prazas. Os alumnos e alumnas recibirán conti-dos dirixidos a habilidades sociais e de comunicación, ofimática e técnicas administrativas básicas e coñecementos sobre ventas online e offline.

Son outras 15 prazas as dispoñibles para o curso de mantemento de ae-ronaves no que os e as participantes recibirán formación teórico-práctica impartida por profesionais do Ae-roclub de Rozas. O Executivo Pro-vincial ofrece esta acción formativa, debido á demanda e evolución do sector aeronáutico.O terceiro curso, sobre emprende-mento, tamén se dirixe a 15 mozos e mozas que teñan unha idea de negocio e queiran montar unha empresa. Deste xeito, os partici-pantes terán un titor asignado que os asesorará en aspectos coma os modelos de negocio, ou estratexias de vendas, entre outros. Esta liña do LUGOWORK inclúe formación e axudas de 3.000 euros para que os participantes poñan en marcha os seus propios establecementos, fa-vorecendo o emprendemento.

Outros 91 mozos en seis cursosNa actualidade, xa están en marcha seis accións formativas, nas que par-ticipan outros 91 mozos e mozas.Trátase dun curso de auxiliar de xestión informática e internet para PEMES impartido por AGESTIC a15 alumnos e alumnas na cidade de Lugo, dous cursos sobre Aplicacións e Manexo de Sistemas Aéreos non Tripulados – Drons para 34 pesoas impartido por profesionais do Aero-club de Rozas, un curso de socorris-mo en instalacións acuáticas e outro de socorrismo en espazos acuáticos naturais -ambos impartidos pola Cruz Vemella nas instalacións do Club Fluvial de Lugo- e, finalmente, outro de cociña e restauración im-partido por profesionais da Asocia-ción Provincial de Empresarios de Hostalería de Lugo

Mayra García Bermúdez, deputada de Economía, Recadación e Facenda.

23xuño 2017actualidade

A voceira do Grupo Provincial do PP, Elena Candia, propoñía pola vía de urxencia na Xunta Xeral da Socieda-de Urbanística Provincial de Lugo S.A. (Suplusa) que os membros que forman parte da mesma se dirixan ao Consello de Administración e ao máximo responsable da sociedade para iniciar o cambio da Presidencia, tanto da Xunta Xeral como do Con-sello de Administración da entidade.A petición dos populares débese “á situación de parálise que atravesa a sociedade”, polo que na reunión celebrada trasladaban “a urxencia desta decisión que finalmente saíu adiante cos votos a favor do Grupo Provincial do PP e do vicepresidente da Deputación, Manuel Martínez. Así, o presidente, Darío Campos, perderá a presidencia de Suplusa tras pedir o cambio máis da metade dos seus 25 membros.Elena Candia lamenta que “ao longo destes meses” os socialistas non fo-ran capaces de tomar decisións tan relevantes como inscribir no RUEPSS (Rexistro Único de Entidades Presta-doras de Servizos Sociais) a Suplusa, o paso previo para poder abrir as re-

sidencias de maiores da provincia nas que teñen comprometido 23 millóns de euros. O presidente provincial, Darío Cam-pos, explicaba que o goberno votou a favor do acordo que o apartaría da presidencia; xa que “todos os mem-bros do executivo provincial temos acordado xa dende o pasado mes de febreiro promover cambios no Con-sello de Administración de Suplusa”. O presidente explicou que “o aconte-cido non ten maior importancia, máis que a que lle quere dar o Partido Po-pular para meter cizaña e despresti-xiarme a min mesmo e ao traballo que facemos dende a Deputación”.Pola súa banda, o voceiro do BNG na Deputación de Lugo, Xosé Ferreiro, anunciou que a formación que repre-senta manterá a mesma postura que sempre tivo en relación á presidencia de SUPLUSA.Ferreiro dixo que “non se pensa nas veciñas e veciños de Lugo. PSOE e PP están trasladando as súas liortas partidarias á Deputación e a Suplusa; polo que o BNG non vai entrar nese xogo como nunca entrou. Cunha presidencia de SUPLUSA diferente

á da Deputación e con 6 millóns de orzamento poderiamos ter todo tipo de contraprogramacións motivadas polas loitas partidarias” .

O PP pide a dimisión dos respon-sables do PSOE na DeputaciónO Grupo Provincial do PP pide a di-misión dos responsables do PSOE na Deputación de Lugo, que cos seus líos internos paralizan de novo a apertura das residencias. “O problema é gobernar en minoría pensando que estás con maioría ab-soluta. Que é o que pasa, só buscan a confrontación. Xa non sabemos nin quen mandan, nin quen é o interlo-cutor, algún debería asumir respon-sabilidades destes dous anos de es-perpento continuo. Alguén debería presentar a dimisión nesta institu-ción, non sei se o presidente, que os propios compañeiros lle acaban de dicir o outro día que non é digno para seguir como presidente de Suplusa, pero se non é el, polo menos alguén ten que asumir as responsabilidade desta desfeita”.

O PP paraliza o Centro de Recría segundo o PSOEA empresa seleccionada para a xes-tión e explotación do centro de recría da Deputación de Lugo é, de xeito provisional, Recría Castro S.L.U, con sede en Cospeito.O proceso comezaba o 2 de marzo coa apertura da documentación ad-ministrativa requirida para concorrer a este servizo a través do que eran seleccionadas Dairy Experts Inc., de California; Ganados Deus, de Begon-te; CR Aleitar S.L, de Taboada; e Recría Castro S.L.U, con sede en Cospeito.O seguinte paso foi a comisión téc-nica pública celebrada o 6 de abril na que participaban técnicos provin-ciais e representantes das empresas que valoraba a oferta técnica para a concesión do Centro de Recría Gayo-so Castro con capacidade para 3.000 xovencas.Así, as empresas presentaron me-lloras no funcionamento do servizo, modificación da infraestrutura para facela máis eficiente, dotación de ma-quinaria e equipamento, programas de vacinación ou de bioseguridade, así como os recursos humanos e con-tratación de persoal. Finalmente, a puntuación da empresa seleccionada foi de 71.98 puntos ten-do en conta que a entidade benefi-ciaria propón o incremento de 12,5% do salario dos traballadores para que acaden os 1.000 euros netos men-suais e formación para traballadores en materia de benestar animal. O organigrama de persoal establecido recolle no primeiro ano -que terá un 30% de ocupación total- un xerente, tres traballadores a xornada comple-ta e un a media xornada; no segundo ano -cun 80% de ocupación- pasaría a constar dun xerente, seis traballa-

dores a xornada completa e dous a media xornada e o terceiro –coa ocu-pación do 100%-, un xerente e nove traballadores a xornada completa. En calquera caso, un veterinario exercerá como coordinador dos traballadores e traballadoras ao que se engade un convenio cunha empresa especiali-zada en asesoramento de vacún –SE-RAGRO- que lle permitirá dispor ta-mén dos recursos desta cooperativa composta por 24 veterinarios, dous enxeñeiros agrónomos, un graduado en Ciencias Empresariais, 18 técnicos podólogos, un informático e tres ad-ministrativos. Recría Castro S.L.U. ta-mén se amosa aberta a colaboracións coa Universidade.Atendendo ás cifras, o canon que ofrece Recría Castro S.L.U é de 100.000 euros ao ano que empezará a ser abonado á Deputación a parti-res do quinto ano de actividade. E o prezo que ofrece aos gandeiros por cabeza de gando que inclúe o seu manexo e tratamento –alimentación, transporte, vacinas, inseminación, etc.- é de 2.39 euros ao día.

