tramites de constitucion

7

Click here to load reader

Upload: sergio-artime

Post on 18-Mar-2016

218 views

Category:

Documents


3 download

DESCRIPTION

5ªunidad de " Guia do cooperativismo en Galicia"

TRANSCRIPT

Page 1: tramites de constitucion

IV CURSO SOBRE EMPRENDEMENTO COOPERATIVO

“SOCIEDADES COOPERATIVAS E AUTOEMPREGO"

UNIDADE DIDÁCTICA 5

TRÁMITES DE CONSTITUCIÓN

Docente

María Inmaculada Muñoz Pliego Técnica de Emprego do SAEE (UDC)

Page 2: tramites de constitucion

REQUISITOS FORMAIS PARA A CONSTITUCIÓN DUNHA COOPERATIVA

Para que unha sociedade cooperativa se considere constituída e teña personalidade xurídica, debe inscribirse obrigatoriamente a escritura pública de constitución no rexistro de cooperativas competente.

Desde o inicio dos trámites e ata a constitución efectiva da cooperativa é obrigatorio poñer a apostila “en constitución” en todos os trámites en que interveña a cooperativa non constituída.

A constitución dunha cooperativa pódese levar a cabo a través de dous procedementos:

� segundo se solicite a cualificación previa dos estatutos (procedemento normal)

� ou se vaia directamente ao outorgamento da escritura pública (procedemento abreviado).

Antes de cualificación previa dos estatutos, hai que facer dous trámites:

1º Cómpre realizar a Asemblea Constituínte. Esta asemblea está formada polos socios promotores da sociedade. Ao seu comezo, elixirase o presidente e o secretario de entre os seus membros. Nesta asemblea tomaranse os seguintes acordos:

- aprobar os estatutos sociais da cooperativa. - nomear as persoas que ocuparán os distintos cargos dos órganos sociais. - designar as persoas que outorgarán a escritura de constitución. O seu número

será como mínimo catro (poderá ser tres no caso de cooperativas de traballo social).

- se se realizasen achegas non en diñeiro, a valoración dada a estas tamén debe ser aprobada pola Asemblea Constituínte, despois do informe dun experto independente.

2º Certificación negativa do nome. Débese solicitar certificación de que non existe inscrita outra sociedade cooperativa con idéntica denominación, que será expedida polo Rexistro de Sociedades Cooperativas dependente da Administración Xeral do Estado.

A denominación certificada quedará reservada a favor da cooperativa solicitante por un período de 6 meses, que contarán desde a data da certificación. Poderá solicitarse ante o mesmo órgano a ampliación deste prazo, se se acredita que foi iniciado o proceso de inscrición no rexistro de cooperativas competente.

Page 3: tramites de constitucion

Unha vez feitos estes trámites, pódese constituír a cooperativa:

A- Procedemento normal

Neste procedemento faise a cualificación previa dos estatutos. Esta cualificación previa pídese e outórgase no Rexistro de Cooperativas de Galicia. A vantaxe de solicitar esta cualificación previa reside en comprobar os defectos, sobre todo legais, que poden ter os estatutos e emendalos antes de outorgar escritura pública. O prazo de corrección é de tres meses desde a notificación.

O regulamento do Rexistro de Cooperativas de Galicia réxese polo Decreto 430/2001, do 18 de decembro, que saíu publicado no Diario Oficial de Galicia (DOG) do 12 de fe-breiro de 2002. Este rexistro ten por obxecto a inscrición das sociedades cooperativas galegas e das súas asociacións, así como dos actos ou negocios xurídicos relativos a estas.

Tamén lle corresponde a legalización dos libros sociais e contables, o nomeamento de auditores e doutros expertos independentes, o depósito das contas anuais e a publicidade e o tratamento estatístico da información rexistral. Este rexistro ten natureza de rexistro xurídico e depende da Xunta de Galicia. Na actualidade o Rexistro de Cooperativas de Galicia está adscrito á Consellería de Traballo e estrutúrase no Rexistro Central e os rexistros provinciais dependentes das delegacións provinciais. Cada cooperativa inscribirase no rexistro provincial da provincia onde vaia exercer a actividade. Se o ámbito de actuación for superior ao da provincia, inscribirase no Rexistro Central de Cooperativas de Galicia.

Documentación necesaria para a cualificación previa de estatutos dunha cooperativa:

- solicitude

- copia certificada da acta da asemblea constituínte

- proxecto de estatutos sociais

- orixinal do certificado negativo de denominación

Inscrición da cooperativa

Esta inscrición realízase no Rexistro de Cooperativas competente ante o que se solicita simultaneamente a cualificación definitiva e a inscrición da cooperativa.

A inscrición da escritura pública de constitución no rexistro de cooperativas competente é o trámite necesario para que a sociedade cooperativa adquira personalidade xurídica.

Page 4: tramites de constitucion

Requisitos necesarios para inscribir unha cooperativa

- Solicitude de inscrición en dous meses dende o outorgamento da escritura pública de constitución ante notario.

- Liquidación do imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos, documentados (as cooperativas están exentas do seu pagamento).

- Unha copia autorizada e unha copia simple da escritura pública de constitución, coas mencións e requisitos que dispoñen o art. 16 da Lei 5/1998, do 18 de decembro de cooperativas de Galicia e os arts. 50 e 51 do Regulamento do Rexistro de Cooperativas.

- Acreditar o pago da taxa por inscrición en rexistros oficiais.

