traballo seres vivos1

4
TRABALLO DE CIENCIAS NATURAIS: COLECCIÓN DE ESPECIES DE SERES VIVOS Consiste en facer unha colección destes catro reinos de seres vivos, (deixamos o reino moneras por razóns obvias): Reinos Número mínimo de especies protistas 4 algas fungos 2 fungos 2 liques plantas 2 carrizas (musgos ou brións) 2 fieitos 2 ximnospermas 2 anxiospermas animal 5 invertebrados 5 vertebrados INSTRUCCIÓNS 1. A máis importante: neste traballo non se poderá prexudicar a ningún ser vivo, é dicir, so poderemos recolectar seres vivos ou partes que xa non teñan vida, por exemplo cunchas de moluscos, plumas, algas do arribazón…ou rastros da súa actividade que os identifique, por exemplo unha pina roída por un esquío. Para o demais serán presentados en fotografías feitas por vos mesmos. 1

Upload: belenarenal

Post on 26-Jul-2015

410 views

Category:

Education


5 download

TRANSCRIPT

Page 1: Traballo seres vivos1

TRABALLO DE CIENCIAS NATURAIS:

COLECCIÓN DE ESPECIES DE SERES VIVOS

Consiste en facer unha colección destes catro reinos de seres vivos, (deixamos o reino moneras por razóns obvias):

Reinos Número mínimo de especies

protistas 4 algas

fungos 2 fungos

2 liques

plantas 2 carrizas (musgos ou brións)2 fieitos2 ximnospermas2 anxiospermas

animal 5 invertebrados5 vertebrados

INSTRUCCIÓNS

1. A máis importante: neste traballo non se poderá prexudicar a ningún ser vivo, é dicir, so poderemos recolectar seres vivos ou partes que xa non teñan vida, por exemplo cunchas de moluscos, plumas, algas do arribazón…ou rastros da súa actividade que os identifique, por exemplo unha pina roída por un esquío. Para o demais serán presentados en fotografías feitas por vos mesmos.

2. É un traballo en equipos de dúas ou tres persoas.

3. So poden ser especies silvestres, non valen gatos, porcos, cans, plantas de xardín alóctonas…

4. A presentación dos traballos será do seguinte modo:

Os restos ou follas secas, algas… entregarédesmo nunha

caixiña a elixir por vos cos vosos nomes, curso e grupo, valorarase positivamente que non merquedes nada, seguramente tedes algo por casa que poderedes reutilizar para este fin.

1

Page 2: Traballo seres vivos1

Se tedes fotos as incluiredes nun arquivo de texto (word ou open office) tamén cos vosos nomes, que me enviaredes ao meu mail: [email protected]. Lembrade reducir o tamaño das fotos para que poda ser

enviado por mail, outra opción é pasalo a formato pdf. Tanto os restos como as fotos han de levar a súa ficha

correspondente cos seguintes datos, escrita no documento de texto se son fotografías, ou nunha etiqueta na caixa se son restos físicos, según corresponda:

FICHA

exemplos

Recolectores /fotógrafos

(Poñede o nome ou nomes que correspondan en cada caso)

Lugar A Coruña /// Coirós (A Coruña) ///…..

Data A data do momento en que foi recollido ou fotografado

Hábitat Xardín urbano / lagoa artificial / muro de pedra / leira cultivada /domicilio urbano/ fraga / toxeira / praia /…

Observacións Anotacións que vos parezan de interesa: “a cuncha estaba rota, parecía predada por un ave…”

Reino Lembrade escribir correctamente os nomes científicos

Familia

Xénero

Especie

A identificación da especie, se non sodes capaces eu vos axudo, ide levando a clase o que vaiades tendo (pero so vos axudo despois de que vexa que o tedes intentado por vos mesmos). Vos recomendo acudir ás fichas De Natureza Urbana, onde tedes moitas especies para elixir, con parte da ficha feita e que, ademais, podedes ver na cidade.

Pensade que é un traballo para ir facendo a medida que demos os temas destes reinos, así que non vos preocupedes se

2

Page 3: Traballo seres vivos1

agora non sabedes o que é una anxiosperma por exemplo, que xa o daremos na clase.

Ao longo deste trimestre tamén vos darei indicacións de como se prensan as algas, recomendacións de onde podedes atopar

exemplares dos distintos reinos, e ensinareivos coleccións miñas e guías de identificación.

ENTREGA DO TRABALLO

ENTRE o 1 E o 8 DE XUÑO

3