Agardando a resolución do recur-so dunha das participantesA pesar do interese do goberno pro-vincial en “poñer en marcha o servizo cando antes para dar resposta ás ne-cesidades dos gandeiros e gandeiras”, segundo indicaba o voceiro do equi-po de goberno, Álvaro Santos Ramos, quedaba sobre a mesa a proposta de adxudicación da concesión da xes-tión e explotación do centro de recría Gayoso Castro mentres non se resol-va o recurso efectuado por unha das empresas que participou no proceso de contratación en cuxa reclamación

denuncia incumprimentos nas pres-cricións técnicas. Neste eido, o deputado do Grupo Popular considera que “é necesario”

agardar á resolución do Tribunal de Recursos Contractuais. “Debese resol-ver primeiro o recurso para que haxa un respaldo xurídico antes da adxu-dicación deste proceso”, asegura, ao tempo que matiza que “dende este Grupo non queremos comprometer xuridicamente esta administración nin ser cómplices dos custos econó-micos que poderían implicar á insti-tución dependendo da resolución do Tribunal. Con esta decisión salvagar-damos o prestixio desta institución”, precisa.“Dixeron que empezarían a entrar as xatas en setembro do 2015, pero

dous anos despois estamos nunha situación parecida”, lembra. “Non po-demos conseguir que sexa un niño de pombas ou un mausoleo”, asegura o

popular, quen lembra que a vontade do Grupo Popular “sempre foi clara para que este proxecto chegue a bo porto tralo forte investimento públi-co, apoiar e non torpedear”.Pola súa banda, o voceiro do BNG, Xosé Ferreiro, que considera que “debería ser obra da Consellería de Medio Rural un proxecto coma este”, anunciaba a abstención do Grupo Provincial Nacionalista que non parti-cipaba na mesa de contratación. “Non ten sentido que votemos a favor ou en contra, máxime cando está pen-dente dunha sentenza xudicial”.Santos Ramos concluía que “o PP está

detrás desta manobra, cando me-nos, dilatoria”. Con todo, convencido de que o Tribunal dará nun prazo de arredor de dous meses a razón a quen propón esta adxudicación, aceptaba deixar a adxudicación enriba da mesa agardando que os populares “cum-pran a palabra dada” e “permitan -xa que dubido que apoien-” a adxudica-ción da concesión do servizo.

Campos: “nós construímos e o PP desprestixia e destrúe”O presidente da Deputación, Darío Campos Conde, subliña que “dende que cheguei á Deputación o que sem-pre tento facer é construír para me-llorar a calidade de vida dos veciños, sacando adiante os proxectos que te-mos nesta institución, os únicos que hai para a nosa provincia, pois non existe ningún por parte doutras ad-ministracións onde goberna o Partido Popular: a Xunta ou o Goberno cen-tral”. Pola contra, o PP nesta provincia “só se ocupa de destruír entorpecen-do todas e cantas iniciativas poden, como fixeron no Pleno co Centro de Recría, e desprestixiar non só a miña persoa, como é evidente; senón ta-mén á propia Deputación e ás per-soas que aquí traballan, que nada teñen que ver co ámbito político. Así o puidemos ver no Pleno Provincial onde o PP calumniou a persoal desta institución e impediu a aprobación da concesión do servizo”.“Creo que o que lle importa aos ve-ciños agora é que o centro de recría non está adxudicado porque o PP se opuxo no Pleno, impedindo que estas instalacións empecen a funcionar en xuño, como estaba previsto”.

O presidente provincial nas instalacións da granxa Gayoso Castro.

A Xunta Xeral de SUPLUSA acorda o inicio do cambio de presidencia

Máis de 67.000 euros para melloras de sete centros sociais da Terra CháO goberno provincial aprobaba en Xunta de Goberno melloras en cen-tros sociais da provincia .Esta é unha das liñas do Plan de Mellora de Infraestruturas e Equi-pamentos no Medio Rural, que o Goberno da Deputación ofrece a veciños, asociacións e comunidades de montes dos 67 municipios para a concesión de axudas, en réxime de concorrencia competitiva, para melloras en accesos viarios, traídas de auga e en centros sociais. “Todas elas en núcleos do rural lugués co obxectivo de contribuír á igualdade de oportunidades, vivas onde vivas”. Na Terra Chá levaranse a cabo sete obras, dotadas de 67.304 euros, para mellorar outros tantos centros so-ciais en núcleos rurais de Castro de Rei, Vilalba, Xermade e A Pastoriza. Á adecuación do soto do local social da “Comunidade de Monte Rodela de Ludrio” (Castro de Rei) concede-ranse 8.364 euros; para o arranxo do teito e do pozo artesán do local social da “Asociación de Mulleres Rurais A Xuntaza” (Castro de Rei), 7.862 euros; 12.000 -o máximo esta-

blecido nas bases da convocatoria-, para a restauración e reforma do centro social da “Asociación Cultural Ignacio Rey Stolle” (Castro de Rei); 9.258 para substitución carpintería metálica no centro social da “Aso-ciación Cultural Casa da Escola de Bordelle” (Vilalba); 11.958 para o acondicionamento sede local social da “Asociación Veciños Santa Catali-na de Belesar (Vilalba), 10.759 para o acondicionamento Casa Escola da “Asociación de Mulleres Rurais Saudade” (Xermade) e, finalmente, 7.103 para o acondicionamento do Teleclub da parroquia da Rigueira da “Asociación Cultural Veciños da Rigueira” (A Pastoriza).Tamén achegará o organismo pro-vincial 12.000 euros para a mellora do acceso á escola pública de Santa Comba de Orrea da “Asociación de Veciños de Santa Comba de Orrea” (Riotorto).O Goberno da Deputación decidiu ofrecer aos colectivos veciñais be-neficiados un anticipo da axuda do 95%, que poden solicitar unha vez publicadas as subvencións no BOP.

A proposta como empresa adxudicataria de xeito provisional é Recría Castro SLU

24 xuño 2017 agro

Un total de 520 mozos incorporáron-se á actividade gandeira en Galicia na convocatoria de axudas de Medio Rural correspondente a 2016. Por provincias, a maior parte deles corresponde á de Lugo (con 247 expedientes aproba-dos), seguida de A Coruña (139 expe-dientes), Ourense (68) e Pontevedra (66). Estes datos superan os rexistrados nos últimos cinco anos, segundo expli-ca a directora xeral de Gandaría, Agri-cultura e Industrias Agroalimentarias, Belén do Campo.A maior parte destes mozos incorpo-ráronse a explotacións de vacas de lei-te. Outras orientacións produtivas que

tamén teñen importancia son as de vacún de carne, aves de carne, abellas e porcos de ceba. Xa en menor medida estarían as ovellas, coellos, polos de cu-rral ou mesmo os caracois.En canto á capacitación profesional deste colectivo, a directora xeral expli-cou que un total de 82 mozos contan xa coa de capataz agrícola, FP1 ou formación superior, polo que non é preciso que superen a formación com-plementaria que se esixe para acceder a estas axudas. O resto realizou un curso de 250 horas para formarse de-bidamente ou asumiu o compromiso de realizalo, para o que a Consellería do

Medio Rural lles facilitará a correspon-dente formación, en formato presen-cial ou telemática.De feito, no portal web da Conselle-ría xa foron publicados os nomes dos admitidos de xeito provisional para o inicio da formación telemática do cur-so de Incorporación á Empresa Agraria.

Incorporacións no 2017A Consellería do Medio Rural, Ángeles Vázquez, adiantou que 540 mozos so-licitaron este ano as axudas de incor-poración ao agro galego. Tras pecharse o prazo de solicitudes, “as primeiras cifras veñen demostrar que se mantén o interese dos novos polo rural”. O ano pasado obtíñanse cifras históricas con 784 solicitudes, das que finalmente cumprían os requisitos 618. “Así en só dous anos máis de 1.300 mozos mos-traron o seu interese polo rural”.No que se refire aos plans de mellora, este ano rexistráronse 1.610 solicitudes que sumadas ás do ano pasado, supón que máis de 3.800 agricultores e gan-deiros decidiron presentar un proxecto para modernizar as súas explotacións e, polo tanto, facelas máis competiti-vas.Unha vez recompiladas todas as so-licitudes, a Consellería do Medio Rural comezará o proceso de análise de cada un dos expedientes para comprobar que cumpren os requisitos e valoralos para ter a resolución lista de cara a final de ano.