B- Procedemento abreviado

Se a escritura pública de constitución fora outorgada pola totalidade dos promotores da sociedade (ante o notario e previo desembolso das achegas ao capital social) e non se empregar a facultade de obter a cualificación previa do proxecto de estatutos sociais, non será necesario realizar a asemblea constituínte.

OUTROS TRÁMITES A REALIZAR

O resto dos trámites son moi similares aos das outras formas xurídicas.

Na Delegación ou Administración da Axencia Estatal de Administración Tributaria procederase á:

- Solicitude do código de identificación fiscal. Serve para identificar a sociedade para os efectos fiscais, a diferenza do epresario individual que se identifica co seu NIF. Nun principio outórgaselle un CIF provisional para empezar a funcionar, o cal deberá cambiar polo definitivo nun prazo de seis meses.

- Liquidar o Imposto sobre Transmisións Patriminoiais e Actos Xurídicos Documentados (sen custo).

- Alta no imposto de actividades económicas. É un tributo de carácter local e grava o exercicio de actividades empresariais, profesionais ou artísticas que se exerzan no eido local. É obrigatorio para toda sociedade, empresario ou profesional. (Presentaranse tantas altas como actividades se vaian exercer. A partir do 1 de xaneiro de 2003, están exentas e aboar este imposto as persoas físicas, as sociedades civís e as

Page 5: tramites de constitucion

sociedades mercantís que teñan un importe neto da cifra de negocios inferior a 1.000.000 de euros. Porén, segue sendo obrigatoria a alta no dito imposto.)

- Declaración de alta no censo de etiquetas e opcións IVE. É a declaración de comezo, modificación ou cese de actividade, que presentarán para os efectos fiscais os empresarios, os profesionais e outros obrigados tributarios.

Na Tesourería Xeral da Seguridade Social :

- Declaración previa ao inicio da actividade. - Inscrición da empresa e afiliación dos socios traballadores e

traballadores por conta allea á seguridade social.

Os socios traballadores das cooperativas de traballo asociado e asimiladas gozarán dos beneficios da Seguridade Social e poderán optar nos seus estatutos sociais polo réxime correspondente: a) Como asimilados a traballadores por conta allea, caso en que quedarán integrados no réxime xeral ou nalgún dos réximes especiais, segundo proceda. b) Como traballadores autónomos no réxime especial correspondente (os socios de traballo das demais cooperativas serán en todo caso asimilados a traballadores por conta allea).

Na Inspección Provincial de Traballo e Seguridade Social:

- Comunicación de apertura do centro de traballo, segundo o impreso oficial. - Selar o libro de visitas.

No Concello:

- Licenzas de apertura, licenzas de obra, etc.

No Rexistro da Propiedade Inmobiliaria:

- Inscrición de bens inmobles, de ser o caso.

No Rexistro da Propiedade Industrial:

- Inscrición de nomes comerciais, patentes, marcas, deseños industriais, modelos de utilidade e rótulos.

Page 6: tramites de constitucion

DILIXENCIADO DE LIBROS

Os libros sociais e contables deben ser dilixenciados con carácter previo á súa utilización ou de acordo co que dispón o artigo 72.4 da Lei de cooperativas de Galicia, polo rexistro de cooperativas competente, segundo o procedemento previsto no art.90 do Regulamento do Rexistro da Cooperativas.

OBRIGAS REXISTRAIS

Ademais da inscrición da sociedade e o dilixenciado de libros, as cooperativas unha vez en funcionamento teñen que cumprir as obrigas rexistrais legalmente previstas. Así, deben inscribirse as modificacións de estatutos, renovación de órganos sociais, os outorgamentos de poderes e todos aqueles actos que establece a lei e no Regulamento do Rexistro da Cooperativas.

A inscrición máis habitual é a de renovación do Consello Reitor e interventores, que debe solicitarse ante o rexistro de cooperativas competente dentro dos trinta días seguintes á aceptación dos elixidos. Outra das obrigas habituais é o depósito anual de contas e documentación complementaria, que debe realizarse no prazo de dous meses desde que sexa aprobado pola Asem blea Xeral, ante o Rexistro de Cooperativas, conforme o que establecen os arts. 94 e seguintes do devandito regulamento.

Page 7: tramites de constitucion

CADRO RESUMO DAS CARACTERÍSTICAS BÁSICAS DA COOPERATIVA DE TRABALLO ASOCIADO

FORMA XURÍDICA: COOPERATIVA DE TRABALLO ASOCIADO

Mínimo 3: socios/as

SOCIOS / SOCIAS Resto cooperativas: 4 socios/as

Mínimo de 3.005,06 euros totalmente desembolsados cando se constitúa a sociedade

CAPITAL

67% en mans dos/as socios/as traballadores/as

RESPONSABILIDADE

Limitada ás aportacións ao capital social Imposto de sociedades (20% dos beneficios) Cooperativas especialmente protexidas (10%)

OBRIGAS FISCAIS

Exención imposto transmisións

RÉXIMEN SEGURIDADE SOCIAL

Réxime Xeral ou Autónomos (Opcional).

Asemblea Xeral Consello Reitor / Admon. Única

ÓRGANOS RECTORES

Interventores/as

Rexistro nome

Asamblea Constituinte

Cualificación previa

Escritura pública

Liquidación ITP/AJD

Inscrición

TRAMITACIÓN CONSTITUCIÓN

Rexistro Cooperativas