Ata 1.300 incorporacións ao agro en dous anos

AGRO

A Consellería do Medio Rural partici-pará a través do Instituto Galego de Calidade Alimentaria (Ingacal) e do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM), no proxecto europeo Dairy for future que busca establecer un etiquetado específico do leite que procede de granxas con prácticas eficientes dende o punto de vista medioambiental.O proxecto, baixo o título Dairy for future foi aprobado polo comité de seguimento de Proxectos Interreg da convocatoria Interrreg da Rexión Atlántica e ten catro anos de dura-ción. Conta cun orzamento próximo aos 4 millóns de euros e nel partici-pan, xunto ao CIAM e Ingacal, pres-tixiosos centros de investigación, entidades de asesoramento e uni-versidades doutras nove rexións do Arco Atlántico que abranguen den-de Escocia ate as Illas Azores. Conta-rá cunha rede de 100 granxas piloto distribuídas polas dez rexións que participan no proxecto e dez destas explotacións estarán en Galicia.

As rexións do arco atlántico euro-peo producen máis do 20% do leite da Unión Europea e é por iso que se pretende dotar aos diferentes actores do sector: produtores, in-dustria, distribución e consumido-res, de ferramentas de análise de fácil comprensión e execución que relacionen a eficiencia produtiva e económica coa preservación do medio ambiente. Por iso, chegar a establecer un etiquetado que tanto en granxas como en produtos iden-tifique aquelas prácticas mais efi-cientes será o obxectivo final deste proxecto.Deste xeito, Galicia segue a inves-tigar no mundo agrario, e máis en concreto no sector lácteo, co fin de que este teña un futuro prome-tedor e no que os gandeiros que realizan un esforzo maior porque teñen granxas ecolóxicas ou reali-zan prácticas sostibles e polo tanto afectan en menor medida ao medio ambiente saian beneficiados.

Galicia participa nun proxecto europeo sobre o etiquetado do leite de granxas eficientes

O sindicato Unións Agrarias denun-cia unha nova vaga de importacións de leite líquida de Francia por parte de algunhas das grandes cadeas de distribución que operan en España. Unha situación que supón un salto cualitativo posto que ate o de agora a entrada de produtos lácteos que-daba circunscrita fundamentalmen-te a queixos e derivados industriais.Neste contexto a organización agra-ria lembra que de ter desenvolto Mi-nisterio o Real Decreto de etiqueta-do obrigatorio de produtos lácteos o consumidor podería ter a opción de escoller na súa compra con base a una información completa.Hai que destacar que no caso do leite líquido os tempos de envasado son os que marcan a diferenza de calidade entre as marcas. En Galicia as plantas que procesan leite gale-go apenas tardan 24 horas desde que se muxe ata que se mete no brick. Unha ratio imposible de cum-prir coas cisternas que se importan desde Polonia.

Unións Agrarias lembra que segun-do os resultados dun estudo no que colaborou coa Unión de Consumi-dores de Galicia, reflicte que o 97% galegos preguntados ó respecto considera que indicar a orixe do leite na etiqueta debería ser obriga-torio.Por todo iso o sindicato non enten-de que o Ministerio teña que de-morar mais a posta en marcha do decreto de identificación de orixe do leite cando noutros países como Francia, Portugal, Italia ou o Reino Unido xa está vixente sendo países excedentarios.Sen ese instrumento as explota-cións lácteas de Galicia seguen presas das prácticas inmorais dos primeiros compradores e industrias para os prezos a pesar das prome-sas –polo de agora incumprida- da conselleira de Medio Rural, Ánxeles Vázquez no sentido de sacar un de-creto en Galicia de regulación e con-trol para estes “tratantes de leite” se o Ministerio non daba o paso.

UUAA denuncia importacións indiscriminadas de leite

A Consellería do Medio Rural, a tra-vés da Axencia Galega de Desenvol-vemento Rural (Agader) destinará un total de 16 millóns de euros nos próximos dous anos para a mellora, ampliación e mantemento de camiños municipais.Farao a través de subvencións direc-tas aos Concellos, que se distribuirán de acordo con criterios obxectivos, relacionados con aspectos como a po-boación ou a ruralidade, establecidos co consenso da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp). Trala publicación da resolución no DOG do Plan de mellora de camiños municipais 2017-2018 o 31 de maio, os Concellos dispoñen do prezo dun mes para presentar as solicitudes. O prazo máximo para executar e xustificar as axudas remata o 30 de setembro do 2018.

Os municipios da Terra Chá e do seu carón teñen asignado un máximo de 1.019.502 euros a recibir divididos en dúas anualidades. No caso do Conce-llo de Abadín a asignación é de 78.754 euros; 62.837 euros no de Begonte, 76.439 euros para Castro de Rei, 79.984 euros para vías municipais de Cospei-to, 97.765 euros para as de Friol, 64.460 euros para Xermade, 89.588 euros para Guitiriz, 38.333 euros para Meira, 54.118 euros para Muras, 68.427 eu-ros para Outeiro de Rei, 69.638 euros para A Pastoriza, 58.169 euros para Pol, 39.567 euros son os asignados ás vías de Riotorto, 29.677 euros ás de Rábade e 111.746 ás de Vilalba.

Mellorar a vida no ruralO obxectivo xenérico destas achegas é o de favorecer a mobilidade dos seus habitantes e permitir acercar servizos,

facilitando, así mesmo, a entrada e saí-da das producións rurais.Así, serán subvencionables as actua-cións de ampliación que supoñan un incremento da súa largura e lonxitude; mantemento do firme existente como das súas marxes e mellora dos cami-ños municipais que supoñan un refor-zo do firme existente coa incorpora-ción de novas capas máis axeitadas ás características do tráfico rodado que soportan. Terán tamén esta conside-ración as obras de mellora da drenaxe, da seguranza viaria, de reforzo de noi-ros (con muros ou outras estruturas de contención), adecuación de obras de paso de cursos fluviais e reforzo de cunetas, así como a integración am-biental ou a mellora da sinalización. En ningún caso se admitirán actuacións consistentes no arranxo de fochas.

Máis dun millón de euros para vías municipais chairegas

A conselleira visitaba unha explotación porcina de Guitiriz beneficiaria de diferentes axudas nos últimos anos para a incorporación dun mozo.

25xuño 2017agro

Unións Agrarias pide adaptar a lei de protección de animais ao ámbito rural

Coincidindo co Día Mundial das Abellas, o 20 de maio presentábase en Compostela a Plataforma Stop Velutina, unha rede de 24 organizacións e colectivos que nace da iniciativa da Asociación Galega de Apicultura (AGA) e do Sindicato Labrego Galego co obxectivo de esixir a asunción de competencias sobre a problemática do tártago asiático por parte da Consellería de Medio Ambiente, no ámbito de Galicia; e máis do Ministerio de Agricultura, no ámbito estatal.En concreto, a plataforma esixirá que a Xunta e o Goberno asuman como súas as seguintes cuestións: impulsar a investigación, a importancia da loita preventiva, a necesidade dun organismo único e a labor de divulgación social. A plataforma considera que a problemática da Vespa velutina non é competencia exclusiva da Consellería de Medio Rural, como ata agora se leva atribuíndo por vía administrativa, senón tamén -e especialmente- de Medio Ambiente. A lexislación existente sobre as especies exóticas invasoras (EEI) regula as mesmas considerándoas un problema medioambiental polos desequilibrios que provocan nos ecosistemas autóctonos. Nestes documentos, reflíctense os importantes danos causados por estas especies invasoras en Europa (12,5 millóns euros/ano, ademais dos importantes danos medioambientais) e regúlanse tamén as obrigas das administracións con competencia medioambiental na xestión da problemática. A invasión da avespa velutina é un problema de toda a sociedade.

Por Breixo GonzálezChairegos Servizos Veterinarios

O s últ imos días saen noti-cias sobre a actualización da lei de animais de compa-ñía; pero mentres non estea rematada non imos falar de ela, aínda que si aproveita-mos para aclarar certos as-pectos da lei que esta aínda en vigor e sobre todo que se pode facer e que non.

Microchips :Os microchips e os pasa-portes son obrigatorios para todos os can. Da igual que estean dentro de unha finca pechada, un piso ou no cam-po. Insisto que é obrigatorio xa que hai xente que pensa que por ser de talla peque-na ou por estar nunha finca non é obrigatorio.. . Si que o é. E ademais a súa ausencia é punible pola lei. Tamén se debe chamar a atención que o pasaporte (un libro de cor azul e troquelado cun núme-ro de serie) carece de valor se non está acompañado do microchip e non está dado de alta. Así mesmo, o vete-rinario que de o pasaporte comete un delito.

Vacinas:En Galicia os cans deben va-cinarse de xeito anual. Esta vacina é a das enfermidades máis comúns. A máis habi-tual é unha pentavalente que cubre a parvovirose (unha diarrea hemorráxica vírica que causa moitas mortes en cachorros), moquillo (unha enfermidade nerviosa que afecta a animais novos e ve-llos e dana os tecidos ner-

viosos, así coma o sistema inmune), adenovirose canina (outro virus que ataca tódo-los órganos do can e mátao en cuestión de horas) e a leptospirose (de gran impor-tancia, xa que é unha zoono-se e nos pode afectar a nós tamén causando danos hepá-ticos e renais).A vacina da rabia non é obri-gatoria en Galicia agás nos cans potencialmente perigo-sos, pero si se sae da comu-nidade, hai que poñerlla xa que é obrigatoria no resto do estado.

Desparasitación interna:A lexislación obriga a despa-rasitar fronte a Echinococcus granulosus que é un parásito intestinal (unha tenia) res-ponsable da enfermidade en persoas coñecida como hida-tidose (as larvas do parásito forman unhas bolsas que cre-cen en diferentes órganos, causando síntomas coma os de tumores e se rompen po-den causar shock anafilácti-co) polo tanto débese como mínimo desparasitar unha vez ao ano, aínda que por razóns estacionais, debérase desparasitar cada tres meses coincidindo co cambio de estación.

Desparasitación externa: Esta faise para evitar a apari-ción de pulgas e sobre todo carrachas, que como xa se falou noutras veces, trans-miten enfermidades moi gra-ves tanto a cans (Babesiose) coma ás persoas (Enfermi-dade de Lyme). Para iso hai diferentes produtos, dende pipetas, pasando por colares e pasti l las.Tanto as vacinacións como desparasitacións deben ser cubertas, asinadas e seladas polo veterinario. As vacinas non se poden comprar. Son actos veterinarios obriga-torios co cal compralas (ou vendelas) ou non telas sela-das polo veterinario ou non vacinar os cans supón un in-cumprimento da lei.

Normativas e obrigasMedio Ambiente pide a recollida de envases de fitosanitariosA Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio promoverá entre os agricultores galegos sumarse á campaña Operación Reciclaxe, posta en marcha por SIGFITO -entidade responsable da recollida e xestión dos residuos de envases comerciais e industriais-e que ten entre os seus obxectivos incrementar as cifras de recollida deste tipo de envases de produtos fitosanitarios.Son os envases procedentes da aplicación de insecticidas, funxicidas, herbicidas ou bactericidas que se empregan para combater o previr a actuación prexudicial de certas formas de vida animal ou vexetal prexudiciais para a saúde pública e tamén para a agricultura.A directora xeral de Calidade

Ambiental e Cambio Climático, Cruz Ferreira Costa, avanzou a posta en marcha desta campaña na Comunidade galega na reunión da Comisión de seguimento do sistema integrado de xestión deste tipo de residuos, así como doutros produtos que están adheridos a este sistema e que se xeran no ámbito agrícola, co fin de mitigar os efectos da contaminación que xeran este tipo de productos coa entrega do envases na rede de puntos.Outra das medidas que se porá en marcha para potenciar a participación é a activación dunha aplicación, na que se detallarán os quilos de material reciclado, co que ademais se fomentará a transparencia e se eliminará o uso de albarán en papel.

Na reunión tamén se informou dos datos de recollida na Comunidade galega ao longo de 2016, período no que se reciclou máis de 44.000 quilos de residuos de envases de produtos fitosanitarios.No reparto por provincias, destacan as recollidas nas provincias da Coruña e Pontevedra, con 17.115 kg e 15.926 kg respectivamente, nas que seguidas pola de Lugo, con 6.175 kg e pecha a lista a provincia de Ourense, con 5.423 Kg.A cifra rexistrada en 2016 (44.639) representa un incremento de case 5 puntos, respecto do ano anterior (42.529) e mantén a tendencia que se ven experimentado desde o ano 2012, exercicio no que se recolleron (40.030).

Nace a Plataforma Stop Velutina

Unións Agrarias está a desenvolver contactos cos grupos políticos con representación no Parlamento de Galicia, a fin de acadar un consen-so sobre a necesidade de modificar puntualmente o Anteproxecto de Lei de benestar de animais domésticos, antes da súa aprobación definitiva, para evitar futuras situacións absur-das no rural galego.Esta lei concebida para mascotas en entornos urbanos, pode estar máis ou menos acertada para regular a te-nencia e evitar o maltrato dos cans de compañía, pero non considera as es-pecificidades dos cans de traballo nin dos cans de caza mentres desenvol-ven as súas tarefas específicas. Igua-lando posibles lesións dos animais no desenvolvemento das súas tarefas (lesión dun mastín nun enfrotamento cun lobo defendendo un rabaño, le-sión dun can de caza por un xabarín) directamente co maltrato animal, sen facer distincións de matices. As san-cións por este concepto van de 5.001 a 30.000 euros. “É lóxico sancionar a

un maltratador dun animal, pero non é lóxico non facer distinción clara na Lei do que é maltrato, doutras situa-cións con posibles danos dos cans no desenvolvemento do seu traballo”, segundo advirte o responsable de área de Desenvolvemento Rural de UUAA, Xacobo Feijoo.Esta falta de separación clara no actual Anteproxecto de Lei, fai que “a día de hoxe no rural, e sen terse aprobado esta lei, hai xa denuncias e propostas de sancións a gandeiros por utilizar mastíns ceibos para gar-dar o gando ou por pasear animais ceibos por fincas privadas non pe-chadas, mentres traballan co gando e aínda que non causaran ningún tipo de problemas a terceiros co seu com-portamento”.Cómpre polo tanto a adaptación á realidade, pois “facer impracticable a caza para poder xestionar a fauna salvaxe, ou a defensa de rabaños do lobo mediante o emprego de cans, en nada axuda á protección dos ani-mais nin ao futuro do rural”.

Os mastíns ceibos gardan rabaños de gando.

26 xuño 2017 deporte

DEPORTE

Carabullo, subcampión nacional de billarda

Tralo peche en Ribadeo da liga regu-lar da LNB co título da categoría ab-soluta para Charli, de Carabullo (Ou-teiro), a segunda posición para o seu equipo e a terceira por equipos para outros chairegos, Chaínzos-Cadaval (Castro de Rei), o subcampionato de donas para Lola Eiras, de Polka Mise-ria (Pol) e a terceira praza para Paula, de Carabullo (Outeiro); celebrábanse

no Castiñeiriño (Compostela) as fi-nais nacionais cos clasificados dou-tras conferencias. Pola NorLeste viaxaban Charli, Rubén Fernández, Daniel, Manu Pozo, Geni, Santi, Isma, Pepe Outeiro, Pepe Vi-dal, Tomás, Franco, Regueiro, Rubén, Markytos e Carlos Alvariño; Paula, Lo-rena e Bea –na categoría de Donas-, Manu Caldeiro – en infantil-; ademais

dos tres primeiros equipos do cam-pionato.Os mellores da final de equipos que se disputaban en tres pistas simul-táneas foron Corredoiras de Bueu, coas súas mulleres tirando do carro. Con todo, o pleno de Santi nas cinco carreiras e o bo xogo de Dani Morán levaba aos Carabullo da Ponte de Ou-teiro a xogarse o segundo posto ante

os Gharaboto de Marín aos que final-mente dobregaron.As favoritas da final feminina, Geni, Bego e Lu gañadoras xa nalgunha ocasión, pasaban a fase de grupo sen atrancos; pero, nos cruzamentos su-friron. Finalmente, Geni, dos Billardei-ros musicais, alcanzaba un meritorio terceiro posto.Seis grupos de oito palanadores cada un, que logo de cinco carreiras que-darían reducidos á metade, botaban a andar a final máis agardada coa que determinar o campión individual ab-soluto. O bicampión dos Billardeiras Musicais, Markytos, plantábase na final cos aspirantes Dani, de Rino-ceronte de Pontevedra, e Charli, de Carabullo da Ponte de Outeiro. Dous palanadores da conferencia NorLeste contra un das Rías Baixas. Os tres realizaban unha espectacular saída cun bo golpe de Charli, me-llor o de Markytos e superado polo de Dani. No segundo golpe Char-li queda a carón do varal mentres que Markytos e Dani entran ambos. Markytos toma vantaxe na segunda carreira polos erros dos outros dous

e acada dous novos puntos, Dani fai so un e Charli queda en branco e perde folgos xa sen opción. Dani sae frouxo na terceira carreira, Charli a media pista e Markytos afástase cara ao varal. Tanto Dani coma Charli erran o segundo tiro e Markytos tira e a bi-llarda fica pegada a un posto do varal sen chegar a entrar. O terceiro golpe de Dani entra polo medio do varal meténdolle moita presión a Markytos .Mentres Charli desmotivado erra de novo, o billardeiro musical convér-tese de novo en coroceiro nacional ao lograr o seu terceiro título da LNB tras lograr previamente o título de varados co seu primeiro e único tiro da final.

Podio para CharliAsí, os representantes da confedera-ción NorLeste facíanse con cinco po-dios grazas aos títulos de Markytos en varados e individual absoluto onde Charli era terceiro, a terceira posición de Geni en donas e o subcampionato de Carabullo por equipos.

Charli durante un golpe da última xornada da liga regular (á esquerda) e Markytos na final (á dereita).

O Presidente, Darío Campos Conde, e o Deputado de Deportes, Pablo Rivera Capón, recibiron no Pazo de San Mar-cos aos lucenses que se beneficiaron das axudas para deportistas indivi-duais que o Goberno da Deputación ofreceu, en réxime de concorrencia competitiva, por valor de 75.000 euros.

Campos Conde entregoulles un diplo-ma en recoñecemento ao seu esforzo en prol do deporte lucense e subliñou que “estamos tremendamente orgullo-sos de ter uns embaixadores coma vos, pois levades o nome de Lugo e da nosa provincia por todo o territorio nacio-nal e estranxeiro. Somos conscientes das dificultades que supón hoxe en día a práctica deportiva profesional, polos elevados custes de despraza-mentos, inscricións en competicións ou material técnico, dificultades que

se incrementan no caso dos deportes individuais, por iso quixemos estar ao voso carón e axudarvos, na medida do posible, con estas axudas”.En total, foron 130 deportistas indivi-duais da provincia de Lugo os que se beneficiaron destas axudas que ofre-ceu o Goberno da Deputación en réxi-

me de concorrencia competitiva, é dicir ás que puideron optar todos os lucen-ses interesados, e coas que premiou o esforzo competitivo introducindo novos criterios, totalmente obxectivos, para a súa concesión. As bolsas oscilan entre os 300 e os 2.000 euros. Foron, concretamente un total de 66 homes (51%) e 64 mulleres (49%) os que recibiron axudas, premiando o esforzo competitivo dos deportistas, posto que por primeira vez, tivéronse en conta os resultados acadados en

competicións internacionais, estatais, galegas e provinciais.Á disciplina de atletismo concedéronse un total de 47 axudas, por un valor to-tal de 24.743 euros. En taekwondo con-cedéronse un total de 20 axudas, por un valor total de 13.879 euros. Ata 18 axudas foron concedidas para natación por un valor total de 11.635 euros. No caso dos piragüistas recibiron 7.762 eu-ros de 15 axudas. No caso do tiro olím-pico foron concedidas ata nove axudas por un valor de 4.863 euros e en tríat-lon e péntatlon, oito por 4.411 euros. Tamén a loita recibía cinco axudas por 3.209 euros e no caso da orientación eran 2.257 euros os que se destinaban a catro axudas.Menos deportistas recibían axudas na disciplina de tiro con arco, dous, por un valor total de 758 euros. En squash e karate concedeuse unha única axuda por disciplina por un valor total de 667 euros e 385 euros, respectivamente.

Catro grupos de beneficiariosAs axudas distribuíronse entre catro grupos de beneficiarios segundo a idade dos aspirantes a data de 31 de decembro de 2015. Ata 16 anos conce-díanse un total de 86 axudas por valor de 49.703 euros; entre os 17 e os 25 anos, un total de 40 axudas por valor de 22.968 euros; de 26 ata 35 anos ata 1.993 euros recibían tres deportistas e, finalmente, para deportistas con capa-cidades diferentes (sen límite de idade) concedíase unha axuda por valor de 336 euros.

O remate da temporada e o elevado número de licencias de taekwondo na Terra Chá son dous dos factores que determinan o elevado número de campionatos e de representan-tes chairegos en cada un deles.Ao Campionato Galego júnior 2017 asistía Adrián González, do Sangiao Taekwondo, como único represen-tante do club trala baixa de Ruth Couso que non tivo opcións de re-validar o bronce da pasada edición.O seu compañeiro comezaba na última posición por mor dun sor-teo nada favorable. Tras vencer no primeiro combate por 17 – 5, no segundo comezaba encaixando un 10-0 ante o campión de España para remontar ata un 17-10 ante o que se proclamaría campión galego, Artai Pazos. Finalmente, obtiña a quinta posición.E ao autonómico escolar na moda-lidade de combate o Centro Depor-tivo Jansu de Vilalba desprazaba ata

Noia a dous deportistas: Inés e Álex Poupariña Naseiro.Inés lograba o bronce na súa ca-tegoría e Álex caía en segunda rolda tras gañar con autoridade ao primeiro rival. Con todo, demos-traron saber estar no tapiz na súa primeira incursión no autonómico de combate.

I Campionato do Mundo na praiaPola súa banda, Gabriel Tembras Corrales e Beatriz Felpeto Rodríguez -da Escola Moo Duk Kwan- viaxaban á illa grega de Rodas coa selección nacional para participar no I Cam-pionato do Mundo de Tae Kwon-Do na praia; así coma no Campionato de Europa.Os deportistas da Escola de Tae Kwon-Do Moo Duk Kwan lograban obter o bronce por parellas na mo-dalidade free style tanto no campio-nato mundial coma no de Europa.

A Terra Chá, canteira de taekwondoA Deputación achegou 75.000

euros a 130 deportistas

Inés Poupariña, bronce no autonómico escolar de combate.

Rivera e Campos recibiron aos beneficiarios e beneficiarias en San Marcos.

27xuño 2017actualidade

RECOMENDACIÓNS

Un cineasta exiliado decide retornar ao país décadas despois de salvar a vida tras unha fuxida á desesperada. Co seu regreso, tensións políticas e vellas historias da guerra do 36 volven ao presente. Mais tamén volve a lembranza dos amores perdidos naqueles días de terror. Sen sospeitalo, o xornalista da televisión que o animara a regresar para reivindicar a súa obra cinematográfica terase que enfrontar ás temibles e violentas consecuencias de desenterrar un pasado negado e maldito. Combinando memoria histórica, elementos de thriller policial e unha homenaxe ao cinema político, Miguel Anxo Fernández logra con Blues para Moraima, unha das súas obras literarias máis ambiciosas. Unha novela de grande axilidade narrativa e unha intriga que apreixa o lector.

Blues para Moraima, Miguel Anxo FernándezEditorial Galaxia

Premio Blanco Amor 2016

que ler?

Do coco deste home saiu The Wall e boa parte de Wish you were here e The Dark side of the moon. Só por iso, respecto máximo.Waters nunca tivo pelos na lingua como para calar agora coas súas setenta e catro primaveras.O seu retorno é unha grande nova. O ex – Pink Floyd é un tipo complicado. Capaz de parir obras mestras e de litigar ata as últimas consecuencias cos seus antigos compañeiros polos dereitos do grupo.Deu caña aos exércitos, aos gobernos, aos sistemas educativos, ao imperialismo e agora, de xeito máis ambiguo e se acaso de refilón, a Trump.Un disco moi seu, de principio a fin. Non é The Wall, nin tan sequera The Final Cut, pero en medio da mediocridade reinante, soa a gloria. Conceptual, certero, necesario. É de verdade a vida que realmente queremos? Seguro que non.

Roger Waters: “Is this the life we really want?”por Félix Jorquera

que escoitar?

Título orixinal: El invierno. Ano: 2016. País: Argentina. Duración: 95 min. Xénero: Drama social, emprego. Director: Emiliano Torres. Guion: Emiliano Torres e Marcelo Chaparro. Música: Cyril Morin. Fotografía: Ramiro Civita. Reparto: Alejandro Sieveking, Cristian Salguero, Adrián Fondari, Pablo Cedrón, Mara Bestelli, Violeta Vidal, Eva Jarriau, Raphaël Turrents, Rodrigo Iturralde, Ramiro Arlandi, Omar Baigorria, Perro El Diablo, Nazareno Ramírez, Sebastián Ferrari Ivovich, Pedro Pablo Burgos, Ana Laura Hernández. Productora: Wanka Cine / Ajimolido Films / Cité Films

Premio Especial do Xurado e Fotografía no Festival de San Sebastián 2016.

O vello capataz dun rancho na Patagonia é despedido do seu traballo. Un peón máis novo reemprázao. O cambio non será fácil para ningún dos dous. Cada un, á súa maneira, deberá sobrevivir ao seguinte inverno.

‘El invierno’, dirixida por Emiliano Torres

que ver?

Rubén VizcaínoCompositor musical guitiricense

a elección de...

unha peza musicalun libro

É moi difícil elixir só

un, pero quedaríame

cun de relatos de Cortázar

“Quatour pour la fins du temps”,

de Olivier Messiaen

unha personaxe históricaunha película

un sitio onde vivirun lugar para visitar

unha comida unha bebida

O documental

“Alone in the

wilderness”

Alan Turing

Xapón Galicia

Unha empanada no campo ou a carón do mar Té

w w w . p e i n o a r q u i t e c t u r a . c o m

julio peinó álvarez881993422 - 659078867

[email protected]/peinoarquitectura.com

28 xuño 2017 actualidade

AXENDA CULTURAL

músicaexposicións

concursos

A colección reúne 95 viñetas de Luis Davila, que versan sobre distintos temas de actualidade, como a sanidade, o turismo, a educación, ou a igualdade, entre

outros, que se poderán ver nos catro museos da Rede Museística da Deputación con motivo da celebración do Día dos Museos, que se celebra o 18 de maio.

Humor do paísLugo - ata o 31 de xullo - Sala de Exposicións do

Museo Provincial

Máis en: www.terrachaxa.com

Pizzicato Trío (2 de xuño na Praza de Santa María), Dúo Pravarel (9 de xuño na Praza San Juan), Cuarteto Divertimento (16 de xuño na Praza da Constitución), Tango en Xan3iro (Praza Coronel Pena), Cuarteto Skirion (7 de xullo na Praza de Santa

María), Cuarteto en A (14 de xullo na Praza da Constitución), Cuarteto Castelao (21 de xullo na Praza de San Juan), Banda de Vilalba (o 28 de xullo na Praza da Constitución), AproyecT (4 de agosto na Praza Suso Gayoso), Tuba e Dálle (o 11 de agosto na Praza Coronel Pena) e A Vabagán (o 18 de agosto na Praza Suso Gayoso) ofrecerán cadanseu concerto dentro deste ciclo

organizado polo Concello coa colaboración da Banda de Vilalba e o Conservatorio de Música. En caso de condicións meteorolóxicas adversas, as actuacións terán lugar no Centro Cultural e Recreativo con entrada gratuíta.

I Ciclo de Música na Praza Vilalba - do 2 de xuño ao 18 de agosto (20.30 horas)

A Asociación Sociocultural de Reigosa anima os estudantes da provincia lucense a “presumir de terra” por escrito. Os traballos deben presentarse en galego e pode participar o alumnado matriculado en calquera centro escolar público da provincia de

Lugo que curse estudos do segundo ou terceiro ciclo de Primaria ou primeiro e segundo de Secundaria. O premio para os gañadores de cada ciclo consistirá nun lote de libros en galego, unha tablet e un diploma. O centro educativo do estudante

vencedor tamén recibirá un lote de libros en lingua galega e o centro ao que pertenza a persoa mellor valorada polo xurado recibirá en recoñecemento unha escultura orixinal de madeira de nogueira e ferro esmaltado e pintado do artista Luís

Loureira baixo o título de Peiteando o porvir.

III Concurso de Redacción Xornalística Mariña Folgueira de Reigosaata o 16 de xuño

Ao certame poderán concorrer tódolos autores ou autoras que o desexen sempre que presenten a súa obra poética en lingua galega e cunha extensión mínima de 500 versos baixo unha temática libre. O ditame do xurado darase a coñecer o 22 de agosto e o gañador recibirá o premio -dotado con 7.000 euros, flor natural e diploma, o 30 de agosto no acto de

apertura das festas de San Ramón e Santa María.

XLIII Certame Literario de Vilalbaata o 18 de xullo

O concurso desenvolverase o domingo 18 de xuño na localidade de Rábade baixo a temática “Estampas de Rábade”. Os e as artistas deberán selar na Casa do Concello a súa tea en branco ou preparada cun úncio color. As obras deberán ser presentadas ás cinco da tarde para a súa avaliación. O Concello entregará un primeiro premio de 1.100 euros; mentres

que o segundo e o terceiro están patrocinados por FINSA e Aqualia con 700 e 500 euros, respectivamente. Tamén se concederán ata tres accésit de 60 euros cada un.

X Certame de Pintura Rápida de Rábade18 de xuño

Tódalas obras premiadas no X Certame de Pintura Rápida, e as de aqueles e aquelas artistas que o desexen, previa taxación do autor, serán expostas no

Concello.

X Certame de Pintura RápidaRábade - dende o 19 de xuño ao 3 de xullo -

Casa do Concello

eventos

Utilizando a zanfoña con voz propia, Johannes Geworkian Hellman é coñecido coma un artista cunha expresión singular que achegará a súa música á Casa das Ínsuas iniciando un ciclo de concertos cos que poñer en valor a música como

traballo, como medio de vida, así coma o traballo vinculado á terra e aos oficios tradicionais. A entrada supón 7 euros.

Música ao natural nas Ínsuas: Johannes Geworkian Hellman Rábade - 9 de xuño (21.00 horas) - Casa das Ínsuas

O domingo 18 de xuño o IESCHA promove a XVII Ruta Chairega A Veiga-Carelle por terras de Muras con saída ás nove e media da mañá dende a Pravia.

XVII Ruta Chairega A Veiga-Carelle Vilalba-Muras - 18 de xuño (09.30 horas)

A última xornada repasará a historia de Cabreiros en fotografías, servirá para presentar o libro “Xermade na Historia” 1 antes de rematar cun taller de xoguetes

tradicionais e unha representación teatral.

XIII Xornadas Interxeracionais RuraisXermade - 10 de xuño - Escola de Cabreiros

Milesios presenta o novo libro-CD “indoevindo” na Casa da Cultura de Castro R. de Lea nun concerto organizado polo Concello de Castro de Rei con motivo da celebración das Letras Galegas. Tamén particiarán Gaia Pandeireteiras.

Milesios en concerto Castro - 17 de xuño (20.00 horas) - Casa da Cultura

A sala de exposicións do auditorio municipal acollerá esta mostra con imaxes dos Camiños Norte, Primitivo, Francés e Inglés con motivo das X Xornadas do Peregrino Abrinco Camiño 2017 que abrirán en Vilalba cunha mesa-debate e

mostra-degustación.

Vía IacobitanaVilalba - dende o 23 de xuño ao 9 de xullo -

Auditorio Municipal

Con esta proposta da concellería de Educación, os nenos e nenas de 3 a 5 anos dos colexios de Vilalba coñecerán o Universo da man de especialistas en

Astronomía.

Planetario en vivoVilalba - 15 e 16 de xuño - Pavillón Municipal

29xuño 2017sociedade

Medio centenar de rapaces e rapazas de varios puntos de Galicia coma A Coruña, Lugo, Arteixo, Muimenta, Vilalba, Burela, etc. participaron o 17 de maio nunha xuntanza cicloturista organizada pola Asociación Cultural e Deportiva Biciclistas Galegos. Os cicloturistas visitaron lugares emblemáticos do concello de Abadín como a ruta dos muíños, o “queimao”, Abeledo, As Goás, etc. A xornada rematou cun xantar de confraternización en Casa Goás. Os vindeiros percorridos turísticos en bicicleta de montaña realizaranse en Guitiriz, Vilalba e Xermade.

Organizada pola Oficina de Turismo de Meira celebrábase a tradicional ruta de sendeirismo Miño-Eo que este ano, como novidade, contaba coa participación da Asociación de Amigos da Maquinaria Agrícola Clásica que acompañaba aos participantes con 20 tractores clásicos que tamén estiveron expostos na praza do Concello de Meira.

Asunción Lobeiras Díaz, veciña da aldea dos Ares, na parroquia de Os Vilares (Guitiriz) e Trapeira de Honra 2016 cumpriu 101 anos. A alcaldesa e a tenente de alcaldesa fixéronlle unha visita para facerlle chegar unha pranta e un diploma no que se recolle unha felicitación pola súa lonxevidade como agasallos do Concello.

Preto dun cento de persoas desprázabanse ás Rías Baixas o domingo 14 de maio para visitar O Grove e a illa da Toxa, ademais de participar nunha ruta en barco polas bateas, nunha viaxe organizada pola Asociación de Mulleres A Xuntanza.

“Filipa” ofrecía unha sesión de contos teatralizada e con música e cancións en directo o 18 de maio na biblioteca de Xermade onde contaba “A galiña azul”, de Carlos Casares, e outros contos populares de xigantes, de medo, animais, etc.

Coa sexóloga Olga Núñez falaron abertamente os usuarios e usuarias do Centro de Día de Abadín, que forma parte do Consorcio da Consellería de Política Social, sobre os mitos e etiquetas que rodean á sexualidade na terceira idade.

O alumnado da UNED Sénior, matriculado en Momán (Xermade) recibía unha clase de psicomotricidade -a través de traballos con trazos- da man do seu profesor en Medicina, o Dr. Marcelino Mosquera

30 xuño 2017 servizos

Concursa con

Participa no noso concurso mensual mandando un sms ou whatsapp a 661 46 43 23, dando a resposta que ti creas para acertar coa nosa personaxe do mes. Entre os acertantes sorteamos unha cea para dúas persoas no Restaurante A Nova Ruta.

Como pasa o tempo!Quen é este rapaz?

Coordina unha das feiras máis destacadas da comarca.

Solución do mes pasadoMónica Paz.

GañadorJesús Ángel Fonte.

1xaneiro 2017agro

AXENDA DA TERRA CHÁABADÍNConcello: 982 50 80 21Garda Civil: 982 50 80 11Ambulancia: 982 50 81 22Centro de Saúde: 982 50 81 22FarmaciasDíez Roura, E: 982 50 80 58Álvarez Ares, A: 982 50 80 53Centros EducativosCEIP A. Iglesias Alvariño: 982 50 80 17CEIP Moncelos-Moar: 982 50 21 12

A PASTORIZAConcello: 982 33 21 97 / 982 33 21 60Garda Civil: 982 34 90 20Museo Pedagóxico Etnográfico Fernando Villapol: 982 34 92 81Centro de Saúde: 982 33 21 41Farmacias Fazáns Loira: 982 33 20 47 / 661 23 74 83Paz Comendeiro: 982 33 21 61Centros EducativosCEIP de Bretoña: 982 34 91 44CEIP de A Pastoriza: 982 33 22 00IES A Pastoriza: 982 33 20 25

COSPEITOConcello: 982 52 00 01 / 982 50 40 57Secretaría Municipal: 982 52 01 06Rexistro Civil: 982 52 01 56Garda Civíl: 982 52 00 17Xulgado: 982 52 01 56Mirador da Terra Chá: 982 50 30 12Centro de Saúde(cita previa): 982 52 01 20Feira do Monte: 982 50 34 69Consultorio de Muimenta: 982 50 40 57FarmaciasCarracedo Lozano (Feira do Monte): 982 52 00 20Crecente Cabana (Muimenta):982 52 81 47 Centros EducativosCPI Virxe do Monte: 982 52 00 46CEIP de Muimenta: 982 50 40 35

CASTRO DE REIConcello: 982 31 40 34 / 982 31 41 32Garda Civil: 982 31 40 02Inludes: 982 31 00 04Notaría: 982 31 04 03Rexistro Civil: 982 31 40 34Museo Castro de Viladonga: 982 31 42 55Correos: 982 31 01 59Taxis: 982 31 00 88Rios Panisse (Ribeiras de Lea): 982 31 00 58Granxa Gaioso: 982 31 00 04H. Psiquiático San Rafael: 982 31 00 02R. de Anciáns Quavitae: 982 31 01 75Centros de Saúde Castro de Rei: 982 31 41 06Ribeiras de Lea: 982 31 04 34FarmaciasAnsende Castro (Castro de Rei): 982 31 41 51 Centros Educativos:CEIP Nº1 de Riberas de Lea: 982 31 00 03CEIP Ramón Falcón (Castro de Rei): 982 31 40 03CEIP Veleiro do Campo (Riberas de Lea): 982 31 01 09IES Trapero Pardo: 982 31 03 08

BEGONTEConcello: 982 39 61 43Garda Civil: 982 39 80 08Belén de Begonte: 982 39 61 21Centro de Saúde: 982 39 69 02FarmaciasSalinas Ramil (Begonte): 982 39 60 02Eimil Apenela (Baamonde): 982 39 82 64Centros Educativos CEIP Virxe do Corpiño (Begonte): 982 39 61 33CEIP de Baamonde: 982 39 80 06

XERMADEConcello: 982 50 10 01 / 982 50 20 03

/ 982 50 10 27Garda Civil: 982 50 10 08Centro de Saúde: 982 50 11 34 982 50 10 55Parque Eólico Sotavento: 982 56 37 77Farmacia González Pardo: 982 50 10 17CEIP Xermade: 982 50 10 21Taxi Emilio Calaza: 669 96 88 07

RÁBADEConcello: 982 39 00 62 / 982 39 00 52Xunta de Galicia: 982 39 20 33Garda Civil: 982 39 00 05Correos: 982 39 03 98Centro de Saúde: 982 39 01 01FarmaciaQuinzá-Torroja García: 982 39 01 71Sánchez Pérez Mel, A.M.: 982 39 00 17Centros EducativosCEIP Santo Anxo: 982 39 08 13Colexio Fernández: 982 39 01 28CEIP Otero Pedrayo: 982 39 01 48IES de Rábade: 982 39 06 33

MURASConcello: 982 50 00 01Garda Civil: 982 50 00 20Centro de Saúde: 982 50 01 23FarmaciaCristina Martínez Ruibal: 982 50 00 42CEIP de Muras: 982 50 01 04

GUITIRIZConcello: 982 37 01 09 / 982 37 58 00Xunta de Galicia: 982 37 14 10Garda Civil: 982 37 00 01Servicios Sociais: 982 37 03 80Servicio de Ext. Agraria: 982 37 03 51Cruz Vermella: 982 37 33 11Xulgado de Paz: 982 37 00 28Rexistro Civil: 982 37 00 28C. I. T. Parga: 982 37 30 35Biblioteca: 982 37 06 61Correos: 982 37 04 26Balneario de Guitiriz: 982 02 22 00Balneario de Pardiñas: 982 37 04 26Centro de SaúdeGuitiriz: 982 37 21 10Parga PAC: 982 37 05 00Farmacias Boñar Rei (Guitiriz): 982 37 01 29Susana Méndez (Guitiriz): 982 37 03 80Garrido Gutiérrez (Parga): 982 37 33 08Centros EducativosCEIP Lagostelle: 982 37 03 12CEIP Santo Estevo (Parga): 982 37 30 34IES Poeta Díaz Castro: 982 37 00 26

VILALBAConcello: 982 51 03 05 / 982 51 07 16Policía Local: 982 51 07 67 / 608 08 00 50Garda Civil: 982 51 03 07Protección Civil: 982 51 25 95 659 49 49 69Cruz Vermella: 982 51 13 03 982 51 04 13Servicio Municipal de Augas: 982 51 25 46Servicio Municipal de Limpeza: 677 47 57 30Gardería Municipal: 982 51 28 64Piscina Municipal: 982 51 25 30Auditorio-Conservatorio: 982 51 28 88Casa da Cultura e Turismo: 982 51 24 56Casa da Xuventude: 982 51 06 10Museo da Prehistoria: 982 51 13 83Oficina Comarcal da Xunta: 982 51 22 18Fundación Terra Chá: 982 51 23 69Oficina de Emprego: 982 51 18 11Xulgado nº1: 982 51 01 58Xulgado nº2: 982 51 00 02Correos: 982 51 08 06Instituto Nacional da Seguridade Social: 982 52 32 61Notaría: 982 51 07 89Rexistro Civil: 982 51 03 68Rexistro da Propiedade: 982 51 03 15Centro de Servizos Sociais: 982 51 01 35Hospital Asilo: 982 51 00 06Casa Rectoral: 982 51 04 06Taxis: 982 51 04 28Centro de Saúde(cita previa): 982 51 03 11Farmacias Teresa Castro: 982 51 00 13Francisco Martín: 982 51 05 66Olga del Caño: 982 51 00 05Ana España: 982 51 00 03Milagros Seoane: 982 88 77 74Isabel García: 982 88 72 56Centros EducativosCEIP Ínsua Bermúdez: 982 51 07 21CEIP Mato Vizoso: 982 51 05 02Fillas de María Mediadora: 982 51 02 69IES Basanta Silva: 982 51 21 60IES Peña Novo 982 51 09 51CEIP de Vilalba: 982 51 11 64EPA de Vilalba: 982 51 00 22CEIP do Santo (Árbol) 982 50 22 02CEIP Monseivane (Lanzós): 982 51 14 04CEIP Castelao (Belesar): 982 51 14 05

FRIOLConcello: 982 37 50 01Garda Civil : 982 37 50 02Museo San Paio de Narla: 982 37 51 56 Centro de Saúde: 982 37 10 98Cita Previa 982 37 10 05 FarmaciasSagarra : 982 37 50 10Centros educativosC.P.I Dr López Suárez: 982 82 81 80

OUTEIRO DE REIConcello: 982 39 32 81 / 982 39 30 55Garda Civil: 982 39 00 05Ambulancia: 982 23 16 13Centro de Saúde: 982 39 25 98Cita previa: 982 39 32 67P.A.C.: 982 39 34 00 Farmacias Cortizas (Guillar): 982 24 92 20 Penas (Outeiro de Rei): 982 39 32 62Centros educativosC.E.I.P. Laverde Ruíz: 982 39 34 10

MEIRAConcello: 982 33 01 02Garda Civil: 982 33 00 04Cita previa: 982 33 02 40 Centro de Saúde: 982 35 69 27 Farmacias Elena Mato: 982 33 00 05Patricia Aguirre: 982 33 10 18Centros educativosC.E.I.P. Poeta Avelino Díaz: 982 87 05 35I.E.S. Pedregal de Irimia: 982 87 05 20

POLConcello: 982 34 50 29Garda Civil: 982 33 00 04Centro de Saúde: 982 34 59 20 982 34 53 76FarmaciaMosteiro- Pol: 982 34 52 01 Centros educativos C.E.I.P. Rosalía de Castro: 982 34 50 63

Teléfonos de intereseEmerxencias: 112Urxencias Sanitarias: 061Incendios Forestais: 085Garda Civil: 062

Concursa con

Participa no noso concurso mesual mandando un

sms ou whatsapp a 606 86 33 22, dando a resposta

que ti creas para acertar coa nosa persoaxe do mes.

Entre os acertantes sorteamos unha cea para dúas

persoas no Restaurante A Nova Ruta.

Como pasa o tempo!Quen é este rapaz?

PistaA fronte dunha asociación chairega

Solución do mes pasadoÓscar González Pardo

Gañador: Susana Vázquez Rouco

31xuño 2017actualidade

O Paleolítico e o Neo-lítico son aqueles períodos históricos máis antigos da his-toria do ser huma-

no, coñecidos en conxunto como Idade de Pedra, período da pre-historia que abrangue dende que os homes comezaron a elaborar ferramentas de pedra ata o descu-brimento e a transformación dos metais.O Paleolítico ou Idade da Pedra Lascada deu comezo fai aproxima-damente dous millóns de anos, pe-ríodo iniciado coa evolución dos primeiros grupos de humanos do xénero “homo”que se estenderon dende África cara Europa e Asia (América contaría con periodiza-ción distinta), ata a aparición de sociedades campesiñas a redor do 5.000 a.C. As sociedades do Paleo-lítico eran cazadoras e recoletoras nómades que paulatinamente des-envolveron ferramentas para opti-mizar o aproveitamento destes re-cursos, tallando pedras e osos para fabricar puntas de lanza, arpóns, coitelos, agullas, etc. que lles per-mitisen cortar raspar perforar. Para protexerse das inclemencias do tempo habitaban en covas, tendas de coiro, chozas de ramallos e acu-billos baixo penas de gran tamaño, vestían con peles e empregaban o lume para quentarse e cociñar. Neste período xa se constata tamén unha incipiente actividade relixio-sa e simbólica, coñecida grazas aos restos de rituais funerarios, adornos persoais, pequenas figuriñas femi-ninas e pinturas parietais.

En Galicia os xacementos do Pa-leolítico Inferior máis coñecidos si-túanse á beira do Río Miño nas pro-vincias de Ourense e Pontevedra e nalgunhas áreas á beiramar das Rías Baixas e da Mariña Lucense. Nesta última atopamos o xacemento de Louselas, o máis antigo de Galicia. Do Paleolítico Medio conservamos algúns restos na Galicia interior, destacando a Cova de Eirós (Tria-

castela), mentres que do Paleolítico superior e Epipaleolítico os xace-mentos atopados cínguense á Terra Chá e ás áreas limítrofes, estudados fundamentalmente por J. Ramil So-neira.

Estes xacementos chairegos son acubillos ou abrigos baixo rochas, distribuídos en distintas áreas: Xestido (Abadín), A Pena Grande (Santaballa), Pena Grande de Bor-delle (Carballido), Abrigo Curaceiro (Penaparda-Burgás), O Muíño Novo (Xermade), Pena Grande de Férve-des (Xermade), e o Abrigo de Vidal (Muras). Noutros puntos da xeogra-fía chairega tamén atoparon pezas

pertencentes á mesma industria lítica, e as conxecturas apuntan a que algúns dos abrigos máis impor-tantes foron visitados polos mesmos colectivos humanos trazando un te-rritorio de explotación.

De todos eles a Pena Grande de Santaballa é o xacemento máis importante do Paleolítico Superior de Galicia, pertencente ó Magda-leniense superior (15.000-13.000 a.C.), un acubillo constituído baixo unha pena grande de cuar-cita branca nun lugar elevado e visible, posiblemente empregado tamén como punto de orientación no territorio. Nel atopáronse máis

de mil restos de pezas, tales coma burís, perforadores, raspadeiras curtas e de contorno redondeado, etc., das que destaca unha lamini-ña de dorso ou de cota. As pezas están elaboradas en base a cristal

de rocha, pórfido cuarcítico, seixo e sílex. Unha peza que compre tamén desta-car é o colgante ovoidal de pedra de Pena Grande de Férvedes, decorado por ambas caras cun trazo vertical, datado de fai 17.000, manifestación artística máis antiga coñecida en Ga-licia ata o descubrimento do colgante de dente de raposo da Cova de Eirós.Os xacementos Paleolíticos da Terra

Chá son por tanto unha peza clave dentro da prehistoria galega e do nor-te peninsular, os cales contribuíron no coñecemento á dos comporta-mentos e a forma de vida dos primei-ros moradores da comunidade.

Descubrindo o patrimonio chairegoCon Miriam Fernández

Xacementos paleolíticos da Terra Chá

Pena Grande (Santaballa) e colgante de Férvedes.